Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


I Festival dos 100tolos no Centro Cultural de Outeiro (Ares)

(texto engadido o día 10/ / 9/ / 15 )



O día 19 de setembro, a partir das 21.00 xa tedes que facer, acudide ao "Centro Cultural Outeiro" ao I Festival dos 100tolos.

Contamos coas actuacións de:
-Terrapatrás
- A.C. Son d'aquí
- Banda de gaitas de As pontes
- Banda de gaitas Ría de Ares.

A comida e a festa estarán aseguradas, xa que faremos unha churrascada popular e despois haberá unha repichoca.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa Folk das Campeiras (As Pontes)

(texto engadido o día 10/ / 9/ / 15 )


Venres 18 de setembro a partires das 21:30h no Barrio das Campeiras (As Pontes)

- Banda de Gaitas Alfaia
- Grupo Arnela (Carral)
- A Requinta da Laxeira (Vedra)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II FESTA DO MIXILLÓN DE ESPASANTE

(texto engadido o día 10/ / 9/ / 15 )


12 de setembro - 13 de setembro

A Exaltación do Mexillón de Espasante é unha festa gastronómica que se celébra o vindeiro 12 e 13 de setembro, Non en balde, a iniciativa incorpora ao programa un bo número de actividades que contribuirán a que veciños e visitantes aposten polo pobo de Espasante para pasear e degustar un menu a base de mixillóns.

Tamen teremos o sábado 12 actuacións musicais a cargo da Agrupación Son d'aqui e os Ribirados a partir das 12h e para os mais pequenos teremos un inchable con tobogán apartir das 12,30h asta as 19h, as 17h teatro de títeres "UN DIAÑO NA MALETA" e o domingo 13 a paritres das 12h contaremos coa actuación de Airiños Do cú.

Dende as 12h temos unha feira de alimentación, artesania e de antigüedades durante os dous días.

Menú degustación empanada de mexillóns, mexillóns o vapor e mexillóns en salsa o precio da ración e de 8€

A partir das 23h haverá queimada na plaza do Pedregal.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Edición dos Cantos de Taberna de As Pontes

(texto engadido o día 10/ / 9/ / 15 )



Aberto o prazo para os grupos que desexen participar na II Edición dos Cantos de Taberna de As Pontes.

O recorrido será limitado ao centro da Vila.

Non haberá premios nin gañadores.

Sólo se pretende vivir unha grande xornada de festa e troula.

Contacto: nocombaro@hotmail.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A Requinta da Amaia en Lapido (Ames)
http://follasnovas.blogspot.com/2015/09/a-requinta-da-amaia-en-lapido.html
(texto engadido o día 10/ / 9/ / 15 )


A Requinta da Amaia tocará nas festas da Mercé que se celebran en Lapido.
A cita é o domingo, 19 de setembro, ás 13.00 horas.
Vémonos alí!


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Airiños da Lagoa en Legazpi (Guipúzcoa)

(texto engadido o día 10/ / 9/ / 15 )


Sábado, 12 de setembro ás 19:30
Plaza Euskal Herria (Legazpi)

Esta fin de semana o Grupo de Baile e Música Tradicional Airiños da Lagoa, participaremos na festa Agorreko Santikutzak, en Legazpi, onde este ano toma un punto galego.

A nosa actuación será ás 19:30 h. na Praza Euskal Herria, pero durante todo o día haberá un stand de gastronomía galega onde se poderá degustar pulpo, empanada, lacón, chourizo, churrasco, tarta de Santiago, queixo de Arzúa, Ribeiro, Alvariño, etc., ademáis de facer a misteriosa e meiga queimada.

Deixamos aquí enlace con tódolos actos do día 12 (a festa dura toda a fin de semana) http://www.legazpi.eus/es/agenda/ev...

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Asociación Fogo Fatuo nas Festas de Guadalupe (Rianxo)

(texto engadido o día 10/ / 9/ / 15 )


Sábado 12 de setembro ás 20h na Praza Rafael Dieste
Escola de Baile e Pandeireta Aleivosía e Gaiteiros Fogo Fatuo

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV Festa d@ soci@ e d@ veciñ@ (Vincios, Vigo)

(texto engadido o día 10/ / 9/ / 15 )


Domingo 13 de setembro na Área Recreativa do Centro Cultural de Vincios

Evento é aberto a todos os veciños e veciñas da comarca que queiran pasar polo mesmo. Queremos agradecer tamén a todos os grupos da parroquia de Vincios que participan no evento pola súa colaboración ca Asociación de Veciños "Galiñeiro" de Vincios.

11:00 h. Charanga Vai de Baile
11:30 h. Os Alegres do Val Miñor
12:15 h. Coro Tradicional Cantares do Brión
13:15 h. Grupo de Gaitas “Aires de Santes”, Grupo de Baile Froles do Galiñeiro e Grupo de Pandeiretas Froleada

COMIDA DE CONVIVENCIA

16:00 h. Trío Azar
17:00 h. Banda da Agrupación Musical de Vincios
18:15 h. Coro da Agrupación Musical de Vincios
19:15 h. Charanga Va K Pinta
20:00 h. Grupo Folk Xistra de Coruxo

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada Sacapunto, Allariz

(texto engadido o día 10/ / 9/ / 15 )


Xoves, 10 de setembro ás 20:00
Camiño do Castelo, 10 (tras da igrexa de Santo Estevo) Allariz

Unha vez máis convidámosvos a virdes participar nesta foliada onde tentamos crear un punto de encontro de xente á que nos présta pasar un anaco cantando, tocando e bailando.
Xs compañeirxs do C.S. Cambalhota colaboran desta vez abrindo as portas do local para termos acceso a barra de bar, lavabo, cadeiras, etc.
Traede as vosas gorxas e os vosos instrumentos e convidade xs vosxs amigxs.
Esperámosvos!

Sacapunto é un nome novo... para un costume antigo na nosa cultura: unha xuntanza de veciñxs e amigxs que ten como obxectivo facer festa, gozar da compaña dxs amigxs e convidadxs a través da música popular (cantada ou tocada) e o baile que hoxe en día chamamos "tradicional" (muiñeira, xota, maneo, pasodobre, vals, rumba...). Nas foliadas todo o mundo está convidado a tocar, cantar e bailar en calquera momento. No caso concreto do baile (quizais, das que nomeamos, a tradición menos espallada ou conservada nesta nosa zona) aproveitamos para aprender pouco a pouco os puntos e as estructuras do baile tradicional a quen non os coñece, tentando que cada vez máis xente queira e poida apuntarse á festa tamén bailando.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I Festival Folclórico "Mestureando"

(texto engadido o día 10/ / 9/ / 15 )


Domingo 13 de setembro a partir das 18:00h no torreiro de festas de San Andrés de Comesaña (Vigo)

Organiza: Asociación de Folclore Tradicional Os Ventos de Comesaña

Participan:
Asociación do Traxe Tradicional (Pontevedra)
Grupo Etnográfico "A Buxaina" (Coruxo)
Grupo Folclórico Breogán (Moaña)
A.F.T Os Ventos de Comesaña (San Andrés)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



V Festa Popular Froles Mareliñas (Chapela)

(texto engadido o día 9/ / 9/ / 15 )


O sábado día 12 de setembro celebramos a nosa V festa popular.

Coma sempre organizamos o habitual mercado de segunda man. As persoas que queiran facer doazóns, a partir do luns poderán levar as cousas á nave de Froles Mareliñas, avisando con antelación para que alguén estea alí.

Pandereteiras de Areas
Pandereteiras de Froles Mareliñas
Pandereteiras de Anaquños
Pandereteiras Adonairare
Grupo de Gaitas Froles Mareliñas
Grupo de Gaitas C.C.R. de Chapela
Grupo de Gaitas C. Cultural Trasmañó
Grupo de Baile Anaquiños
Grupo de Baile Froles Mareliñas

Concerto de LUDOVAINA e Serán Popular

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival Reperkusion (Bemposta - Ourense)

(texto engadido o día 9/ / 9/ / 15 )


11 e 12 de setembro Cidade dos Muchachos de Bemposta (Ourense)


Venres 11

Escenario de día (de balde)
19h00 George Palmer
20h30 La Pacharanga

Escenario principal (con entrada)
22h30 Trashtucada
00h00 Dakidarría
01h45 Asian Dub Foundation Sound System
03h45 Tranceuntes

A partir das 05h30. Fin de festa con Brigada AM Sound System e Máis Lume Kolektive




Sábado 12

Escenario de día (de balde)
12h00 Obradoiro de malabares
12h00 Obradoiro de risoterapia
16h00 Sesión Vermú con Menage a Trois
17h30 Empolada
19h00 Crespo
20h00 Kazurrada


Escenario principal (con entrada)
22h00 Maskarpone
23h00 Chotokoeu
00h15 Che Sudaka
02h00 Dubioza Kolektiv
03h45 La trocamba Matanusca

A partir das 05h30. Fin de festa con Hadri H e Máis Lume Kolektive




- Reperkusion -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Son d'aqui nas festas de Teixeiro

(texto engadido o día 8/ / 9/ / 15 )


O vindeiro luns día 7 e o mércores 9 Son d'aqui estarán nas festas de Teixeiro. A súa charanga estará tocando e cantando polas rúas, tascas, bares e cafeterías de Teixeiro.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Os d'Abaixo na festa aniversario do restaurante Silveira (Compostela)

(texto engadido o día 8/ / 9/ / 15 )



Este sábado 12 de setembro, a partir das 12:30 da mañá, comeza a festa do 1º aniversario do restaurante Silveira Casa de Xantar.
Podedes facer xa as vosas reservas no teléfono e enderezo electrónico que aparecen no cartel.
Escoitámonos pois, a partir das 13:00h. na praza de Mazarelos (Compostela)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Tornaxeira no Barco de Valdeorras

(texto engadido o día 8/ / 9/ / 15 )


O próximo venres 11, ás 23:45, Tornaxeira actuará na Praza Maior do Barco de Valdeorras. Festas do Cristo.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festas Monte Alto 2015, A Coruña
https://avvatochasmontealto.wordpress.com/2015/08/27/programacion-festas-monte-alto-2015-a-union-fai-a-forza/
(texto engadido o día 4/ / 9/ / 15 )


Cartaz Festas Monte Alto 2015

Chegan, un ano máis, as “Festas Monte Alto” e, desta volta, con moitas novidades en actividades. Logo de diversas xuntanzas, un grupo de colectivos e locais do Barrio decidimos unir as nosas forzas coa finalidade de mudar o concepto de festividade que, até o de agora, viña facéndose na nosa cidade. Agradecer ao Concello da Coruña a súa colaboración á hora do financiamento.


PROGRAMACIóN MUSICAL VENRES 4

No Campo de Marte ás 18:30 ”“ Mamá Cabra con “15 Primaveras”



No Campo de Marte ás 19:30 ”“ El Arrabal Tango

No Campo de Marte ás 20:30 ”“ Clave de Fado

No Campo de Marte ás 22:00  ”“ Ruxe-Ruxe




+ Nota Importante! Este ano, grazas ao Concello, haberá vasos  reutilizabeis que será onde botemos as cañas. Dito vaso valerá 1 € que, no caso de devolución, a entidade devolverá 50 céntimos. O recaudado axudará ao mantemento da Biblioteca Veciñal.



PROGRAMACIóN ACTIVIDADES SíBADO 5


(Nota importante: As horas son de comezo sempre. Algunhas actividades poden coincidir en horario)



+ ís 10:00 da mañá, o noso grupo de gaitas “Xebre” sairá da Biblioteca Veciñal do Campo de Marte percorrendo, como cada ano, as rúas e prazas do noso Barrio. Igualmente, visitarán os Centros de Maiores para achegarlles as festas.

+ ís 11:00 e 11:30, na Praia de Santo Amaro, o Club do Mar fará unha actividade de Zumba Solidaria en dous pases: o primeiro para nenas e nenos e o segundo para a xente adulta. RECOLLIDA DE ALIMENTOS, LIBROS E XOGUETES: Recolleranse alimentos non perecedeiros que serán canalizados a diferentes colectivos grazas ao Banco de Alimentos Rí­as Altas. Dita actividade execútase dentro do programa “Deporte Solidario” en colaboración coa Fundación Emalcsa. Tamén poderedes traer material escolar e xoguetes que serán entregados á Cruz Vermella.

+ ís 12:00, no Campo da Leña, o Centro Xuvenil Abeiro fará actividades e xogos para todas as familias que queran participar.

+ ís 16:30, no Campo da Leña, a Asociación Galega do Xogo Tradicional e Popular montará xogos populares e tradicionais para as veciñas e veciños do Barrio.

+ ís 17:00, na Praza dos Avós (Centro Cí­vico de Monte Alto), a Asociación Cultural Son d´Aquí­ organizará un obradoiro de Baile Tradicional para as nenas e nenos que desexen aprender muiñeira e jota. Ao final do obradoiro os nenos/as farán unha coreografí­a tradicional cos puntos aprendidos.

No obradoiro poderán participar nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 15 anos. No caso de choiva farémolo no local de Son d”™aquí­ (rúa Valencia, 4). O obradoiro será impartido polo mestre de baile Xabier Espasandí­n.

+ ís 18:00, no Campo da Leña, o Grupo de Teatro Noite Bohemia do Instituto Zalaeta interpretará a obra “Miles Gloriosus”. Obra que interpretaron no Teatro Jovellanos de Gijón, no Colón da Coruña, no Palacio de Festivales de Santander e no Teatro Romano de Segóbriga (Cuenca).


PROGRAMACIóN ACTIVIDADES DOMINGO 6

+ ís 12:00, o Colectivo Poético-Literario “In Nave Civitas” fará un roteiro que sairá da Praia Santo Amaro e percorrerá todos os recunchos da costa da Torre e coñeceremos os nomes e historias das súas pedras, furnas e lugares. Tamén será unha homenaxe ao histórico percebeiro coruñés e veciño do Barrio, Milucho Mariñas.

+ ís 14:30, Merendiñas da Torre: Xantar popular no que, as persoas que o desexen, poderán traer comida, instrumentos musicais, xogos para pasar unha tarde en comunidade recuperando unha tradición do noso Barrio.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VIII Foliada de Música Tradicional en Ouzande

(texto engadido o día 4/ / 9/ / 15 )


A AC A Fervenza de Ouzande presenta o cartel da VIII edición da Fervenza de Músicas adicada á música popular e tradicional do pais. Terá lugar o próximo 11 de setembro, venres, e inclúese dentro do programa das festas do Socorro da parroquia.

Os grupos convidados este ano son:
Tequexetéldere (A Estrada)
Nai (Santiago)
Sonche Lerias (Vedra)
Retrouso(Ouzande)
Recanto (Ouzande)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



OSCAR IBÁÑEZ & TRIBO en Marín

(texto engadido o día 3/ / 9/ / 15 )


Luns 07 de setembro ás 20:30 h OSCAR IBÁÑEZ & TRIBO en concerto na Alameda "Rosalía de Castro" de Marín, "Festas da Virxe do Porto". Promoven Concello de Marín e Deputación de Pontevedra.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



V Festa "Recordando Vellos Tempos"

(texto engadido o día 3/ / 9/ / 15 )


Domingo, 6 de setembro ás 20:30
Praza de Mondariz

Organizada pola Asociación de Mariores de Mondariz.

Banda de Música do Concello, Charanga Traspés, Grupo Saudade,..

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Festa Mariñeira de Fene

(texto engadido o día 3/ / 9/ / 15 )


5 de Setembro no peirao de Barallobre, coa actuación de LENDA ÁRTABRA

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]