Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


"DESORDES CREATIVAS": Festival Internacional de Arte na Rúa (Ordes)

(texto engadido o día 6/ / 10/ / 15 )


FESTA "DESORDES CREATIVAS":
Lugar: Jato Pús (Ordes)
Día e Hora: Venres 9 de Outubro, 22:30 h.
Entrada: 3 € (o diñeiro recaudado da entrada vai destinado integramente a financiar o festival)
Concertos:
SOKRAM
Alto Asalto
Dj Session:
Mou Pinchadiscos

Sorteo das Rifas do DesOrdes 2015:
Obra gráfica dos artistas do festival
Merchandising do festival e sorpresas varias.



DesOrdes Creativas: Festival Internacional de Arte na Rúa
Do luns 5 ao domingo 11 de outubro, Ordes ( A Coruña )
ARTISTAS CONVIDADOS:
INO / SPOK / Doa Oa / Sabek / Malakkai

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



V festival de Cantareiras Mestura? (Meirás - Valdoviño)

(texto engadido o día 28/ / 9/ / 15 )


Sábado 3 de outubro ás 19:30

Coa realización do Festival de Cantareiras queremos celebrar unha festa en torno ao mundo da música tradicional. Pretendemos achegar á nosa contorna a representantes de todos os elementos e tendencias que conforman unha das fórmulas de expresión máis específicas da nosa cultura e, dende o ambiente festivo que se merece toda celebración, ofrecer a especialistas e profanos una mostra da ampla variedade de propostas existentes na actualidade.

Este ano celebramos o 30 aniversario da Asociación Cultural Mestura e quixemos ampliar o festival cunha foliada.

Este ano acompañarannos:

Festival:

Gritsanda (León)
Os Carecos (Ortegal),
Donas e Galáns (Ferrol),
Cantareiros do Rumial (Campo das Cortes - Muros),
Cantareiras Mestura (Meirás - Valdoviño).

Foliada:

Comezaremos cun obradoiro de baile tradicional,
Vai rañala, meu (Ferrolterra),
No Cómbaro (As Pontes),
Lume nas ferreñas (Ferrolterra),
despois dos grupos haberá foliada aberta.

O Festival conta con diversos rexistros que nos farán vibrar nunha tarde chea de sentimento como os máis puros con voces acompañadas de pandeiretas, latas, sachos..., e outros máis arroupados con acompañamentos de gaitas, acordeóns...

como chegar:


43°35'15.13" N
8°10'59.44" O

enderezo:
lugar do longoiro, s/n
meirás (valdoviño)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



COETUS EN GALICIA. Residencia artística: Concertos, Obradoiros e Encontros cos artistas.

(texto engadido o día 28/ / 9/ / 15 )


A orquestra de percusión ibérica visitará Galicia a fin de semana do 2 ao 4 de outubro xunto aos músicos arxentinos Luna Monti e Juan Quintero co proxecto 'Ir y venir'

Os músicos ofrecerán tres concertos, un total de dez obradoiros de formación e encontros de intercambio artístico xunto a músicos galegos na Casa Gasamans (Ames).

Aproveitarán para gravar diferentes directos con público para futuros proxectos artísticos




Coetus, orquestra de percusión ibérica, xunto a Eliseo Parra e o dúo arxentino Luna Monti e Juan Quintero realizarán a comezos de outubro en Galicia unha residencia artística conxunta baixo o título Ir y venir, na que se combinará unha serie de concertos con diferentes cursos de formación e encontros abertos co público. Deste xeito, a formación catalá estarán na Casa Gasamans (Ames) os días 2, 3 e 4 de outubro, ofrecendo un amplo programa de actividades musicais e gravarán ademais directos durante os seus concertos como material para próximos proxectos. Toda a información pódese atopar na web www.iryvenir.info.

Coetus é un atrevido proxecto de orquestra de percusión ibérica dirixido por Aleix Tobías e cuxo obxectivo é a recolleita e posta en valor da abondosa colección de instrumentos de percusión da Península Ibérica. Deste modo, a formación explora e reivindica os instrumentos de percusión, a maioría pouco coñecidos, que ao longo da historia serviron para acompañar as cancións, os romances, as festas e os bailes das diferentes culturas que conviven na península. A proposta, polo tanto, é afondar nos sons de todos estes instrumentos para crear unha linguaxe propia, inspirada nos ritmos tradicionais e nos diálogos coa voz. Para conseguilo sobre o escenario, atopamos un total de 21 músicos de Coetus, reforzados coa presenza do mestre Eliseo Parra, figura imprescindible para entender a restauración das nosas músicas tradicionais.

En Ir y venir, Coetus e Eliseo Parra xúntanse nesta ocasión con Luna Monti e Juan Quintero, dúo arxentino de músicos, nun proxecto que chegará a Galicia en outubro como unha experiencia pioneira e inédita no noso país. Trátase dunha residencia artística na que a formación ofrecerá un total dez obradoiros de formación, abertos á inscrición para músicos profesionais e afeccionados, na fin de semana do 2 ao 4 de outubro. A programación formativa desta residencia artística comezará o propio venres 2 de outubro cunha sesión de Baixo Electrónico no Folclore, impartido por Guillem Aguilar. A partir dese momento, ofreceranse masterclass de Caixón flamenco, coa intérprete Acari Beltrán; Percusión Ibérica, con Aleix Tobías; Arranxos vocais, con Luna Monte e Juan Quintero, ou de Construción de Instrumentos, con Alberto Carreño.

Tres concertos e encontros co público
Durante esta residencia artística da formación, ofreceranse tres concertos nas noites do 2, 3 e 4 de outubro, todos celebrados na Casa Gasamans (Ames) ante un aforamento de 150 localidades. A primeira das actuacións será o venres 2 de outubro ás 22.00 horas e nel actuarán Coetus xunto a Eliseo Parra e Luna Monti e Juan Quintero. O sábado 3 de outubro, tamén ás 22.00, os mesmos músicos subirán ao escenario. Como colofón, o domingo 4 de outubro, ás 20.30 horas, celebrarase o derradeiro dos concertos, neste caso de Coetus e Eliseo Parra. As entradas están á venda dende este venres 11 de setembro, a través de www.codetickets.com. A formación volve actuar así en Galicia despois de dous anos sen visitar o noso país, tras un exitoso concerto celebrado no Teatro Principal en Santiago de Compostela en 2013.

Coetus ofrece, ademais, a posibilidade de pasar as tardes en encontros especiais e íntimos ao redor da música como aperitivo previo aos concertos. Deste xeito, cada unha das tardes desa primeira fin de semana de outubro celebraranse encontros cos músicos participantes nesta residencia artística de Coetus, nos que se realizarán improvisacións musicais, conversas e intercambios no que participarán diversos músicos galegos, ademais de contar cun café e merenda para os asistentes. Durante estas tardes musicais co grupo, celebraranse ademais actuacións de Xosé Lois Romero e Aliboria.

Galicia como referencia
Malia que Coetus é unha formación radicada en Cataluña, para este proxecto escolleu Galicia polo seu interese e afinidade artística. Os compoñentes da orquestra de percusión, tras diversas visitas ao noso país, recoñecen a riqueza e a vitalidade da nosa música tradicional, moi presente nas diferentes manifestacións artísticas, tanto dende un punto de vista profesional como en festas e celebracións. Para Coetus, a pegada da música tradicional en Galicia contrasta coa doutros territorios ibéricos no que se teñen somerxido e na que as expresións tradicionais se atopaban soterradas.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I Muiñada de Vimianzo

(texto engadido o día 28/ / 9/ / 15 )


O sábado 3 de outubro o muíño da Agra de Vimianzo volverá á vida. A asociación cultural Cherinkas e o Concello de Vimianzo organizan unha “antropofesta” para reivindicar este ben etnográfico encaixado no medio do tecido urbano da vila.

A festa comezará ás 5 da tarde para os pequenos, co espectáculo de teatro musical “Merenda con pan de millo” de Migallas Teatro. Unha hora máis tarde realizarase unha visita guiada etnográfica sobre a vida no campo, os seus apeiros, e, especialmente, ao redor do muíño. Ao remate terá lugar unha demostración ao vivo para ver como moe e produce a fariña.

O millo será o protagonista tamén dos xogos populares que se celebrarán a partir das 7 da tarde: campionato de debullo, esfollada de millo, torneo de peneira e baile do cañoto. Con todo isto irá chegando o momento da cea, no que se degustarán produtos tradicionais como empanadas de millo, follados, broa, filloas ... Mentres tanto, música e baile con grupos de música tradicional de Vimianzo: Foliada de Salto, Airiños do Río Grande e A. C. Trubisquiña.

A partir de aí, abrirase a noite de concertos, cun cartel de gran calidade no que as actuacións serán próximas e festeiras, como os cantos nunha taberna ou, precisamente, nunha muiñada. Abren a velada os Druídas da Rolda, grupo vimiancés creado recentemente de compoñentes moi novos no que imperan os ritmos folk de pub irlandés.
De seguido será o turno do grupo A Roda, grandes expoñentes da música de taberna que elevaron o Pousa, pousa e o Andar miudiño a hits nacionais. Levan rodando desde 1975, e aínda que o grupo cambiou moito seguen coa mesma esencia.
Comezará a madrugada ao compás de De Vacas, que traerán os éxitos internacionais a golpe de ritmo tradicional.
Sebastião Antunes chega a Vimianzo co seu séquito a Quadrilha coa súa mistura de ritmos da música tradicional portuguesa e influencias da galega, irlandesa ou escocesa. O cantante iniciou a súa carreira en 1993, co álbum Contos de Fragas e Pragas e poderá presentar o seu último traballo "Proibido Adivinhar".
Para os trouleiros que queden con ganas de máis, rematamos a noite coa Liga Galega Gaiteira, foliada até altas horas da mañá!.

Colaboración dos veciños
Como xa se ven facendo en celebracións como o Asalto ao Castelo, nesta I Muiñada a implicación dos veciños é peza fundamental. Por iso se fai un chamamento a todos os que queiran botar unha man. Poden facelo de varias maneiras:
- ExpoRetro. Calquera ferramenta ou maquinaria vella, en especial a que teña que ver co muíño e co millo pode sernos de axuda.
- Cociñando empanadas ou follados de millo.

Se a podes prestar, debes poñerte en contacto coa asociación a través do correo cherinkasax@yahoo.es ou ao facebook da A. C. Cherinkas.

PROGRAMA
(17:00h) Teatro infantil: “Merenda con pan de millo” de Migallas Teatro
(18:00h) Visita guiada etnográfica sobre a vida ao redor do muíño
(19:00h) Xogos populares: campionato de debullo, esfollada de millo, torneo de peneira e baile do cañoto
(20:00h) Cea: empanada de millo, follados, broa, chourizos, troitas, filloas...
(21:00h) Música tradicional de Vimianzo: Foliada de Salto, Airiños do Río Grande e A. C. Trubisquiña
(22:30h) Druídas da Rolda
(23:30h) A Roda
(01:00h) De Vacas
(02:00h) A Quadrilha
(03:30h) Liga Gaiteira Galega

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



FIANDOLA EN O PORRIÑO

(texto engadido o día 22/ / 9/ / 15 )


FIANDOLA continúa a súa "Volta e media", desta vez no Porriño, dentro da programación das Festas do Cristo, no Festival Folk@Trad.
Será o xoves 1 de outubro, a partir das 9 da noite.
Compartiremos esceario cos compañeiros de Riobó.

Noticia enviada por Pili Gonçalves

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



MUSICA CONTRA A TRATA (A Coruña)

(texto engadido o día 21/ / 9/ / 15 )


Venres, 25 de setembro ás 20:30 no Centro Ágora


Contamos para iso coa presenza de artistas implicados nos movementos sociais e nas músicas de raíz que ofrecen a súa colaboración á Rede aportando o seu traballo e o seu talento á loita contra a explotación que uns seres humanos fan de outros seres humanos.

SÉS. A cantautora coruñesa Maria Xosé Silvar, máis coñecida como SES, e unha das artistas máis relevantes da actual escea musical galega. Actualmente está a presentar o seu terceiro traballo "Tronzar os Valos" que viu a luz o pasado mes de marzo, un traballo que afianza a condición de artista carismática e de gran forza persoal.

SANJURJO & DOPICO. Martín Sanjurjo (Saraibas, Balakandra) e Manolo Dopico (A Roda, Leixapren, Balakandra) unen forzas neste novo proxecto acústico, letras comprometidas coa nosa sociedade e os nosos corazóns aderezados da súa particular visión musical.

BOUBA Pandereteiras. Cinco mozas da comarca de Compostela que centran os seus esforzos en recoller a música tradicional do país para logo poder mostrar polo mundo adiante o poderío dos nosos vello e a forza da nosa música. Como din elas, festa? a nosa!!!

VENDA DE ENTRADAS:

Despacho Central de billetes da praza de Ourense: de luns a venres (excepto fesivos), de 9:30 a 13:00 e de 16:30 a 19:30 h (pago en efectivo)
Sede de AFundación: de luns a sábado (incluidos festivos) de 9:00 a 21:00 h. (pago en efectivo ou con tarxeta)
Despacho de billetes do Centro Ágora: aberto só os días de función desde unha hora antes (pago en efectivo). SÓ SE QUEDAN ENTRADAS DISPOÑIBLES
Televenda: 902 504 500, de luns a sábado, de 8:00 a 22:00 h
Venda en liña: www.ataquilla.com (pago con tarxeta)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Traspés de Varanda en Mondariz

(texto engadido o día 21/ / 9/ / 15 )


Domingo, 20 de setembro ás 19h na Praza de Mondariz.
Organiza: Traspés

Ir “De Varanda”, é dicir, ir de troula ou festa, é o termo que dá nome a esta II mostra de música e baile tradicional, onde Traspés interpretará Foliadas, Polavilas, Seráns, Pandeiretadas, Rondas, Ruadas, Fiadas, etc. termos todos eles que denominan xeitos de entender a festa e a troula noutros tempos xa pasados, pero afortunadamente, non esquecidos polos informantes.

“Traspés de Varanda”, é a II mostra de música e baile tradicional levada a cabo pola A.C. Traspés da man da Deputación de Pontevedra. De 75 minutos de duración aproximada, achega ao público pinceladas do noso patrimonio inmaterial (en moitos casos xa esquecido da vida cotiá dos galegos e galegas), dando vida a usos e costumes que noutro tempo adoitaban rematar dunha maneira festiva. Traspés tenta recrear aqueles momentos, espertar no público todo tipo de sensacións (nostalxia, ledicia, morriña… quizais nos maiores) e abrir unha nova fiestra ao público máis novo, posuidor dun xeito de vida totalmente afastado do que se pretende amosar.

Esta II Mostra é o resultado do traballo do corpo de baile, pandereteiras, pandereteiros e charanga ao longo dos anos 2014-2015. Con ela faremos posible unha viaxe virtual por toda a xeografía galega, de norte a sur e de leste a oeste. Escoitaremos músicas das catro provincias e coñeceremos características dos seus bailes, ritmos, xeitos de tocar e cantar, etc.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Maghúa nas festas de San Miguel (Baralla. Lugo)

(texto engadido o día 20/ / 9/ / 15 )


Venres, 25 de setembro a partires das 22h
Neira de Rei, Baralla, Lugo

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Airiños da Lagoa na Romería de San Cosme e San Damián de Baiona

(texto engadido o día 20/ / 9/ / 15 )


Sábado, 26 de setembro
Praza de Santa Liberata

O vindeiro sábado día 26 o Grupo de Baile e Música Tradicional "Airiños da Lagoa" de Baíña estarán amenizando a Romería de San Cosme e San Damián de Baiona (festa da mel e das noces).

Ás 11:00h acompañarán a procesión que percorrerá as principais rúas da vila.

Ás 13:00h farán o primeiro pase e logo ás 19:00h o segundo acompañado dun pasarrúas polo recinto da romería.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A Fervenza de Ouzande (A Estrada) - Curso 2015/2016

(texto engadido o día 20/ / 9/ / 15 )


BAILAS? 2015-2016
CLASES DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL
ACORDEÓN, GAITA, BAILE, PANDEIRETA, TAMBORIL E CANCIÓNS TRADICIONAIS

Dan comezo as clases deste novo curso. A Asociación convoca a todas as persoas interesadas a unha reunión que terá lugar o próximo sábado 26 de SETEMBRO no local do campo da festa ás 17:30 da tarde.
Na reunión informarase dos prezos e demais detalles das clases e tamén se fixarán os horarios de PANDEIRETA, BAILE que terán lugar os sábados pola tarde, e das clases de ACORDEÓN, GAITA E TAMBORIL, que se celebrarán os sábados pola mañá. TAMÉN SE INFORMARÁ DO HORARIO DO GRUPO DE CANCIÓNS TRADICIONAIS, OS SÁBADOS POLA NOITE.

As clases comezarán o PRIMEIRO FIN DE SEMANA DE OUTUBRO

Tamén convidamos ás persoas participantes nas diferentes clases e a todas as interesadas a traeren os seus instrumentos para interpretaren algunha peza e facer algo de festa. Para rematar a reunión a Asociación convida a uns pinchos de merenda.

Anímate a tocar algún instrumento, a cantar ou a bailar. Verás que non é tan difícil, e ademais vaste divertir.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Escola viVAntes (Compostela)
https://escolavivaantes.wordpress.com/
(texto engadido o día 20/ / 9/ / 15 )


Xornada de portas abertas o 28 de setembro. As aulas inicianse en outubro.

Aulas de baile:
Rebeca Tallón
Centro Olalab, espacio de acción cultural, olalab.net , localizado na rúa Porta da Pena nº10, baixo.

Canto e percusión tradicional:
Noemi Basanta
Bar A Gramola, Praza de Cervantes, 10


A Escola viVAntes! nace en Compostela como iniciativa dun grupo de amigos e amigas con ganas de aprender e desfrutar da cultura tradicional galega desde unha perspectiva lúdica.

Na actualidade está dirixida por Noemí Basanta e Rebeca Tallón Armada, quen desde hai xa dous anos se esforzan por transmitir ao seu alumnado a importancia de cantar, tocar e bailar en calquera contexto sen renunciar á calidade técnica.

Constitúe o lugar de encontro para todas aquelas persoas que consideran que unha boa festa é aquela que se fai a ritmo de muiñeira.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III FESTA DE AFIRMACION E DIGNIDADE
https://irimegos.wordpress.com/2015/09/07/iii-festa-de-afirmacion-e-a-dignidade/
(texto engadido o día 20/ / 9/ / 15 )


20 de setembro de 2015

Ás 12 horas, no PEDREGAL DE IRIMIA

Organizan: Irmandade Manuel María, Xermolos e Asociación Cultural Avelino Díaz

Lectura do manifesto e comunicados por varios colectivos
Entrega das “Mans de Irimia” (obra de Manolo Pardo) a Avelino Díaz e Anxo Lamas.
Actuación das Pandereteiras de Meira
Xantar nos Cabanóns de Meira

Ás 6 da tarde, na praza de Meira

Recital de poesía das obras de AVELINO DÍAZ e ANXO LAMAS
Actuacións musicais: Banda de gaitas de Meira, Banda de música de Meira, Mini e Mero da Quenlla, O Gaiteiro Nubeiro, Raúl Galego, Coral de Riotorto e máis sorpresas…
Xantar: polbo, carne ao caldeiro, empanada de Meira, viño, café (25 euros). Para apuntarse a xantar (antes do día 15) chamar a: Manolo de Meira (630217035), Valdi (676219418) ou Alfonso (646413890).

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada Branca do Oito (Vilalba)

(texto engadido o día 17/ / 9/ / 15 )


Sábado, 19 de setembro ás 23h

Rematou o verán, pero sempre nos quedarán as Foliadas!!!... Dentro da "Festa Branca" de Vilalba teremos a vindeira Foliada do Oito. Será na praza da Constitución en Vilalba o sábado 19 de setembro dende as 23:00 h. pinchos e consumición para os grupos participantes... vide bailar!!!!
Para participar anotarse antes do xoves 17 no e-mail oitolugo@gmail.com ou no tlf. 696377381

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Luar Na Lubre nas Festas de San Cibrao do Carballiño

(texto engadido o día 17/ / 9/ / 15 )


Xoves, 17 de setembro ás 23h Praza Maior
- Luar Na Lubre -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



cursos do pichel 2015/16 (Compostela)
http://gentalha.org/2015/09/cursos-do-pichel-201516-2/
(texto engadido o día 17/ / 9/ / 15 )


A associaçom cultural a Gentalha do Pichel é um projeto autogerido, que se sustenta a partir do trabalho, ativismo e achegas económicas das pessoas associadas.

Os cursos, além de serem um espaço de convívio e aprendizagem, som umha ajuda económica para manter o centro social, por isto pedimos o teu compromisso à hora de fazer o pagamento no início de cada mês.

Sem matrícula. Depósito dumha mensalidade a maiores a começo do curso que será devolta no caso de avisar com um mês de antecedência da baixa do curso. O pessoal que fique até o fim do curso nom terá que pagar o último mês graças a este depósito.

Preço por mês. Desconto de 2€ no preço do curso para pessoas associadas, desempregadas (deve acreditar-se) ou que frequentem mais dum curso.

Mínimo de inscriçons para um curso começar: 3/4pessoas.

Com inscriçom prévia em gentalha@gentalha.org

Dúvidas e esclarecimentos em gentalha@gentalha.org ou no 698142936 (de 19h a 22h)


DE MANHÁ



  • Canto e Pandeireta. Iniciaçom


Segundas-feiras de 12h30 a 13h30. Começo de 5 outubro. Preço 16€


As aulas de pandeireta e canto virám da mao de Carme Iglesias, integrante das Pandeireteiras Bouba, da Pontragha. As pessoas velhas da comarca, de quem aprendeu a música, estám presentes no seu modo de tocar e ensinar. De Tordoia portas para fora… Começa a rota da pandeireta!


 



  • Gaita


Quartas-feiras de 10h30 a 11h30. Começo 7 de outubro.?Preço 20€. Número mínimo de participantes: 4 pessoas.


No curso fará-se umha aproximaçom à técnica do instrumento e aprenderemos algumhas peças. O curso irá da iniciaçom ao aperfeiçoamento, trabalhando ouvido, afinaçom e linguagem musical, com as noçons básicas de teoria e leitura aplicadas à prática da música tradicional. O professor será David Canto, gaiteiro iniciado na música tradicional na comarca da Marinha, para depois receber formaçom em gaita, percussom e requinta e flautas travessas em aCentral Folque e no Conservatório, do que posue o Grao Professional em Gaita Galega. Tocou com ”Acibreira” , ”Quarteto da Gentalha”, “Arrueiro” e “Do Fondo do Peto”, além de colaborar nos últimos discos de Os Cempés e Kepa Junquera.


 



  • Tamboril


Quartas-feiras de 10h30 a 11h30. Começo 7 de outubro.?Preço 20€. Número mínimo de participantes: 4 pessoas.


Neste curso praticará-se a técnica de tamboril tradicional (agarre das baquetas, batido e redobre, acentuado, etc), para a sua aplicaçom nos ritmos empregados na música tradicional galega. Fará-se um achegamento que permita a interpretaçom dum repertório variado e desenvolver-se no acompanhamento da melodia. O professor será David Canto.


 



  • Iniciaçom à dança tradicional


Quartas-feiras de 11h30 a 12h30. Começo 7 de outubro. Preço 15€. Número mínimo de participantes: 6 pessoas.


Neste curso aprenderemos pontos de diferentes zonas da Galiza para podermos participar ativamente em festas e foliadas. Será com Fuensanta Nieto, vizinha de Compostela, que bailou em diferentes agrupaçons folclóricas da comarca. Também fijo algum trabalho de campo por diferentes lugares da Galiza para aprender, de primeira mao, as diferentes maneiras de bailar dos e das nossas velhas.




  • Dança tradicional. Intermédio


Quartas-feiras de 12h a 13h. Começo de 7 outubro. Preço 15€. Número mínimo de participantes: 6 pessoas.


Se passaste por iniciaçom e queres continuar a aprender pontos para divertir-te nas foliadas este é o teu curso. A profe será Fuensanta Nieto.


 


À TARDE



  • Dança tradicional para quem nom sabe nada


Quartas-feiras de 20h a 21h. Começo 7 de outubro. Preço 15€.


Ensinada por Chus Caramés, que há décadas que anda no baile galego. Começa de mui novinha na agrupaçom folclórica da sua terra natal e a dia de hoje continua aprendendo da man das nosas pessoas velhas e em festas e foliadas. Além de bailadora e pandeireteira, é a organizadora dum evento muito importante para a música tradicional do país, “os Encontros de Música Tradicional de Carvoeiro”.


 



  • Dança tradicional para quem sabe um chisco


Terça-feiras de 20h30 a 21h30. Começo 14 de outubro. Preço 15€


Se já foste um aninho a dança é mais ou menos lembras o básico, este é o teu curso! Aqui afiançarás o aprendido e darás umha volta para continuares a desfrutar das festas e foliadas. Quem te ajudará é umha rapariga que sabe disso. Carme Campo aprendeu os primeiros pontos no Porrinho, aperfeiçoou-nos num grupo de Compostela e agora mantém-se aprendendo no dia a dia, em seráns e festivais de música tradicional.


 



  • Dança tradicional para quem sabe um chisco mais


Segundas-feiras de 22h a 23h. Começo de 5 de outubro. Preço 15€


Com Fuensanta Nieto aprenderemos alguns bailes de diferentes zonas para podermos continuar a participar ativamente em festas e foliadas, além de aperfeiçoar as técnicas do baile que já temos aprendidas doutros anos.


 



  • Pandeireta Iniciaçom e Aperfeiçoamento


Quartas-feiras. Iniciaçom de 19h a 20h. Começo 7 de outubro. Preço 14€. Duraçom até junho.


Quartas- feiras. Aperfeiçoamento de 20h a 21h. Começo 7 de outubro. Preço 14€. Duraçom até dezembro. Em Janeiro formaremos um grupo de gaitas e percussom com aulas concretas para isto com a gente de aperfeiçoamento que quiger participar.


Nas aulas aprenderemos a tocar os ritmos básicos da música tradicional galega, centrando-nos na técnica e no acompanhamento a outros instrumentos. Aitana Cuétara, a professora, está acompanhada pola música tradicional desde 1997. Começou sob a direçom do mestre Lolete, primeiro como gaiteira e logo já como percussionista, passando depois por outras agrupaçons e formando-se com diferentes músicos. Desde há treze anos leciona aulas regulares e cursos intensivos na Galiza e fóra.


 



  • Gaita


Quintas-feiras de 17h a 18h . Começo 1 de outubro. Preço 20€.


* Com David Canto. Ver informaçom nos cursos de Manhá.


 



  • Tamboril


Quintas-feiras de 18h a 19h. Começo de 1 outubro. Preço 20€. Número mínimo de participantes: 4 pessoas.


* Com David Canto. Ver informaçom nos cursos de Manhá.


 



  • Acordeom diatónico e piano.


Quintas-feiras de 17h a 19h. As aulas seram de 1 hora a escolher por cada aluna/o neste horário (ou de 17h a 18h, ou de 18h a 19h). Começo no 1 de outubro. Preço 22€.


Neste curso explicaram-se diversos elementos de técnica interpretativa e daram-se exercícios práticos adaptados ao nível e evoluçom de cada aluno/a. O repertório impartido centrará-se, fundamentalmente, em peças tradicionais galegas, fazendo ênfase nas próprias do acordeom e do canto, ainda que também se incluiram peças tradicionais doutras partes do mundo. A falta de instrumento ou de conhecimento musical nom é um impedimento para a assistência às aulas. O professor será Alberte Núñez Martínez quem se iniciou no mundo do acordeom da mao de Brais Maceiras depois de ter estudado piano no Conservatório Profissional de Música da Corunha. Assistiu a diversos encontros e cursinhos ofertados por grandes acordeonistas como Pedro Pascual, Cati Plana ou Xuan Nel Expósito. Toca nos grupos Sessión Vermú e Dúbida Duo e colaborou com Tiruleque ou os Tres Trebóns. Atualmente dá aulas de acordeom em diversas associaçons e intervêm em homenagens e concertos didáticos sobre o instrumento.




  • Música para peto. Harmónica e mais uns instrumentos miúdos.


Segundas-feiras de 18h45 a 19h45. Começo 5 de outubro. Preço 20€. Duraçom de outubro a dezembro.


Curso para todos os níveis sobre instrumentos que podem ser levados no peto, porque a música é o refúgio onde podermos agachar-nos contra o aborrecimento, a defesa da mediocridade. Curso para aprender/melhorar a tocar a harmónica em vários estilos (tradicional, folque, popular, blues…) e liçons para outros instrumentos: tarranholas, harpas de boca, assobios, colheres… O professor será Ariel Ninas (a.k.a. Mauro Sanín) músico polifacético associado à aCentral Folque, onde desenvolve a sua atividade profissional regular. Ainda que pouca gente o sabe, a harmónica é o seu primeiro instrumento, que toca desde os 14 anos e tivo em Marcos Coll (Reyes el K.O.) o seu professor. Como sanfonista, é membro da OMEGA (Orquestra de Música Espontánea da Galiza) e Ulobit (multimedia experimental).




  • Canto e Pandeireta.


Intermédio: segundas-feiras de 19h45 a 20h45. Começo 5 de outubro. Preço 16€


Avançado: segundas-feiras de 21h a 22h. Começo 5 de outubro. Preço 16€


As aulas de pandeireta e canto virám da mao de Carme Iglesias, integrante das Pandeireteiras Bouba, da Pontragha. As pessoas velhas da comarca, de quem aprendeu a música, estám presentes no seu modo de tocar e ensinar. Desde Tordoia portas para fora… Começa a rota da pandeireta!


 



  • Percussom Doméstica


Segundas- feiras de 21h a 22h. Começo 5 de Outubro. Preço 20€. Duraçom de 3meses.


No curso faremos um percurso polas músicas tradicionais da península ibérica, de Europa do leste e de América do sul, vendo que os instrumentos domésticos som um óptimo veículo para a aprendizagem musical de técnicas tradicionais e modernas.


Para realizar o obradoiro é recomendável trazer instrumentos domésticos como culheres, tijola, dedais de costura, caldeiro, táboas de lavar, sachos, latas, almirez ou morteiro ,… Também se podem trazer outros instrumentos de percusión tradicional para usar como base rítmica nalgumhas partes do obradoiro. Carlos Martínez leva desde 2003 até a atualidade percorrendo grande parte da península e Europa como percusionista de “Pan de Capazo”. No ano 2009 forma em Compostela a Fanfarria Taquikardia, grupo de referencia na animaçom de rua galega. Durante vários anos percorre a geografia galega como membro do grupo de percussom tradicional “PelePau”. Na atualidade o seu trabalho musical está em “Pan de Capazo”, “Os Calandracas” e o desenvolvemento das percussons domésticas, os bombos e os pandeiros de diferentes culturas do mundo.


 



  • Guitarra.


Nível I: terças-feiras de 19h a 20h . Nível II de 20h a 21h. Começo 6 de outubro. Preço: 25€.


Som ideais quer para gente que começa do zero, quer para quem já tem um nível intermédio. Nelas, trabalharam-se harmonia e técnica de forma conjunta, a un nível mui básico. A ideia é fazer aulas engraçadas onde a criatividade e a improvisaçom tenham um papel importante. Tocaram-se temas de diversos estilos (blues, rock, country, reggae, funk) e temas que proponha o próprio alunado, se a complexidade do tema o permite. O professor será Benjamín Vázquez, professor em educaçom musical e atual guitarrista de The Lákazans.


 



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Birimbao na Festa da Pataca de Coristanco

(texto engadido o día 16/ / 9/ / 15 )


Domingo, 20 de setembro ás 20h

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Parrocheira en Ferrol Vello

(texto engadido o día 11/ / 9/ / 15 )


Do 11 ao 13 de Setembro



Sábado 12:
pasarrúas de Os Feroces da Galgueira

Domingo 13:
a partires das 20h, Real Coro Toxos e Froles na Igrexa do Socorro, e ás 21:30
ás 21.30 horas Xurxo Souto con "Océano para terrícolas", presentación musical do seu libro Contos do mar de Irlanda, e proxectarase o documental Voz gaiteiros do Mar
ás 23.00 horas actuacións de Manolo Bacalhau e Xurxo Souto

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



O Sonoro Maxín na Festa da Vendima de Beiro (Ourense)

(texto engadido o día 10/ / 9/ / 15 )


Sábado 12 de setembro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Noite Folk nas festas de Pereiras (Mos)

(texto engadido o día 10/ / 9/ / 15 )


Venres 11 de setembro a partires das 22h

- Nosa Terra
- PesnaRúa
- Os Chavellos
- Escola da música tradicional do C.C.R. de Cabral

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Faltriqueira en Pontedeume

(texto engadido o día 10/ / 9/ / 15 )


Xoves, 10 de setembro ás 22:00
Festas das Peras


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]