Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


I Memorial Secundino Perez Sanromán en Nigrán
http://www.valminortv.com/#!I-Memorial-Secundino-Pérez-Sanromán-en-Chandebrito/c1nni/5655a6f80cf299a6c5255a17
(texto engadido o día 26/ / 11/ / 15 )


Un ano despois do seu falecemento, a Asociación de Veciños O Castro e a Comunidade de Montes en Man Común de Chandebrito organizan o I Memorial Secundino Pérez Sanromán, veciño da parroquia e un referente na música tradicional do Val Miñor.

Participarán os grupos Ardelume de Baíña, Breogán Valle Miñor de A Ramallosa, A Merced de Chaín, O Castro de Chandebrito, Novos Aires de Couso, Ecos e Agarimos de Peitieiros, Algarada de Priegue e Aires de Santes de Vincios.

O evento celebrarase este sábado 28 de novembro no torreiro de festas de Chandebrito e comezará ás 20:00 horas. A partir das 22:00 horas haberá un Serán aberto a todos os grupos.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Novembro '15 na Casa das Crechas

(texto engadido o día 12/ / 11/ / 15 )


Xoves 12 ás 23h 8€
RADIO COS
Radio Cos, uns pandeireteiros de fama que fixeron evolucionar a música galega de maneira natural. Xurxo Fernandes e Quique Peón, cantantes e percusionistas do grupo, son dous referentes no mundo da investigación etnográfica en Galicia. As melodías utilizadas neste proxecto pertencen aos seus arquivos de gravacións de campo, traballo que levan facendo por toda Galicia desde hai máis de tres décadas. Radio Cos leva xa case nove anos percorrendo escenarios en Bélxica, Inglaterra, Escocia, Bretaña e Galicia, transmitindo o seu modo de entender a nosa música tradicional. A banda confórmana tres prestixiosos músicos: Pedro Lamas na gaita e saxo soprano, Nikolay Velikov no violín e Xan Pampín no acordeón. Este traballo, concibido con forza e alegría, quere mostrar a invisibilidade que sofren as culturas minorizadas a pesar de estar aí, de rodearnos, de ser verdades manifestamente palpables.[Concerto da RGMV]

Sábado 14 20h 5€
JAMBRINA Y MADRID FOLK
O dúo de música tradicional Alberto Jambrina e Pablo Madrid nace da colaboración profesional destes dous músicos folkloristas desde a década de 1980. Dedicados aos traballos de investigación, difusión e interpretación da música tradicional zamorana, recibiron o respaldo do Ministerio de Cultura en varios dos seus traballos de recompilación a intérpretes de campo de Zamora e en traballos sonoros propios. Formaron parte do Colectivo de Folclore Zamorano; a partir de 1989 están á fronte da Escola de Folclore e do Consorcio de Fomento Musical respectivamente. Interviñeron en grupos de baile tradicional e de folk como: Voces de la Tierra, Bajo Duero, Habas Verdes, Tradinova, y colaborado en grabacións con grupos como La Bazanca, Radio Tarifa, María Salgado, Joaquín Díaz, Vanesa Muela, etc.

Martes 17 21h 10€/13€ (organizado por Placeres Ocultos)
JOSEF VAN WISSEM
Jozef van Wissem é un músico capaz de conxugar sorprendentemente pasado e presente. Unha figura única no panorama musical que foi capaz de reescribir a historia dun instrumento aparentemente esquecido como o laúde e dotalo de nova vida, movéndose con soltura en terreos barrocos ou avant-garde. As súas influencias van do mundo clásico (Bach, Satie...) até a música industrial. E as súas composicións, envolvidas nunha aura mística e espiritual reforzada por títulos tan evocadores como The Mistery of Heaven ou Concerning the Entrance into Eternity, transportan ao oínte a un transo do que resulta difícil desprenderse.[entradas anticipadas a través de Ticketscript]

Xoves 19 21h 5€
CRIATURES (MARÇAL RAMON E IVÓ JORDÀ)
‘Criatures’ é un duo íntimo, onde a gralla e o acordeón trasládanse a un terreo pouco explorado por estes dous instrumentos. Sen perder as orixes, e tocando sempre de pÉ no terreo tradicional, achéganse a novos estilos e a novos ritmos. Un traballo minucioso para poder trasladar a unha contorna concertístico a estes dous instrumentos tan enraizados á festa popular a pé de rúa. Marçal e Ivó colaboran xuntos noutros proxectos e desde hai anos foron facendo pequenas aparicións conxuntamente, así que era cuestión de tempo que nacese "Criatures".

Mércores 25 21h 5€
BARAHÚNDA
Helena de Alfonso (voz e composicións) e Jose Lara Gruñeiro (guitarras e composicións) son dous músicos que dirixen ou proxecto Barahúnda. Este formouse en 1998 en Madrid, cidade da que son orixinarios, coa idea de facer música folk de raíz ibérica, cantigas galego-portuguesas musicadas por eles, jarchas mozárabes, cancións sefardís e composicións propias, todas elas conformadas nun estilo propio sinxelo, orixinal e recoñecible. Non 2010 Helena e mais Jose trasládanse a Galiza e pouco a pouco van fraguándose as cancións que formarán parte de ‘Múdanse os Ventos’, o terceiro traballo deste proxecto. Múdanse os Ventos é un disco eminentemente atlántico, galego, portugués, mariño… É a transcripción dun mundo máxico e salvaxe ao seu xeito de facer música; Pero non obstante non deixa de ser, como os anteriores, unha viaxe polo espazo-tempo.

Xoves 26 21h 6€
CLAUDIO H.
Canción mestiza para recibir con todos os sentidos. Arriscada, divertida, próxima, bailonga e ecléctica fusión de estilos; ritmos afro-latinos, brasileiros, reggae, funk, swing... e sempre o jazz no fondo. Letras feitas desde a poesía do cotián; alegres pero pensando, bailando pero calando fondo. Un colorido universo onde todo pode pasar e nada pasa desapercibido.

Domingos 1, 8, 15, 22 e 29 ás 20h 3€
DOMINGOS DE JAZZ CON SUMRRÁ
O trío de Jazz máis internacional de Compostela retoma a súa residencia dominical na Casa das Crechas. Sumrrá repasará a súa extensa discografía, e convertirá o mítico local Compostelano na factoría onde se testen as novas direccións a seguir no futuro inmediato. Son: Manuel Gutiérrez, piano; Xacobe Martínez Antelo, contrabaixo; e LAR Legido, batería.

Mércores 4 e 11 23h 1€
FOLIADA COA BANDA DAS CRECHAS

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Radio Cos no Aturuxo (Bueu)

(texto engadido o día 12/ / 11/ / 15 )


Domingo, 13 de decembro ás 20:00

Actuación participante na Rede Galega de Música ao Vivo de Agadic

Radio Cos, uns pandeireteiros de sona que fixeron evolucionar a nosa música naturalmente.

Xurxo Fernandes e Quique Peón, cantantes e percusionistas do grupo, son dous referentes no eido da investigación etnográfica en Galiza. As melodías utilizadas neste proxecto pertencen aos seus arquivos de gravacións de campo, traballo que levan facendo por todo o país desde hai máis de tres décadas.
Vai xa para nove anos que Radio Cos leva percorrendo escenarios en Bélxica, Inglaterra, Escocia, Bretaña e Galiza, transmitindo o seu modo de entender a nosa música tradicional.

Agora preséntannos o seu primeiro disco, música de raíz que mestura a sonoridade máis arcaica con elementos tirados da propia tradición e melodías alleas que gardan relación co país.

A banda confórmana tres prestixiosos músicos: Pedro Lamas na gaita e saxo soprano, Nikolay Velikov no violino e Xan Pampín no acordeón.

Este traballo, concebido con forza e alegría, quere mostrar a invisibilidade que sufren as culturas minorizadas a pesar de estar aí, de arrodearnos, de ser verdades manifestamente palpábeis.

Entrada: 6€ anticipada / 8€ billeteira

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VI Ruada de Moraña (SERÁN-MAGOSTEIRO)

(texto engadido o día 12/ / 11/ / 15 )


Sábado, 14 de novembro ás 13:00
Carballeira de Santa Lucía, Moraña

A ruada volta un ano máis a Moraña. As asociacións CHINGUILIPÉ e O ARRIEIRO queremos convidarvos á sexta edición da #RuadadeMoraña. E ollo...este ano facémolo en SÁBADO!, non tedes xa ningunha excusa para non vir a Moraña o 14 de novembro! :)

PROGRAMACIÓN:

13:00- SESIÓN VERMÚ FOLIADEIRO
Polos bares de Santa Lucía, con Chinguilipé e músic@s amig@s. Hai que ir avisando de que á tarde hai festa, e para iso hai que avisar ós veciños con tempo, así que comezaremos a rondalla ás 13h no café Bar Sergio

17:30- OBRADOIROS
(17:30-18:15H). "Técnicas de man: pandeiro, pandeireta, pandeira). Impartido por MARCELO DOBODE
(18:30-19:15). "Iniciación ao baile tradicional: muiñeiras". Impartido por MARCOS BOTANA

20:00 INICIO DA RUADA

- Reparto de castañas, chourizos empanadas con bebidas a prezos populares. Inicio da ruada. Confirmados ata o de agora os seguintes grupos (xa sabedes que non temos horarios, así que cando vaiades chegando os grupos iremos anotándovos na "pizarra" da entrada para tocar ;)
- CHINGUILIPÉ
- AULA FOLQUE DA ESMU (Moraña)
- PANDERETEIRAS DE CARRACEDO
- MADIALEVA (Meis)
- HAI QUE ROELO (Cuntis)
- SEIXEBRA (Moraña)
- GERMÁN V. SONEIRA (Teo)
- VENDAVALADA (Cambados)
- CAFÉ DE POTA (Arcade-Pontesampaio)

* Contaremos con escenario e equipo de Son.

00:00 FOLIADA ABERTA

Unha vez teñamos bandullos cheos, foliada aberta ata que os corpiños aghuanten!


* Se tes un grupo e queredes botar unhas pezas connosco só tedes que achegarvos ata Moraña e anotarvos para o serán. Se non tes un grupo pero queres cantar, bailar ou simplemente desfrutar connosco dunha noite chea de música tradicional e troula, xa sabes!
* Ao longo de toda a noite sortearemos os agasallos doados polos comerciantes de Moraña. Pregunta na barra polas rifas!

Comparte este evento e convida a él a todos os teus contactos de Facebook, graciñas!


E se chove???, QUE CHOVA!... temos carpa :)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concertos NA RAÍZ. Ferrol

(texto engadido o día 12/ / 11/ / 15 )


A Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol presenta NA RAÍZ, un ciclo de concertos protagonizados por artistas que rachan con moldes e prexuízos desde o coñecemento da tradición.

Catro citas no Teatro Jofre con seis nomes que son sinónimo de compromiso artístico, calidade e atemporalidade.


venres 30 de outubro, 20:30 h.
RAÚL RODRÍGUEZ “Razón de Son” (Andalucía)

Este músico, productor e antropólogo sevillano recolle no libro-disco “Razón de Son” 20 anos de investigación sobre a música popular andaluza e a súa conexión con outras músicas. Desde mediados dos anos 90 militou nos grupos Caraoscura e Son de la Frontera, produciu a Las Migas, traballou en discos da súa nai Martirio, Kiko Veneno ou Juan Perro y la Zarabanda e moitísimos artistas máis requeriron as súas excelencias á guitarra e o tres flamenco, do cal é un pioneiro. Desde a súa aparición en octubre de 2014 e a súa participación no WOMEX, “Razón de Son” colleitou loubanzas abondas dentro e fóra de España. A súa conxunción de virtuosismo, didáctica e carisma deixarán pegada no seu paso por Ferrol.


xoves 19 de novembro 20:30 h.
DAVIDE SALVADO (Galiza) + CAXADE (Galiza)

A voz e a interpretación deste marinés namorado do rural son tan evidentes que o xurado internacional do WOMEX, a feira de World Music máis importante do mundo, o elixiu para participar na edición de 2014. Até entón só Mercedes Peón gañara esa honra para Galiza. Tras Ecléctica Ensemble, Budiño, a Banda das Crechas, Rústica e o debut de seu “Árnica pura” (2011), producido por Eliseo Parra, chega un álbum que confirma as expectativas. “Lobos” (2015) é amor actual pola tradición, pola terra, pola lingua e polas xentes, en especial por esas mulleres fortes, pandereteiras e bailadoras, nas que Davide recoñece a súa formación e aprendizaxe. Ese enraizamento tan puro, salvaxe e fermoso na súa contorna fai que a súa arte non só nos chegue a nós, senón que sexa quen de emocionar ouvidos doutras terras.

O proxecto persoal do acordeonista Alonso Caxade supuxo unha sorpresa no panorama galego. Primeiro, coas súas cancións difundidas en videoclips pola Internet e deseguido co álbum de debut “A dança dos moscas”. Acompañado coa formación completa de bombardino (Manu Espinho), trompeta e carrillón (Manu Paino) e batería (Xosé Tunhas), esta longa xira chega por fin a Ferrol, xusto antes de entraren a rexistrar o segundo álbum. Se o coñecimos en proxectos vencellados ao tradicional dun xeito peculiar e desprexuizado coma Pel de Noz, Orquestra Os Modernos e un Cuarteto Caramuxo que abandonou para se centrar nesta proposta onde o público da escea alternativa e o da folque-tradicional teñen un lugar de encontro; un folque de melodías novas que reivindican o coñecemento da tradición e canta letras de denuncia.


venres 18 de decembro 20:30 h.
CARMEN PARÍS “E-jazz con jota” (Aragón)
Cada traballo desta aragonesa é sinónimo de recoñecemento. O seu debut en solitario “Pa mi genio” (2002) mereceu o premio a Mejor Álbum de Música Tradicional e “Jotera lo serás tú” en 2006, "InCubando" en 2009 o de Mejor Álbum de Fusión, e foi galardonada co Premio de las Músicas Actuales en 2014. Carmen París revolucionou a jota aragonesa con creatividade, elegancia, expresividade, paixón, moita inquedanza artística e poucos prexuízos: “Que a mí no me duelen prendas de cantarte por rancheras o por chotis o en zulú”. Sobre as táboas, esta vocalista libre e inimiga dos corsés estilísticos reborda personalidade, entrega e simpatía. "E-jazz con jota", o traballo que por fin a trae a Ferrol, combina a forza expresiva da jota coa riqueza harmónica e de ritmos do jazz. Iso si, non pensen que a París desaproveitará a oportunidade de coquetear con sons mediterráneos, andalusís, afrocubanos…


venres 15 de xaneiro 20:30 h.
FETÉN FETÉN (Castela) + CUARTETO CARAMUXO (Galiza)

Os polifacéticos Diego Galaz e Jorge Arribas chegan ao Jofre para facernos bailar. Con candansúas bagaxes labradas en mil e un proxectos alleos, propios e conxuntos (La Musgaña, Nacho Mastretta, Ibérica de Danza, Zoobazar, Korrontzi, Celtas Cortos, Zenet, Zoobazar, La Apasionante Música de Cine ... ) Fetén Fetén inspíranse agora nos salóns de baile, as sesións vermú e as festas populares para presentar un traballo baseado nos ritmos de sempre: valses, boleros, pasodobles, jotas, tangos, rumbas, fox trot, chotis, chachachá ... Como se non abondase con seren uns magos dos seus violín e acordeón, suman ao espectáculo unha chea de instrumentos, algúns verdadeiramente insólitos, como o violín trompeta, o vibrandoneón, o serrucho, a mandolina e a frauta. Onde queira que van, gañan o público.

Desarman desde un principio, pois son un cuarteto que suma seis instrumentistas: catro clarinetes, acordeón e percusión. Cuarteto Caramuxo parte de pezas do canto galego de tradición oral para xogar con elas e crear uns instrumentais que presentan ao vivo con elegancia e certa teatralidade. Poden saír por calquera estilo (funk, reggae, soul, jazz, valse, swing, aires centroeuropeos ...) sen perderen nin un chisco de xeito e sutileza. Velaí o seu maior mérito. A súa é unha mestizaxe que racha o xusto co sentidiño pero moito cos prexuízos. Nos últimos anos convenceron o público do festivais de referencia como o Interceltique de Lorient, Ortigueira ou o Pirineos Sur. Eles mesmos din neste recente segundo disco: “Procuramos novos camiños musicais coa intención de ofrecer variedade sen renunciar aos nosos principios de elegancia e bo humor con referencias a músicas e ritmos recoñecibles”. Pasen e déixense sorprender.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concerto De Tres Pesos Na Gentalha Do Pichel (Compostela)

(texto engadido o día 6/ / 11/ / 15 )


Venres, 13 de novembro ás 13:30
Santiago de Compostela

Concerto de Tres Pesos na Gentalha do pichel
Será un concerto o caldeiro, entrada de balde e si che gusta e queres colaborar con nòs, aportas no caldeiro
Así que si queredes festa non o dubidedes. Compartide

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV Encontro Luso Galaico de Música Popular en Monçao
http://bloguedominho.blogs.sapo.pt/moncao-recebe-iv-encontro-luso-galaico-4594727
(texto engadido o día 6/ / 11/ / 15 )


Organizado pelo Grupo Popular “Os Teimosos” com o apoio da Câmara Municipal de Monção, realiza-se no dia 7 de novembro, sábado, pelas 21h30, no Cine Teatro João Verde. Participação de cinco agrupamentos populares da região transfronteiriça.

Com organização do Grupo Popular “Os Teimosos”, o IV Encontro Luso Galaico de Música Popular realiza-se no dia 7 de novembro, sábado, pelas 21h30, no Cine Teatro João Verde. A entrada custa 3,50 €, podendo ser adquirida na Loja Interativa de Turismo.
Além do grupo anfitrião, a presente edição reserva atuações de mais quatro agrupamentos: A Seneira (Baiona/Espanha), Aqua Musica (Ourense/Espanha), Pédëpôtè (Mondariz /Espanha), e Banda Musical da Casa do Povo de Tangil (Monção/Portugal).
Este intercâmbio musical, levado a efeito pelo quarto ano consecutivo, promete uma noite animada pelos sons caraterísticos desta região transfronteiriça e marcada pelo convívio e confraternização entre os grupos presentes e o público das duas margens do rio Minho.
A ligação de Monção à Galiza é forte e, mesmo em tempo de limitação à circulação de pessoas e ideias, os dois povos sempre encontraram “maneiras” de fazer vida em comum. A música é uma dessas “maneiras” que, em liberdade, encontrou um amplo espaço de criatividade e intercâmbio cultural. Assim, cada encontro é uma festa.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Traspés de Varanda en Bueu

(texto engadido o día 6/ / 11/ / 15 )



Este domingo día 8 de novembro, ás 18 h ., Traspés estará representando a súa II Mostra de Música e Baile Tradicional nos xardíns Urbano Lugrís - As Lagoas (Bueu), dentro da programación das Festas de San Martiño.

Esperámosvos a todos polo Morrazo!!

E vamos de varanda... e vamos de varanda...

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Magosto de Xironsa (Cambados)
http://cxusto.blogspot.com.es/2015/11/o-sabado-7-magosto-de-xironsa.html?spref=fb
(texto engadido o día 6/ / 11/ / 15 )


O vindeiro sábado 7 de novembro, Xironsa celebra un Magosto na Casa da Cultura Xacobe Castro de Corvillón. O evento comezará ás 18:30h e haberá un taller de cabazas, un obradoiro de chulas para nenos e maiores e un concerto do grupo de gaitas Os Mecos de Ogrobe. Todo esto, acompañado de castañas e viño de balde, e un fin de festa, como non podía ser menos, con foliada e baile.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Magosto da A.F.C. O Pedrón (Padrón)

(texto engadido o día 6/ / 11/ / 15 )


Sábado, 7 de novembro ás 18:00
PRAZA DE RAMÓN TOJO (A DO CASINO)
Magosto organizado pola A.F.C. O Pedrón e ca colaboracion do Casino e do Alfolí.

Haberá castañas de balde, pinchos, sorteos ao longo de toda a tarde con CD´s, viño, licores e algo que levarse ao peto.
Poderedes participar dende 1€.

Esperàmosvos para pasar unha boa tarde de musica e festa a cargo de:
- Herdeiros da Requinta de Carcacía.
- Gaiteiros Fogo Fatuo
- Pandeireteiras Aleivosía
- Asociación Cultural San Pedro de Carcacia
- Asociación Cultural Xarandeira
- A Foliada do Montiño
- A.F.C O Pedrón

CONTAMOS CON VOS, NON FALTEDES!!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XIV Festa do Outono en Couso [A Estrada]

(texto engadido o día 30/ / 10/ / 15 )


Sábado, 7 de novembro ás 16:00

Como xa é tradición en Couso, chega a festa do Outono. Este ano contamos coas seguintes actividades:

16:00/18:30 RUTA: BUSCAMOS COGOMELOS
pola contorna con Merche Nodar Sanmartín.
O rematar, exposición e identificación dos
cogomelos na Casa da Escola.

20:30/22:00 CONTOS Á LUS DO CANDIL
con Isabel Risco.

22:30 Ata que saia o sol
RUADA ABERTA
trae os teus instrumentos
e ganas de tocar, cantar e bailar.

Contamos con:
· Petiscos · Castañas asadas · Viño novo · Chocolatada
· Aparcadoiros · Carpa · Espazo para durmir
Actividades para tod@s e de balde

+info: www.asnosasmusicas.org
Organiza: A Xesteira

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concerto da OFG SonDeSeu en Cangas do Morrazo
http://e-tradvigo.blogspot.com/2015/10/concerto-da-ofg-sondeseu-en-cangas-do.html
(texto engadido o día 30/ / 10/ / 15 )


A OFG SonDeSeu dirixida por Rodrigo Romaní­, ofrecerá un concerto no Auditorio Municipal de Cangas o sábado 31 de outubro ás 20:30hs. dentro da programación de "Mil festas máis para a lingua galega", da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingíüí­stica. A entrada será de balde ata completar o aforamento. O repertorio estará composto polos temas que aparecen no seu último traballo chamado "Danzas Brancas".

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Pandereteir@s Traspés na Foliada de Defuntos de Vigo

(texto engadido o día 30/ / 10/ / 15 )


Este vindeiro sábado día 31 de outubro, a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo, celebra dende as 12 da mañá a festa do Samaín, con actividades que podedes consultar no cartel que adxuntamos neste evento.
Como broche final da festa vaise celebrar ás 20:30 h., unha foliada na Praza do Berbés que non vos vai deixar indiferentes... será terrorífica!! E claro, Traspés non podía faltar... alí estaremos cantando e bailando toda a noite...
Esperámosvos!! E veña festaaaaaaaa.....

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Magosto no Gaiás

(texto engadido o día 30/ / 10/ / 15 )


Venres 30 de outubro ás 20h no Museo Centro Gaiás


Magosto no Gaiás volve este outono para facernos un convite que non podemos rexeitar: un día de música para o baile. A partir das 21:00 horas, o Museo Centro Gaiás contará coas actuacións dos pandereteiros de O Fiadeiro e Os Cempés, que achegarán o público a un repertorio de músicas tradicionais para un obxectivo único: bailar. E nesta labor acompañarannos as asociacións de baile A Monteira de Vigo, Seráns de Santiago de Compostela e Danzalia Mundi da Coruña. A festa virá precedida dun magosto tradicional, que arrancará ao redor das 20:00, con degustación de castañas da IXP Castaña de Galicia.
Mais o Magosto deste ano non se limitará á noite. Será un programa arredor da danza galega e das danzas de roda europeas con música en vivo, que contará a partir das 17 horas con tres obradoiros de iniciación ao baile totalmente de balde: un serán con Sandra Vázquez, bailes en parella con Suso Cancelas e bailes de roda con Pili Conde. Os dous son de balde previa inscrición.
O deste Magosto no Gaiás será un programa centrado no divertimento, exercicio e a interacción social dun xeito lúdico, distendido e informal a través do baile. Mais tamén unha oportunidade para a aprendizaxe de novos xéneros e bailes e conectar así o público galego ao movemento internacional do Bal Folk que en Europa vive un momento de grande intensidade nos últimos anos e que en Galicia aínda é incipiente, sendo un país históricamente moi rico en baile tanto rural como urbano.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXVIII Homenaxe ao Gaiteiro en Vigo

(texto engadido o día 30/ / 10/ / 15 )


Sábado, 31 de outubro ás 19:30


Desde o Grupo Etnográfico 'A Buxaina', en colaboración co Centro Cultural e Recreativo de Coruxo, compracémonos un ano máis en presentar a Homenaxe ó Gaiteiro, que acada xa a súa XXVIII edición, no auditorio 'A Fundación' (situado no Teatro García Barbón), o día 31 de outubro ás 19:30 da tarde.

O obxectivo deste encontro é homenaxear e poñer en valor a aquelas persoas que, de xeito altruísta, souberon conservar e transmitir a sabedoría do noso baile e música tradicionais. Trátase, xa que logo, de apreciar a quen soubo atesourar a identidade dun pobo. Para isto, desta volta contaremos coa presenza de Concha de Luneda e dos gaiteiros Constante de Valiña, Modesto de Murias e Desiderio de Vilarmide.

Ademáis, esta ocasión ha estar adubiada co saber facer de Davide Salvado, quen nos vai amosar o seu traballo dos derradeiros anos, e dos Contracocheno, un cuarteto de gaiteiros ó xeito daqueles que amenizaban as festas do patrón e os torreiros do país. A guía da tarde corresponde a María Lado, espelida dona da palabra.

A venda de entradas realizaráse no devandito Centro Cultural de Coruxo nos días do 19 ó 24 de outubro en horario de 20:00 a 22:00 h para socios co prezo doazón de 3?, e co mesmo horario, nos días do 26 ó 30 para os non socios, 5? de prezo doazón.

¡Esperámosvos!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Pandereteiras da Límia "Cantaralai" na Arca da Noe (Vilar de Santos, Ourense)

(texto engadido o día 27/ / 10/ / 15 )



Sábado, 31 de outubro, às 22h00, temos o prazer de ter na a "CANTARALAI", um dos grupos residentes da Arca.
"Cantaralai" são caminhos que vem e vão coplas do maxin popular e sons dos fiadeiros de linho da Límia. A música tradicional como jeito de manter viva a cultura e a vivência comunitária da festa.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Disco-presentación Liviao de Marrao + Collón de Lola (Compostela

(texto engadido o día 23/ / 10/ / 15 )


Venres, 23 de outubro ás 21:00 na Sala Capitol (Compostela)


Logo de un lustro de actividade político-musical o colectivo Liviao de Marrao apresentaremos o noso segundo disco #QueCadaCãoLambaASuaCaralha



ONDE HAI QUE MERCAR ENTRADA?
-MIRANDA, Cultura para levar, (Santiago de Compostela)
-MEIGO, (Chantada).
-TAQUILLA (o día 23)

E OS PREZOS?
-Anticipada: 5€, (10€ con disco “Que cada cão lamba a sua caralha”)
- Taquilla: 7€, (12€ con disco “Que cada cão lamba a sua caralha”

Hora de apertura de portas: as 21:00

E DESPOIS???
Depois a festa continúa no Avante con POETARRAS!!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



RIOBÓ e TREIXADURA co coro CANTIGAS E AGARIMOS nas Festas de San Froilán (Lugo)

(texto engadido o día 9/ / 10/ / 15 )



NOVA DATA CONFIRMADA

Os concertos de RIOBÓ e de TREIXADURA co coro CANTIGAS E AGARIMOS terán lugar o vindeiro luns día 12, ás 19.00 horas na Praza de Santa María.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IX Magosto Popular e a festa da Recolleita do Millo (Matamá - Vigo)

(texto engadido o día 6/ / 10/ / 15 )


A Asociación Colectivo Malaherba celebrará sábado 10 de Outubro nas
proximidades do Muíño da Regueira (Matamá-Vigo) o IX Magosto Popular e a
festa da Recolleita do Millo.

A festa comezará as catro da tarde, coa Recolleita do Millo sementado na
festa da Sementeira, a finais de Abril. O millo será transportado nun
carro tirado por unha parella de bois ata o lugar da festa para prodecer a
esfollada.

A partir das 17H. comezarán os *OBRADOIROS PARA NEN@S* e as probas
das *OLIMPIADAS
DO CAMPO* para quen queira poida participar nas distintas probas
anotándose previamente (mais información no facebook do colectivo
malaherba).

As 19:00H. fará acto de presenza "PETER PUNK" co seu xenial espectáculo
de animación, que a bó seguro maravillará coma sempre, a pequenos e maiores.

As 20:00H. PROCEDEREMOS AO REPARTO DE CASTAÑAS.

Á noitiña festa rachada. A partir das 21:00H. sucederanse as actuacións do
home orquestra *CÉ ORQUESTRA PANTASMA* e o grupo folc *MIRAOTÍ*.
Agardamosvos!!.

(HABERÁ ZONA CUBERTA POR SE CHOVE...)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



"DESORDES CREATIVAS": Festival Internacional de Arte na Rúa (Ordes)

(texto engadido o día 6/ / 10/ / 15 )


FESTA "DESORDES CREATIVAS":
Lugar: Jato Pús (Ordes)
Día e Hora: Venres 9 de Outubro, 22:30 h.
Entrada: 3 € (o diñeiro recaudado da entrada vai destinado integramente a financiar o festival)
Concertos:
SOKRAM
Alto Asalto
Dj Session:
Mou Pinchadiscos

Sorteo das Rifas do DesOrdes 2015:
Obra gráfica dos artistas do festival
Merchandising do festival e sorpresas varias.



DesOrdes Creativas: Festival Internacional de Arte na Rúa
Do luns 5 ao domingo 11 de outubro, Ordes ( A Coruña )
ARTISTAS CONVIDADOS:
INO / SPOK / Doa Oa / Sabek / Malakkai

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]