Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


XXI Xantar Gaiteiro da Asociación de Gaiteir@s Galeg@s - Ordes

(texto engadido o día 1/ / 4/ / 16 )


Domingo 03 de abril
Ordes, A Coruña
A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s (AGG) quere convidarte ao XXI Xantar Gaiteiro. Terá lugar en Ordes, o Domingo, 3 de Abril.

Programa do día:
11:45 horas. Homenaxe a Manuel Viqueira Vieites na Casa da Cultura de Ordes (Rúa General Mola, 25).
13:00 horas. Roteiro polos bares.
14:30 horas. Xantar Gaiteiro no Restaurante o Túnel (N-550, fronte á Alameda).

Esta xuntanza fará que pasemos un día agradable na compaña dos que gustamos da música e do baile tradicional. Achegádevos e convidade aos vos@s amig@s a pasar un xantar cheo de música, baile e moita festa!!!

Non pode faltar ninguén!! Ademais convidámosvos a que traiades os vosos instrumentos para compartir a vosa música antes e despois do xantar.

Para asistir ao XXI Xantar Gaiteiro, deberás poñerte en contacto connosco antes do día 29 de Marzo indicando, se é o caso, o nome das persoas que te acompañarán.

DATA XANTAR: 3 Abril 2016 - 14.30 horas
LUGAR : Restaurante o Túnel (N-550, fronte á Alameda)
MENÚ : Lacón con grelos, cocido, filloas, pan, viño, refrescos e chupito
PREZO :O prezo é de 20 euros por persoa que serán entregados ao entrar.

Agardamos a túa participación!!!!!

INFORMACIÓN E RESERVAS:
M: secretaria@gaiteirosgalegos.gal
T: 986 847 074 -- 982 229 966

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada en A Coruña

(texto engadido o día 1/ / 4/ / 16 )


O vindeiro sábado 9 de abril ás 12:30h na rúa Barcelona estades todos e todas convidados a bailar, cantar e tocar de novo. Desta quenda será coa A.C. Son d'aquí e con toda a xente que se achegue a participar. Vide a gozar da nosa festa con ?#?Ardelloeixo?! Emoticono grin

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa Da Reconquista Da Vila De Vigo 2016
http://www.cascovellovigo.gal/
(texto engadido o día 1/ / 4/ / 16 )


Xoves 17 de marzo
Inauguración da exposición “Retallos da nosa historia” na Casa Galega da Cultura, na Praza da Constitución.

Lúns 28 de marzo
Ensaio xeral da escenificación da Reconquista a partir das 11:00 horas na Porta do Sol.

Mércores 30 de marzo
Ensaio xeral da escenificación da Reconquista a partir das 20:00 horas na dársena nº2 do porto de Vigo, na rúa Gamboa e na Porta do Sol.

Xoves 31 de marzo
Celebración da "Reconquistiña" con máis de 300 nenas e nenos de Vigo:
11:00 horas - Ruada polas rúas e prazas do casco vello ata a Praza da Princesa.
12:00 horas - Concerto do grupo musical infantil "A Gramola Gominola".

Sábado 2 de abril
10:00 horas - Inauguración de mercado.
12:00 horas - Actuación das Escolas de baile e canto tradicional no Espazo AVC Casco Vello.
16:00 horas - Apertura do espazo infantil na Praza do Berbés con xogos populares.
16:30 horas - Actuación das Escolas de baile e canto tradicional no Espazo AVC Casco Vello.
17:30 horas - Pandereteiras de Tarambainas no Espazo Mahou.
18:00 horas - Representación dun combate de esgrima histórico no Espazo AVC Casco Vello.
18:00 horas - Saída das tropas francesas polas rúas do casco vello e escaramuzas ca veciñanza.
19:00 horas - Actuación de escolas de baile tradicional infantil no Espazo AVC Casco Vello.
19:00 horas - Pandereteiras de Traspés no Espazo Mahou.
20:00 horas - Obradoiro de Danzas do Mundo no Espazo AVC Casco Vello.
20:30 horas - Pandereteiras de Fiadeiro no Espazo Mahou.
21:00 horas - Concerto do Orfeón Mariñeiro do Berbés no Espazo AVC Casco Vello.
22:00 horas - Actuación de Vira Pé no Espazo Mahou.
23:00 horas - Fin da xornada e peche do mercado.

O "Espazo AVC Casco Vello” estará situado na Praza do Berbés e o "Espazo Mahou” estará situado na rúa Eduardo Chao.

Domingo 3 de abril
10:00 horas - Apertura do mercado.
10:30 horas - Escola de Canto Tradicional Tarambainas 'As Laretas' no Espazo AVC Casco Vello.
11:00 horas - Escola de baile tradicional do Casco Vello no Espazo AVC Casco Vello.
11:00 horas - Demostracións de artesanía (canteiros, cesteiros, encaixe, zoqueiros, etc.) na Praza do Berbés.
11:00 horas - Apertura do espazo infantil na Praza do Berbés.
11:30 horas - Presentación do libro sobre Xoán Tilve 'Gaiteiro de Campañó' no Espazo Mahou.
12:00 horas - Obradoiro de Danzas do Mundo no Espazo AVC Casco Vello.
13:00 horas - Concerto do Orfeón Mariñeiro do Berbés no Espazo AVC Casco Vello.
13:00 horas - Actuación do CIOV Regueifeiros no Espazo Mahou.
14:00 horas - Sesión de 'micro aberto' no Espazo Mahou.
18:00 horas - Representación da Reconquista da Vila de Vigo na Porta do Sol e rúa Gamboa.
19:00 horas - Rendición e embarque das tropas francesas na dársena nº2 do porto de Vigo.
20:30 horas - Concerto de Os Carunchos na Porta do Sol.
21:00 horas - Concerto da ETRAD na Praza do Berbés no Espazo AVC Casco Vello.
22:00 horas - Fin da festa e peche do mercado.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa de Sam Martinho's Day na Gentalha (Compostela)

(texto engadido o día 16/ / 3/ / 16 )


Chega a festa mais sueva!

Este ano a festa será o sábado, 19 de março, na Gentalha do Pichel.

Programa:
- 16h00 Suévia FG vs. Ambilokwoi FG. Campo de futebol da Prainha (Ponte Vea). Partido de futebol gaélico da Liga Gallaecia (XI jornada)
- 17h30 Torques de Lugoslavia vs. O Condado. Campo de futebol da Prainha (Ponte Vea). Partido de futebol gaélico da Liga Gallaecia (XI jornada)
- 17h30 Torneio de tute suevo. Bar O 13 (rua Santa Clara, 13)
- 22h00 Pregom do próprio Sam Martinho de Dume.
- 22h30 Labregos do Tempo dos Sputniks + sessom de DJ

Haverá cerveja artesá galega Marusía (golden ale) e Guinness (dry stout) para as celtas, suevian shot de graça para quem chegar com o nó suevo, os tradicionais suevitos quentes e outlet de merchandising suevo.




Sam Martinho’s Day
o nascimento dumha tradiçom






As tradiçons nom existem desde sempre, nalgum momento há alguém que as inventa. Parabéns, esta é a vossa oportunidade de participar no parto dumha tradiçom.

A ninguém minimamente atento se lhe escapa que nestes tempos umha boa parte das festas e celebraçons da nossa sociedade estamo-las a incorporar a través do que nos chega por via dos produtos culturais audiovisuais foráneos. A forma de celebrar o Natal ou mesmo os aniversários, por nom falar do Halloween, reflectem cada vez mais formas que imitamos do que vemos na TV ou no ecrá do computador.

Perante esta realidade na Gentalha do Pichel valorizamos que o simples rejeitamento é as mais das vezes inútil. Estamos conscientes que essas formas de celebrar penetram facilmente na nossa sociedade porquê respondem melhor às necessidades dumha sociedade urbana como a nossa. Por isso decidimos adoptar umha estratégia de adaptaçom.

A esta lógica adaptativa correspondem iniciativas coma o Apalpador ou o Samaim. Vias de incorporaçom à linguagem contemporánea de elementos próprios da cultura galega. Porém, o feito até o momento foi relativamente simples já que as celebraçons de Natal e Defuntos fam parte da nossa cultura tradicional.

O que propomos agora é um pouco mais complexo, um pinchacarneiro lúdico ao que vos queremos animar para que vos somedes.

O Sam Patrício é umha celebraçom irlandesa que nos chega por via da cultura norteamericana. A massividade da emigraçom procedente da Irlanda nos EUA favoreceu que nesse país fosse adaptada como própria. Nos últimos anos estendeu-se por todo o mundo, ajudada polo interesse comercial dumha conhecida marca de cerveja, o que levou a que mesmo na Galiza sejam muito abondosas as festas do Dia de Sam Patrício.

Até aqui é o que todo o mundo conhece. Passamos pois ao pinchacarneiro que propomos.

A casualidade favoreceu que exista um forte paralelismo entre a vida do santo padroeiro da Irlanda e um outro santo que, embora bastante desconhecido, tivo umha importáncia capital na história galega, Sam Martinho de Dume.

Sam Patrício foi o evangelizador da Irlanda lá polo século V da nossa era. Pola sua parte Sam Martinho cumpriu um papel semelhante na Galiza do século VI, o que lhe permitiu passar à história coma o apóstolo dos suevos. Curiosamente as datas em que se comemoram as festividades de ambos santos estám muito próximas no calendário, 17 e 20 de Março respectivamente.

A nossa proposta é aproveitar a vontade de festa do pessoal e já que, seguindo a Cabanillas, vamos celebrar o Sam Patrício “como na Irlanda, como na Irlanda” aproveitemos para celebrar também a nossa suevicidade.

Como o conhecimento sobre o Reino Suevo da Galiza e os seus elementos culturais nom estám muito difundidos decidimos editar um pequeno manual visual para que suevicedes a vossa festa.

Aguardamos que vos preste a ideia e que nas proximidades do equinócio da primavera celebredes coma se merece esta nossa tradicional festa do Sam Martinho de Dume.

P.D. Sabemos que a muito pessoal nom lhe sona muito bem celebrar umha festa ligada a um santo católico. Tranquilidade, também pensamos nisso. A ideia é celebrar a suevicidade, nom a Sam Martinho em si.

De facto umha das achegas fundamentais do bispo de Dume foi a redaçom dum texto conhecido coma o De correctione rusticorum onde se indicavam e condenavam muitos dos costumes pouco cristiáns que os nossos devanceiros praticavam. Costumes que vos animamos encarecidamente a recuperar porque, assim entre nós, Sam Martinho era um pouco carca.



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



V Foliada da Merenda en Frades

(texto engadido o día 12/ / 3/ / 16 )


O vindeiro domingo 20 de marzo, coincidindo coa Festa da Merenda, ven a disfrutar da música folk con A. C. Reviravolta, Agrupación Agrocovo, Arnela, As Sobreiras do Ulla, Os do Pilón e Sarillo.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Sacapunto na Festa da Primavera do C.S. Cambalhota (Allariz)

(texto engadido o día 12/ / 3/ / 16 )


Domingo 20 de marzo
Camiño Do Castelo, 10 (tras Da Igrexa De Santo Estevo) Allariz

@s compañeirxs do C.S. vólvennos convidar a aproveitar a Festa da Primavera que organizan o domingo 20 de marzo para convocarmos esta nova edición do Sacapunto. Nós, que necesitamos menos unha escusa que unha batamanta para chantarnos nunha foliada e botarlle unhas pezas e uns bailes, obviamente dixemos que si! Así que, compañeir@s na troita!, apuntádevos a este novo Sacapunto, botade cera nas pandeiretas, untade as gorxas cunha laranxa madura, repasade puntos... Vémonos nun par de semaniñas en Allariz!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Virada por Avante, Xose Constenla - Presentación Oficial en Compostela

(texto engadido o día 12/ / 3/ / 16 )


Sábado 12 de marzo
CDG - Salón Teatro
Rúa Nova, 34 (Compostela)

Presentación oficial do cuarto disco do músico compostelá Xose Constenla, que ten por título #ViradaPorAvante.

No concerto participará unha banda formada por Fredi Marugan ás guitarras, Javier Constenla ao teclado, Pablo Pérez Sanmamed ao baixo e contrabaixo e Rober Vázquez á batería e percusións.

Tamén haberá artistas convidados que iremos desvelando pouco a pouco.

Finalmente, está organizada unha #FestaPostconcerto no Pub Albaroque para todas as persoas que acudan ao concerto e que confirmen a asistencia enviando un mail a setestreloeditora@gmail.com

Apertura de portas ás 20:30h

- Xose Constenla -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Baile Assalto en Compostela: especial Minho e Douro

(texto engadido o día 11/ / 3/ / 16 )


Venres 11 de marzo ás 22h00 na Gentalha


Baile Assalto com a música ao vivo da CHULADA da PONTE VELHA, quinteto de Santo Tirso, vilarejo da contorna de Porto onde estes cincos rapazes fazem a sua festa. Animando o baile, contaremos com a presença de uma associação irmã do Porto, a Coreto.

O bilhete deve ser apanhado na porta do Baile. São 5 € ou 4 € para alunado da Escola de Música Popular e Avanzada e soci@s do Pichel.

A Coreto - Associação para a Promoção de Artes e Culturas Tradicionais, tem por objeto a promoção e divulgação de artes e culturas tradicionais originárias de todo o Mundo. Organizam um baile regular nas galerías París de Porto todas as terças de cada semana.

A Chulada da Ponte Velha é um projeto resultado do interesse de vários músicos em retomar as práticas musicais do Douro e do Minho, em especial as chulas dos descantes. O uso das violas tradicionais do Norte de Portugal, da rabeca chuleira e do violão ponteado caracterizam o som desta banda.

Paulo Silva: Percussões
Pedro Almeida: Percussões
Napoleão Ribeiro: violas braguesa e amarantina
Rafael Gomes: violão e viola braguesa
Nuno Dias: rabeca chuleira


Chulada da Ponte Velha - "Ramaldeira da Reguenga" from MPAGDP on Vimeo.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Dakidarría presenta na Coruña DE CUNCAS E DE MAR

(texto engadido o día 11/ / 3/ / 16 )


Venres 11 de marzo
19:30h. Acústico + firmas na #Fnac
20:30h. Concerto na Sala Pantalan (con Bastards )
00:30h. Festa post-concerto no Cazuza Orzan

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Andres Penabad presenta novo disco nas Pontes

(texto engadido o día 5/ / 3/ / 16 )


O acordeonista Andrés Penabad presenta o seu segundo traballo discográfico, “Bipolar”, un disco pensado para o directo, máis persoal e con máis pouso. Farao cun concerto na súa terra natal, As Pontes, este sábado 5 de Marzo ás 21:00h no Auditorio Municipal Cine Alovi, acompañado pola súa banda habitual e algunha outra sorpresa. O día seguinte, o domingo 6, recunca na Festa do Queixo de Arzúa por volta das 18:00h. Non o perdades! Tedes dúas oportunidades na mesma fin de semana. Non hai escusa!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa do Queixo e Festival Arzúa 2016
http://turismogalicia.blogspot.com/2016/02/festa-do-queixo-e-festival-arzua-2016.html
(texto engadido o día 5/ / 3/ / 16 )




O DOMINGO 6 poderase gozar da Sesión Vermú a cargo de TROY (13 h.), o grupo vigués gañador do 8º concurso ‘Queixo Maquetón’, entre as 98 bandas presentadas de todo o Estado. E xa por la tarde, os concertos de ANDRÉS PENABAD (18 h.) e LUAR NA LUBRE (19:30 h.), que presentará o seu novo disco ‘Extramundi’.

- Andrés Penabad- Luar Na Lubre -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A Estrada entoa os Cantos de Taberna
http://ouzande.blogspot.com/2016/03/a-estrada-entoa-os-cantos-de-taberna.html
(texto engadido o día 5/ / 3/ / 16 )


Será polos distintos bares e tabernas da vila da Estrada este sábado 6 de marzo. A troula xa comezará pola mañá con Pana Raiada, O Arco de Merza, Bótalle Terra e Os Ke Hai que animarán o centro con música tradicional e cantos. Durante toda a xornada haberá unha feira de artesaní­a nas rúas da zona dos viños e xa ás 20.30h a festa apoderarase da Estrada pois ata 13 grupos tocarán ao mesmo tempo polos distintos puntos escollidos pola organización. Esta é a terceira edición deste evento que organizan distintos músicos locais.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Filloa de Lestedo - Boqueixón (A Coruña)

(texto engadido o día 12/ / 2/ / 16 )


Domingo 14 de febreiro

XENERAIS DA ULLA

E actuacións de:

Loaira
Estralampo
TNT
O Recobío
Ok Ke Hai
A Requinta de Xian.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cantos de Taberna en Rábade

(texto engadido o día 23/ / 1/ / 16 )


A Asociación Cultural Xuvenil Treboada organiza o día 23 de xaneiro de 2016, coincidindo coas súas festas patronais, cantos de taberna que se levarán a cabo en diferentes bares da vila.
Os grupos participantes terán consumicións a 1 euro nos diferentes bares participantes e uns pinchos ao rematar os cantos de taberna.
Os grupos interesados pódense apuntar neste evento ou poñéndose en contacto con nos no email asociacionculturaltreboada@gmail.com ou no teléfono 615150521.
Esperámosvos en Rábade!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Finde 13º aniversario! de A Repichoca (A Coruña)

(texto engadido o día 22/ / 1/ / 16 )


21 de xaneiro - 24 de xaneiro


Toda esta fin de semana celebramos o decimoterceiro aniversario do local!
O xoves á noitiña, adicarémoslle a festa á equipa de fútbol gaélico á que estamos vinculadxs. O Cascarilha virá festexar connosco e poderás conseguir agasallos no sorteo, informarte sobre a liga mista Gallaecia e desfrutar da habitual foliada dos xoves.
O venres contaremos cós Juanpiños, dúo residente. Festexando 13 anos de música de balde e ao vivo, con eles como dous dos meirandes protagonistas deste periplo.
O sábado, como enorme colofón, o noso templo do folclore coruñés contará cunha das bandas máis queridas hoxe en día do noso país. Os ourensáns Coanhadeira tampouco queren perder este festón. Concerto de luxo para unha grande noite de esmorga!
Haberá sorteos sorpresa durante toda a fin de semana con premios estupendos, aos que accederás diretamente con cada consumición.
Non o perdas! Ven festexar connosco 13 anos no número 13 de Orillamar ;-)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



TIRULEQUE nas FESTAS DE SAN BRAIS de LAROÁ - XINZO DE LIMIA

(texto engadido o día 22/ / 1/ / 16 )


Sábado, 30 de xaneiro ás 21:00


Concerto do grupo nas festas de San Brais de Laroá (Xinzo de Limia, Ourense).

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Gala X Aniversario Armadanzas de Laraño (Compostela)

(texto engadido o día 22/ / 1/ / 16 )



Domingo, 31 de xaneiro ás 19h no Auditorio Abanca (Rúa do Preguntoiro)

A Gala X Aniversario dos Armadanzas de Laraño será un espectáculo no que o fío condutor é a historia de María, unha rapaza Zamorana que chega a Compostela, para realizar os seus estudos universitarios. Na facultade coñece a Xan, natural de Laraño, amante da música, baile e costumes tradicionais. A obra fará un percorrido polas festas anuais de Compostela. Dende as celebracións máis rurais, como o San Martiño de Laraño; ata as urbanas, como o Apóstolo ou a Ascensión, sen deixar de lado as costumes, bailes e músicas de épocas tan importantes no ciclo anual, como o Nadal ou o Entroido. Ademais dos Armadanzas, esta Gala contará coa participación de moitas cara coñecidas do noso folclore, cun único obxectivo común; mostrar e poñer en valor parte do noso Patrimonio Cultural Inmaterial."

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



CHOTOKOEU + TROPICO DE GRELOS + PERFUSIÓN_GALINKÉ + BRINKADELIA TROUPE + HADRI H en Compostela

(texto engadido o día 18/ / 12/ / 15 )





Xa está aquí o novo disco de Chotokoeu, "Sair a voar"! Aquí tedes a información para a festa de presentación en Santiago.


Chotokoeu + Trópico de grelos + Brinkadelia Troupe + Hadri H
Data: 19 decembro
Lugar: Sala Malatesta, Rúa carballeira de San Lourenzo,51,53
Hora apertura: 21:29
Entradas: 6 euros (anticipada) / 8 euros (taquilla)

LINK DE DESCARGA "SAIR A VOAR" http://www.chotokoeu.com/#musica


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Folida co Sáhara - As Mil e Unha Noite - Cuntis

(texto engadido o día 6/ / 12/ / 15 )


Artistas e grupos colaboran de balde achegando a súa música e espectáculos para unha noite especial.

“As Mil e Unha Noites” celebrarase o sábado día 12 de decembro e terá lugar nunha carpa que será instalada na praza da Constitución, coñecida popularmente como A Feira.

O pobo cuntiense pon en marcha a iniciativa solidaria “As Mil e Unha Noites”, unha foliada por todo o alto destinada a recadar fondos para o Sáhara. Este evento é un novo formato que recolle e continúa o traballo levado adiante nas tres edicións da “Cea-baile solidaria polo Sáhara”, celebradas na vila do Baño ata o ano 2014.

Moitas daquelas persoas que traballaron naqueles anos forman parte da organización desta xornada, súmanse as asociacións Río Gallo, O Fervedoiro, O Meigallo, O Portavezal e a Escola Artística de Cuntis.
Así mesmo, colaboran as seguintes entidades: Concello de Cuntis, Deputación de Pontevedra, Solidariedade Galega co Pobo Saharaui e Cáritas da parroquia. Tampouco faltarán á cita comercios e establecementos da vila do Baño, que sempre aportan o seu grao de area nesta causa.

“As Mil e Unha Noites” celebrarase o sábado día 12 de decembro e terá lugar nunha carpa que será instalada na praza da Constitución, coñecida popularmente como A Feira. Polo seu esceario pasarán os seguintes grupos e artistas: Paula Rey (Luar Na Lubre), Cibrán Seixo e Gom de Abadín, Habelas Hainas, Mini e Mero, Café de Pota, Hai que Roelo, Chinguilipé, Agrupación de Música e Baile de Cuntis, Os Farreiros e Maianas. Tamén contaremos con Teatro Clown grazas a “Os sete magnísficos máis un”, da man de Fran Rei e Pedro Brandariz.
Artistas e grupos colaboran de balde achegando a súa música e espectáculos para unha noite especial.

Dentro do recinto tamén haberá petiscos para todas e todos, jaima, té e henna, exposición fotográfica e unha chocolatada con bica para o fin de festa.
Cáritas contará cun espazo para recoller alimentos que serán destinados ás persoas as que presta axuda no noso concello.
Coa finalidade de recadar fondos fixouse un prezo para as entradas ó recinto que será de 5 euros para adultos e 2 para menores. A cantidade acadada farase chegar a través da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada con Trabalingua no Café De Mario (Vigo)

(texto engadido o día 4/ / 12/ / 15 )


O vindeiro venres 4 de nadal, froito da colaboración entre a ESN Vigo e Trabalingua, realizarase unha foliada para universitarios (e non universitarios tamén) no Café de Mario (rúa Caracas 5). E que é unha foliada? Pois unha festa con música tradicional galega en directo, onde ademais os participantes poden traer os seus instrumentos e tocar unhas pezas. Todo isto de xeito espontáneo.

Ademais, haberá un obradoiro de baile gratuíto para os universitarios, onde poderás aprender os puntos («pasos») básicos de bailes tradicionais galegos como a xota e a muiñeira.

Na foliada participarán os seguintes grupos:
As pandereteiras de Gargamala
As Rexoubeiras
A charanga da Benita

Para asistir aos obradoiros de baile tradicional hai que anotarse enviando un correo electrónico a asociaciontrabalingua@gmail.com Todos poderán participar gratis.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]