Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


Vindeiros concertos de Davide Salvado

(texto engadido o día 28/ / 4/ / 16 )


Próximas datas, anotade!
24/04 Curso | Centro Galego de Barcelona
05/05 Lobos | acto da Asociación Socio-Pedagóxica Galega, A Coruña
06/05 Lobos | Festas da Ascensión, Praza da Quintana, Compostela
14/05 Só | Sétima Feira, Pontevedra
16/05 Curso | Festiletras, Aldea do Couto, Ponteceso

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa Do 1 De Maio da S.R.D.C. TEMPO NOVO (A Coruña)

(texto engadido o día 28/ / 4/ / 16 )


Domingo 01 de maio

Como cada 1 de Maio, Tempo Novo celebra o seu aniversario.
Estades todos convidados a participar na nosa festa.
Coma tódolos anos teremos o concurso de postres e tortillas (os que se animen a participar deberán presentar os seus manxares antes das seis da tarde).
Para continuar cuns pinchos de balde as sete da tarde, e como fin de festa...FOLIADA!!!
Contamos con TODOS!!!
- Tempo Novo -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXVII Xornadas Culturais Festa do Muiño de Coiro (Cangas)

(texto engadido o día 28/ / 4/ / 16 )


Sábado 7 e Domingo 8 de maio

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa Treze Catorze en Salceda de Caselas

(texto engadido o día 28/ / 4/ / 16 )



TrezeCatorze outro ano no mundo.

Desde o venres 13 coa Xira Taberneira polos bares colaboradores e o concerto da Cromática Pistona no Pub Novecento + Dj Mijel Inllo, non imos parar de bailar, danzar e cantar!

Megasesión vermú o sábado 14 con Os Tres Trebóns, Los Pontiaks.
Peque13/14 con Cé Orquestra Pantasma, Xogando miudiño e o ioga para nenos de Om Bala.
Alegría, swing, samba, protesta, rumba, blues, cumbia, torreiro, funky, soul, aleluia, rocanrol.
Samba sem fronteiras, Alpargata, Station Road.
Se quedan folgos Dj Enxebere se encargará de finiquitalos.

Benvidos á TrezeCatorze, benvidos á Festa.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXXIV Festa dos Maios en Vigo

(texto engadido o día 28/ / 4/ / 16 )


Outra nova primavera a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello organiza o próximo domingo 8 de maio na Praza da Constitución a Festa dos Maios que neste ano 2016 acada a sua trixésimo cuarta edición co seguinte programa:

10:00 horas - Obradoiro infantil.
12:00 horas - Actuacións e contacontos.
18:00 horas - Representación da Festa dos Maios.
20:00 horas - Concerto de ZURRUMALLA

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Día Internacional da Danza 2016. Celebracións en Vigo

(texto engadido o día 28/ / 4/ / 16 )


Sábado 30 de abril


A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo celebra o Día Internacional da Danza, en colaboración coa Concellería de Festas e Turismo do Concello de Vigo, o sábado 30 de abril ás 20:00h con 15 actuacións simultáneas en distintas prazas de Vigo.

As ubicacións e grupos participantes son:

Porta do Sol
· Asociación Folklórica Corisco Vigo
· Froles Novas
· Folclore Tradicional Os Ventos

Rúa do Príncipe diante do MARCO
· Grupo Etnográfico A Buxaina
· Asociación Asubio
· Asociación folclórica Queixumes

Praza da Pedra - Casco Vello
· G.B. Atlántida de Matamá
· G.B. Cotogrande do Ccr Cabral
· traspès

Rúa Urzáiz diante do Mercado do Calvario
· G.B. Airiños do Coto
· Monteira Danzas Do Mundo
· ACF O Fiadeiro

Praza do Emigrante - As Travesas
· G.B. Heliosbembrive
· Semente da Arte Galega do Centro Cultural de Beade
· G.B. Amieiras e Ledicias do CVC de Valladares - Vigo
- O Fiadeiro- Corisco -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Noite Fechada + MJ Pérez na Sala Moon (Santiago de Compostela)

(texto engadido o día 28/ / 4/ / 16 )


Venres 29 de abril
Sala Moon
Este venres na Moon Sala de Conciertos toca noite de lanzamentos en galego. Noite Fechada presenta o seu "Con-Visión de Festas" mentres MJ Pérez fará o propio co "Guerrilleira".

Ás 22:00h tendes cita obrigada en Compostela, 2x1 en concertos!! Me lo quitan de las manos oiga!!! Non faltedes!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



12º Festa da Tortilla en Ribadetea (Ponteareas)
http://www.todocondado.com/12o-festa-da-tortilla-en-ribadetea/
(texto engadido o día 22/ / 4/ / 16 )


Domingo 24 de abril no Centro Culgtural de Ribadetea

ás 12:30h. actuación de:
As Punkereteiras
Xunguideira (Ribadetea)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada solidaria co Nepal en Valadares (Vigo)

(texto engadido o día 22/ / 4/ / 16 )


Sábado, 23 de abril
A partir das 20,00h terá lugar este “Festival Folk” organizado polo “Grupo Sendeirista Souto do Vello”, de Matamá.
No local da Comunidade de Montes de Valadares participarán ao redor de dez grupos de música da nosa terra que
animarán a todos os que acudamos a esta “xuntanza-serán”, onde haberá, como en calquera festa da nosa terra, moito
que picar e troulear.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Sementeira do Millo de Matamá (Vigo)

(texto engadido o día 22/ / 4/ / 16 )


Sábado 23 de abril


Un ano máis o Colectivo Malaherba organiza e celebra a Festa da Sementeira do Millo de Matamá os días 23 e 24 de abril.

O sabado 23 comezaremos ás 16:00 coas xa famosas e celebres OLIMPIADAS DO CAMPO (Anótate e participa) que estaran amenizadas polo grupo de batucada BATE NO COBRE.
Ás 19:00 teremos unha CHARLA/COLOQUIO: Petroglifo de Redondelos, Presente e Futuro, onde intervirán Xulio Fdez. Pintos, Xosé Lois Vilar e Manolo Ledo.
Ás 22:00 teremos un monólogo a cargo de Adrián Alvarellos no que nós fartaremos de rir.
Para finalizar o día mais non a festa actuaran a partir das 23:00 o grupo de música tradicional TANTO NOS TEN e o grupo agropunk OS VACALOURAS

O domingo 24 ás 10:30 sairán os CARROS DE BOIS dende o Centro Cultural de Matamá ata o muiño da Regueira (Asistide vestidos de labreg@s),
ás 11:00 realizaremos a LABRANZA e FEIRA TRADICIONAL.
Ás 12:00 tocaran o GRUPO DE GAITAS, CANTAREIRAS E CANTAREIRIÑ@S da Sociedade Atlantida de Matama.
Ás 14:00 teremos o XANTAR POPULAR que este ano será LACÓN+PAN+VIÑO/AUGA+CAFÉ+POSTRE por 10 euros (para RESERVAR chama o 634561319 ou enviando un correo a colectivomalaherba@gmail.com).
O rematar o xantar tocarán o grupo FOL-K de COIRO da S.C. Helios de Bembrive.
Xa para rematar esta gram festa ás 18:00 farase a SEMENTEIRA DO MILLO.
Aparte de todo isto teremos MUIÑADAS, PULPEIRO, POSTOS DE ARTESANIA, GRANXA RURAL, PRODUCTOS ECOLÓXICOS...
TEREMOS CARPA POR SE CHOVE

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa galega en Madrid

(texto engadido o día 22/ / 4/ / 16 )


Sábado 23 ás 21:30h na Sala Olvido.

PelePau
Juan Luna

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Pelepau en Arbo

(texto engadido o día 22/ / 4/ / 16 )


Venres 22 de abril ás 22h na praza do Mercado
Festa da Lamprea

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Treixadura en Noia

(texto engadido o día 21/ / 4/ / 16 )


Luns, 25 de abril, na Praza do Tapal ás 22:00 h.
Festas de San Marcos de Noia.
- Treixadura -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



V foliada Varacuncas (Rodeiro)

(texto engadido o día 15/ / 4/ / 16 )


Sábado 16 de abril
Rodeiro

Un ano máis ten lugar a foliada Varacuncas, este ano celebrando a V edición presentando a nova xira "Latiguillo Balboa Router".

Este ano como novidade salientar o cambio de ubicación, farémolo no centro urbán de Rodeiro.

- 19:30h Pasabares por TÓDOLOS BARES do centro urbán de Rodeiro.
- 22:30h Cea tradicional: empanada, churrasco, postre, pan e viño.
- 00:00h Concertos a cargo de A Requinta da Laxeira e de Zoadeira.
- Foliada ata que o corpo aguante.

Esperamos que acudades a disfrutar dun día de música, comida e sobre todo moita festa. Lumeeeee!!!! e vémonos en Rodeiro o 16 de abril.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Os Melidaos en Burela

(texto engadido o día 8/ / 4/ / 16 )


Sábado 9 de abril ás 18h na Casa de Cultura.
Concerto-presentación de "Festa na Codeseira"

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Pandeireta nas Encrobas

(texto engadido o día 8/ / 4/ / 16 )


Sábado 9 de abril

Grupo A Requinta da Amahia (Ames)
Agrupación San Martiño (Cerceda)
Agrupación Mercurín
Os Trouleiros (Lesta)
Pandereteiros As Beiras do Tambre
Grupo Aturuxo (A Coruña)
Os Viqueiras + Folk Ruada
Escola de Gaitas O Rueiro (Tabeaio)
Os Larpeiros (Altamira)
Pandereteiros de Rodis
Garrulaxe (Cecebre)
Brisas do Quemllo
Embruxo de Leira
Pandereteiros A Xunqueira (Encrobas)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Malandrómena en Pontevedra

(texto engadido o día 4/ / 4/ / 16 )


Sábado 09 de abril ás 20:30h no Liceo Mutante (Rosalía de Castro nº 100)

Malandrómeda mandan. Nin East Coast nin West Coast. Gangs líricas de Conxo. Smokin' cuncas de Vista Alegre. Ghetto Blaster ao lombo todo por Galeras. Hip Hop galego que fai pensar no universo, no futuro e no pasado. Para vós, no Liceo, de Galiza Para O Mundo. Noite de Luar na Ría de Pontevedra. Ouveando e suando en chándales ben guapos.

Véñennos presentar "Os corenta e oito nomes do inimigo" e "Cada can que lamba o seu carallo" e todo o que lles pete. Eles son a lei.

https://matapadre.bandcamp.com/album/cada-can-que-lamba-o-seu-carallo
https://matapadre.bandcamp.com/album/os-corenta-e-oito-nomes-do-inimigo

https://www.youtube.com/watch?v=T1Bw7el0xAI

Se non queres vir á festa, non veñas. Máis sitio para que bailemos os demais. Se vés, 5 paviños para eles e unha noite inolvidable para ti. E nós que o vexamos

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VIII SERÁN DO PATROCINIO (Rianxiño- RIANXO)

(texto engadido o día 1/ / 4/ / 16 )



O vindeiro 16 de abril celebramos o VIII SERÁN DO PATROCINIO en Rianxiño Rianxo, este modesto Serán nace como recuparación dunha festa tradicional da nosa vila esquecida no tempo e pretende darlle ao lugar de Rianxiño(Rianxo) a festa que se merece recuperando as antigas festas con gaiteiros, pandereteiras, bailadores, boa comida e bebida.

Por iso como manda a tradición tres semanas despois de semana santa celebramos o Serán do Patrocinio que xa vai pola VIII edición, por iso convidámosche a que veñas tocar, cantar, bailar e pasalo ben con nós.

A oferta que temos e para todos os públicos; a partir das 17:00 teremos xogos populares para nenos e maiores como os comechóns de flans, rolar o ovo, cadeiras musicais, carreira de burros arredor da capela... e teremos premios para todos os participantes.
A partir das 18:00 abrirán o Serán os máis pequen@s tocando e bailando e logo darase paso ao máis maiores no que as agrupacións poderán participar por orde de chegada.

Pola tardiña a partires das 20:00 repartiremos as tradicionais papas de arros e chocolcate con rosca de balde, ademais os grupos participantes terán un pequeno refrixerio.

Durante o Serán sortearemos diferentes produtos galegos e unha escultura cedida polo escultor Rianxeiro NUCO.

Polo tempo non se preocupar xa que disporemos de carpa cuberta,

A FESTA REMATARÁ ATA QUE O CORPO AGUANTE

ANIMARSE A PARTICIPAR !!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III Repichoca na A ESGHALLA (Vila de Cruces)

(texto engadido o día 1/ / 4/ / 16 )


Venres 01 de abril a partires das 21h
A Esghalla (Rúa Amable Durán, 16)

Repichoca a cargo do grupo Varacuncas, chourizo a fartar e festa a rachar!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



V edición da Festa da Gaita Galega e Cantos de Taberna en Arzúa

(texto engadido o día 1/ / 4/ / 16 )


Sábado 2 de abril

- 11:45 h. Recepción de grupos participantes

- 12:30 h. Homenaxe a Juan Bello Mallou no Multiusos

- 13:30 h. Pasarrúas

- 14:00 h. Concerto na praza de Cantigas e Agarimos

- 15:30 h. Comida de confraternidade

- 19:30 h. Cantos de Taberna polos bares do pobo

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]