Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


XI FESTIVAL DA CHAIRA (Baltar. A Pastoriza)

(texto engadido o día 1/ / 7/ / 16 )


Sábado 2 de Xullo na praia da Riboira en Baltar (A Pastoriza)

Como xa se estaba celebrando nas últimas edicións, teremos sesión vermú para ir quentando o corpo a cargo de "Toñyto García".
Pola tarde, teremos outra nova edición do aberto do xabarín de Billarda, para baixar o licor café da comida.
Contra a noite, como prato forte do festival, contaremos cos seguintes grupazos:
- Los jinetes del trópico
- Tardepiache
- Liviao de Marrao
- Superoito
... e como o corpo seguro que quere máis, teremos un dj para seguir coa festa.
Para recuperar a música tradicional que non tivemos no último ano, os compañeiros da Asociación Cultural Gaia traerannos a cordura e os ritmos galegos soarán de novo na Riboira.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXIII FESTIVAL DO RÍO CASTRO EN NARAHÍO

(texto engadido o día 1/ / 7/ / 16 )



Sábado 2 de xullo de 2.016 :
- 12,00 Chegada de merendas.
- 15,00 Xogos tradicionais para nenos e nenos coa ASOCIACIÓN GALEGA DO XOGO POPULAR E TRADICIONAL.
- 17,30 A GRAMOLA GOMINOLA , música para a rapazada.
- Campionato deporte popular,tiro de corda,serrado de tronzador e a chave.
POLA NOITE A PARTIR DAS 22,00 :
- PESDELÁN.
- ZURRUMALLA.
- OS CUCHUFELHOS.
- QUEMPALLOU.
Este ano cartelazo deseñado por Garabatos de Juanlu.
O 2 de xullo toca festa pero lembrade,si non cruzades a ponte para gozar do festival é mellor que busquedes outro lugar onde sentirvos máis cómodos e cómodas.
VÉMONOS EN NARAHÍO !!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XV Festa rachada na Baña

(texto engadido o día 1/ / 7/ / 16 )


Sábado 2 de xullo

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IX Festa da Música Popular en Taboadela (Ourense)

(texto engadido o día 18/ / 6/ / 16 )


Domingo 19 de xuño no Pavillón de deportes de Outeiro de San Xoán (Taboadela)


Xogos populares, xantar, e serán musical con Zoadeira (cantareiras), Cuncas do son (cantos de taberna),...

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XII Festival da Muiñéira e I Fouliada en Mazaricos (A Coruña)

(texto engadido o día 18/ / 6/ / 16 )


Sábado 18 de xuño
Ermida Da Virxe do Monte ( Campo da Romaxe)

A festa comeza ás 5 da tarde e dura ata que o corpo aguante.
Contaremos con grupos de gaitas, escolas de baile e música, pandereteiras, grupos folk e moito máis. Tamén contamos cunha clase maxistral de baile, con polbeira, churrasco, e sortearemos dous xamóns e un chapeu.
Anímadevos!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Romaría do Lecer 2016 (A Coruña)

(texto engadido o día 18/ / 6/ / 16 )


18 e 19 de xuño no Parque de Santa Margarida.

- Sábado 18: Foliada Infantil 19:00H./ Foliada Chocolatada 21:00H.

- Domingo 19: Romaría dende as 11 da mañá con música, baile, sorteos e moita festa!


Organiza:
A. C. Xacarandaina
- Xacarandaina -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Día da Música en Silleda

(texto engadido o día 17/ / 6/ / 16 )


Sábado 18 de xuño
Carballeira das Pedrosas - Silleda


PROGRAMA DE ACTIVIDADES:

10:30 h - PASARRÚAS a cargo dos Bombos, gigantóns e cabezudos de AREOSA.
11:30 h - OBRADOIROS para os nenos na Carballeira.
13:00 h - Presentacion da FESTA DO LACÓN e degustación.
13:30 h – Actuación da Orquesta Popular SOPRO DE CORDAS.
18:30 h - Audición da EMMS.
19:30 h - MERENDA para todos alumnos da EMMS organizada pola ANPA MUSIQUIÑOS.
20:00 h - Concerto da BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE SILLEDA, coa colaboracion de MARÍA DO CEO.
21:00 h - Demostración de baile e música tradicional a cargo do Grupo Etnográfico AREOSA.
22:00 h - CEA de Irmandade.
00:00 h - FOGATA de San Xoán e espectáculo "ARDE A CARBALLEIRA".
00:30 h – Actuación do dúo PUNTO ZERO.

Tódalas persoas que desexen asistir a esta cea na que se servirá empanada, churrasco (mixto), pan, viño, refrescos, postre café, chupitos e queimada ó prezo de 16 €, poden pasar pola Escola de Música a recoller a súa invitación. Os rapaces entre 6 e 10 anos o prezo será de 10 €. O último día para recoller a invitación será o mércores 15.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Xesteiraso Folk (Compostela)

(texto engadido o día 17/ / 6/ / 16 )


Sábado 18 de xuño no Campo da Festa de Marrozos

Certame folclórico coa Agrupación Folclórica Colexiata de Sar e aAsociación Cultural Pena Maior, e Foliada con O Gusto do Boi, Retrouso de Ouzande e Pandereteiras de Codeso

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



SISAN NEW ROCK (Ribadumia)

(texto engadido o día 17/ / 6/ / 16 )


Venres 17 de xuño no campo da festa de Sisán.

FORA DE SER VICIO, RECAMBIOS TUCHO, NOITE FECHADA

Fin de festa con DJ RICKY.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Surfing the Lérez 2016, edición

(texto engadido o día 17/ / 6/ / 16 )


Venres 17 e sábado 18 de xuño
Illa Das Esculturas
O #surfing16 xa está aquí!!

Os dias 17 e 18 de xuño, tedes unha cita na Illa Das Esculturas coa mellor música en directo con entrada solidaria, (doazon de alimentos para os máis necesitados).

**Venres 17**

ZONA INFANTIL

-- 16:00h --
INAUGURACIÓN
PRIMEIRA MASTER CLASS DE DJ para familias: "Aprende a poñer vinilos e CDs a cargo de Arturo Delgado e Guly Leiva"
-- 17:00h --
A PROCURA DO TESOURO DO CROCODILO (xogo en familia)
-- De 16:00h a 18:30h --
Xogos populares con monitores.


ZONA CONCERTOS (Escenario Mahou 5 estrellas)

-- 18:45h --
Los Chavales
-- 19:45h --
Samesugas
-- 20:45h --
THE PHANTOM KEYS
-- 21:45h --
The Limboos
-- 22:45h --
Tractor Troy


**Sábado 18**

ZONA INFANTIL

-- 12:30h --
Xarope Tulú TEATRO
-- 16:30h --
CONTACONTOS E TALLERES DE FLORES E COMETAS
-- 18:00h --
A BANDA DOS CUEIROS
-- Dende as 12 da mañá ata as 18:00h --
ZONA DE LIBRARÍA INFANTIL: PATAKAS FRITAS
XOGOS POPULARES, DEBUXO O CROCODILO


ZONA CONCERTOS

-- 12:15h no escenario Mahou 5 ESTRELLAS --
Antifrágil
-- 12:50h no escenario Broker\'s Gin --
JHONANDER
-- 13:35h no escenario Mahou 5 ESTRELLAS --
The Phantom Dragsters
-- 14:20H no escenario Broker\'s Gin--
Agoraphobia
-- 15:10h no escenario Mahou 5 ESTRELLAS --
Igloo
-- 16:00h no escenario Broker\'s Gin --
THEE BLIND CROWS
-- 16:55h no escenario Mahou 5 ESTRELLAS --
Dixie Town
-- 17:45h no escenario Broker\'s Gin --
Eladio y los seres queridos
-- 18:40h no escenario Mahou 5 ESTRELLAS --
Arturo Delgado
-- 19:35h no escenario Broker\'s Gin --
Atención Tsunami
-- 20:30h no escenario Mahou 5 ESTRELLAS --
Terbutalina
-- 21:30h no escenario Broker\'s Gin --
Novedades Carminha
-- 22:40h no escenario Mahou 5 ESTRELLAS --
Familia Caamagno


E a festa continua coa...

...Post party surfing!!!
A partir das 0:00h en El Pequeño
"OS CANCODRILOS DO SURFING"

E a partir das 3:00h na SALA KARMA
La Fábrica de Chocolate Club DJS
DJ LAGARTIJA + DJ ROELIO
Billeteira 5€

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



X Festival Alternativo Millo Verde (Redondela)

(texto engadido o día 7/ / 6/ / 16 )


9, 10 e 11 de Xuño
Chan das Pipas - Saxamonde - Redondela


Xa van 10 anos e que mellor maneira que celebralo cunha oferta musical e de actividades sen precedentes. Durante o fin de semana do 9, 10 e 11 de Xuño celebraremos no lugar idílico de Chan das Pipas unha fin de semana de encontro cultural onde, dende os máis cativos ós máis maiores, poderán disfrutar do festival na súa máxima expresión.

3 noites de concertos con grupos galegos, nacionais e internacionais ademáis de concertos de día con grupos da vila e alrededores, actividades deportivas como o fútbol 3x3, o basket 3x3 ou o eskalabirras, e actividades creativas como a jam graffiti e artistas de rúa, amenizados de fondo con ritmos marcados por diferentes DJ's. Tamén se contará cun mercadillo de postos de artesanía onde poderedes encontrar cousas moi interesantes, así como achegaros ós postos de comida que se facilitarán no propio recinto.
Todo este menú servirase nun paraxe 100% natural no que poderedes desconectar do resto do mundo...

En definitiva...festa e máis festa accesible a tod@s xa que o festival é TOTALMENTE GRATUITO! Asi que consumide nos postos do festival para que isto siga sendo posible.

Aupa Millo Verde!


Xoves 9 de xuño
-Zibabu
-The Marveltons
-Fame Negra

Venres 10 de xuño
-Vinila von Bismark
-Chotokoeu
-Maison du Malheur
-Pan de Capazo

Sábado 11 de xuño
-The Soul Breakers
-The Trouper´s Swing Band
-Gypsy Sound System Orkestra
-The Anomalys

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXXI Festa da Cereixa de Beade (Vigo)

(texto engadido o día 31/ / 5/ / 16 )



Venres 3 de xuño ás 20.30 horas Festival Folclórico

Organiza:
C.S.C.R. de Beade

Participan:
Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés
Grupo de gaitas Arume
Grupo de pandereteiras A Volta do Demo

A partires das 22h, serán popular.


Domingo 5 de xuño
Festival Folclórico coas actuacións de Xistra de Coruxo, Setecuncas e O Fiadeiro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV FESTA AMANEXA. Oleiros

(texto engadido o día 29/ / 5/ / 16 )


4 de xuño

IV Festa Amanexa na pista polideportiva de Dexo ao lado da igrexa. Dará comezo ás seis da tarde coa actuación dos grupos Son d\'aquí (A Coruña), Tahúme (Ribeira), A Marola (Mera) e O Amanexo (Dexo) Durante todo o día, contaremos cunha mostra de artesanía.

Ao remate das actuacións, comenzará a churrascada para encher o buche a prezos anticrise. Ás nove e media terá lugar o concerto folk con DUBIDADÚO TRÍO e remataremos a noite cunha foliada onde non faltará a nosa chocolatada. Se queres vir a cantar ou tocar, manda unha mensaxe a nosa páxina do facebook ou acoamanexo@hotmail.com.

Quen queira disfrutar a festa ata o remate e necesite un lugar para durmir, temos a solución... Este ano dispoñemos dun lugar habilatado para durmir asique se queres quedar contacta con nós a través dunha mensaxe a nosa páxina do facebook.

Esperámosvos!!!!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Gran festa aniversario Follas Novas en Ames (Bertamiráns)

(texto engadido o día 29/ / 5/ / 16 )


O vindeiro 4 de xuño, a partir das 16 h, imos celebrar o XV aniversario da Asociación. Farémolo no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, e como podedes ver no cartaza, temos música e baile para pasar unha tarde estupenda.
Comezarán os participantes nas aulas da AC Follas Novas (16-18h), seguido dun concerto didáctico de Pablo Carpintero (18 h, aprox. unha hora) e a actuación de varios grupos (Tiberevi dúo, Murga Os Atalaias, Os Muiñeiros do Sarela, A Requinta da Amaía e tódolos os alumnos, ex-alumnos, ex-profes e amigos da AC Follas Novas que se queiran unir á celebración).
Especialmente se vindes con nenos (e se vindes solos tamén), non vos esquezades de traer algo de merendar porque a tarde é longa e a festa da fame.

Unha aperta para todos e vémonos alí.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa do 17 de maio (que se fai o 14) - Compostela

(texto engadido o día 13/ / 5/ / 16 )


Quinta, 12 de maio
20h30 Apresentação do livro 'A imagem de Portugal na Galiza', de Carlos Quiroga (em colaboraçom com a AGAL - Associaçom Galega da Língua)

Sexta, 13 de maio (atividades organiçadas com ACentral Folque)
20h00 Apresentação do livro 'Método de acordeão diatónico', de Pedro Blanco.
22h00 Baile Asalto especial acordeom diatónico

Sábado, 14 de maio
11h00 Alborada com cabeçudos e cabeçudas polas ruas de Compostela.
11h30 Bicicletada pola língua. Desde a Alameda ata a praça 8 de março.
12h30 Roteiro infantil de reconhecemento de aves. Saída: Museo do Pobo Galego.
13h30 Sessom vermute: Blues do País. Praça 8 de março.
14h30 Jantar popular. Praça 8 de março.
18h00 Foliada dos cursos (Gentalha, Semente Compostela, ITACA.Asociación xuvenil e cultural. e CSA do Sar). Praça do Pam.
21h00 Poesia e música com Aldaolado. Praça 8 de março.
22h00 Concertos: Habelas Hainas, Os John Deeres e DJ Bigote Mix. Praça 8 de março.

Segunda, 16 de maio
20h00 Palestra, recital poético e concertos no Csoaescarnio Emaldizer.


100 anos depois continuamos a trabalhar pola língua.

"O escudo da autonomia espiritual, mais forte que as armas, é a língua", escreveu Antom Vilar Ponte há já 100 anos no seu Nacionalismo Galego, ponto de partida para a criaçom da Irmandade de Amigos da Fala. Passarom já 100 anos, mas parece que foi onte pois as reivindicaçons de aquel@s jovens, entusiasmad@s, com poucos meios ao seu favor continuam a ser necessárias. Com muitas e boas intençons, organizavam debates, editavam folhetos e mesmo fundavam escolas. 100 anos depois,sentimo-nos herdeiras del@s e continuamos a trabalhar pola língua para que as nossas crianças podam participar de umha escola em que o galego seja a língua veicular.

Celebremos este 17 de maio que temos uma língua viva, que houvo gente que luitou polos nossos direitos de viver em galego e que há semente a agromar.

Na Galiza sempre em galego!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Serán en Cea
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=141379
(texto engadido o día 13/ / 5/ / 16 )


Segundo Serán do Cole de Cea. Este venres, dende as 19h terá lugar a festa de música e baile tradicional organizada polo Cole de Cea. Contaremos coa participación de Gara Vanzo, Troula Group, Roberto "O Reberete", Maruxa e Farruca, Os Biruxes, As Faíscas e as Pandereiteiras de Maside.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Ultimo Baile Assalto no Pichel (Compostela) - Especial Acordeón

(texto engadido o día 13/ / 5/ / 16 )


Venres 13 de maio

Rematan os Bailes Assalto da tempada 2015/16 cun especial sobre acordeón diatónico. O vindeiro venres 13 de maio dentro da festa do 17 que se celebra o 14 que organiza a Gentalha do Pichel. Aproveitando a data presentaremos o libro “Método de acordeón diatónico” escrito por Pedro Branco e editado por Através a partir das 20 h na Gentalha do Pichel. A seguir o Baile Assalto con Pedro Branco e para rematar un palco aberto a todas as acordeonistas do país que queiran partillar as súas músicas.

Para a presentación do libro, primeiro método escrito na Galiza, contaremos coa presenza do autor, Pedor Branco, o representante da editora José Ramom Pichel e o autor do prólogo Ramom Pinheiro.

Programa:

20 h – Presentación do libro “Método de acordeón diatónico”
22 h – Baile Assalto con Pedro Branco
23.30 h – Palco Aberto para acordeonistas
A entrada ao Baile é de 5 € (4 € para soci@s da Gentalha e alunado da EMPA). A entrada é de balde para os músicos do palco aberto.

Pedro Branco é un dos músicos pioneiros na recuperación do diatónico na Galiza. Mestre na zona de Vigo , deu diversas asociacións e na Escola Municipal de Música Folk e Tradicional na Universidade Popular de Vigo. Tomou cursos de acordeón con músicos sinalados coma Kepa Junquera, Loïc Troel, Xuan Nel Espósito, Joseba Tapia… enfocándose na música tradicional galega, minhota, bretoa irlandesa e occitana. Introduciu o acordeón diatónico no grupo de divulgación folclórica GAitas de Xistra e nos grupos Foucellas, Gaiteiros Fozóns, Tanto nos Ten ou Projecto GZ e fundou os grupos Xans e Contradança.



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Maio nas Crechas (Compostela)

(texto engadido o día 13/ / 5/ / 16 )


Xoves 12 21h 3€
VIRANDEIRA FOLK
Virandeira Folk prosegue adiante na súa andadura polo panorama musical galego coa presentación dun novo disco, Metamorfose, unha proposta musical viva, fresca, moderna e singular. A banda viguesa acadou unha gran recepción por parte da crítica en 2012 cO seu debut discográfico, Sons do Atlántico. Virandeira é unha banda de folk fusión que aposta pola mestura de xéneros, estilos e sons. Unha visión da música que foxe do contemporizador na procura do ecléctico, filosofía que é aceno de identidade do grupo e que xorde directamente da variedade de influencias musicais dos seus propios compoñentes: folk, rock, jazz, clásico… Virandeira Folk son: Chema Alonso (gaita), David Oitabén (frautas), André Taboada (violín), Roberto González (guitarras), David Casal (baixo) e Alex García (batería).

Venres 13 21h 4€
NO ES PAÍS PARA COÑOS
Este espectáculo teatral trata, desde a comedia e a crítica satírica, preocupacións femininas con respecto á saúde sexual, o embarazo, o aborto e as relacións amorosas. Pretende empoderar ás mulleres e facelas conscientes da súa sexualidade, os seus dereitos e mellorar a súa independencia emocional. Precisamente por isto, visibiliza aos eternos (eternas) actores (actrices) secundarios (secundarias) no mundo da cultura: as mulleres. Buscan achegar o feminismo a homes e mulleres de todas as idades, e sacalo do plano teórico ou do mal chamado “feminazismo”, utilizando situacións cotiás e unha boa dose de sentido de humor. Show creado e composto integramente por mulleres. Teatro feminista en clave de humor.

Martes 17 21h
CATA DE LIBROS E VIÑOS GALEGOS - DÍA DAS LETRAS
Entrada de balde previa reserva (reservascrechas@gmail.com). En colaboración co espazo enocultural Vide Vide.

Xoves 19 21h 5€
ROBERTO SOBRADO GRUPO
A voltas aínda co Atlas de anatomía, a banda reformúlase cun xiro máis roqueiro e minimalista. Dous músicos novos que imprimen o seu carácter na sección rítmica e dous clásicos á fronte. Ademais de repasar o seu particular Atlas, estrearán 4 cancións que farán parte do próximo disco da banda e haberá un fin de festa con versións, cando menos, curiosas. Roberto Sobrado cumpre 20 anos facendo cancións e conta xa con 4 discos de estudo, aos que une agora “Atlas de anatomía”.

Sábado 21 21h 5€
JESUÍNO TRÍO
Natural de Salvador, Bahia, e radicado en São Paulo desde 2002, Marcelo Jesuíno é un dos nomes máis activos da música instrumental brasileira. O guitarrista actúa como músico, produtor, director musical e director artístico. Ten participado do International Association of Schools of Jazz Meeting e do Jazz Summer Course ambos na University of Louisville School of Music Kentucky – EUA.

Xoves 26 21h 5€ (RGMV)
XARDÍN DESORDENADO
Fai algúns invernos, uns músicos de Vigo decidiron percorrer librerías e bibliotecas, á busca de poemas que converter en cancións. Logo, reuníanse nunha bufarda de Tirán, onde compartían os poemas elexidos e as súas experiencias musicais. Todos transitaran polo Jazz, aínda que chegados deSde diversas procedencias. Para o proxecto, ao que chamaron Xardín Desordenado, elIxiron unha sonoridade acústica e íntima e, respectando as mensaxes e os climas dos poetas, converteron os textos en swing, blues, bolero, bossa nova… O segundo traballo de Xardín Desordenado titúlase “Aprendendo a ladrar” (Sul 2015) e está dedicado exclusivamente a mulleres. Desde a máis veterana Rosalía até a benxamina Lucía Aldao, os textos das 17 poetas reflicten a evolución (non só poética) da muller nas últimas décadas; unha aventura histórica que se narra neste traballo discográfico e nos concertos que o presentarán ao público.

Sábado 28 20h (de balde, na terraza)
DO FONDO DO PETO
Unha formacion de música tradicional que cun repertorio instrumental e vocal galego. Baseado nos coros historicos, e nos grandes intérpretes da nosa terra.

Mércores 11, 18 e 25 22.30h 1€
FOLIADA COA BANDA DAS CRECHAS

Domingo 29 21h 3€
DOMINGOS DE JAZZ CON SUMRRÁ
O trío de jazz galego máis internacional retoma a residencia dominical na súa casa, A Casa das Crechas. Durante os domingos de Abril, SUMRRÁ repasará as músicas máis representativas dos seus 5 álbumes. 15 anos que levan SUMRRÁ traballando de xeito continuado e ininterrumpido, converténdoos nun referente do Jazz feito na Península. O directo máis sólido e contundente ao alcance da túa man.Manuel Gutiérrez, piano
Xacobe Martínez Antelo, contrabaixo
LAR Legido, batería

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Ultima Noite De Raiz Da Tempada en Callobre

(texto engadido o día 13/ / 5/ / 16 )


Sábado 14 de maio
TELECLUBE DE CALLOBRE

NON VOS PERDADES O FIN DE TEMPADA DAS NOITES DE RAIZ.

ESTARAN CON NOS OS REGATOS, OS BOTALLE TERRA, VAI NELA, NOSOUTROS, E O GRUPO DE ACORDEONISTAS "OS LOSTREGOS"
O CHEF MANOLITO COCIÑARA PORQUIÑO A BRASA PARA ESTA OCASIÓN.
E SOBRE TODO MOITAAAA FESTAAAAAAAAAA!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I CERTAME DE FOLK EMERXENTE NA FIN DO CAMIÑO!
https://www.facebook.com/141687309187801/photos/a.234745039882027.59232.141687309187801/1113253
(texto engadido o día 11/ / 5/ / 16 )


Chega a primavera á Fin do Camiño acompañada dunha novidosa e necesaria aposta pola nosa música Folk.
Con todas e todos vós, o noso I CERTAME DE FOLK EMERXENTE!!!

Consulta as bases: https://drive.google.com/file/d/0B53gGFXGPzvTNzhUblp4bkIxVUE/view?usp=sharing

Noticia enviada por Asociación Anchoa

- festa folk fisterra anchoa fin do camiño concurso certame -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]