Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


Festival Revenidas 2016 (Vilaxoán de Arousa)

(texto engadido o día 1/ / 8/ / 16 )


Venres 19 de agosto
Horarios non definitivos.
No Escenario Mahou con:
20:00 h. Poetarras
22:00 h. Gabriel o Pensador
00:45 h. Juantxo Skalari Kluba & #LaRudeBand
03:25 h. Familia Caamagno

Escenario Turismo Rías Baixas con:
22:50 h. Brinkadelia Troupe
23:40 h. #Malandrómeda
02:00 h. Itaca Band
#DjCrebinsky


Sábado 20 de agosto
A música con entrada de pago comezará no escenario Turismo Rías Baixas co Sonoro Maxín.
21:00 h. O Sonoro Maxín
23:30 h. Falperrys
02:10 h. Aspencat Oficial
Dj Pimp

Polo escenario Mahou veremos a:
22:00 h. Fanfare Ciocarlia
00:40 h. Talco
03:20 h. Kimbala

Aínda que a festa comezará moito antes.
12:00 h. coa apertura da Feira Revenida con obradoiros e xogos populares
13:30 h. Á hora de xantar e cear contaremos coa GRAN SARDIÑADA POPULAR #SardiñadaRev16 con Os terribles de Arousa máis Fanfarria Taquikardia
16 h. a 20 h. #RecunchoDubRev16
18 h. a 21h. #GalaSolidariaRev16 con Culturactiva Scg + Os terribles de Arousa


Domingo 21 de agosto
A música con entrada de pago comezara no escenario Turismo Rías Baixas:
18:00 h. Os Vacalouras
19:55 h. Ezetaerre
21:40 h. DeLombaos
23:35 h. Cuchufellos de Manzaneda

Polo Escenario Mahou
18:35 h. ZOO
20:40 h. #OsTresTrebóns
22:25 h. La Raíz
01:10 h. Russkaja

Pero o domingo tamén terá lugar o #XoubiñasFesti con actividades de balde para @s máis peques a partir das 12 h:
Polo correo do vento
Chuches Amil
#TiteresCrebanoces

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



SonRías Baixas 2016 (Bueu)

(texto engadido o día 31/ / 7/ / 16 )


Xoves 4 de Agosto: Festa de Benvida (Entrada gratuita)
GATO LOPEZ el tributo a SKA-P

Venres 5 de Agosto
La Gran La Pegatina
Heredeiros da Crus
Lendakaris Muertos
La Sra. Tomasa
Chotokoeu

Sábado 6 de Agosto
La Vela Puerca
SOZIEDAD ALKOHOLIKA
BOIKOT
Vendetta
The Skarnivals
Poetarras
Gold & Colt

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XVII FESTA DA MALLA TRADICIONAL (Codeseda, Doade. Lalín)

(texto engadido o día 31/ / 7/ / 16 )


Sábado 20 de agosto

Museo e Restaurante Casa do Patrón

MOSTRA DE ARTESANÍA, EXPOSICIÓNS DE MAQUINARIA, E MOITA FESTA

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXXIII Festa da Carballeira de Zas

(texto engadido o día 31/ / 7/ / 16 )


A Festa da Carballeira será, coma sempre, o primeiro sábado de agosto.
Pero o día anterior temos unhas vésperas espectaculares:

Venres 5 de Agosto a partir das 21:00h
- O Ghusto do Boi (Galiza)
- Banda Crebinsky (Galiza)
- Mago de Oz (Madrid)
- Ruxe Ruxe (Galiza)

Xa na Carballeira de Velar
Sábado 6 de Agosto a partir das 12:00h
- Mercadillo de artesanía e produtos ecolóxicos.
- Xogos para os nenos.
- Sesión vermú
- Gran mexilloada popular

Actuarán a partir das 14:00
- Orquesta Os Modernos
- O Ghusto do Boi
- Cé Orquesta Pantasma
- Grupos da A.C Castro-Meda de Zas
- Gran Foliada da Carballeira.
Unha foliada aberta a todos os amantes das foliadas, ruadas e seráns. Os músicos que se animen a participar e se anoten en foliada@festadacarballeira.com terán entradas de balde para o festival, e un servizo para gardar os instrumentos.

A partir das 22:30h
- Pelepau (Galiza)
- Luar na Lubre (Galiza)
- Steve'n Seagulls (Finlandia)
- Skerryvore (Escocia)
- Andrés Penabad (Galiza)

Entrada
Anticipada os 2 días 10€ as 500 primeiras, resto 12€. Só venda online
En taquilla 2 días 15€. venres 10€ Sábado 8€.

http://www.festadacarballeira.com/entradas
https://www.ticketea.com/entradas-festival-a-carballeira-de-zas/

Non se permitirá entrar con bebidas.?
http://www.festadacarballeira.com
http://www.facebook.com/festadacarballeira
http://twitter.com/Carballeira_Zas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Banda Crebinsky na Praza da Quintana (Santiago D.C.)

(texto engadido o día 21/ / 7/ / 16 )


Mércores 27 de xullo
Banda Crebinsky volve a Santiago de Compostela polas festas do Apóstolo. Esa noite estaremos acompañados por Molotov Jukebox e a entrada é de balde.
http://www.bandacrebinsky.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XIII Romaría no Chamoso (O Corgo. Lugo)

(texto engadido o día 21/ / 7/ / 16 )


Domingo 31 de xullo
Praia Fluvial Chamoso


Ás 12 dará comezo a feira de Artesanía e Mostra de Oficios Tradicionais xunto con unha Exposición de Maquinaria Agrícola Clásica.
Ao longo da mañá poderedes disfrutar coa musiquiña dos nosos amigos da Asociación Cultural Abrente de As Nogais e por parte de nós, parte da Legua Dereita.

Á partires das 15.30 poderedes disfrutar da música do grupo Os Biouteiros.
MOI IMPORTANTE, A ESTA HORA DARÁ COMEZO A ANIMACIÓN INFANTIL PARA @S NEN@S ASIQUE NON VOS ESQUEZADES DE TRAELOS E TRAERLLES MUDA, PORQUE OS XOGOS SON DE AUGA (tamén é importante traerlles cremiña para o sol).

17.30 Dará comezo a actuación das Escolas da Legua Dereita e a parte de "Escenario Aberto".

18.00 FESTIVAL TRADICIONAL DA LEGUA DEREITA no que poderedes disfrutar dos grupos:
Grupo de Danzas Pan y Guindas (Palencia)
Airiños de San Xulián (Marín)
A Legua Dereita (O Corgo)

20.00 FESTA COS "AIRIÑOS DA FREBA".

21.15 QUEIMADA POPULAR


APROVEITADE, TRAEDE A COMIDIÑA E ACAMPADE TODO O DÍA PARA DISFRUTAR DA MÚSICA NA MELLOR DAS COMPAÑÍAS!!! FESTA RACHADA!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festas da Fraga e do Carme (As Pontes)
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=142069
(texto engadido o día 21/ / 7/ / 16 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Ith e Leirabuxo en Boimorto

(texto engadido o día 21/ / 7/ / 16 )


Festas do Apóstol en Boimorto. Domingo 24 de xullo.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Ruxe-Ruxe + Samesugas nas Festas do Apóstolo

(texto engadido o día 21/ / 7/ / 16 )


Luns 25 de xullo
Praza da Quintana
Hai 20 anos que comezou o rock de Ruxe-Ruxe. O de Samesugas hai 17. As dúas bandas máis lonxevas en activo de Santiago de Compostela, xúntanse agora para un concerto único.
- Ruxe-Ruxe- Samesugas -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Roi Casal no Rosal

(texto engadido o día 21/ / 7/ / 16 )


Domingo 24 de xullo, Festas do Pilar
(Praza do Calvario 22:30h. Entrada libre)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Roi Casal en Rianxo

(texto engadido o día 21/ / 7/ / 16 )


Sábado 23 de xullo, Festa da xouba
(Praza Castelao. 23h. Entrada libre)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Verbena Galega no Santiaguiño de Padrón

(texto engadido o día 21/ / 7/ / 16 )


Domingo 24 de xullo
Santiaguiño
A festa de sempre como nunca a viches!!! Verbena Galega no Santiaguiño de Padrón, con Pandeiromus, O Sonoro Maxín e o picadiscos Superbombo, e con Isabel Risco como mestra de cerimonias. Cinco horas de diversión e ritmo en galego!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



FestiFolk ValMiñor (Camos. Nigrán)

(texto engadido o día 21/ / 7/ / 16 )


Sábado 23 de xullo
AAVV Camos_ Pavillón do Clube de Bolos Celtas de Camos
Festival Folk no Val Miñor.
Camos 2016.

Xornada de músicas e danzas tradicionais e folk do Val Miñor e contornas veciñas.

UBICACIÓN: https://goo.gl/maps/sJPm7GKVM5v

PROGRAMA:
12:00 - Armamola boa _ Arcade.
13:00 - Ardelume_ Baiña.
14:00 - Os Swaroskys_ Val Miñor.
16:15 - O Castro de Chandebrito_ Chandebrito.
17:00 - Algarada _ Priegue.
18:00 - Tirapuxa_ Trasmañó.
18:45 - Xarelas da Touza_ Priegue.
19:30 - Os de sempre_ Vigo.
20:15 - Os Coribantes _ Pontecaldelas.
21:00 - Folk de Coiro_ Bembrive.
22:00 - Beatriz Martinez & Diego Langarika_ Mondariz.
23:00 - Eikasia_ Priegue.
00:00 - Obal_ Mondariz.

Organiza: Asociación Cultural Comisión Festas San Roque de Camos 2016
Producción: Axencia Casa Colorida.
Comunicación: MediaLab Casa Colorida
Son: Son do Serán.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Baile Assalto no Toural (Compostela)
http://www.folque.com/01.140415wp/baile-assalto-no-toural/
(texto engadido o día 21/ / 7/ / 16 )


Venres 22 de xullo a partires das 12:30h

Dentro das festas do Apóstolo de Compostela 2016 e do programa Artellando, aCentral Folque organiza un día especial adicado á danza con música ao vivo e feito nunha das prazas máis emblemáticas da cidade, o Toural. Será un Baile Assalto pola noite precedido de tres obradoiros para todos os públicos.


12.30 h- Obradoiro de bailes agarrados con Montse Rivera. Música ao vivo: Ariel Ninas (Compostela)

17 h- Obradoiro de bailes europeos con Matias Tradballs. Música ao vivo: Fulano&Beltrano (Lisboa)

19 h- Obradoiro de danzas de roda con Suso Cancelas e Asociación A Monteira Danzas do Mundo (Vigo)


21 h- Baile Assalto con Fulano, Beltrano e Sicrano (Portugal)


O Baile Assalto son lugares de encontro para danzar coa mellor música ao vivo os bailes europeos, americanos e galegos de moda. Para esta xornada contaremos con tres obradoiros de iniciación durante o día con músicos en palco e pola noite un concerto coa banda lisboeta “Fulano, Beltrano e Sicrano” con Matias Tradballs, especialistas en animar a danzar. Porque o baile é é música, cultura e identidade mais tamén é exercicio, terapia e catarse colectiva nun movemento que nos últimos trinta anos está a espallarse por toda Europa.


O Baile Assalto toman o nome dos bailes que se organizaban e moitas vilas de Galicia a comezos do século XX que foron medrando en concurrencia especialmente durante o chuvioso inverno. aCentral Folque organiza estes Bailes regularmente durante todo o inverno en Santiago de Compostela.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



SES nas festas de San Cibrao (Cervo - Lugo)

(texto engadido o día 15/ / 7/ / 16 )


Venres 15 de xullo

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XVII Folk de Raíz en Callobre (A Estrada)

(texto engadido o día 8/ / 7/ / 16 )


Venres 8 de xullo

FOLK DE RAIZ DARA COMEZO AS 22:30 HORAS, OS ENCARGADOS DE ABRIR O FESTIVAL SERAN OS AMIGOS DA PONTE VELLA
AS 23:30 COMEZARAN OS CONCERTOS NO ESCEARIO, NA SEGUINTE ORDEN DE ACTUACIÓN:
*REGATOS
*KEPA JUNKERA
*TANTO NOS TEN
OS CAMBIOS DE ESCEARIO SERAN AMENIZADOS POLO GRAN
CE ORQUESTRA PANTASMA.
AS ACTUACIÓNS REMATARAN A ESO DAS 4:00 HORAS, A PARTIR DE ESE MOMENTO A FESTA SEGUIRA CON ACTUACIÓNS IMPROVISADAS.
NON DEIXES O TEU INSTRUMENTO NA CASA.
VEMONOS NO TORREIRO¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



3 Convivio da Cultura Galega (Outeiro de Rei)

(texto engadido o día 8/ / 7/ / 16 )


Sábado 09 de xullo
Santa Isabel, 27150 Outeiro de Rei

Aproxímase o verán e con el, por terceiro ano consecutivo, o Convivio da Cultura Galega, impulsado desde a Casa-Museo Manuel María, a federación Galiza Cultura de asociacións culturais galegas e a Asociación Cultural e Musical Solfa de Compostela.
O Convivio é unha xornada de lecer e de encontro de todo o tecido cultural galego de base do país: destinado a todos aqueles colectivos e persoas que, desde abaixo, traballan arreo todo o ano, desde moi diferentes proxectos e realidades locais, por unha Galiza lingüística e culturalmente normalizada. Tal e como fixo o propio Manuel María, non só escritor, senón verdadeiro militante cultural e axente normalizador durante toda a súa vida.
É, sobre todo, un día de festa: para vérmonos, para falarmos e para gozar da boa compañía nunha das paisaxes que Manuel María máis amaba: a Carballeira da Santa Isabel de Outeiro de Rei, á beira do Miño, aquí onde as augas do Ladra veñen dar ás do "Pai de todos os ríos galegos".
A Santa Isabel foi tamén o espazo natural da festa patronal de Outeiro, cunha romaría popular que queremos recuperar co seu esplendor pasado. Como na pasada edición, de mañá haberá actuación de distintas bandas de música e corais, xantar compartido na Carballeira (cada quen levará a súa comida e bebida) e, xa á tarde, foliada aberta a todo o mundo que queira vir tocar e bailar (grupos ou xente por libre). Até que se quixer!
Todo isto completarase con visitas guiadas á Casa-Museo Manuel María durante todo o día e con outras actividades e propostas que se irán detallando nos próximos días.
Anotade nas vosas axendas o sábado 9 de xullo en Outeiro de Rei da Terra Chá: na Tribo de Manuel María.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XVII Romaría Galega na Pontraga - Tordoia

(texto engadido o día 8/ / 7/ / 16 )


Sábado 09 de xullo
A Pontraga , Numide - Tordoia
Xa están en marcha os preparativos para a gran romaría do vrao na Pontraga, unha festa sen ighual!
Será ben recibida toda a xente que queira arrimarse, xantar, ver unha miagha de folclore do noso, tomar un vermú, parmar, xoghar...e como non bailar, tocar, cantar, beber, comer.

Este sábado 9 de xullo teremos parranda dende primeira hora:

pola mañanciña...Banda de Gaitas e Grupo Infantil Brisas do Quenllo
Sesión Vermú coa Cuadrilla do Pan Quente e Gaiteirxs

tamén haberá... un Xantar Popular!!

XVII Encontro de Música e Baile Tradicional cos grupos:

A.C. Brisas do Quenllo da Pontraga, Tordoia
Pousos da Area de Marín
Os Santiaguiños de Boimorto
Airiños de San Simón
Novxs Bailadorxs da Pontraga

LUDOTECA BRINCALHONA e ZANFONISTAS DA PONTRAGA...
MÚSICA A TUTIPLÉN!!!

tamén teremos a MIGALLAS TEATRO!!

e...MÚSICA NA NOITE PRA BAILAR E DESFRUTAR CON:

Charanga de Xacarandaina
Bouba
Tocadorxs da Pontraga

nós xa imos estar ali!! esperámosvos!

Saúdos e...festa a nosa!

*Para máis info neste correo: brisasdoquenllo@gmail.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Serán d'aquí 2016 (A Coruña)

(texto engadido o día 8/ / 7/ / 16 )


Sábado 9 de xullo na Praza dos Avós. Montealto

Volve o serán de Montealto!, o Serán d'aquí!!. O vindeiro sábado 9 de Xullo, a A.C. Son d'aquí organiza de novo unha xornada chea de música, actividades, obradoiros sorteos e moita festa á que estades todos e todas convidados!. Repetimos o mesmo lugar do ano pasado, a Praza dos Avós, xunto ao Centro Cívico de Monte Alto, non tedes perda!. Ide liberando as axendas, que xa volve o serán do verán na Coruña! ;)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XV Festival Retrouso e III Retro-Foliada en Cela (Bueu)

(texto engadido o día 8/ / 7/ / 16 )



Xa está aquí, un ano máis, o FESTIVAL RETROUSO!!!
Convidámosvos a que veñades ao Eirado de Cela (Bueu) o vindeiro sábado 9 de xullo a partir das 20:30h.
Nesta XV edición contaremos coa participación das pandereteiras Lina e Lola, do Morrazo.
Ademais, as distintas formacións da nosa asociación farán coma vén sendo habitual a súa actuación de baile, de gaita e de pandeireta.


E tralo gran éxito acadado nos anos anteriores, repetimos coa RETRO-FOLIADA!!!
A partir das 22:00h. gran foliada no Eirado de Cela na que contaremos, ademais de con todos vós, cos seguintes grupos convidados que virán tocar e participar da festa:
Rexubeiras (Pontevedra), Viruxe (O Hío, Cangas), Afoutos (Santiago de Oliveira) e Tanxugueiras (Teo).

Por suposto, trátase dunha foliada aberta a todo o mundo.
Estades todos convidados!!!

Todos aqueles grupos que queiran vir a tocar e/ou cantar, podedes anotarvos de xeito anticipado aquí neste evento ou ben enviando mensaxe privada ao facebook de Retrouso; ou alí no mesmo día da Retro-Foliada.

Haberá bochinche con comida e bebida para repoñer forzas e combater a calor e a sede!!


Para os que nunca viñestes a Cela, aquí tendes unha
ligazón ao google.maps que vos leva ata o mesmiño Eirado de Cela (pasando o cemiterio, fronte á Igrexa):

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]