Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


XV Edición do Venrespirar en Ourense

(texto engadido o día 29/ / 3/ / 19 )


XV Edición do Venrespirar - Festa Tradicional Itinerante, 29 de Marzo de 2019. Na Sala Emília Pardo Bazán, Campus Universitario de Ourense. (Edifício de ferro)

- 20.00 h.: Oficina de Danças Portuguesas con Ana Silvestre.

- 22:00 h.: Baile TRAD con concertos de AnaMarSe Trio e Amoras Maduras.

- A partir das 00:00 h.: Foliada (Anótate escribíndonos ao noso Facebook ou no teléfono 677090949; tamén podes facelo o próprio día falando con calquera das organizadoras. Iredes tocando segundo a orde de inscrición). Nestes momentos xa están anotados: Fol de Ferro, Terras do Arenteiro e As da Chispa.

A sexta feira 29 de Marzo dende as 20:00 h. até as 02:00 h. na Sala Emilia Pardo Bazán da Facultade de Ciencias de Ourense.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Repifesta da A.C. Triskell (Arteixo)

(texto engadido o día 22/ / 3/ / 19 )


Venres 22 de marzo a partires das 22h na Casa Xuntanza (Pastoriza)


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Polavila en Santalla

(texto engadido o día 21/ / 3/ / 19 )


Sábado 30 de marzo


-13:30 h: Vermú a cargo do grupo De Ninghures na carpa montada pola comisión de festas de Santalla na praza.

-16:00-18:00 h: Taller de baile tradicional asturiano e galego (se hai grupo mínimo) con Paulino Santirso e Vanessa Castro. Apúntate no tlf. 638551325

-18:00-23:00 h: Cantos de taberna polos bares de Santalla cos grupos “Os Amigos do Caldeiro”, “En faldas y a lo loco”, “Nela&Cía”, “Os do Trece”, “Trangalleiras”, “Os Húmedos del Eo”. .
Bares participantes: Casa Diego, Casa Pedro, Casa Pérez, Mesón La Cerca, Sidrería Veredas e Carpa a cargo da comisión de festa na praza do pobo.

- A partir das 00:00 h: Concertos de “Pandereteiras sen Fronteiros”, “Tuenda” y “Caldo y os Rabizos” e para terminar a noite... Polavila aberta para todo o que queira tocar! Trae o teu instrumento e únete á festa da música tradicional asturgaláica!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Repifesta da A.C Triskell en A Pastoriza (Arteixo)

(texto engadido o día 15/ / 3/ / 19 )


Venres 15 de marzo a partir das 22h na Casa Xuntanza

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Marzo na Casa das Crechas (Compostela)

(texto engadido o día 15/ / 3/ / 19 )


PROGRAMACIÓN DE MARZO DE 2019

VENRES 1 21:00 6€
CAYUCO
Cayuco abre a programación de marzo acollendo o concerto de CAYUCO, o novo grupo formado por tres grandes músicos asentados en Galicia: Sérgio Tannus (guitarra eléctrica, viola caipira, mandolina, baixo e voz), Maurício Caruso (guitarra eléctrica e baixo) e LAR Legido (batería).

Venres 1 00.00
OS ESTALOTES
Foliada

Sábado 2 23.30
DJ CHIRI

DOMINGO 3, 10, 24 E 31 20:30 5 €
SUMRRA

XOVES 7 21:00 6€
Andrés Penabad
Multi premiado acordeonista Galego que dende moi pequeno introduciuse na música tradicional formando parte de numerosos grupos e formacións. A día de hoxe é un dos acordeonistas con máis proxección dentro do panorama folk galego e mesmo estatal. Andrés colaborou con grande cantidade de músicos da altura de Carlos Nuñez, Kepa Junquera, Susana Seivane, Luar Na lubre, Xose Manuel Budiño ou Xabi Aburruzaga.

MÉRCORES 13, 20, 27 22:30 1,50 €
FOLIADA COA BANDA DAS CRECHAS

XOVES 14 21:00 8€/10€
club del rÍo
Un batido vitaminado con sorpresa de músicas infinitas, o resultado de múltiples influencias que atravesan o mundo, unha mestura de guitarras, ritmos optimistas e vitalismo; «un método de defensa contra unha sociedade agresiva facendo bandeira da unión e a amizade». Eses son Club del Río.

SÁBADO 16
FESTA ANIVERSARIO CASA DAS CRECHAS

DOMINGO 17 20:30 8 €
Ana Alcaide
"Luna sefardita” é a historia de Alina, unha nena sefardí que abandona Toledo e que emprende unha longa viaxe de exilio no que seguirá os rastros da lúa no seu reencontro. Unha viaxe nostálxica que traza unha ponte cara ao pasado e que convida a percorrer diversas paisaxes sonoras.
No mesmo a artista fai un percorrido á súa discografía, da que tivo un bo recoñecemento internacional en escenarios de Arxentina, Uruguai, Italia, Alemaña, Francia, Marrocos, Canadá, Bulgaria, Uzbekistan ou Indonesia, entre outros.
Ana Alcaide: Voz, Nyckelharp, Violín de Hardanger / Bill Cooley: Psalterio, Ud, Percusións / Rainer Seiferth: Guitarras

LUNS 18 23:30
DJ CHIRI

XOVES 21 21:00 5 €
ESPECTÁCULO maldita peaxe de Zakarías O`Facas
Maldita Peaxe é un espectáculo dirixido e interpretado por Zakarías O'Facas, que se move entre os xéneros do teatro e do monólogo cómico, aderezado por unha ecléctica escolma musical.
O texto interpretado é unha adaptación da novela curta Peaxes, do escritor vigués Santiago Lopo, e publicada por Edicións Xerais de Galicia na súa colección de Narrativa.
O espectáculo fai uso do poético e do cómico, do dramático e do irónico, do tráxico e do sarcástico, na procura da comunicación directa co público.

VENRES 29 21:00 3 €
DEQUENVESSENDO
Dequenvessendo é un novo grupo de folk creado na Coruña e formado por sete compoñentes: Miguel Rosales Reboiras (acordeón e teclado), Pablo Rosales Reboiras (zanfona, whistle e gaita), Miguel Ocampo Bermúdez (percusión), Bieito Romero Diéguez (frauta traveseira e gaita), Nathael Regueiro Arguibel (guitarras), Irene Cerqueiro Espinosa (frauta, teclado e voz) e Javier Ferreiro Barreiro (son) a partir da A.C. Triskell de Armentón, Arteixo.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



1ª Foliada de Carcaxí­a en Malpica

(texto engadido o día 15/ / 3/ / 19 )


Sábado, 16 de marzo, a partires das 21h no Campo da Festa de Seaia (Malpica).


Grupos asistentes:

Os da Porfia
A.C.Malante
A. C. Xacarandaina
A.x. Xiradela
Escola do Alprende
AC Raigañas Cerqueda
Cantigas e Agarimos
A.C Arume de Caión
Argazo Baldaio
Asoc Veciños Leiloio
Nemeth Carballo
Inllar Couto
AC Maghúa Galiza
AC Queiroga
San Xulián de Seaia
Banda de Gaitas de Carballo

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Noites De Raiz en Callobre (A Estrada)
https://www.facebook.com/events/2367184883560220/
(texto engadido o día 9/ / 3/ / 19 )


Sábado, 9 de marzo,
Empeza a conta atras para a Noite De Raí­z de Marzo, de esta vez animaran a festa Pandereteiras De Codeso , Xirandola e Charabiscas.
Tod@s que veñan disfrazad@s recibiran un agasallo.
Como sempre a cea por conta da casa, non faltedes¡¡¡¡¡¡¡¡¡

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre en Arzúa

(texto engadido o día 9/ / 3/ / 19 )


Domingo, 10 de marzo, Festa do Queixo 2019

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada de Entroido en Boiro
https://www.facebook.com/pedradaarona/photos/a.163425330673663/874627422886780/?type=3&theater
(texto engadido o día 9/ / 3/ / 19 )


Traémosvos unha sorpresiña para comezar o día! O próximo domingo 10 de marzo FOLIADA DO ENTROIDO 🎭🎶
A partir das 12:00h no porto de Escarabote ➡️ foliada con grupos da zona, xantar a prezos populares e sobremesa con filloas, orellas e música. Ao remate do Felipiño seguiremos a festa 🎉 e non vos preocupedes polo tempo... en caso de chuvia haberá carpa

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada de Inverno en O Castro (Begonte)
https://castinheiromilenario.wordpress.com/2019/03/01/foliada-de-inverno-2019/
(texto engadido o día 9/ / 3/ / 19 )


Sábado 9 de marzo

Comezamos o ano cunha nova edición das Foliadas de Inverno de Castiñeiro Milenario, como sempre na Casa do Pobo da Asociación Veciñal do Castro (Begonte).

Nesta ocasión, os eventos previos á foliada, veñen con novidades, pois faremos a presentación do I Ciclo de Cine Galego de Castiñeiro Milenario. Un proxecto que levamos intentando sacar adiante desde hai tempo e que este ano, por fin, vai ver a luz. A primeira cita co Ciclo de Cine (do que teredes novidades en breve) vai ser a proxección do mediometraxe documental de Xurxo Souto e Martín Rodas titulado “Dos Gaiteiros do Mar” e narra a historia de Manuel Sotelo, “Manoliño de Donón”, que sempre quixo ser gaiteiro. Aos dezaoito anos estivo a piques de cumprir o seu soño, tocar no palco do Carnaval do Hío, “o Carnaval do Gaiteiro”. Pero xusto unha semana antes tivo que ir ao mar. Embarcou entón cara Namibia. Ao longo da súa vida profesional pescou, ou sexa tocou, tamén en Uruguai, Terranova ou nas Malvinas. E mesmo nunha marea do ano 74,con dous compañeiros do Morrazo, Manuel Martínez Santomé e Feliciano de Donón, chegou a gravar un “long play”, en cinta casete, abordo do pesqueiro Ría de Aldán, titulado “Nos mares do Gran Sol”. Agora, xa xubilado, corenta anos despois vai cumprir o seu soño de mocidade. Co seu compañeiro de entón, Lito de Pinténs – que tamén andou ao mar, e triunfou en Terranova- vai actuar nun dos palcos do Carnaval do Hío. Grazas a eles convertido no Carnaval dos Gaiteiros do Mar!

A película proxectarase ás 19:15 e servirá tamén como unha pequena lembranza a un dos seus protagonistas, Lito de Pinténs, recentemente falecido. Agradecemos a Borneira Audiovisual e a Xurxo Souto a súa disposición para facilitar a proxección deste filme e a Mónica Fernández da Asociación de Gaiteir@s Galeg@s polas xestións.


Despois deste inicio espectacular, seguiremos co concerto que vai dar a banda de gaitas, Sons da Chaira. A partires da 8 da tarde, a banda vai tocar o repertorio co que representaron, de xeito fantástico, á Escola de música de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei no afamado Festival de Lorient este pasado verán. De novo queremos agradecer á propia escola esta colaboración e, en especial, aos seus directores, Brais Monxardín e Miguel Anxo López pola idea e o seu apoio a esta foliada.


Despois teremos un ratiño para repoñer forzas e dar paso aos momentos festeiros coa foliada propiamente dita, que empezará a partir das 21:15, aproximadamente. Nesta ocasión contamos con dous grupos. Por primeira vez, cruzamos a fronteira luguesa e veñen a facer unha festaza das boas, Os Feroces da Galgueira, desde As Pontes, e despois, un dos grupos míticos da música tradicional de Lugo, A Volta do Agro. Sen dúbida dúas agrupacións que van facer que o torreiro se quente en pleno inverno. Ao remate da súas intervencións, comezará a foliada aberta.


Queremos agradecer, de novo, a Borneira Audiovisual, Xurxo Souto e Martín Rodas as facilidades para a proxección do filme; a Miguel Anxo López, Brais Monxardín e a Escola de música de Rábade, Begonte e Outeiro polo seu empeño para estar de novo nesta foliada; aos Feroces da Galgueira e á Volta do Agro, por faceren festa de xeito desinteresado e, por último, á Asociación Veciñal do Castro por deixarnos empregar ás súas instalacións da Casa do Pobo.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I Ruada de Entroido en Bandeira (Silleda)
https://www.facebook.com/photo.php?fbid=633695307089336&set=a.108150812977124&type=3&theater
(texto engadido o día 9/ / 3/ / 19 )


Sábado 9 de marzo

Boas camarada! Tendes gañas de festa? 🎉🎉🎉😍

Aquí vos deixamos o cartaz da I Ruada de Entroido que andamos a argallar, con grupos que vos iremos desvelando pouco a pouco ademáis de un milleiro de novas... ☺️☺️

Vaste perder esta cita? Agardámoste o día 9 a partires das 17:00h na praza do parque de Bandeira, prepara o teu disfraz e as túas ganas de troula. 👏💃

Se ademáis tes un grupo e che apetece vir tocar, avísanos ao face ou manda unha mensaxe ao seguinte número- 671822331 (Luis) e ahí vos informaremos de todo! Achégate!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Serán de Meirol (Mondariz)
https://www.facebook.com/201547566988192/photos/a.213475685795380/565245060618439/?type=3&theater
(texto engadido o día 2/ / 3/ / 19 )


Este é o noso cartel do SERÁN DE MEIROL DE 2019, O SÁBADO 9 DE MARZO A partir das 22:00 horas da noite, na CASA CULTURAL DE MEIROL, HABERÁ:
-GRUPOS DA COMARCA E ARREDORES.
-HABERÁ PARA PETISCAR
- O REMATE TOMAREMOS UN CHOCOLATIÑO QUENTIÑO
E O QUE NON FALTARÁ SERÁ A FESTA RACHADA!!! NON FALTEDES!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



SES na Festa do Queixo de Arzúa

(texto engadido o día 9/ / 3/ / 19 )


Domingo 10 de marzo

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa do Can en Cerdedo
https://www.facebook.com/photo.php?fbid=2094217990659480&set=gm.2347858225232951&type=3&theater&ifg=1
(texto engadido o día 22/ / 2/ / 19 )


Sábado 23 de febreiro. Foliada a partires das 21h

E así­, de sorpresa, nunha arroutada que nos deu, ao máis puro estilo de Castro! Animamos-vos a tod@s a participar, disfrazando-vos pola tarde, ou a vir ver a peli de super-8 do ano 80, ou í  foliada. Teremos sorpresas! XD

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Repifesta da A.C. Triskell (Arteixo)

(texto engadido o día 22/ / 2/ / 19 )


Venres 22 de febreiro a partires das 22h na Casa Xuntanza (Pastoriza)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Susana Seivane na Coruña

(texto engadido o día 21/ / 2/ / 19 )


Xoves 21 de febreiro no Garufa Club


Susana Seivane, dentro do marco da xira conmemorativa dos 20 anos do seu primeiro lanzamento discográfico, chega a Coruña para presentar o seu novo disco, 'Fa' con un concerto único e irrepetible onde rememorará unha auténtica festa de aniversario
- Susana Seivane -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Repifesta da Asociación Cultural Triskell (Arteixo)

(texto engadido o día 15/ / 2/ / 19 )


Venres 15 de febreiro a partires das 22h na Casa Xuntanza (Pastoriza)



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Taller de danza galega en Granollers
https://www.facebook.com/events/533560040471236/
(texto engadido o día 15/ / 2/ / 19 )




DATA: dissabte 16 de febrer de 2019
HORARI: de 17h a 24h
LLOC: La Troca de Roca Umbert (Granollers)
PREU: 30€ socis i socis amics i 40€ no socis
* El preu és únic i inclou 4 hores de taller i sopar.

Taller de danses gallegues mab Carme Campo

Carme Campo comença el seu aprenentatge en el ball tradicional gallec en el seu poble natal. Allà balla amb el grup “Agarimo de Torneiros”. Després es trasllada a Santiago on segueix aprenen a l'escola “Brincadeira”.

Ha continuant formant-se i fent treballs de camp aprenent de les persones grans que conserven les formes de ballar. Viatja per tot el món ballant i ensenyant.

El 2004 comença a fer de ballarina i professora a l'associació “A gentalha do Pichel”. I es complementa amb el seu treball al “Museo do Pobo Galego” a l'àrea d'educació impartint cursos centrats en la practica i la investigació del ball tradicional gallec, a través de jocs, cants i experimentació amb instruments musicals, utilitzant el ball com a recurs didàctic i d'integració en malalts mentals.

La seva feina també consisteix en la organització de jornades teòriques i xerrades sobre la igualtat de gènere en manifestacions tradicionals com el ball. També ha publicat diversos escrits i entrevistes.


info@passaltpas.cat

* cal reservar la plaça a través del correu i després fer l’ingrés al compte de l'entitat que us facilitarem per mail i la plaça ja estarà confirmada.

- Brincadeira -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Repifesta da A.C. Triskell (Arteixo)

(texto engadido o día 8/ / 2/ / 19 )


Venres 8 de febreiro a partires das 22h na Casa Xuntanza (Pastoriza)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Pandeireta e Canto Tradicional Galego nas Noites Abertas de Pontevedra
https://www.facebook.com/peisdhos/photos/a.216092268591748/1002338409967126/?type=3&theater
(texto engadido o día 1/ / 2/ / 19 )


Como xa vos dixemos, volve Noites Abertas!!! E un ano máis estaremos participando nelas non só cunha actividade, senón con dúas!
Aquí tendes a tarxeta da actividade de pandeireta e canto tradicional galego, o venres 1 de febreiro de 20:00h a 21:30h, na Casa Azul en Pontevedra. Vinde aprender unhas nocións básicas sobre este instrumento para poder acompañar ao canto en calquera festa do país!
Esta fin de semana comezamos a nosa participación dentro da programación de Noites Abertas 2019, organizado por Xuventude Pontevedra, que alongaremos durante todos os venres do mes de febreiro!
Vémonos alí!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]