Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


Festa benéfica en Homenaxe a Xosé Neira Vilas en Salcedo (Pontevedra)

(texto engadido o día 10/ / 11/ / 16 )


Sábado 19 de novembro ás 18:30h no Centro Social de Salcedo

Coas actuacións de Tino Baz, Pandereteiras As Estreliñas de Tomeza e o Dúo Fírveda (violín e acordeón)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Moañesa de Música e Danza nas festas de San Martiño - Moaña.

(texto engadido o día 10/ / 11/ / 16 )


Domingo día 13 de novembro, ás 19 horas

Estarán cos grupos de baile de adultos e infantil, coa banda de gaitas e co grupo de pandereteiras.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV Foliada Magosto dos Xílgaros (Lugo)

(texto engadido o día 4/ / 11/ / 16 )


Sábado 5 de novembro ás 20h
Foliada Magosto, unha boa tarde de festa e tradición Galega.
Haberá castañas Ggatis pra todos e un cartel con grupazos.

XAORA TRAD
A VOLTA DO AGRO
RAÍCES DO CAMPO
PÉSNATERRA
CALDO Y
E OS RABIZOS
OS XILGAROS DE LUGO.


LUGAR DO EVENTO: RESTAURANTE CAMIÑO DA VÍA (SANTIAGO DE CASTELO) "LUGO"
CARRETERA DA FONSAGRADA A 2 KILOMETROS DE LUGO CAPITAL.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Samaín no Berbés (Vigo)

(texto engadido o día 27/ / 10/ / 16 )


O vindeiro lúns 31 de outubro a Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello de Vigo organiza a Festa do Samaín 2016 a partir das 17:00 horas na Praza do Berbés onde estará instalada unha carpa cuberta en previsión de mal tempo.

A partires das 20:30h celebrarase a Foliada de Defuntos, coas actuacións Anaquiños de Chapela, Pandereteir@s de traspés, Grupo folclórico Nautilus, Ghaiteir@s do Casco Vello, Os Amigos do Chuco, e quen se anime a participar.

Na véspera, o domingo 30 organizarase dende as 11:00 horas un Obradoiro de Bailes Agarrados e unha sesión vermoute na carpa instalada na Praza do Berbés.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Acordeóns de Vila de Cruces en Lalín

(texto engadido o día 27/ / 10/ / 16 )


Venres 28 de outubro. Festa no local Viños E Tapas Suso, con actuación dos Acordeóns de Vila de Cruces e do dúo Pachi e Carmen.
Haberá sorteos en favor da Asociación de Voluntariado " O Mencer"
Entrada de balde.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VIII Tasca do Liño de San Bartolomeu de Ínsua (Vilalba. Lugo)
http://www.terrachaxa.com/novas/%C3%ADnsua-volver%C3%A1-celebrar-recuperaci%C3%B3n-do-cultivo-e-traballo-tradicional-do-li%C3%B1o-coa-s%C3%BAa-oitava-t
(texto engadido o día 27/ / 10/ / 16 )


Sábado 29 de outubro

A festa de demostración do traballo do liño a través da tasca, principalmente, celebrarase o sábado 29 de outubro e contará tamén con outras mostras de traballos artesáns e música.


A Asociación de Mulleres de Insua celebrará por oitavo ano consecutivo a Tasca Tradicional do Liño como culminación da súa actividade principal, a recuperación do cultivo e traballo tradicional do liño.

O colectivo reúne esforzos para ofrecer e mostrar nunha xornada parte do seu traballo anual co obxectivo principal de “divulgar unha tarefa desenvolvida durante anos polos nosos antergos e que está a caer no esquecemento”.

A cita será o vindeiro sábado 29 de outubro e dará comezo arredor das once da mañá, aínda que Leandro Seixas non lerá o pregón ata as once e media. Posteriormente, como vén sendo habitual nesta festa, o alcalde de Vilalba, Gerardo Criado, moderará unha táboa redonda arredor do liño. Nesta ocasión falará sobre “a muller, o liño e o tecido” o etnógrafo e historiador Clodio González, a pedagoga e educadora familiar Manuela Vilaboi e a historiadora da arte Miriam Fernández.

Despois dunha demostración da tasca do liño os participantes poderán disfrutar dun xantar popular e da actuación musical dos Valuros. De novo pola tarde continuarán os traballos de demostración da tasca do liño para deixar paso á actuación de Davide Salvado.

A festa rematará ao serán co conxuro da queimada con Manuel Ferreiro.

Outras actividades

Ao longo de toda a xornada o colectivo “Cabanas Rural” ofrecerá demostración de fiado e “Palilleiras da Terra Chá”, demostración de encaixe. E tamén se exporán pezas textiles antigas e modernas no entorno do local social da parroquia de Ínsua onde se instalarán artesáns que tamén ofrecerán demostracións en vivo.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concertos de Davide Salvado

(texto engadido o día 22/ / 10/ / 16 )




Próximas datas:
22/10 só | PONTECALDELAS, Jamarte CulturasyArtes
23/10 con Miguel Hiroshi | CASTRO DE REI (por anunciar)
28/10 Lobos | OURENSE, CaféCultural Auriense (RGMV Agadic)
29/10 só | VILALBA, San Bartolomeu de Ínsua
06/11 só | FOLGOSO DO CAUREL, Festa da Castaña
20/11 Lobos | CANGAS DO MORRAZO, Sala Son (RGMV)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa X Aniversario de Rebulir na Casa Rural Rectoral de Ansemil (Celanova)

(texto engadido o día 21/ / 10/ / 16 )


O sábado día 22 de outubro Rebulir pechan as actividades do Décimo Aniversario da súa asociación cunha gran cea-festa na que estarán membros, exmembros, fundadores, familiares e amigos de Rebulir. O lugar elixido é a emblemática paraxe da Casa Rural Rectoral de Ansemil .

O evento, ademáis da propia cea, inclúe diferentes actividades entre as que destacan actuacións, sorteos, proxeccións...

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Ruada do Pontiñas (Lalín)

(texto engadido o día 21/ / 10/ / 16 )


Venres 21 de outubro a partires das 19h


A festa comezará ás 19 horas da man de XANDOBELA, grupo con ampla formación nos campos da Pedagoxía, da Educación Social, da Animación Sociocultural e da Intervención no Lecer e Tempo Libre, mediante a exposición e desenvolvemento de xogos tradicionais.
Complementarase esta proposta cun taller de SHOW COOKING da man de dous novos pero grandes emprendedores da zona: Alex Iglesias, do restaurante CABANAS e Alex Moure, da empresa elaboradora de iogures artesanais KALEKOI.
Ás 21 horas será o comezo dunha nova e moi interesante actividade: a actuación en directo de pasarúas, protagonizados por XIGANTES E CABEZUDOS e unha Malabarista, cortesía de VIRAVOLTA pero acompañados polo son do grupo de música tradicional OS VARACUNCAS.
Seguiranlle, a partir das 22 horas o grupo de música tradicional SONS DA MINA que acompañarán, á súa vez, ao grupo de pandereteiras PONTE DA PRATA.
E, como colofón da festa OS VARACUNCAS serán os encargados, a partir das 23 horas de pechar o repertorio musical cun amplo repertorio co que esperan animar aos presentes que queiran achegarse ao centro comercial para gozar dunha velada festiva.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Repifesta da Asociación Triskell en Barrañán (Arteixo)

(texto engadido o día 20/ / 10/ / 16 )


Venres 21 de outubro

Despois de ter participado na Feira Histórica Arteixo 1900, e previo ó festival da Romería do San Miguel, en Pastoriza, a Asociación Triskell volta á súa habitual parada dos venres...

Coma sempre, no Corazón Blanco, fronte á ría de Barrañán (Chamín)... A partir das 21:30 horas.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XV Festa do Outono en Couso (A Estrada)

(texto engadido o día 14/ / 10/ / 16 )


Sábado 5 de novembro ás 16:00h
Couso, 36682 A Estrada (Pontevedra).


Como todos os anos en COUSO celebramos a XV FESTA DO OUTONO con diferentes actividades e Obradoiros!

De momento só vos podemos comentar algunhas delas:

- 16:00 / RECOLLIDA E IDENTIFICACIÓN DE COGUMELOS con Merche Nodar.
- 19:00 / OBRADOIRO: FACEMOS UN CESTO con Celestino Aller.
- 20:30 / CONTOS NA LAREIRA: Contacontos
- 22:30 / FOLIADA LIBRE (Orde según chegada de grupos)

Teremos algunha sorpresa máis, así como chocolatada e comida gratis!

*Temos sitio para durmir!

+Info: www.asnosasmusicas.gal

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Repifesta en Barrañán (Chamín. Arteixo)

(texto engadido o día 14/ / 10/ / 16 )


Venres 13 de outubro a partir das 21:30h no Mesón Corazón Blanco, fronte á ría de Barrañán

Organiza: A.C. Triskell

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VII Ruada de Moraña (serán-magosteiro)

(texto engadido o día 10/ / 11/ / 16 )


Sábado 12 de novembro ás 12:00h
Moraña.


A ruada volta un ano máis a Moraña. As asociacións CHINGUILIPÉ e O ARRIEIRO queremos convidarvos á séptima edición da #RuadadeMoraña. De novo facémolo en sábado, e voltamos á ubicación orixinal da ruada, a carballeira de Santa Lucía!.

PROGRAMACIÓN:

12:00- SESIÓN VERMÚ FOLIADEIRO
Polos bares de Santa Lucía, con Chinguilipé e músic@s amig@s. Hai que ir avisando de que á tarde hai festa, e para iso hai que avisar ós veciños con tempo, así que comezaremos a rondalla ás 12h no café Bar Sergio

17:30- OBRADOIROS
(17:30-18:15H). "Técnicas de man: pandeiro, pandeireta, pandeira). Impartido por MARCELO DOBODE
(18:30-19:15). "Iniciación ao baile tradicional: Xotas". Impartido por MARCOS BOTANA

20:00 INICIO DA RUADA

- Reparto de castañas, chourizos empanadas con bebidas a prezos populares. Inicio da ruada. Confirmados ata o de agora os seguintes grupos (xa sabedes que non temos horarios, así que cando vaiades chegando os grupos iremos anotándovos na "pizarra" da entrada para tocar

Grupos confirmados ata o de agora:
- CHINGUILIPÉ
- Alumnos da AULA FOLQUE da ESMU
- TANXUGUEIRAS (Luou)
- OS ENCANTIÑOS DO UMIA (Caldas e Moraña)
- PANDERETEIRAS DE CARRACEDO
- MADIALEVA (Meis)
- JARABANO BAND (Arcade e Pontevedra)
- HAI QUE ROELO (Cuntis)
- AMORAS MADURAS (Soutomaior)
- SEIXEBRA (Moraña)
- VENDAVALADA (Cambados)
- GERMÁN SONEIRA & AMIGOS "Trío Prata" (Ames)


* Contaremos con escenario e equipo de Son.

00:00 FOLIADA ABERTA

Unha vez teñamos bandullos cheos, foliada aberta ata que os corpiños aghuanten!


* Se tes un grupo e queredes botar unhas pezas connosco só tedes que achegarvos ata Moraña e anotarvos para o serán. Se non tes un grupo pero queres cantar, bailar ou simplemente desfrutar connosco dunha noite chea de música tradicional e troula, xa sabes!
* Ao longo de toda a noite sortearemos os agasallos doados polos comerciantes de Moraña. Pregunta na barra polas rifas!

Comparte este evento e convida a él a todos os teus contactos de Facebook, graciñas!


E se chove???, QUE CHOVA!... temos carpa

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Grelo Folc 2016 (Monfero. A Coruña)

(texto engadido o día 9/ / 10/ / 16 )


Sábado 15 de outubro no Mosteiro de Monfero.
Parroquia de San Fiz de Monfero.

A partir das 14.00h:
Sesión vermú cos VERANEANTES
Xantar no campo da festa
(15€. Anotarse no oabordelo@gmail.com, no 679251163 ou dicíndollo a calquera persoa do Abordelo)

Pola tarde:
Eira Xandobeleira. Xogos e enredos para a xente miúda.
A partir das 18.00h
Concerto infantil con PALITROKE
(haberá merenda para toda a cativería)

Á noite:
Concertos:
NO CÓMBARO. (música tradicional desde as Pontes)
PUTO CORO DO EXÉRCITO FROILANISTA (Avante sen tregua monarquía galega!)
SONORO MAXÍN (cumbia do país, así como as ghudías)
MUEBLES MENDOZA (madeira maciza, cerna pura)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa do Marisco en O Grove

(texto engadido o día 7/ / 10/ / 16 )


Do 6 ao 16 de Outubro. Terbutalina, Familia Caamango, Leilía, Malvela,...

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



San Froilán 2016 (Lugo)

(texto engadido o día 4/ / 10/ / 16 )


Festas de San Froilán. Do 4 ao 12 de Outubro

MARTES 04



categoría 17.00 H.



Inicio do XI Sanfroidance na praza da Soidade.

Goma2Crew (Lugo) & Eleka Familia (Pontevedra) 17.00 h. // DJ Koo (Asturias) 18.15 h. // 

DJ Caution 19.40 h. //  DJ Ozetak (Madrid) 21.05 h. // Show-Case: Kiki Sound Aka Kamikaze (CPV-Marruecos) feat Sho Hai (Violadores del Verso-Zaragoza) & Original Juan (República Dominicana) 22.30 h. //  DJ Tedu (Ferrol) 00.15 h. //



 



categoría 17:00 h.



Karaoke infantil coa Duendeneta

Este karaoke contará cunha pantalla xigante, un precioso micrófono estilo retro e un pequeno escenario no que as nenas e nenos poderán elixir entre un amplísimo arquivo de cancións.



 



categoría 19:00 h.



Concerto didáctico “Aprendendo a escoitar"

Este espectáculo concíbese como un traxecto musical para ir tomando conciencia da estrutura dunha obra na que cinco músicos interpretarán varias pezas de música clásica, guiados por un narrador.



 



categoría 19:00 h.



Pasarrúas de Raíces do Campo por Augas Férreas.



 



categoría 20:30 h.



Pasarrúas de Reviravolta pola Milagrosa.



 



categoría 20:30 h.



Pregón a cargo do xornalista Paco Nieto, na casa do Concello. 



 



categoría 20:30 h.



Pasarrúas da charanga Paradela pola praza Maior, zona dos viños e casco histórico.



 



categoría 20:45 h.



Os Pelúdez entre nós, no pregón.



 



categoría 21:15 h.



Espectáculo pirotécnico a cargo da pirotécnia Pibierzo na casa do Concello.



 



categoría 21:30 h.



Sesión disco coa Duendeneta na praza do Campo Castelo.



 



categoría 21:30 h.



Concerto de Roi Casal "Son galego, Son cubano" na praza Horta do Seminario. 



 



categoría 22:30 h.



Concerto de The Ladies na praza de Santa María.



 



categoría 23:00 h.



Verbena coa orquestra Breixa Band na praza de Bretaña.



 



categoría 00:00 h.



Actuación de DJ Vallejo  & DJ Fernando Mesa  e DJ Frisco & Marcos Peón na praza de Santa María.



 



 



MÉRCORES 05



categoría 11:00 h.



Feira de antigüidades e coleccionismo na rúa da Raíña. Ata as 21.00 h. 



 



 



categoría 11:00 h.



Obradoiro de instrumentos musicais

Crearanse pequenos instrumentos musicais con materiais de refugallo: maracas, pao de choiva, pandeireta, castañolas, mini tambores… reutilizando obxectos cotiáns. 



 



categoría 12:00 h.



Ofrenda da Corporación a San Froilán, na Catedral de Lugo acompañados pola asociación culturalAiriños de Orbazai e a Banda Municipal de Lugo.



 



categoría 12:45 h.



Concerto de Lucus Ensemble e a Banda Filharmónica de Lugo na praza de Santa María.



 



categoría 13:00 h.



Pasarrúas dos Trastiños de Castelo por Recatelo.



 



categoría 13:00 h.



Sesión vermú de Rockatansky Brothers e Lastway na praza do Campo Castelo.



 



categoría 13:00 h.



Os Pelúdez entre nós pola praza Maior e o recinto feiral. 



 



categoría 13:00 h.



Pasarrúas de Devandoira de polo recinto histórico.



 



categoría 13:00 h.



Actuación “Unha viaxe polo mundo” de As Maimiñas

Neste espectáculo cóntase a viaxe de Mai e Miña por distintos países. As cancións e danzas mestúranse coa roupa e complementos que caracterizan a cada un deles.



 



categoría 17:00 h.



Karaoke infantil coa Duendeneta



 



categoría 19:00 h.



Actuación “Popín Palomero” do pallaso Popín

Este artista non deixa de facer tolerías intercaladas con trucos de maxia cos que fai aparecer ata … catro pombas. A improvisación e a intervención do público fan que cada espectáculo sexa diferente.



 



categoría 19:00 h.



Pasarrúas de Son de Lugh por Albeiros.



 



categoría 19:30 h.



Actuación de Devandoira Infantil, con cabezudos, na praza Maior.



 



categoría 20:30 h.



Concerto de Fuel Fandango na praza Horta do Seminario. Teloneiro Sigilu (ás 19.00 h.)



 



categoría 20:30 h.



Actuación da charanga Amigos de Manolo pola zona dos viños, praza da Soidade e Raíña e distintas zonas do centro.



 



categoría 21:00 h.



Pasarrúas da charanga Jalácticos polo barrio de Recatelo e paseo Vila de Foz.



 



categoría 21:30 h.



Concerto de Grupos de Rock/Folk-Pop/Pop, na praza de Santa María. Caxade, Familia Caamagno, Arrhythmia e Conducto Coloquio.



 



categoría 22:00 h.



Verbena coa orquestra La Fórmula na praza de Bretaña.



 



categoría 23:00 h.



Fogos artificiais, coa pirotecnia Pibierzo na rúa poeta Noriega Varela.



 



categoría 23:30 h.



Sesión disco coa Duendeneta na praza da Soidade.



 



 



XOVES 06



categoría 12:00 h.



Entrega de premios do Concurso de tapas no Salón de Plenos do Concello de Lugo.



 



categoría 17:00 h.



“A Música das Árbores”co Bardo Abelardo e o Carballo con Botas

Inicio: recinto histórico 

Chegada: patio do Seminario

Ábrense as portas da Muralla de Lugo á música dos teixos, das sobreiras, dos freixos… 

O músico Servando Barreiro, o “Bardo Abelardo” e o contacontos Anxo Moure, o “Carballo con Botas” percorren as rúas e prazas cantando e contando contos acompañados dun burro de madeira de bidueiro.



 



categoría 17:00 h.



“O Baúl do Mago”

Trátase dunha caravana convertida nun auténtico teatro itinerante en busca de aventuras onde a maxia non só se ve, senón que se sente e se vive. 

A proximidade e interactuación co mago é unha constante durante o espectáculo.



 



categoría 17:00 h.



Ludoteca itinerante  “Eira Xandobeleira”. Con materiais naturais e de refugallo



Componse dunha colección de xogos para todas as idades elaborados artesanalmente e inspirados en xogos tradicionais de épocas e lugares diversos. Xandobela significa “xogar” en barallete, a lingua dos afiadores, e o xogo é unha actividade esencial para o desenvolvemento das nenas e nenos. 



 



categoría 18:00 h.



Letra das festas (2016) “Anécdotas e sucedidos do San Froilán” Revista Oral no Círculo das Artes. Organizada pola Sección de Literatura de tradición Oral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.



 



categoría 19:00 h.



Pasarrúas de Nubeiro Lugo pola Piringalla, Garabolos e praza Viana do Castelo.



 



categoría 20:00 h.



Presentación do nº 13 da Colección San Froilán dos Devanceiros no Salón de Sesións do Concello.



 



categoría 20:00 h.



III Concurso de polbeiras e polbeiros do San Froilán no Mercado Municipal.



 



categoría 20:00 h.



Orquestra Principal na praza da Milagrosa.



 



categoría 21:00 h.



Actuación da charanga Maloserá pola zona dos viños.



 



categoría 21:00 h.



Concerto de A Quenlla na praza de Santa María. Homenaxe a Manuel María.



 



categoría 21.30 h.



Actuación dos DJS Seven Airwaves Lugo Baila!, na praza do Campo Castelo.



 



categoría 22:30 h.



Foliada do Colectivo A.L.A.S. na praza da Soidade.



 



categoría 23:00 h.



Concerto de Gin Toni’s na praza de Santa María.



 



 



VENRES 07



categoría 12:00 h.



Sesión vermú dos DJS Seven Airwaves Lugo Baila!, na rúa Bispo Aguirre. 



 



categoría 17:00 h.



Exhibición de fiandeiras, cantareiras e gaiteiros, a cargo da asociación cultural Bolboreta Fiandeira na praza Maior.



 



categoría 17:00 h.



“O Baúl do Mago”



 



categoría 17:00 h.



“Mundobebé” de Koremi

O taller “Mundobebé” é un espazo de propostas para a imaxinación dos máis pequenos e as súas familias: o cubo da creatividade, xogos de habilidade de madeira, peixeiras para pescar, tendas de campaña, puzzles con pezas de gran tamaño, peluches, túneles, un memorama xigante e grandes lonas de xogos... Neste espazo póñense ao alcance das familias retos para a creatividade creando un ambiente favorecedor coa música e a decoración.



 



categoría 18:30 h.



Concerto Fábrica de Sons, escola de música na praza de San Marcos.



 



categoría 20:00 h.



Actuación de charanga Arde Yukú polo Barrio da Ponte. 



 



categoría 20:30 h.



Gala do Deporte Lucense no Auditorio Municipal Gustavo Freire.



 



categoría 21:00 h.



Concerto de Loquillo na  praza Horta do Seminario. Teloneiro La Penúltima (ás 20.00 h.)



 



categoría 21:00 h.



Os Pelúdez entre nós pola zona dos viños.



 



categoría 21:30 h.



Concerto dos Foolmakers na praza de San Marcos.



 



categoría 22:00 h.



Actuación da charanga Madialeva pola praza Maior, Campo Castelo e zona dos viños.



 



categoría 22:30 h.



Concerto da Orquestra de Jazz de Galicia + Kepa Junquera na praza de Santa María.



 



categoría 22.30 h.



Pasarrúas dos Festicultores pola zona dos viños



categoría 23:00 h.



Concerto de The Wireless “Tributo a Bob Marley” na praza San Marcos.



 



categoría 00:00 h.



Verbena coa orquestra Limón na praza Maior.



 



 



SÁBADO 08



categoría 11:00 h.



Garabato de xogos 

Parque de xogos de habilidade feitos con materiais reutilizados


É un conxunto de xoguetes que foron feitos con ferranchos vellos, cunhas tuberías inservibles, uns madeiros e algunhas cordas, todo material reciclado. Son brinquedos variados que entreteñen e reforzan vínculos familiares a ollos vista: nais, pais, avós e avoas conectan cos fillos e netos e enredan xuntos e entusiasmados.



 



categoría 11:00 h.



O San Froilán Tecedeiro, actividade aberta de cestería a cargo da asociación Corazóns Artesáns no parque Rosalía de Castro ata as 13.30 h. (en caso de chuvia trasladarase á carpa da praza da Soidade). 



 



 



categoría 11:00 h.



Feira de antigüidades e coleccionismo na rúa da Raíña. Ata as 21.00 h. 



 



categoría 11:30 h.



VII Desfile de Gando San Froilán. Percorrido: tramo peonil da ronda da Muralla, praza da Constitución, Campo Castelo, praza Maior e Bispo Aguirre. Grupo acompañante: “Os Xílgaros de Lugo”. 



 



categoría 12:00 h.



Actuación de “Hortensio o home orquestra" no Campo Castelo e na praza Maior.



 



categoría 12:30 h.



Actuación da charanga Támega na praza Maior e recinto histórico. 



 



categoría 12.30 h.



Recepción oficial á Corporación do Concello de Ferrol no Salón de sesións, na Casa do Concello. 



 



categoría 13:00 h.



Actuación “Barriga Verde, o Reciclador” de Títeres Cascanueces

Este espectáculo está protagonizado por Barriga Verde, un home que vai polas feiras contando contos e facendo monicreques. Todo son risos e diversión, quere aprender a reciclar e coidar o planeta, pero no seu percorrido atópase co diaño que quere complicarlle a tarefa.



 



categoría 13:00 h.



Sesión vermú de Ocean’s Garden, Bristol, Zootropa na praza do Campo Castelo.



 



categoría 16:00 h.



Concerto das Bandas de Antas de Ulla, Lalín, Ponteareas e Ribadeo, na praza de Santa María.



 



categoría 17:00 h.



Garabato de xogos



 



categoría 17:00 h.



San Froilán Tecedeiro, actividade aberta de cestería a cargo da asociación Corazóns Artesáns no parque Rosalía de Castro ata as 21.00 h. (en caso de chuvia trasladarase á carpa da praza da Soidade). 



 



categoría 18:30 h.



Pasarrúas bloco de percusión Percusiona polo recinto histórico. 



 



categoría 19:00 h.



Actuación “Xan Perillán, compra queixo, compra pan” de Monicreques de Kukas

É un espectáculo que mestura o clown e a pantomima coa maxia e os monicreques compaxinando o ocio e o divertimento coa educación no consumo responsable e nos hábitos de vida saudables e respectuosos co medio ambiente e a ecoloxía. 



 



categoría 19:00 h.



Pasarrúas de Treboada pola zona da Fonte dos Ranchos.



 



categoría 21:00 h.



Actuación charanga A Excusa na zona do Campo Castelo, praza Maior e zona dos viños. 



 



categoría 21:00 h.



Concerto de Abraham Mateo na praza Horta do Seminario.



 



categoría 22:00 h.



Concerto de Pepe Vaamonde Grupo, presentando “Nas pedras do lar” na praza de Santa María.



 



categoría 23:00 h.



Pasarrúas dos Festicultores pola zona dos viños.



 



categoría 23:30 h.



Concerto de David Prado na praza de Santa María.



 



categoría 00:30 h.



Verbena coa orquestra Anaconda na praza Maior.



 



 



DOMINGO 09



categoría 11:00 h.



Feira de antigüidades e coleccionismo na rúa da Raíña. Ata as 21.00 h. 



 



categoría 11:00 h.



O San Froilán Tecedeiro, actividade aberta de cestería a cargo da asociación Corazóns Artesáns no parque Rosalía de Castro ata as 13.30 h. (en caso de chuvia trasladarase á carpa da praza da Soidade).



 



categoría 11:00 h.



Ei Carballeira!! Xogos populares e obradoiro de cestos

Contaremos co xogo da rá, cos zancos, diábolos, paracaídas xigante, faranse carreiras de sacos e tirarán co sogatira! E mentres tanto outros participantes aprenderán a elaborar un pequeno cesto



 



categoría 11:30 h.



XVIII Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas, coa Asociación de Gaiteiros Galegos, polo recinto histórico 



· A Requinta de Xián (Boqueixón, A Coruña)



· A Volta do Agro (Lugo)



· Berros do Castro (San Sadurniño, A Coruña)



· Caivanca (Lugo)



· De pé feito (Ourense)



· Fiandola (Moaña, Pontevedra)



· Folquiada (Lugo)



· Illa Pancha (Ribadeo, Lugo)



· Lubicáns (Ourense)



· Reviravolta (Lugo)



· Souto Xímaro (Vilanova de Lourenzá, Lugo)



· TradiSón (Gondomar, Pontevedra)



· Xaora (Lugo)



categoría 11.30 h.



Recepción na casa do Concello aos Amigos do Traxe Galego, de Santiago. Paseo e exhibición ata o parque Rosalía de Castro.



 



categoría 12.00 h.



Ofrenda floral a Rosalía de Castro por parte de Lupe Bao Reixa e coa participación do gaiteiro Simón Piñón.



 



categoría 12.00 h.



XIV Festival de Cultura Tradicional, organizado pola Asociación Cultural Cantigas e Frores, na praza de Santa María. Participarán os seguintes grupos: Asociación Cultural “Cantigas e Frores” de Lugo,Salleko Dantza Eta Txistu Taldea de Sestao e Ronda Típica da Meadela de Viana do Castelo.



 



categoría 12:30 h.



Pasarrúas de Arrincadeira pola zona de Montirón e Fontiñas.



 



categoría 12:30 h.



Actuación da charanga Vacapinta pola zona da Avda. Rodríguez Mourelo e recinto feiral.



 



categoría 13:00 h.



Actuación de Uxía Lambona e a banda molona

Esta banda de música infantil recolle os clásicos populares galegos dándolles o seu toque particular, dende a Carolina  “rapeada” ata o Jato “rockeiro”… Tamén cantarán moitos temas tradicionais, todos eles moi dinámicos, facendo que todas as nenas e nenos presentes sexan partícipes deste “des-concerto” cheo de bailes, xogos, coreografías e algunha que outra sorpresa!!! 



 



categoría 13:00 h.



Sesión vermú de Clave de Luna, Junkhead e Mythical Fail na praza da Soidade.



 



categoría 13:00 h.



Sesión vermú de Carta de Ajuste na praza do Campo Castelo.



 



categoría 17:00 h.



Taller de baile tradicional “Xogando a bailar”



 



categoría 17:00 h.



O San Froilán Tecedeiro, actividade aberta de cestería a cargo da asociación Corazóns Artesáns no parque Rosalía de Castro ata as 21.00 h. (en caso de chuvia trasladarase á carpa da praza da Soidade). 



 



categoría 17:30 h.



XVIII Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas, coa Asociación de Gaiteiros Galegos, polo recinto histórico.



 



categoría 19:00 h.



“Verbena galega“ de Xabier Iglesias, escola de bailes tradicionais de Espazo Artístico 10 e Airiños da Freba

Nas dúas primeiras horas realizarase un obradoiro de baile tradicional galego dirixido ao público familiar onde se aprenderán pasos base para poder participar nunha verbena galega: pasodobres, rumbas, mazurcas, valses e, por suposto, muiñeiras e xotas serán os ritmos que acompañen estes pasos.



 



categoría 20:00 h.



Pasarrúas de Airiños de Orzabai pola Rúa Nova, praza da Soidade e zona dos viños.



 



categoría 20:00 h.



Concerto da Banda Municipal de Lugo con María do Ceo na praza de Santa María.



 



categoría 21:30 h.



Concerto de Bebe na praza Horta do Seminario.



 



categoría 23:00 h.



Concerto de Xabier Díaz e as Adufeiras do Salitre na praza de Santa María.



 



categoría 23:00 h.



Verbena coa orquestra Olympus na praza de Bretaña. 



 



 



LUNS 10



categoría 12:00 h.



Sesión vermú dos DJS Seven Airwaves Lugo Baila!, na rúa San Marcos.



 



categoría 17:00 h.



Experimentos científicos: QuimiLab, Polímeros “Un moco viscoso para Yago”

Este é un achegamento ao apaixonante mundo dos polímeros para xogar. Apúntaste a sintetizar con Quimi unha divertida tea de araña moi viscosa, elástica e fráxil? Mestura, revolve e sintetiza.



 



categoría 17:00 h.



Cinema na Caixiña de Mistos

Esta actividade relacionada co cinema resulta moi novidosa. Trátase dunha caravana antiga reconvertida nunha pequena sala de cine móbil na que se fan proxeccións de curtametraxes de temática infantil. A maiores inclúe un obradoiro de creación cinematográfica para meniños.



 



categoría 18:00 h.



Verbena coa orquestra Acordes na praza Maior.



 



categoría 19:00 h.



Os Pelúdez entre nós na verbena da praza Maior.



 



categoría 19:00 h.



Pasarrúas dos Campeiros de San Xoán pola zona do Castiñeiro.



 



categoría 20:00 h.



Pasarrúas da charanga Maloserá, pola rúa Aguirre e a praza dos Mártires de Carral.



 



categoría 20:00 h.



Concerto “Vivindo o flamenco” Noelia la Negri & Compañía de flamenco, na praza de San Marcos.



 



categoría 21:00 h.



Concerto de Mambo Jambo na praza de Santa María.



 



categoría 22:00 h.



Pasarrúas do gaiteiro Simón Piñón pola zona dos viños e praza da Soidade.



 



 



MARTES 11



categoría 11:30 h.



Maxia no Camiño dende a Porta de San Pedro ata a Porta Miñá. 



 



categoría 11:30 h.



Paseo polo Camiño Primitivo “De porta a porta” (Desde a porta San Pedro á Porta Miñá).



 



categoría 12:00 h.



Sesión vermú dos DJS Seven Airwaves Lugo Baila!, na praza da Soidade.



 



categoría 12:00 h.



Recepción as Alcadesas e Alcaldes do Camiño, no salón de sesións da Casa do Concello.



 



categoría 12:30 h.



Concerto da Banda Municipal de Lugo no quiosco da praza Maior.



 



categoría 13:00 h.



Sesión vermú con Adrián Vigo na praza de San Marcos.



 



categoría 17:00 h.



Taller de baile de Ritmo Lugo



categoría 18:00 h.



O Baúl do Mago na praza Pío XII.



 



categoría 19:00 h.



Pasarrúas de Son de Lugh pola zona do Sagrado Corazón.



 



categoría 19:00 h.



Exhibición de Ritmolugo Cos campións do mundo de baile artístico e merengue e 3º de ROCK AND ROLL, Jandro Pallares e Magali Piedra



 



categoría 21:30 h.



Concerto de Carlos Núñez na praza Horta do Seminario.



 



categoría 22:30 h.



Actuación dos DJS Seven Airwaves Lugo Baila!,  na praza da Soidade.



 



categoría 23:00 h.



Concerto de Ana Moura na praza de Santa María.



 



categoría 00:00 h.



Verbena coa orquestra Costa Dorada na praza Maior.



 



 



MÉRCORES 12



categoría 11:00 h.



Feira de antigüidades e coleccionismo na rúa da Raíña. Ata as 21.00 h. 



 



categoría 11:00 h.



Inauguración da Volta ao Medievo ao carón da Catedral de Santa María.



Feira medieval organizada pola asociación de Antigos alumnos da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón.



 



categoría 11:00 h.



Obradoiro de percusión con refugallo de Gallaecia Eventos



 



categoría 11:30 h.



Misa en latín cantada polo Orfeón Lucense dirixido por Marcos Fernández Mosquera na capela de San Froilán da Catedral.



 



categoría 12:00 h.



Pasarrúas de Airiños da Freba pola praza dos Mártires de Carral.



 



categoría 13:00 h.



Concerto didáctico de jazz “Gallaecia Gallaeciños”

É un proxecto músico-teatral e educativo no que se pretende ensinar en sesenta minutos, dun xeito divertido e entretido, a historia do jazz, narrando cómo naceu cada un dos seus estilos: gospel, blues, ragtime, dixieland, swing, bebop, cool jazz, funky, soul…



 



categoría 13:00 h.



Sesión vermú da orquestra Suavecito na praza Maior.



 



categoría 13:00 h.



Sesión vermú de Tunduru e Kalte Sonne na praza da Soidade.



 



categoría 17:00 h.



“O Paxaro Carpinteiro” Espazo de experimentación e xogo libre (0-4 anos). 

O paxaro carpinteiro está integrado por un espazo de xogo con materiais naturais que conta con varias áreas de xogo: estruturas de psicomotricidade, xogo sensorial, construción, areal de cereais e espazo de relax e calma. É un espazo pioneiro no seu ámbito e consta de material de calidade, educativo e de liñas pedagóxicas de renome. Estimula valores coma compartir, respectar e axudar entre risas e emocións.



 



categoría 18:30 h.



Pasarrúas dos Valuros pola praza Maior.



 



categoría 19:00 h.



“O son que me arrola”

Para nenas/os (-5 anos) da Asoc. Socioeducativa Antonio Gandoy


Nesta proposta ofrécese a posibilidade dun espazo lúdico onde a familia pode experimentar e manipular os diferentes instrumentos de percusión: pandeiros, pandeiretas, bombos, tarrañolas… e outros construídos a partir de materiais de refugallo.



 



categoría 19:00 h.



Concerto da Banda Devandoira na praza Horta do Seminario. 



 



categoría 20:00 h.



Concerto de Brath 1980 - 2016 na praza Horta do Seminario. 



Estarán acompañados de: Banda de Gaitas Devandoira, Grupo de Corda Lucus, Grupo vocal Codex Box, e o guitarrista do grupo de rock “Imán”, Manuel Rodríguez (ex La Decada Prodigiosa).



categoría 21:30 h.



Verbena coa orquestra Suavecito na praza Maior.



 



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV Festa de afirmación e dignidade en Meira

(texto engadido o día 2/ / 10/ / 16 )


O domingo, 2 de outubro, celébrase no Pedregal de Irima e en Meira a IV Festa de afirmación e dignidade, organizada pola Asociación Cultural Xermolos e pola Irmandade Manuel María, e na que colabora a AC Avelino Díaz. A actividade conta co apoio institucional e organizativo do Concello de Meira.

Durante a xornada seranlles entregadas as "Mans de Irimia", da autoría do integrante da AC Avelino Díaz, Manolo Pardo, a Ricardo Polín e, de xeito póstumo, a Xosé Chao Rego.

A partires das 17h: Mini e Mero, Tino Baz, Miro Casabella, Raúl Galego, Quintas Canella,...

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cantata Vernácula na Festa do Ensanche (Compostela)

(texto engadido o día 1/ / 10/ / 16 )


Sábado 01 de outubro ás 20:30h
Parque De Ramirez

Santiago de Compostela

CONCERTO DE CLAUSURA. A Nova Troba Truana despedirase en Santiago do seu espectáculo

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I Serán Grupo A Xunqueira (Vilagarcía de Arousa)

(texto engadido o día 24/ / 9/ / 16 )


Sábado 08 de outubro
Rúa Pio XII, 36600 Vilagarcía de Arousa
E por fin... Desvelamos o que levamos tantos meses argallando... A Xunqueira celebrará por primeira vez un Serán!!

?O 8 de outubro terá lugar o I Serán Grupo A Nosa Señora da Xunqueira, a partires das 21:30 no noso obradoiro cultural (xusto detrás da igrexa)

Pero non vai ser un serán calquera.. Vai conmemorar ó ano Castelao, polo que de seguro non ides olvidar o vivido a noite do sábado 8 de outubro. Será unha velada preciosa, cheíña de sorpresas e con moitos detalles moi especiais. Todo pensado e estudiado ata o máis mínimo detalle, para que non falte de nadiña.

O principal, convidarvos a todos aqueles que queirades participar como grupo. Podedes facer a inscripción previa no email grupo@axunqueira.com ou chamando ó teléfono 634673008. Por suposto tamén podedes "chegar e encher", pero ós que saibades con antelación a vosa asistencia, agradecemos nolo comuniquedes para ter todo máis organizadiño.
E os que non sexades de grupos, estades convidadísimos igualmente!! Vámolo pasar en grande, boa música, boa xente, ledicia por todas partes... Que máis se pode pedir?

Haberá comida e bebidas a esgalla, sorteos, photocall... De todo de todo de todo!!!

Non vos imaxinades a ilusión que vai depositada neste serán, xa que somos un grupo moi modesto e as dificultades sempre están presentes. Pero unidos, con ganas e con esforzo acadamos o que levamos tantísimo tempo desexando.

E sin máis, agradecervos o voso tempo, esperamos vervos a todos por alí de festa rachada, non vos arrepentiredes.

?Agradecemos MÁXIMA DIFUSIÓN, COMPARTIDE!!!!!
?Información e inscripcións: grupo@axunqueira.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cantos de taberna e foliada aberta en Elviña (A Coruña)

(texto engadido o día 24/ / 9/ / 16 )


Sábado 24 de setembro
Rúa María Casares

No encadre das festas patronais do barrio de Elviña, vaise celebrar a II edición dos cantos de taberna de 13 a 15h.
De seguido, a partires das 15h teremos unha foliada aberta para que poidades participar todas e todos.
ANIMÁDEVOS A VIR BOTAR UNHOS BAILES A ELVIÑA!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]