Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


IX Contubernio Tabernario Enxebre en Vigo

(texto engadido o día 5/ / 1/ / 17 )


Xoves 5 de xaneiro ás 12:00h
Taperia Xebre.
34 Avenida Castrelos.
Vigo.


o Contubernio Tabernario é re-li-xio-sa-men-te o primeiro xoves de cada mes. e se cadra en véspera de festa relixiosa cambiamos a tardiña polo mediodía. IX Contubernio Tabernario Especial de Reis Sesión Vermú! Trae a ghorxa e/ ou instrumento, a sede e a ghana de ser Felís Na Vida!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Repifesta fin de ano da Asociación Cultural Triskell (Arteixo)

(texto engadido o día 30/ / 12/ / 16 )


Venres 30 de nadal no Mesón Corazón Blanco

Xa remata o 2016, pero antes teremos unha Repifesta máis. Será, o próximo venres... Coma sempre, no Mesón Corazón Blanco, fronte á ría de Barrañán (Chamín), e coma sempre a partir das 21:30 horas.

Neste remate de ano, virán a compartir a súa música con nós o DÚO CAMÁNDULA, formado polo grandísimo Víctor Iglesias e a violinista Nuria Naya.

Como sempre, as Repifestas da Triskell son públicas. Si che apetece compartir música, tocando, cantando, bailando ou simplemente escoitando, xa sabes... Quedas convidado.

Vémonos o venres... LUUUUUUUUUMMME...!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cantos de Nadal en Narahío (Ferrol)

(texto engadido o día 23/ / 12/ / 16 )


Venres 23 de decembro no Local Social de Narahío.
18,00 Obradoiro de Cantos de Nadal,para participar todo o mundo,non importa a idade.Aprenderemos cancións como Nadal en Luintra,Reices Vellos de Xanceda,Potentes Reices,Con un sombreiro de palla,Vinde Galeguiños vinde,Vinde ver o Neno,Unha pouca roupiña....
Podedes traer para acompañar pandeiretas,tixolas,tres pes ,botellas de anís,culleres...
19,30 VISITA DO APALPADOR.Outro anos máis o Apalpador baixara das frías montañas do Caurel para desexarlle unhas boas festas aos nenos e nenas que se atopen en Narahío.
20,00 Tomaremos un chocolate quentiño acompañada dunha pouca de bica para así repoñer forzas.O chocolate será sen glute,acto para celíacos.
21,00 Foliada aberta e Cantos de Nadal.Poñemos en practica todo o aprendido,tocaremos,bailaremos e cataremos.
Xa sabes o 23 de decembro cantámoslle ao novo solo nacente! Vémonos en Narahío.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Chotokoeu + Fanfarria Taquikardia en Ourense

(texto engadido o día 11/ / 12/ / 16 )


Venres 16 de decembro ás 22:00h
El Pueblo Café Cultural.
Rúa Hernán Cortés, 26..
Ourense.


Festa Balkanica para despedir o ano, CHOTOKARDIA é unha bomba sur-norte, unha mistura de ritmos frenéticos, unha delicia para os teus oidos e un estimulante para o teu corpo. Chotokoeu + Fanfarria Taquikardia unen forzas para que poidades desfrutar dunha divertida noite chea de bailes e de alegrías.

Podedes mercar a vosa entrada anticipada dende entradium https://entradium.com/entradas/chotokoeu

8 euros anticipada e 10 en taquilla

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Repifesta da Asociación Cultural Triskell (Arteixo)

(texto engadido o día 2/ / 12/ / 16 )





Acércase o venres... Non esquezas que toca Repifesta... o próximo venres día 2 de decembro, coma sempre a partir das 21:30 horas, estaremos no Mesón Corazón Blanco, fronte á Ría de Barrañán (Chamín).

Si te animas a tocar, cantar, bailar ou simplemente escoitar, xa sabes, únete á festa...

LUUUMMEEEEE....!!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



María Fumaça no Culturgal (Pontevedra)

(texto engadido o día 2/ / 12/ / 16 )


Este domingo ás 12h00 imos de Festa coa Familia María Fumaça. Presentan o seu novo traballo, AIRE, no Culturgal Feira Industrias Culturais. Un canto á diversidade para non perder!!!

Nós xa temos as nosas entradas! Facédevos coas vosas nesta ligazón: bit.ly/2goHvVV.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Serán O Fiadeiro 2016 (Vigo)

(texto engadido o día 2/ / 12/ / 16 )


Sábado 3 de decembro ás 20:00h
Avda. Sta. Mariña, 95 – Cabral.
Vigo.

O Fiadeiro despide o ano cunha tarde-noite de festa tradicional, para todas as idades
A A.C.F O Fiadeiro convida a toda a cidadanía á celebración do seu serán, que terá lugar o vindeiro sábado 3 de Decembro, no salón de actos da A.V. Santa Mariña de Cabral. Pequenos e maiores podrán disfrutar coas actuacións musicais en directo, e divertirse e bailar ao xeito tradicional da festa serán.
A partir das 20:00 horas, comezará o serán infantil con música e sorteos para os nenos/as que se acheguen ata Cabral.
Ás 22:00 horas comezará a festa serán con música e baile tradicional durante toda a noite, que contará coa participación de agrupacións musicais da comarca convidadas ao evento, e doutras moitas que se achegarán para participar de xeito espontáneo, tal e como rexe na celebración dos seráns. Así que non o dubidedes; traede o voso instrumento e participade.
A entrada é gratuíta e haberá chocolate para todos os asistentes á festa.
Contacto – tfno. 986 253 585 / 629 585 355
ofiadeiro@ofiadeiro.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Repifesta da Asociación Cultural Triskell (Arteixo)

(texto engadido o día 25/ / 11/ / 16 )


Venres 25 de novembro no Mesón Corazón Blanco, fronte á Ría de Barrañán (Chamín), a partires das 21:30 horas.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Magosto do C.S. Fuscalho no Rosal (Pontevedra)

(texto engadido o día 25/ / 11/ / 16 )


O Sábado 26 de Novembro, festejaremos a festa do Outono com um Magusto popular!
A atividade esta organizada conjuntamente por A Jalleira Afea e mais o C.s. Fuscalho.
Às 15:30h, andaina da mam de Pepe Buraco, mostrará a arqueologia desconhecida do arredor dos Muinhos do Folón e do Picón, ( Castro de Martín, Mámoa do Picón, arqueologia industrial...). Saída dende a explanada do Folón, Martín, 5km de dificultade baixa.
Às 19:30h. dará começo o Magosto na praça do Calvario do Rosal, foliada, troula e castanhas de balde !!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa de Sta. Icía en Ortigueira

(texto engadido o día 24/ / 11/ / 16 )


Sábado 26 de novembro ás 23:00h
O Bar de Fredi.
Porto de Espasante.
Santa Marta de Ortigueira.

Ese Rass 330 family, Ke nin dios e Os Deitados xa confirmaron a súa presenza este sábado. Se cadra temos a nova formación de Punta Norte 28 anos resistindo (casi como o bar) e se cadra temos algún veterano máis.



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Baile 100% con Os Cempés en Rubiáns, Vilagarcía de Arousa

(texto engadido o día 23/ / 11/ / 16 )


Sábado 26 de novembro ás 19:30h
Centro SocioCultural de Rubiáns.


Baile 100% con Os Cempés no Centro SocioCultural de Rubiáns, Vilagarcía de Arousa
Sábado 26 novembro de 2016
compárteo nas redes sociais, imprímeo, distribúeo, cóntallo aos teus amigos e amigas…
participa!!! non faltes!!!

HORARIO
19:30h Obradoiro de Baile
21h Descanso
22h Gran Baile 100% con Os Cempés

ENTRADA
Obradoiro + Baile 100% = 10€ socios e 15€ non socios
Só Baile 100% = 5€ socios e 8€ non socios

INSCRICIÓN PREVIA
Telefonos de contacto: 692646068
Correo: pesdebarro@hotmail.com ou por privado no facebook da Asociación Pesdebarro

No Baile 100% con Os Cempe?s a mu?sica ponse ao servizo do baile e o pu?blico convi?rtese en protagonista. O ma?is importante para nos e? que a xente participe, e para iso ofrecemos un Obradoiro de Baile previo guiado polo mestre de cerimonias Serxio Ce?s. O pu?blico podera? aprender todos os pasos de baile de xeito doado e divertido e pon?elos en pra?ctica na gran festa do Baile 100% con Os Cempe?s. Podera?n participar xentes de todas as idades, familias, parellas... En definitiva, calquer persoa disposta a pasalo ben. Opa í!
- Pesdebarro- Os Cempés -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXIX Festa Do Cabazo en Cabral (Vigo)

(texto engadido o día 20/ / 11/ / 16 )


Domingo 20 de novembro ás 12:00h
Colexio Publico Carballal-cabral.
Carballal, S/N.
Vigo.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Repifesta da Asociación Cultural Triskell (Arteixo)

(texto engadido o día 17/ / 11/ / 16 )


Grande o Magosto do venres pasado na nosa habitual repifesta, no Mesón Corazón Blanco.

Novas incorporacións de novos gaiteiros, novo acordeonista e novo bombeiro, ós que lles damos a benvida.....

Vémonos o próximo venres 18 de novembro no Mesón Corazón Blanco, fronte á Ría de Barrañán (Chamín), a partir das 21:30 horas.



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Uxía na Ramallosa (Teo)

(texto engadido o día 17/ / 11/ / 16 )


FESTA DE ANIVERSARIO DE UXÍA "A jam da madriña" - Uxía e convidad@s

O sábado 19 de novembro no Auditorio Constante Liste (Auditorio da Ramallosa) do Concello de Teo.

Entradas anticipadas (10 euros) en A Senra Café (Pontevea)

- Uxía Senlle -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da cervexa Buxo e Magosto en Lugo

(texto engadido o día 17/ / 11/ / 16 )


Venres 18 de novembro ás 20:00h
Bodegón A Fouce
Rúa Ramón Montenegro nº2
Lugo

Regresan as foliadas dos venrescon os Frebudos, acompañados de unha boa cervexa artesana BUXO de barril e como non unhas castañas. Non faltedes
LUMEEEEE!!!!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada Da Chuva (Cela. BUEU)

(texto engadido o día 17/ / 11/ / 16 )


Sábado 19 de novembro ás 20:30h

Chega o outono e con él... a foliada de Retrouso! Comezarán os pequechos a iso das 20:30 e a partires das dez xa festa aberta e ata que o corpo aguante. E ti... vas faltar?
- Retrouso de Cela -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



98º Aniversario do Manifesto de Lugo

(texto engadido o día 12/ / 11/ / 16 )


Sábado 19 de novembro ás 23:00h

12:00 Obradoiro de regueifas con Alba María
Lar da Cultura do País (Carril das Hortas, 1)
Duración: 2 hs. Prezo: 10 euros (5 euros socios/as de Cultura do País)

21:00 Proxección de cinema mudo co pianista Severiano Casalderrey: 'Miss Ledyia' (1916, 1ª cinta galega de ficción)
Fábrica de Sons (R/Paxariños, 43)
Entrada de balde

22:00 Cea coktail
Lar da Cultura do País (Carril das Hortas, 1)
Prezo: 15 euros (12 euros socios/as de Cultura do País)

23:00 Festa Dandi -VII edición dos Premios Dandi ás persoas asistentes mellor caracterizadas segundo a estética dandi dos anos 20
Actuación de Touciño Blues (Alba María e Queco Díaz)
Bodegón A Fouce (Ramón Montenegro, 2)
Entrada de balde

Domingo 20 de novembro

12:00 Visita á exposición 'Saúde e Terra, Irmá(n)s!'
Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos

Luns 21 de novembro

20:00 Presentación do libro 'A nosa Terra é nosa! A xeira das Irmandades da Fala (1916-1931)', coa presenza de Emilio Ínsua (autor)
Lar da Cultura do País (Carril das Hortas, 1)

inscricións ao obradoiro e/ou a cea en culturadopais@gmail.com até o xoves 17 de novembro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Xornadas sobre os Seráns

(texto engadido o día 11/ / 11/ / 16 )


Sábado 12 de novembro a partires das 11:00h no Concello de Pazos de Borbén.


11.00h – Semblanza a Domingo Amoedo
Colocación dun ramo de flores na Casa da veciñanza de A Ermida.

11.30h – Relatorio I
A i-aña nas Vesadas do Condado - Paradanta: Elementos rituais (O ramo, o baile e os leghóns). Por Guillerme Ignacio Costa
12:15h. - Quenda de preguntas

12.30h – Obradoiro de baile
Impartido por Lina Rodriguez, de Lordelo (Mondariz) e Lola Amoedo, de Toutón. E coa participación de Francisco Feijóo “Xisco”.

13.30h. XANTAR

16.30h – Obradoiro de pandeireta
Impartido por pandereteiras de Sequeiros e A Ermida, de Toutón, de Gargamala, San Vicente de Oitavén e do Lecer de Pazos. E coa colaboración de Francisco Feijóo “Xisco”.

17.30h – Relatorio II
Conformación e características da etno-zona “Serán”. Por Xandre Outeiro
18:15h. - Quenda de preguntas

18.30h – Proxección audiovisual
Proxección dun video resumo das I Xornadas sobre o Serán.

18.45h – Descanso

19.00h – Mesa de debate
Con de pandereteiras de Sequeiros e A Ermida, de Toutón, de Gargamala, San Vicente de Oitavén e do Lecer de Pazos. Tamén Pandereteias de Avión.
E moderada por Xandre Outeiro.

20.15h – Serán
Serán a cargo dos grupos de pandereteiras de Sequeiros e A Ermida, de Toutón, de Gargamala, San Vicente de Oitavén e do Lecer de Pazos. Tamén Pandereteiras de Avión.

21.15h – Peche
Actuación dos grupos convidados da comarca.



A principios do pasado século XX, nunha ampla zona do interior da provincia de Pontevedra que abrangue os Concellos de Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Mondariz, Pontecaldelas, Soutomaior, etc., a xente das aldeas organizaba, pasada a tempada de verán, pequenas festas participativas que favorecían o achegamento e a diversión entre mozos e mozas.Argallábanse en casas particulares, alboios ou mesmo cortes, e daban comezo ó caer a tardiña, polo serán, de aí o seu nome. Alí se reunían cantadores e cantadoras, bailadores e bailadoras, para cantar, bailar e desfrutar da xornada. Pero non o facían de calquera xeito, se non que tiñan unha organización tradicional ben clara e definida para as súas actuacións, sobre todo no tocante ás pezas que levaba cada baile.Con estas xornadas pretendemos profundizar nestas reunións tradicionais, Os Seráns, da man de quen as viviu en primeira persoa, e que representan un reflexo da identidade social e cultural do noso pobo, e un gran exemplo do Patrimonio Cultural Inmaterial que temos en Galicia. Por iso, o vindeiro 12 de novembro dende a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organizamos a II Xornada sobre o Serán, no que desfrutar non só da música e do baile senón tamén charlas, coloquios, mesas redondas,... sobre a súa temática. Será en Pazos de Borbén, berce dos seráns do pasado século e xermolador do seu rexurdimento.Anota a cita na túa axenda, pois sen dúbida é unha cita que non querrás perderte!!!


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Actuación da Agrupación O Fiadeiro en O Barco - Danza 3

(texto engadido o día 10/ / 11/ / 16 )


Sábado 12 de novembro ás 20:00h
Teatro Lauro Olmo, O Barco de Valdeorras


O próximo sábado 12 de novembro, a Agrupación O Fiadeiro representará a súa VIII Gala “Esta noite hai unha fía: nas catro esquinas”, no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras (Ourense). No escenario estarán un total de cincuenta artistas entre músicos e bailadores, sobre unha idea orixinal e bailes de Miguel Souto, con arranxos musicais de Rafa Crespo e Javier Feijoó “Xisco”, e vestiario de Begoña Martínez.

Neste espectáculo, incluido no programa Danza 3 de difusión do baile e da música tradicionais, O Fiadeiro recrea as formas de festexar que tiñan os galegos nas diferentes zonas xeográficas; esas diferenzas e semellanzas que, xuntas, forman o conxunto de saberes que forxaron a identidade da cultura galega ao transmitirse de xeración en xeración.

Na nosa terra as festas populares sempre tiveron unha presenza fundamental. Como no resto das culturas, o espazo e os rituais das celebracións serviron para axudar á convivencia e ás relacións entre as persoas. Nese marco lúdico, as músicas e os bailes populares atoparon o seu acubillo natural, o medio para se conservar, o lugar onde se transmitir. Como en tantos outros asuntos, foi o lugar de orixe o que lles deu os nomes. Mentres que no Suroeste -Condado, Val da Louriña, Val Miñor, Val do Fragoso, etc.- recibiron o nome de seráns, no Noroeste -Bergantiños, As Mariñas, Compostela, etc.- son ruadas; polavilas cando nos diriximos cara o Oriente (Ancares, Fonsagrada, Courel, etc) e fiadeiros na esquina que resta, o Sueste galego. Nomes diferentes para referirse a realidades moi semellantes nos catro puntos cardinais do noso país. Reciban o nome que reciban, todas estas xuntanzas e costumes caracterizan, potencian e dan identidade á nosa cultura.

Como é norma no traballo da agrupación, o contido do espectáculo está integramente baseado no traballo de campo realizado ao longo de todas as bisbarras galegas polos membros da agrupación desde a súa fundación en 1996.

Este programa de difusión do baile e da música tradicionais Danza 3 conta co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais).

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada Magosto no Mesón Corazón Branco (Arteixo)

(texto engadido o día 10/ / 11/ / 16 )


Lembrade que, como ven sendo habitual, mañá venres día 11 haberá Repifesta no Mesón Corazón Blanco, fronte á Ría de Barrañán (Chamín), a partir das 21:30 horas.

Nesta ocasión, celebraremos o noso particular Magosto, ó que están convidados todos os que queiran asistir.

Organiza: Asociación Cultural Triskell

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]