Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


Homenaxe a Ricardo Portela

(texto engadido o día 24/ / 3/ / 17 )


Venres 24 de marzo (coincidindo co 25 aniversario do seu pasamento)

Ás 12:30 na praza do concello de Cerdedo: Ofrenda floral

A partir das 17 h pasarrúas cos Gaiteiros das Rías Baixas, Os Alegres e o grupo Foula.

Ás 18.30h o descubremento dunha placa conmemorativa na rúa do Laranxo, 8.

A partir das 21 h no Teatro Principal: Gala Homenaxe



Ricardo Portela Bouzas (Viascón, 1920-Pontevedra-1992)

Ricardo foi o primoxénito do matrimonio de Emilio Portela e Adoración Bouzas. Emilio, carpinteiro de profesión, era gaiteiro e acordeonista e os seus tres irmáns, Alba e Xesús e Xosé, inclináronse máis cara os instrumentos de pulso e púa como a mandolina, a guitarra ou a bandurria, aínda que Xesús chegou a ser tamén un destacado e recoñecido gaiteiro.

De cativo coñeceu a Avelino Cachafeiro Gaiteiro de Soutelo, de quen foi un gran admirador ao longo de toda a súa vida, quen o alentou a seguir traballando para ser un gran gaiteiro e viu tocar a Xoán Tilve de Campañó nas rúas de Pontevedra quedando engaiolado co seu repertorio e do son daquel punteiro de tocar pechado de madeira ébano cunha anela de marfil no remate. Directamente de Xoán de Campañó recolleu o “Fandango da Vella” e os motivos da alborada do mestre gaiteiro e artesán Manuel Villanueva de Poio nos que se inspirou en Caracas para reelaborar o tema que chegaría a ser o máis popular do seu repertorio “Aires de Pontevedra”.

Con 12 anos mudouse coa súa familia a Vigo, onde recibiu o maxisterio na gaita de Xosé Oliveira Blanco “O Moreno” de Lavadores. A pesares de non residir sempre en Vigo Ricardo mantívose estreitamente ligado á cidade olívica no tocante á gaita ao longo de toda a súa vida, sendo o seu entorno fundamental de desenvolvemento musical.

En 1939 incorporouse ao servicio militar pasando por distintos destinos entre eles Mataró, onde en 1942 lle roubaron a gaita feita polo artesán Antón Represas “O Marreco” de Xinzo, Ponteareas. En 1944 casa con Osita Laredo, coa que tivo á súa filla Rosa, e máis tarde múdanse a Lugo onde reside ata mediados dos anos 50.

Tras 13 anos sen tocar a gaita, ao non atopar unha de calidade similar á que lle roubaran, coñeceu o vigués Antonio Fernández, quen tiña unhas de ébano que de Faustino Santalices coas que lembrou vellos tempos. Por mediación de Antonio Fernández, Portela coñeceu ao artesán Paulino Pérez do obradoiro de gaitas e zanfonas que estaba a crear a Deputación de Lugo, quen seguía a liña de Santalices, e mercoulle dúas gaitas afinadas en dó coas que tocaría ata 1979 gravando o seu primeiro disco en 1968 xunto co seu irmán Xesús baixo o título de “Irmáns Portela” para a casa Belter.

En 1955 emigrou a Venezuela onde traballou durante 4 anos no “Laboratorio Dental Estomatológico de Caracas” e vencellouse ao Lar Gallego, no que como fundou o grupo de gaitas. O clima tropical foi o responsable da curta emigración de Ricardo, que retorna en 1959 establecéndose definitivamente en Pontevedra.

En 1979 escoitou unha gaita feita por Xosé M. Seivane Rivas que lle lembrou a aquela que lle roubaran anos atrás feita polo Marreco, e non por casualidade, durante o servizo militar en Pontevedra Xosé Seivane entrou en contacto co artesán Antón Represas “O Marreco” co que comparte experiencias e coñecementos chegando a axudarlle a construír gaitas para o exército.

Co punteiro en dó díese de Seivane a semellanza do dó brillante de Avelino Cachafeiro, Ricardo Portela realiza a súa discografía como solista. Deste xeito grava en 1980 “Festa en Viascón” para o selo Ruada e en 1990 “Alborada en Cotobade” para o selo galego Edigal, cos que se faría moi coñecido nos círculos gaiteiros. Destaca a súa participación no triplo álbum "Instrumentos Musicais Populares Galegos" (Sonifolk, 1987) xunto co Grupo didáctico-musical do Obradoiro, Escola de gaitas e zanfonas Universidade Popular do Concello de Vigo e a súa actuación na homenaxe a José Afonso gravada en directo no parque de Castrelos en 1985 por Santiago Caneiro e editada por Edicións do Cumio en 2000 nun CD baixo o título de “Galiza a José Afonso”.

Na década dos 80 Portela vive a súa etapa de esplendor, así pois participa nas primeiras xuntanzas de gaiteiros en Ortigueira organizadas por Xavier Garrote que derivaron na creación da Asociación de Gaiteiros Galegos da que Portela foi presidente fundador, actúa en destacados festivais como no Festival de Ortigueira en 1982, no III Festival de Inverno, na cidade de Vigo en 1983, ou no I Festival Nocturno Celta do Morrazo en 1985, antecesor do actual Festival Intercéltico do Morrazo; tamén en 1985 toca no paraninfo da Universidade de Santiago dentro dos actos do centenario rosaliano, por iniciativa de Xosé Filgueira Valverde, quen prologaría 5 anos máis tarde o seu álbum “Alborada en Cotobade”, e forma parte do xurado dalgúns concursos de gaitas do momento como o Concurso de Gaitas do País en Barcelona ou o I Concurso de Gaitas de Portomarín.

Mantivo una estreita relación con Xosé V. Ferreirós, quen o acompañou na percusión no seu disco “Festa en Viascón” e introduxo varios temas do seu repertorio no do grupo Milladoiro adquirindo proxección internacional. Con Milladoiro colaborou en directo en concertos como no Festival de Ortigueira en 1982 e no Teatro Malvar en Pontevedra en 1983.

Outra das persoas coas que mantivo una gran amizade foi o artesán e gaiteiro Antón Corral a raíz da creación do Obradoiro-escola de gaitas e zanfonas Universidade Popular do Concello de Vigo en 1983. Neste centro estaban os xóvenes Carlos Núñez, Anxo Pintos e Xosé Manuel Budiño entre outros para os que Ricardo Portela foi una importantísima fonte tanto no repertorio como na técnica interpretativa. En 1986 Portela foi nomeado padriño da Banda de Gaitas Xarabal co gallo da presentación da mesma no Teatro García Barbón en Vigo.

En 1988 José Luis Calle publicou a biografía de Ricardo Portela nun libro editado pola Deputación de Pontevedra.

Nos últimos anos Ricardo sufriu unha anxina de peito e os médicos recomendáronlle que deixase a gaita mais el preferiu asumir o risco e non abandonar a súa paixón. Faleceu dun ataque ao corazón o 24 de marzo de 1992. Os seus restos descansan no cemitero de San Amaro onde foi despedido con todos os honores ao son das gaitas dunha multitude de gaiteiros entre os que se atopaban as figuras máis destacadas do noso instrumento.

Ricardo Portela ocupa por méritos propios un lugar destacado na historia da nosa gaita ao carón de Manuel Villanueva, Perfecto Feijóo, Xoán de Campañó ou Avelino Cachafeiro, dos que foi admirador e continuador, a súa figura foi o elo fundamental entre a gaita tradicional e a gaita actual. Home íntegro e de firmes conviccións, comprometido e sacrificado que profesou profundo amor a Galicia e á nosa música. Ricardo Portela reivindicou o toque pechado e as formas propias e diferenciais de tocar, as galegas, por seren nosas, así coma a dignificación da gaita galega e da figura do gaiteiro, foi un home moi querido e admirado por todos, gran orador, gran ser humano e gran gaiteiro, mito en vida, a súa depurada técnica e o seu repertorio foi e segue a ser fonte de inspiración para todos os gaiteiros galegos e grupos como Milladoiro, Luar na Lubre, Carlos Núñez, Anxo Lorenzo ou Oscar Ibáñez e estranxeiros coma o bretón Patrick Molard, Robert Mathieson, Cillian Vallely (Lúnasa), ou Roland Becker (Kevrenn Alre), que gravaron e internacionalizaron o seu repertorio de modo que na actualidade o seu tema "Aires de Pontevedra" é un case como un himno que representa a Galicia no mundo celta.

As cidades de Vigo e Pontevedra dedicáronlle unha rúa, no Concello de Cotobade dedicóuselle un busto de pedra na praza do Concello e a Casa da Gaita, sede actual da Asociación de Gaiteiros Galegos. O Concello de Pontevedra organiza anualmente o Memorial Ricardo Portela e o Concello de Cotobade levou a cabo en distintas etapas concursos de gaiteiros ao redor da súa figura.

En 2008 Oscar Ibáñez impulsou unha homenaxe en forma de dobre CD editado por Edicións do Cumio baixo o título “Foliada nas Rías Baixas. Homenaxe a Ricardo Portela, o Mestre” no que participaron destacados artistas, discípulos, seguidores, amigos e familiares, promovido pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia e os Concellos de Pontevedra e Cotobade.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa furancheira na Picoña (Salceda de Caselas)
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=145186
(texto engadido o día 17/ / 3/ / 17 )


Venres 17 e sábado 18 de marzo, a partires das 20h

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Os Porcoteixos e Os Estalotes na Casa das Crechas (Compostela)

(texto engadido o día 17/ / 3/ / 17 )


Venres 17 de marzo
Logo dos concertazos de onte, A FESTA CONTINÚA, engadíndolle que é #StPatrick. Hoxe volven OS PORCOTEIXOS, e a partir da media noite, foliada cos ESTALOTES.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Repifesta da Asociación Cultural Triskell (Arteixo)

(texto engadido o día 17/ / 8/ / 18 )


Tódo-los venres a partires das 22:30h no Mesón Corazón Blanco, fronte á Ría de Barrañán (Chamín).

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa do Sam Martinho's Day na Gentalha (Compostela)

(texto engadido o día 17/ / 3/ / 17 )


Sábado 18 de marzo ás 22:00h
Gentalha Do Pichel.
Rua Santa Clara, 21.
Santiago de Compostela.


Chega o Sam Martinho de Dume! A festa Suevo-Irlandesa que coincide com o Sam Patrício e que celebra a irmandade entre estas duas naçons atlánticas. Organizam Gentalha Do Pichel e Suévia FG.

- 16h00 - 19h00 XI Jornada da Liga Gallaecia de futebol gaélico misto (Campo da Prainha, Ponte Vea)
-- 16h00 - 17h30 Suevia Futebol Gaelico vs Combinado LG
-- 17h30 - 19h00 Condado gaélico vs Torques De Lugoslavia Futebol Gaélico
- 20h00 Terceiro tempo
- 22h00 Concerto Liska! + Xenderal (3€ sócias/4€ nom sócias)
Haverá petiscos, suevitos quentes, cervejas suevas e irlandesas, suevian shots, merchandising suevo...

O Sam Martinho's Day também se celebra em:
- Santiago de Compostela:
Taberna Xuntanza Cervexeriía
Avante Compostela Galiza
O Bandullo Do Lambón
Tarasca
Café Bar O Trece
Taberna da República do Couto Mixto
Merlego Cervexeria

- A Estrada
Argentinos Burguer

- Carvalho
Taberna Cafe O Patacon
Dublín Rock Café

- Ferrol
Fundaçom Artábria

- A Guarda
As Pozas A Guarda

- Lugo (organiza A.c. Cultura Do País)
Bodegón A Fouce

- Pontedeume (organiza Terra GZ)
Varadoiro
Touporroutou
Bar The Garden (rua Real)

- Val de Barcala (organiza Afonso Eanes)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Repichoca na A Esghalla (Vila de Cruces)

(texto engadido o día 17/ / 3/ / 17 )


Sábado 18 de marzo ás 20:00h
A Esghalla.
VILA DE CRUCES.


O vindeiro 18 de marzo teremos a nosa próxima repichoca, e contaremos cos grupos: Punkdeteiras e o ghusto do boi.
Coma sempre contaremos con chourizada a fartar e festa a rachar.
Os que queirades cear con nós teremos un menú de 12€
- Punkdeteiras- O Ghusto do Boi -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concerto Pola Liberdade e a Rebeldía na Sala Malatesta (Compostela)

(texto engadido o día 24/ / 2/ / 17 )


Sábado 25 de febreiro ás 21:30h
Sala Malatesta.
Rúa San Lourenzo 51/53.
Santiago de Compostela.


O próximo 25 de fevreiro queremos resucitar, queremos fazer da rebeldía e a liberdade a bandeira de toda umha geraçom de velhos que seguimos a ser jóvens, que seguimos aquí e em pé, luitando.

É por isso que vos convocamos a todos e todas que vos sintades rebeldes a asistir a este Concerto pola liberdade e a rebeldía o 25 de fevreiro, na Sala Malatesta de Compostela (Antiga sala NASA).

Preparamos umha boa festa, com fins solidarios, rock, punk e ska para reivindicar a necesidade de seguir a luitar sem tregua, por ser livres, por ser todos e todas livres! Isso si, com actitude, sempre rebeldes!

Trapallada: Desde o popular barrio de Monte Alto, na Corunha, vem esta banda com ritmos frenéticos, para fazernos bailar ska umha vez mais. Mestura de ritmos jamaiquinos e punk acelerado poram a tono os nossos corpos!

Cor Fort: Desde os Païssos Catalans, concretamente do Penedés venhem estas bestas do Street punk por primeira vez na Galiza. Velhos membros de Inadaptats e camaradas na luita numha formaçom brutal, rock para rachar com tudo, com letras reivindicativas e ganhas de pelexa, e sobre tudo, actitude!

Nucleo Terco: Desde Vallekas, sem dúbida, um referente do Rock Proletario internacional, chegam os Tercos, para fazernos botar e pensar co seu streetpunk reivindicativo e revolucionario. Força, luita e rebeldía!

Ultima hora: Unense a festa os C4, Rock Proletario desde o Alentejo. Os portugueses venhem tambem a apresentar o seu novo disco (No estudo agora mesmo) ca força da classe obreira dos nossos irmaos do sul.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Máscaras Tradicionais de Entroido no Museo do Pobo Galego (Compostela)

(texto engadido o día 24/ / 2/ / 17 )


Venres 24 de febreiro ás 19:30h
Museo do Pobo Galego.
San Domingos de Bonaval s/n.
Santiago de Compostela.


Conversa coa antropóloga e profesora da Universidade Nova de Lisboa Paula Godinho, sobre os entroidos galegos e as facultades do riso como estratexia popular e desta festa como subversión.

Entrada libre.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Repifesta da Asociación Cultural Triskell (Arteixo)

(texto engadido o día 17/ / 2/ / 17 )


Venres 17 de febreiro a partires das 21:30h no Mesón Corazón Blanco, fronte á Ría de Barrañán (Chamín).

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Pandereteir@s no San Blas (Bembrive - Vigo)

(texto engadido o día 3/ / 2/ / 17 )


Sábado 4 de febreiro ás 21:30h
Furancho Vilamelle (Bembrive - Vigo).


Pasou o día, pasou a romería?... POIS NESTE CASO NON... O vindeiro sábado día 4 de febreiro, xusto o día despois do patrón San Blas, as pandereteiras e os pandereteiros Traspés estaremos facendo unha festa das que teñen sona durante anos, no furancho Vilamelle (ao lado da farmacia de Bembrive).

Esperámosvos a todos para seguir con unha das festas máis tradicionais do concello de Vigo, prometemos moita moita festa e nada de resaca do día anterior ;)

VEN TROULEAR CON NÓS!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Venrespirar ao Liceo (Ourense)

(texto engadido o día 2/ / 2/ / 17 )


Venres 3 de febreiro ás 22:00h
Liceo de Ourense.

13º Edición do Venrespirar, "Festa Tradicional Itinerante": - Concerto de Fiandola. - Foliada: Anótate escribíndonos ao noso Facebook, ou no telf. 677090949; tamén podes facelo o propio día falando coa organización. Iredes tocando segundo a orde da inscrición. O 3 de Febreiro dende ás 22.00 até as 02.00 h. no Liceo de Ourense.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Repifesta da Asociación Cultural Triskell (Arteixo)

(texto engadido o día 27/ / 1/ / 17 )


Venres 27 de xaneiro a partires das 21:30h no Mesón Corazón Blanco, fronte á Ría de Barrañán (Chamín).

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Bloquinho Aperta nas festas de San Brais en Bembrive (Vigo)

(texto engadido o día 23/ / 1/ / 17 )


Sábado 28 de xaneiro, sesión vermú dende as 12:30h
FURANCHO ENDULZA TU VIDA.
Camiño novelos, 28 Bembrive.
Vigo.


MOSTRA DE AULAS APERTA DENDE AS 17H DENDE O FURANCHO, con pasarrúas por Bembrive.

Chega o Bloquinho de Aperta e a Escola Aperta con moita animación, percusión, baile con ritmos do Brasil.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Os Podridos nas festas de San Brais en Bembrive (Vigo)

(texto engadido o día 23/ / 1/ / 17 )


Sábado 28 de xaneiro
FURANCHO ENDULZA TU VIDA.
Camiño novelos, 28 Bembrive.
Vigo.


Chegan có rock mais podre OS PODRIDOS! Grupo referencia do cortello rock Pra facernos sentir que San Blas esta rematando...e eles non podían faltar no noso furancho, e...a rejoooo cheooo!! :D Co seu novo disco "Ájora de vellos...jaiteiros", que podedes mercar no furancho. VIVA SAN BLAS e VIVAN OS PODRIDOS!!!!!! Pra cear antes do concerto, reserva a túa mesa. RESERVAS: 667871039

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



90ª Foliada do Lar en As Pontes

(texto engadido o día 23/ / 1/ / 17 )


Venres 27 de xaneiro ás 22:30h
Cafeteria O Lar, As Pontes.
Poboado Das Veigas.
Puentes de García Rodríguez.


Volvemos á carga coas foliadas do Lar en As Pontes! E chegamos á número 90 da man do Feroces da Galgueira que ademais de compartir actuación cos nen@s bailadores da A.C. Alende de As Pontes e de Entre Lusco e Fusco de Vilalba, teremos 2 extraordinarios grupos invitados.
Por unha banda, dende Teixeiro: OS DO XALO, diversión asegurada con estos amigos que nos deleitarán coa súa mellor tradición modernista e a súa gana de leria incansable.
Por outra banda, dende Lugo: AIRIÑOS DA FREBA, música tradicional inspirada nos cuartetos, quintetos, e pequenas orquestiñas que animaban as festas galegas nos anos 40 e 50.
E como colofón habitual, ó remate das actuacións, foliada libre ata que se faga día. Contamos con todos vós xente!!!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Fanfarria Taquikardia nas festas de San Brais (Bembrive - Vigo)

(texto engadido o día 23/ / 1/ / 17 )


Venres 27 de xaneiro
FURANCHO ENDULZA TU VIDA.
Camiño novelos, 28 Bembrive.
Vigo.


Un ano mais podremos disfrutar deles... chegan ca súa música balcánica que nos fan ter taquikardías e brincar sen paran... os incribles FANFARRIA TAQUIKARDIA!
Siiiiiii!!! Co seu novo disco Café Bar Sovia
*Pódedes mercar o seu Cd no noso Furancho

Queres vir a cear anteS??
RESERVAS: 667871039

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada de Couso (A Estrada)

(texto engadido o día 20/ / 1/ / 17 )


Sábado 4 de febreiro
Couso, 36683 A Estrada (Pontevedra),


Como cada ano, voltan as Foliadas de Couso! Este ano teremos moitas novidades!! Para empezar, este ano as Foliadas vanse facer os Sábados, para que non teñades que madrugar o día seguinte!

A primeira das foliadas vai ser o SÁBADO 4 DE FEBREIRO!!

Programa:

-
- PANDERETEIRAS ALDOMIR A.C. A Mámoa de Luou - Teo
-

- FOLIADA LIBRE (Ata que o corpo aguante)

Como podedes observar, só desvelamos un dos 3 grupos! Estate pendente, que pronto che contaremos quenes serán os outros dous grupazos! Prometen moitan festa e moito baile!

Recordade que temos local enxebre con cantina con prezos populares, tapas, viño, espazo para durmir....

Se nunca viñeche as foliadas de Couso... A que esperas?


Esperámoste!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Naiama Gaitas nas festas de San Brais

(texto engadido o día 20/ / 1/ / 17 )


Domingo 29 de xaneiro
FURANCHO ENDULZA TU VIDA.
Camiño novelos, 28 Bembrive.
Vigo.


SESIÓN VERMÚ DENDE AS 12:30H

Chegan dende Mondariz o grupo de gaitas NAIAMA GAITAS, pra disfrutar de un bó fin de semana en familia, amijos, jaitas e bó viño...

RESERVA CON ANTELACIÓN O TEU COCIDO PRA ESE FIN DE SEMANA ou RESERVA A TÚA MESA.
Abertos todo o día.
667871039

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Bailía Folk nas festas de San Brais en Bembrive (Vigo)

(texto engadido o día 20/ / 1/ / 17 )


Sábado 28 de xaneiro ás 22:00h
A Taberna Na Tenda de Luz's Home.



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cantos na Maré 2017 en Pontevedra

(texto engadido o día 13/ / 1/ / 17 )


Sábado 14 de xaneiro ás 21:00h
Pazo da Cultura de Pontevedra.
Rúa Alexandre Bóveda.
Pontevedra.


CANTOS NA MARÉ, o Festival Internacional da Lusofonía, terá lugar o 14 de xaneiro no Pazo da Cultura de Pontevedra. E os seus protagonistas serán Guadi Galego, o guineano Manecas Costa, o angolano Paulo Flores, a portuguesa Celina da Piedade e a brasileira Kátya Teixeira, ademais dun último convidado sorpresa que se desvelará nos vindeiros días.

Xa é posible mercar as entradas en ataquilla.com para asistir á décimoterceira edición dun festival que pecha unha etapa con este formato e que dará paso nas vindeiras edicións a un novo formato no que participarán moitos axentes e colectivos que ampliarán esa rede de afectos construída ao longo destas trece edicións.

Este ano imos lembrar e celebrar a Fran Pérez, Narf, un artista paradigmático e un exemplo de como se tecen redes, de como se establecen vínculos con outras culturas desde o respecto e o coñecemento mutuo, desde unha mirada que vai máis alá dun simple intercambio musical. E ninguén mellor para lembralo que o seu irmán musical, o guineano MANECAS COSTA, que gravara xunto a Narf o disco ‘Aló Irmão’ en 2009. Manecas Costa forma parte da gran familia musical de CANTOS NA MARÉ desde a súa participación na edición do 2005. A partir de aí teceu unha rede de colaboradores galegos cos que ten presentado varios proxectos, construíndo esa comunidade musical que está na vontade e na filosofia deste festival.

Seguindo pola banda africana, o outro protagonista será PAULO FLORES, unha das principais referencias da música de Angola e un defensor incansable do Semba, o estilo musical que resulta dun proceso complexo de fusión e transposición, sobre todo da guitarra, de segmentos rítmicos diversos, asentados fundamentalmente na percursión, elemento base das culturas africanas.

Do outro lado do océano chegará KÁTYA TEIXEIRA, unha cantora brasileira (de São Paulo) nada nunha familia de músicos, compositores e investigadores da cultura popular, e trae no seu traballo musical toda esa bagaxe e tamén o resultado das súas andainas e recollidas polo Brasil. A música de Kàtya incorpora todos eses saberes e sonoridades, facendo reverencia aos mestres populares e ás manifestacións culturais auténticas do Brasil.

E desde o Alentejo aterrará no Pazo da Cultura CELINA DA PIEDADE co seu acordeón e coa súa voz, ademais do seu inmenso carisma. No seu repertorio, os temas do cante alentexano crúzanse con novas melodías, composicións propias e outros autores, como o arxentino Atahualpa Yupanqui, o brasileiro Gilberto Gil, e o portugués João Gil.

Outra das protagonistas será GUADI GALEGO, unha das nosas grandes. Ela representa neste momento un dos camiños máis arriscados na evolución da música galega de raíz cara novos territorios, e consegue xuntar na súa figura artística a consagración e o valor do novo. De feito chega ao CANTOS NA MARÉ cargada con novas músicas procedentes do seu recén estreado álbum ‘O mundo está parado’; e sostendo aínda o Premio Martín Códax da Música 2016 á mellor artista na categoría de canción de autor, polo seu anterior traballo \\

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]