Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


Festa No Muiño En Coiro (Cangas)

(texto engadido o día 6/ / 5/ / 17 )


Muíño de Fausto, Coiro, Cangas.


Sábado 6 de maio
Festival infantil e noite folk cos Demos do Buraco e Virandeira Folk

Domingo 7 de maio
Banda de Gaitas Tromentelo, pregón de Luís Caruncho, e tarde de festa con Lagharteiras Pandereteiras e o grupo folk Diese

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III Foliada de Cervo (Lugo)

(texto engadido o día 6/ / 5/ / 17 )


Sábado 6 de maio ás 12:00h



O próximo 6 de maio celebrarase a #IIIFoliadaCervo e a XI Festa de degustación da carne de porco na Praza do Souto.

PROGRAMA (en construción)

12h Obradoiro de canto e pandeireta para crianzas
19h 30 Actuación de Airiños do Xunco
20h Festa de degustación da carne de porco
21h Foliada: ACM Arume Burela (Burela), OS Do 21 (O Vicedo)
21h 30 Concerto d’ Os Carecos
22h 15 Foliada: Ledicia Scr (Burela), O Son Do Sor (O Barqueiro), A Rebolaxe (San Cibrao)
23h Concerto de Radio Cos
Foliada libre

Artesanía: Lucecús

+ info en breve


Organizan: A.C. Airiños do Xunco e Acr Fervenza de Sargadelos
Colabora: EXCMO CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada Trabalingua en Vigo

(texto engadido o día 5/ / 5/ / 17 )


Venres 05 de maio ás 21:30h
Teteria Rosalinda
c/paraguay n 19 bajo.
Vigo.


Volven as foliadas de Trabalingua, desta volta cambiamos de local. A festa será na Tetería Rosalinda.
21.30 Obradoiro de baile galego para principiantes (non fai falta apuntarse)
22.30 Foliada! Vén bailar! Trae os teus instrumentos e vén tocar connosco!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cantos de taberna en Pontedeume, Airiños do Eume

(texto engadido o día 5/ / 5/ / 17 )


Sábado 6 de maio ás 12:00h
Pontedeume.
Puentedeume.


Este sábado 6 de maio as rúas de Pontedeume encheranse de música. Airiños do Eume organiza unha xornada na que non faltará a festa e o bo humor.

De 12 a 15h e de 19 a 22h nas rúas do CASCO ANTIGO resoarán os cantos de taberna interpretados polos seguintes grupos:

No Cómbaro
Viute o demo
As viquingas
A.C. Son d'aquí
Aires de Sigrás
Gaita Escola Mondoñedo
Cantareiros do Naval
Lame nas cunchas
Birloque Gaiteiros
Airiños Do Eume

A partir das 22h, baixade os instrumentos e unídevos aos nosos cantos e bailes na praza real, onde organizaremos unha GRAN FOLIADA.

Xa sabedes, hai que ir quentando motores para San Migueliño...vémonos nas rúas!

Establecementos colaboradores: Montadictos Pontedeume, Fubolín, Café Bar, Rafa bar, Touporroutou, Varadoiro, Casa Chacho, O trasteiro,BAR, Freixo café, Beers Club, A Cociña, Bar La Farmacia, Stollen Pontedeume, El Plaza Café, Bar Compostela, Restaurante Luis, Casa de la abuela Pinchoteca, Cerveceria Alameda

Coa colaboración do Concello de Pontedeume

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Os d´Abaixo presentan disco en Melide

(texto engadido o día 5/ / 5/ / 17 )


Venres 5 de maio ás 23:30h
Fundacion Bowling Melide.
Av. Toques y Friol, 23 15800 Melide.
Mellid.


Os d'Abaixo son xa de sobra coñecidos no panorama actual do folk galego. Logo de xirar por festivais folk e festas tanto de Galicia como de fora (Euskadi, Francia, Gales..), agora presentan "Quixera ser dos paxaros", o seu segundo disco, primeiro de estudio, composto por temas nunca antes editados, provintes da investigación etnográfica á que tamén se adica a banda. Un disco onde a voz cobra protagonismo e se convirte nun elemento principal.

Chegan a Melide para ofrecernos en primicia un adianto deste novo disco. Todo un luxo que non podemos perder.

Formación:
Xacobe Varela – voz, bouzouki, gaita e percusións Quim Farinha - violín
Roberto Rama – saxo e gaita
Gom Goás – guitarra e coros
Xosé Ramón Vázquez – acordeón
Richi Martín – percusión

SINGLE ADIANTO:



Será o VENRES 5 de MAIO, ás 23:30h, entrada: 6€

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Dakidarría en acústico en Ourense

(texto engadido o día 5/ / 5/ / 17 )


Venres 5 de maio ás 21:00h
GalleryBar Ourense.
Rua Alfredo Brañas 5.
Ourense.


*Día: Venres 5 de Maio
*Hora: 21:00H
*Localización: GalleryBar Ourense (Barrio de A Ponte)
*Entrada única 5€ en Gallery Bar (Aforo limitado)

/// Festa OURENROCK Sound con regalos de abonos para xs asistentes ///


Na xira LUME TOUR 2017 de DAKIDARRÍA incluiranse concertos en salas e tabernas nun novo formato acústico que visitará diferentes puntos da Galiza.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



13º Edición do Venrespirar (Ourense)

(texto engadido o día 5/ / 5/ / 17 )


Venres 5 de maio ás 20:00h
Cafetería Mirador San Francisco.
Rúa Emilia Pardo Bazán 54 bajo.
Ourense.


13º Edición do Venrespirar, "Festa Tradicional Itinerante":

- 20.00 h.: Venrespiriño

- 22.00 h.: Concerto das Bouba + Foliada:
Anótate escribíndonos ao noso Facebook, ou no telf. 677090949; tamén podes facelo o propio día falando coa organización. Iredes tocando segundo a orde da inscrición.

O 5 de Maio dende ás 20.00 até as 02.00 h. no Mirador de San Francisco.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Russkaja + Festicultores en Compostela

(texto engadido o día 28/ / 4/ / 17 )


Russkaja + Festicultores o próximo 28 de abril!!

Russkaja traen o seu Turbo Polka a Galiza, nunha data exclusiva en Santiago de Compostela o próximo venres 28 de Abril.

A sua versión moderna del folk ruso, inigualable e inimitable, bebe de influencias tan dispares como o thrash, funky, jazz e, por suposto, do maestro Frank Zappa.

Tras discos como o seu último “Peace, Rock & Russian Roll” ou “Barada” en 2013 a banda está disposta a deixarse a pel en todos os escenarios europeos.

Festicultores Cultivadores de Festas traerán a sua divertida proposta para acompañar a Russkaja. Música festeira e bailonga que tal como eles din "liberará un tsunami de endorfinas que convirte cada verbena pola que pasan na maior pista de baile do mundo".

¡A festa continúa con Russkaja e Festicultores Troupe!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Grupo De Danzas Pais De San Roque e e Agrupación Folklórica ALGAZARA convidados nas Festas das Cruzes de Barcelos (Portugal)

(texto engadido o día 28/ / 4/ / 17 )


Sábado 29 de abril ás 16:00h
Barcelos, Portugal.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Gala Eclosom (I certame de músicas Emergentes do Pichel) - Compostela

(texto engadido o día 28/ / 4/ / 17 )


Sábado 29 de abril ás 09:00h
Gentalha Do Pichel.
Rua Santa Clara, 21.
Santiago de Compostela.


Após vários meses já chega a noite aguardada! os tres grupos finalistas (Os meninos, Mulheres na batida e Soul Maxin) actuarám e teremos grupo ganhador do prémio em metálico de 300€ e de formar parte do cartaz da Festa do 17 que se fai o 13 (isso que para nós todos os grupos som ganhadores). A gala terá lugar o sábado 29 às 22h00. Haverá petiscos e a entrada será debalde. E contaremos com a selecçom musical de DJ Sento.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VI Festa Da Sementeira Do Millo de Matamá (Vigo)

(texto engadido o día 28/ / 4/ / 17 )


Sábado 29 e domingo 30 de abril

O Colectivo Malaherba celebra a Festa da Sementeira do Millo en Matamá os días 29 e 30 de abril Haberá olimpiadas do campo, monólogos, actuacións musicais, xantar popular..... e como non a sementeira do millo.
Haberá carpa por se o tempo non acompaña.

Sábado 29
6h inicio das Olimpiadas do Campo.
22h Monólogo de Oswaldo Digón
23h Os Carunchos e The Turre´s Band.


Domingo 30
10.30h Saída do el Carro de Bois acompañado polo grupo de gaitas Atlántida de Matamá.
11h Labranza e Feira Tradicional.
14h Xantar popular
17h Cé Orquesta Pantasma
18h Sementeira do Millo

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Chotokoeu no CSO A Insumisa (A Coruña)

(texto engadido o día 28/ / 4/ / 17 )


Venres 28 de abril ás 23:00h
Cso A Insumisa.
Avda Metrosidero 8.
A Coruña.


Este ano CHOTOKOEU cumprimos 10 anos sobre os escenarios! Para celebralo fixemo novas cancións, novos estilos nunha mestura tola para un espectáculo moooi potente e será un pracer compartilo con vós na Insumisa !
“Con máis de 300 concertos en 11 países, Chotokoeu é unha das bandas galegas con máis proxección internacional, coa súa proposta de balkan-rock-swing montan unha festa imposible de non bailar, saltar e cantar”

A entrada é de 3 euros e será integramente destinada á renovación do equipo de son do Cso A insumisa

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A Compañia do Ruido en Culleredo

(texto engadido o día 22/ / 4/ / 17 )


Sábado 22 de abril ás 23:00h
Forum Celticum.
ACEA DA MA, 16.
Culleredo.


Ano 2003 presentan o seu 1º EP “Só Existe Ruido”
Ano 2004 presentan o segundo traballo discográfico “Barruntando”, gravado en directo no Auditorio Municipal de Riveira
Ano 2005: 3º traballo “A compañía do Ruido”, gravado no Estudio Bonjan da Coruña
Ano 2006: 4º traballo gravado en directo na Festa da Chuvia, “Chuvia 06”
Ano 2011: 5º cd "Había de chover merda", gravado na Coruña no Estudio Amil por Tomás Ageitos e Fran Amil
Ano 2013: 6º cd "Pensares Galegos", gravado no Estudio A Casita Records e no Estudio A ponte por Tomás Ageitos.
Ademáis participan en diferentes discos como 120 capadores en homenaxe aos Diplomáticos de Montealto”, “A per loca”, “Leña verde” en Boiro, No cd “Vozes Novas” da escolma do panorama musical galego editado no 2009, no cd “Escolma” editado pola empresa Caramuxo, ou no cd editado polo concurso Nordés da Coruña

ENTRADA.......4€
FORUM CELTICUM

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da pandeireta (As Encrobas)
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=145504
(texto engadido o día 8/ / 4/ / 17 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da pandeireta (As Encrobas)
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=145504
(texto engadido o día 8/ / 4/ / 17 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival da Galiza en Napoles (Italia)

(texto engadido o día 8/ / 4/ / 17 )


Xoves 1 de xaneiro ás 01:00h
l'Asilo.
vico Giuseppe Maffei 4.
Naples.


Sabato 8 aprile Festibál a Napoli è GALICIA!

La fortissima comunità spagnola ci verrà a travolgere con i propri modi decisi e generosissimi. Quindici gallegos stanno per sbarcare a l'Asilo con i propri suoni, canti, musica, cucina, cultura viva!

A pasarlo bien, al Festibál!

__________________________________________________

PROGRAMMA FESTIBÁL GALICIA
8 aprile 2017 - l’Asilo, Napoli

dalle 17
CORSI a cura di Xurxo Fernandes
- BALLI: muiñeira, pateado, e muiñeira corrida
- PANDEIRETA e CANTO: muiñeira, pateado, rumba e pasodoble
(terremo pandeiretas disponibili per chi ne vorrà!)

INCONTRI su:
- Strumenti tradizionali di Galizia: GAITA e non solo
- Cultura e Lingua della Galizia

dalle 20 CENA GALIZIANA (pulpo a la gallega e non solo!) e QUEIMADA

dalle 21:30 CONCERTO FESTABBALLO con PANDEIRETEIRAS SEN FRONTEIROS


Per chi viene da fuori Napoli, possibilità di aiuto per alloggi: contattateci!
Luca 329 5375 318

Per l'intero programma Festibál, http://www.exasilofilangieri.it/festibal-napoli-balla-al-centro/
------

DOMENICA 9 aprile la comunità gallega dei Pandeireteiras sen Fronteiros si trasferirà a OSPEDALETTO (AV) per corsi nel pomeriggio e cena-concerto-festabballo finale presso il Cocoi!

------
A l'ASILO la PARTECIPAZIONE a tutte le attività è a sottoscrizione LIBERA e volontaria, utile solo a contribuire al loro finanziamento e realizzazione.
L’ASILO è in vico G. Maffei 4, vicino San Gregorio Armeno, a Napoli.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Chuvia en Ribeira

(texto engadido o día 8/ / 4/ / 17 )


Sábado 8 de abril ás 20:30h
Fronte O Xulgado De Ribeira.


Con: On the Bass, Bodega Bodega, David Amor e A Compañía do Ruído

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XIII Foliada Venrespirar en Ourense

(texto engadido o día 7/ / 4/ / 17 )


O 7 de Abril dende as 22.00 até as 02.00 h. no Grándola
Praza de San Marcial, 32005 Ourense


13º Edición do Venrespirar, "Festa Tradicional Itinerante":
- Concerto de Estatalá.
- Foliada: Anótate escribíndonos ao noso Facebook, ou no telf. 677090949; tamén podes facelo o propio día falando coa organización. Iredes tocando segundo a orde da inscrición.



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Folixa Astur - Couso (A Estrada)

(texto engadido o día 31/ / 3/ / 17 )


Venres 31 de marzo ás 22:00h
Couso, 36682 A Estrada (Pontevedra),


A idea de facer unha FOLIXA ASTUR xa se pensara fai uns aniños, cando membros da Xesteira acudían os ríos asturianos a pescar Salmóns. Cada ano que ían sempre traían unhas poucas botellas de sidra, para logo escancialas na Casa da Escola, en Couso, e entre "culín" e "culín", un dos Xesteiros dixo: ¿E se Facemos unha festa Asturiana?

Deste xeito, coa idea unir dúas culturas moi semellantes pero coas súas diferencias, nace a Folixa Astur en Couso!

O próximo VENRES 31 DE MARZO celebraremos a I FOLIXA ASTUR, con xentes da zona do NAVIA-EO, occidente asturiano, concretamente con compoñentes da bandía tradicional Caldo y Os Rabizos, unha bandía de música tradicional composta de Gaita, redobrante, bombo, saxofón e acordeon. A eles sumaranse máis persoas do occidente Asturiano! LUMEEE!!

A parte da música e Baile, cousa que está asegurada, tamén teremos unha pota de fabas, chourizos e queixo, para que a sidra baixe mellor!

Vémonos o Venres a partires das 22:00!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cantos de Taberna e Zurrumalla en Manzaneda

(texto engadido o día 25/ / 3/ / 17 )


Sábado 25 de marzo
Cantos de Taberna polas adegas e bares da vila de Manzaneda, rematando o percorrido no local da Asc. Cultural A Rebusca.
A partir das 23:30h as compañeiras de Zurrumalla rebentarán o torreiro da festa.

E o domingo pola tarde, a partir das 17:00h...REBUSCA INFANTIL!!!!!! Si, señora carnocha, os cativos queren festa e, nós, dámoslle festa. A canteira manzanedense porá a proba a resistencia de, nin máis nin menos...., Ce Orquestra Pantasma e Chuches Amil! Hai canteira!!

Avisadas quedades.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]