Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


Concerto Som Do Galpom en Melide

(texto engadido o día 9/ / 6/ / 17 )


Venres 9 de xuño ás 23:00h
PubGatos Algo Bo.
RUA GALICIA, Nº 21-MELIDE.
A Coruña.


Concerto de Som Do Galpom no mitico Bar Gatos de Melide. Festa, boa musica e moito baile estan garantizados....

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XI Festival Alternativo Millo Verde (Redondela)

(texto engadido o día 5/ / 6/ / 17 )


Outro ano máis...noutra paraxe diferente pero coa mesma enerxía de sempre... Así chegamos para presentar a 11ª edición do Festival Alternativo Millo Verde!

Os días 8, 9 e 10 de Xuño na Praia de Cesantes (Redondela) terá lugar unha conexión máxica onde 11 bandas que proveñen de lugares tan dispares como estilos musicais teñen farán as delicias dos que queiran asistir a este festival que, por increíble que pareza nestes tempos, é de balde!
E non so iso, unha chea de actividades deportivas, teatrais e musicais acompañarán as horas do día, no que fan de esta cita un periplo de 3 días de festa e diversión.
Toda a info na web: www.milloverde.org

Con todo isto deixamos a nosa invitación á espera de recibiros cunha gran aperta e con ganas de cumplir coas espectativas do que é o Millo Verde.

Agradecemos o máximo respeto durante o festival. Principalmente un respeto á Praia de Cesantes e o seu entorno, non por ser máis que as ubicacións doutros anos pero por ser unha das zonas máis belas do noso municipio e porque é responsabilidade de todos cuidar o noso entorno. Asi mesmo respetar ó festival consumindo nas zonas habilitadas pola organización e polos comercios que colaboran co festival. Axudade a que o Millo Verde siga existindo!

Vémonos xente! Cheira a Millo!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Romaría de fin de curso Trépia (Pontevedra)

(texto engadido o día 1/ / 6/ / 17 )


Domingo 4 de xuño ás 01:00h
Asociación Cultural Trépia.
Antigo Conservatorio de Pontevedra.
Pontevedra.


Xa estamos a preparar a festa de fin de curso,asi que ide reservando data! Desta volta convocamos-vos a tod@s a un xantar o vindeiro DOMINGO 4 DE XUÑO, nas instalacións do LICEO MUTANTE.
Iremos-vos adiantando máis información polas canles habituais da asociación: estade atent@s!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XVIII Encontros de Música Tradicional de Carboeiro

(texto engadido o día 1/ / 6/ / 17 )


Sábado 3 de xuño ás 13:00h
Mosteiro De Carboeiro.
Carboeiro.
Silleda.


OS ENCONTROS DE MÚSICA TRADICIONAL CELEBRAN A SÚA MAIORÍA DE IDADE

Organizada pola Asociación Intercultural Santa Ferreña, a xa consagrada cita coa música e cultura tradicional ten lugar, coma sempre, o primeiro sábado de xuño


Silleda, 21 de maio. Van xa dezaoito edicións deste encontro imprescindible para amantes da cultura e da música tradicionais: este sábado 3 de xuño, o Mosteiro de Carboeiro e a súa contorna serán un ano máis o escenario dos Encontros de Música Tradicional, froito do traballo da Asociación Intercultural Santa Ferreña e centos de persoas que colaboran achegando o mellor de si.

O programa comezará, como decote, arredor da unha, cunha sesión vermú amenizada polos grupos da bisbarra, seguido pola procesión da Santa Ferreña, a querida e coñecida santa pagá que convoca todos os anos centos de devotos e devotas, acompañada polos papamoscas de Viravolta. Pero antes hai que poxar as andas... Os postos para levar a Santa serán para quen máis ferreños pague por eles, seguindo tamén a tradición. Este ano, como novidade, haberá coca.

...Para ir a unha espadela
Como cada ano, poderase visitar durante todo o día unha exposición centrada na nosa cultura popular tradicional. Este ano a mostra “... Para ir a unha espadela”, que xa estivo no Museo do Pobo Galego, recolle estas pezas artesás, que alén de ser ferramentas de traballo relacionadas co cultivo do liño tiñan un enorme valor simbólico e antropolóxico. As espadelas e espadeleiros do Val de Vea, case descoñecidos para o público en xeral e mesmo consideradas exclusivamente portuguesas por algúns etnógrafos.
Este instrumental miúdo para o traballo do liño entronca coas relacións de veciñanza que se establecían a través do traballo comunitario. Era un traballo case exclusivamente feminino, un proceso longo e laborioso que esixía grande esforzo e implicaba a toda a comunidade: cultivo, colleita, obtención da fibra e transformación desta en fío eran os pasos previos á elaboración de tecidos. Un proceso arduo que remataba por implicar ás veciñas e parentes, e por converterse nun evento social. Todas acudían coa súa espadela e espadeleiro, decoradas con rosáceas, soles, rodas, abanos, cordóns, custodias e corazóns con incrustacións de cristais e espellos e con policromía variada. Esta decoración ía en relación co prestixio social da artesá, converténdose estas pezas en “xoias” que tiñan o valor engadido de pasar de xeración en xeración. Regalos de namorados, encargadas a carpinteiros ou, as máis humildes, feitas por país, irmáns ou avós, as espadelas e espadeleiros que recolle esta mostra son testemuño dunha singular manifestación, non só laboral, senón tamén artística.
Música, contos e moito máis
O xantar popular ofrece empanada, carne ao caldeiro, sobremesa, pan, viño ou auga e café “con gotas”, todo por 15 euros. Non ha faltar a feira de artesanía (instrumentos tradicionais, coiro, abelorios, xoguetes, cerámica, títeres, bixutería...), e, xa pola tarde, para facer a dixestión, a parte de botar unhas bailas, haberá xogos tradicionais con Xandobela e Itaca. “Eira xandobeleira” é unha ludoteca itinerante con xogos para todas as idades elaborados artesanalmente e inspirados en xogos tradicionais de épocas e lugares diversos.

Ademais, no patio do mosteiro atoparase o “Recuncho do tocar”, para todos os músicos e músicas que queiran botar unhas pezas nun espazo máis recollido. Xa á tarde, Celso F. Sanmartín, “Celsiño”, contador lalinense que leva ben anos investigando na tradición oral, achega unha sesión de contos titulada “Vivir do conto, contar a vida”, na capela do mosteiro. Tamén haberá lugar e tempo para un faladoiro, “Por unas papas de arroz”, faladoiro arredor das espadelas no Val de Vea, coa espadeleira Estrella Eiras e o construtor de espadeleiros Manuel Iglesias.

E xa ao que se vaia facendo noite, seguirá a foliada, que durará... Ata que o corpo aguante. Desde a Asociación Intercultural Santa Ferreña dos Encontros de Música Tradicional de Carboeiro insisten en que esta festa é posible grazas ao traballo desinteresado e laborioso de moita xente, para o que agradecen a colaboración e comprensión de todas as persoas asistentes. Sinalan que para sufragar os gastos cóntase coa propia cantina da festa e cunha pequena axuda do Concello, así que convidan a quen queira manter viva esta festa a colaborar, e remarcan a importancia do respecto pola festa tal e como é, sen viren ao caso “picadiscos” espontáneos ou a presenza de xeneradores eléctricos para desenvolver outro tipo de festas, xa que os Encontros son unha vez ao ano e hai que gozalos tal e como son. Así se presenta unha nova edición dos Encontros. Como di a Santa Ferreña... Viva a xuventude e a xente vella que non morra!

------------------------------------------------------------------------------------------

XVIII ENCONTROS DE MÚSICA TRADICIONAL
3 DE XUÑO DO 2017 NO MOSTEIRO DE CARBOEIRO (SILLEDA)

13h. SESIÓN VERMÚ a cargo dos grupos da bisbarra

· Poxa das andas e PROCESIÓN DA SANTA FERREÑA acompañada polos papamoscas de VIRAVOLTA. Haberá coca.

- APERTURA DA EXPOSICIÓN:

'... PARA IR A UNHA ESPADELA' Os espadeleiros do Val de Vea, acompañada polos títeres do Museo da Marioneta, Casa do Títere (Lalín)

- FEIRA DE ARTESANÍA: con instrumentos tradicionais, coiro, abelorios, xoguetes, cerámica, títeres, bixutería...

- XANTAR POPULAR (empanada, carne ao caldeiro, sobremesa, pan, viño/auga, café e ghotas -15€)


DURANTE ATARDE:

· 'EIRA XANDOBELEIRA' Xogos tradicionais para todas as idades con Xandobela e Itaca de Compostela.

· 'RECUNCHO DO TOCAR' no patio do mosteiro.

· 'POR UNHAS PAPAS DE ARROZ' Faladoiro arredor das espadelas no Val de Vea, coa espadeleira Estrella Eiras e o construtor de espadeleiros Manuel Iglesias.

· 'VIVIR DO CONTO, CONTAR A VIDA' Contada de Celsiño F. Sanmartín de Lalín.

E ao que se vaia facendo noite…

FOLIADA ATA QUE O CORPO AGhUANTE!


VIVA A XUVENTUDE E A XENTE VELLA QUE NON MORRA!!
------------------------------------------------------------------------------------------

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Pito de pikasso e. Ruxe-Ruxe en Boiro

(texto engadido o día 26/ / 5/ / 17 )


Sábado 27 de maio ás 21:45h
A Pousada Das Ánimas.


Pito de Pikasso e Ruxe Ruxe xuntos de novo en concerto e todo apunta a que vai ser otra noite de FESTA nun dos templos do Rock Galego A Pousada das Animas , recen nombrada MILLOR SALA DE CONCERTOS nos Premios Martin Codax 17

que non volo conten ........

Entradas Anticipadas 5€ en:
www.ruxeruxe.com
Baldani concept Stroe (Boiro)
A Pousada das Animas (Boiro)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XVII Festa dos Maios en Sta. Mariña do Vilar (Ferrol)

(texto engadido o día 20/ / 5/ / 17 )


Sábado 20 de maio, coa actuación da A.F.C. Berros do Castro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III Serán e festa da tortilla en Mandrás (Cea-Ourense)
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=146073
(texto engadido o día 20/ / 5/ / 17 )


Sábado 20 de maio a partires das 21h no Campo da Festa

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



SES nas Festas de Santa Rita de Vilagarcía

(texto engadido o día 20/ / 5/ / 17 )


Sábado 20 de maio ás 21:30h
Parque da Xunqueira, Villagarcia de Arosa.
19 Rúa García Caamaño.
Vilagarcía de Arousa.


Concerto de SES, coa banda ao completo, presentando o séu novo traballo "Opoñerse á extinción"

Compartiá escenario con Sanjurjo & Dopico

Entrada de balde
- María Xosé Silvar (Sés)- Sanjurjo & Dopico -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Ardentía na XXXV Festa dos Maios de Vigo

(texto engadido o día 12/ / 5/ / 17 )


Domingo 14 e maio ne Praza da Constitución

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Os D´abaixo en A Coruña

(texto engadido o día 12/ / 5/ / 17 )


Domingo 14 de maio ás 20:00h
Garufa Club.
Riazor 5.
A Coruña.


Os d’Abaixo apareceron no ano 2010 co obxectivo de promover e animar bailes e festas tradicionais na contorna de Santiago de Compostela.
Os d’Abaixo teñen tocado en diversas festas e festiváis de Galiza e tamén fóra dela, en lugares como o Festival de Músicas do Mundo, (maio 2012, Etxarri-Aranaz-Navarra), o festival Le Grand Bal de l’Europe (xullo 2012, Gennetines-Francia) o Festival Intercéltico de Lorient (agosto 2013, Lorient-Bretaña), e o Calan Mai, a festa da primavera celta (maio de 2014, Cardiff-Gales)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Fala na Sala Malatesta (Compostela)

(texto engadido o día 12/ / 5/ / 17 )


Sábado 20 de maio ás 21:00h
Sala Malatesta.
Rúa de San Lourenzo.
Santiago de Compostela.


Achégase o 17 de Maio, día das Letras Galegas e imolo celebrar por todo o alto na Sala Malatesta o sábado 20 de maio.
Concertos de:
-Malandrómeda
-Dakidarria
-Garcia Mc
-Habelas Hainas
-e presentado por AldaoLado.
Todo organizado pola AC Lúa Chea Musica na noite, e ca colaboración da Sala Malatesta e a Deputación da Coruña.
Anticipada: 7€ (A Reixa Tenda)
Billeteira: 10€

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



V Festa Amanexa en Oleiros

(texto engadido o día 12/ / 5/ / 17 )


Sábado 27 de maio ás 18:00h


Todo o mundo atento, o sábado 27 de maio teremos a nosa V Festa Amanexa na pista polideportiva de Dexo (ao carón da igrexa). Dará comezo ás seis da tarde coa actuación dos grupos Armadanzas de Laraño (Santiago de Compostela), Grupo de Baile e Gaitas Santaia (Santa Cruz), S.C. Airiños dos Carrís (Cerdido), A.C. O Amanexo.

Ao remate das actuacións, comenzará á churrascada para encher o buche a prezos populares. A partir das dez terá lugar o concerto folk con TIRULEQUE e remataremos á noite cunha foliada onde non faltará a nosa chocolatada. Se queres vir a cantar ou tocar, manda unha mensaxe a nosa páxina do facebook ou ao noso correo acoamanexo@hotmail.com.

Esperámosvos a todos!!!!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXVII Festa do Melindre en Melide

(texto engadido o día 12/ / 5/ / 17 )


Domingo, 14 de maio
19h30 De VACAS
20h30 CAXADE

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I Festival Boina e Txapela en Compostela

(texto engadido o día 12/ / 5/ / 17 )



“I Festival de Música Boina e Txapela”
Estilo libre, rap, rock e micro aberto

O vindeiro venres, 12 de maio, a partir das 19.00h, terá lugar, dentro das actividades do Proxecto Regueifesta, o “I Festival Boina e Txapela”, no Centro Xove da Almáciga, en Compostela.

No Festival Boina e Txapela actuarán García Mc e Dj Mil, Moudafaka e Riajos GatoPersa (AltoAsalto), Lydia Botana Bolboreta e, como artistas convidados desde Euskal Herria, Radio Revolución.

No Festival haberá un tempo para micro aberto e improvisación de quen queira subir ao palco.

O obxectivo deste Festival é establecer lazos de unión musical entre Galiza e Euskal Herria e forma parte do proxecto educativo Regueibertso, un intercambio escolar entre institutos galegos e un instituto vasco, o IES de Arratia, que ten como núcleo a improvisación oral en verso.

A boina e a txapela son elementos identitarios dos pobos galego e vasco e son o símbolo deste Festival que ten como obxectivo crear un espazo para o encontro musical, arredor do repentismo: a regueifa galega e o bertsolarismo vasco, xunto ao freestyle ou estilo libre da cultura hip-hop.

O Proxecto Regueifesta segue a tecer vínculos entre a mocidade galega e a doutras culturas que empreguen a lingua e a improvisación como ferramenta de comunicación interxeracional. Así pois, partindo da improvisación oral en verso de ambos pobos chegamos a un encontro de música e palabra que mestura á perfección ambas culturas. Galego e Euskera baixo o paraugas universal da Boina e a Txapela!!!

O Festival -no que colaboran o Concello de Santiago e a Deputación da Coruña- ten como obxectivo promover a lingua galega entre a xente nova, especialmente nos espazos de ocio e tempo libre e nas relacións informais. Ademais, quere impulsar a lingua galega nos ámbitos da improvisación oral urbana, do freestyle e o rap, onde o galego cada vez ten máis presenza social.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I Festival Boina e Txapela en Compostela

(texto engadido o día 12/ / 5/ / 17 )



“I Festival de Música Boina e Txapela”
Estilo libre, rap, rock e micro aberto

O vindeiro venres, 12 de maio, a partir das 19.00h, terá lugar, dentro das actividades do Proxecto Regueifesta, o “I Festival Boina e Txapela”, no Centro Xove da Almáciga, en Compostela.

No Festival Boina e Txapela actuarán García Mc e Dj Mil, Moudafaka e Riajos GatoPersa (AltoAsalto), Lydia Botana Bolboreta e, como artistas convidados desde Euskal Herria, Radio Revolución.

No Festival haberá un tempo para micro aberto e improvisación de quen queira subir ao palco.

O obxectivo deste Festival é establecer lazos de unión musical entre Galiza e Euskal Herria e forma parte do proxecto educativo Regueibertso, un intercambio escolar entre institutos galegos e un instituto vasco, o IES de Arratia, que ten como núcleo a improvisación oral en verso.

A boina e a txapela son elementos identitarios dos pobos galego e vasco e son o símbolo deste Festival que ten como obxectivo crear un espazo para o encontro musical, arredor do repentismo: a regueifa galega e o bertsolarismo vasco, xunto ao freestyle ou estilo libre da cultura hip-hop.

O Proxecto Regueifesta segue a tecer vínculos entre a mocidade galega e a doutras culturas que empreguen a lingua e a improvisación como ferramenta de comunicación interxeracional. Así pois, partindo da improvisación oral en verso de ambos pobos chegamos a un encontro de música e palabra que mestura á perfección ambas culturas. Galego e Euskera baixo o paraugas universal da Boina e a Txapela!!!

O Festival -no que colaboran o Concello de Santiago e a Deputación da Coruña- ten como obxectivo promover a lingua galega entre a xente nova, especialmente nos espazos de ocio e tempo libre e nas relacións informais. Ademais, quere impulsar a lingua galega nos ámbitos da improvisación oral urbana, do freestyle e o rap, onde o galego cada vez ten máis presenza social.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa TrezeCatorze 2017 en Salceda de Caselas

(texto engadido o día 12/ / 5/ / 17 )


Venres 12 de maio
Xira Taberneira e actuacións do Coro Fuscalheiro e Collón de Lola

Sábado 13 de maio
The Malventons, A.P.I.S.A., O Puto Coro do Exército Froilanista, Abadá-Capoeira, Asacocirco, Os Veraneantes, Los Pontiaks, A Compañía do Ruido, Ulträqäns..

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Noite de Fiadeiro 2017. Ramirás (Ourense)

(texto engadido o día 12/ / 5/ / 17 )


Sábado 13 de maio ás 11:00h
Vilavidal, 32811 Ramirás (Ourense),


O vindeiro 13 de Maio celebrarase en Vilavidal, Concello de Ramirás, unha nova edición da Noite de Fiadeiro. Con esta serán XI as ocasións nas que se leva recuperado a esencia dos antigos fiadeiros celebrados na comarca. Deste xeito, o colectivo Rebulir Cultura Tradicional, coa colaboración do Concello de Ramirás, a Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia, Abanca e Socitransa xunto coa axuda de ducias de empresas e entidades; traza un programa cheo de actividades que se extende a xornada.

As actividades programadas están dirixidas a todos os públicos, facendo que mozos e maiores podan sentir a celebración como propia, e de maneira interxeracional. Así, haberá espazo para obradoiros, mostras, animacións, pasarrúas, teatro de rúa, concertos... e por suposto, a xa tradicional feira de artesanía e gastronomía, con especial protagonismo e atención aos productos locais e comarcais.

Pero cabe salientar, que a actividade principal chega coa caída do sol. Esto é o Fiadeiro en sí, onde máis dunha trintena de grupos chegados de múltiples puntos do territorio galego porán a nota musical para que o torreiro se convirta nun lugar de baile co estilo máis tradicional e popular.

Desde a organización apóstase un ano máis por unha festa participativa que implique ao visitante na súa dinámica, onde cobra protagonismo a cultura tradicional, e se demostra que aínda se pode disfrutar con aqueles ritmos e músicas propias, sen maior pretensión que o lecer.

PROGRAMACIÓN 2017

11:00 h. OBRADOIRO: O Baile solto en seráns e foliadas.
Imparte: Alexandre Sotelino

12:00 h. PANEL: Conversas sobre o traxe tradicional
Imparte: Francisco Rodríguez (Pancho)

13:30 h. PASABARES e Sesión Vermú
17:00 h. Apertura FEIRA de produtos artesáns e gastronómicos
Mostra de Oficios Artesáns
- Animación de rúa
- Xogos tradicionais con CCP Xaquín Lorenzo
- Xogos Cooperativos

17:00 h. ANIMACIÓN “Xogamos bailando, bailamos xogando”
con Xurxemurxe

18:00 h. OBRADOIROS para nen@s
- Traballo en coiro – con Laura Durán
- Enredos e Brinquedos – con CCP Xaquín Lorenzo
- As tamancas a escala – Tango Zapateiro

18:30 h. CONCERTO da Banda Municipal de Música de Ramirás

19:00 h. TEATRO de rúa “A Queimada das Remendeiras” con Arunrun Teatro

19:30 h. Chamada á festa con PASARRÚAS de Xigantes e Cabezudos

20:00 h. o Fiadeiro Cativo con escolas de música tradicional

21:00 h. XI Noite de FIADEIRO


E moito, baile e troula ata que os pés aguanten !

Durante toda a noite teremos CONCURSOS, SORTEOS e algunha que outra SORPRESA a maiores.

Toda a información en www.noitedefiadeiro.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Chotokoeu na Sala Rouge ( VIGO )

(texto engadido o día 12/ / 5/ / 17 )


Venres 12 de maio ás 22:00h
Sala Rouge.
Rúa de Pontevedra, 4.
Vigo.


Este ano CHOTOKOEU cumprimos 10 anos sobre os escenarios! Para celebralo fixemo novas cancións, novos estilos nunha mestura tola para un espectáculo moooi potente e será un pracer compartilo con vós na Sala Rouge

“Con máis de 300 concertos en 11 países, Chotokoeu é unha das bandas galegas con máis proxección internacional, coa súa proposta de balkan-rock-swing montan unha festa imposible de non bailar, saltar e cantar”

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A verbena das irmandiñas - Compostela

(texto engadido o día 6/ / 5/ / 17 )


O próximo sábado, 6 de maio, presentamos «A verbena das irmandiñas» en Compostela.

Na Praza de Cervantes, estaremos facendo festiña...

Oîma
Sacha na Horta
Habelas Hainas
Thetetasvan Van

Músicas en pé de festa!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I Serán dos Maios (Cuntis)
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=145817
(texto engadido o día 6/ / 5/ / 17 )


Este sábado, a Asociación Cultural Hai que Roelo organiza en Cuntis o I Serán dos Maios.



Achegádevos para desfrutar dunha serie de actividades como obradoiros, música e moita festa!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]