Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


Xantar E Cantar en Reboreda (Redondela)

(texto engadido o día 8/ / 7/ / 17 )


Sábado 8 de xullo ás 20:00h


Encontro folk organizado pola Asociacion de veciños, Comunidade de Montes, Asociacion de cazadores , A.F. O Carballo das Cen Polas e Asociacion de Festas de Reboreda
xuntos queremos convidar a todolos veciños da parroquia a que pasen connosco unha gran velada amenizada por grupos folk da terra e grandes manxares como empanada e mexillons a prezos populares
animadevos a vir e compartir todos xuntos unha gran noite !!!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV Convivio da Cultura Galega en Outeiro de Rei

(texto engadido o día 8/ / 7/ / 17 )


Sábado 8 de xullo


O Convivio é unha xornada festiva impulsada desde a Casa-Museo Manuel María, a federación Galiza Cultura de asociacións culturais galegas e a Asociación Cultural e Musical Solfa de Compostela, entendida como un punto de encontro aberto a todo o asociacionismo cultural de base que se move en Galiza a calquera nivel: colectivos, creadoras e creadores artísticos, conxuntos musicais...

O Convivio da Cultura Galega desenvolverase entre a Casa-Museo Manuel María, no centro da vila de Outeiro, onde se recibirá os participantes a partir das 11 da mañá, e a Carballeira de Santa Isabel, unha fermosa paraxe natural situada a menos de 1 quilómetro da casa natal do escritor onde as augas do Río Ladra conflúen coas do Miño. Transformada hoxe nunha magnífica área recreativa, o Campo da Santa Isabel foi tradicionalmente o lugar da festa na “tribo” natal do poeta (como el chamaba a Outeiro de Rei) e tamén o lugar dos xogos infantís e das descubertas da natureza: de aí que para Manuel María fose sempre un lugar moi querido e tan presente sempre na súa obra.

Na Carballeira desenvolverase o Convivio durante boa parte da xornada, con actuacións musicais, xantar colectivo (cada quen deberá traer o seu), foliada aberta a grupos e persoas que queiran animar a sobremesa libremente, xogos populares e algunhas sorpresas máis.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



De Vacas - Concertos Xullo 2017

(texto engadido o día 7/ / 7/ / 17 )



Sábado 1 - Ourense (Praza de San Martiño)
Venres 7 - Muros (Curro da Praza)
Sábado 15 - Náutico de San Vicente (Festival Ribeiro son de Viño)
Xoves 20 Ribeira (Festa da Dorna)
Luns 24 - Padrón (Praza de Macías)
Martes 25 - Meira (Praza da Lagoa)
Sábado 29 - Moeche (Patio de Armas, Castelo de Moeche)


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Psicotroita III Sigüeiro (Oroso. A Coruña)

(texto engadido o día 7/ / 7/ / 17 )


O próximo venres 7 de xullo, no campo da festa de Sigüeiro, ás 22:00 h

-ESPOSA

-OH! AYATOLLAH

-MALANDRÓMEDA

-FAMILIA CAAMAGNO

-Batalla de Vinilos! Fragabuki vs Wanda Buluba

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XVI Festa Rachada de A Baña (A Coruña)

(texto engadido o día 1/ / 7/ / 17 )


Sábado 1 de xullo na Área Recreativa Agra de Chans
con As Chispas de Compostela, Os Ghorxadentes, A Requinta da Laxeira, Os Fondãos do Pífaro, Armadanzas de Laraño, Peter Punk, Os Carunchos, Airiños da Feba e Río de Anxo

Organizan: Os Campantes da Baña

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Asalto ao Castelo de Vimianzo

(texto engadido o día 1/ / 7/ / 17 )


Sábado 1 de xullo

Pelepau
Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre
Muchachito Bombo Infierno
Heredeiros da Crus
Festicultores Cultivadores de Festas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Serán fin de curso O Fiadeiro (Vigo)

(texto engadido o día 1/ / 7/ / 17 )


Sábado 1 de xullo ás 18:00h
Avda. Sta. Mariña, 95 – Cabral.
Vigo.


O Fiadeiro despide o curso cunha tarde de espectáculos e noite de festa tradicional

O sábado 1 de Xullo os alumnos e alumnas da escola da A.C.F. O Fiadeiro darán mostra de todo o aprendido durante o curso, será ás 18 horas no salón de actos da A.V. Santa Mariña de Cabral (avda. Sta. Mariña nº 95). Durante as horas que durará o acto actuarán os diferentes grupos da escola de baile moderno, baile tradicional, canto e pandeireta, gaita e percusión entre outros.
Unha vez rematadas as actuacións, a partir das 20:00 horas, faremos un pequeno desfile coas prendas feitas polos alumnos de costura durante o curso, así como mostraremos algunha peza de roupa antiga.
Ás 21.30 horas comezará a festa serán con música e baile tradicional durante toda a noite, que contará coa participación de agrupacións musicais da comarca convidadas ao evento e doutras moitas que se achegarán para participar de xeito espontáneo tal e como rexe na celebración dos seráns.
A A.C.F. O Fiadeiro convida a toda a cidadanía a achegarse na tarde noite do 1 de Xullo á asociación veciñal de Cabral e vibrar coas actuacións dos alumnos da escola e divertirse ao xeito tradicional da festa serán. A entrada é gratuíta e haberá bebida e comida a prezos populares. Chegada a certa hora da noite tamén haberá chocolate para todos os asistentes.
Novo curso
A elevada demanda dos cursos durante todo o ano ten animado á asociación a iniciar xa a reserva das matrículas para o próximo curso no que se impartirán clases de gaita, percusión, acordeón, pandeireta, requinta e habilidades relacionadas coa música e movemento para cativos e moitas actividades mais.
Podedes contactar nos teléfonos 986 253 585 / 629 585 355 ou ben por correo electrónico ofiadeiro@ofiadeiro.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Ghaitellón17 en Pontecesures

(texto engadido o día 30/ / 6/ / 17 )


Sábado 1 de xullo ás 16:00h
Avda. de Vigo, nº 2.
Pontecesures.


Un ano máis tras os éxitos acadados nos anteriores anos, a Asociación Cultural Xarandeira organiza o seu serán, máis coñecido como GHAITELLÓN, do cal celebramos a VI edición. Trátase de unha xuntanza de música tradicional e de ganasa de pasalo ben e troulear, sobre todo ganas!
Recorda que "unha festa sen ghaiteiro é como unha mexada sen peido".
VÉMONOS O 1 DE XULLO EN PONTECESURES

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Serán D'aquí Monte Alto (A Coruña)

(texto engadido o día 30/ / 6/ / 17 )


Sábado 1 de xullo ás 12:00h
A Coruña.


Un ano máis, volven a música, o baile, os xogos e a festa, xa está de volta o Serán d'aquí!, un día enteiro cargadiño de música, xogos, obradoiros, baile, agasallos e sorpresas, unha festaza para todas as idades no corazón de Monte Alto. O vindeiro sábado 1 de Xullo temos unha cita na Praza dos Avós, xunto ao Centro Cívico do barrio. Non faltedes!! :D

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Noite do Lastro nas Festas do Barrio de San Pedro

(texto engadido o día 30/ / 6/ / 17 )


Noite do Lastro ás 22h con Atrás Tigre, Rebeliom do Inframundo e Zënzar, na Praza 8 de Marzo.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliad@len en san Cristovo de Cea (Ourense)

(texto engadido o día 29/ / 6/ / 17 )


Venres 30 de xuño ás 21:00h
Lareira da Alén.
San Cristovo de Cea.


Dicía Xosé Filgueira Valverde que a FOLIADA era unha “reunión de aldeáns para divertirse cantando e bailando”. No diccionario Galego da Rima (1950) apuntábase que era unha “diversión nun souto, eira, turreiro ou casa grande, onde se baila e fanselle as beiras as mozas” engadindo que a denominación de “fiadas” ou “foliadas” ou “filazones” provén da época dos brigantinos, primeiros poboadores de Galicia (Brigo, patriarca da raza primitiva), con motivo das súas cerimonias relixiosas –na que son esenciais os “aturuxos”-, ao final dos cales acendían grandes fogueiras no lubre en sinal de xúbilo e onde continuaban ata máis de media noite con gran animación.
Pois imos aló e acollemos o Venres 30 de Xuño (a partir das 21:00 horas e ate que cumpranse 61 minutos do día seguinte) unha FOLIADA PARTICIPATIVA que ten como instigadores Os Viqueiras de Ordes, a Escola de Pandeireta de Maside, a Escola de Gaita de Cea, a Escola de Pandeireta de Partovia e a Escola de Bailes de Maside, xunto con outros varios espontáne@s con todo tipo de instrumentos.
Un dos obxectivos da Folidada deste ano, ademáis da festa rachada e espontánea, é reivindicar a condición de patrimonio inmaterial da EtnoGastronomía da Galicia e das Cociñeiras que a construiron o longo de séculos. Asi que, quen veña dispost@ a tocar ou bailar está convidado a cea pica-pica. A participación é libre, pode apuntarse quen queira ainda que o aforo é limitado e daremoslle prioridade as peticións de quenes queiran vir coa idea de cantar e tocar.
Para participar, só tendes que enviar un WhatsApp ao 626 40 51 25.
A Foliad@len é unha actividade máis das Xornadas Gastronómicas 2017.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Caxade, Oquestrada e O Sonoro Maxín nas Festas de Ourense

(texto engadido o día 29/ / 6/ / 17 )


Xoves 29 de xuño ás 22:30h
Praza Maior, 32005 Ourense



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festas de San Xoán en Compostela

(texto engadido o día 23/ / 6/ / 17 )


XOVES DÍA 22



Desde ás 09h:
Recollida do programa de actividades das Festas de San Xoán en Compostela, o manual de instrucións e o talonario de sortilexios de San Xoán na oficina de Turismo de Santiago

17h a 00h: Apertura do Festival de San Xoán na Praza de Mazarelos: Mercadiño tradicional coa participación de Sanín Percusión Tradicional, Susi Gesto, Panadería Mazás e Alimentación Divina entre outros, Espazo Palleiro para os máis cativos e zona gastronómica Área Asardiñada coas viandas típicas das festas.

18h: Obradoiro e Roteiro de recoñecemento das Herbas de San Xoán organizado polo Centro de Interpretación Ambiental de Compostela.
Actividade de balde e suxeita a aforo e dispoñibilidade. Inscricións no teléfono 981 543 145 ou na seguinte ligazón: http://goo.gl/2LFIZd

18:30h a 19h e 19:30h a 20h. Obradoiro de iniciación ao baile tradicional galego a cargo de Montse Rivera coa música ao vivo de Ariel Ninas á zanfona. Bailes agarrados, xogos de roda e baile solto.
Actividade de balde e suxeita a aforo e dispoñibilidade de espazo.

21h Contada de San Xoán a cargo de Celso F. Sanmartín

21:30h aprox. Saída dende a Alameda da comitiva formada pola Raíña Alda e o seu séquito para levar o “Lume Sagrado” do Pico Sacro ata a Praza de Mazarelos. Actividade en colaboración co Concello de Boqueixón e a Asociación do “Castro da Fervenza de Callobre”. O percorrido sae de Santa Susana e transita por Porta Faxeira, Rúa do Vilar, Rúa de Xelmírez, Tras Salomé, Orfas e Cardenal Payá.

22h aprox. Chegada á Praza de Mazarelos da Raíña celta Alda e do seu séquito co “Lume Sagrado” do Pico Sacro.

22:30h Concerto de música tradicional: Pelepau.

00h Peche do espazo.




VENRES DÍA 23 (VÉSPERA DE SAN XOÁN)

17h - 00h Festival de San Xoán na Praza de Mazarelos

17h - 1h: Circulación do Tren Cacharelo polos distintos barrios da cidade que celebran actividades de San Xoán. Saídas ás horas en punto dende o  CGAC

17h - 18:30h Obradoiro e Roteiro guiado para a recollida de herbas de San Xoán coordinado polo Centro de Interpretación Ambiental de Compostela. Saída do CIAC ás 17h con chegada á Praza de Mazarelos ás 18:30h. Previa reserva

19h - 20:30h Obradoiro para a elaboración de ramiños de San Xoán coordinado polo Centro de Interpretación Ambiental de Compostela.

20:30h - 21h e 21:30h- 22h Obradoiro de iniciación ao baile tradicional galego a cargo de Mercedes Prieto co acompañamento ao acordeón de Serxio Cobos. Actividade de balde e suxeita a aforo e dispoñibilidade de espazo.

22:30h Concerto de música tradicional: Habelas Hainas.


00h Peche do Festival de San Xoán na Praza de Mazarelos e último traxecto do Tren Cacharelo con saída ás 00h do CGAC,

00h. Salto de cacharelas nos distintos barrios da cidade para salvar o meigallo na noite máxica de San Xoán.

06:54 (saída do sol) Roteiro libre por Compostela para cumplimentar os ritos tradicionais da madrugada de San Xoán: “ver bailar o sol” na zona leste da cidade e lavarse a cara “coa flor da auga” na primeira raiola do amencer aproveitando así as propiedades máxicas  que, segundo a tradición, as augas das fontes e os ríos gañan durante esta noite.




SÁBADO DÍA 24 (DÍA DE SAN XOÁN)


 
12h - 15h Festival de San Xoán na Praza de Mazarelos.

12:30h Obradoiro interxeneracional de decoración de pratos de pulpo.
Actividade de balde e suxeita a aforo e dispoñibilidade de espazo e material.

13h Pasarrúas de música tradicional polo casco histórico: Quinta do Ulla.

13:30h Concerto de música tradicional: Quinta do Ulla.

15h - 17h Peche de espazos para a pausa de mediodía.

17h - 00h Festival de San Xoán na Praza de Mazarelos

18h - 20h Obradoiro de percusión e canto tradicional.
Actividade de balde e suxeita a aforo e dispoñibilidade de espazo e materiais. Inscricións no Posto de Información dende o xoves 22 de xuño ás 17h. Será necesario confirmar praza presencialmente no Posto de Información dez minutos antes do arranque da actividade.

21h: Obradoiro de elaboración de queimada.
Actividade de balde e suxeita a aforo e dispoñibilidade de espazo e materiais.
22h-23h. Concerto de música tradicional: Os Carunchos.


23:30h Conxuro con degustación de queimada. Praza de Mazarelos.

00h Peche do espazo e fin do Festival de San Xoán


 


- Máis información das Festas de San Xoán nos barrios aquí



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival Finde k Flipas en Manzaneda

(texto engadido o día 23/ / 6/ / 17 )


Venres 23 de xuño: Punkiereteiras, Skandalo GZ
Sábado 24 de xuño: A Compañía do Ruido, Liska

E os 2 días fin de festa con Brigada AM
Organiza: A Rebusca.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Noite De San Xoan en Vilariño (Cangas)

(texto engadido o día 23/ / 6/ / 17 )


Venres 23 de xuño ás 22:00h

Festa na noite de San Xoan da man do grupo Serradela de Aldán.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa de San Xoán no CSCD As Pedriñas (Tameiga. Mos)

(texto engadido o día 23/ / 6/ / 17 )


Venres 23 de xuño ás 17:00h
CSCD As Pedriñas.
Avda. do rebullón 23.
Tameiga.


17:00 Saída pola zona a apañar herbas de San Xoan.
20:00 Master Class de Zumba ao aire libre
22:00 Comeza a festa cós gaiteiros de Pedralonga o chouripán e o viño.
00:00 Prendido da fogueira acompañada da Batucada Bate no Cobre.
Festa popular, aberta (como todas as festas) e de balde. Iso si, se algo queres beber unha chapa de 1€ debes de poñer ;)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Os Carunchos na Festa Castrexa de San Andrés de Comesaña (Vigo)

(texto engadido o día 17/ / 6/ / 17 )


Sábado 17 de xuño a partires das 23:30h

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Tiruleque nas Lendas da Pena Molexa 2017 en Narón

(texto engadido o día 16/ / 6/ / 17 )


Sábado 17 de xuño ás 22:00h
Tiruleque.
A Coruña.


O Padroado da Cultura de Narón e a Asociación de Veciños “Os Irmandiños”, do Val, organizaron un ano máis un completo programa de actos con motivo da Recreación das Lendas da Pena Molexa. O 17 de xuño será a xornada na que se concentren a maioría dos actos programados e na que se represente a tradicional Lenda da Fada da Pena Molexa. Tanto desde o Padroado da Cultura como desde a entidade veciñal “Os Irmandiños”, convidan á veciñanza a participar nestes actos, dirixidos a todos os públicos e que reúnen cada ano na parroquia do Val un numeroso público co fin de facelo participar nestas propostas relacionadas co patrimonio cultural, etnográfico e antropolóxico de Narón e tamén de Galicia.

Na xornada do vindeiro venres, día 2, terá lugar no local social do Val unha charla tertulia sobre “O patrimonio do Val”, centrada na Pena Molexa como monumento megalítico de gran relevancia. Os encargados de impartir a charla, que dará comezo ás 20.00 horas, serán o arquitecto especializado en Historia Antiga Carlos Sánchez Montaña, e o Doutor en Arqueoloxía e Historia Antiga e arqueólogo do Concello de Narón, André Pena Graña. A concelleira de Turismo de Narón, Natalia Hermida, participará neste acto, no que se proxectará un vídeo realizado pola citada concellería sobre as orixes do Camiño de peregrinación a Santiago de Compostela pola costa.

O segundo dos actos será tamén esta semana, o sábado día 3, cando se programou un Roteiro cicloturista pola parroquia do Val. As persoas interesadas en participar deben estar ás 11.00 horas xunto ao local social, desde donde sairá un grupo en bici para percorrer diferentes puntos da parroquia e coñecer mellor o seu patrimonio.

O vindeiro 9 de xuño terá lugar outra das citas tradicionais da Pena Molexa, a “Andaina solsticial”. Ás 22.30 horas partirá das inmediacións do convento de Baltar un grupo de veciñas e veciños que, ataviados con fachos, percorrerán o tramo comprendido entre as citada construción relixiosa e a Pena Molexa.

Finalmente, o 17 de xuño concentrarase no lugar de Vilasuso, na citada parroquia, a maior parte dos actos da Recreación da Lenda da Pena Molexa. A celebración dará comezo ás 18.00 horas, cunha xornada na que os asistentes gozarán dos xogos populares e do deporte rural. A continuación, sobre as 20.00 horas haberá unha churrascada popular á que seguirá, a partir das 22.00 horas, un concerto de música popular, a cargo do grupo folk Tiruleque. Como xa é habitual neste evento festivo, ás 00.00 iniciarase a recreación da Lenda da Fada da Pena Molexa, un acto que contará coa participación de veciñas e veciños da parroquia do Val que, vestidos para a ocasión, representarán nas inmediacións do castro de Vilasuso e da Pena Molexa a lenda da moura que, nunha noite coincidindo co solsticio de verán, se convertiu en rocha. A festa continuará a partir das 00.30 horas cunha lumeirada e repichoca de música popular.

+info: http://www.naron.es
https://www.padroadodecultura.es
- Tiruleque -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III Xesteiraso Folk (Compostela)

(texto engadido o día 14/ / 6/ / 17 )


Sábado 17 de xuño ás 19:00h
Centro Socio-Cultural De Marrozos.
Ardagan, Marrozos, n° 19.
Santiago de Compostela.


Reservade nas axendas o 17 de Xuño porque se aproxima o III Xesteiraso Folk e non volo podedes perder, ven cargado de novedades. Será no campo da festa de Marrozos, Santiago de Compostela.

- As 19:00, XVIII Certame Folclórico;
~ Grupo infantil e juvenil de Danças e Cantares de Joane (Portugal)
~ Asociación C.D. A Meda do Castro (Sada)
~ Asociación Cultural Pena Maior de Marrozos (Santiago)

- As 21:00, Olimpiadas Xesteiraso;
~ Carreira de sacos a ghranel ( Grupos de 4 persoas por saco)
~ Carreira de esquis
~ Debullamento de espijas
~ Rali de carretillas

As 22:00, Foliada;
~ Instrumental Cantigas e Agarimos
~ Sonche Lerias, San Xulián de Sales
~ Estralampo da Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio, Lestedo

Sortearemos un vale por uns zocos!

LOGO FOLIADA ABERTA!!
Anímate a traer o teu instrumento e a pasar unha noite entretida, non volo podedes perder.

Teremos bochinche e amplo aparcadoiro

Damos as gracias a todas as empresas colaboradoras que fan posible que o Xesteiraso saia adiante.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Luar Na Lubre e O Val das Mouras no 37º Aniversario ACG Rosalía de Castro

(texto engadido o día 14/ / 6/ / 17 )


16, 17 e 18 de xuño
Parc de Can Mercader.
Metro L5 Gavarra o Sant Ildefons y Ferrocarriles catalanes parada Almeda..
Cornellá de Llobregat.


Outro ano máis, a Asociación Cultural Galega Rosalía De Castro De Cornellá organiza a súa festa galega para celebrar o seu 37º aniversario.

O programa de actos é o seguinte:

VENRES 16

20:45h Cea de Irmandade Homenaxe aos socios da entidade que cumpren 25 anos de militancia.
22:00h NOITE CELTA co concerto de O Val das Mouras e Luar na Lubre


SÁBADO 17

12:00h Ofrenda floral a Rosalía de Castro. Participación e actuación dos grupos:
- Castellers de Cornellà
- CasaGalega de L'Hospitalet
- A.C.G. Rosalía de Castro de Cornellà

14:00h Xantar de Irmandade coas autoridades e institucións

18:00h Actuación dos grupos:
- Escola de Gaitas e Danzas Toxos E Xestas
- CCA Blas Infante de Cornellà
- Banda de Gaitas Sénior de Rosalía de Castro
- Grupo de Danza e Gaita da A.C.G. Rosalía de Castro de Cornellà

21:00h Gran baile tarde e noite coas orquestras MARIMBA (Pontevedra) e PENSILVANIA



DOMINGO 18

12:00h Actuación dos grupos:
- Irmandade Galega de Rubi
- A. Extremeña San Isidro Labrador de Cornellà
- CC Airiños Da Nosa Galicia de Santa Coloma

18:00h Actuación dos grupos:
- ACG Agarimos de Badalona
- Banda de Gaitas Sénior de Rosalía de Castro
- Cornellà per les Dones
- Grupo de Danza e Gaita da A.C.G. Rosalía de Castro de Cornellà

20:30h Gran Baile tarde e noite coa orquestra galega MARIMBA (Pontevedra)

23:00h Fogos artificiais e fin de festa coa popular QUEIMADA GALEGA

TODOS OS ACTOS SON PÚBLICOS

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]