Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


Virandeira na Festa Corsaria de Marín

(texto engadido o día 19/ / 8/ / 17 )


Sábado 19 de agosto ás 21:00h

? Todos a bordo! Este sábado poñemos rumbo a Marín para actuar na Festa Corsaria. Ás 21:00 na Alameda. Lumeeeeeee!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV Foliada das Mentiras en Xanceda (Mesía. A Coruña)

(texto engadido o día 19/ / 8/ / 17 )


Sábado 19 de agosto ás 20:00h
A Iglesia-Xanceda, 15685 Mesía (A Coruña),


A 4º edición da Foliada das Mentiras xa se puxo a andar! A Escola de Música e Baile Tradicional de Mesía estaremos moi ben acompañados neste serán: Reviravolta, Agrovobo de Esteiro, Sementes do Arte, Xentiña de Trazo, Millo Verde, Carballeira de Curtis, Vide Preto e Ritmo Galego farán festa rachada a canda nós o 19 de agosto a partir das oito da tarde no Campo das Mentiras de Xanceda (Mesía). Agardámoste!

Así pois, que as pandeiretas e as gaitas estoupen a soar e que os corpos se enchan de troula!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XVII FESTA FOLK NA FIN DO CAMI?O (FISTERRA)

(texto engadido o día 19/ / 8/ / 17 )


Sábado 19 de agosto

Concertos a partires das 22h

Fol de Veneno
Xosé Manuel Budiño con Mercedes Peón
Os d’Abaixo
A Compañía do Ruído

Organiza: Asociación Cultural Anchoa,

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XVIII Festa folc de Vilariño (Cangas)

(texto engadido o día 19/ / 8/ / 17 )


Sábado 19 de agosto

Susana Seivane
Donicelas
Che Sudaka
The Skarnivals

Organiza AC O Gato

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXXVIII Festa do Gaiteiro de Soutelo

(texto engadido o día 19/ / 8/ / 17 )


Sábado 19 de agosto

11:30h
Pasarrúas da Banda de Gaitas do Concello de Forcarei e grupo convidado

13h
Pregón e homenaxe ao Gaiteiro no monumento da Praza dos Gaiteiros.
Lectura do pregón por José Raposeiras Correa
Homenaxe musical ao Gaiteiro de Soutelo por Oscar Ibáñez
Concerto da Banda de Gaitas do Concello de Forcarei

14h
Xantar popular na Carballeira do Parque Venezuela

17h
Actuacións musicais de artistas convidados

21:30h
Actuación do grupo HABELAS HAILAS

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Vindeiros concertos de Xose Manuel Budiño

(texto engadido o día 18/ / 8/ / 17 )


Próximos concertos de BUDIÑO #Paralaia20Aniversario

- 18 agosto - CARBALLO
Praza do concello / 22:00 h
Convidada especial: "Mercedes Peón"

- 19 agosto - FISTERRA
XVII Festa Folk Na Fin do Camiño / 23:15 h
Convidada especial: "Mercedes Peón"

- 31 agosto - OS XOVES DE CÓDAX
Budiño, Javier Limón, Luiz Caracol (trío)
Bodegas Martín Códax / 20:30 h

- 23 setembro - PONTEAREAS

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e Guadi Galego & Banda nas Festas da Peregrina (Pontevedra)

(texto engadido o día 18/ / 8/ / 17 )


Venres 18 de agosto ás 22:30h na praza da Ferreiría

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



X Festa Galega de Malpica
http://www.concellomalpica.com/es/category/actualidad/noticias/
(texto engadido o día 18/ / 8/ / 17 )


A Festa Galega de Malpica cumpre 10 anos, e para celebralo temos preparado un cartel de luxo, con grupos de primeira fila como Tanxugueiras, Samarúas e Radio Cos. Os concertos celebraranse a vindeira fin de semana, coincidindo coa quinta Feira Medieval Mariñeira, que volverá a encher de animación, colorido e actuacións as rúas da nosa vila.

A Feira Medieval Mariñeira será inaugurada o venres 18 ás 11 horas, e media hora despois empezarán a soar os primeiros acordes da Festa Galega no pasarrúas dos gaiteiros da Asociación Cultural Raigañas. A partir das 22.30 horas as actuacións trasladaranse ao porto, onde actuarán a Banda de Gaiteiros da A.C. Malante, Tanxugueiras (23.15 horas) e Fol de Veneno (00.30).

O sábado 19 tamén haberá música desde as 11.30 horas, nesta ocasión coas gaiteiras da Asociación Cultural Carcaxía. Pola tarde volverán a encherse as rúas de música co quinto Desfile de Bandas de Gaitas da A.C. Malante, que sairán ás 19.15 do Centro Cívico en dirección ao centro da vila. Xa no porto, ás 22 horas arrancará a noite grande da X Festa Galega coas Cantareiras da A. C. Carcaxía, ás que seguirán No Filo da Ferreña (22.30), Samarúas (23.15) e Radio Cos (00.50).

O domingo 20, a partir das 11 horas e ata a noite, estarán abertos os postos da Feira Medieval Mariñeira.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Os Erdeiros dos Morenos de Lavadores na Festa da Sardiña da Guía

(texto engadido o día 6/ / 8/ / 17 )


Domingo 6 de agosto ás 13:00h na carballeira do monte da Guía.



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa do Emigrante no Val do Dubra

(texto engadido o día 5/ / 8/ / 17 )


Sábado 5 de agosto a partires das 10:00h con Guadi Galego, FanfarriaTaquikardia, Cé Orquestra Pantasma, Familia Caamagno, Faíscas da Pontraga e máis!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Volta e Dalle en Mondariz

(texto engadido o día 5/ / 8/ / 17 )


Sábado 5 de agosto ás 22:30h na praza de Mondariz
XIX festa dos oficios artesáns

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



SonDeSeu en Cambados

(texto engadido o día 3/ / 8/ / 17 )


Xoves 3 de agosto na Festa do Albariño de Cambados. Praza de Fefiñáns ás 22:30h.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Carballeira 2017. Zas

(texto engadido o día 1/ / 8/ / 17 )


Venres 4 e sábado 5 de agosto
Festa da Carballeira.
1 Rúa Velar.
Zás.


A 34° Festa da Carballeira será, coma sempre, o primeiro sábado de agosto.
Pero o día anterior temos unhas vésperas espectaculares:

VENRES 4 de Agosto a partir das 21:00h
- ?Os Fillos do Estramonio (Galiza)
- ?Gwendal (Bretaña, Francia)
- ?Korpiklaani (Finlandia)
- ?Pan de Capazo (Galiza)

SÁBADO 5 de Agosto a partir das 12:00h
- Feira de artesanía e produtos ecolóxicos.
- Xogos para os nenos.
- Sesión vermú
- Gran mexilloada popular

A partir das 14:00
- ?Dequenvessendo
- ?Fanfarria Taquikardia
- ?Cé Orquesta Pantasma
- ?Grupos da A.C Castro-Meda de Zas
- ?Gran Foliada da Carballeira.
Unha foliada aberta a todos os amantes das foliadas, ruadas e seráns. Os músicos que se animen a participar e se anoten en foliada@festadacarballeira.com terán entradas de balde para o festival, e un servizo para gardar os instrumentos.

A partir das 21:00h
- ?Radio Cos (Galiza)
- ?Milladoiro (Galiza)
- ?Moxie (Irlanda)
- ?Rare Folk (Sevilla)

Entrada
Anticipada os 2 días 12€ ata o 04-07-2017 despois 15€. Só venda online
En taquilla 2 días 15€. Venres 10€ Sábado 8€.
Haberá zona de acampada, duchas e WC.
??????????
Non se permitirá entrar con bebidas.
Máis información en:
http://www.festadacarballeira.com/entradas
http://www.festadacarballeira.com
http://www.facebook.com/festadacarballeira
http://twitter.com/Carballeira_Zas
@Carballeira_Zas
https://www.instagram.com/festadacarballeira/
@festadacarballeira

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Budiño & Mercedes Peón (convidada especial) en Cambados

(texto engadido o día 1/ / 8/ / 17 )


Martes 1 de agosto ás 22:30h
Praza de Fefiñáns, 36630 Cambados.


O Concerto de Budiño “Paralaia 20 Aniversario” con Mercedes Peón de convidada especial abrirá a Festa do Albariño 2017
BUDIÑO & Convidada especial: Mercedes Peón.

CONCERTO “PARALAIA" 20 ANIVERSARIO

“Paralaia", o primeiro disco de Budiño cumple 20 anos, a súa publicación transgrediu a industria musical galega do seu momento amosando outro punto de vista ao denominado folk. Agora, co gallo do seu 20 aniversario, quere celebralo cunha nova edición remasterizada pero nun formato especial de libro-disco ilustrado.

Estará acompañado no escenario por 6 dos mellores músicos de Galicia na actualidade e unha convidada de luxo: Mercedes Peón, a gran creadora do país, cunha man na terra e outra na modernidade, acompañará a Budiño neste percorrido pola súa carreira.

BUDIÑO: voz, gaita, frauta
FRAN SANZ: baixo
CIBRÁN SEIXO: violín
TON RISCO: batería, percusións
DAVID "TATO": guitarras.
SANTIAGO CRIBEIRO: acordeón
ANTONIO RODRÍGUEZ: trombón, bombardino

www.budiño.com
- Xosé Manuel Budiño -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV Festival EntreMareas de Espasante

(texto engadido o día 21/ / 7/ / 17 )


Música, teatro e feira de artesania e alimentación compoñen as actividades do IV Festival EntreMareas que celébrase os días 21, 22 e 23 de xullo 2017, no Porto de Espasante, Ortigueira.
Haberá pasarrúas de banda de gaitas, baile tradicional, música de rúa, actividades variadas para os máis pequenos, clown e malabares, concertos de noite.
O venres, sábado e domingo celebrarase a I FESTA DA ZAMBURIÑA medianoite haberá queimada. Tamén haberá algunha sorpresa e outras actividades.
Grupos de Galicia, Portugal, Asturias, Santander e Andalucia, participan este ano no festival Entremareas converténdose asi nun festival internacinal.
Podes disfrutar musica, teatro, gastrnomia, praias e paisaxes expectaculares.

VENRES 21
Electra
ANAUT
Paraguaii
Maple Apple

SÁBADO 22
Andarivel
Pepe Vaamonde Grupo
Böj

DOMINGO 23
Ke Nin Diös
Más Madera
Evil is a Queen

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Uxía lambona e a banda molona - Xira Verán 2017

(texto engadido o día 18/ / 7/ / 17 )


* 08 de Xuño Arteixo ( Centro Cívico ) ( Actividade Escolar )

* 09 de Xuño Marín ( Festa Escola Infantil Davila) ( Praza do Concello)

* 18 de Xuño Mos ( Festival #CantoConto coas #Maimiñas )

* 21 de Xuño Redondela ( Actividade Escolar )

* 23 de Xuño Lalín ( Actividade Escolar )

* 23 de Xuño As Pontes de García Rodríguez

* 19 de Xullo Padrón

* 20 de Xullo Ribadeo

* 22 de Xullo Rianxo

* 23 de Xullo Festixeve Pontevedra

* 03 de Agosto Ordes

* 12 de Agosto Quiroga

* 16 de Agosto Riós

* 17 de Agosto Pontevedra

* 25 de Agosto Armandinha Rock Combarro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Corme Folki 2017

(texto engadido o día 18/ / 7/ / 17 )


Venres 21 de xullo ás 22:00h
Praza da Ribeira. Corme.


CORME FOLKI

"As da furna" voltamos con forzas renovadas, evolucionando da "Noite de Encanos na Furna" ao "Corme Folki", acercando a festa ao pobo.

Un outro ano máis, e iste ano con cambio de formato, mais nom de enerxía, a música e a cultura sen ánimo de lucro danse cita no corasóm da Costa da Morte, na vila de Corme ... coa complicidade dos encantos desfruraremos a finde do 21 e 22 de xullo dunhas xornadas de festa e alegria ate que o corpo aguante...

Logo de 17 anos de "Encantos na Furna" nace o "Corme Folki", orgullosas do que creamos entre todas nestes 17 anos e continuando esta travesía pra encher de cultura ceibe e autonoma o noso povo.

Esta aventura comenza o venres 21 de xullo cunha foliada regada en queimada na nosa querida "Furna do Osmo", cantos bos momentos vividos nesta maxica furna e que millor lugar pra comenzar a festa ...

e xa o sabado 22 desfrutaremos dunha xornada multidisciplinar que encherá de boa onda a vila de Corme:
-o mediodía haberá foliada e sesión vermú na praza da Ribeira
- pola tarde na mesma praza e no "Chiringuito do Osmo" teremos títeres, circo e talleres, que iremos confirmando nos vindeiros dias.
- e a noitiña desfrutarermos de 3 grupazos na praza da Ribeira:

* Comenzarán o grupo franquicia da Furna: "Os Folkólicos",que con máis de 16 anos tocando en Corme xa nom precisan presentación... música de raíz, fusión de ritmos e moita boa enerxía.
* Seguirá a festa co grupo Ómbligo. Dende Madrid chega este grupazo con violín, contrabaixo e guitarra que nos sorprenderán coa sua alegría e orixinalidade musical.
* e xa pra rematar a noite, virán a Guintervan, proxecto con xa moitos anos de vida, con músicos cunha ampla traxectoria noutras bandas, coma Os Quempallou. Qué máis decir destes cracks da nosa música? só que nos farán vibrar cos seus variados ritmos...

asi k xa sabedes. Vémonos en Corme!! e Arriba nosas festas populares!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Rebeliom do Inframundo en Bilbao

(texto engadido o día 18/ / 7/ / 17 )


Venres 21 de xullo ás 21:30h
Bilbao.


Rebeliom do Inframundo tarrok Euskal Herria zapalduko dugu lehen aldiz, eta ziur askotan errepikatuko degula.
Huntza taldearekin batera Bilboko Basurtu auzoko jaietan izango gara Mauka Musikagintza lagunen eskutik.
Topera gaude familia, irrikitan Euskal Herria iristeko.
#LUMEREBELIOM!!
-
A Rebeliom do Inframundo imos por primeira vez para Euskal Herria, a primeira de moitas! Estaremos xunto as compas de Huntza nas festas do barrio Bilbaino de Basurto grazas aos colegas de Mauka Musikagintza.
Estamos a tope familia! deseosos de chegar a Euskal Herria.
#LUMEREBELIOM!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Vindeiros concertos de Guadi Galego

(texto engadido o día 14/ / 7/ / 17 )


Venres 14 de xullo
Pazo da Peregrina, Bertamiráns (Ames)

Luns 24 de xullo
Compostela (FestiGal, Campus Sur)

Venres 4 de agosto
Carballo

Sábado 5 de agosto
Val do Dubra (Festa do Emigrante)

Venres 18 de agosto
Pontevedra

Sábado 9 de setembro
Ribeira

Mércores 13 de setembro
Vic (Mercat de Música Viva)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XVI Festival Retrouso e IV Retro-Foliada (Cela - Bueu)

(texto engadido o día 8/ / 7/ / 17 )



Xa está aquí, un ano máis, o FESTIVAL RETROUSO!!!
Convidámosvos a que veñades ao Eirado de Cela (Bueu) o vindeiro sábado 8 de xullo a partir das 21:00h.
Nesta XVI edición contaremos coa participación do grupo Pousos da Area de Marín e Andorinhos de Espargo que chegan dende a localidade de Aveiro, no país veciño.
Ademais, as distintas formacións da nosa asociación farán coma vén sendo habitual a súa actuación de baile, de gaita e de pandeireta.


E tralo gran éxito acadado nos anos anteriores, repetimos coa RETRO-FOLIADA!!!
A partir das 22:30h. gran foliada no Eirado de Cela na que contaremos, ademais de con todos vós, cos seguintes grupos convidados que virán tocar e participar da festa:
ACF O Fiadeiro (Vigo), Cantigas e frores (Lugo), A. C. Sadeo (Ponteareas), Faíscas da Pontraga (Tordoia) e traspès (Vigo).

Por suposto, trátase dunha foliada aberta a todo o mundo.
Estades todos convidados!!!

Todos aqueles grupos que queiran vir a tocar e/ou cantar, podedes anotarvos de xeito anticipado aquí neste evento ou ben enviando mensaxe privada ao facebook de Retrouso; ou alí no mesmo día da Retro-Foliada.

Haberá bochinche con comida e bebida para repoñer forzas e combater a calor e a sede!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]