Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


Festa de Samaín no CSCD As Pedriñas (Tameiga. Mos)

(texto engadido o día 31/ / 10/ / 17 )


Martes 31 de outubro ás 18:00h
CSCD As Pedriñas.
Avda. do rebullón 23.
Tameiga.


E xa no outono comezamos coa máxima festa do Samaín. Tradición recuperada dende o movemento asociacionista galego e nas Pedriñas, levamos anos sumándonos a súa divulgación.
Comezamos con Raquel Queizás que nos contará como espantar os medos acompañada de druidas e meigallos. Aquí a súa web. https://www.raquelqueizas.com/?lang=es
Continuaremos có tradicional obradoiro de cabazas para poñer na noitiña nunha xanela que xa se sabe que habelas hainas e por se non é suficiente pintaremos as caras para dar medo a fartar.
Festa aberta, como as boas festas. Difunde e participa e non esquezas traer a túa cabaza.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa de Outono en Coiro. Cangas

(texto engadido o día 27/ / 10/ / 17 )


Sábado 28 de outubro ás 10:00h
Coiro, 36947 Cangas (Pontevedra),


Como ven sendo tradición nos últimos anos, os colectivos socio-culturais de Coiro organizamos un Magosto Popular ao que todos estades convidados, ¡pero este ano con novidades!

Será o vindeiro sábado 28 de outubro seguindo este programa:

- 10:00 horas: Saída do Colexio da Retirosa para percorrer os Montes e a Fraga de Coiro para recoller castañas e cogumelos.
Regreso a 13:30 horas (recoméndase levar roupa e calzado cómodo para camiñar).

- 14:00 horas: Comida popular no entorno do colexio. (cada un deberá levar a súa comida).

- Ao finalizar, Magosto Popular. Haberá castañas e chourizos asados, e espazo para que todos e todas cantedes, toquedes e bailedes ao ritmo da música tradicional.

¡Anotade a data nas vosas axendas!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival Nos Teus Pés (O Grove)

(texto engadido o día 20/ / 10/ / 17 )


Venres 20 de Outubro

Contacontos con Xarope Tulú

Animación con Javi Solla

Cociñando polos pés co Grupo Nove

Actuación 5enzocas
Actuación Xan – percusión árabe
Concertos

A Compañía do Ruído
Négome
Innopiah
Grove Hustla
DJ EasyMoney + DJ Padín


Sábado 21 de Outubro

Vermú solidario

Actuación `The Fresquiños`
Festa infantil

Troula – actuación de Uxía a Lambona
Baloncesto para os máis pequenos
Ludoteca con distintas actividades
Xuventude

Slackline
Torneo de baloncesto 3×3
Exposición fotográfica con Óscar Vífer

Obra de teatro da Fegatea organizado por Enxebre

Concertos

Furious Monkey House
Bakin Blues
Poetarras
Xunta de Malisia



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I Encontro Macizo Central do Tecido Cultural (Montederramo. Caldelas)

(texto engadido o día 13/ / 10/ / 17 )


Venres 13 de outubro ás
Espazo Cultural Bar A Palloza
Zona Recreativa Ponte Mazaira.
Montederramo.


NON SE FAI UN PALLEIRO SEN PALLA!

Achégate ao primeiro encontro do tecido cultural do Macizo Central, achégate a Montederramo.

O encontro está aberto a todas as entidades, persoas e colectivos que queren participar da dinamización cultural e social do territorio e mudar a nosa zona.

A xornada dividirase en 3 fases:

- 12:00 reunión formal. Breve formulación por parte dos impulsores da iniciativa e presentacións.

- 14:00 Xantar na Palloza no formato de que cada un leve algo e compartir.

- E despois de xantar sen présas, Macrofoliada na Palloza. Para os que veñas de lonxe, ou alonguen a festa, existe a posibilidade de ter espazos para durmir. Preferible avisar previamente para iso e traer saco e esterilla.

Esperámosvos!

Contacto info: adrmontederramo@gmail.com
644 842 442

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV Poemagosto. Festival Internacional de Poesía en Allariz.

(texto engadido o día 13/ / 10/ / 17 )



VENRES 13 OUTUBRO

20:30h – Patio do Museo do Coiro. Acceso con entrada (https://airadasletras.gal/tenda/)
- Poesía. Antía Otero e Yolanda Castaño
- Concerto. Luis Pastor. ¿Qué fue de los cantautores?
23:59 - Roi Xordo (Praza dos Mesons,3)
- Festa apertura IV Poemagosto + Micro aberto (prégase inscrición previa por mensaxe privado na páxina de Facebook do Poemagosto ou a poemagosto@gmail.com)

SÁBADO 14 OUTUBRO

10:30 – Rúas do casco vello. Inicio: no alto do Portelo
- Poesía (Poetas participantes + micro aberto)
11:30 – no Bule Bule (Praza de Abaixo)
- Peter Punk Pallaso. Chungo que te cagas (Espectáculo para todas as idades)
12:30 – Bule Bule (Praza de Abaixo) - Praza de Abastos - Patio do Museo do Coiro
- Pandereteiras Escachaferreñas. Acompañarannos ata o patio do Museo do Coiro.
13:00 - Patio do Museo do Coiro.
- Charla - recital “Poesía, Barcelona, Contracultura” a cargo de Antonio Orihuela e David Castillo)
14:00 - Fundación Vicente Risco (Rúa San Lorenzo, 3)
- Xantar do Poemagosto. 10€ (Prégase inscrición previa a través de correo-e: secretaria@fundacionvicenterisco.com)
17:00 - Patio do Museo do Coiro
- Presentación do libro "Hermano asno" a cargo da Asociación de Defensa del Borrico (ADEBO)
17:30 - Patio do Museo do Coiro
- Poesía a cargo dxs poetas participantes no Poemagosto.
-Pandereteiras Escachaferreñas (Actuación intermedio)
21:00 - Carpa zona Festival Int. de Xardíns
- Concertos:
Folkolicos Folkis
A COMPAÑIA DO RUIDO
RAIBA
E se os corpos aguantan... Picadiscos para continuarmos a festa!

DOMINGO 15 OUTUBRO

Todas as actividades do domingo celébranse na terraza do Café Bar A Fábrica (Paseo Da Alameda)
11:00 – Combate Poético. Bases: https://poemagosto.wordpress.com/2017/09/16/bases-do-1o-combate-poetico-do-poemagosto/ (Inscrición a través de mensaxe na páxina do Facebook ou ó correo-e poemagosto@gmail.com)
12:30 – Poesía. Poetas participantes no Poemagosto + micro aberto
13:00 – Cintaadhesiva. Concerto Poético.
(Silvia Penas Estàevez, Jesús Andrés Tejada e Pablo Muñíz)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada Itinerante polos Viños. AC Algaravía 2017

(texto engadido o día 24/ / 9/ / 17 )


Venres 29 de setembro ás 19:30h
Praza do Ferro, 32005 Ourense (Ourense),


Como cada ano convocámosvos a todas á xa tradicional Foliada Itinirante polos Viños pra reencontrarnos despois das vacacións de verán e coñecer xente nova. Despedir o verán cunha boa festa e inaugurar as nosas aulas de baile, canto e pandeireta e máis sorpresas que temos preparadas.

Vinde bailar, cantar, tocar, beber un viño, contar un conto...!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Estrea de Herdeiras de Carmen Pemín en Compostela

(texto engadido o día 23/ / 9/ / 17 )


Sábado 23 de setembro ás 20:00h
Teatro Principal de Santiago de Compostela.
Rúa Nova, 21.
Santiago de Compostela.


Por fin culminando dous anos de traballo, presentamos o libro-CD e o espectáculo nunha primicia única, con cinco mulleres no escenario: Carmen Penim, autora da música e coordinadora do proxecto, pon a voz; Carmen Gallego- violín e nickelharpa; MArta Figueiredo, a percusión; MArgarida Mariño, co violoncello e Xiana Vilas, danza. Ó piano, Maurizio Polsinelli.
Será unha gran festa que honrará a memoria destas mulleres que xa habitan para sempre neste libro, este CD e na curta de Margarita Ledo, que tamén proxectaremos no medio do espectáculo.
O concerto conta co patrocinio da Xunta de Galicia e o Concello de Santiago.
Entrada 5 €

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I Serán de San Xurxo (Salceda de Caselas)

(texto engadido o día 23/ / 9/ / 17 )


Sábado 23 de setembro a partires das 20:30h no recinto das festas de San Xurxo (Salceda de Caselas), coa actuación do grupo Os Zoqueiros.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival de música galega Rois Arrasa (Concello de Rois. A Coruña)

(texto engadido o día 22/ / 9/ / 17 )


Venres 22 de setembro ás 21h no Campo da Festa de Rois


Festival de música tradicional galega no que a partir das 21:00 horas, no Campo da Festa de Rois, actuarán as agrupacións de música tradicional do municipio de Rois OCT Chorima, Repeniqueiras de Urdilde e Pandeireteiras de Ermedelo, xunto a grupos profesionais galegos como Faltriqueira e Orquestra Os Modernos. A entrada é de balde; haberá zona de cantina e zona de aparcamento.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



lll Festa do pan de millo en Tenorio (Cerdedo-Cotobade)

(texto engadido o día 22/ / 9/ / 17 )


A parroquia de Tenorio vai celebrar o sábado 23 de setembro, a III Festa do Pan de Millo e Ovo de Cotobade, que contará co pregón de Xurxo Souto, ex líder da banda Os Diplomáticos de Monte Alto, e con once actuacións musicais, así como unha chea de actividades para todos os públicos. A cita gastronómica foi presentada onteá en Carballedo polo presidente municipal, Jorge Cubela, e representantes da comisión organizadora, integrada por membros da Asociación Cultural Foula.

A festa arrancará a mediodía con animación a cargo de Os Papaventos e unha Feira de Artesanía, que darán paso á lectura do pregón por parte de Xurxo Souto e á sesión vermú, amenizada por Os Abrentes de Cerdedo e Os Afoutes do Canón de Pau. Posteriormente, e durante toda a xornada, serviranse menús degustación co protagonismo centrado nos ovos e no pan de millo.

A sobremesa contará con animación da man de Nocturnos de Valde e xogos populares e inchables, coa presenza de monitores no espazo infantil.

Ao serán, chegará o turno para Airiños de San Xulián, a banda infantil da Unión Musical de Tenorio e os grupos folclóricos Seitura e Laroá. Para pechar a xornada pola noite, actuarán no palco grande as formacións Oval, Taghaitai e Adarve.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival garitosis 2017 (O Chanto, Sarria. )

(texto engadido o día 14/ / 9/ / 17 )


Venres 15 de setembro ás 21:30h
O Chanto, Sarria.


VII FESTIVAL GARITOSIS
?Venres 15 de setembro dende as 21.30 na carpa do Chanto
- Bebidos Espirituosos
- Los Pontiaks
- Yslem Hijo Del Desierto e Dj Sunshine
- DudeCan
- Os John Deeres

?Sábado 16 de setembro.
? Durante o día:
- Muddy Doll na sesión vermu ás 13.00 horas na Terraza O Meigallo
- Muruxa (espectáculo infantil) ás 19.15 horas no paseo do Malecón
- The Narts ás 20.00 horas no paseo do Malecón

? A partir dende as 21.00 horas na carpa do Chanto:
- Los Literales
- Noe González & Grüvzilla
- The Royal Flash
- Brinkadelia Troupe
- APHONNIC

? A partir das 4.30 horas na Terraza O Meigallo festa con DJ's

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Rockmería - Festas dos Liñares. Canido (Vigo)

(texto engadido o día 11/ / 9/ / 17 )


Luns 11 de setembro a partires das 19h

Cé Orquestra Pantasma
A Polémica Banda dos Bechuchos
Dreams of Dolly Sheep
Aphonnic
Dakidarría.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XABIER DIAZ & ADUFEIRAS DO SALITRE na Festa do Avante! (Portugal)
http://www.festadoavante.pcp.pt/2017/
(texto engadido o día 1/ / 9/ / 17 )


Sábado, 2 de Setembro, 20:30
AUDITÓRIO 1º DE MAIO

Xabier Diaz, que integrou os Berrogüeto e colaborou com artistas e grupos como Luar na Lubre, Kepa Junkera e Uxía, combina a sua actividade de músico e compositor com um intenso labor enquanto investigador e compilador do folclore tradicional galego. O seu mais recente trabalho, com as Adufeiras de Salitre, um grupo de percussionistas e cantoras de música popular (acompanhados por Guti Álvarez, na sanfona e violino, e Javier Álvarez, no acordeão diatónico), foi espectáculo sensação na última edição do Womex, rede internacional da chamada «música do mundo».

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



31ed. Festival da Poesia no Condado (Salvaterra)

(texto engadido o día 31/ / 8/ / 17 )


SEXTA-FEIRA, 1 DE SETEMBRO

20.30H APERTURA DE EXPOSIÇONS
NÚRIA FIGUEIREDO
CLARA NAO
MARIANA MALHAO
O RIO MINHO
(Exposiçom organiçada pola Asociación Lazoiro)

PONTE NAS ONDAS

21.00H NOITE NAS MINAS
BRANTA
FRAN ALONSO
DIANA GONÇALVES
(LEITURA DO LIMIAR)

23.00H FESTA RACHADA
CORO FUSCALHEIRO
BALEIA BALEIA BALEIA
BIGOTE MIX (DJ)
PALMIRA V. MENDES


SÁBADO, 2 DE SETEMBRO

11.30h Aberto de Bilharda —Desporto

12.00H PASSA-RUAS
RONCO FOL

12.00 Apertura da Feira

FEIRA
Editoriais, artesanato, coletivos, …

12:30h Audiovisuais
Palavra de patriota
(Um documental sobre o independentista Antom Arias Curto. Dirigido por Augusto Fontam.)

13.30h Sessom Vermute
LEO ARREMECÁGHONA
MARGA TOJO
VÍTOR VAQUEIRO

17.00h Festa Infantil
BRINCA VAI

18.00h Teatro
LINGUA DE CONTRABANDO
LIMIAR TEATRO

19.00h Audiovisuais
Mulheres da Raia
(Diana Gonçalves)

19.00h Abordagem Poética
COMANDO ESBARDALLE
CATARINA FERNANDES

20.30h Poesia&Música

Recitam:
CHARO LOPES
F. X. F. NAVAL
MIRIAM FERRADÁNS
REBECA BACEIREDO
LORENA CONDE
MARILAR ALEIXANDRE


Apresenta
ISABEL RISCO


Música
DE OUTRA MARGEM
ESPOSA
OS DIPLOMÁTICOS DE MONTE ALTO
SACHA NA HORTA


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Fiandola ao vivo nas Festas do Cristo de Cangas

(texto engadido o día 30/ / 8/ / 17 )


Xoves 31 de agosto ás 23:30h
Cangas do Morrazo (Naves de Ojea).



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Afamadas e tradicionais festas da Rúa de Abaixo (Compostela)

(texto engadido o día 30/ / 8/ / 17 )


Do 31 de Agosto ao 10 de Setembro barrio da rua de Abaixo estará en pe de Festa!
Eis o programa completo:

31 de agosto
18h30 Decoramos a rua!
Fonte da rua de Abaixo

6 de setembro
19h30 - Passeio de Jane: A rua de Baixo.... é-che umha história!
Rua de Abaixo (na entrada) projeçom a cargo do Cineclube de Compostela do filme "A Voda do Meu Irmán" de C. Burnett as 21:30

7 de setembro
20h00 Cinema infantil, chocolatada e outros inventos
Traede mantel e comida para partilhar, o chocolate quente e o biscoito vam da nossa conta. E nom esquençades roupa de abrigo, por se refresca.
Fonte da rua de Abaixo

8 de setembro
Começa o concurso “A casa melhor decorada do bairro”

20h30 Ruada com Coser e Cantar
Rua de Abaixo
Vem connosco anunciar a festa por todo o bairro!

22h00 Pregom das ramistas Carmen e Jesús
Rua de Abaixo

22h00 Noite de música tradicional
No filo da ferreña
Faiscas da Pontragha
Os da Porfía
E ao rematar… foliada! Traz o teu instrumento e une-te à festa!

9 de setembro
11h00 Ruada com cabeçudas e o Grupo de gaitas e percussom da Gentalha

12h00 Concurso de chave
Estacionamento de Basquinhos, nº2
Inscripçom: no próprio lugar.

13h00 Coro A Rumboia da Troia
Adro do convento do Carme.

13h30 Leitura do pregom das festas
Sessom vermú com as tradicionais Eva e Camilo
e prémios da chave e à melhor parelha de baile.

15h00 Jantar popular
Traz a tua comida.
Haverá menus económicos elaborados por bar 13, Deulpo, Entrepedras e Hervor e Fervor.

17h30 Festivalinho
Soledad Felloza, contacontos.
Brinquedos para todas com a Asociación do Xogo Tradicional e Popular.
Ferro a fondo! Carreira de patins, bicis, triciclos e demais automóveis miúdos. Traz o teu!

22h30 Actuaçons musicais
Charang Mil9
Xangai
A Resistencia do Dedo Medio (Dj)

Às 00h00 Baile do Farolinho
Entrega de prémios da rifa e a Casa melhor decorada

10 de setembro
12h30 Almorço na rua
Banda Municipal de Música
Levamos bolos, bolachas, cafés, sumos… para partilhar.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Espectáculo "Festa na Vila" nas Festas do Cristo de Cangas

(texto engadido o día 30/ / 8/ / 17 )


Mércores 30 de agosto ás 22:00h
Avenida de Castelao (Cangas).


Lembranzas da Ría presenta este espectáculo de baile e música popular en conxunto coa Banda de Música Airiños do Morrazo de Moaña, a Escola Municipal de Artes Escénicas de Cangas, Meiramar-Axóuxeres e a Coral Lestonnac.
"Festa na Vila" mostra o baile e músicas tradicionais das romarías e festas amenizadas por cuartetos de gaiteiros, charangas e bandas de música. Un percorrido dende principios do século XX ata a súa metade, onde se pretende amosar o baile polas distintas comarcas: Ancares, Xallas, Fonsagrada, Carballo, Deza, Tabeirós, Ponteareas, Mondariz, Carballiño...
As melodías que se interpretan pertencen a compositores de principios de século XX, como Gustavo Freire, Ricardo Coutier, Reveriano Soutullo, Gregorio Baudot, José Oro Val, Antonio Amigo, Enrique García Rey....
Esta representación transcorre a través da historia de Sabela, unha moza que regresa á aldea dos seus pais co único recordo que ten deles, unha fotografía antiga bailando ao lado dun palco de música. Prodúcese entón unha regresión ao pasado que a leva a distintas épocas e momentos na vida dos seus pais, desde que se coñeceron até a despedida pola emigración.
Se xa vistes o espectáculo nas anteriores veces que se representou, nesta ocasión o director, Manolo Cobas, introduciu novidades moi relacionadas coa vila de Cangas.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV Festival Agrocuir da Ulloa (Monterroso)
http://praza.gal/movementos-sociais/14809/o-festival-agrocuir-da-ulloa-busca-abrir-o-abano-de-posibilidades-de-existir/
(texto engadido o día 25/ / 8/ / 17 )


Venres 25 e sábado 26 de agosto

A festa comezará o venres 25 na propia vila de Monterroso, coas actuacións de Silvia Penide, ás 20.30, e de Radio Cos, ás 22 horas. Despois, haberá sesión dj's ata ben entrada a madrugada. O sábado 26 pola mañá a Granxa Maruxa acollerá un obradoiro de baile tradicional con Gabi Reboredo e un taller básico de cordas co colectivo Encorda2. Ao mediodía, haberá sesión vermú con Tanxugueiras. E a partir das 13h, actividades lúdico-educativas coa Escola Semente e unha táboa redonda sobre conservación do bosque autóctono, defensa do territorio e alternativas sustentables.

Despois do xantar colectivo na carballeira da Granxa, proxectarase o derradeiro filme do ciclo de cine LGTBIQ; haberá tamén un contacontos musicalizado coa Escola Semente; e ás 18 horas actuará Rodrigo Cuevas. Ás 19h terá lugar a lectura do manifesto desta edición e a entrega dos premios á visibilidade e seguirá un concerto de Mercedes Peón. Pola noite, a festa trasladarase á vila de Monterroso, cos cantos de taberna e o peche na Peneda, a cargo de Moreno-Moreno Dj, Dj Forestal e máis sorpresas. Todas as actividades na vila de Monterroso serán gratuítas, pero dado que o aforo da Granxa Maruxa é reducido, para as actividades do sábado 26 que se celebren alí haberá que mercar entrada, que custará 7 euros. O colectivo Agrocuir sinala que non ten ánimo de lucro e que todos os ingresos obtidos serán destinados a cubrir os gastos do evento.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Festival Rock Focus Ireland Noia (Festas de San Bartolomeu)

(texto engadido o día 25/ / 8/ / 17 )


Venres 25 de agosto

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa do VII Aniversario da Aira das Letras. Con Ataque Escampe

(texto engadido o día 24/ / 8/ / 17 )


Xoves 24 de agosto ás 21h
Fundación Vicente Risco
Airadasletras
Emilia Pardo Bazán 5.
Allariz.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]