Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


Virandeira en San Blas no furancho Os da Rianxeira (Bembrive)

(texto engadido o día 26/ / 1/ / 18 )


Sábado 27 de xaneiro ás 22:30h
Bembrive.
Bembrive.


Por San Blas... Virandeira escoitarás! O sábado 27 de xaneiro ás 22:30, festa rachada no Furancho Os da rianxeira en Bembrive! Lume!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Á Xaneira - Foliada da Mámoa (Luou. Teo)

(texto engadido o día 26/ / 1/ / 18 )


Sábado 27 de xaneiro ás 21:30h
A.C. A Mámoa de Luou - Teo.
Luou.
Teo.


E por fin chegou o día! O sábado 27, andaremos Á X A N E I R A !! A Foliada celebrarase no Edificio Social de Luou, a partir das 21:30. Haberá petiscos, sorteos e...festa rachada!! AGARDÁMOSTE!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cerimonia VIII Premio X. Prado Lameiro (Ourense)

(texto engadido o día 19/ / 1/ / 18 )


Venres 19 de xaneiro ás 20:30h
Teatro Principal de Ourense.

O acceso ao Teatro é libre ata completar aforo.

Actuarán: Grupo de Teatro Xabier Prado Lameiro, Colectivo Rebulir, Coral de Ruada.


A Asociación Cultural Rebulir recollerá o vindeiro venres día 19 de Xaneiro as 20:30 h. no Teatro Principal de Ourense o VIII Premio Xabier Prado Lameiro da Cultura Galega que otorga a Coral de Ruada. Deste xeito, a asociación ramirense súmase a outros nomes ilustres no eido da cultura tradicional como son as asociacións Cantigas e Agarimos, na pasada edición; Xacarandaina, Cantigas da Terra, o Real Coro Toxos e Frores... entre outros.

No acta do xurado, reunido o 6 de Outubro, destacábase o traballo realizado ao longo de máis de 12 anos no campo da investigación, conservación e divulgación do noso folclore tradicional, non só a través da música, senón tamén por medio de tódalas demais manifestacións etnográficas que o acompañan, como son os grupos de bailes, os instrumentais, as escolas, a animación sociocultural, a organización de eventos culturais... etc.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Estalotada no Pichel (Compostela)

(texto engadido o día 15/ / 12/ / 17 )


Venres 15 de decembro ás 22:00h
Gentalha Do Pichel.
Rua Santa Clara, 21.
Santiago de Compostela.


Esta Sexta Feira dia 15 a famosa Estalotada terá lugar na Gentalha. Desde as 22h00 podes vir a botar umhas bailas e a curtir com a festa.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa Monteira de Danzas do Mundo no Barrio do Lourido, Vigo

(texto engadido o día 14/ / 12/ / 17 )


Venres 16 de nadal a partires das 20:30h no local da A.A.V.V. Rosalía de Castro

Baile con música en directo cos grupos Grupo de Gaitas da Escola ACF O Fiadeiro (danzas galegas), Karabuska (danzas de Escocia, Bretaña e Bulgaria) e Gergelyes (danzas csango, húngaro-moldavas).

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada na Festa de Codeso (Pontevedra)

(texto engadido o día 8/ / 12/ / 17 )


Venres 8 de decembro ás 21:30h
Casa Da Cultura De Codeso.

Pandereteiras de Codeso
Muxicas da Silveira
Brañas de Lamas
Son de Gaita
O Ghusto do Boi
Pena do Corvo




...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa despedida Chotokoeu en Lugo

(texto engadido o día 7/ / 12/ / 17 )


Xoves 7 de decembro ás 23:30h
Club Clavicémbalo.
Rúa Paxariños, 23.
Lugo.


Chotokoeu e "ATASEMPRE TOUR" chega a Lugo!
Tras unha década a bordo deste barco, o próximo ano cada un de nós seguirá o seu propio rumbo, rematando unha fermosa etapa chea de música, aventuras e emocións.
Non temos palabras para describir o incrible que foi esta experiencia e o orgullo que sentimos por facer posible co noso esforzo e o voso apoio, un proxecto tan utópico e marabilloso como CHOTOKOEU.
Lonxe dos divorcios e das rupturas conflictivas chegamos a este punto dun xeito consensuado sen problemas nin discusións que emborronen todo o vivido. Por iso, a familia seguirá unida, coas portas sempre abertas para o que faga falta e co desexo de que chotoko volva a soar pronto.
Como vos contamos non temos palabras para describir o que foi isto pero si que estamos cheos de emocións para transmitilo cos nosos instrumentos nunha xira de celebración e de despedida que queremos desfrutar e compartir con tod@s vós!
No Clavicémbalo o 7 de decembro ás 23:30 (anticipada 6e/taquilla 8e) Anticipadas escribindo a club@clavicembalo.com
VÉMONOS ALÍ?? :D

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



MacMardigans na Cova Céltica (A Coruña)

(texto engadido o día 7/ / 12/ / 17 )


Xoves 7 de decembro ás 22:00h
A Cova Céltica.
Rúa d'Orzán nº 82 baixo.
A Coruña.


O grupo toledano de folk-rock irlandés volta á nosa casa para facernos mover o esquelete. Festa asegurada!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa Do Cabazo en Cabral (Vigo)

(texto engadido o día 17/ / 11/ / 17 )


Domingo 19 de novembro a partires das 11:30h



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



1°Serán Daniel Meaño (Castrelo. Cambados)

(texto engadido o día 17/ / 11/ / 17 )


Sábado 18 de novembro ás 21:00h
Serán en Castrelo, na carpa do campo de festas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



V MAGOSTO FOLIADEIRO en Compostela

(texto engadido o día 17/ / 11/ / 17 )


Sábado 18 de novembro ás 21:00h
Cantigas E Agarimos.
Antigo CEIP Ramón Cabanillas R/ Castiñeiriño, 21.
Santiago de Compostela.


Boas amigxs,
Xa estamos na época dos magostos, e o noso xa ten data: 18 de novembro.
Estades todos convidados a pasar unha noite de festa, tocando, cantando e bailando.
Se a algún grupo lle apetece participar pódese poñer en contacto con nós a través desta páxina. Nós iremos anunciando os grupos nos próximos días.
ESPERÁMOSVOS!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



99º Aniversario do Manifesto de Lugo

(texto engadido o día 17/ / 11/ / 17 )


Sábado 18 de novembro ás 20:00h
Rúa dos Clérigos, 27001 Lugo (Lugo),


99º Aniversario do Manifesto de Lugo

12:30 hs. diante do Hotel Méndez Núñez
Ofrenda floral unitaria. Convocatoria Faraldo

20:00 hs. Café O Mesón (r/Cregos, 31)
Teatro das Irmandades: representación de 'Mal de moitos' (1915, E. Charlón e M.S.Hermida) a cargo do Grupo de Teatro da Sociedade Cultural Medúlio de Ferrol
dirección: Francisco Rodríguez
actores: Roberto e Felipe Vázquez
vestiario e maquillaxe: Ánxeles Fernández

22:00 hs. Café O Mesón (r/Cregos, 31)
Festa Dandi: actuación de 'Airiños da Freba'
VIII Edición dos Premios Dandi ás mellores caracterizacións coa estética dos anos 20

Entrada: 5 euros (teatro +concerto)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XVI Festa Do Outono en Couso (A Estrada)

(texto engadido o día 15/ / 11/ / 17 )



Chega a XVI Festa do Outono a Couso, A Estrada. O próximo 18 de novembro a partir das 16 horas.

Ás 16.00h. Recollida e indentificación de cogumelos con Merchi Nodar.

Ás 20.30h. Contos ó carón da lareira con Paula Carballeira.

A partir das 22.30 foliada libre. Se queres vir tocar ponte en contacto con nós.

Ademais coma sempre: Castañas asadas, viño novo, arroz con cogumelos, callos, etc.

Servizos extras: Aparcadoiro gratuíto, carpa climatizada, espazo para durmir!

Ainda tes dúbidas!?
Recorda 18 de Novembro!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa do Magosto en Cerceda

(texto engadido o día 10/ / 11/ / 17 )


Sábado 11 de novembro no Campo da Feira a partires das 12h, con pasarrúas, sesión vermú e moito baile.
Logo do xantar popular haberá xogos, obradoiros, contacontos e como non, moreas de castañas!
E para rematar unha verbena desas de non perder!
Pequenas e maiores, vinde o sábado facer a festa!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Magosto en Rairiz de Veiga (Ourense)

(texto engadido o día 10/ / 11/ / 17 )


Este venres día 10 de Novembro o grupo de música tradicional Rebulir estará animando o Magosto do Bar Minero en Rairiz de Veiga. Animádevos para pasar unha tardiña de festa !!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VIII RUADA De Moraña (serán-magosteiro)

(texto engadido o día 8/ / 11/ / 17 )


Sábado 11 de novembro ás 17:00h
Carballeira de Santa Lucía, Moraña.


A ruada volta un ano máis a Moraña. As asociacións CHINGUILIPÉ e O ARRIEIRO queremos convidarvos á oitava edición da #RuadadeMoraña que estamos a preparar e da que vos iremos informando polo miúdo nos vindeiros días.


De novo facémolo en sábado, e continuamos coa ubicación orixinal da ruada, a carballeira de Santa Lucía!. Haberá obradoiros, ruada, moita comida e bebida, foliada aberta e festa ata o amencer!. Garda a data ;)


* Se tes un grupo e queredes botar unhas pezas connosco só tedes que achegarvos ata Moraña e anotarvos para o serán. Se non tes un grupo pero queres cantar, bailar ou simplemente desfrutar connosco dunha noite chea de música tradicional e troula, xa sabes!
* Ao longo de toda a noite sortearemos os agasallos doados polos comerciantes de Moraña. Pregunta na barra polas rifas!

E se chove???, QUE CHOVA!... temos carpa :)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concerto Expansivo por un Monte Vivo
https://cexmv.wordpress.com
(texto engadido o día 4/ / 11/ / 17 )


O Concerto Expansivo por un Monte Vivo celébrase simultáneamente o sábado 4 de novembro en:

OURENSE. 21h
El Pueblo Café Cultural: Ménage à trois grupo, Blues do País, Thetetasvan Van e O Sonoro Maxín.

COMPOSTELA
21h A Gramola Café: Regueifesta e Banda da Gramola
20h Gentalha Do Pichel: Gergelyes, Paula Carballeira e Foliada Popular

FERROL 22h
Fundaçom Artábria: Rottentown e Iron Hunter.

MOS 18h
CSCD As Pedriñas: Asacocirco Compañia, A Vacaloura Vermella e Tanto Nos Ten (TNT) Música Tradicional Furtiva

VILAR DE SANTOS 18h
A Arca da Noe: A Banda dos Cueiros

MANZANEDA 21h
Festival A Rebusca: Maskarpone OU, Cé orquestra pantasma e Leo Arremecághona

VILA DE CRUCES 21.30h
A Esghalla: Charabiscas e Musicantes

Solidariedade: O diñeiro recadado no Concerto Expansivo destínase integramente a proxectos pedagóxicos e de recuperación medioambiental dos colectivos: Asociación Ecoloxista Adega, Amigos da Terra , Amigos das Arbores da Limia e Amigas das árbores · Ourense


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa de Outono na Gentalha (Compostela)

(texto engadido o día 2/ / 11/ / 17 )


Sábado 4 de novembro ás 10:30h
Gentalha Do Pichel.
Rua Santa Clara, 21.
Santiago de Compostela.


Na Gentalha celebramos o Outono com umha festinha! Programa completo e diverso:
- 10h30: saimos por cogumelos com a comissom de meio e depois cozinhamo-los
- 21h00: Paula Carballeira relata-nos os seus contos de Outono
- 22h00: cantamos e dançamos com o grupo de gaitas e percussom da Gentalha
Desde as 20h00 teremos petiscos de Outono e castanhas de balde.
*Esta festa forma parte da Iniciativa de Concertos Expansivos por un Monte Vivo #CExMV. Lera-se um manifesto e teremos umha caixa de resistência durante toda a jornada onde poderás achegar as tuas aportaçons económicas. O recadado irá destinado às pessoas afectadas polos lumes*

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



40 anos de “Fonte do Araño” (1977-2017), Reedición conmemorativa

(texto engadido o día 2/ / 11/ / 17 )


Este xoves 2 de Novembro, as 20 horas, na Fundación Luis Seoane de A Coruña terá lugar a audición e presentación da reedición dun disco transgresor e histórico na música galega. O acto, gratuíto, consistirá na escoita completa do LP (dez cancións) seguida dunha conversa aberta entre o autor Emilio Cao e o público. Esta edición limitada de “Fonte do Araño” – 300 unidades - con motivo do seu 40 Aniversario,  conserva a mesma capa deseñada por Xosé Díaz para a edición orixinal e no seu interior o limiar feito por Alan Stivell acreditando a existencia dun mito cultural chamado celtismo do que Galicia forma parte.


Foron os dias 18,19 e 20 de abril de 1977 cando Emilio Cao, Bernardo Martínez, Xose Ferreirós, Antón Seoane e Xoan Piñón se reuniron nos Estudios Audiofilm para plasmar en dez cancións a chegada dun tempo novo. O que alí aconteceu quedou rexistrado nun disco transgresor onde se atopamos sons acústicos de zanfoñas, arpas, cítolas, gaitas e percusión, xunto a electricidade dos micros e da guitarra eléctrica.


Co tempo, este traballo convertiuse nunha referencia histórica que abriu o camiño para a música celta na península ibérica, e posiblemente non tivera acontecido sen a implicación de Nonito Pereira Revuelta, quen, con esta producción, inauguraba o selo discográfico Abrente, no que tamén grabarían Seoane e Romaní antes de formar Milladoiro, Xosé Quintas Canella, NHU, Xoan Rubia, María Manoela e Xocaloma. 


Parte dos músicos implicados na grabación viñan de formar parte do chamado Movemento Popular da Canción Galega, e compartían ademáis do gusto pola música anglófila, portuguesa, bretona e os cantores sudamericanos, unha mesma visión respecto a necesidade de renovar a música galega  engadindo novos matices, principalmente no referido a unha maior presenza de elementos da nosa cultura.  


O repertorio seleccionado incluiu tres pezas populares – Pandeirada de Nebra, Arrieiros de Moraña, Romance de Bernardino e Sabeliña -, e  sete composicións firmadas por Emilio Cao, quen tamén se encargaría dos arranxos xunto a Bernardo Martínez e Xoan Piñón.


Entre elas cabería destacar Fonte do Araño,  que da nome ao disco e presenta unha enfeitizante mistura tecida co son da arpa céltica, gaita e unhas segundas voces anxelicais, Na noite de San Xoan, ou como a zanfoña e unha sentida interpretación de Cao serven de guía nunha treboada, Chegando ao Caurel ca pegada do birimbao, e as improvisacións  de As gaivotas sobor do nos, sen olvidar Baixaron as fadiñas ou No campo da festa, cadansua con cualidades únicas e inéditas nas grabacións feitas daquela en España, pero que na escoita en conxunto ofrecen unha experiencia sublime.


 


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Serán do Samaín no Calvario (Vigo)

(texto engadido o día 31/ / 10/ / 17 )


Martes 31 de outubro ás 19:00h
Peatonal do Calvario (Vigo) Diante do Mercado do Calvario.


O próximo martes 31 de outubro a partir das 19.00 terá lugar diante do mercado do Calvario o Serán do Samaín.

Abrirán o serán os mais pequenos e a continuación haberá varias agrupacións tocando e cantanto, así que se formas parte dalgunha agrupación de gaitas ou pandeireta non dubides en vir a participar.

Teremos festa ata ás 23.30, repartiremos chocolate e rosca para todos os asistentes

Este ano contaremos con Tarambainas, Pandereteiras A Buxaina, Sete Cuncas e as agrupacións de O Fiadeiro entre outros.

Teremos talleres para nenos organizados por Koremi e Troula durante toda a tarde.

Agradecementos ó Concello de Vigo por confiar un ano mais na Asociación O Fiadeiro para organizar o evento.

Vos esperamos para pasar unha tarde/noite de med

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]