Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


PESDELÁN en A Coruña
https://www.facebook.com/normalizacioncoruna/photos/a.867576209983046/2679895665417749/?type=3&theater&ifg=1
(texto engadido o día 24/ / 5/ / 19 )


Cantas ganas de troula teñen esas crianzas de 3 a 6 anos? O mércores 29 de maio, ás 18.00 h no Centro Cívico de Monelos (Centros Cívicos A Coruña), teremos unha gran festa co concerto-baile "Na punta do pé" de PESDELAN. Banda a tocar, bailadoras e bailadores a danzar, que ben o imos pasar!
A inscrición comeza mañá, 23 de maio, ás 10.00 h, e hai que coller entrada por cada persoa que vaia (nena, bebé, mamá, avó).
+info: https://i.gal/AxendaSNL

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Repifesta da Asociación Cultural Triskell (Arteixo)

(texto engadido o día 24/ / 5/ / 19 )


Venres 24 de maio a partires das 22h na Casa Xuntanza (Pastoriza)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VII Festa Amanexa en Dexo (Oleiros)
https://www.facebook.com/events/1996118883829785/
(texto engadido o día 24/ / 5/ / 19 )


O vindeiro 25 de maio celebramos o noso festival, asi que reservade ese día nas axendas que non volo podedes perder.
Comezaremos a tarde coas actuacións:
- Airiños de Fene
- A.C.F O Pedrón
- A.C. O Amanexo
Poderemos encheremos o bandullo na churrascada e despois a tocar, cantar, bailar e disfrutar toda a noite na FOLIADA.
Durante toda a tarde poderemos disfrutar dunha mostra de artesanía da man de Zeltia ao Aire, Lucecús e Carracucarte.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada de Primavera en Begonte
https://castinheiromilenario.wordpress.com/2019/05/03/actos-os-maios-e-foliada-de-primavera-2019/
(texto engadido o día 10/ / 5/ / 19 )


Sábado 11 de maio ás 20:30h

Como todos os anos desde Castiñeiro Milenario queremos darlle a benvida á Primavera, do xeito que merece e como nos presta: organizando unha nova edición da Foliada de Primavera.

Comezaremos pola tarde, a partir das seis facendo un pequeno paseo para apañar flores e fentos e xestas e facer un maio ben bonito e grande. Dirixidos polas sabias indicacións da mestra da Primavera, Branca Villares faremos un maio, probaremos a facer algún “maio vivo” e cantaremos unhas pezas ao redor del, nenos, nenas e maiores todas xuntas para dar a benvida á primavera. Un chocolate quentiño daranos forzas para seguir ata que a Foliada chegue.

Despois haberá uns petiscos para empezar unha nova edición da Foliada de Primavera. A partir das oito e media, comezará a festa con dous grupos, desde Outeiro de Rei con sangue e forzas propias da mocidade virá Filseira, con moitas gañas de cantar e bailar, e para rematar, desde Lugo, a Asociación Arrincadeira. Despois, foliada aberta ata que os corpos aguanten.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXXVII Festa dos Maios en Vigo
http://consorciocascovellovigo.org/blog/casco-vello-blog/os-maios-enchen-de-actividades-festivas-a-praza-do-berbes-o-vindeiro-domingo/
(texto engadido o día 10/ / 5/ / 19 )


Domingo 12 de maio

Os actos festivos comezarán na citada Praza do Berbés ás dez e media da mañá con diversos talleres infantís; ás doce haberá unha sesión de contacontos, tamén dirixida aos máis pequenos, que irá seguida, a partir da una da tarde, da actuación dos grupos “Os Ferraias da Etea” e “ Pandereteiras de Frián”. Tras a comida popular, que comezará sobre as 14.30 horas, a intervención da banda de gaitas do Casco Vello, ás cinco da tarde, servirá de introdución ao acontecemento principal da xornada: a representación dramatizada dos Maios, que terá lugar a partir das seis da tarde. Como colofón a todos estes actos o grupo “Ou Mellor de cada casa” amenizará os últimos momentos desta festiva xornada no Berbés.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Repifesta na Pastoriza da Asociación Cultural Triskell (Arteixo)

(texto engadido o día 10/ / 5/ / 19 )


Venres 10 de maio a partires das 22h en Casa Xuntanza (Pastoriza)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa Sementeira e Música en Corzáns (Salvaterra de Miño)

(texto engadido o día 10/ / 5/ / 19 )


A Asociación Quinta do Piñeiro é organizadora da ‘ Festa Sementeira e Música’ que alcanza este ano a 13ª edición e que nesta ocasión ha de celebrarse os días 11 e 12 de maio na área recreativa do Muiño dá Ponche, na parroquia de Corzáns, no municipio pontevedrés de Salvaterra de Miño.

Dous días nos que a artesanía, a diversión e a tradición estarán presentes.

A festa comezará o sábado pola mañá, cunha concentración de tractores clásicos que a continuación realizarán un roteiro polos principais enclaves turísticos do municipio.

Pola tarde-noite, a música de grupos como Xosé Lois Romero e Aliboria, Festicultores Troupé e Sons da Raia amenizarán esta primeira xornada da Sementeira e Música 2019.


O domingo os traballos do campo e unha labrada con bois darán paso á lectura do pregón a cargo do coñecido deportista Fernando Romay.

Para recuperar forzas, os asistentes poderán gozar dunha comida campestre onde a ‘Carne ao Caldeiro’, a empanada, o churrasco ou o polbo farán as delicias dos estómagos máis esixentes.

Pola tarde, as archiconocidas ‘ Olimpíadas agrícolas’ poñerán a nota de humor á celebración, cos seus tradicionais xogos do “cambio de marcos” ou lanzamento de alpacas. Sen esquecerse dos máis pequenos da casa, para os que tamén haberá actividades como talleres, xogos tradicionais ou obras de teatro a cargo de Barafunda Animación.

Ademais contarase coa actuación de Os Melidaos, que xunto a grupos como o quinteto Ronco&Fol e As Lucernas porán a nota musical, a un evento que cada ano alcanza maiores cotas de asistencia.

Dous días onde se volverá atrás no tempo, situándonos nas primeiras décadas do século XX. Para iso, desde a organización anímase a vir vestidos con traxes de época achegando cor e vistosidade; tamén se poderá participar na elección da mellor caracterización.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



V Foliada de Cervo (Lugo)
https://www.facebook.com/events/386380995471864/
(texto engadido o día 10/ / 5/ / 19 )


O vindeiro 11 de maio celébrase a #VFoliadaCervo e a XIII Festa de degustación da carne de porco na Praza do Souto (Cervo).

◇PROGRAMA
11h 30 Obradoiro de regueira con Lupe Blanco e Manolo Maseda (Inscricións: https://goo.gl/forms/sG8nWwSyYnaVPXZ02)

13h 30 sesión vermú amenizada con regueifas e o coro tradicional Dorna

16h 30 Obradoiro de canto e pandeireta para a rapazada
Obradoiro de baile

19h 15 FOLIADA
- Os do 21 (O Vicedo)
- A Rebolaxe (San Cibrao)
- Cantareiras de Valdeflores
- 7 meigas e un meigallo (San Cibrao)
- Saíñas (Xove)
- Grileiras (Burela)
- Cordenaia (Cervo)
- As Maiolas (San Cibrao)
- Troula Stone (Terras da Mariña e Ortegal)

20h XIII Festa de exaltación da carne de porco

23h Tanxugueiras

☆ SORTEO (rifas 1€)
☆QUEIMADA

♤FEIRA
- Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña
- Vagamundi
- Flying books
- Clic Clac Artesanal
- Chiquibana Coruña
- Atrapasueños
- Bantú
- Artdesigngallery
- Orgonitas Margonitas


🔸Se queredes poñer un posto (gastronomía, artesanía, cosmética, ecoloxía...) no mercadiño, inscribídevos aquí: https://goo.gl/forms/0druzXgv6P59UJsJ2


✏Contacto: mensaxe privada a través do Facebook ou no correo-e: fervenzadesargadelos@gmail.com



Organizan: A.C. Airiños do Xunco e Acr Fervenza de Sargadelos
Colabora: Concello de Cervo

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Noite de Fiadeiro en Vilavidal-Ramirás (Ourense)
http://www.noitedefiadeiro.com/p/programa_7.html
(texto engadido o día 10/ / 5/ / 19 )


Sábado 11 de maio dende as 17:30h
Organiza: Asociación Cultural REBULIR

PROGRAMA:

17:30 h. Apertura FEIRA de produtos artesáns e gastronómicos
Mostra de Oficios Artesáns
- Animación de rúa
- Xogos tradicionais con CCP Xaquín Lorenzo

17:30 h. OBRADOIROS para nen@s
Enredos e Brinquedos – con CCP Xaquín Lorenzo
As tamancas a escala – Tango Zapateiro
Peiteados e Pulseiras – Artesanía Mary
Xogos Cooperativos - Xurxemurxe

18:30 h. CONCERTO da Banda Municipal de Música de Ramirás
19:00 h. Chamada á festa PASARRÚAS de Xigantes e Cabezudos

19:30 h. o FIADEIRO CATIVO con escolas de música tradicional

21:00 h. XII+I Noite de FIADEIRO

E moito, baile e troula ata que os pés aguanten !

Durante toda a noite teremos CONCURSOS, SORTEOS e algunha que outra SORPRESA a maiores.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VIII Festa da Sementeira do Millo en Matamá (Vigo)

(texto engadido o día 3/ / 5/ / 19 )


Domingo 05 de maio.

A FESTA comezará pola mañán, ás 10:30h coa SAÍDA DO CARRO DE BOIS dende o torreiro da festa acompañado pola música das gaitas e percusión da Banda de Gaitas do Casco Vello.
Unha vez chegado ao lugar da festa os bois comezarán cos traballos da labranza da leira acompañado polos cantos das Cantareiras da Sociedade Atlántida de Matamá (12h).

A partir das 14h e para recuperar folgos, serviráse un XANTAR POPULAR.

E xa pola tarde haberá diversas actuacións musicais (Aperta: Percusionistas e tabolireiros [16:30h] , e Peter Punk [17:30 ]) e ANIMACIÓN INFANTIL para xa rematar a festa sementando @s nen@s o millo na leira que se labrou de mañán [18:30h].

Ademáis haberá durante todo o día un OBRADOIRO DE CERÁMICA onde poderá participar tod@ aquel que o desexe, unha MOSTRA ETNOGRÁFICA, MOENDAS no muiño da Regueira (situado a carón da festa), mostras de ARTESÁNS, venda de produtos do campo, POSTOS DE ARTESÁNS, e unha GRANXA con animais do rural.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Repifesta da A.C. Triskell (Arteixo)

(texto engadido o día 3/ / 5/ / 19 )


Venres 3 de maio a partir das 22h en Casa Xuntanza.
(O acceso ás repifestas de Triskell é libre para quen queira compartir música, tocando, cantando, bailando ou simplemente escoitando).

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Arume de Malvas nas Festas de San Telmo en Tui
https://www.facebook.com/arumedemalvas/photos/a.754480771279129/2283302861730238/?type=3&theater
(texto engadido o día 17/ / 4/ / 19 )


Días 18, 19, 20, 26, 27 e 28 de abril na rúa Calvo Sotelo

Un ano máis, queremos celebrar as festas de San Telmo en boa compañí­a, na nosa tasca. Grazas a vós facemos que esta asociación continúe a súa labor, asi que non o dubidedes, pasádevos e disfrutemos xuntos das festas!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Venrespirar ao Grândola (Ourense)

(texto engadido o día 17/ / 4/ / 19 )


Venres, 26 de abril no Grándola (Praza de San Marcial)


15º Edición do Venrespirar, "Festa Tradicional Itinerante":

- 19.00 h.: Obradoiro "Bailar a Canda Os Tempos" con Chus e Carminha no local de A Galheira

- 22.00 h.: Concerto Baile Trad amenizado por Rebulir.

- 00.00 h.: FOLIADA. Anótate escribindo ao noso Facebook, ou no telf. 677090949; tamén podes facelo o propio día falando coa organización. Iredes tocando segundo a orde de inscrición.

O 26 de Abril dende as 19.00 h. até as 02.00 h. na Praza San Marcial (O obradoiro será na Galleira).

Establecemento Colaborador: Grândola.

Colaboran co Obradoiro "Bailar a Canda os Tempos" CS A Galleira e MMM.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VIII Festa da Gaita en Arzúa

(texto engadido o día 12/ / 4/ / 19 )


Sábado 13 de abril

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Repifesta da A.C. Triskell (Arteixo)

(texto engadido o día 12/ / 4/ / 19 )


Venres 12 de abril a partires das 22h na Casa Xuntanza (A Pastoriza)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Repifesta da Asociación Cultural Triskell (Arteixo)
https://www.facebook.com/permalink.php?story_fbid=2341533295878462&id=1095837227114748
(texto engadido o día 5/ / 4/ / 19 )


Venres 5 de abril na Casa Xuntanza (A Pastoriza)

Nova fin de semana con nova Repifesta (foliada aberta dos venres).

Será, coma sempre, mañá venres, en Casa Xuntanza, a partir das 22:00.

Se gustas de tocar, cantar, bailar ou simplemente escoitar, únete a facer Xuntanzas con nós.

LUUUUMMMMEEEEE....!!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Treixadura en Vigo

(texto engadido o día 30/ / 3/ / 19 )


Sábado 30 de marzo ás 21h na Praza da Porta do Sol,
Dentro do programa das festas da Reconquista
- Treixadura -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VI Cantos de Taberna en Sarria
https://www.facebook.com/acpelerinos/photos/a.1635192583425074/2294975804113412/?type=1&theater
(texto engadido o día 29/ / 3/ / 19 )


Festón o sábado 30 polas tabernas de Sarria, con gran fin de festa na Unión onde tocarán todo-los grupos presentados por Leo Arremecághona. Reserva a tua cea!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cantos de Taberna en Pontevedra
http://ocioengalicia.com/pontevedra/cantos-de-taberna-2019-en-pontevedra/
(texto engadido o día 12/ / 1/ / 19 )


Cinco citas, dez bares, cinco grupos e un obxectivo: fomentar a nosa cultura recuperando unha forma de divertimento tradicional. Volve Cantos de Taberna da man da Concellería de Festas e o grupo Maravallada.
A concelleira de Festas, Carme da Silva presentou hoxe a oitava edición de Cantos de Taberna, que arranca o vindeiro venres 25 de xaneiro e que se desenvolverá todos os últimos venres de mes até maio. Ao seu carón, Xaquín Moreda de Maravallada.


Da Silva e Moreda concordaron ao subliñar a aposta pola participación e a boa resposta da xente de Pontevedra á iniciativa, unha resposta que medra ano a ano e que trouxo outras citas como a Aquí Cántase.

“Non se trata de actuacións, os grupos incentivan que a xente cante, que participe nos cantos” indicou a concelleira de Festas. “O que queremos é dar prioridade a voz, encher as tabernas de voces e por iso os grupos levan pouca instrumentación” engade o portavoz de Maravallada.

Co fin de animar á participación, repártense as letras das cantigas nos bares porque son moitas as persoas que tan só coñecen o primeiro retrouso mais non a cantiga completa. Xustamente é un libro de cantigas o premio que recibe, ao final de Cantos de Taberna, a persoa ou grupo que mais se teña implicado e participado nas sucesivas citas do programa.

Cantos de Taberna está a crear escola e cada vez son máis os sitios nos que se organizan encontros para cantar.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Repifesta da Asociación Cultural Triskell (Arteixo)

(texto engadido o día 29/ / 3/ / 19 )


Venres 29 de marzo a partires das 22h na Casa Xuntanza (Pastoriza)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]