Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


A Banda da Loba nas Festas da Ascensión (Compostela)

(texto engadido o día 12/ / 5/ / 18 )


Domingo 13 de maio ás 20h na Praza do Toural (se chove, no Teatro Principal)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada de primavera e Maios 2018 en Begonte
https://castinheiromilenario.wordpress.com/2018/05/04/actos-foliada-de-primavera-e-maios/#respond
(texto engadido o día 11/ / 5/ / 18 )


Semella que ao fin chegou a primavera, e en Castiñeiro Milenario queremos darlle a benvida que merece, organizando unha nova edición da Foliada de Primavera.


Comezaremos pola tarde cunha merenda para a cativada, chocolate e biscoito para coller forzas e ir apañar flores e fentos e xestas para facer un maio ben bonito e grande. Dirixidos polas sabias indicacións de Branca Villares faremos un maio, probaremos a facer algún “maio vivo” e cantaremos unhas pezas ao redor do maio, nenos, nenas e maiores todas xuntas para dar a benvida á primavera.


Despois haberá uns petiscos para empezar unha nova edición da Foliada de Primavera. A partir das nove, comezará a festa o grupo residente, Foliadeir@s do Castro, nesta ocasión moi ben acompañado pola Asociación A Legua Dereita desde O Corgo, As Cernellas de Santa Marí­a de Bóveda e para rematar, Troupelear desde Baralla. Ao remate, foliada aberta ata que os corpos aguanten.


Agradecemos, como sempre, a boa disposición dos grupos para participar neste acto festivo, a Branca Villares pola axuda e á Asociación Veciñal do Castro por cedernos o local para facer esta gran festa da primavera.





...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I Serán Dos Maios en Salvaterra
https://www.facebook.com/events/375099846308384/
(texto engadido o día 11/ / 5/ / 18 )


O 12 de maio será un día cheo de actividades no parque da Canuda de Salvaterra.

Saíremos a recoller flores e plantas para a elaboración dun maio, teremos sesión vermut con Ronco&Fol, xantar popular, festa infantil, concerto coas Donicelas...

Pecharemos o día participando no I Serán dos Maios.

Convidámosvos a participar!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV Foliada de Cervo

(texto engadido o día 6/ / 5/ / 18 )


Sábado 12 de maio
Cervo.


O vindeiro 12 de maio celébrase a #IVFoliadaCervo e a XII Festa de degustación da carne de porco na Praza do Souto (Cervo).

12:00 Obradoiro de pandeireta e canto para crianzas
13:00 Sesión vermú con Pan Sen Fron
16:00 Obradoiro de percursión impartido por Xosé Lois Romero
20:00 Foliada:
-Nova Semente
-OS Do 21
-Troula&stone
- Acm Dambara Burela
- A Rebolaxe
-As Maiolas
- Pandeireteiras do CEIP N' 1 de Cervo
23:00 Concerto de SUSO VAAMONDE e Xosé Lois Romero

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I Xuntanza de Músicos de Tradición Galega en Paderne (A Coruña)
https://www.facebook.com/events/261953697666703/
(texto engadido o día 5/ / 5/ / 18 )


Sábado 5 de maio ás 19:00h
Paderne, 15314 Paderne (A Coruña),


Tocas o tamboril, bombo, pandeireta ou gaita?

Convidámoste á I Xuntanza de Músicos de Tradición Galega organizada pola Comisión de Festas de Villozás que se levará a cabo no Concello de Paderne, concretamente, no campo do Telleiro o día 5 de maio do 2018.

Con esta xuntanza pretendemos que o maior número de gaiteiros interprete a mesma peza, neste caso, optouse pola “MUIÑEIRA DE BUXOS VERDES”. Deste modo superaremos a Bulgaria no record de interpretar todos xuntos unha peza (pendente de aprobación por parte da organización Ginness).

Habendo tantos gaiteiros en Galicia, porqué teñen que ter o record noutro país?

Ademáis, trala actuación conxunta teredes á vosa disposición comida típica galega e a posibilidade de continuar coa foliada ata que o corpo aguante.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A Roda na Festa da Brincadeira (Bouzas. Vigo)

(texto engadido o día 20/ / 4/ / 18 )


Domingo 22 de abril

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Arde o Pazo 2018 (Mos)

(texto engadido o día 20/ / 4/ / 18 )


Sábado 21 de abril
Arde o Pazo.
Camiño da Rua, 1,36415 Santa Eulalia,Pontevedra.
Mos.


10 edición da festa Arde o Pazo de Mos, recordando o paso do exército de Napoleón polo Val da Louriña en 1809.
Representacións, mercado de artesanía, actuacións musicais, exhibicións de baile, furanchos...


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



FESTA DA SEMENTEIRA DO MILLO 28 - 29 ABRIL EN MATAMÁ (VIGO)

(texto engadido o día 19/ / 4/ / 18 )


A Asociación COLECTIVO CULTURAL ALTERNATIVO MALAHERBA, xa estamos preparando a sétima edición da FESTA DA SEMENTEIRA DO MILLO que se celebrará en Matamá (Vigo) os días 28 e 29 de abril.
A festa comezará o sábado 28 coas xa tradicionais OLIMPIADAS DO CAMPO para pasar unha tarde de deporte e bo humor participando en diversas probas como o : "lanzamento de sacho", "debullar millo", "lanzamento de boina", "carreira de trespés", ....

Xa á tardiña actuará o coñecido músico PACO NOGUEIRAS que nos ofrecerá o seu espectáculo BRINCA VAI!, e a continuación actuará o grupo humorístico "TRIATREROS".

Xa pola noite poderemos disfrutar coa música dos grupos "OS VACALOURAS" e " IGMIG".

O Domingo 29 comezará a festa as 10:30h coa saída dende o torreiro da festa de Matamá do carro tirado por unha parella de bois acompañado do Grupo de Gaitas OS CATRO QUINTOS para ir ata o lugar de celebración da festa onde se procederá a labrar unha leira usando a forza dos bois.

Ás 12h. actuará o multitudinario coro tradicional do ORFEÓN MARIÑEIRO DO BERBÉS.

Ás 14h. haberá un XANTAR POPULAR onde se servirá CARNE AO CALDEIRO + PAN + VIÑO/AUGA + CAFÉ + POSTRE polo prezo de 10 euros. (Para reservar chamar o tlf.:634561319). Tamén se servirá polbo a feira e churrasco.

Pola tarde, ás 17h. contaremos coa actuación do grupo " FOLC DE COIRO" de Bembrive .

As 18h @s nen@s asistentes a festa poderán sementar o millo na leira labrada pola mañán.

Ademais dentro da programación da festa haberá: Postos de venda Artesanía, Obradoiros de oficios artesáns, Mostra de animais do rural, Mostra etnográfica, demostración da moenda no muiño da Regueira.

No caso de chuvia haberá zona cuberta

MAIS INFORMACIÓN EN : Facebook COLECTIVO MALAHERBA

telf: 634561319


Noticia enviada por COLECTIVO MALAHERBA

- SEMENTEIRA -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Virandeira en Meiro (Bueu)

(texto engadido o día 7/ / 4/ / 18 )


Sábado 7 de abril ás 21:00h
Meiro, Bueu Galiza.


Lume na Festa do Millo Corvo!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada de Donaire (A Coruña)

(texto engadido o día 7/ / 4/ / 18 )


O sábado 7 de abril, temos foliada organizada pola A. C. Donaire!

13h. - Concerto-vermú a cargo de Os Viqueiras de Ordes
19h. - Foliada infantil
21h. - Foliada

Agardámosvos neste día de festa na pérgola do Parque de Eirís, onde poderemos bailar sen medo do tempo, pero se ademais nos acompaña xantaremos no parque.

E para tocar? Escríbenos a info@acdonaire.com ou pregunta no posto da asociación.

Coa colaboración de:
Concello da Coruña
Ardelloeixo - Foliadas da Coruña
Cultura da Deputación da Coruña
- AC Donaire -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VIII edição do festival ‘Português Perto’ em Ourense
https://duvi.uvigo.gal/contenido/artigos/cultura/2018/03/artigo_0007.html
(texto engadido o día 14/ / 3/ / 18 )


Un ano máis, o campus de Ourense volverá a abrir as súas portas para homenaxear e difundir a cultura lusófona coa celebración de Português Perto. Aquelas nossas músicas. A oitava edición desta iniciativa, asentada xa no calendario cultural universitario, celebrarase do 12 ao 16 de marzo. Entre as novidades deste ano está unha exposición de banda deseñada sobre as Cantigas de Santa María.

O día 15 de marzo, Tiago Pereira presentará o proxecto A música portuguesa a gostar dela propia, e a sala Emilia Pardo Bazán do Edificio de Ferro acollerá a sesión de contos Historias contadas, con Sofía Maul e Avelino González. Ao día seguinte, o baile será o gran protagonista, celebrándose un obradoiro a cargo de Celina da Piedade e unha nova edición de Venrespirar, que contará ademais de con Celina da Piedade coas pandeireteiras de Rebulir e algunha sorpresas. Venrespirar é unha festa tradicional itinerante por prazas da cidade de Ourense organizada polas asociacións Gomes Mouro e Algaravía. En cada sesión desta festa convídase a todas as persoas asistentes a improvisar músicas, bailes e conversas dun xeito lúdico e ameno. A cita será na sala Emilia Pardo Bazán ás 22.00 h.

Paralelamente a esta programación, do 12 ao 23 de marzo terá lugar a mostra As Cantigas de Santa María. Arte BDieval, que estará situada primeiro no Edificio de Ferro e posteriormente na Biblioteca Rosalía de Castro do campus. Trátase dunha exposición itinerante de banda, desenvolvida por BDBanda coa colaboración de Agal, que, explican os seus promotores, “ofrece unha aproximación inédita a estas cantigas explorando a súa vinculación coa banda deseñada”. Todos os actos de Português Perto. Aquelas nossas músicas son de balde e abertos ás persoas interesadas.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Revoluçom dançada en Compostela (Habelas Hainas no peche da exposiçom "Músicas Galegas Ilustradas")

(texto engadido o día 9/ / 3/ / 18 )


Venres 9 de marzo ás 22:00h
Gentalha Do Pichel.
Rua Santa Clara, 21.
Santiago de Compostela.


Festa para despedir a genial exposiçom "Músicas Galegas Ilustradas" que visibiliza ás mulheres músicas no panorama musical galego.
A partir das 22h haverá:
- Bingo Feminista.
- Concerto de Habelas Hainas
- Atuaçom da DJ Ferromona

Bilhete 4€ (5€ pessoas nom sócias)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Tiruleque na Coruña

(texto engadido o día 9/ / 3/ / 18 )


Venres 9 de marzo ás 22:00h
Garufa Club.
Riazor 5.
A Coruña.

6€. Entradas a venda so en taquilla
Tiruleque presenta en “Outro que tal baila”, o seu terceiro traballo discográfico, un repertorio orientado á música de festa e de baile, explorando novas posibilidades partindo da música galega. O título do álbum significa unha auténtica declaración de intencións, xa que define perfectamente o espírito deste grupo que, disco tras disco, busca promover música bailable con pura raíz galega.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Edicion de Cantos de Taberna de Marin

(texto engadido o día 9/ / 3/ / 18 )


Venres 9 de marzo ás 21:30h
Rúa Alcalde Ezequiel Massoni, 36920 Marín (Pontevedra),


II Edicion de Cantos de Taberna de Marin, polos Bares de Ezequiel Massoni,Neste caso veñen os nosos compañeiros os Maravallada de Pontevedra,Festa asegurada.Vinde tod@s a Cantar e Bailar con nos.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Música POLO NOSO MONTE

(texto engadido o día 2/ / 3/ / 18 )


Sábado 3 de marzo ás 08:00h
Barrio As Cortellas, 36866 Ponteareas (Pontevedra),


Dende aquela triste noite do 15 de outrubro de 2017 en que ardeu ata o último recuncho do noso fermoso monte, os veciñ@s das Cortellas unímonos para cambiar algo, para conseguir que a nosa aldea estea un día rodeada de enormes castiñeiros, carballos, corticeiros...
Con este fin, imos facer MÚSICA POLO NOSO MONTE.
O sábado 3 de marzo de 2018 ás 19:00h, terá lugar nas Cortellas (Padróns-Ponteareas) unha gran festa na que recaudaremos fondos para recuperar o bosque verde co que todos soñamos.
A entrada vai ser de balde. Temos outros xeitos de colaborar. Poderedes , por exemplo, apadriñar unha árbore que será plantada co nome do seu padriño ou madriña.

Saúdos dos veciñ@s das Cortellas.

RECORDADE QUE CALQUERA XARDÍN COMEZA POR UNHA SEMENTE.
VÉMONOS O DÍA 3 DE MARZO!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Venrespirar no Liceo (Ourense)

(texto engadido o día 22/ / 2/ / 18 )


Venres 23 de febreiro ás 22:00h
Liceo de Ourense.
Rúa Valentín Lamas Carvajal, 5.
Ourense.

XIV Edición do Venrespirar- Festa Tradicional Itinerante
- 22:00 h Concerto de Lubicáns + Candaira
- 23:45 h Foliada: Anótate escribíndonos ao noso Facebook ou no teléfono 677090949, tamén podes facelo o próprio día falando coas persoas encargadas da organización. Iredes tocando segundo a orde de inscrición.
O Venres 23 de Febreiro desde as 22:00 h até as 02:00 h no Liceo de Ourense


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Tiruleque presenta "Outro que tal baila" en Compostela

(texto engadido o día 16/ / 2/ / 18 )


Sala Capitol
17 febreiro · 21:30
5€ (+ gastos) anticipada / 8€ taquilla
Venta de entradas: www.salacapitol.com / A Reixa Tenda / Taquilla Praza de Ourense (A Coruña)
Tiruleque presenta en “Outro que tal baila”, o seu terceiro traballo discográfico, un repertorio orientado á música de festa e de baile, explorando novas posibilidades partindo da música galega. O título do álbum significa unha auténtica declaración de intencións, xa que define perfectamente o espírito deste grupo que, disco tras disco, busca promover música bailable con pura raíz galega.
- Tiruleque -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Exposiçom "Músicas Galegas Ilustradas" na Gentalha (Compostela)

(texto engadido o día 7/ / 2/ / 18 )


A expo "Músicas Galegas Ilustradas" chega a Compostela!
* Inauguramo-la no 8F com faladoiro sobre a situaçom das mulheres no panorama musical com a música e ilustradora da expo Laura Romero e com as músicas Xiana Lastra Pernas da A banda da Loba e Catu e Yolanda de Soul Maxín

Poderá-se visitar até o 9 de Março e durante este tempo teremos atividades arredor dela:

*No 2 de março, às 18h30, contacontos corganizado com a Semente Compostela de Laura Romero para crianças entre 3 e 7 anos "Sabela quere ser música". Preço: 3€ x família.

* No 9 de março, a partir das 21h, festa-feche da expo com bingo musical feminista e concertos.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Dé Pe Feito en Lugo

(texto engadido o día 26/ / 1/ / 18 )


Sábado 27 de xaneiro ás 23:00h
La Cosechera.
Rúa Irmáns Vilar Ponte.
Lugo.


O grupo Dé Pe Feito nace no ano 2008 na AOFT ( Asociación Ourensá do Folklore), na que comenzan a tocar repetertorio tradicional, non só da provincia de Ourense si no tamén do resto de Galicia, en festas , alboradas e diferentes eventos. Hoxe en día siguen interpretando non só temas tradicionais sinon temas de composición propia cun amplo repertorio, especialmente adicado ó baile. A parte musical está dirixida por Gonzalo Abelairas e a cantada por Patricia López. De Pe Feito somos:
Gonzalo Abelairas : Gaita
Patricia López: voz e percusión
Jose Cid: Gaita
Jose Perez: Gaita
Eva Chispi : Gaita e zanfona
Silvia Rodríguez: tambor tradicional
Paula Pérez: Bombo
Gerardo Quintela : Acordeón cromático

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Virandeira en San Blas no furancho Os da Rianxeira (Bembrive)

(texto engadido o día 26/ / 1/ / 18 )


Sábado 27 de xaneiro ás 22:30h
Bembrive.
Bembrive.


Por San Blas... Virandeira escoitarás! O sábado 27 de xaneiro ás 22:30, festa rachada no Furancho Os da rianxeira en Bembrive! Lume!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]