Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


Festa da Carballeira de Zas
http://www.facebook.com/2015979685385873
(texto engadido o día 18/ / 7/ / 18 )


Venres 3 de agosto ás 22:00h
Festa da Carballeira.
1 Rúa Velar.
Zás.


A 35° Festa da Carballeira será, coma sempre, o primeiro sábado de agosto. Pero coma en moitas festas hai unhas vésperas espectaculares:

VENRES 3 de Agosto a partir das 21:00h
- Pelepau (Galiza)
- Niamh Ní Charra (Iirlanda)
- Ses (Galiza)
- The Fatty Farmers (Toledo)

SÁBADO 4 de Agosto a partir das 12:00h
- Feira de artesanía e produtos ecolóxicos.
- Espazo de xogo infantil .
- Sesión vermú
- Gran mexilloada popular

A partir das 14:00
- Caxade
- Os Farrapos
- Cé Orquesta Pantasma
- Grupos da A.C Castro-Meda de Zas
- Gran Foliada da Carballeira.
Unha foliada aberta a todos os amantes das foliadas, ruadas e seráns.

A partir das 21:00h
- Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre (Galiza)
- Harmónica Creams (Xapón)
- Mánran (Escocia)
- Astarot (Galiza)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Patria Galega en Santa Cruz (Oleiros)

(texto engadido o día 17/ / 7/ / 18 )


Sábado 21 de xullo a partires das 20h na Praza de Esther Pita

Rancho Folclorico e Etnografico de Oleiros
A.C. Faragullas
Grupo de Baile e Gaitas Santaia

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



V Festival Arume de Malvas (Pontevedra)

(texto engadido o día 17/ / 7/ / 18 )


Sábado 21 de xullo ás 20h no Torreiro de Festas de Malvas

Arume de Malvas
Lembranzas da Terra (Guillarei)
Acm Dambara (Burela)
Algarabía Folk

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



V Festival de Música e Danza Tradicional ATURUXOS AO SON DA RÍA (CANGAS)
https://galego.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2018/07/13/aturuxos-ofrece-actuaciones-simultaneas-musica/1927532.html
(texto engadido o día 14/ / 7/ / 18 )


O certame celebra a súa quinta edición coa danza e o folclore como protagonistas -Actúan Soavela, Peis D'Hos, Ximalveira, Lembranzas dá Ría e Pais de San Roque

A V edición do festival de música e danza tradicional "Aturuxos ao son dá ría" arrinca o 13 de xullo cun cartel composto polas coñecidas bandas galegas Peis D'Hos, Ximalveira, a agrupación Lembranzas dá Ría e as escolas de danzas Pais de San Roque e Soavela. As actuacións terán lugar nas prazas dá Constitución, dá Palma e dás Pontes. Este festival é unha colaboración do Concello de Cangas coa Xunta e o seu horario será o venres e o sábado desde as 21.30 horas, e o domingo desde as 20.30 horas.

O evento comezará o venres ás 21.30 cunha actuación de apertura do grupo Soavela na Praza dá Palma, mentres que á mesma hora amenizarán o ambiente cangués os xa coñecidos Peis D'Hos, pero eles na Praza dá Constitución. Ao acabar as respectivas funcións, os integrantes de Soavela percorrerán as rúas da zona cuns pasacalles ás 22.00 horas.

Seguindo coa música e danza tradicional ao aire libre, o sábado sucederanse de novo unha serie de actuacións simultáneas. Na Praza dás Pontes farase patente a curiosidade e o interese por manter vivas as nosas raíces co grupo "Lembranzas dá Ría". Esta asociación leva desde o ano 1984 sendo un referente cultural e traballando pola recuperación de bailes, cantigas e músicas por toda Galicia, onde o folclore forman xa parte da vida diaria. Á mesma hora, a escola de danza Pais e Nais de San Roque, con máis de trinta anos de vida, fará unha demostración das súas habilidades na danza tradicional galega. E aqueles que queiran continuar a festa terán a opción de bailar coa actuación do Grupo Ximalveira na Praza dá Constitución. Xa ás 22.00 horas haberá de novo actuacións e pasacalles das agrupacións Lembranzas dá Ría e o Grupo Ximalveira, na Praza dá Palma e a Praza dás Pontes, respectivamente.

O domingo, a última xornada do festival, pecha as súas actuacións cun desfile de todos os grupos ás 20.15, no que percorrerán as rúas desde o Concello ata a Praza dás Pontes. E como os máis pequenos non se podían quedar sen os seus festexos especiais, para eles desenvolverase un festival infantil ás 20.30 coas diferentes escolas de danza e todos os demais grupos que participan no mesmo, na praza dás Pontes. As actuacións durarán entre dez e quince minutos, pois tras finalizalas volverán realizar uns pasacalles cara á Praza dá Palma e dá Constitución. Deste xeito, pecharase un festival que alterna as prazas de Cangas co fin de levar o folclore polas súas rúas.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Caxade en Loimil

(texto engadido o día 13/ / 7/ / 18 )


Sábado 14 de xullo ás 13:30 no Campo da festa

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Cultura en Vigo
https://www.facebook.com/CentrosCulturaisVigo/photos/pb.167104479985839.-2207520000.1531471066./2180140912015509/?type=3&theater
(texto engadido o día 13/ / 7/ / 18 )


Aquí­ tedes a programación da Festa da Cultura 2018, pasade pola Porta do Sol a comer, beber e disfrutar de todas estas actuacións.
Vémonos alí­!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Música Tradicional en Gondomar
https://www.facebook.com/concellodegondomar/photos/a.1002613026469805.1073741831.974339955963779/1928250023906096/?type=3&theater
(texto engadido o día 13/ / 7/ / 18 )


O concerto de Música tradicional, organizado pola Concellerí­a de Cultura e o Conservatorio Municipal de Música de Gondomar, no que participarán os grupos Terribles de Donas, Tradisón e Cantares do Brión, aprazado polo mal tempo, será celebrado o vindeiro Venres 13 de Xullo ás 20:30h no Parque das ánimas. En caso de mal tempo, trasladarase ao Auditorio Lois Tobí­o.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Rebulir en Cartelle
https://www.facebook.com/events/1151207751686230/
(texto engadido o día 12/ / 7/ / 18 )


Sábado, 14 de xullo
Cartelle, 32820 Cartelle (Ourense)


Este Sábado dí­a 14 de Xullo as 20:30 h. poderedes ver unha actuación de Rebulir Cultura Tradicional no marco da programación das Festas San Benito 2018 do Concello De Cartelle. Alí­ estaremos as diferentes seccións de Rebulir: Grupo de Música tradicional, pandereteiras e pandeireteiros e grupo de baile.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival Abride a Fiestra
http://rosalia.gal
(texto engadido o día 12/ / 7/ / 18 )


VENRES 13 DE XULLO
Quero ver o mar, CARRIL
12.00. Inaugúrase a exposición ‘Rosalía e o Carril’ (Museo do Ferrocarril)
21.30. Lectura de poemas, dramatización ‘Quero ver o mar’ e recreación da viaxe en lancha de Rosalía desde a praia á estación (Praia da Covacha)
22.30. Actuación musical de NAJLA SHAMI

SÁBADO 14 DE XULLO
Inchadiña Branca Vela, DE VALGA A PADRÓN
15.30 Saída de Valga (Praia da Telleira, Vilarello) de dornas, galegóns, botes, bucetas e gamelas.
17.30 Chegada a Padrón (Espolón)
22.00 Concerto de HABELAS HAINAS (Praza de Macías)

DOMINGO 15 DE XULLO
Rosalía en Festa, CASA DE ROSALÍA
Con mercado de produtos rosalianos toda a xornada e teatralización de Mónica Caamaño como Rosalía de Castro, acompañada na música por José Luís do Pico Orjais.
11.00. Coral de Padrón
11.30. Visita guiada de Carlos Dacal pola Horta da Matanza
11.30. Visita guiada para familias pola Casa-Museo por Mónica Caamaño(como Rosalía) e José Luís do Pico Orjais.
12.00. Xosé Manuel Beiras comenta a proxección do filme “Pelerinaxe lírica aos lugares rosalianos” (1951), na que el estivo presente.
12.30. “A viaxe de Rosalía”, un espectáculo de monicreques para cativos (por Larraitz Urruzola)
13.00. Visita guiada pola Casa-Museo por Pepe Barro
13.30. Regueifas con Alba María e Xairo d’Herbón
14.00. Concerto de NAJLA SHAMI
17.00. Visita guiada pola Casa-Museo por Manuel Lorenzo Baleirón (“Rosalía na súa terra”)
18.00. Visita guiada pola Casa-Museo por Pilar García Negro (“Rosalía rebelde e feminista”)
18.30. “A viaxe de Rosalía”, un espectáculo de monicreques (+6)
18.30. Mini-concerto de MARGARITA VISO no piano de Rosalía
19.00. Visita guiada pola Casa-Museo por Xosé Luís Axeitos “Rosalía documentada”
19.30. Entrega da Rosa de Galicia e presentación do Libro Escolar de Poesía
20.00. Recital poético con Ana Blanco, Nuria Vil, Ismael Ramos, Paula Antía Rei e Cinta Adhesiva (espectáculo poético-musical)
20.30. Visita guiada pola Casa-Museo por Mercedes Peón: “Rosalía queer”.
21.00. Concerto de MERCEDES PEÓN.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Caxade e A Barca de Loimil na FESTA DO TINTO Rías Baixas (As Neves)

(texto engadido o día 7/ / 7/ / 18 )


Domingo 8 de xullo

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Vindeiros concertos de Leilía
http://www.facebook.com/10156277800108326
(texto engadido o día 7/ / 7/ / 18 )



..., se queredes acompañarnos este verán, ide tomando nota:

7 de xullo en Muros, ás 23:00h

21 de xullo en Outes, no "Souto de Castiñeiros" da Horta do Muiño, ás 23:30h

24 de xullo en Padrón, na "Praza de Macías" ás 22:30h

29 de xullo en Meaño, na Festa dos Muiños ás 18:00h

31 de agosto en Mos...

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival BelvisSong
http://www.facebook.com/1827408260888703
(texto engadido o día 7/ / 7/ / 18 )



Presentamos #BelvisSong, festival no Parque de Belvís (Compostela) para o domingo 15 de Xullo. PLANAZO!

Os d'Abaixo
García Mc & Pequeno Quilombo
Biribirlocke
Sex Museum Official
RUXE RUXE
sesión vermú con Do Fondo DoPeto
área #soundsystem, ludoteca, polbo e churrasco, artesanía... sol, festa!

Organiza: Kraken Compostela
Colabora: Pazo de Raxoi, Mahou, Luneda Producións, North Patrol Sound System e Sagrado Corazón Tatuajes.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XVII Festa Rachada da Baña
https://www.facebook.com/campantesdabana/photos/a.1824909994460675.1073741829.1823561927928815/2127682397516765/
(texto engadido o día 6/ / 7/ / 18 )


Chega unha nova edición da Festa Rachada da Baña!!!! Con moita, moita música!!!!
Unha festa pra nenos, novos, vellos, familia, familiares, parentes e parentela!!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



SÉS - Readmirando a Condición, Verán 2018
https://www.facebook.com/mariaxosesilvar/photos/a.187854554568960.40457.108349892519427/1905365342817864/?type=3&theater
(texto engadido o día 5/ / 7/ / 18 )


VERÁN 2018
XUÑO
S16 LALÍN - Lalín con gusto (acústico)

XULLO
V6 SARRIA - Sarria, de todas as cores
S7 MOAÑA - Super Bock Morrasound Rock Fest
V13 FENE - Praza do concello
S21 O PORRIÑO - Porrigalia
M24 SANTIAGO d.C. - Festigal
S28 - TOMIÑO

AGOSTO
V3 ZAS - Festa da Carballeira
S4 17º Ribeira Sacra Festival
V10 VILANOVA DE AROUSA - Festival Rockin' Vila
S11 SOBRADO DOS MONXES
D12 VERÍN
S18 FISTERRA - Festa Folk na Fin do Camiño
V24 COMBARRO - Festival Armadiña Rock Estrella Galicia
S25 GUÍSAMO - Festival Guísamo Folk

SETEMBRO
S8 PONTEAREAS
D9 TEIXEIRO
S29 BARBADÁS

Fotaza de Fabio Alonso

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Praza dos Libros de Carballo 2018
http://www.facebook.com/2101898150033732
(texto engadido o día 5/ / 7/ / 18 )


Concertos infantís d@s músic@s favoritas da rapazada, como Pablo Díaz, Paco Pakolas, Mamá Cabra ou Paco Nogueiras. Presentacións e sinaturas de libros cos autores e coas autoras máis relevantes do momento, como Pedro Feijoo, Rosalía Fernández Rial, Manuel Rivas, Enma Pedreira, Xan Fraga, Eli Ríos, Mercedes Queixas, Héctor Pose, Anaír Rodríguez, Miro Villar, Beatriz Fraga... Catro días de imaxinación, creatividade, animación, contacontos, música, libros, presentacións, lingua, premios (máis de 500 premios, si, 500!, como camisolas, libros, chapas, chaveiros, discos...) e moitas outras propostas que encherán de ilusión Carballo. Unha feira da creatividade cultural que se abrirá co pregón da cantora de raíces carballesas SES e que procura achegarlle á cidadanía a creación galega e propostas frescas do ámbito literario, musical e, en definitiva, artístico.

E, ademais, o xoves pola mañá daremos a lata (de atún Calvo) e o domingo, con cada libro, un pan! Todo isto fundido estes dous días coa feira tradicional de Carballo... Unha festa de ideas!

O programa completo da Praza dos Libros de Carballo 2018 pódelo descargar aquí

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Queimán e Pousa na Pobra Do Brollón

(texto engadido o día 4/ / 7/ / 18 )


Sábado 7 de xullo ás 23h na 5 Festa Medieval Guímara de A Pobra Do Brollón.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A Festa do 17 que se fai o 12 na Gentalha do Pichel (Compostela)

(texto engadido o día 12/ / 5/ / 18 )


SÁBADO 12 DE MAIO
?10.30 Alborada e cabeçudos polas ruas de Compostela
Feira de criadoras na Praça do Pam. Com AWA, Deica, Casal de creación, María Viqueira, Druantía e Mamaié
?12.30 "Com Martina na tina", atividade para crianças, na praça 8 de Março
?13.00 Sessom vermute com Lévedo. Un proxecto de Bouba e A Máquina de Mallar, na praça 8 de Março
?14.30 Jantar popular com opçom onívora ou vegana na praça 8 de Março
?17.30 Foliada dos cursos co alunado de ITACA.Asociación xuvenil e cultural.a, A Gentalha do Pichel e Semente Compostela na Praça do Pam
? 21.30 CONCERTOS NA PRAÇA 8 DE MARÇO
?GRUPO GANHADOR DO II ECLOSOM: NUADA
? Ezetaerre
? The Tetas' Van
? PICADISCOS Ferromona

DOMINGO 13
? 17.00 Roteiro: Que som essas letras? A palavra escrita no espaço público, com André Seoane

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Noites de Raí­z en Callobre (A Estrada)
https://www.facebook.com/folkderaiz/photos/a.558978847622291.1073741830.558917420961767/910048442515328/?type=3&theater
(texto engadido o día 12/ / 5/ / 18 )


Derradeira Noite De raiz de esta tempada, pero non nos despedimos con tristura, senón con moita festa.

E para facer esa festa, o sabado dia 12 de Maio teremos con nos a:
*Fol De Veneno.
*Grupo Nai.
*Charamuscas

Volvemos ter degustación gratuita de porco a brasa.

E como sempre, cantina, sorteos, foliada aberta...

Vemonos o Sabado 12 de Maio no teleclube de Callobre.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Foliada de Bama (Touro)
https://www.facebook.com/events/1605013142901830/
(texto engadido o día 12/ / 5/ / 18 )


O vindeiro 12 de Maio celebramos a II Foliada de Bama, no concello de Touro.
A partir das 19h, Obradoiro de Baile Tradicional (de balde). A partir das 20h Foliada cos grupos A Pinguela de Bama, Pandereteiras da Baña, Sarillo de Aiazo, Esvola Oct Ultreia, O Ghusto do Boi, Pandereteiras da A.C. Rosalia de Castro de Cacheiras, Enxebres de Cacheiras, Faiscas da Pontraga, Aldomir e fin de festa co concerto de Tanto Nos Ten. E despois.....foliada aberta.
Haberá carpa, cantina con prezos populares, bocadillos, sorteos e moita moita festa.

Animádevos a vir pasalo ben a II Foliada de Bama.

Organiza: A.C. A Pinguela de Bama

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Serán dos Maios (Cuntis)
https://www.facebook.com/1514926775475584/photos/a.1567719220196339.1073741829.1514926775475584/1840371716264420/?type=3&theater
(texto engadido o día 12/ / 5/ / 18 )


Empeza a conta atrás... Afinade gaitas, encerade pandeiretas e preparade as gorxas que este sábado tendes festa rachada en Cuntis!!!!! Vinde a desfrutar de boa compaña e botarlle uns bailes.... Esperámosvos!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]