Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


INAGURACIÓN ESCOLA DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL REBULIR - CONCELLO DE RAMIRÁS ( OURENSE )
Rebulir.blogspot.com
O Concello de Ramirás inaugurará o próximo Sábado día 6 de Outubro a súa primeira escola de Baile e Música Tradicional . O nome escollido para esta escola é o de “ Rebulir ” . Estará situada no Centro Sociocultural de San Andrés , no pobo de Vilavidal pertencente a dito Concello.

O curso partirá con un número aproximado de 40 alumnos de todas as idades , desde 4 anos en adiante . Impartiranse clases de Baile tradicional , Canto e Pandeireta , Gaita Galega e Percusión Tradicional , complementando a súa formación con nocións básicas da etnografía galega .Tamén se organizarán periodicamente outras actividades paralelas para o lecer dos dos alumnos e demais habitantes do Concello tales como : festivais , xornadas lúdicas , a II noite de fiadeiro , xornadas de xogos tradicionais ... etc. A matrícula nesta escola é totalmente gratuíta xa que está financiada na súa totalidade polo Concello de Ramirás .

Nace así un núcleo para a recuperación e mantemento da tradición neste recuncho da Provincia de Ourense , engadindo un granciño máis a contribución que algúns grupos están a facer a prol da cultura do noso país. Sendo este un dos principais obxectivos que esta escola se marca , aceptando tamén o compromiso de facelo da maneira máis autentica posible , creando non só un grupo de músicos e bailadores , senón que estes a súa vez podan aproveitar estas habilidades aprendidas para desenvolverse en festas e seráns , o que nós consideramos como cultura de base.

PD : Para máis información chamar o teléfono 639 90 80 05 ou no correo rebulir@hotmail.com


Noticia enviada por Escola REBULIR

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Vieiros: Galiza Hoxe - Desde o berce: "En galego"
http://www.vieiros.com/nova/60671/desde-o-berce-en-galego

Luar na Lubre, Espido, Mercedes Peón, Xabier Díaz e Uxía actuarán en Compostela, Vigo e A Coruña nun festival musical a prol do ensino da nosa lingua desde a primeira infancia.
Redacción - 19:00 31/08/2007
Tags: Festa dos axóuxeres festival Política Lingüística

Un festival servirá para promover a transmisión do galego como lingua materna. A Festa dos Axóuxeres, organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, desenvolverase en Santiago, en Vigo e na Coruña. Serán tres concertos de grupos que participan no disco Cantos de arrolar, que se está a agasallar a todas as mulleres como parte da campaña Xeración e logo!

O martes 4 actuarán no Campus Sur de Compostela Luar na Lubre e Espido. En Vigo, o xoves 6 estarán Mercedes Peón e Xabier Díaz na praza da Estrela. O festival remata na Coruña o sábado 8, nos xardíns de Méndez Núñez, con Xabier Díaz e Uxía. As citas serán de balde e comezarán ás sete da tarde.

As actuacións están destinadas a toda a familia, e contarán tamén co humor de Miguel de Lira e a maxia do mago Romarís. Política Lingüística pretende levar a iniciativa no inverno ás vilas do país, aínda que cun formato diferente e en espazos pechados.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festas do Barrio de San Pedro 2007 en Compostela
www.fbsp.info
Comezan as festas dun dos barrios máis antigos e vivos de Compostela: o Barrio de San Pedro. Estades CONVIDADOS/AS!!


Noticia enviada por comisión

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Artistas e productores defenden a competencia de Xosé Manuel Blanco
http://www.elidealgallego.com/servlet/ContentServer?pagename=OpenMarket/Xcelerate/Render&inifil
Artistas e produtores culturais, tanto galegos como do resto do Estado, emitiron onte un comunicado no que recoñecen en Xosé Manuel Blanco, “un profesional cunha longa traxectoria no mundo do espectáculo”, tras as críticas vertidas polo PPdeG contra el.



Os asinantes responden así ás acusacións do Partido Popular dun suposto “trato de favor” ao irmán do conselleiro de Industria, Fernando Blanco, por parte da Consellería de Cultura ao contratar os servizos da súa empresa por valor de 180.000 euros para o programa “A cultura circula”.

Artistas como Iván Ferreiro, Antón Reixa, Anxo Pintos, Berrogüetto, Budiño, Carlos Blanco, Marful, Narf, Rodrigo Romaní, Ugia Pedreira, Uxía Senlle, Siniestro Total, Quempallou, Ruxe-Ruxe ou Luar na Lubre, así como Articket, a Asociación de Gaiteiros Galegos, Casa de Tolos, Falcatruada, La Fábrica de Chocolate, Pai edicións, Abada Xestión Cultural e outras tantas produtoras galegas asinan o documento de apoio a Xosé Manuel Blanco.

Dende outros puntos do Estado manifestan o recoñecemento á experiencia do irmán do conselleiro, co respaldo dos directores de Subterfuge Records, o Festival de Benicassim, Diario Pop de Radio 3, Virgin Music-Spain, Festimad e Globo Media Música, e de artistas como Javier Alvarez, Josele Santiago, Boikot, Sidonie, Albert Pla, Pereza, Kiko Veneno, Julieta Venegas, Dover ou Los Planetas.

“A traxectoria e o aval profesional das empresas de Xosé Manuel Blanco xa fora aval abondo para que durante o goberno de Manuel Fraga diversos departamentos lle encargaran servizos varios. Máis aínda, desde o contorno do empresario aseguran que Blanco foi marxinado nalgúns casos sen motivo aparente fronte a determinados traballos que despois as empresas foráneas gañadoras destes concursos, incapaces de asumir os choios, lle subcontrataron de igual xeito”, sinalan os asinantes do comunicado.

O grupo do PPdeG aproveitou a circunstancia de que Xosé Manuel Blanco sexa irmán de Fernando Blanco, conselleiro de Industria, para insinuar que Cultura lle contratara traballos debido a esa relación de parentesco, en concreto os referidos ao proxecto “A Cultura Circula”.

Nova aposta > Por outra parte, a TVG emitirá a partir das dez da noite deste domingo, en horario de “máxima audiencia”, a serie “Historias de Galicia”, un proxecto que elude o relatorio cronolóxico e trata de presentar “feitos históricos” que configuraron a realidade galega tratadas con rigor e unha perspectiva actual.

Esta serie documental, que inicialmente consta de 13 episodios, está dirixida a todos os públicos e ten por obxecto a divulgación dos feitos que foron configurando ao longo dos séculos a realidade material económica política, social e económica de Galicia.

O director da serie resaltou durante a presentación da nova aposta da televisión galega a axuda prestada polo catedrático de Economía e membro do BNG, Xosé Manuel Beiras, do presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), Ramón Villares, e do presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro, estes dous últimos, tamén historiadores.

Pola súa parte, a conselleira de Cultura, Anxela Bugallo, pechou o acto da inauguración considerando que a serie servirá para “cubrir o oco enorme de descoñecemento da nosa historia e facer comprensible o noso presente”.

Noticia enviada por marcos

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xornal : ¿Cantos grupos participan na rede galega de música ao Vivo?
http://www.xornal.com/article.php3?sid=20070208125925
(texto engadido o día 10/ / 2/ / 07 )
# Comeza a actividade da rede galega de música ao vivo cun calendario anual de 870 concertos a cargo de 72 grupos.

# A Consellaría de Cultura e Clubtura pecharon a primeira programación bimestral coa participación de 57 formacións de todos os estilos en 239 recitais.

# Un total de 43 salas das catro provincias están presentes neste proxecto que ten como obxectivo a consolidación dun circuíto de difusión musical estable.

(8 de febreiro de 2007)

XORNAL I Vigo .- A nova Rede Galega de Música ao Vivo (RGMV) comeza a súa actividade anual coa programación até decembro de 2007 de 870 concertos a cargo de 72 grupos e solistas de todos os estilos nun total de 43 salas repartidas por toda Galiza. A iniciativa está promovida pola Consellaría de Cultura e Deporte e a asociación Clubtura, supón a aportación compartida de 388.000 euros en custos de cachés (291.400 da Consellaría, a través do IGAEM, e 96.600 das salas); e ten como obxectivo a consolidación dun circuíto musical estable que serva de plataforma de promoción aos intérpretes e contribúa a optimizar a súa presenza no territorio galego.

O proxecto global e o primeiro calendario bimestral de concertos (para febreiro e marzo) foron presentados hoxe pola conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo; e o presidente de Clubtura, Paco Quintas, nun acto que contou coa actuación da solista Sevigny e que se celebrou no Manteca Jazz, de Vigo, cidade que aporta 8 locais á RGMV, o número maior por municipio de cantos integran este proxecto. Outro local de Vigo, neste caso La fabrica de Chocolate acollerá tamén esta mesma noite a festa inaugural da RGMV, cun concerto especial no que os grupos 6PM e Zénzar presentarán os seus últimos traballos discográficos.

A RGMV representa a materialización dunha liña de actuación longamente demandada polos diferentes tipos de recintos que ofrecen música en directo para público reducido en Galiza e co que se dota, ao mesmo tempo, dunha estrutura de distribución sistematizada ao sector musical, ao que poden acceder tanto para as formacións emerxentes como para outras máis consolidadas.

DINÁMICA DE FUNCIONAMENTO.- Dada a elevada cantidade de concertos, a programación anual irase difundido en distintos soportes de alcance bimestral. Así, para o primeiro calendario, que abrangue febreiro e marzo de 2007, a Rede Galega de Música ao Vivo ofrece 239 actuacións de 57 intérpretes en 42 salas. Cada sala confecciona cada dous meses a súa propia programación, deixando fóra o período de verán e repartíndoa en dúas temporadas: a primeira de xaneiro a xuño cunha contratación mínima de 7 grupos e unha segunda de outubro a decembro con alomenos 5 grupos. Cada unha das formacións contratadas ha de ter un mínimo de 10 concertos en todo 2007.

Tralo éxito da convocatoria de preinscrición, que rebasou todas as expectativas de afluencia ao presentárense a ela 349 grupos, levouse a cabo un proceso de selección dos artistas participantes para conformar o catálogo sobre o que os responsables dos espazos escolleron en última instancia aos artistas presentes en cadanseu local. Nesa oferta inicial prestouse unha especial atención aos valores emerxentes dentro do panorama musical galeg, para os que se reservaron 50 prazas; e tamén houbo lugar para formacións de traxectoria máis consolidada, categoría na que quedarán seleccionados 25 grupos. Cada unha das modalidades implica distintas condicións económicas na contratación e nos prezos de venda de entradas ao público.

Os criterios de inclusión que manexou a comisión nomeada para realizar a selección foron os de residencia en Galiza, interese cultural vinculado, oportunidades de promoción, calidade e traxectoria da formación, pluralidade estilística e pluralidade lingüística canto á presenza e promoción da lingua galega.

MAIOR ACTIVIDADE EN PONTEVEDRA.- Figuran adheridas para 2007 á RGMV 43 salas. Delas, 12 da pertencen á provincia da Coruña, con 54 concertos este bimestre e 236 ao ano; 3 a Lugo, con 22 concertos este bimestre e 85 ao ano; 5 a Ourense, con 41 concertos no bimestre e 118 ao ano; e 23 en Pontevedra, con 122 recitais de febreiro a marzo e 431 en previsión anual).

No listado xeral están presentes tanto locais pioneiros e emblemáticos na programación de concertos en directo como os novos espazos que nos últimos anos comezaron unha actividade cada vez máis normalizada canto á exhibición musical: Borriquita de Belén (Santiago), Dzine (San Sadurniño), Café Concerto Antano (Outes), Casa das Crechas (Santiago), Gatos (Melide), Sala 600 (Melide), Jazz Vides (A Coruña), D’Anton (Laracha), Clavicémbalo (Lugo), Auriese Café Cultural (Ourense), Café Teatro Xesteira (Ourense), Jazz Filloa (A Coruña), Garufa (A Coruña), Forum Celticum (Culleredo), Kile (Ordes), Planeta (Sarria), Mogay (Chantada), Roi Xordo (Allariz), Baranda (O Barco), Clan (Xinzo), Karma (Pontevedra), Barriga Verde (Lalín), Salón Parroquial (Ponteareas), O Con do Moucho (A Illa de Aorusa), La Casa de Arriba Pop (Vigo), Manteca Jazz (Vigo), El Ensanche (Vigo), Verbum Náutico (Vigo), Bar Liceum (O Porriño), Woodstock (Portonovo), Ache (Seixo-Marín), Aturuxo Bar (Bueu), Zona Cero (Caldas de Reis), Contrabajo (Vigo), La Fábrica de Chocolate (Vigo), Remache (Vigo), Verbum Jazz Café (Vigo), A Fragua (Redondela), Marrucho (Baiona), Clandestino (Nigrán), Salason (Cangas de Morrazo), Sala Náutio (San Vicente do Mar-O Grove) e Vagalume (Salvaterra de Miño).

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Os músicos galegos piden máis apoios á súa promoción exterior
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/noticia.jsp?CAT=106&TEXTO=5413142&txtDia=30&txtMes=12&t
Luar na Lubre vén de pechar un acordo de colaboración coa Xunta para a súa xira internacional

Os grupos reclaman que se valore o seu papel como embaixadores da cultura de Galicia


(Xesús Fraga | redacción)




Luar na Lubre vén de rematar unha xira que levou ao grupo folk galego a actuar en 50 cidades repartidas por dez países de tres continentes. O conxunto quedou moi satisfeito pola positiva resposta que obtivo en públicos tan distintos como o brasileiro e o escocés, proba da aceptación coa que conta a música de raíz de Galicia.


Pero a xira tamén deixou no grupo un sabor agridoce, polo feito de non poder actuar na súa cidade, A Coruña, e polo que percibe como unha falta de apoios á promoción exterior da escena galega. No primeiro caso, non chegou a concretarse ningunha data, malia falarse das festas de María Pita e dun concerto no Coliseo, e no segundo, a ausencia de colaboración institucional para contribuír á xira internacional.



O grupo formulou á Consellería de Innovación e Industria unha proposta que non chegou a concretarse para os concertos do 2006, pero esta mesma semana acadouse un compromiso para que a Xunta apoie as actuacións para o vindeiro 2007: Venezuela, Arxentina, Cuba, Brasil, Bélxica, Escocia e Holanda son algúns dos países previstos.


Plataforma ideal


Bieito Romero, gaiteiro e líder de Luar na Lubre, cre que os grupos son unha plataforma ideal «para promover a imaxe e o turismo de Galicia», en concertos nos que actuaron para máis de 50.000 persoas. «Cremos que axudaría a facer país», apunta Romero, quen tamén matiza que a reivindicación dos grupos non é «nin de esmolas nin subvencións», senón de apoios concretos, como os que asinan con empresas privadas. Na súa apreciación coinciden outros músicos galegos, como Xosé Ferreirós, de Milladoiro, e Eloi Caldeiro, de Brath, que, sen querer vivir de «subsidios», ven con bos ollos unha maior atención á promoción exterior.


No caso da última xira internacional de Luar na Lubre, a proposta do grupo era incluír a imaxe e logotipos da Xunta nos anuncios e demais soportes -carteis, televisión- relacionados cos concertos, a cambio dun apoio puntual.


Dáse a circunstancia de que as únicas axudas á promoción exterior se destinan a actuacións en centros galegos ou feiras sectoriais, un perfil co que non encaixaba a xira de Luar na Lubre. Romero cre que Galicia podería facer «marca» cos seus grupos, como Irlanda con The Chieftians. Esta mesma semana, os representantes do grupo entrevistáronse con representantes da Consellería e chegaron a un acordo de apoios nesta liña. O conxunto formulou novas propostas e agora só resta pechar os termos da colaboración.


Condicións laborais


Romero tamén apunta, por outra banda, a fórmulas que permitan mellorar as condicións laborais dos artistas. «Sería interesante establecer políticas de cobertura social, como as que existen en Francia, que axuden á profesionalización dos músicos e que poidan centrarse na creación», explica. Para este gaiteiro, outra eiva é a ausencia dunha voz colectiva dos músicos para expoñer as súas demandas, polo que espera que a súa proposta sirva de chamada de atención.


Ferreirós comparte esa sensación de falta de voz interlocutora por parte dos músicos á hora de formular as súas demandas á Administración, pero non ve aos intérpretes «cunha pensión». «Vivir da música é difícil, xa o sabemos -afirma- e cada un ten que facer outras cousas. Habería que estudar o que se poida facer».

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



O Couto lembra o instrumento que perseguiron os cregos
http://www.lavozdegalicia.es/ed_bergantinos/noticia.jsp?CAT=124&TEXTO=5406376
Acollerá o sábado o cuarto Encontro galego do acordeón diatónico

Os músicos máis famosos de Bos Aires nos anos corenta naceron na parroquia de Tella


«O instrumento rei da música galega», segundo o denominou onte a directora do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín, Ugia Pedreira, recibirá o sábado unha merecida homenaxe. Será na Casa dos Veciños de O Couto (Ponteceso), que este ano acollerá o cuarto Encontro galego de acordeón diatónico, que en edicións anteriores celebrouse en Bertamiráns, Lalín e Ourense. Desde as doce da mañá ata ben entrada a noite, decenas de músicos subirán ao palco de O Couto, onde tamén darase a coñecer a historia, en palabras de Pedreira, «deste bicho que foi perseguido polos cregos e que axudou a que se namoraran moitas xeracións de galegos», que, e iso era o que molestaba á Igrexa, bailaron pegados coa música dos diatónicos.

O encontro, no que colaboran a Escola de Música de Serantes, a Asociación Cultural Raigañas, a Asociación Monte Branco, Escola da Rúa e o Concello de Ponteceso, será tamén, segundo explicou, «unha actividade de turismo cultural, que no é só cousa das casas rurais ou as festas gastronómicas». Unha cita «á que virá moitísima xente de fóra» e na que o profesor de historia de música galega no Conservatorio de Música Tradicional, Ramom Pinheiro, expoñerá, a partir das 17.30 horas, a historia dos irmáns Moreira, tres mozos nacidos na parroquia pontecesá de Tella que nos anos vinte emigraron a Bos Aires, onde, «xunto co gaiteiro Manuel Dopazo, convertéronse nuns dos nomes fundamentais dos músicos galegos» en Sudamérica. Pedro, Santiago e Manuel Moreira, que xa non teñen familia na Costa da Morte, produciron os seus propios traballos discográficos e editaron as súas partituras, algunhas das cales poderán escoitarse o sábado en O Couto.

Na Casa dos Veciños, durante todo o día, haberá unha exposición de acordeóns antigos, propiedade do vigués Joam Pedro Branco, obradoiros de baile para os nenos, impartido por Marcelo González e Carlos Quintá. Tamén proxectarán unha reportaxe sobre o señor Pazos de Merexo e entre as 19.00 e 21.00 horas poderán subir ao escenario todos os acordeonistas que o desexen. E despois, co obxectivo de que «a xente baile e se divirta como antano», comezará o concerto no que actuarán Brais Maceiras, o dúo Carlos Quintá & Óscar Fernández, o grupo Os tres trebóns e un convidado moi especial, Pazos de Merexo, «un dos poucos tocadores espontáneos que quedan».

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xornal :'Solaina' é o novo libro-CD do grupo 'Na Virada'
http://www.xornal.com/article.php3?sid=20061226122151
Da man da Asociación Cultural Alexandre Bóveda preséntase mañá mércores ás 20:30 horas, no salón de actos da Aula de Cultura de Caixa Galicia e con entrada gratuita, o segundo CD do grupo musical “Na virada”. Este segundo traballo do grupo galego titulado “Solaina”, esta editado en formato libro-CD, destacando o traballo do escultor Pérez Porto, que colaboro una ilustración do libro con ceramicas a modo de ilustracións.

(martes 26 de diciembre de 2006)

XORNAL I A Coruña.- Ese lugar especial e agarimoso da casa ou do eirado onde aquece o sol e a xente se aqueloutra para compartir afectos e ledicias, onde unha persoa se arrecuncha cos seus sentimentos máis íntimos, onde paga a pena a contemplación demorada do abrente ou onde as crianzas se abeiran cos seus xogos e brincadeiras. E festa na solaina coa música de NA VIRADA. “Solaina” é o novo traballo discográfico-editorial do grupo Na Virada, que contén doce temas musicais inspirados en letras populares e de autores galegos, portugueses e brasileiros. Pensado para todos os públicos, non só o infantil, destaca o carácter lúdico das composicións. No prólogo do libro, Pilar García Negro alude ao concepto de ‘fusión inter-artística’ para describir este traballo no que se mesturan a música, as cantigas e as fermosas pezas cerámicas cheas de colorido, luminosidade e simetría coas que Pérez Porto ilustra o libro.

Cómpre salientar tamén o traballo colectivo da banda en aspectos como os arranxos e maila harmonización, logrando o que Salvador Rodríguez califica no epílogo como ‘maxia’ atribuible aos míticos ‘meniñeiros, que fan sorrir aos nenos pequenos’. Colectivo e multicultural tamén pola participación heteroxénea de artistas como Marcos Valcárcel (Cuba), Renato Spencer e Serginho Salas (Brasil), Samuel Yaô (Costa de Marfil), Virxilio da Silva (SOS Trío), Jorge Beltrán (Siniestro Total), Antonio López “Castillo” (Acuña Jazz), Paco Chapela (Café Cachaça), Xosé M. Fernández (ex-Muxicas) e músicos de Xistra de Coruxo, entre outros.

O libro está salpicado de galeguidade e lirismo, con poemas dos escritores galegos Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas, que lle cantan á paisaxe e á emigración; Xosé Lois García, Francisco X. Peña e Xosé Vázquez Pintor, que nos seus versos evocan a fantasía e a tradición. A vertente portuguesa vén da man do poeta Fernando Pessoa e do músico José Mário Branco, con cantigas sobre a infancia e a liberdade. A influencia brasileira débese á versión que Na Virada realiza dunha cantiga popular de roda.

FRANCISCO PÉREZ PORTO Barallobre (Fene), 1938.- Traballou en Astano como técnico ata que comezou a dedicarse á cerámica. Colaborou con Sargadelos no deseño e realización de diferentes pezas cerámicas e dirixindo o Curso Internacional de Verán nas Cerámicas do Castro. Realizou diversos monumentos, entre eles os dedicados a Castelao (Museo Carlos Maside), Rafael Dieste (Rianxo), á emigración (Ortigueira), ao pallaso (Fene), á pardela (Castelo de Santa Cruz) e a Alexandre Böveda (A Coruña). Exposicións feitas en diversas localidades de Galicia, Portugal e Francia, nomeadamente a través da rede de Galerías Sargadelos. Actualmente dirixe a Escola Municipal de Cerámica de Ferrol e traballa no monumento á música que se instalará na cidade ferrolá.

NA VIRADA.- María Xosé López (voz, zanfona, gaita, trécolas, bombo, pandeiro...), José Pumar (voz, frauta traveseira, acordeón, gaita...), Alexandre Ríos (piano), Humberto “Heredia” (guitarra acústica), Xico de Cariño (harmónicas, salterio, chocalho, caxixi, cabaça...). Iniciaron a súa andaina en Cangas do Morrazo, “na virada do século”. O que comezou sendo un colectivo cultural coa participación de músicos, musicólogos e artesáns musicais, artistas plásticos e persoeiros vencellados ao asociacionismo cultural galego. O resultado dese traballo foi o disco titulado “Rolada das cantigas”, editado en 2002, no que musicaron textos de Rosalía de Castro, Neira Vilas, Manuel María, Uxío Novoneyra ou José Afonso, entre outros. O seu repertorio contén música creativa de autor, música tradicional galega e música popular lusófona.

---

www.navirada.org

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A Asociación Internacional de Estudos Galegos celebra en Bahía o seu oitavo congreso
http://www.lavozdegalicia.es/se_cultura/noticia.jsp?CAT=106&TEXTO=5095721
Baixo o lema Galicia do outro lado do Atlántico. Voces reunidas na Bahía, celébrase dende mañá na cidade brasileira a oitava edición do congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos. A perspectiva deste encontro é afrontar a cuestión cultural galega dende unha perspectiva máis ampla posible, polo que mestura nas súas sesións estudos críticos e investigacións, con diversas manifestacións da creación literaria e musical.


O presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, abrirá mañá o congreso coa conferencia A proxección exterior da cultura galega; será presentado polo presidente da Asociación, Basilio Losada. O mércores, Craig Patterson abordará a identidade cultural galega na obra de Ramón Otero Pedrayo, e celebraranse dúas mesas redondas, unha sobre estudos de lingüística e outra sobre literatura e música. Nesta última participarán Rosa Aneiros, Agustín Fernández Paz e o músico de Luar na Lubre Bieito Romero.


Proxectos e publicacións

O congreso complétase coa presentación de proxectos e publicacións, ademais dunha nova mesa redonda sobre a visión da cultura galega na outra beira do Atlántico, coa presenza de Víctor F. Freixanes, Pilar Cagiao Vila e Camiño Noia Campos. Por último, a compañía galega Talia Teatro representará Bicos con lingua , de Avelino González, e a cantante Socorro Lira presentará o seu último traballo discográfico.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



25 ANIVERSARIO DA AGAL
www.agal-gz.org

IVª Ediçom dos Encontros do Vale do Leres

Programa de actos inclui Festa da Língua, dedicada ao 25º Aniversário da AGAL

PGL.- Com o apoio das associaçons «Canhom de Pau» e «Amigos da Carvalheira», a comissom organizadora dos Encontros do Vale do Leres convoca umha nova ediçom, neste ano a IVª, a celebrar na célebre Carvalheira de S. Justo (Cotobade) no próximo dia 15 de Julho. Inicialmente orientados à recuperaçom do Caminho Velho Português a Compostela, também conhecido como «Caminho Velho Jacobeu» ou «Caminho da Rainha», em alusom à ilustre peregrina, a rainha Santa Isabel de Portugal, na presente ediçom os actos estám dedicados a comemorar o 25º Aniversário da Associaçom Galega da Língua (AGAL).
[+...]

Os actos começarám às 10 horas do próximo dia 15, com a saída da Carvalheira de S. Justo para fazer um roteiro polos petróglifos de Cotovade e Campo Lameiro. O arqueólogo A. Concheiro será o encarregado de guiar a visita.

Meia hora mais tarde, às 10:30, na própria Carvalheira, o público infantil será o protagonista dos jogos tradicionais e de diversos espectáculos de animaçom.

Após umha breve saudaçom da organizaçom e da intervençom do professor Isaac Alonso Estraviz, em representaçom do Conselho da AGAL, para as 13:30 está agendado um jantar popular.

Inscriçom no Jantar

Segundo a tradiçom de ediçons anteriores, o jantar da Carvalheira de S. Justo realiza-se segundo a modalidade da romaria, de jeito que cada grupo leva a sua própria comida. No entanto, a organizaçom oferece a possibilidade de degustar por um preço de 12 euros um menu a base de empadas, churrasco, doces e bebidas.

A inscriçom pode fazer-se por correio electrónico escrevendo para remiceiro@terra.es ou telefonando para o número 600 627399 antes das 14h00 do dia 11 de Julho.

Festa

Das 16h00 até às altas horas da madrugada celebrará-se umha festa popular com diversas actuaçons musicais: umha delas um concerto de apresentaçom de Som Voltas, o disco de Servando Barreiro editado pola AGAL; outra a intervençom do Grupo de Danças do Mundo Monteira, que oferecerá os seus bailes tradicionais. Também está agendada a actuaçom de um grupo de pandeireteiras e outro de gaiteiros.

Convite

A organizaçom convida os músicos amadores, solistas ou grupos, a participarem na popular «foliada» que tradicionalmente se celebra na carvalheira. O objectivo final é manter animado o ambiente entre a mocidade que vai passar a noite acampada neste mítico lugar.

Programa de Actos

10h00 ROTEIRO DOS PETRÓGLIFOS DE COTOVADE e CAMPO LAMEIRO. Saída da Carvalheira de S. Justo. Guia e comentários do arqueólogo A. Concheiro.

10h30 Jogos Tradicionais e Animaçom Infantil.

13h00 Discursos de homenagem à Associaçom Galega da Língua com motivo do seu 25º Aniversário.

13h30 JANTAR POPULAR

16h00 ACTUAÇONS MUSICAIS E FOLIADA POPULAR

* Servando e Contradança
* Grupo de Danças do Mundo Monteira
* Pandeireteiras
* Gaiteiros Tradicionais

Nota: Realizará-se acampamento na própria Carvalheira de S. Justo.





Noticia enviada por SILVINHA

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III Festival Sons do Vento 22 de xullo do 2006
www.geocities.com\bandadegaitasdemelon

A Asoc. Cultural "Amigos do Mosteiro" quere convidarvos a pasar un bo rato no III Festival "Sons do Vento" o 22 de Xullo do 2006 a partir das 21:00 horas no parque de Melón (Concello de Melón- Ourense), a carón do fermoso Mosteiro de Sta María.

Estarán para facer festa os seguintes grupos

- Grupo de baile "PONTENOVA" de Salvaterra de Miño

- Cuarteto folk da Galiza

- B.G. "Amigos do Mosteiro" e convidados

- Grupo folk "Crema de Gaita" (Vigo)

- Grupo folk-ska "Skama La Rede" (Asturies)

- Grupo ska "Skarnio" (Galiza)

* ENTRADA DE VALDE
* COMIDA E BEBIDA A PREZOS POPULARES
* POSTOS DE MERCADIÑO
* ZONA DE ACAMPADA GRATUITA
* O REMATE QUEIMADA POPULAR
* EXPOSICIÓN DE FOTOS E APEIROS DE LABRANZA ANTIGOS


Esperamosbos o día 22 de Xullo no parque de Melón, alí nos atoparemos para disfrutar da música e tomarlle unha, dúas, tres ... ou as que fagan falla.

Máis información www.geocities.com\bandadegaitasdemelon


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A cultura constrúese todos os días
http://www.arredemo.info/3-pe/blog/todos-os-dias
Co lema "A cultura constrúese todos os días" dende o 3º pé invitámosvos a celebrar a Festa da Cultura por todo o alto, e conscientes de que o 17 de maio trascende as letras e convírtese na festa da nosa cultura, unha cultura pola que hai que traballar todos os días.

Para a xente que decidades celebrala con nós en A Coruña aí vos vai o programa:

Martes 16 de maio
22:00 A Repichoca
Festa-Concerto con "Nelson Lines. Aerolíneas Quinteiro" e "O Tear de Llerena"

Mércores 17 de maio
11:30 Quedada no local do Andar Criativo para preparar o roteiro. Traer funda de obreir@, pano branco para a cabeza e instrumentos...
12:00 María Pita. Cortexo cívico polas rúas da Cidade Vella. organiza AAVV Cidade Vella.
14:30 Campo de Artillería. Xantar Popular. Festa da tortilla. "Trae unha tortilla que nós poñemos o pan e mailo viño"
18:00 Roteiro Intertascas. Dende a Cova folk ata o infinito... e dende aí á noitiña as que che pida o corpo!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



SERAN DE REDONDELA - 20 DE MAIO :: folque.com :: Asociación do Conservatorio de Música Tradici
http://www.folque.com/modules.php?op=modload&name=News&file=article&sid=826
O sábado 20 de Maio na Alameda de Redondela celebrarase a terceira edición do Serán de Redondela onde gaiteiros, pandereteiras, bombeiros, tamborileiros, cantareiras e todo amante da música tradicional está convidado a participar.

A hora de comezo será ás 21:30h e todos os que queiran facer boa festa só teran que traer os seus intrumentos e subir ó escenario.

O Serán de Redondela está organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Redondela en colaboración con Asubios de Portocedeira e a Asociación Cultural Santa María do Viso.

ACUDIDE, ESTADES CONVIDADOS !!


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Programa da Festa do 17 q se fai o 13 (A Gentalha do Pichel)
http://www.folque.com/modules.php?op=modload&name=News&file=article&sid=816
FESTA DO 17 QUE SE FAI O 13, praça de BOMBEIROS ("irmao Gomes" detras da cozinha económica, entre a praça de abastos e a porta do caminho).

# Às 10h30: RUADA (iremos pola zona velha tocando e informando
sobre a festa, se alguem quer somar-se so tem que trazer o seu instrumento).

# às 13h SESSOM VERMÚ com o português Ze Marques.

# Ás 14h JANTAR com polveir@s (menú: churrasco e polvo).

# Às 17h FESTIVAL INFANTIL:

· Globofelxia com Nilsom Leite.
· Murais pola língua com Luzia Rodrigues, Suso Sanmartim e Leandro Lamas.
· Jogos tradicionais ca Assembleia do Jogo Popular e Tradicional.

# Às 6h30 apresentaçom do BOOK CROSSING, que realizaremos por Compostela, com @s escritor@s Lucia Aldao, Maria Lado, Teresa Moure, Igor Lugris, Raquel Miragaia, Joao Guisan Seixas.

# Às 19h ( na PRAÇA DO PAM: cervantes): FESTIVAL DE DANÇA E MUSICA TRADICIONAL com os grupos de baile da Xuntanza e Agrupación Folclórica da Colexiata do Sar, e com os grupos de música dos Campantes da Banha e Xilbarbeira.
Ademais, neste momento, haverá umha FEIRA CAMISETEIRA ca participaçom de Caramuxo, Manis Dixital, Onze Varas, A xente das cores, NiceTrip, Aduaneiros sem Fronteiras.

# Às 21h:CONCERTOS com Fiandola (folque), Renato Spencer (pachanga brasileira), Kastomä (rock de Ordes) e Skarnio (ska).

E AINDA HÁ MAIS...!!

Para celebrar a semana das letras:
# Dia 15: noite curta em colaboraçom com o Cineclube.
# Dia 17: Jantar pola língua no Pichel (santa clara 21), Passa-ruas normalizador (iremos por diferentes ruas compostelanas recuperando o seu nome tradicional ate chegar a Praça da GaliZa), e à volta Foliada no Pichel.

Concurso de Adivinhas: durante estas semanas estamos relizando polo bairro um concurso com diferentes adivinhas, o dia 17 entregaremos o prémio:
umha fabulosa cesta com produtos gastronómicos.

Nada mais, so convidar-vos a participar! e a passar a informaçom se podedes, obrigad@s! umha aperta!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]