Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


XXIX FESTIVAL DE PARDIÑAS (Guitiriz)
www.xermolos.org
(texto engadido o día 5/ / 7/ / 08 )
Achégamonos o vixésimo noveno Festival de Pardiñas (en Guitiriz).
Comezamos xa a festa o venres 1 de agosto, para eso irmos abrindo boca, tendo lugar ás 22.30h TEATRO no campo da feira de Guitiriz e a continuación PAN polo grupo VOLTA E DALLE.

Xa o Sábado día 2,
As 18h
-XV MOSTRA DE ARTESÁNS de instrumentos de música tradicional e Concerto de Música tradicional.
-XXIX MOSTRA DE ARTESANÍA con exposicións de pintura, escultura, fotografía e cerámica.
As 19h
-XXIX Marathon de Guitiriz
E pola noite... FESTA con,
CLAN MARAGATO
MANECAS COSTA (Guinea-Bissau)
SHERPAH (Catalunya)
ZËNZAR

E o domingo 3,
As 18h
-XV Mostra de Artesáns de Instrumentos e concerto de Música Tradicional
-Pregón de DAVID OTERO.
E xa vindo a noitiña.... FESTA con,
TITULEQUE
MARENOSTRUM (Portugal)
LES TROMPETTES DU MOZAMBIQUE (Bretaña)

Unha aperta!





...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



V Encontro de Bandas de Gaitas memorial Manuel García “Lolete”
http://musicasdaulla.blogspot.com/2008/07/v-encontro-de-bandas-de-gaitas-memorial.html
(texto engadido o día 5/ / 7/ / 08 )
Desde o 29 de maio do ano 2004 a Asociación de Veciños de Piñeiros vén realizando estes encontros de Bandas de Gaitas, un encontro que desde o falecemento do sempre lembrado e querido Manuel García “Lolete” leva o seu nome.

* Dias: 5 e 6 de Xullo 2008
* Lugar: Campo da festa de Piñeiros
* Entrada á carpa: Gratuita (agás a churrascada)
* Venta de Entradas para a churrascada: Local da A.VV. Piñeiros, Estanco de Piñeiros, Librería Nany, Estanco Penedo (O Feal), Casa Baltasar, Mercería Chandy. Prezo: 15 euros por persoa
* Menú da Churrascada: mexilós, liscos, churrasco (a fartar), viño, pan, auga, xelado, café, bola e queimada.

SABADO DIA 5:

19:00h: pasarrúas das bandas de gaitas dende a rotonda do Ponto ata o campo da festa, onde comenzará o concerto.
23:00h: Gran churrascada e actuación de “CORAL”

DOMINGO DIA 6:

11:00h: Celebración actos “30 ANIVERSARIO” e actuación do “GRUPO NARON MUSICAL 70″
20:00h: Actuación dos grupos “ZARES” e “ABASTO”



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III Festa da Conrobla
http://www.blogoteca.com/malmequer/?txtBus=III+Festa+da+Conrobla&cmdBuscar=Buscar&pag=0&aBuscar
(texto engadido o día 2/ / 7/ / 08 )
Despois do éxito obtido en anos anteriores, os vindeiros días 4 e 5 de xullo celebraremos a III FESTA DA CONROBLA.

A CONROBLA: Era unha festa que se celebraba fai anos ó remate de calquera actividade tanto relacionada coa vida no campo como na vida cotiá. Na nosa comarca, está máis relacionada esta tradición ó tempo da malla. Unha vez que se acababa de mallar nunha aldea, entre todos os veciños que participaban nelas facían unha festa na que non faltaba nin gaiteiros nin bailaríns, e por suposto había viño e comida a encher, esto prolongábase asta que o corpo aguantase.


A programación prevista para este ano é a seguinte:

VENRES 4
10 da noite: Lectura do pregón no Campo do Rosario (Boimorto)
Invitación á queimada e combinado infantil

SÁBADO 5
11 da mañá: Pasarrúas co grupo Maristela (Sobrado dos Monxes)
6 da tarde: Xogos populares (extórnela, carreira de sacos, zancos e corda) no campo da piscina municipal. Haberá trofeos para os mellores.
9 da noite: Cea con churrasco e callos.
10 da noite: Abrindo a romaría, actuación de MINI E MERO.
E de seguido… todos nos!!


Recibide un cordial saúdo

Os Santiaguiños


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Ourense aposta pola cultura galega
http://musicasdaulla.blogspot.com/2008/06/ourense-aposta-pola-cultura-galega_19.html
(texto engadido o día 19/ / 6/ / 08 )
As festas de Ourense, contan nesta edición cun amplo abano de concertos de música galega entre os cales podemos destacar :

- Os Tres Trebóns
- A banda Potemkim
- Trópico de Grelos
- Lamatumba
- O Sonoro Maxin
- Odaiko
- Coanhadeira
- Cantareiras Agarimo
- Charanga Vai de Baile
- The Homens
- Narf
- Susana Seivane
- Berrogüetto

E de pregoneiro desta edición contarán co polifacético Xurxo Souto acompañado dun espectáculo de zancudos. Ademais desto contarán cun Campionato de Futbolín animado por Carlos Blanco e a gran novidade e promesa das festas, a carpa “galegapolos5sentidos” onde se desenvolverán: xogos tradicionais, proxeccións, un concurso de empanadas, o concurso de cuartetos, actuacións e unha chea de actividades máis. O programa completo e máis información podedes consultala nos seguintes enlaces :

- Programa Cultural festas de Ourense ( Mundourense.com )
- Programa Deportivo festas de Ourense ( Mundourense.com )
- Concello de Ourense

http://www.diariofolk.com/

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Arte total. Ecléctica Ensemble, espectáculo no CGAC. Sábado 21 Junho
http://folque.com/cmn-wp/?p=985
(texto engadido o día 19/ / 6/ / 08 )
Por fim!!! Ecléctica Ensemble presenta vinilo minidisc, ainda que nom hà grupo…haverá uma festa artistada com Quico Cadaval de mestre de ceremónias, Ramom Pinheiro (director da producçom), Davide Salvado, Richard Rivera, Ugia Pedreira, membros originais do projecto, Nacho Munhoz, Lez Cameselle, Luzia Aldao, Estevo Creus, Nathan Carter, Pancho Lapeña, Misha Bies Golas, Lhosca Arias, Xurxo Pinheiro, Fernando Abreu, Óscar Fernandez………. e tanta gente que participou com nós nestos anos em palco e desde hà três anos no laboratorio musical de Chaiam. Uma festa mulitidisciplinar que junta artes plásticas, poesia, desenho gráfico, música, oralidade… onde desfrutar dum acto único e irrepetivel e poder mercar o vinilo/CD do projecto.

Isto será na terraza do CGAC ás 22 horas o sábado dia 21, dia europeio da música.

Esta é a nossa despedida que terá segunda parte em Londres e em Porto.

Ficas convidadíiiiiiiiiiiiiiisima/o.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa folk-tradicional no Rial, Soutomaior
http://musicasdaulla.blogspot.com/2008/06/festa-folk-tradicional-no-rial.html
(texto engadido o día 11/ / 6/ / 08 )
O vindeiro Venres 13 de Xuño no barrio do Rial, Concello de Soutomaior, dentro das festas de San Antonio, celebrarase unha magnífica velada musical folk-tradicional. Comezará ás 23h e contarase cos seguintes grupos:
TANTO NOS TEN (TNT)
ALGARABIA
O TAMBORIL FURADO
OS CARUNCHOS


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



FESTA DE FIN DE CURSO DE REBULIR
http://www.rebulir.blogspot.com
(texto engadido o día 9/ / 6/ / 08 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



FESTIVAL ROCK EN COSTA 2008. Santiago
http://musicasdaulla.blogspot.com/2008/05/todo-listo-para-o-festival-rock-en.html
(texto engadido o día 30/ / 5/ / 08 )
O festival do Castiñeiriño (Compostela) chega á súa sétima edición con dúas bandas galegas, dúas portuguesas e unha vasca no cartel

Bunnyranch, Black Panda, Sizo, Paniks e Dr. Gringo actuarán o 31 de maio, no campo da festa do Castiñeiriño.

Previamente, o día 24, Samesugas e The Homens actuarán nunha festa de presentación no Centro Sociocultural do barrio

A Asociación Xurásica, organizadora do evento, sorteará un kit de rock and roll no transcorrer do Festival

http://rockencostafestival.wordpress.com/
http://wordpress.xurasica.com/


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I Concurso de Cuartetos Tradicionais Festas de Ourense
http://musicasdaulla.blogspot.com/
(texto engadido o día 22/ / 5/ / 08 )
I Concurso de Cuartetos Tradicionais Festas de Ourense, que se desenvolverá os vindeiros 28 e 29 de xuño, unha excusa mais para desplazarse ate Ourense e desfrutar das festas da nosa cidade.
Os premios serán:

1-1200€

2-700€

3-300€

Encontraredes as bases en: www.musicasdaulla.blogspot.com



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



LAMATUMBÁ NA CAPITOL.22MAIO.SANTIAGO
http://musicasdaulla.blogspot.com/2008/05/lamatumb-na-capitol22maiosantiago.html
(texto engadido o día 19/ / 5/ / 08 )
Estarán o 22 de Maio ás 21:30h.
Prezos. 8€ anticipada e 10€ en taquilla

Lamatumbá, un dos principais expoñentes da música galega que leva polo mundo adiante a verbena do século XXI coa enseña de Festa por única bandeira, volve aos escenarios con esta súa nova proposta discográfica Paraugas Universal (PAI-Música 2008), un refuxio baixo do que bailar as nosa ledicias, disfrutar os nosos amores, cantar, sorrir. E, se fai falla tamén, seguir a berrar contra todo o que nos doa. Logo de máis de dous anos de xira ininterrumpida desde o lanzamento da súa anterior gravación, Lume (para que saia o sol) e da man nesta ocasión de Segundo Grandío, novo produtor e nembargantes amigo da banda, a formación ourensá escolleu desta vez os estudios de Casa de Tolos para se retirar a lle dar forma ao seu novo traballo discográfico. Gárdate con nós da choiva, pérdelle medo á treboada. Disfruta, canta, baila e sorrí, estás convidado, my friend, estás convidada meu ben. E se chove, que chova..


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



V Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana

(texto engadido o día 9/ / 5/ / 08 )
Imos pra Asturies!!!


O sábado 10 de Maio, ímoslle tod@s ata Asturies, gozar xa por quinta vez da convivencia e recoñecemento mutuo cos nosos curmáns. O catalizador xa o sabedes, os cantares e bailes das dúas terras sempre acompañados do son de pelicas e ferreñas.
Será como de costume no enxebre local El Sabil, situado no fermoso Conceyu de Santu Adrianu (www.elsabil.net; tlf. 985 761 472). Dende alí, se chegades cedo, poderedes facer rutas turísticas pola marabillosa montaña astur; coidado cos osos!! ;-).

-20:30 h. Será a hora na que nos, xuntaremos tod@s no Sabil. Algo máis tarde teremos a consabida cea-confraternización con menú a base de produtos da terra (...asturiana hehehe), que unha boa “folixa” presta ben máis co bandullo cheo.

-23:00h. (hora aproximada, que xa se sabe). Concertos das Pandereteiras d’O Tear de Llerena (Pontevedra) e máis das anfitrionas, Pandereteres de Fitoria.

-1:30h-.... A partir de aí xa sabemos que todo se empeza a poñer turbio e xa un non sabe moi ben se toca pandeireta galega ou asturiana, pero a festa e o bo ambiente de intercambio están máis que garantidos ata que os corpos non dean máis de si.

E cando sexa hora de ir deitar algo a cabeza, teremos o aloxamento ben preto, no albergue do que dispón o propio Sabil, mesmo a carón do local.


O prezo estipulado é de 30 Euros de nada, así que os cartos non son excusa!!


Información e Inscricións:

-Chamando ao propio El Sabil: 985 761 472. www.elsabil.net.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A Festa da Marosa desembarca en Burela!!

(texto engadido o día 9/ / 5/ / 08 )


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Programa da XXVI Festa dos Maios. EN VIGO
http://www.blogoteca.com/malmequer
(texto engadido o día 9/ / 5/ / 08 )



Venres, 9 de maio
Saída ao campo para recoller flores. Ás 16:30 dende o local da
Asociación na rúa Canovas del Castillo 2

Sábado 10 de maio
Obradoiro de confección de flores, fiuncho e espadana para montaxe do
noso maio e ornamentación da praza da Constitución.
Ás 16:30 no local da Asociación na rúa Canovas del Castillo 2

Domingo 11 de maio,
na Praza da Constitución
Pola mañá, a partir das 10:30
• Confección do maio na farola Central da praza
• Feira apícola. Demostración de labores apícolas e
venda de mel (Asociación de apícultores de Pontevedra)
• Obradoiro de flores para cativos
• Obradoiro de Pan
• Obradoiro de cestería para cativas e cativos de
12.30 h a 14.30 h (C.A.T.) Monitora Mª Jesús Barreiro
• Obradoiro de pan, moenda do millo, amasado e
cocedura.(Panadería Manuel Pereira)

Pola tarde, ás 17:30
• Recoñecemento a persoas e colectivos colaboradores
• Entrada dos Maios convidados
• Festa dramatizada
• Concerto do grupo de música tradicional europea
"Folear" (Portugal) coa colaboración nas danzas de Marta Coutinho.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Novo disco de Mutenrohi
http://musicasdaulla.blogspot.com/2008/05/mutenrohi-sete-debemos-encomiar.html
(texto engadido o día 8/ / 5/ / 08 )
Mutenrohi - Sete

Debemos encomiar a persistencia (e a insistencia) da proposta destes Mutenrohi que, xurdidos en Ourense, en plena efervecescencia do Novo Folk (década dos 90) apostaron por un pop-folk que deu lugar a unha discografía irregular, infestada de altibaixos, que se notan ata en cada un dos seus traballos.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



ROMARIA RAIGAME
http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/modules/news/article.php?storyid=605
(texto engadido o día 7/ / 5/ / 08 )
Un ano máis celébrase o 16 de Maio na Vila Ourensá de Vilanova dos Infantes a Romaría Raigame, está organizada polo Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo e o Concello de Celanova. É unha festa na que se volta por un día anos atrás para vivir unha xornada de Romería e troula

Páxina da Romaría Raigame



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VI CONCURSO DE SOLISTAS DA ESTRADA
http://www.folque.com/cmn-wp/
(texto engadido o día 7/ / 5/ / 08 )
Con motivo da XXXV festa do salmón da Estrada, un clásico do circuito de solistas do verán vólvese celebrar.

Pódeste descargar as bases dende aquí mesmo.

A Estrada 18 de maio de 2008, no teatro principal da Estrada.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II NOITE DE FIADEIRO
WWW.REBULIR.BLOGSPOT.COM
(texto engadido o día 20/ / 4/ / 08 )
http://bp1.blogger.com/_dctcHQ4fAGQ/R_dxIF6kjPI/AAAAAAAAAMg/doWcNbpvFUk/s1600-h/FIADEIRO+3.jpg

Un ano máis e visto o éxito da pasada edición organizamos a Noite de Fiadeiro. Unha festa onde intentamos recrear a esencia das antigas reunións festivas que nesta Comarca de Celanova se facían os chamados Fiadeiros, onde as mulleres fiaban ou facían outras labouras e mentres cantaban, chegado o momento aparecerían os homes do pobo en busca de parella e aquí comezaría a troula con moita música e baile durante o transcurso da noite. Non é un festival nin unha mostra “folclórica” senón que unha festa tradicional da que intentaremos facer partícipes a todos os asistentes. A continuación expoñemos unha ficha explicativa.

• Data : 26 de Abril de 2008
• Lugar : Praza de San Andrés – Vilavidal – Concello de Ramirás
• Hora : 20:30 H
• Organiza : - Rebulir Escola de Baile e Música Tradicional
• Patrocina : - Concello de Ramirás
- Deputación Provincial de Ourense
• Colaboran: - Escola Provincial de Danza - Castro Floxo ( Ourense )
- AOFT Gomes Mouro ( Ourense )
- Grupo Coanhadeira – Música en Galego ( Ourense )
- Grupo Folk Vichelocrego ( Ourense )
- Grupo de Baile Tradicional Solpor ( Celanova )
- Grupo de Música Tradicional Airiños do Arnoia ( Arnoia )
- Grupo Pandereteiras Debanadoira ( Maceda )
- Grupo de Música Tradicional MaÇaeda da Limia ( Maceda )
- Grupo de Música Tradicional do Concello de Paderne de Allariz
- Grupo de Pandereteiras Alicornia ( Soutomaior – Pontevedra )

Para crear o ambiente axeitado contaremos cunha carpa que cubrirá practicamente a totalidade da praza ( polo que non se suspenderán os actos inda que chova ), pulpeira, taberna, foguetes, sorteo de cestas, reparto gratuíto de queimada o chegar a media noite e sobretodo e grazas a colaboración e participación de máis de 10 colectivos teremos moita música e troula durante toda a noite.

Na Provincia de Pontevedra seguida de A Coruña levan anos organizando os chamados “seráns” que veñen sendo unha festa similar, nós queremos traer estas celebracións cara a Provincia de Ourense sempre coas nosas particularidades e onde os Fiadeiros eran máis coñecidos que os Seráns, inda que a finalidade e a esencia é a mesma, pasalo ben bailando, tocando ou cantando. Desde Rebulir convidámosvos a asistir a esta II Noite de Fiadeiro que intentaremos que sexa unha gran festa tradicional.

PARA MAIS INFORMACIÓN PODEDES IR A NOSA PÁXINA/BLOG NO SEGUINTE ENDEREZO: WWW.REBULIR.BLOGSPOT.COM

Noticia enviada por Rebulir

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III Serán do Mar de Rianxo.
www.vaideroda.org
(texto engadido o día 18/ / 4/ / 08 )
A Asociación de Música e Baile Tradicional de Rianxo “Vai de Roda” invítavos o Sábado 10 de Maio ó III Serán do Mar de Rianxo, que se celebrará no Campo de Arriba da Praza de Castelao sobre as 21:30 en Rianxo.
E xa van 3…sí compañeiros, presentámovos a 3ª edición do SERÁN DO MAR DE RIANXO e estades todos invitados. A única condición é vir con moitas ganas de festa, de bailar e cantar…do resto ocupámonos nós, non faltará comida, bebida e música para que a noite remate cando comece o día. Xa sabedes que o noso escenario está agardando por vos para que todos xuntos fagamos festa a rachar.
Para informarse podedes achegarvos a www.vaideroda.org onde iremos poñendo máis novas sobre o Serán do Mar de Rianxo deste ano que de seguro que dará que falar, asique non podedes perdelo. Agardámovos amigos.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A Casa do Coto, despedida
http://www.acasadocoto.com
Hola,

Non me resulta nada fácil informarte do que segue:

Despois de 9 longos anos de funcionamento, chega o momento de anunciar o peche de A casa do Coto.

Foron 9 anos nos que pasaron moitas cousas: presentáronse moitos grupos, moitos discos, realizáronse moitas exposicións, algunha que outra festa ou xornada , …(ver histórico)

A nivel persoal quédome con moitas noites de festa, moitos amigos, moitísimos recordos de momentos inesquecibles, moitísimas satisfaccións.

Non nos podemos despedir sen agradecerlle a tódolos grupos, asociacións culturais, artistas, amigos, camareiros e cociñeiras, veciños, … a súa colaboración desinteresada, sen a cal non serían posibles estes 9 anos de funcionamento.

Está previsto que A casa do Coto cese a súa actividade o próximo domingo día 9 de marzo, se ben está programada unha festa de despedida para o seguinte venres (14 de marzo).





Hata sempre.
Vicente Fernández
A casa do Coto

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



ULTRÄQÄNS UN NOVO CONCEPTO MUSICAL NA GALIZA



ULTRÄQÄNS

Collan-se cuarto e metade de quilo de Papaqueixos, 250 gramos de Tres Trebóns, 1 bol de Mol, unhas pingas de caña de herbas forte e que “rasque”, moito folq-rocq dos oitenta e corrente industrial de 380 voltios a esgalla, e metase nun motor de tractor Barreiros de alomenos 90 cabalos… e obtermos a mixtura sonora e ideolóxica de ULTRÄQÄNS.

ULTRÄQÄNS (spiz-folq ou folqabilli) pretenden ocupar o nicho ecolóxico esquecido e a pique de extinguir-se dos vellos seguidores dos festivais de Ortigueira, Pardiñas, Moaña de hai vinte ou trinta anos se os houbese daquela.

Fran Amil (batería), Tino Vilaro (guitarra chekoslovaka) e Antón Díaz (escontrabaixo) fixeron a base coma bós veteranos da batalla roqueira galega, xunto con Aarón Bouzón (frautas, EWI4000s e gaitas) que aportou frescura (é un fresco) e dinamismo (é moi dinámico) a esta banda de 4 musiqäns que non ten ansia de medrar en número, nen moito menos.

Papaqueixos, Tres trebóns, Diplomáticos de Monte Alto, Ruxe-Ruxe, A Turma Angolo-galega, Mol, Skupe-Skapa, Pedras, GS21, Deixa que Xa,… son a tarxeta de presentación destos musiqans conservados en alcool que non dubidarán en dar festa até que fiquen watios!!


ULTRÄQÄNS quere facer unha música o máis directa, honesta e divertente posíbel. Sen máis.






Noticia enviada por CACHISNAMAR

1 comentario
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]