Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


II Mostra de Patrimonio Cultura Inmaterial Galego Portugués. Ourense do 8 ao 11 de novembro
http://culturaedeporte.xunta.es/actualidade/nova.php?id=819&lg=gal
(texto engadido o día 30/ / 10/ / 08 )


A II Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués celebrarase do 8 ao 11 de novembro en Ourense coa intención de dar a coñecer as manifestacións da nosa cultura tradicional. Na praza Maior da cidade reviviranse usos, representacións, técnicas e coñecementos tradicionais que conforman o noso patrimonio.

A mostra insírese dentro do proxecto Ronsel, nacido da colaboración das consellarías de Cultura e Deporte, Innovación e Industria e as tres universidades galegas. Amosará a diversidade patrimonial da nosa comunidade, ofrecendo a todos os que se acheguen representacións da súa riqueza. Esta mostra é "unha exposición viva das nosas manifestacións culturais, onde a xente poderá participar nos distintos obradoiros de xeito activo", sinalou Iván Area, vicerreitor de Relacións Institucionais de Universidade de Vigo. Area foi o encargado de presentar o programa de actividades dos catro días, no que se mesturan obradoiros tradicionais e de artesanía, actuacións de música e baile, conferencias e proxeccións audiovisuais.

Catro estacións

A II Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués ten como fío condutor o Ciclo do ano, denominación baixo a que se reúnen as actividades que os galegos facemos de xeito cíclico cada estación do ano. Por iso, cada día adicarase a unha estación, de xeito que o certame comezará o sábado 8 coa primavera, o domingo será o verán, o luns tocaralle ao outono, e a mostra rematará coa chegada do inverno o martes 11.

Ademais cada estación do ano contará cunha cabana permanente onde se poderán visitar diferentes exposicións. Nenos e maiores poderán participar de 10.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 19.30, durante os catro días, en obradoiros como olería, fabricación de corozas, forxa, tornaría, fabricación de xoguetes e instrumentos musicais, ou destilación de augardente, entre outros.

A mostra conta tamén cunha Cabana das Palabras onde terán lugar diversos relatorios e proxección audiovisuais, ademais das I Xornadas de Hortofruticultura Ecolóxica. O remate final a este certame, o martes 11, virá acompañado de castañas, chourizos e viño novo, no magosto popular que se organizará ás 17:00 nos Xardíns Bispo Cesáreo.

Música tradicional

Aínda que todos os días haberá actuacións musicais e de baile tradicional protagonizadas por agrupacións da área Galicia-Norte de Portugal, a música darase cita de xeito especial as noites do sábado e do luns, xa que a Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG), que tamén colabora na organización da mostra, celebrará eses días o seu Festival de Música Tradicional. As Tanxedoras do Pandeiro, Joaquim Pereira "O Carriço", a Requinta de Xián, Pai da Cana ou Tanto nos ten, son algunhas das agrupacións que pasarán polo escenario. Durante as actuacións e para afastar o frío, poderase desgustarse gratuitamente queimada feita coas augardentes destiladas polo poteiro da mostra.

Proxecto Ronsel

Grazas á colaboración entre as tres universidades galegas, coordinadas pola Universidade de Vigo, xunto co patrocinio das Consellarías de Cultura e Deporte, Innovación e Industria e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), xurdiu o Proxecto RONSEL; que naceu pola imperiosa necesidade de salvagardar o patrimonio cultural inmaterial de Galicia. O proxecto, no que se insire esta mostra, pretende facer unha investigación e documentación minuciosa de todo o patrimonio galego, ademais da súa promoción, protección, difusión e transmisión.

Programa da mostra

Web do Proxecto Ronsel

+ 7 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A BUXAINA celebra a XX edición do HOMENAXE O GAITEIRO

(texto engadido o día 24/ / 10/ / 08 )


O vindeiro 15 de novembro as 19,30 horas A Buxaina celebra a XX edición da "Homenaxe o Gaiteiro" no Teatro-Sala de concertos Caixanova (non no auditorio como figura neste cartel).

A entrada será de balde mediante invitacións que se poderán recoller a partires do sábado 8 de novembro no Centro Cultural de Coruxo (unha semana antes para os socios do CRACC).Podedes contactar conosco no mail: a_buxaina@yahoo.com

Este ano estará presentado por Luís "O Caruncho" e nos acompañarán no recoñecemento ós homenaxeados:

Faíscas de Solobeira
Cántigas da terra
Asociacion Cultural "Lembranzas da Ria”

Ó rematares seguiremos coa festa no Centro Cultural de Coruxo donde estades convidados a vir tocar e bailar.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



O Festival de Pardiñas, a piques de ser declarada Festa de Interese Turístico Galego
http://www.gznacion.com/web/notic.php?ide=11118
(texto engadido o día 21/ / 10/ / 08 )


O Festival de Pardiñas, que se celebra cada ano no municipio lucense
de Guitiriz o primeiro fin de semana de agosto, está a piques de
converterse en Festa de Interese Turístico Galego, despois de que a
comisión que se encarga de avaliar as solicitudes emitise o pasado 15
de outubro un informe favorábel para a súa declaración, segundo
informou a AGN a alcaldesa, Regina Polín.

A Comisión de Valoración de Festas de Galiza de Interese Turístico,
que depende da Subdirección Xeral de Ordenación do Turismo, emitiu
un informe favorábel no que se pon de manifesto que este festival
cumpre todos os requisitos para contar con esa declaración, polo que
formalmente só está pendente de que sexa aprobada polo Consello
da Xunta de Galiza.

Este festival naceu o 3 agosto de 1980, da man da Asociación Cultural
Xermolos, coa actuación de Saraibas, María Manuela, Xoán Loura,
Xosé Ramón Eiriz e Agarimo. En case 30 anos, consolidouse como
unha cita cultural de referencia na provincia de Lugo, con actuacións
de grupos chegados desde Finlandia, Italia, Rusia, Cuba, Portugal ou
Irlanda.

Por esta cita cultural, que congrega durante todo un fin de semana
centos de persoas, tamén pasaron algúns dos máis destacados
representantes da música tradicional galega, como Xosé Manuel
Budiño, Na Lúa ou Milladoiro, e artistas moi coñecidos doutras partes
do Estado español, como Kepa Junquera.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Nova programación dos Encontros dos Axóuxeres
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/730
(texto engadido o día 21/ / 10/ / 08 )


Carballo acollerá o vindeiro 24 de outubro a primeira cita do programa
Encontros dos Axóuxeres, iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de
Política Lingüística co obxectivo de favorecer o uso do galego como
lingua habitual nas comunicacións no seo da familia. Na capital de
Bergantiños, esta actividade levarase a cabo no Pazo da Cultura a
partir das sete da tarde. Xunto con Carballo, outras 24 vilas galegas
acollerán estes espectáculos nos que bebés e cativos son os
protagonistas.

A primeira xeira dos Encontros dos Axóuxeres desenvólvese entre
finais de outubro e o vindeiro mes de novembro, e continuará no
primeiro trimestre do 2009. Melide, o día 26 de outubro, e
Mondoñedo, o 31, serán as seguintes citas desta festa, que se
desprazará en novembro Ribadeo, Burela, Ortigueira, Ribadavia,
Celanova e Oroso. A partir de xaneiro, retomaranse as funcións
noutros 16 concellos galegos.

Características
As montaxes van dirixidas a bebés e cativos de 1 a 5 anos de idade,
e aos seus pais e nais. Este espectáculo está deseñado para ter unha
hora de duración e para realizarse en espazos pechados e cunha
capacidade máxima para 60 espectadores (20 bebés cos seus
acompañantes).

As familias que desexen participar nesta iniciativa deberán inscribirse
previamente chamando ao número de teléfono 686 160 879, dadas
as limitacións de capacidade requiridas polas características do
espectáculo.

Os Encontros dos Axóuxeres danlles continuidade ás Festas dos
Axóuxeres, que se desenvolveron durante o mes de setembro en
cinco cidades galegas. Nelas participaron máis de 1.200 persoas, unha
participación que superou amplamente a do ano anterior, cando se
lanzou por vez primeira este programa.
Un dos denominadores comúns dos Encontros reside en que contan
cun fío condutor tecido, por un lado, polo tema dos sentidos (oído,
vista, tacto, gusto e cheiro) e, por outro, por cinco cancións compostas
expresamente para este proxecto. Cada peza musical dá pé a unha
dinámica interactiva ou xogo para que o compartan os pais e as nais
cos seus bebés e cativos.

A produción do espectáculo corre a cargo da empresa Galitoon. A
cantante e artista Elena Paz é a encargada de conducir cada un dos
Encontros dos Axóuxeres, nos que tamén intervirán outros músicos e
actores. Do mesmo xeito que xa sucedera coas Festas, o boneco
Totó, inmerso na aprendizaxe das súas primeiras palabras, constituirá
un dos eixes fundamentais do corpo creativo destas funcións.

Axóuxeres na rede
Co fin de favorecer que os pais e nais poidan continuar xogando e
cantando na casa, ademais dos materiais entregados nas funcións, a
web da Secretaría Xeral de Política Lingüística permite a descarga das
letras e a escoita das cancións do espectáculo dos Axóuxeres. Están
accesibles en
http://www.xunta.es/linguagalega/encontros_dos_axouxeres_2008


Toda a información relativa a esta iniciativa posta en marcha polo
departamento que dirixe Marisol López, así como ás datas nas que se
levarán a cabo os Encontros, poderán consultarse no mesmo
enderezo.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística aposta por promover accións
como os Encontros dos Axóuxeres como un paso máis en favor do
proceso de normalización lingüística, tendo en conta a importancia que
ten o contorno familiar na transmisión da lingua propia de Galicia.


Noticia enviada por Entereime en blogoteca.com/malmequer

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Magosto-Serán o 25 de outubro no torreiro de Matamá (Vigo)
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=47762
(texto engadido o día 20/ / 10/ / 08 )


MAGOSTO POPULAR
Día 25 de outubro 08 no torreiro da festa de Matamá (Vigo)

PROGRAMACION

16.00h MUSICANDAINA sendeirismo para nen@s
Percorrido por Matamá . Polo camiño actuarán a contacontos
PAULA GOZALO e o home orquestra CE ORQUESTRA
PANTASMA. (A saída será dende o torreiro de Matamá. Se chove
faranse actividades nunha carpa).

18.30h UNHA DE PIRATAS Espectáculo de animación para nen@s
a cargo da compañia TROULA.

19.30h Reparto de castañas

20.00h OBRADOIROS: cabazas do samaín, confección de
instrumentos musicais, xogos tradicionais...

22.00h CIPRIAN E MAILO CAN grupo de música tradicional.

23.00h SERAN POPULAR trae o teu instrumento e participa.

0.00h QUEIMADA

ENTRADA DE BALDE . HABERÁ CARPA POR SE CHOVE!!!

Este magosto está organizado pola Asociación de Veciños de Matamá,
o Colectivo Cultural Alternativo Malaherba e a Asociación de
Actividades de Ocio de Matamá.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



COMEZA A CUARTA TEMPADA DE ALALÁ
http://blogs.crtvg.es/alala/?p=192
(texto engadido o día 18/ / 10/ / 08 )


Xa case estamos de volta e farémolo en Novembro deste ano. O
equipo do programa agradecémo-lo voso apoio e fidelidade a Alalá
que nos fixeron líderes a audiencia as tres últimas tempadas.


Tamén queremos recordámosvos que estamos dispostos a escoitar as
vosas suxerencias sobre aquelas figuras ou agrupacións que
consideredes que merecen un recoñecemento público pola súa laboura
ou traxectoria na música tradicional.


O horario de emisión para a cuarta tempada será os LUNS ÁS 21:40 e
comezarémos como non podía ser doutra forma de festa:

o primeiro capítulo da nova tempada tratará sobre OS SERÁNS, así que
si vos queredes emocionar, rir e saber algo máis sobre a nosa cultura
xa sabedes!!

Unha aperta de todo o equipo do programa!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa toxos e alg-as. 11 de Outubro en Valadares
http://www.alg-a.org/spip.php?article1108
(texto engadido o día 10/ / 10/ / 08 )


O vindeiro Sábado 11 de outubro, o laboratorio alg-a fara unha festa
solidaria-recadación de fondos para o equipamento do lab.


A festa comezará ás 12 do mediodía cunha sesión vermú donde se
farán varias actuacións. Logo seguiralle o xantar e máis actuacións ata
a noite, cando cerraremos a festa cunha sesión de micro aberto con O
Puto Coke como convidado.


Aquí vos queda o programa máis en detalle (este poderá sufrir
modificacións):


TOXOS E ALG-AS Xornada Popular e solidaria a prol do Laboratorio
Cultural Alg-a.org

12:00: Sesión Vermú:
Chisco (Fiadeiro) + Davide Salvado
Cantareiras de Valadares + Regueifeiro local
Micro aberto

14:00
Xantar popular

17:00
Pepa & Davide + Madamme Cell (Cabaret ElectroTrad)

18:30
Madamme Cell + Sr. Pause (video-escapismo en tempo real)

19:30
Petra Coomans + Ivan Gulin Porto + Nela Que (visuais)

21:00
Mr. Carácter (blues /rock)

22:30
Micro aberto.
Puto Coke + AID (artistas convidados).

Máis actuacións de Tamén Fernando Abreu + Pablo Carrera (2us) e
Cesar o home orquesta, nalgún momento do día.

*…e ademais, calquera outro tipo de manifestación cultural
espontánea.
**Haberá actividades para os rapaces ó longo da tarde.

Os cartos que gastedes comendo e bebendo, así como os donativos
voluntarios polas actuacións, serán invertidos na equipación e
instalación do novo laboratorio de creación cultural alg-a, o alg-a lab.
Este laboratorio estará destinado a obradoiros de todo tipo e eventos
artísticos, nos que tod@s os veciños sodes benvidos.
Alg-a.org é un colectivo e asociación cultural sen ánimo de lucro que
leva traballando dende o 2003.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XLV Festa do Marisco de O Grove
http://www.turismogrove.com
(texto engadido o día 28/ / 9/ / 08 )


Xogos Populares, bandas e grupos de gaita; e concertos de
Tanxedoiras do Pandeiro, Pradairo e Leilía,

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Outonalidades'08
http://www.myspace.com/outonalidades08
(texto engadido o día 21/ / 9/ / 08 )


http://www.myspace.com/outonalidades08
c i r c u i t o   p o r t u g u ê s   d e   m ú s i c a   a o   v i v o
10 Outubro a 20 Dezembro 2008

12º OuTonalidades com maior roteiro de sempre!
22 grupos, 19 espaços de música ao vivo, 59 concertos em Portugal e na Galiza


CONSULTA O PROGRAMA COMPLETO EM
http://www.myspace.com/outonalidades08

 

GRUPOS PARTICIPANTES

GALEGOS
A Tuna Rastafari http://www.myspace.com/atunarastafari
Bukowski Blues Trío? http://www.myspace.com/bukowskitrio
Carlos López Quartet http://www.carloslopez.info/
Moondogs Blues Party http://www.myspace.com/moondogsbluesparty
Niño y Pistola http://www.ypistola.com/

PORTUGUESES
Banda Polk http://www.myspace.com/bandapolk
Canções do Ceguinho http://cancoesdoceguinho.blogspot.com/
Comcordas http://www.myspace.com/comcordas
Fado Falado http://www.myspace.com/fadofalado2006
João Gentil e Luís Formiga http://www.joaogentil.com
Lufa-Lufa http://www.myspace.com/lufalufa
Mu http://www.myspace.com/muuuuuu
Pé na Terra http://www.myspace.com/penaterra
Quarteto Sofia Ribeiro e Gui Duvignau http://www.myspace.com/sofiaribeiro
Quimera Quinteto http://www.myspace.com/quimeraquinteto
Rockabillyo http://rockabillyo.com.sapo.pt/
Rui Pedro http://www.ruipedroandarilho.com/
Samuel Quinto Trio http://www.myspace.com/edamircosta
Toques do Caramulo http://www.myspace.com/toquesdocaramulo
Trisonte http://www.myspace.com/trisonte
Txikiss http://www.myspace.com/txikiss
Uxu Kalhus http://www.myspace.com/uxukalhus


ESPAÇOS ADERENTES

PORTUGAL
Bar do Cine-Teatro de Estarreja http://www.cineteatroestarreja.com
Bar do Novo Ciclo ACERT (Tondela) http://www.acert.pt/
Bar do Teatro Aveirense (Aveiro) http://www.teatroaveirense.pt/
Café-Concerto do Teatro Municipal da Guarda http://www.tmg.com.pt/
Casa da Eira (Paços de Ferreira) http://www.capitalartes.com/
Casa do Povo de Santo Estêvão (Tavira) http://www.cpse.pt/
Centro Cultural da LAAC (Aguada de Cima) http://www.laac.pt/
Espaço Celeiros (Évora) http://www.pedexumbo.com/
Espaço d’Orfeu (Águeda) http://www.dorfeu.com/
Lounge da Casa da Moagem (Fundão) http://www.amoagem.com.pt/
Sala Multiusos do Centro Cultural de Chaves http://www.chavesviva.pt/
Teatro Ibérico (Lisboa) http://www.teatroiberico.blogspot.com/

GALIZA
Aturuxo Bar (Bueu) http://www.aturuxo.net/
Café Cultural Roi Xordo (Allariz) http://www.roixordo.com/
Clandestino (Nigrán) http://www.clandestinobar.com/
Clavicémbalo (Lugo) http://www.clavicembalo.com/
Náutico (O Grove) http://www.elnautico.org/
Pub Gatos (Melide) http://www.pub-gatos.com/
Sala Run Rum (Ferrol) http://www.salarunrum.com/


O OuTonalidades, à 12ª edição, não bastando estender a sua implantação a quase toda a geografia nacional, literalmente de norte a sul, passa a integrar também a Galiza no seu roteiro. Mais de 20 grupos portugueses e galegos, de vários géneros musicais, garantirão quase 60 concertos, em Portugal e na Galiza, durante as 11 semanas de duração do evento, que atravessa todo o Outono. Inicia a 10 Outubro, simultaneamente em Águeda e Lisboa. Nas semanas seguintes, o roteiro espalha-se do topo norte da Galiza (Ferrol) até plena costa algarvia (Tavira), passando por espaços de música ao vivo de 19 vilas e cidades, no maior roteiro de sempre deste evento d’Orfeu.

A d’Orfeu estabeleceu um convénio com a AGADIC http://www.agadic.info/, que garante o inédito alargamento do circuito português à Galiza. Da cooperação entre o OuTonalidades e a Rede Galega de Música ao Vivo, circuitos congéneres a sul e a norte da fronteira, haverá canal directo para a participação de 6 grupos portugueses na Galiza, bem como à presença de 5 grupos galegos no circuito português, num total de 36 concertos em regime de intercâmbio, dos 59 concertos programados nesta 12ª edição.

Com as várias adesões a norte e a sul, também em Portugal o evento cresce e já chega este ano a nove distritos (mais um que na última edição): Vila Real, Porto, Aveiro, Viseu, Guarda, Castelo Branco, Lisboa, Évora e Faro.

O cartaz deste ano, de um ecletismo invejável, apresenta 22 grupos, entre portugueses e galegos, de genéros que vão do jazz ao tradicional, do rock ao fado, do ska aos blues, do experimental às músicas do mundo. A festa e a diversidade são marcas distintivas das programações do OuTonalidades, evento rotativo de música ao vivo que começou por ser, há doze anos, um pequeno circuito local de bares em Águeda, cidade que continua a ser epicentro do circuito agora luso-galaico.

Com um OuTonalidades assim, escolhe o roteiro e vive o Outono a cores!


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Marfan Rock '08

(texto engadido o día 21/ / 9/ / 08 )


Xa dende primeira hora do mediodía estará a charanga da Compañia do Ruido polo pobo animando ao persoal.....remataremos todos en festa no recinto.

Alí a partires das 6 da tarde xa haberá diversos talleres de manualidades, Amicos, Cruz Vermella, globoflexia, mercado xusto, Catalogo LEÑA VERDE, rastrillo de todo tipo (revistas, libros......) de segunda man inclusive antiguedades........., todo isto tamén animado polas pandereteiras da Ampa de Escarabote.

lA partires das 7 da tarde teremos unha mexiloada gratuita para todolos asistentes.

. E ademais outras moitas sorpresas...........



O síndrome de Marfan é unha de tantas enfermidades “raras”, dexenerativas e hereditarias que, por seren moi minoritarias non contan cos suficientes medios para a súa investigación en prol de acadar unha cura eficaz. (ler mais..


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival Sitio Distinto
http://www.oteixo.org
(texto engadido o día 17/ / 9/ / 08 )


O Teixo organiza en colaboración coa mocidade de Monterroso o Festival Sitio Distinto que este ano será o 27 de setembro e coincidirá coas festas do pobo. Entre outros cabe destacar as actuacións dos Tres Trebóns, Nadadora, Galegoz, Ataque Escampe, Leo i Arremecaghona, Novedades Carmiña, Xenro e Nemetos. Ademáis tamen haberá actuación de Maxia e Malabares, pechando o fin de festa cos DJs Monofase, R. Ninit e Jairo.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



FERVENZA DE MÚSICAS. I FOLIADA DE MÚSICA TRADICIONAL DE OUZANDE
WWW.CARREIROS.BLOGSPOT.COM
(texto engadido o día 9/ / 9/ / 08 )



Presentamos un novo proxecto musical: fervenza de músicas. Trátase dunha foliada de música tradicional e popular que terá lugar o próximo venres 12 de setembro no campo da festa de Ouzande, a partir das 10 da noite.
Os grupos convidados son

Retrouso (Ouzande)
Regato de Matamulleres (Callobre)
Xa son faif (Teo)
Requinta da Laxeira (Vedra)

Por suposto estás convidado/a a vir pasalo ben, e se queres trae algún instrumento que non hai hora para o remate da festa.
Teremos carro de polbo e churrasco, e o campo ben cuberto para estar ao enxoito.

Noticia enviada por a fervenza de ouzande (ouzande, a estrada)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III Serán das Tarambainas. 13 de Setembro

(texto engadido o día 6/ / 9/ / 08 )

Un ano máis as Tarambainas estamos traballando na organización do que será xa o noso 3º serán, a cita será o vindeiro sábado 13 de setembro a partir das 21.30h na AVCD de Lavadores, (Ramón Nieto, 302), pretiño do antigo cuartel de Barreiro.
Está previsto que se realice na pista polideportiva pero non vos preocupedes se chove, xa que teremos o salón principal da asociación habilitado para o que poida pasar.
Esperámosvos a todos con moitas ganas de festa... ¡¡¡NON FALTEDES!!!

Un saúdo
'TARAMBAINAS'

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Axóuxeres, unha festa da lingua para os máis pequenos
http://www.anosaterra.org/nova/axuxeres-unha-festa-da-lingua-para-os-mis-pequenos.html
(texto engadido o día 6/ / 9/ / 08 )


Axóuxeres é un espectáculo para toda a familia: a través de palabras, arrolos, música, poesía ou teatro, quérese festexar a lingua e traballar pola transmisión xeracional. Galitoon colabora na segunda edición deste programa, organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, que pretende ser un motor de "cantigas, brincadeiras e aloumiños" para "metelos no peto e levalos para a casa". Un espectáculo que traballa cos cinco sentidos, encabezado por un entrañábel peluche (Totó, que está aprendendo a falar e que tamén estivo presente na conferencia de prensa), e que percorrerá varias vilas e cidades galegas.

Polo de pronto, ao longo do mes de setembro poderemos velo en Lugo (na Praza da Horta do Seminario) o sábado 6; na explanada do pavillón de Riazor, na Coruña, o domingo 7; no Parque Barbaña de Ourense, o sábado 13; na Praza do Rei, en Vigo, o domingo 14; e no miradoiro da Alameda compostelá o sábado. Todas as funcións serán de balde e ás 12.00 horas.

Estas Festas abren os Encontros dos Axóuxeres, que terán lugar ao longo do outono e o inverno en 25 vilas galegas. O espectáculo, dunha hora de duración, realízase baixo unha carpa, cun elenco de seis músicos e sete actores e actrices, e convida a facer unha suxestiva viaxe a través dos cinco sentidos, con arrolos, cancións, coreografías, xogos, adiviñas e outros recursos. O programa conta coa participación de Elena Paz na presentación, co músico Xosé Liz e con Xabier Díaz como artista convidado.

Noticia enviada por Miguel Souto

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa dos Callos en Salceda de Caselas

(texto engadido o día 3/ / 9/ / 08 )

Noticia enviada por Jose

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Ven tolear ó REBUMBIO'08
http://www.komunikando.net/komunikajoomla/content/view/1205/
(texto engadido o día 28/ / 8/ / 08 )


A Asociación Xuvenil Rebumbio, celebra um ano mais o Festival REMBUMBIO'08, este ano comezan o Venres 29 de Agosto con:


  • Troula Gaiteira
  • Os Veraneantes




O Sábado 30 de Agosto, comezará a festa com:



  • Os Chiquilicuatres
  • Ulträqäns
  • La Vaga Banda
  • O Sonoro Maxín





Lembra, no Monte do Rebullón, Tameiga-Mós e con a entrada de balde

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



FESTIVAL CULTURA MARADENTRO ALLARIZ, 30 de Agosto

(texto engadido o día 28/ / 8/ / 08 )


CLUBTURA (Asociación de salas de música ao vivo ) e ROI XORDO como socio fundador da mesma, organizamos este sábado dia 30 de agosto un FESTIVAL CULTURAL en homenaxe a CARLOS H. DIAZ PEREZ , que foi segredario de Clubtura e un dos seus principales impulsores.



Este festival pretende ser un reflexo do que foi o seu traballo a favor das expresions artisticas, sobor de todo en pequeño formato, no que creia profundamente, e loitou por facelas realidade , tanto no ROI XORDO, como en CLUBTURA.



Polo seu local pasaron todolos artistas que participarán neste festival e que queren estar presentes neste dia , outros moitos os que non lles foi posible mostraron o seu apoio o acto.



Pretendese que sexa un dia de festa para lembrar a un amigo e convidamosvos a todos a que nos acompañedes.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



3ª FESTA DA PANDEIRA o 30 de agosto de 2008 en Piornedo
http://www.teixeiro.hostweb4u.info
(texto engadido o día 28/ / 8/ / 08 )


ASOCIACIÓN CULTURAL " O TEIXEIRO "

A 3ª festa da pandeira, está prevista para o 30 de agosto de 2008 en Piornedo, celebrase en agosto ao igual que as edicións anteriores, porque hai moitas tocadoras da zona que agora viven con familiares nas cidades e unicamente veñen na época estival.



Número de participantes previstas: 20

Número de asistentes previstos: 400

Número de colaboradores ocasionais: 15



PROGRAMA:

10:00.- Recollida das tocadoras que non poden acudir polos seus medios ( Trabao, Vilaver... )

11:00.- Recepción e acollida de convidad@s.

13:30.- Comida de homenaxe para as convidadas.

17:00.- Actuación pública na carpa.

20:00.- Acto lúdico aberto, coa participación de todos os asistentes.

A pandeira e as suas formas de tocala foron substituidas en case toda Galicia pola pandeireta porque esta permite maneos máis vistosos, adaptase mellor a novos ritmos musicais e, sobre todo, porque foi máis potenciada desde ámbitos "institucionais", quedando relegado o uso da pandeira ás zonas máis illadas, o que ocasionou que case teñan desaparecido o instrumento e os toques.

Afortunadamente está agromando un novo interese en varios grupos musicais e as actividades que organizamos centradas na pandeira son moi ben acollidas tanto polos especialistas como pola xente da zona, que se sinten valorados e reviven a súa mocidade.

As edicións da festa da pandeira foron un éxito pola participación desinteresada de moitas informantes de toda a contorna ( Asturias, León e Lugo ) que fixeron unhas demostracións públicas interesantisimas sobre cántigas e toques e pola afluencia e a satisfacción do público. Pouco a pouco procuramos ir mellorando a organización para poder acoller mais público: o primeiro ano a actuación foi na escola e sen amplificación, o local quedaba moi pequeno e había que pedir silencio moitas veces para poder oír as intervencións. O segundo ano a actuación xa foi nunha das prazas do lugar ( O Campón ) e incorporamos un equipo de son co que solucionamos os problemas da edición anterior.



A festa ten tres partes diferentes: unha delas é a acollida ( a algunhas convidadas hai que buscalas aos seus lugares de residencia porque non teñen medios para desprazarse ) e a comida coas tocadoras para favorecer un ambiente festivo, para agasallalas e que poidan coñecerse e intercambiar entre elas...esta parte seguirá realizándose na escola de Piornedo.

Para a segunda parte, que é a da actuación pública con equipo de son, carpa, gravación do evento en DVD para darlles as participantes e para que os investigadores que queiran poidan dispoñer dun documento para consultar.

A festa finaliza con actuacións voluntarias e improvisadas do público, moitos deles músicos; esta é unha parte mais lúdica na que todos participan cantando, tocando ou bailando.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Continúa `Nsaio No Camiño´
http://www.nsaio.net/
(texto engadido o día 26/ / 8/ / 08 )




Semifinal rock de Nsaio no camiño











 

EN RIBADEO





29 de agosto de 2008 21:30 h - 00:00 h



Roberto Sobrado, Sínefres e Skandalo Gz bateranse por un posto na final de Nsaio no camiño. O grupo Boikot serán os convidados desta semifinal.Roberto Sobrado e Banda, de Carballiño, os boirenses Sínefres e Skandalo Gz, procedentes de Ponteareas, son os elixidos do estilo rock.


Os Boikot estarán con eles o día 29 en Ribadeo, nunha das últimas semifinais de Nsaio no camiño.





EN ALLARIZ


 


29 de agosto de 2008 21:30 h - 00:00 h


Tátara trío, Banda Folk e Loba Loo tocarán na semifinal folk de Nsaio no camiño. Uxía estará con eles en Allariz.



A última semifinal de Nsaio no camiño será o día 29 de agosto en Allariz. Uxía estará acompañando a aos tres grupos clasificados na categoría de música folk. Tátara trío, Banda Folk de Ribas de Sil e Loba Loo, de Santiago loitarán esa noite para poder ser un dos cinco grupos na gran final.








Que é nsaio


Ensaio é un programa promovido pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar a través da Dirección Xeral de Xuventude. Entre os seus obxectivos figura o de habilitar locais de ensaio para os novos grupos musicais do territorio galego. Estes locais teñen como finalidade principal ser un servizo para que a mocidade galega poida ter espazos axeitados para a expresión das súas manifestacións artísticas musicais.



Ademais, o programa contempla toda unha serie de actividades para consolidar a moitos dos grupos noveis que agora mesmo se están creando ao amparo dos locais de ensaio adheridos á rede. Desde a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade estamos satisfeitos de poder presentarvos este portal da Rede Galega de Locais de Ensaio, xa que para nós, a Rede é moito máis que unha infraestrutura física. A capacidade de motivación, dinamización e apoio aos grupos e músicos é un dos piares básicos do seu éxito.



Se a Rede Galega de Locais de Ensaio proporciona aos grupos un espazo completamente equipado para traballar e mellorar, a web de nsaio ofrece, de balde, un sitio virtual propio no que a mocidade galega con inquedanzas musicais poderá dar publicidade ao seu traballo. Máis aínda, aquí atopará toda a información precisa para sacarlle o máximo partido á súa actividade: como acceder aos locais de ensaio da Rede, axenda de eventos e concursos do panorama musical, ligazóns a discográficas...



Coa única condición de completar un proceso de inscrición, e de forma completamente gratuíta, os grupos terán á súa disposición unha web propia onde facer público todo o material que desexen, un servizo exclusivo de asesoría legal e un taboleiro de anuncios onde intercambiar instrumentos, atopar cantantes ou pactar concertos. Pola súa banda, os usuarios individuais que se dean de alta no portal poderán valorar as cancións, seleccionar aos seus favoritos e facerlles chegar aos grupos as súas opinións.



O principal obxectivo do programa nsaio é darlle respostas ás inquedanzas musicais da xuventude. Esta web é unha ferramenta que nos axudará a conformar unha rede viva, áxil e que serva como dinamizadora para os novos creadores musicais do noso país, un instrumento fundamental e realmente novidoso para a promoción e o apoio aos grupos noveis galegos.

Busca no mapa o teu local de nsaio

mapa

ribadeo
ribas de sil
pontedeume
betanzos
carballo
santiago
lalin
boiro
redondela
candean, vigo
tui
arzua
monforte
mugardos
pontevedra
vilagarcia


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



O INCIO ACOLLE UNHA NOVA EDICIÓN DO FESTIVAL TERRA BRAVA O DOMINGO 24 DE AGOSTO

(texto engadido o día 23/ / 8/ / 08 )



As actividades inclúen música de rúa, un xantar popular, xogos para os cativos e maiores, contacontos, e concertos pola noite.

O INCIO, a 20 de agosto de 2008. Por sexto ano consecutivo, a Asociación Cultural Terra Brava, en colaboración coa Asociación Cultural A Ouriceira, organiza o festival Terra Brava na localidade de O Incio (Lugo). As actividades comezarán pola mañá coa actuación do grupo de requinteiros A Requinta da Laxeira, que fará un percorrido polas rúas da vila e ata o lugar do festival. Alí se celebrará un xantar popular ao que se conta que asistan máis de 400 persoas.
Os obradoiros de animación, con xogos para os cativos, e tamén para os maiores, compartirán a sobremesa coa música tradicional a cargo do grupo de requintas e os gaiteiros espontáneos. Máis tarde virá a actuación do contacontos Celso Fernández. Segundo un dos organizadores, Nemesio Pérez, as actividades son do máis diverso posible e para todos os públicos xa que “queremos que todo o pobo se involucre na festa”.
O prato forte do festival comezará as nove da noite coa actuación do grupo A Turre´s Band, ao que seguiran Os Tres Trebóns e Ultraqäns. Deste xeito poderanse comprobar tres xeitos moi distintos de ver a música en Galiza. Dende os mellores clásicos para metais revisados pola “banda do torreiro” de Mos, pasando pola forza vital da música reivindicativa dos Tres Trebóns ata chegar a unha nova proposta sonora co spiz-folq de Ulträqäns.
O festival que se celebra no Incio leva o nome que o finado escritor Ánxel Fole lle daba a estas terras nas que viviu unha tempada, a Terra Brava. Este é tamén o título dun dos seus libros, no que se refire en varias ocasións aos costumes e paisaxes do lugar. Curiosamente, a festa lévase a cabo nunha pequena carballeira situada na estrada que vai dende O Incio a Hospital, pola que tantas veces paseou o escritor, ao final da rúa Ánxel Fole dedicada na súa memoria.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]