Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


Ocaso e abrente da gaita galega
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=51321
(texto engadido o día 3/ / 12/ / 08 )


Diciamos que a gaita é sentida como un signo da identidade galega xa no Coloquio do P. Sarmiento, opúsculo escrito polo ano 1746. O feito de a gaita ser en Escocia un emblema non menos nacional que entre nós contribuiu a robustecer o celtismo popular como ideoloxema componente de certo nacionalismo galego.



Os grupos tradicionais e puros integrados canónicamente por unha ou dúas gaitas, um bombo e un redobrante entraron en crise nos anos trinta e cuarenta do século XX. O seu purismo máis e máis reducíase a alguns músicos míticos coma os Soutelo e o grande refuxio deles eran os coros galegos aínda que a función destes fose básicamente vocal.



Na Terra de Celanova, onde Curros situara un dos sonados gaiteiros literarios cal é o de Penalta, só había na miña infância un: o gaiteiro da Gandarela, um tipo roxo do pelo e simpático que emigrou a Venezuela co seu instrumento.

Para facer a procesión da Virxe do Cristal, e ao non poder contar con gaiteiro ningún, os meus veciños houberon de tocar a danza, con dor de corazón, co clarinete. Hoxe, felizmente, os toques da danza de Vilanova dos Infantes son interpretados por un clarinetista profisional, si, pero que para a ocasión se fai gaiteiro: Paulino, acompañado de dous percusionistas de luxo que son o Rinrín no redobrante e o Dardo ao bombo. Eles son a imaxe da permanencia.



Quero decer que houbo um tempo negro no que desaparecían os gaiteiros en Galicia. Era o tempo no que os arqueólogos e os etnógrafos abandonaban o nome de Galicia para adoptar o de Noroeste Hispánico e as empresas deixaban de ser “de Galicia” para, a imitación da monopolistica de Barrié de la Maza, terminar todas en NOSA: “Papatín patatán del Noroeste Sociedad Anónima”. Seguindo unha tendencia de anteguerra, as bandas de música, sempre tan zarzuelistas, impúñanse nos cuarenta e cincuenta nas festas e romarías e alí foron consideradas a clase musical alta até que as orquestras as fixeron recuar.



A gaita, a gaitiña, foi reducida aos días festivos menores e considerada inferior. Sobre 1954 eu asistín en Salcedo (Pontevedra) a unha grande apupada por parte da mocedade cando os gaiteiros subiron ao palco en lugar dunha banda de música. Os gaiteiros só eran buscados para festas ínfimas ou para procesións con marchas rituais, como é a famosa do Corpus de Pontevedra.

O gaiteiro marxinal, de taberna e toldo de romaría, que competia co acordeonista, mantívose durante moito tempo aínda. Na noite do fogo do Apóstolo era habitual das esmorgas nocturnas dos que, vindos de lonxes vilas e aldeas, velaban e se embebedaban.



Foron os anos sesenta os da Resurrección da gaita. Tendo como santuarios os Coros, naceron novas agrupacións deste tipo como, por exemplo, “Lembranzas Galegas” e “Flores Mareliñas” no entorno no que eu vivo. Entidades privadas, coma o Colexio Fingoi de Lugo, diron en dar leccións de gaita. Fora da Galicia Administrativa, no Bierzo e na Terra Eonaviega, a gaita galega era estudada e recuperada polos mozos. Os movementos estudantis de Compostela no 68 tiveron os seus gaiteiros. En Ribadeo naceu e floriu unha banda de gaitas feminina, pois neste tempo tamén as mozas se convertían em “meniñas gaiteiras” (Rosalía) deixando a tras para sempre o machismo, mesmo mítico, do oficio. En Vigo celebrouse, para ser interrompido por razóns políticas, o Festival do Mundo Celta.



Nel tiveron moito éxito as cornamusas (ai, de influencia escocesa) dos bagad que Cunqueiro fora contratar a Bretaña. Naquel país celta Cunqueiro tivo unha entrevista co musicólogo Patrick Monjarret, quen anos máis tarde habería de facer varias viaxes a Galicia. Nacía así o proceso, de raíz ideolóxica celtista, da influencia de Irlanda e das Bretañas sobre a música galega e sobre a nosa gaita, o que sería moi fructífero e arrequecedor.



Apareceron novos grupos tradicionais como “Muxicas”. Logo comezaron a ouvirse soar gaitas en algúns enterros. E chegamos ao día de hoxe no que hai mais persoas en Galicia que saben, mal ou ben, tocar a gaita do que houbera nunca na nosa historia. Curiosamente, este auxe da gaita vai acompañado dun auxe da música galega instrumental, moi mestizada coa irlandesa mormente, e dun grande retroceso da canción, tanto da coral como da individual.



Nunca tanto soou a gaita em Galicia e nunca tan pouco se ouviu cantar en galego. Mesmo hai, na era da gaita na que vivimos, certos cantantes que aportuguesan as súas voces e lusitanizan afectadamente a dicción do seu galego. Finalmente, Fraga Iribarne cumpriu o seu soño de encher de gaiteiros o Obradoiro. Pro estas gaitas presidenciais eran mais ben herdeiras das da “Legión Gallega” do coronel franquista Juan

Barja de Quiroga.



Xose Luis Méndez Ferrín

FARO DE VIGO

Sábado, 29 de novembro de 2008

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



4ª noite folk en Neda, o 5 de decembro
http://www.komunikando.net/komunikajoomla/content/view/1308/
(texto engadido o día 28/ / 11/ / 08 )


O vernes dia 5 de Decembro tera lugar na ribeira de Neda (A Coruña)
a "4ª noite folk".A charanga Os Veraneantes,cos seus acompañantes,
percorrera os bares de Neda.

Despois daremos paso a unha degustación gratuita de "arroz caldoso
de mariscos" e a festa seguirá con O Sonoro Maxín e Os Tres Trebóns.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival `Son da Lúa Meiga´, 20 de Decembro en Soutomaior

(texto engadido o día 28/ / 11/ / 08 )


SON DA LÚA MEIGA


CAS DO POBO VAL - SOBRAL
CONCELLO DE SOUTOMAIOR (PONTEVEDRA)
SÁBADO 20 DE DECEMBRO
A PARTIR DAS 21:30H

CONCERTO CON:

TRES ESTRALOS
TANTO NOS TEN
REGUEIFEIROS TRIOLIRO



E A CONTINUACIÓN, ESCENARIO ABERTO
PARA TÓDOS OS QUE QUEIRAN SEGUIR FACENDO FESTA

“ANÍMATE E TRAE O TEU INSTRUMENTO!
www.noitedaluameiga.org

Organizado polo Colectivo Lúa Meiga e a Asoc. Cultural Sta. María do
Viso, coa colaboración da Asociación Veciñal 8 de Decembro.

Noticia enviada por Xosé Covelo Míguez

+ 2 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Música galega para unha festa
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=50867
(texto engadido o día 27/ / 11/ / 08 )



Este venres organizamos no Pub Compostelano "Cervecería" que sita na Rúa Nova de Abaixo, a primeira edición da Festa Galega.

Un evento k agardamos teña continuidade no tempo, unha noite dedicada enteiramente á nosa música en todas as suas variantes (folk, rock, pop, etc...) cun único denominador común o idioma ;-P

Estades tod@s invitad@s

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Magosto-serán en Saxamonde (sábado 29 de novembro)

(texto engadido o día 25/ / 11/ / 08 )
O Centro-Social Deportivo Cultural "Chan das Pipas" de Saxamonde (Redondela) organiza unha nova edición do Magosto-Serán do Chan das Pipas. O próximo sábado 29 de novembro, a partir das 20:00, na casa cultural deste lugar na parroquia de Saxamonde, serviranse castañas que se poderán acompañar con viño e chourizo. De seguido, no mesmo local, celebrarase un serán onde todos os grupos ou persoas que o desexen, poderán tocar no palco habilitado. A festa rematará coa vontade dos bailadores e tocadores. Aínda que chova, o lugar é pechado.

Como chegar:

No Alto de Os Valos, na estrada que une Redondela e Porriño, tómase o desvío cara o aeroporto. A uns 500 metros, despois dunha curva á esquerda, vírase á dereita para facelo á dereita 100 metros á frente. Haberá cartaces indicando o camiño.

Noticia enviada por Asociación Chan das Pipas Saxamonde

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



La Voz lanza unha colección de libro-discos de música tradicional
http://www.lavozdegalicia.com/sociedad/2008/11/23/0003_7337418.htm
(texto engadido o día 24/ / 11/ / 08 )


En dez volumes reuniranse os temas máis coñecidos dos sons populares con guías culturais das comarcas

La Voz de Galicia inicia o próximo domingo 30 de novembro unha colección inédita ata agora en Galicia. Baixo o título de O son e a terra , dez libro-discos reunirán os douscentos temas máis coñecidos da música tradicional galega, que irán acompañados por unha completa guía que debuxará un percorrido xeográfico-cultural polas comarcas do país. Este ambicioso proxecto está patrocinado polo Banco de Sabadell.


Cada libro-disco incluirá un compacto con as dez cancións máis representativas da historia sonora de cada un dos espazos físicos que reflictan as 68 páxinas de cada volume, que se encargarán de contar os elementos culturais, sociais e naturais máis destacados de cada zona do país en cuestión. Este produto editorial irá profusamente ilustrado con decenas de fotografías.


A música, gravada por músicos especialistas na interpretación de pezas tradicionais, incluirá dez melodías, que estarán interpretadas en dúas versións diferentes: unha que respecta a forma histórica en que eran tocadas con instrumentos como a gaita, o tamboril e o bombo; e outra que se interpreta dunha forma máis evolucionada cos sons do acordeón, a frauta, o violín ou o bouzouki. Os temas gravados están extraídos dos grandes estudos musicolóxicos que contribuíron a fixar a historia sonora do país, como son o Cancionero musical de Galicia , de Casto Sampedro, e o Cancionero gallego , de Eduardo Martínez Torner e Jesús Bal y Gay. Nos dez cedés que forman O son e a terra tamén aparecen temas procedentes de séculos de saber popular, que foron recollidos de diversas fontes orais de todo o país.


Os sons incluídos nos discos ofrecen melodías tan coñecidas e definitorias da cultura galega como son as muiñeiras, foliadas e alboradas máis famosas da historia de Galicia.


«Muiñeira de Chantada»


Un exemplo é unha das pezas que aparecen no primeiro libro-disco, que será entregado xunto co periódico o domingo 30 de novembro por 5,95 euros, e que está dedicado ás terras da Ribeira Sacra, Valdeorras, Trives, Viana e Caldelas. Nese volume pódese atopar a celebérrima Muiñeira de Chantada . Sobre esta melodía, quizá a máis coñecida do corpus sonoro tradicional do país, realizáronse recentemente unhas investigacións que atribúen a súa creación á banda dos Ferraias, unha agrupación musical formada nas terras chantadinas en 1865 polos irmáns Manuel e Antonio Fernández. A peza sería pasada a partitura por primeira vez por Victoriano, fillo de Manuel. A mesma investigación, realizada polo colectivo Barcas do Minho, explica que os Ferraias estrearon en público a peza en 1916 nas festas da parroquia chantadina de Veiga. Para esa ocasión, os Ferraias contaron coa colaboración do grupo de gaitas máis famoso da historia de Galicia: os gaiteiros de Soutelo de Montes. A mítica banda que dirixía Avelino Cachafeiro colaborou na súa difusión coa gravación que fixo da Muiñeira de Chantada en 1928. Estas e outras historias son as que se poderán atopar na colección O son e a terra .


+ 4 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



O venres 28, Foliada en As Pontes
http://nocombaro.spaces.live.com/Blog/cns!6A8B89BC75137653!1680.entry
(texto engadido o día 20/ / 11/ / 08 )


O venres, 28 temos Foliada.

Para esta ocasión os encargados de amenizar a festa serán dous
grupos ponteses: No Cotío, nome de un novo grupo que se forma
para participar e colaborar este día coa organización da Foliada,
despois serán Os Trevillas grupo xa dabondo consagrado e ben
coñecido nos ambentes tradicionales de toda a bisbarra.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Magosto nas Crechas
http://musicasdaulla.blogspot.com/2008/11/magosto-nas-crechas.html
(texto engadido o día 19/ / 11/ / 08 )


Todas as tardes durante este mes de novembro poderás disfrutar de unhas castañas asadas con nós.
O magosto é a festa de exaltación da castaña que leva asociados moito elementos presentes en diversos ritos e tradicións da nosa zona. Esta festa hoxe en día celébrase reuníndose os asistentes para asa-las castañas e seguidamente come-las e xogar, bailar, contar contos, cantar, etc.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Pepa&Davide e Madame Cell na Sala Nasa de Compostela o 26 de Novembro
http://musicasdaulla.blogspot.com/2008/11/pepa-e-madame-cell-levan-o-negro-vai.html
(texto engadido o día 19/ / 11/ / 08 )


Pepa&Davide e Madame Cell
levan 'O negro vai con todo'
á Sala Nasa


Dos creadores de 'Cabaret D’aquí…',
pero cun obxectivo diferente ao
que nos tiñan acostumados con
'Unha noite no muíño…': bailar.


Partindo dunha melodía que
escoitaron nun bar, dunha vella copla,
dun vinilo raiado dun faiado, revolven
outra vez no saber popular,
rural pero urbano en definitiva,
séguenlle o rastro até facelo evoluír de
xeito natural e chegar a un son de
hoxe, á vangarda. Son novos e iso
hai que festexalo. Esta nova viaxe
empréndena cun vello acompañante:
Madame Cell dende o piano ata as
programacións electrónicas.

A sociedade urbana, sometida á i
nsobornable velocidade viriliana do
tempo real,está infestada de arrabais
dixitais, códigos fonte desfigurados,
singles raiados, píxeles errantes, motores
de parabrisas tartaxas e outras
pantasmas numéricas e pre-numéricas.

O ecosistema esquecido do micro-suco.
É o alimento vital de Pepa,
Davide+ Madamme cell.
Porque o negro vai con todo:
Noisse, suor, drum´bass, humidade,
electro, sabor, cheiros de Marín, 70´house,
bolero, sexo, pasodobre, máis sexo,
o negro vai con todo, autotempo e relax.
http://www.salanasa.com/

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Sobre Rodas en Vigo e A Coruña (19 e 24 de Novembro)

(texto engadido o día 19/ / 11/ / 08 )


19 de Novembro na Fábrica de Chocolate, Vigo
24 de Novembro no Forum Metropolitano, A Coruña



Un artesán adicado á construción de zanfonas que no seu tempo libre
interpreta cantares de cego e un recoñecido músico da tradición
popular galega forman este dúo chamado ‘Sobre rodas’. Carlos do
Viso e Luís ‘O Caruncho’ levan dende o ano 2006 tentando
recuperar a música de raíz do noso país. Para elo empregan as súas
voces e explotan as diferentes variedades tímbricas que ofrece o son
de dúas zanfonas tocadas ao tempo.
Ao inusual desta proposta, xa que non é moi habitual poder gozar por
duplicado do particular son deste instrumento con máis de dez séculos
de historia no seu haber, engádeselle que ademais de tocar pezas
tradicionais da nosa cultura, Carlos e Luís compuxeron pezas propias
para este instrumento, axudando deste xeito a continuar a tradición
da zanfona en Galiza.

Imaxe e texto tirados da web da Festa da Marosa


+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Gran Festa-Magosto o 23 de Novembro en París

(texto engadido o día 19/ / 11/ / 08 )


Medames messieurs,


Le Centre d'Etudes Galiciennes de l'Université Paris III – Sorbonne
Nouvelle et l'association A Nosa Casa de Galicia de Paris organisent le
23 novembre 2008 un «Magosto Galego». Nous avons par conséquent
le plaisir de vous inviter à participer à cette célébration traditionnelle
galicienne dédiée à la dégustation de châtaignes qui se deroulera à
partir de 12h30 au Hogar de los Españoles (10, rue Cristino Garcia
93200 Saint-Denis).

Cette manifestation s'adresse à tous ceux qui sont intéressés par
notre culture et nos fêtes.

La participation aux frais est fixée à 5€ (3€ pour les adhérents à
l'association A Nosa Casa Galicia et sympathisants du CEGA), des
châtaignes, du vin, de la «queimada» et de la musique de qualité
vous seront offerts à cette occasion.

A partir de 12h30 vous aurez l'occasion de déguster divers types de
tapas galiciennes (pulpo, empanada, tortilla, …) à des prix
accessibles. Le groupe de A Nosa Casa Galicia, Aires da
Terra
, proposera des animations musicales.

A partir de 15h30 deux concerts démarreront avec les groupes
suivants :

Os Miñotos
Quempallou


Invités pour l'occasion et venus de Galice.


Eric Beaumatin et Sonia Gómez (CEGA)
Juan Blanco e Luis Rosón (A Nosa Casa Galicia)


_______________________________________________________



Miñas donas, meus señores,


O Centro de Estudos Galegos da Universidade Paris III – Sorbonne
Nouvelle e mais A Nosa Casa de Galica de Paris, están a organizar
para o día 23 de novembro de 2008 un «Magosto galego». E polo
tanto, temos o pracer de convidalos a honrar coa súa presenza esta
celebración dedicada á festa da castaña, que se desenvolverá a partir
das 12:30 no Hogar de los españoles (4, rue de l'esclangon 75018
Paris).

Así pois, a festa está dirixida a todos aqueles que queiran coñecer e
participar da nosa cultura e festividades.

O prezo da entrada é de 5 euros (3 euros para socios da Nosa Casa
de Galicia e simpatizantes CEGA) e ofrecerase aos invitados castañas,
viño, queimada e boa música galega.

A partir das 12:30 ofreceránse tapas (pulpo, empanada, tortilla…) a
prezos asequibles para os interesados en degustar comida típica
galega. Sempre acompañados da música e do baile asegurados co
grupo Aires da terra da nosa casa Galicia.

A partir das 15:30 comezarán os concertos dos grupos:

Os Miñotos
Quempallou


invitados para a ocasión e vidos directamente dende Galicia.



Eric Beaumatin e Sonia Gómez (CEGA)
Juan Blanco e Luis Rosón (A Nosa Casa Galicia)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXI FESTA DO CABAZO
http://www.ocoto.org/index.php?option=com_content&task=view&id=125&Itemid=29
(texto engadido o día 14/ / 11/ / 08 )


Imaxe de blogoteca.com/malmequer



O próximo domingo día 16 de novembro celebrarase a “XXI Festa do Cabazo” no Colexio Carballal organizada pola Asociación Cultural “O Coto”.


  A festa dará comenzo ás 11:30 h. co seguinte programa:

-      Grupo de Gaitas “Xestarega” da A. C. O Coto.
-      Grupo de pandereteiras “Salgadeira” da A. F. Lembranzas Galegas.
-      Lectura do pregón 
-      Grupo de pandereteiras “Rueiro” do C. C. Rueiro de Coia.

Pola tarde, a partir das 17:00 h., actuarán:

-      Grupo de gaitas “Os Feiticeiros de Borbén”.
-       Grupo de pandereteiras “As Tarambainas”.

- Durante todo o día poderán degustarse diferentes pratos feitos con CABAZO.
-         Mostra de Artesanía

-         Exposición sobre a historia da Festa do Cabazo, na que se mostra o proceso de cultivo, recollida, elaboración e degustación do cabazo.


A pregoeira desta festa será a escritora e catedrática de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Vigo MARÍA CAMIÑO NOIA CAMPOS.


O domingo día 16 de novembro celebrarase a  XXI Festa do Cabazo, no Colexio Carballal, Vigo.

A Asociación Cultural "O Coto" ven organizando esta festa gastronómica dende o ano 1984.



Introducción:


A Asociación Cultural “O Coto” quere dar a coñecer un pouco máis a súa “Festa do Cabazo” que ven realizando dende hai vintecatro anos no Colexio Carballal.
É unha festa gastronómica, ata hai poucos anos a única dedicada a este producto tan especial para nós, pero que cremos cunhas características peculiares que a diferencian doutras festas gastronómicas :
·                                 O obxectivo principal era recuperar un cultivo que fora importante na zona e de recoller e difundir todas aquelas tradicións culinarias que tiñan como base o cabazo; así como novas utilizacións do mesmo.
·                                 Participación e realización da Asociación no proceso completo : cultivo de cabazos (marzo, abril), recollida (setembro, outubro), preparación e elaboración do producto (outubro, novembro) e finalmente realización da Festa (3º domingo de novembro).
·                                 Aumento progresivo na implicación e participación na Festa: En todo o proceso, tratamos de implicar ó mayor número de persoas posibles de tódalas idades, de xeito que se vai producindo unha relación interxeracional importante que é parte esencial da Festa:  socios, veciños, socios doutras asociacións, xente que se achega para coñecer máis de cerca o que facemos acabando implicada totalmente no proceso. Son cada vez máis as persoas que participan de xeito activo en toda a preparación.
·                                 É un proxecto cultural, non mercantil : a festa naceu como método de recuperación e enxalzamento do cabazo, ofrecendo degustacións gratuítas do mesmo. A medida que a festa medraba, íanse ofrecendo productos á venda para poder realizala económicamente. Nestes momentos, a pesar de ter medrado moitísimo, seguimos a manter degustacións gratuítas dalgún dos productos.
·                                 Proceso artesanal, feito por voluntarios, de tódolos productos elaborados, que requiren grandes recursos humáns e materiais: Realízanse productos moi diferentes con unha importante complexidade na súa elaboración, para o que se precisan moitas persoas. O custo final do producto resulta elevado, tanto polos ingredientes utilizados como polo custe persoal dos voluntarios que ofrecen o seu tempo para a realización da festa.
·                                 O día da festa prográmase cun marcado carácter cultural, ademais do festivo e gastronómico: Aparte das actuacións dos grupos, realízanse paralelamente diversas exposicións e unha mostra de artesanía; que teñen suscitado grande interese no público en xeral.
·                                 Contamos coa axuda de pregoeiros especiais, personalidades do mundo da cultura que comparten con nós os obxectivos da festa, axudándonos a manter vivas as nosas tradicións.

Finalmente engadir, que todos os que estamos detrás da Festa do Cabazo, cremos e sentimos que este proxecto segue a manter vida propia, polo que calquer esforzo é totalmente gratificante para nós.
Dende aquí facemos unha invitación a todos os que queirades participar con nós, lembrándovos que o día da festa este ano será o domingo 16 de novembro e que se queredes coñecer de primeira man todo o proceso de elaboración, podedes poñervos en contacto con nós.

A Festa:

A Festa do Cabazo é unha festa gastronómica que se celebra tódolos anos polo mes de novembro ( o 3º domingo ) no Colexio Carballal de Cabral, Vigo , dende o ano 1984.
A Asociación Cultural “O Coto”, no seu afán de cumplir un dos seus obxectivos básicos que é evitar a perda das tradicións, creu necesaria a recuperación e enxalzamento do cabazo como producto alimenticio, recollendo todas aquelas tradicións culinarias do mesmo e dando a coñecer numerosas utilizacións do seu producto estrela: “o cabazo”.
Consiste na realización e mostra dun certo número de pratos diferentes que se poden facer con cabazo e que poden degustar tódolos asistentes; como poden ser: caldo, flans, marmelada, chulas, pan, galletas, pisto, pasteis, empanadas de cabelo de anxo, sopaipillas, licor de cabazo, …
Para os cociñados, todos feitos de xeito artesanal por voluntarios da propia Asociación e outros colaboradores, utilízanse algunhas dependencias do colexio, diversas casas de socios e colaboradores e no día anterior a festa fanse nunha carpa auxiliar que se habilita ó lado da carpa da festa. Nos últimos anos, contamos coa grande axuda de dúas panaderías que de xeito totalmente desinteresado, deixannos utilizar os seus fornos.
Utilizanse ó redor de douscentos cabazos dunha media duns 40 quilos cada un. Estes cabazos son doados polos veciños que colaboran desinteresadamente na festa e polos socios da Asociación. Tamén nos ofrecen cabazos doutras parroquias de Vigo e incluso doutros municipios dos arredores.
Para a realización da festa precisase a colaboración dunhas sesenta persoas , tanto para o sábado anterior como para o día da festa. Durante todo o proceso de preparación da Festa do Cabazo, chegan a colaborar ó redor de duascentas persoas diferentes.
 A festa comenza ás once da mañá e prolongase ata ó serán.
Normalmente realízase unha pequena degustación gratuíta dalgúns dos pratos feitos con cabazo.
Prepáranse ademais envases de degustación que tódolos asistentes poden adquirir a precios módicos ó longo de todo o día.
Tamén poderán facerse coa publicación sobre a Festa do Cabazo, na que se fala do cabazo e as súas cualidades, da Festa do Cabazo e os seus obxectivos e algunhas das receitas que se fan.
No día da festa ofrécense actuacións de grupos diversos e pódense ver diversas exposicións e unha mostra de artesanía.
Dende hai anos realízase a lectura do pregón a cargo dunha personalidade do mundo da cultura.
Nalgunhas das edicións, realízanse concursos de receitas de pratos elaborados con cabazo e concursos de cabazos.
Durante a Festa , podese ver tamén unha exposición sobre a historia da Festa do Cabazo, na que se mostra o proceso de cultivo, recollida, elaboración e degustación do cabazo.

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Magosto'08 - Vigo
http://www.movevigo.com/
(texto engadido o día 14/ / 11/ / 08 )


VENRES, 14 DE NOVEMBRO
18.00h TEATRO. “The Pinga Teatro” porá en escena a obra Unha rosa no xardín.
Na A.V.C.D. de Lavadores.

19.00h MAGOSTO con castañas de balde para todas as persoas asistentes.
Na A.V. Pontenova-Freixeiro.

19.30h MAGOSTO amenizado polo grupo de pandereiteiras da A.V. Pontenova-Freixeiro e o grupo de gaitas e baile tradicional “Nautilius” de Comesaña .
Na A.V.C.U. – C.S.C.D.R. “Val do Fragoso”.

19.30h MAGOSTO coa actuación do grupo de pandereiteiras “As meniñas de Tarambainas” da A.V.C.D. de Lavadores
Na A.V. “As Nosas Rúas” (Travesía de Vigo).

20.00h MAGOSTO coa actuación de C´E ORQUESTRA PANTASMA (home orquestra) da A.V.S.C.D. O Freixo.
Na A.V. “Camiño Vello” de Coia.

SÁBADO, 15 DE NOVEMBRO
11.00h CAMIÑADA pola parroquia e xantar. A partir das 19.30h
MAGOSTO amenizado polo grupo de acordeóns de Valadares,
“Bouzacoba”, “Os Tabáns” e a Rondalla de Freixo.
Na A.V.S.C.D. O Freixo.

16.00h XORNADA MICOLÓXICA. Saída ao monte con explicación, identificación e recolección de cogumelos para a súa posterior preparación e degustación.
18.30h MAGOSTO. Con castañas gratuitas para todas as persoas asistentes
Na A.V. “San Xurxo” de Saiáns

17.00h MAGOSTO.
Na A.V. San Roque.

17.30h MAGOSTO coa actuación da Coral Polifónica “As Fontes” da A.V. e a actuación dun grupo de baile moderno.
Na A.V. “As Fontes” de Vilar.

18.00h MAGOSTO coa actuación do grupo “Cantareiras do Alba” do C.V.C.de Valadares.
20.00h TEATRO “Aforo Teatro” porá en escena a obra Do cotián: o absurdo.
No A.V.C.U. - C.S.C.R. Beade.

18.00h MAGOSTO coa actuación do grupo de gaitas “Arume” do C.S.C.R. de Beade e do baile tradicional “Semente da Arte Galega” do C.S.C.R. Beade.
Na A.V. “Agarimo” de San Xoán Poulo.

19.00h MAGOSTO.
Na A.V.C.D. de Sampaio.

19.00h MAGOSTO coa actuación do grupo gaitas “Fume de Caroso” da A.V. “Rúas e Fontes” e degustación e mostra dos cogumelos recollidos pola mañá polos montes da parroquia de Candeán.
Na U.V.C.D. Candeán.

20.00h MOSTRA DE CORAIS coa participación das corais:

Coral “Virxe do Mar” (Cedeira)
Coral do C.S.C.R. de Beade
Coral da Asociación Cultural “Estrelas de Silveirinhos” (Portugal)
Coral do C.V.C. de Valadares
No C.V.C. de Valadares.
20.00h MAGOSTO. Haberá castañas asadas para todos os asistentes e a velada estará amenizada polo grupo de metais “Grume” e o grupo de gaitas, ambos da A.V.C.R. “San Mamede”.
Na A.V.C.R. “San Mamede” de Zamáns.

20.00h CONCERTO BANDA DE MÚSICA.
Na A.V.S.C.D. de San Miguel de Oia.

20.30h MAGOSTO.
Na A.V.C.D. Cabral.

20.30h FESTA DO MAGOSTO onde se degustarán castañas e se contará coa actuación do dúo “Jaco & Boo performance”.
Na A.V.C.D. “Monte da Mina” (Castrelos).

22.00h MAGOSTO Actuación do grupo gaitas “Fume de Caroso” da A.V. “Rúas e Fontes” e o grupo de grupo de baile con acompañamento “Asubío” da A.V. “Rosalía de Castro” da Salgueira.
Na A.V. “Rúas e Fontes” (Cabral – Maceiriña).

DOMINGO, 16 DE NOVEMBRO
17.00h “Títeres en acción” porá en escena a obra Trastos Vellos.
Na A.V.C.R. “San Mamede” de Zamáns.

18.30h 9º CERTAME DO HUMOR con invitados de excepción.
No C.V.C. de Valadares.

19.00h OUTONO CULTURAL CONCERTO da Banda de Música “Unión Musical de Valadares”.
Na A.V.C.D. Cabral.

19.00h TEATRO “Aforo Teatro” porá en escena a obra Do cotiá: o absurdo.
Na U.V.C.D. Candeán.

SÁBADO, 22 DE NOVEMBRO
20.00h TEATRO “Disque Danza” porá en escena a obra E me deixo enlear.
Na A.V. “Agarimo” de San Xoán Poulo.

20.00h ACTUACIÓN da Escola de Música de Valadares.
No C.V.C. de Valadares.

20.00h CONCERTO SANTA CECILIA. Actuación do grupo de metais “Grume” e concerto de gaiteiros.
Na A.V.C.R. “San Mamede” de Zamáns.

20.00h SEMANA CULTURAL. ACTUACIÓN do grupo de pandereiteiras “Mirandeiras” da A.V. Navia.
Na A.V.C.D. de Sampaio.

DOMINGO, 23 DE NOVEMBRO
12.00h MISA de Santa Cecilia.
No C.V.C. de Valadares.

19.00h TEATRO UNIVERSITARIO coa obra Proof.
Na A.V. de Navia.

19.30h TEATRO. O grupo de teatro “Tarantela” do C.S.C.R. de Beade estreará a obra O pasado e o presente.
No A.V.C.U. - C.S.C.R. Beade.

19.30h CONCERTO DE SANTA CECILIA. Coa actuación das seguintes corais:

Coral Polifónica “Mª Madre del Buen Pastor”
Coral Polifónica da A.V.C.R. “San Mamede” de Zamáns
Na A.V.C.D. “Monte da Mina” (Castrelos).
20.00h SEMANA CULTURAL. ACTUACIÓN do grupo de Danza Moderna da A.V.C.U. – C.S.C.D.R. Val do Fragoso.
Na A.V.C.D. de Sampaio.

SÁBADO, 29 DE NOVEMBRO
11.30h HOMENAXE aos mortos da Guerra Civil no parque de Barreiro.
Organiza a A.V.C.D. de Lavadores.

19.00h MISA polos socios defuntos na igrexa parroquial de Santo André de Valadares. A misa será cantada pola Coral Polifónica do C.V.C. de Valadares.
No C.V.C. de Valadares.

19.00h CONCERTO da Coral Polifónica da U.V.C.D. de Candeán.
No auditorio do Centro Cívico de Teis.

19.30h CLAUSURA OUTONO CULTURAL Actuacións de:

A.C.F. “O Fiadeiro”
Grupo de pandereiteiras “Chourovía” da A.V.C.D. de Cabral
Grupo de gaitas e percusión tradicional “Xangal” da A.V.C.D. de Cabral.
Na A.V.C.D. Cabral.

20.00h FESTIVAL DE CORAIS. Coa actuación das seguintes corais:

Coral “Mª Madre del Buen Pastor”
Coral Polifónica de Matamá
Coral Polifónica da A.V.C.R. “San Mamede” de Zamáns
Coral Polifónica C.S.C.R. Beade
No A.V.C.U. - C.S.C.R. Beade.

20.00h CONCERTO SANTA CECILIA coas actuacións da:

Agrupación Musical “Lira” de San Miguel de Oia
Banda Infantil “Lira” de San Miguel de Oia
Coral Polifónica “Lira” de San Miguel de Oia
Na A.V.S.C.D. de San Miguel de Oia.

22.00h CEA BAILE amenizado por un dj. (Anotarse na A.V. “Agarimo” de San Xoán Poulo).
Na A.V. “Agarimo” de San Xoán Poulo.

22.00h SERÁN POPULAR con moita música para bailar e gozar.
Na A.V.C.R. “San Mamede” de Zamáns.

DOMINGO, 30 DE NOVEMBRO
17.00h FESTA VECIÑAL con MAGOSTO POPULAR. Haberá xogos para a rapazada, sorteo de lacóns e chourizos e, por suposto, castañas asadas e bebida. Amenizado polo grupo de pandereiteiras “Volta do Demo” do C.S.C.R. de Beade.
No patio da A.V. “Dr. Fleming”.

19.00h TEATRO ADULTOS o grupo “Lareira Teatro” coa obra Infinitas posibilidades.
Na A.V.C.D. Cabral.

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Sobradelo recupera e transmite o patrimonio cultural galego coa celebración do “Serán’08”
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=49670
(texto engadido o día 14/ / 11/ / 08 )


O serán 08 converterá a Sobradelo no epicentro da cultura popular
galega o vindeiro sábado, 15 de novembro.

Aparte de ofrecer un espazo de diversión, este evento lúdico, cultural,
musical e gastronómico, ten coma obxectivo recuperar a práctica
destas xuntanzas tradicionais nas que se transmitía o folclore e as
costumes de cada zona de xeración en xeración.

Seguindo a costume tradicional, o Serán de Sobradelo reunirá a
nenos, mozos, adultos e persoas maiores para compartir unhas horas
de diversión como se facía antes e co obxectivo de que os máis novos
teñan a oportunidade de aprender cancións, lendas, bailes e técnicas
instrumentais pero todo, baixo o denominador común da diversión.


Os organizadores deste evento son os membros da Asociación
Cultural “Nós” de Sobradelo, colectivo que conta cona colaboración da
Concellería de que facilita parte da infraestrutura precisa para a
promoción e desenvolvemento do acto.


O Serán comezará ás 22:00 horas e desenvolverase no campo da
festa, onde se instalará unha gran carpa dotada con canóns de calor.
Como se facía antigamente, despois das xornadas de labranza,
desfolladas e outras actividades que antigamente se facían de forma
comunitaria, os veciños asistirán ao serán para compartir unha noite
de diversión cantando, bailando e tocando. Ao Serán de Sobradelo
acudirán colectivos de diferentes puntos de Galicia, xa que a
organización pretende que nel se poidan ver os distintos xeitos de
bailar, tocar pandeiretas, pandeiros e gaita e mesmo de cantar temas
da tradición popular. Os maiores xogarán un papel destacado
lembrando os seráns do seu tempo, as costumes, xeitos de tocar
instrumentos musicais, relatando lendas e demais; polo que o serán,
a parte do carácter festivo e cultural,adquire tamén unha compoñente
de relación interxeracional.

E como a gastronomía ten unha parte importante na cultura galega, a
organización repartirá entre os asistentes viandas típicas como
mexillóns ao vapor con cachelos, empanada, licor café e, xa de
madrugada e para manter as forzas despois de tanta festa, haberá
chocolate quente con rosca e churros.

Tanto os representantes da Asociación Cultural “Nós”, como o
concelleiro de Cultura, Xosé Castro Ratón, fixeron un chamamento a
todos os veciños do municipio e tamén ós da bisbarra do Salnés para
que acudan o Serán’08 de Sobradelo. O presidente do colectivo “Nós”,
Xurxo Santos, comentou que o ano pasado participaron neste evento
unhas 1.800 persoas, cunha media constante no interior da carpa
dunhas 500. A previsión desta nova edición é a de superar as cifras de
2007.

Pola súa banda, Castro Ratón, salientou a importancia do “Serán” de
Sobradelo, un dos máis multitudinarios dos que se celebran nestes
intres en Galicia, e agradeceu á Asociación “Nós” que teñan
recuperado esta importante tradición galega, esencial para o
mantemento e transmisión do noso patrimonio cultural.


+ 3 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



MAGOSTO EN XIRADELA, 15 de Novembro
http://xiradela.spaces.live.com/Blog/cns!83D9BF49A6CB0D34!740.entry
(texto engadido o día 11/ / 11/ / 08 )


Estades todos invitados á festa do Magosto que se celebrará en
Xiradela o día 15 de Novembro ás 19:00h.
Haberá castañas e o Sing-Star para todos.
¡NON FALTEDES!


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa do outono en Couso, 22 de Novembro
http://folque.com/cmn-wp/?p=1123
(texto engadido o día 8/ / 11/ / 08 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Dous libros analizan a identidade e a presenza galega en Arxentina e Cuba
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=13412
(texto engadido o día 7/ / 11/ / 08 )


AS OBRAS FAN PARTE DA COLECCIóN GALICIA EXTERIOR


A Galicia antillana: formación e destrución da identidade galega en
Cuba, 1899-1968" e mais Los "gallegos" en el imaginario argentino.
Literatura, sainete, prensa son os dous títulos da colección Galicia
Exterior que se presentaban esta mañá na sede do Consello da
Cultura Galega. A primeira destas obras, editadas pola Fundación
Barrié e mais polo propio Consello, céntrase nos procesos de creación
da identidade dos emigrados galegos en Cuba e adéntrase de xeito
pioneiro na relación dos nosos emigrantes coa revolución neste país.
O segundo volume, pola súa banda, fai unha análise da figura do
galego na literatura e en manifestacións culturais coma o teatro, a
zarzuela ou o humor gráfico en Arxentina no comezo do século XX.


+ 2 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Magosto Celta en Balboa (O Bierzo) dias 6, 7 e 8 e 9 de Novembro
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=48206
(texto engadido o día 7/ / 11/ / 08 )


Este ano celébrase a décima edición do MAGOSTO CELTA de
Balboa que terá lugar ao longo dos días 6, 7, 8 e 9 de novembro.


Ao asado das castañas e ás habituais actuacións nocturnas musicais
de raíz celta nas pallozas, únense nesta ocasión a homenaxe a un
dos castiñeiros máis longevos do val (500-600 anos) e un dos poucos
que ten nome propio, O Fiangueiro de Balboa, e unha acción teatral
do grupo berciano ESES 2.

As actividades musicais empezarán o xoves 6 na Palloza de Balboa
coa rólda de CELTICUE Grupo de gaitas (Cartagena) que ademais
animará a festa coa súa música na rúa ao longo do fin de semana.


O venres 7 actuará CELTICUE Grupo de gaitas (Cartagena) na Palloza
de Balboa (00.00 h.) e EL GARCIELO (O Bierzo) na Palloza de Chis
(02.00h.)

O sábado 8 ás 16,30 h. as PANDERETERAS DE GRITSANDA
conducirannos camiñando ata o próximo O Fiangueiro (castiñeiro
centenario) onde se realizará unha cerimonia de exaltación da árbore
e da castaña. Sobre as 18.00 h. repartiranse castañas asadas en
todos os establecementos do val. As mesmas PANDERETERAS DE
GRITSANDA quentarán o ambiente ás 20.00 h. no Molino de Agüita
(Quintela) onde ás 21.00 h. ESES 2 realizarán a acción teatral
Chamuscáronse as Meigas. O escenario da Palloza de Balboa se
reabrirá ás 00.00 h. con DIATÓNIC (Laciana) e proseguirá na Palloza
de Chis ás 02.00 h. con NESS (Maragatería).

O domingo 9 ás 17.00 h. haberá concerto de rabel a cargo de José
Francisco Fernández Juárez na palloza de Balboa. O reparto de
castañas asadas seguirá a tarde do domingo ata esgotar existencias.


Programa

Xoves 6

21.00 h. Rolda con CELTICUE Grupo de gaitas (Cartagena) Palloza de
Balboa

Venres 7

21.00 h. Rolda con CELTICUE Grupo de gaitas (Cartagena) Palloza de
Balboa
00.00 h. CELTICUE Grupo de gaitas (Cartagena) Palloza de Balboa
02.00 h. EL GARCIELO (O Bierzo) Palloza de Chis

Sábado 8

17,00 h. PANDERETERAS DE GRITSANDA (León) Homenaxe Ou
Fiangueiro
20.00 h. PANDERETERAS DE GRITSANDA (León) Molino de Agüita -
Quintela
21.00 h. ESES 2 en Chamuscáronse as Meigas Molino de Agüita -
Quintela
00.00 h. h. DIATÓNIC (Tsaciana) Palloza de Balboa
02.00 h. NESS (Maragatería) Palloza de Chis

Domingo 9

17.00 h. JOSÉ FRANCISCO FERNÁNDEZ JUÁREZ Tañedor de Rabel
Palloza de Balboa.

+ 6 noticias relacionadas

2 comentarios
:: Enlace a esta nova ::



TRIBUTO A GALICIA EN FESTIVAL INTERNACIONAL DE BALLET DE LA HABANA
http://www.cubavision.cubaweb.cu/detalles.asp?ID=40587
(texto engadido o día 6/ / 11/ / 08 )
Una suerte de tributo a la nacionalidad gallega devino el estreno mundial de la coreografía Una rosa, una rosa, del español Ramón Oller, a cargo del Ballet Nacional de Cuba (BNC), en ocasión de la séptima jornada del XXI Festival Internacional de esa manifestación artística, en La Habana.

Las alegrías y nostalgias del emigrante de esa región española motivaron al coreógrafo para entregar una pieza que mezcla poemas de la célebre poetisa y novelista en lengua gallega Rosalía de Castro, con la música de gaitas y sintetizadores de Amancio Prada y Carlos Núñez.

También utiliza la canción Negra sombra, estrenada en el Gran Teatro habanero en 1867 y llevada a la danza la víspera en los protagónicos de Anette Delgado y Joel Carreño.

(..)

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Esta semana celebrase as IX Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas
http://xornal.vigo.org/xnnoticia.php?noticia=10671
(texto engadido o día 4/ / 11/ / 08 )
A Concelleria de Festas organiza, en colaboración coa Asociación Cultural Interfolc, as IX Xornadas de Danza e Música Tradicional de Galicia que terá lugar no Teatro-Sala de Concertos do Centro Cultural Caixanova, os días 8 e 9 de novembro (sábado e domingo) as 20 horas.


En total participarán 3 grupos de danza e música galega: Agrupación Folclórica "Colexiata do Sar" de Santiago de Compostela; Asociación Cultural "Xirandola" de Bandeira e Asociación Folcórica "Noutrora" de Vigo.

O xurado valorará de 0 a 10 puntos a cada agrupación, e terá como base fundamental os seguintes criterios:calidade artística dos bailarins/as, o grao de dificultade e autenticidade das danzas interpretadas e vestiario utilizado, valor interpretativo do grupo de acompañamento.

O xurado estará formado por Xesus López, conselleiro de Festas; Luís Prego Fernandez, director do grupo "Bricadeira" de Santiago e bailarin; José Manuel Gil Rodriguez, profesor de música; Isabel García Quintela, profesora de baile; Enrique Dominguez Lino,directo do grupo "Celme" de Pontevedra. Actuará como secretaria do xurado: Carmen Chapela Meneo, funcionaria do Concello de Vigo.

PREMIOS:

1º premio: 1.500.- € medalla e diploma
2º premio: 900.- € " "
3º premio: 600.- € " "
4º, 5º, 6º clasificados: Diploma e accésit de 100 €
Premio especial o mellor grupo de acompañamento: 200 €.

O comenzo dos actos será as 20,00 horas. As persoas interesadas en asistir ás xornadas debereán recoller as invitacións o sábado e domingo a partir das 18 horas no teatro.

+ 2 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]