Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


Foliada de Xaneiro en As Pontes
http://nocombaro.spaces.live.com/Blog/cns!6A8B89BC75137653!1916.entry
(texto engadido o día 27/ / 1/ / 09 )


FOLIADA DE XANEIRO


Venres, 30 de Xaneiro

A Agrupación Alxibeira de Narón colaborará con nos na 22 Foliada
correspondente o mes de Xaneiro.

Desplazaranse ata As Pontes coas suas seccions de: Gaita e
Percusión, Cantareiras e Baile tradicional.

Estades invitad@s a participar, e lembrade levar instrumentos para
seguila festa.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III edición do encontro do asociacionismo xuvenil
http://folque.com/cmn-wp/?p=1304
(texto engadido o día 24/ / 1/ / 09 )


Nos próximos días 7 e 8 de febreiro celebrarase en Compostela a
terceira edición do encontro do asociacionismo xuvenil de Galiza e o
Norte de Portugal que anteriormente foi en Porto e en Vila Nova de
Famalicão. Estes encontros teñen o obxectivo de crear un espazo onde
compartir realidades, experiencias, problemas e solucións comúns no
mundo asociativo e reducir as distancias entre realidades semellantes
e próximas.

Descarga o formulario de preinscrición aquí: inscricion_asociacions.

No encontro contarase con diferentes espazos. Na MOSTRA haberá
tempos e espazos para que cada asociación xuvenil expoña e
comparta as súas ideas, as súas actividades e os seus proxecto de
futuro. Para iso contamos cun espazo de EXPOSICIÓN con stands para
que as asociacións xuvenís interesadas divulguen os seus proxectos e
actividades. Tamén teremos un ESCENARIO, aberto á participación dos
grupos que queiran actuar diante dos visitantes da Mostra - Encontro.

Haberá tamén un ESPAZO MULTIMEDIA onde expoñer traballos de
creación e divulgación realizados por mozos e mozas.
En canto ENCONTRO haberá a oportunidade de convivir, relacionarse
festexar con mozos e mozas asociados de ambas partes do Miño:
SEMINARIOS formativos e de reflexión sobre a elaboración de
proxectos conxuntos e sobre a vida asociativa, CONCERTO – festa
para o sábado noite, ANIMACIÓN e actividades variadas.
O aloxamento é gratuíto para as asociacións xuvenís interesadas que
se inscriban con anterioridade ao 27 de xaneiro.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Pesdelán no Centro Galego de Barcelona
http://www.merlobranco.com/pesdelan_ga.html
(texto engadido o día 21/ / 1/ / 09 )


Estimados amigos e amigas:
Merlo branco ten o pracer de informarvos do seguinte concerto:

O 24/1/2009 PESDELÁN no Centro Galego de Barcelona ás 19:00h.

Se vos gusta bailar non o perdades.



Disposto a recuperar a cultura participativa das festas, este curioso
grupo de músicos pretende non descansar ata poñernos a todos a
bailar.

"Aínda que moitos de vos non movérades nunca un pé, iso non é un
problema: o que facemos é ir aprendendo dunha forma divertida os
pasos de baile de cada un dos temas, para despois bailalos todos
xuntos."

O repertorio de Pesdelán abrande temas tradicionais galegos e
portugueses, arranxados dun xeito divertido e orixinal.

Para os máis atrevidos Pesdelán ofrece obradoiros de baile galego e portugués.

Noticia enviada por merlo branco producións

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festicultores Troupe: "Somos da festa popular a saco, é o mellor que hai" | Galicia Hoxe
http://www.galicia-hoxe.com/indexSuplementos.php?idMenu=17&idNoticia=385052&idEdicion=1135
(texto engadido o día 21/ / 1/ / 09 )


“Queremos sementar cultura, sacala das salas e metela na rúa”.
Esta é a filosofía dos reis da xolda en Galicia, que se desdobran en
‘troupe’ balcánica ó estilo Kosturica e en produtora ‘seria’ de concertos
e grupos. Co obxectivo de “traballar e traballar” afrontan o 2009 sen
medo á crise buscando alianzas alén da raia e coa vista posta no
bendito Xacobeo


MARTA RODRÍGUEZ


Na 'troupe' dos Festicultores non reina a paridade, pero lanzan un
aviso: "se houbese mozas, mellor"


Cultivadores de festas. A esencia galega recollida nunha soa palabra:
Festicultores. Un grupo de amigos namorados do rachí puro e duro, da
esencia da verbena e do pasacalles e das noites regadas pola
medicina k do licor café deciden embarcarse nunha aventura para
revitalizar o que máis lles gusta e fundan este clan, desdobrado en
grupo e produtora e impulsor dun dos eventos musicais máis
importantes do país, o Reperkusion de Allariz. Para comprender mellor
esta voráxine, falamos con Xurxo Seara, un dos seus fundadores, que
confesa que "agora si poden vivir da xolda".


¿Como xorde a idea de transformarvos en Festicultores?

Queriamos montar algo, xa traballabamos e sempre nos gustou a
festa e organizar cousas. Miguel e mais eu estabamos en Madrid e
vimos un oco para facer algo e regresamos. Agora temos en marcha
moitas cousas, desde o festival Reperkusion de Allariz ata proxectos
específicos, e ademais levamos grupos galegos como Banda
Potemkin, Pulpiño Viascón, Sacha na Horta, Magnific Band, Miñor
Swing e Festicultores Troupe.



Eses sodes vós, ¿non?

Si, é o noso grupo paralelo, o produto estrela, un pasacalles
balcánico, espectacular, con teatro, sketchs e música de
moita festa.



¿A paridade non vai cos Festicultores? Porque sodes todos homes...

Si, somos todos homes e traballa con nós unha rapaza. Foi casual,
non buscado, porque os que montamos isto somos amigos de toda a
vida e coñecémonos desde pequenos. Podería haber mozas que non
habería ningún problema, mellor incluso (risos).



O voso lema é "cultivadores de festas". ¿Vénlle que nin pintado a Galicia?

Si, démoslle bastantes voltas ó nome e ao eslogan e define o que
facemos, sementar festa e cultura aló por onde imos, non só a troula,
senón achegar algo máis segundo o caso, o evento e claro, o que che
pidan.



Facedes de todo, produtores, montades concertos... ¿en que ámbito
vos sentides máis cómodos e tendes máis traballo?

A nosa especialidade está na rúa con Festicultores, cos espectáculos,
que é o que máis nos gusta, sacar das salas a cultura e metela na
rúa, aínda que tamén facemos outro tipo de cousas. Ó longo destes
seis anos fixemos outro tipo de acordos e colaboracións coa xente
que leva a Manu Chao, e con eles temos unha empresa a medias que
se centra máis en artistas internacionais e que ten un equipo de son
moi potente, do mellor de Galicia e incluso de Europa. É no que
andamos agora, nestes momentos de crise buscamos colaboracións
con empresas de fóra e de aquí para que todo saia máis barato e
poder tirar para adiante.



¿Pódese vivir disto en Galicia?

Non sei, nós vivimos os catro disto (risos). O que si que hai que
traballar moito, e collemos unha época na que todo está máis en alza
no senso en que as festas e os eventos están cambiando un pouco,
moitas comisións collen xente nova e deciden levar grupos galegos
non só de folk, senón tamén de rock e tratan de mesturar, sen
esquecer as orquestras. Apóstase polo moderno, por ensinar o que
temos aquí, que hai moitísimo produto interesante pero descoñecido.




Falas de algo máis moderno para fuxir da imaxe de Galicia como un
país de pandeireta, pero o que máis triunfa de todos modos son as
festas populares porque os festivais indies non teñen moita resposta
cando se fan, ¿non?

Nós somos da festa popular a saco, é o mellor que hai. Agora teñen
entrada outros produtos, e apóstase polo modelo de festival con
pasacalles e varios concertos. Aí ábrese un oco para este sector e,
respecto do que me preguntabas se se pode vivir disto, como
empresa temos moitos grupos, facemos festivais, movemos equipos
de sons, pero o que é máis complicado é saír adiante como músico.
Supoño que pasa aquí e en todos lados, é unha industria que non
contribúe tanto ó PIB como outras como o cinema, que están máis en
alza.



Agora que xa vivimos en clave electoral, ¿cres que o cambio de
goberno dinamizou a vida cultural nestes catro anos?

É complicado falalo desde o punto de vista empresarial porque nós co
anterior goberno só estivemos ano e medio e eran os nosos comezos.
Como espectadores, creo que a evolución foi a mellor e está claro que
hai que seguir adiante. A verdade é que penso que onde máis se nota
é na xuntanza entre as empresas galegas, coa creación da Axencia
galega de empresas musicais, que fomenta a nosa presenza en
certames internacionais como o Popkorn.



O ano que vén estamos en Xacobeo. ¿Que perspectivas tendes?

Supoño que traballar como todo o mundo o máis posible, estamos
sacando proxectos en marcha no noso estilo, buscando a innovación e
dándolle un punto de distinción centrándonos na rúa, en espectáculos
para todos os públicos. Sería o noso primeiro Xacobeo e, como
empresa, estamos un pouco á expectativa, pero é unha boa época.




¿Non nos podedes adiantar algo?

Está todo no aire, pero queremos que o Reperkusion, que é noso e
que está en alza, sexa unha parte importante do Xacobeo.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Ghaiteirada na Baña, 23 de Xaneiro.

(texto engadido o día 16/ / 1/ / 09 )


Venres 23 dende as 21:00 h ( e ata que remate) no Local Social da
Baña (climatizado con lareira) que está na rúa de atras do centro
médico.

Poderedes disfrutar baratamente duns chourizos ó viño, viño sen
chourizos, cervexas, licor café, , muita música, muito baile e muita
carallada.

o motivo desta Jaiteirada é recaudar algo de cartos para organizar a
Festa Rachada xa que como sabedes sempre andamos escasos.

agardámosvos e traede os instrumentos ou calzado cómodo.

Noticia enviada por Miguel

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Estalotada no Pichel, o 16 de xaneiro
http://www.compostelacultura.org/musica/axendad.php?id_e=3335&lg=gal
(texto engadido o día 13/ / 1/ / 09 )


Horario:
16 de xaneiro de 2009
22:00

Lugar:
Gentalha do pichel
Centro Social O Pichel, Santa Clara 21.
15704, Santiago de Compostela
Teléfono: 636 838 273

Os míticos Estalotes da rúa de San Pedro desprázanse cara a Santa
Clara, ao local do Pichel.


Como explica Morgan, un dos seus fundadores, hai uns dez anos que
varias persoas que formában parte da Agrupación Folclórica Cantigas e
Agarimos comezaron a xuntarse para tocar e divertírense. Despois ían
tomar uns viños e a festa continuaba. Pouco a pouco, o roteiro foise
marcando e quedaron constituídos como a murga que todos os venres
percorría San Pedro (Concheiros, o Triacastela, o Cruceiro, o Pampín, o
Sande...). Agora poderemos botar unhas cantadas e uns puntos no
Pichel.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A tradición dos cantos de Nadal
http://www.anosaterra.org/nova/a-tradicion-dos-cantos-de-nadal-.html
(texto engadido o día 8/ / 1/ / 09 )
PANXOLIÑAS, MANUELES E CANTOS DE REIS

Bocixa/ Raquel Rey . ANT TV pasou un serán con Maghúa, un
grupo da Coruña, convidado a un serán no concello ordense de
Tordoia, que mantén a tradición dos cantos de Nadal e de Reis.


Amais, falamos con algúns veciños que nos contaron como se vivía
antes o Nadal. Non hai tantos anos (e aínda hoxe, de feito), o mellor
xeito de celebrar estas festas era botando cantareas e sacando
puntos, a golpe de gaita e ferreñas. No noso cantigueiro tradicional
temos, amais, tres tipos de canto para cada data sinalada: as
panxoliñas para o Nadal e a noiteboa, os Manueles para aninovo e os
cantos de Reis para cando veñen os de Oriente repartir agasallos. A
memoria destes veciños aínda conserva boa parte dese repertorio.



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa 8º Aniversario do Café Cultural Auriense
http://www.cafeauriense.eu/
(texto engadido o día 29/ / 12/ / 08 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



E para fin de ano ... festa no furancho da Balsa (Vigo)
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=52577
(texto engadido o día 29/ / 12/ / 08 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



17 de xaneiro en Compostela: Nsaio Xeral
http://nsaio.org/actualidade/nova.php?id=109&lg=gal
(texto engadido o día 24/ / 12/ / 08 )


Este martes presentouse de forma oficial en Compostela o Nsaio
Xeral, unha nova actividade da Rede Galega de Locais de Nsaio,
adicada aos grupos participantes no programa como tamén a aqueles
que aínda non toman parte. O Nsaio Xeral celebrarase o vindeiro 17
de xaneiro no I.E.S. Rosalía de Castro, en Compostela.
(...)
A xornada comeza pola mañá coa celebración de obradoiros sobre
produción musical; edición e distribución; promoción web; imaxe;
management; e deseño. Aquí os grupos terán a oportunidade de
aprender cos mellores nestas áreas de traballo en Galiza.

Pola tarde realizarase o casting para os grupos rexistrados na páxina
Nsaio.org, que usarán o seu espazo no portal web da Rede Galega de
Locais de Nsaio para promocionarse ante o seu público obxectivo.
Deste casting sairán premios como 24 concertos do Vai de Camiño
2009; 8 concertos da Rede Galega de Música ao Vivo; ou o contacto
cos responsábeis da produción do programa Banda Curta, da TVG, coa
intención de participar neste espazo no futuro.



A festa rematará cun concerto no que tocarán un convidado aínda
descoñecido, de repercusión nacional, e tres grupos de Nsaio que
serán seleccionados antes, no propios casting.


Para participar nesta nova festa da música emerxente galega os
grupos interesados só teñen que descargar a ficha de inscrición que se
adxunta a esta nota e enviala ao enderezo gruposnsaio.org.

Ficha de inscrición (OpenOffice)

Ficha de inscrición (Word)

+ 11 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Longa vida ás tradicións en Santalla
http://elprogreso.galiciae.com/nova/22330.html
(texto engadido o día 23/ / 12/ / 08 )


Andrés R. Gavino / El Progreso (Lugo). Cando nin a Playstation
nin a estrea nos cines de High School Musical eran un referente de
lecer para os máis novas, os xogos e deportes ao aire libre eran unha
diversión que todos practicaban. En Santalla, unha pequena aldea da
Pontenova, propuxéronse a recuperación desta parte lúdica do pasado
coa que os nosos antepasados adoitaban gozar do seu tempo libre.

E os recoñecementos non se fixeron esperar. A Mostra de Xogos e
Deportes Tradicionais de Santalla, logo da celebración de tan só dúas
edicións, foi galardoada este ano pola Xunta de Galicia co Premio do
Deporte Galego á mellor iniciativa de deporte tradicional. “Éste é un
recoñecemento moi importante en tanto que supón un agradecemento
ao traballo que se fai durante todo o ano; o premio non é só para a
mostra, senón para toda a xente que traballa nela, dos que se
achegan para vela e da Pontenova en xeral”, asegura o presidente do
Club de Xogos e Deportes Tradicionais de Santalla, Carlos Bermúdez
Martínez.

O éxito da iniciativa confirmouse este verán, cando a presenza de
case 4.000 curiosos superou con fartura a do ano anterior. “Intentouse
mellorar e foi máis completa; o clima estivo a piques de xogarnos
unha mala pasada, pero son os riscos que se corren ao facer unha
actividade ao aire libre”, di Bermúdez, Todos os que se achegaron á
cita puideron gozar de máis de 100 actividades ao longo do día, de
catros exposicións —entre elas unha de xoguetes tradicionais moi
laureada— ou da actuación musical do grupo galego Treixadura.

Nesta segunda Mostra celebráronse os campionatos galegos de chave,
birlos e billarda, este último inédito na cita pontenovesa. Ademais de
Galicia, houbo representación de Asturias, Castela e León, País Vasco
e Portugal que mostraron os xogos con máis tradición nos seus
respectivos lugares de orixe. Entre o máis rechamante, o presidente
destaca “o corte de tronco en altura dos asturianos e este ano tamén
o levantamento de fardo dos vascos”.

A participación activa de todos os que se achegan ata Santalla para
gozar da xornada é fundamental. “Hai a posibilidade de xogar á ra,
camiñar con zancos, tirar ao prato... aínda que sen dúbida o que máis
éxito ten é o tiro da corda", sinala Bermúdez. Danse situacións
singulares que chaman a atención dos presentes como "ver a varias
xeracións participando no mesmo xogo; poden estar os avós, os pais
e os netos xuntos e son os maiores os que lles explican aos máis
novas como se xoga”.

A volta á vida dunha aldea
O éxodo rural é algo que non pasa inadvertido a ninguén. Ante esta
situación que afecta a todas as aldeas só quedan dúas alternativas:
renovarse ou morrer. Ante esta disxuntiva, en Santalla optaron polo
primeiro, convertendo o seu pequeno núcleo de casas nun referente
para Galicia.

Os veciños, que se fan chamar ‘argalleiros' durante a xornada,
traballaron na consecución do proxecto desde o primeiro minuto.
"Foron un factor moi importante; nunca puxeron pegas para axudar a
nada”, di Bermúdez.

14 casas habitadas por 30 persoas son as que conforman o núcleo de
Santalla. Durante a Mostra, sofre un cambio total e o número de
persoas dun día normal na aldea multiplícase.


Nacemento nun torneo de veciños
Antes de celebrar esta Mostra, os veciños de Santalla organizaban
durante as festas patronais un torneo de birlos que foi o xerme do
actual despregamento de xogos que ofrece esta cita anual. "Era algo
que estaba dirixido sobre todo aos veciños e aos invitados da festa,
sen máis”, relata Carlos Bermúdez. Logo dalgúns anos sen que se
celebrase a festividade e, xa que logo, o campionato, un grupo de
veciños decidiu pór en marcha o traballo que se convertería na reunión
de xogos tradicionais máis importante de Galicia.

A magnitude da iniciativa era descoñecida por todos. "é algo único a
nivel de Galicia; estaría ben que noutros lugares tamén se fixese,
porque a competencia sempre é boa", di o presidente.



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Boas Festas!
http://www.luarnalubre.com
(texto engadido o día 21/ / 12/ / 08 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



RUADA EN SANTAIA (TORDOIA)
http://maghua.blogspot.com/2008/12/ruada-en-santaia-tordoia.html
(texto engadido o día 18/ / 12/ / 08 )


Xa sabedes!
Achegade-vos a Santaia de Gorgullos (Tordoia), ao bar Becerra, para
desfrutar dunha noite de festa acompañados polo grupo Maghúa,
polos Panxoleiros de Santaia, por Flor da Maquía e por Bouba
Pandeireteiras....
Apartir das 22.00 h do 26 de natal.
Organiza A.C. Brisas do Quenllo

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



OBRADOIRO DE CANTOS DE REIS NO CEIP CABANAS, SALCEDO
http://www.blogoteca.com/rebordondo/index.php?cod=52081
(texto engadido o día 16/ / 12/ / 08 )


O grupo Os Chichisos levará a cabo o vindeiro xoves 18 a partires das
10:00 h de decembro un obradoiro de “Cantos de Reis” para toda a
comunidade escolar do CEIP de Cabanas, Salcedo.

Dito obradoiro consistirá en explicarlle ós nenos e nenas o seguinte:

1. Historia de recuperación dos Cantos de Reis por parte do grupo
Os Chichisos.
2. Tipos de cantos durante todo o período do Nadal.
3. Interpretación dun Canto de Reis.
4. Proxección dun vídeo de Canto de Reis gravado polas prazas e
rúas de Pontevedra.


OS CANTOS DE REIS

Unha tradición habitual nas nosas festas de Nadal era ir cantar polas
casas. Grupos de mozas e de mozos percorrían a aldea ou parroquia
cantando estas pezas de literatura popular e transmitidas oralmente ó
longo dos séculos. En troques do seu cantar, a mocidade solicitaba o
aguinaldo, xeralmente en especie (viño, chourizos, touciño, doces,
lambetadas, etc.), que despois consumían todos xuntos facendo unha
festa ou foliada.

Aínda que o tipo de composición mudase para cada data, a tradición
de reunírense os mozos da aldea para ir cantar de casa en casa estas
pezas tradicionais era a mesma por todo o país e o obxectivo tamén:
conseguir algo de xantar e algunhas lambetadas para monta-la festa.

En Nadal cantábanse panxoliñas ou nadais, en Fin de Ano as xaneiras,
manueis ou aninovos e a véspera de Reis os cantares de reis ou
aguinaldos. Normalmente os temas das cancións estaban relacionadas
co Nadal. No caso dos cantos de Reis a temática adoita xirar arredor
da visita e adoración dos Reis Magos a Cristo, a fuxida da Sagrada
Familia a Exipto, a viaxe de Nazaret a Belén de Xosé e de María e a
procura dun lugar onde parir. Case a totalidade dos cantos de Reis
relatan unha viaxe ou falan dun camiño o cal tampouco é casual se
temos en conta que o Nadal coincide co período de mínima potencia
solar e co intre no que o Sol comeza o seu renacemento cíclico a partir
do solsticio de inverno. O Sol viaxa constantemente e o camiño
representa a búsqueda dunha nova vida.

Estes cantos de Reis soían comezar cunhas estrofas de presentación
dos “reiseiros” na que se pedía permiso ou licenza para cantar na
casa dos que visitaban. A continuación viña o propio relato ou canto
de Reis e adoitaban rematar cunha estrofa de loubanza ós da casa
onde cantaban, en caso de obte-lo aguinaldo desexado, pero tamén
podía rematar dun xeito ferinte e mesmo insultante, no caso
contrario, facendo saber ós veciños quen estaba menos disposto a
comparti-los seus alimentos cos demais. De seguido tocábase unha
xota ou muiñeira e convidaban os da casa a danzar.

Estes tipos de cantos son melodías longas e lentas, cantadas case sen
respirar, con multitude de mordentes e adornos propiciados pola
gaita. Conforman un estilo propio de canto, guturais, pisando os finais
de estrofa cos comezos. Polas letras e melodías destes cantos
percíbese que son de corte culto. Moitos deles teñen que ver con
cantos gregorianos e cantares relixiosos dos séculos XV e XVI que
foron adaptados e transformados polo pobo.
Moitos destes cantares son en castelán ou castrapo, debido a súa
orixe nos textos bíblicos ou eucarísticos, que eran sempre nesta
lingua. Outras veces se a casa onde se cantaba era de “señoritos”
entón trocábase nos cantos o galego polo castelán, para agrada-los
anfitrións.

Os cantos de Reis eran interpretados por cuadrillas ou xugadas de
homes, mozos e nenos que recorren as casas dando a boa nova
cantando. Estes grupos de Reiceiros compóñense dun gaiteiro e dun
ou varios cantores e incorporan, ocasionalmente, percusión e
instrumentos varios, sobre todo instrumentos denominados humildes
(botella de anís, cunchas, paus, piñas, etc.) que eran os que se
podían atopar facilmente nas aldeas. Pola zona sur da provincia de
Pontevedra, conservan a súa propia tradición de cantos de Nadal, as
rondallas. A orixe da tradición vén xa de lonxe, existindo rexistros
dende 1920. Os vellos din que logo de ir á leira collían os
instrumentos que había na casa e ían de pasarrúas polos barrios.

Os cantos de Reis era e é unha das tradicións máis fermosas do
tempo de Nadal. Forman parte importante do noso patrimonio cultural,
polo que é un tesouro que debemos manter.


Para saber máis sobre este tema teléfonos:
649 748 708 Rosalía (Os Chichisos)

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



7ª Noites de Tasca

(texto engadido o día 16/ / 12/ / 08 )


Rematamos o ano 2008 cun especial Nadal
cheo de música e panxoliñas.
Vémonos no Bar Calviño na
Pontepedra-Tordoia (A Coruña)
o venres 26.
Un saúdo e FELICES FESTAS!!

Noticia enviada por Manuel Viqueira

- Noites de Tasca -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Magosto de `Os Dezas de Moneixas´
http://onaranxo.org/?p=1043
(texto engadido o día 11/ / 12/ / 08 )
O sábado 13 de decembro, a noitiña, a xente de “Os Dezas de Moneixas” celebrarán un magosto no campo da festa, con castañas, torresmos e chourizos gratis para todos os/as asistentes. Prevendo o mal tempo teñen previsto instalar unha carpa, na que actuarán grupos da zona e un dúo. Estamos todos/as convidados

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



MELODÍAS ANCESTRAIS CON GUITARRAS ELÉCTRICAS
http://sons.santiagodecompostela.org/concerto.php?txt=c131208
(texto engadido o día 10/ / 12/ / 08 )


Sábado, 13 de decembro
No Auditorio de Galicia, ás 21:00 horas
O prezo da entrada é de 15 euros, con descontos do 50% para
estudantes e persoas xubiladas

A música forma parte da vida de Aynur dende nena. Creceu
escoitando música e cancións, os grandes poemas e melodías do
pasado, que, segundo palabras de Aynur, acaban sendo parte de ti
mesma. Froito deste contacto constante coa música recoñeceu as
enormes oportunidades artísticas que existían na mestura de
palabras, canto e música nas culturas do seu país. En Turquía a
cultura cambia de cidade en cidade e a tradición musical curda alawita
(próxima á doutrina xiíta), á que Aynur pertence, é moi diferente á de
Siria ou Irán.

No 92, a súa familia trasládase a Istambul, onde comeza a recibir
clases de baglama, o laúde tradicional turco por excelencia. Unha das
influencias máis importantes nesa primeira etapa foi o guitarrista
Erkan Ogur, artista innovador na música turca. As súas gravacións
lograron manter viva a tradición musical turca para as seguintes
xeracións e esa mestura do antigo e o novo caracteriza tamén a
música de Aynur. Tamén exerceron influencia nela as músicas de
Oriente Medio, Irán, Estado Español, Grecia e Latinoamérica, igual que
a voz de cantantes como Tracy Chapman. Pero o que máis
poderosamente marcou o seu estilo foi a gran tradición barda do leste
de Turquía, onde os trobadores ían de cidade en cidade cantando
tanto as súas propias composicións como as venerables cancións
transmitidas de xeración en xeración a través dos séculos.

Aynur non cre que a súa música xogue un papel político. Di que o que
máis lle interesa é que a música fale de amor, de emocións, da
alegría e da amargura da vida, aínda que recoñece que ás veces a
manifestación desas emocións que aparecen nas súas cancións pode
xurdir de sucesos políticos.

Aynur ten publicados catro discos en Turquía, cos que conseguiu un
grande éxito, con importantes eloxios da crítica internacional; foi
portada de importantes revistas como Follk Roots ou Times, onde se
fala dela como un dos máis fieis expoñentes da riqueza cultural turca.

A fermosa voz de Aynur entoa cos seus múltiples rexistros melodías
ancestrais e explica historias relacionadas coa súa cultura; os
instrumentos propios do seu país, como os davuls, mestúranse
harmonicamente con guitarras eléctricas e sintetizadores. Unha
demostración de complicidade entre tradición e modernidade.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



KOMUNIKANDO.NET PRESENTA A “I GALA DO FESTIVALEIRO DO ANO” ESTE SÁBADO DÍA 13 EN COMPOSTELA

(texto engadido o día 10/ / 12/ / 08 )





O portal de música en galego fará entrega do zocófono que acredita o
“I festivaleiro ou festivaleira do ano” as 22:30 horas na Gentalha do
Pichel. A gala estará dirixida por Denis Mutante que contará coa
colaboración da Banda Mutante e a presencia dos nominados: Natalia
de Boiro, Silvia e Bea, Lucía de Foz, Mudito de Bandeira, Kao de Mos e
Pajón de Neda.


Hai que lembrar que xa no 2006, Komunikando.net intentou
solucionar certos problemas que os Festivaleiros e Festivaleiras tiñan
cando remataba o verán, e por iso fundamos a ONG SOS Perloca
"Apadriña un festivaleiro", pero este ano queriamos mais e por iso
sacamos a luz esta nova iniciativa.
Porque nos festivais non son só importantes os artistas, dende o
publico saen autenticas bestas do espectáculo, incondicionais da festa
que a disfrutan e axudan a creala.
E por isto xurde esta iniciativa, para recoñecer a labor de quen traballa
na sombra, dende abaixo do esceario.
Música, humor e festa o Sábado 13 dende as 22:30 horas na
Gentalha do Pichel en Compostela. A entrada será a vontade e os
asistentes ademáis de votar polo festivaleiro ou festivaleira do ano
levaránse un cd de agasallo.


DATOS DO EVENTO
Lugar: Gentalha do Pichel
Data: 13-12-08
Horario: 22:30h
Prezo:
a vontade


CONTACTO:
KOMUNIKANDO.NET
Contacto:
Xurxo: 656 94 37 84
E-mail: info@komunikando.net

Dirección:
Rúa Nogueira de Conxo 21
15706 Santiago deCompostela
(A Coruña)

Webs:
www.komunikando.net




Noticia enviada por Komunikando

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



O Forumfolk de A Coruña invita aos cidadáns a intervir nun concerto
http://www.xornal.com/article.php?sid=20081207182037
(texto engadido o día 9/ / 12/ / 08 )


O luns 22 de decembro o auditorio do Forum Metropolitano convertirase nuhna grande festa adicada aos cantos de nadal. O ciclo Forumfolk presenta como broche da súa programación de outono-inverno 08 o concerto participativo Cantos de Reis. Trátase dunha iniciativa da Concellaría de Cultura encamiñada á recuperación desta tradición.

O concerto contará coa participación das distintas asociacións de música tradicional da cidade así como cos músicos Mini, Mero e Raúl Galego. Dende o Fórum Metropolitano e da Concellaría de Cultura faise un chamamento a toda a cidadanía a participar neste concerto activamente. De feito entregaránse a todos os asistentes ás letras dos cantos de reis do concerto para cantar coas asociacións. Ademáis nas semanas previas ao concerto realizaránse distintos obradoiros nos que os músicos Pablo Díaz, Olga Kirk e Marta Pumares ensinarán dous cantos de reis.

Co propósito de achegar os cantos de reis e de ir abrindo boca farnase unha serie de obradoiros nas distintas bibliotecas da cidade abertos a todo o público interesado.
Biblioteca Municipal Castrillón 2 e 16 de decembro ás 18.30 horas
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano 9 de decembro ás 18.30 horas
Auditorio Fórum Metropolitano 12 de decembro ás 18.30 horas
Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil 4 e 11 de decembro ás 18.30 horas
Biblioteca Municial Monte Alto 15 e 18 de decembro ás 18.30 horas
Biblioteca Municipal Sagrada Familia 4 e 18 de decembro ás 18.30 horas

En Galicia as direrentes festas anuais sempre tiveron moita importancia, tendo na tradición oral unha peculiar manifestación cultural, que na maioría dos casos exprésase por medio do canto. Ocorre así no tempo do Nadal, no cal a doctrina relixiosa xúntase coa tradición oral (canto) formando unhas cantigas pagano-relixiosas cuns rasgos característicos propios que chegaron a través das xeracións ata os nosos días coa denominación de “Cantos de Nadal”.

Coa intención de recuperar e continuar cantando a tradición do Nadal que perviviu ao longo dos séculos, Forumfolk propón este concerto participativo. De feito non será un concerto ao uso, xa que os cantantes non estarán enriba do escenario, senon que estarán no centro do auditorio, no chan, rodeados do público e entre o propio público. A intención é que o público forme parte do espectáculo.

O ciclo Forumfolk nace como un espazo do Forum Metropolitano adicado a presentar novas propostas do folk galego e da musica tradicional co propósito de dar a coñecer as novas tendenzas dentro das creacións galegas ligadas as tradicións e abertos a explorar novos horizontes, bien sexa a través da fusión con outros estilos musicais o experimentando con novos formatos e instrumentacións.

Trátase dun ciclo continuo ao longo de todo o ano. Cada cuarto luns de mes se presentará un concerto do ciclo Forumfolk no auditorio do Forum Metropolitano ás 20 horas e con entradas gratuitas ata completar o aforo.


+ 2 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I Foliada de Nadal en Cecebre, o 26 de decembro

(texto engadido o día 9/ / 12/ / 08 )


"I FOLIADA DE NADAL EN CECEBRE"

¡O son e a festa galega na terra do "Bosque Animado": en terras de Cecebre!.

A concienciación pola recuperación cultural, artística e histórica, amáis das gañas de festa (hai que contalo todo), leva aos gaiteir@s de Cecebre á organización desta I FOLIADA DE NADAL EN CECEBRE.

Conscientes da necesidade dun lugar apropiado, un punto de reunión con aparcadoiro, moito espazo e a cercanía "dunha fonte onde poder refrescar", levounos á escolla de a Cervexería "A ILLA", sita no baixo de A CASA DA XUVENTUDE.

Sabemos que sodes tod@s boa xente amáis de festeir@s, por iso é un pracer convidarv@s a asistir e participar coa vosa presenza, as vosas voces, bailes e instrumentos musicais.

Podedes contactar para realizar calquera consulta ou notificar a vosa presenza e participación nos seguintes enderezos electrónicos:

- pedrodavidlamas@yahoo.es
- papigil70@hotmail.com

¡Veña, que vai chegar a noite!.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]