Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


Entroido 2009 en Tomiño

(texto engadido o día 12/ / 2/ / 09 )
- Día 15: Festa da filloa e orella de Entroido (Na praza do Seixo dende as 11:00 ás 18:00h).
- Día 20: Venres de Foliada (Gran desfile de comparsas e carrozas dende as 22:00h)
- Día 28: Concerto de María do Ceo (Auditorio de Goián ás 21:30h.)


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Entroido de Cabanas

(texto engadido o día 12/ / 2/ / 09 )
No Concello de Cabanas celebrarase o Entroido o luns día 23 de febreiro. Das 17:30 ás 19:30 terá lugar unha festa infantil, donde se realizarán talleres de maquillaxe, de xogos e de globoflexia, cunha degustación de chocolate con churros. A partir das 20:00 h. haberá o baile de disfraces de adultos, con degustación de laconada e filloas, todo amenizado por unha actuación musical.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Entroido en Marín, do 20 de Febreiro ao 8 de Marzo

(texto engadido o día 12/ / 2/ / 09 )


Mércores 18, Xoves 19 e Venres 20 de Febreiro:
  • OBRADOIROS DE MAQUILLAXE I EFECTOS ESPECIAIS no Telecentro da Biblioteca Municipal para rapazas e rapaces de entre 12 a 16 anos. De 18:30 horas ás 20:30 horas.
 
Xoves 19 de Febreiro:
  • Ás 16:30; ENTROIDO NO CEIP SEQUELO

 Venres 20 de Febreiro:

  • I Ruta “D’NOITE D’ENTROIDO”:

    • Amenidaza pola comparsa “Os Jalácticos” de Marín.
 Sábado 21 de Febreiro:
DESFILE INFANTIL
·         Ás 15:30 horas; Inscripcións no Palco da Música. Concentración na Alameda.
·         Ás 16:30 horas; Saída do Desfile Infantil dende a Alameda
·         Rúa Real
·         Rúa do Sol
·         Doutor Touriño
·         Jaime Janer
·         Remate na Alameda
·         Despois do Desfile: BAILE INFANTIL NO ATENEO
 
Domingo 22 de Febreiro:
PREGÓN
·         Ás 11:00 horas; Concentración das comparsas de Marín.
·         Ás 11:30 horas; Desfile e actuacións nas inmediacións da Alameda.
·         Ás 12:00 horas; Saída dende a Alameda ao Concello por Méndez Núñez e volta de novo á Alameda por Av. De Ourense.
·         Ás 13:00 horas; Letura do Pregón  por parte de PILAR CALVIÑO
·         Ás 13:30 horas; Actuación do XARANGALLO-MANGALLO e CHARANGA AIR-JALISIA
 
DESFILE ADULTOS
·         Concentración na praza do Regueiro dende ás 16:30 horas
·         Saída ás 17:00 horas pola Av/de Ourense
·         Praza de España
·         Salvador Moreno
·         Jaime Janer
·         Calvo Sotelo
·         Finalizando no Parque Eguren
 
Luns 23 de Febreiro:
XXV FESTA INFANTIL LAMEIRIÑA+ORQUESTRA MIRAMAR
·         Obradoiros d’Entroido:
o   Granxa de Briz de 10:00 a 13:00 horas
o   Parroquias Ardán, Sta Mª do Campo, Seixo, Mogor, e San Xulián de 16:00 a 18:30 horas.
·         Ás 12:00 horas; Festa do Merengue na Lameiriña
·         Ás 16:30 horas; Festa Infantil na Lameiriña
·         Actuación da ORQUESTRA MIRAMAR
·         A partir das 20:00 horas; Xarangallo- Mangallo polas tabernas de Marín
 
Martes 24 de Febreiro:
·         Obradoiros d’Entroido:
o   Granxa de Briz de 10:00 a 13:00 horas
o   Parroquias Ardán, Sta Mª do Campo, Seixo, Mogor, e San Xulián de 16:00 a 18:30 horas.
·         Ás 18:00 horas; Concurso de Filloas e Ourellas no Ateneo Santa Cecilia.
·         Ás 20:00 horas; Actuación de Murgas na Alameda; XARANGALLO-MANGALLO e VOU NON VOU de Bueu.
 
Mércores 25 de Febreiro:
ENTERRO DA SARDIÑA
·         Obradoiros d’Entroido:
o   Granxa de Briz de 10:00 a 13:00 horas
o   Parroquias Ardán, Sta Mª do Campo, Seixo, Mogor, e San Xulián de 16:00 a 18:30 horas.
·         Ás 18:00 horas; Velorio da Sardiña no Palco da Música da Alameda
·         Ás 21:00 horas; Saída da Comitiva do Enterro da Sardiña dende o Ateneo Santa Cecilia
·         Ao finalizalo Enterro: ACTUACIÓN XARANGALLO-MANGALLO
 
Xoves 26 de Febreiro:
·         A partir das 20:00 horas; XARANGALLO-MANGALLO NO CANTODAREA
Venres 27 de Febreiro:
“FILLOA ROCK”
·         A partir das 17:00 horas;
o   Campionato de Xadrez con premios!
o   Contacontos + Títeres
o   Obradoiro de Maquillaxe de Entroido para nenos e nenas
o   Obradoiro de cestas con bimbias
o   E de GRATIS filloas e ourellas para todo aquel que se achegue!
·         A partir das 21:00 horas;
o   Concerto
Sábado 28 de Febreiro:
CEA HOMENAXE DO ENTROIDO
·         (Falta por planificar; lugar, invitacións,…)
Domingo 1 de Marzo:
DOMINGO DE PIÑATA coa CHARANGA AIR JALISIA+ ENTROIDO SAN XULIÁN
·         Ás 12:30 horas na Alameda; Xogo de “URRA-LAS OLAS” pola Asociación Ronsel
·         Ás 13:00 horas; Xogo da Piñata
·         Ás 13:30 horas, na Alameda; Degustación do “BOLO DO POTE” pola Asociación Fentos e Frouma+ACTUACIÓNS PANDERETEIRAS xunto con LOAIRA.
·         Actuacións da Charanga AIR-JALISIA durante a mañá e a tarde.
·         ENTROIDO EN SAN XULIÁN; Ás 17:00 horas da tarde saída dende San Pedro.
 
Sábado 7 de Marzo:
DESFILE ENTROIDO en SEIXO
·         Concentración e saída dende a gasoliñeira ás 17:00 h.
·         Av/ Otero Ulloa até a Casa de Cultura
ACTUACIÓN XARANGALLO-MANGALLO en San Xulián ás 20:00 horas.

Bases do Concurso de Comparsas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Bande - Entroido 2009

(texto engadido o día 12/ / 2/ / 09 )


VISITA DOS TROTEIROS ÁS ALDEAS DO
CONCELLO DE BANDE



SÁBADO 7 DE FEBREIRO
Saída dos TROTEIROS ás 15:00h. do bar Casanova. Chegada á aldea de Sarreaus (15:15h. no campo da festa), Calvos (15:45h. no centro social), Corvelle (16:30h. na Corredoira), Pereira (17:15h. na casa do pobo), Seoane, Recarei, Cadós, A Granxa, Rubiás, Pazos e Souto (chocada dos Troteiros), Vilela, As Maus, Lebosandaus, Porto Quintela (chocada dos Troteiros), Santa Comba (18:30h. onda a igrexa visigótica), O Pazo, Mexide e As Forcadas (chocada dos Troteiros).

SÁBADO 14 DE FEBREIRO
Saída dos TROTEIROS ás 15:00h. do bar Casanova. Chegada á aldea de Vilameá (15:15h. na praza maior), Buxán, Sordos (chocada dos Troteiros), Nigueiroá (16:00h. onda a igrexa), Garabelos (16:20h. na capela), Ribeiro (16:45h. nas Campinas), A Ponte Liñares, Güín, Trarigo, Carpazás, Vilar, Lueda (chocada dos Troteiros) e Martiñán (19:30h. onda o forno).

NOTA: HORARIOS APROXIMADOS
AGRADÉCESE INVITACIÓN A LICOR CAFÉ...



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



2009 - Ourense, Capital do Entroido

(texto engadido o día 12/ / 2/ / 09 )


12 de febreiro, xoves de Compadres

17.30 DÍA DOS COMPADRES para que todas as nenas e nenos poidan confeccionar os bonecos cos que faremos de seguido a tradicional carreira (19.00 h)
Lugar: Praza Maior

21.00 NOITE DE COMPADRES obradoiros de mecos para adultos.
Organiza: A.C. Cidade Vella de Ourense
Lugar: Grándola (praza San Marcial)


19 de febreiro, xoves de Comadres

17.30 DÍA DAS COMADRES para que todas as nenas e nenos poidan confeccionar os bonecos cos que faremos de seguido a tradicional carreira(19.00 h).
Lugar: Praza Maior

21.00 NOITE DE COMADRES obradoiros de mecas para adultos.
Organiza: A.C. Cidade Vella de Ourense
Lugar: Grándola (praza San Marcial)


20 de febreiro, venres de Entroido

ANIMACIÓN DE RÚAS: charangas Trópico de Grelos, Os Centellas e Air Jalisia.

21.00 PREGÓN DO ENTROIDO 2009 a cargo de O TRANGALLÁN
Lugar: Praza Maior

21.30 Desfile polas rúas da cidade coa presenza dos nosos entroidos (Paquita e Nicanor de Seixalbo, Frei Canedo e As Romanas da Ponte, As Pitas de Eiroás, A Caniceira de Trives e Os Felos de Maside).
Percorrido:Praza Maior, Lamas Carvajal, rúa do Paseo, parque San Lázaro, Sto. Domingo, praza do Ferro, rúa da Paz, praza Sta.Eufemia, Lamas Carvajal e Alameda do Concello.

22.00 CEA DE BENVIDA AO ENTROIDO onde o requisito imprescindible é vir disfrazado.
Prezo:14€
Venda de entradas: Auditorio Municipal
Lugar: paseo central da Alameda do Concello


21 de febreiro, sábado de Entroido

ANIMACIÓN DE RÚAS: charangas Trópico de Grelos, Os Centellas, Air Jalisia, Chunda Chunda e Son Percusión S.C.

11.30 XOGO DA OCA; ENTROIDO PORQUE ME TOCA!
Xogo da oca do Entroido onde as nenas e nenos, por equipos, farán probas relacionadas co Entroido (xogos, obradoiros, cantigas ...)
Organiza: A.X. Amencer
Lugar: paseo central da Alameda do Concello

OBRADOIROS
12.00
Obradoiro de Iniciación á Percusión (Reggae Baiano) con Trópico de Grelos.
Lugar: Praza Maior

18.00 Actuación Musical coa participación das corais ALBOR e OS MONTES.
Lugar: praza do Correxidor

BAILE coa orquestra Marimba de Pontevedra.
Lugar: Praza Maior


22 de febreiro, domingo de Entroido

ANIMACIÓN DE RÚAS: charangas Trópico de Grelos, Os Centellas, Son Percusión S.C., Santiago Apóstol, Entre Amigos, Monterrei e Os Chispas.

12.00 CONCERTO DE ENTROIDO da Banda Municipal de Música de Ourense.
Lugar: paseo central da Alameda do Concello

OBRADOIROS
12.00
Obradoiro de Iniciación á Percusión (Ijexá) con Trópico de Grelos.
Lugar: Praza Maior

18.00 DESFILE DE COMPARSAS E CARROZASConcentración dos participantes: Pavillón dos Remedios
Percorrido: Saída por Progreso ata o Xardín do Posío, rúa Coruña, Ben-Cho-Sei, Lugo, Progreso,Dtor. Marañón e Praza Maior.

19.30 BAILE coa orquestra Capitol de Santiago
Lugar: Praza Maior

21.00 CONCURSO DO REI/RAÍÑA DO ENTROIDO 2009 (todas as persoas que queiran participar que se acheguen ao soportal do Concello, esquina coa rúa Colón), de seguido ENTREGA DE PREMIOS aos gañadores do Concurso de Comparsas e Carrozas para rematar coa coroación do Rei/Raíña deste ano polo Rei do Entroido 2008.
Lugar: Praza Maior

23 de febreiro, luns de Entroido

ANIMACIÓN DE RÚAS: charangas Trópico de Grelos, Son Percusión S.C., Mecánica, Los Estupendos Burruños de la Morralla y su Banda de Impresentables, Os Centellas e Air Jalisia.

OBRADOIROS12.00 Obradoiro de Iniciación á Percusión (Samba) con Trópico de Grelos.
Lugar: Praza Maior

17.30 ENTROIDO INFANTIL con obradoiros de maquillaxe, tatuaxes, cociña, fotografía... dous vellos vaqueiros amenizarán a festa con cancións infantís e unha sesión de xogos.
Lugar: paseo central da Alameda do Concello

00.00 BAILE coa orquestra Ledicia de Ourense.
Lugar: Praza Maior

00.00 CONCERTO Tarú e os Páxaros Coiro e Os Cuchufellos
Lugar: praza do Correxidor

24 de febreiro, martes de Entroido

ANIMACIÓN DE RÚAS: Charangas Los Estupendos Burruños de la Morralla y su Banda de Impresentables, Santiago Apóstol, Monterrei e Os Centellas.

OBRADOIROS12.00 Obradoiro de Iniciación á Percusión (Ritmos Nordestinos) con Trópico de Grelos.
Lugar: Praza Maior

19.30 BAILE co grupo Supert T de Pontevedra.
Lugar: Praza Maior

21.00 CONCURSO DE DISFRACES INDIVIDUAIS, onde un xurado premiará os 50 mellores disfraces cunha invitación para a CEA DE DESPEDIDA DO ENTROIDO.
Lugar: Praza Maior

25 de febreiro, Enterro da Sardiña

20.30 ENTERRO DA SARDIÑA
Concentración: na Praza Maior, onde as carpideiras, nun cortexo fúnebre debidamente amenizado polas charangas Os Centellas e Chunda Chunda acompañarán a Sardiña ao longo do percorrido.
Percorrido: saída da Praza Maior, Lamas Carvajal, rúa do Paseo, Parque de San Lázaro, Sto. Domingo, Lepanto, Juan de Austria, praza Sta. Eufemia, Lamas Carvajal e remate na Praza Maior coa queima da Sardiña.

O Trangallán, é ese "espíritu humano", que cada ano baixa do ceo, e introdúcese nun persoeiro do Entroido, dándolle vida propia, e provocando un derroche de ledicias e sonrrisos polas rúas e currunchos por onde se move.

"Eu destaco do Manolo, a súa Lola".

CASIANO, Rei do Entroido 1989


Entroido das Eiroás - Festa da Pita


8 de febreiro.- domingo Fareleiro

12.00 COLGA DO MECO

17.00 GUERRA FARELEIRA amenizada pola charanga Santiago Apóstol.

15 de febreiro.- domingo Oleiro

Obradoiros de decoración de olas para ás/aos máis cativas/os.

17.00 XOGO DAS OLAS, amenizado pola charanga Os Cuchufellos. As Pitas serán as encargadas de levar as olas á Praza das Eiroás.

24 de febreiro.- martes de Entroido

12.00 FOLIÓN DO ENTROIDO, con Pitas, máscaras, gaiteiros/as e música, que percorrerán o barrio anunciando a chegada do día grande.

13.00 VODA DA PITA

14.00 Xantar amenizado pola charanga Santiago Apóstol

17:00 BAILE DE MÁSCARAS amenizado pola orquestra Alianza.

21:00 QUEIMA DO MECO


Na xornada do martes, haberá carpa con bancos e mesas para todos aqueles grupos que queiran xantar na praza. Inscribirse nos domingos previos.


Entroido de Seixalbo - Paquita e Nicanor


15 de febreiro.- domingo Oleiro

16.00 TARDE DE OLAS como manda a tradición. Percorrido polas rúas de Seixalbo ata a Praza Maior, para deixar os bonecos Paquita e Nicanor.


22 de febreiro.- domingo de Entroido

16.00 Baile de disfraces na praza de Seixalbo.


24 de febreiro.- martes de Entroido

DÍA GRANDE DO ENTROIDO EN SEIXALBO
15.30 Desfile de comparsas e charangas polas rúas de Seixalbo.


25 de febreiro.- mércores de Cinza

21.00 ENTERRO DA SARDIÑA con desfile polas rúas de Seixalbo e sardiñada ao remate no Campo da Infesta.

Entroido da Asoc. Cult. Frei Canedo da Ponte


21 de febreiro.- sábado de Entroido

NOITE XOVEN
21.00 Tremendo concerto cos grupos Sin Motivo, Supersandwich e Burgas Beat.
(O bar da Asociación e a ?Mojitería? farán a noite moi levadeira).

22 de febreiro.- domingo de Entroido

DÍA DO POLBO E DOS NENOS
11.00 Xogos populares para nenos e grandes (se os deixan os fillos).

13.00 Grande papatoria con polbo e carne o caldeiro con música de charangas, pan, viño do bo e baixo carpa por se chove!!!

18.00 Karaoke infantil
Espectáculo a cargo de Party Time
Maxia a cargo de Máxico Brais
Final Karaoke

21.00 Agasallos para as nenas e os nenos.

21.30 Baile popular ata ... xa veremos!

(A polbeira e os bares estarán abertos tamén pola noite).

23 F (con perdón).- luns de Entroido

DÍA GRANDE DE FREI CANEDO
12.00 A partir desta hora volve o polbo e a carne ao caldeiro ate a tardiña.

18.00 Charangada para a xuntanza dos frades ao redor da capela.

18.30 Comezo dos solemnes actos con: presentación, sermón a cargo de Manolo ?O Trangallán?, bendición dos novos confrades, primeira Asensión ao ceo de Frei Canedo e Bendición Papal.

20.30 Saída da solemne PROCESIÓN de Frei Canedo polas rúas da Ponte coa presenza de Blanquita e a Lexión, os Folións de Trives, as Romanas da Ponte, os Bombeiros de Canedo, o noso Papa, o Abade da Orde e as Forzas Vivas do Pobo.

22.00 Xuntanza nos solemnes comedores para honrar o Frei Canedo cunha cachuchada (só para socios), iso sí, mentres os frades cean, podedes facer o mesmo nalgún chiringo da zona, pero rapidiño xa que a iso das...

23.00 Comezo do BAILE de disfraces amenizado pola orquestra JOCKER.

24.00 Tremendo FOLIÓN con bombas de coloríns ?fijo y volador?. Segue o baile ata ás ... o día seguinte é festivo, tranquilos.

NOTA: Como dependemos da esmola do persoal ... segundo os cartos que xuntemos, trataremos de argallar algo máis. (os petos témolos moi á vista) FELIZ ENTROIDO!


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Entroido 09 na Cañiza

(texto engadido o día 12/ / 2/ / 09 )


-Domingo 22: desfile das comparsas polas rúas da vila e actuacións e entrega de premios no Pavillón Municipal.
Nota: Ademais dos premios que se poden gañar , subvencionarase con 6 € a cada participante.

-Luns 23: festa de disfraces infantil na Casa de Cultura.



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Programa do Entroido en Alfoz

(texto engadido o día 12/ / 2/ / 09 )


18 e 19 de Febreiro: Talleres para nenos de 6 a 0 anos: faran a mascota do entroido e un disfraz fotomatón.

23 de Febreiro: Festa do entroido, con desfile para adultos e infantil e tamen por grupos ou parellas. Os mellores recibirán premios gastronómicos. Haberá actuación musical e cea.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Programa de Festas do Entroido no Conello de Rábade

(texto engadido o día 12/ / 2/ / 09 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Ferrol celebrará o Entroido con degustacións gratis de lacón con grelos e festivais d comparsas
http://www.ferrol.es/ampliar.aspx?id=6257
(texto engadido o día 12/ / 2/ / 09 )


A concelleira de Festas, Benestar Social, Xuventude, Solidariedade e Muller, Beatriz Sestayo, avanzou os principais atractivos dun cartel de actividades co que o Concello pretende recuperar a festa na rúa durante este Entroido. Así e antes de entrar en detalle, a edil agradeceu as achegas realizadas polas entidades veciñais da cidade e outros colectivos como os hosteleiros e comerciantes, e destacou a unanimidade e consenso alcanzado na comisión de festas na que se deseña a programación. Unha programación que arrancará o sábado 21 de febreiro cunha serie de espectáculos de animación infantil para os máis pequenos da casa. Non terán que desprazarse moito, xa que as actividades se descentralizarán nos diferentes locais veciñais. Así mesmo, os nenos e nenas que acudan ao Centro Cultural Carvalho Calero e á Casa da Xuventude para participar en Os Sabactivos, a oferta de ocio infantil municipal, poderán mergullarse en obradoiros de disfraces, maquillaxe e teatro adaptado ás datas festivas.

Beatriz Sestayo engadiu que ese mesmo sábado pola tarde a praza de Armas acollerá unha multitudinaria degustación gratuíta de lacón con grelos, un prato máis que típico no Entroido, para todos os cidadáns e cidadás que así o desexen. Unha cita que estará amenizada pola actuación das comparsas.

Deste xeito, a edil indicou que o luns, 23 de febreiro, e dacordo coa asociación de comerciantes, se dará a coñecer o nome daquel escaparate que ofreza a mellor imaxe festeira en Ferrol. O último paso dun concurso que se abrirá nos días precedentes.

Na xornada do martes 25 e nesta ocasión en colaboración coa asociación de hostaleiros, Beatriz Sestayo sinalou que distintos negocios da cidade ofrecerán degustacións de tapas típicas do Entroido co fin de ir articulando unha verdadeira ruta. O número de locais adheridos a esta iniciativa estaba en 25, aínda que a concelleira aventurou que a cifra medrará moito máis nestes días.

Xa pola tarde, os ferroláns poderán desfrutar do desfile de comparsas e disfraces. Lembrou neste punto que o prazo de inscripción para participar en primeira persoa aínda permanece aberto. Nesta liña, a concelleira tamén avanzou a grandes rasgos o percorrido do desfile, que se iniciará na praza de Amboage para continuar polas rúas Real, Carmen e Galiano, e rematar na praza de Armas. Esta cita precederá outra de igual ou maior atractivo: o festival de comparsas e disfraces. Na céntrica praza de Armas, todos os asistentes poderán desfrutar de torradas, orellas e filloas, postres típicos do Entroido, de xeito gratuíto.

Tras a xornada do martes, día central do Entroido en Ferrol, a praza de Ultramar acollerá o punto e final ás festas neste 2009. Será o venres 27 co enterro da sardiña e un novo festival de comparsas.

Así mesmo, Beatriz Sestayo quixo destacar que con esa firme intención de recuperar a festa na rúa o Concello ten programado un amplo programa de actividades de animación, á par que subliñou a reaparición das atraccións infantís no Cantón de Molíns despois do seu paso polo Nadal. Dende o 20 de febreiro, ata o 1 de marzo. E, nesta actividade, quixo avanzar que, tal e como sucedera no Nadal, o Concello promoverá de novo a Hora Feliz, 60 minutos de atraccións gratuítas para os máis pequenos da casa. O martes, de 17 a 18.30 horas.

Comparsas

O Concello ten aberto o prazo de inscrición de comparsas para a súa participación no dito desfile e posterior concurso. Os interesados deberán solicitalo no departamento municipal de Festas, sito no Edificio Social, antes do 19 de febreiro e en horario de 9 a 14 horas. Poderán participar todas aquelas agrupacións que estean constituídas cun mínimo de 15 persoas cos seus correspondentes disfraces, ben individuais, ben colectivos. Disporán dun mínimo de seis minutos e un máximo de dez para interpretar as letras que teñan preparado, tempo no que se incluirá tanto a entrada como a saída do escenario. E, ao fío, a concelleira lembrou que as letras dos repertorios deberán de ser obrigatoriamente en galego. Asemade, tamén se poderá participar a título individual, neste caso no apartado de disfraces.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa de Disfraces en Curtis e en Teixeiro

(texto engadido o día 12/ / 2/ / 09 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa do Entroido no Concello de Coirós
http://www.concellodecoiros.es/
(texto engadido o día 12/ / 2/ / 09 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Ourense, Corrubedo e Compostela 5º, 6º e último concertos da caravana GNSV
http://galizanonsevende.org/?p=660
(texto engadido o día 9/ / 2/ / 09 )




Xoves, 12 de febreiro en Ourense un concerto especial de entroido no dia de compadres do entroido ourensan: con actividades desde as 18:00 con obradoiro de compadres na rua do paseo, ás 19:45 Desafio: Capitalismo-Terra na rua do Paseo con rolda de prensa incluida, ás 20:00 pasaruas con percusión e malavares até o Grándola, na Praza San Marcial, ás 20:15 Repichoca de compadres-GNSV no Grándola con Algaravia e Gomes Mouro, ás 21:15 Pasaruas con percusión e malavares até o Auriense na Praza do Correxidor, ás 21:30 concerto no Auriense cos grupos: Guezos e Airas e ás 24:00 Persecución de compadres desde o Faíscas na rua Lúa.

Sábado, 14 de febreiro en Corrubedo, ás 22:00 na Sala Sursumcorda, onde actuarán os gruposs: Os Jalochos, Charanga punki, os Chiquiliquatres, e Inllorfeis.

Domingo 15 de febreiro en Compostela, último concerto de esta caravana, coincidindo coa manifestación nacional de Galiza Non Se Vende, ás 17:30 na Sala Nasa. Onde tocarán os grupos: Os da Ría, The Homens, Quempallou e Dakidarría.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xa se coñecen os beneficiarios do Nsaio Xeral
http://nsaio.org/actualidade/nova.php?id=133&lg=gal
(texto engadido o día 9/ / 2/ / 09 )


Despois dun par de semanas co xurado dándolle voltas aos espazos dos grupos para emitir o seu veredicto, xa están aquí os resultados. Estas listaxes publícanse ca única pega de non ter concertos para todos, mais iso xa se sabía cando comezou esta gran festa da música emerxente do país que foi o Nsaio Xeral.

Aquí vai a listaxe dos oito grupos que participarán nos concertos da Rede Galega de Música ao Vivo e os 24 do Xacobeo . Este relación de elixidos foi elaborada dándolle un valor do 90% ao criterio do xurado e predominando no 10% restante os condicionantes técnicos que determinaron a conformidade dos axentes contratantes. Dende Nsaio tamén se está conversando cos organizadores dos festivais de verán para procurar sitio neles á maior cantidade posíbel de grupos de Nsaio. Sen máis que dicir, alá vai a lista pola que levades semanas agardando:

Grupos premiados polo Xacobeo:

Projecto trepia

Equilibrio h

Malkeda

Supersandwich

Sínefres

Moita leria

Iván e josito

Cool beat

Minhor swing

Avelaiña

Coanhadeira

Berros do castro

Nouvelle cuisine

Elanor

Scandal

Chamalle xis

Chotokoeu

Ultraqans

Esquíos

John deeres

Hyde casino

Kastoma

Pito de pikasso

Indana

Grupos premiados pola Rede Galega de Música ao Vivo:

Supersound

Los ruines

Duplo son

Dirty socks

Beatus ille

Labazada

Perpetradores de actos

Mausvizinhos

Lembrade que para calquera dúbida podedes contactar connosco no enderezo aodia@nsaio.org



+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Programa do Entroido de Verín
http://entroidoverin.isum.centromultimedia.net/ilive/grp.serviciosXerais.Sanidade
(texto engadido o día 3/ / 2/ / 09 )


11/02, mércores, ás 20h15, inauguración na Casa do Escudo de Entroidarte 2009, exposición de pinturas, esculturas e fotografías con temática de Entroido, realizadas por vintecatro artistas vinculados ao espazo da Eurocidade Chaves-Verín. A mostra permanecerá aberta durante todo o ciclo de Entroido.


XOVES DE COMPADRES (12 FEBREIRO 2009)

Saída ás 24h00 do Carro do Meco da rúa Montemaior, para percorrer a rúa Lisa, praza García Barbón (onde se celebrará o Xuízo do Maragato); rúa da Cruz, rúa da Mercede, praza da Mercede, rúa Laureano Peláez, rúa Irmáns Moreno, rúa Deputación, avenida Luís Espada, rúa Lisa e praza García Barbón, onde terá lugar a Queima do Maragato.

 


Eso si, sempre acompañados do "Carro do Meco" e da música da charanga Támega e da Banda de Gaitas do Concello de Verín, para xulgar "O Maragato". O veredicto? Culpable E o castigo? Morrer petardeado e queimado.


NOTA: Advertencia a todos os pinches pirotécnicos: coa pólvora non se xoga.

DOMINGO CORREDOIRO (15 FEBREIRO 2009)

Descarga de bombas de palanque e saúdo do batallón de cigarróns á saída das misas, sempre acompañados do son atronador das súas chocas e o castigo dos seus látigos.

Ás 11h30, Concentración de Cigarróns na praza do Concello; 12h45 h. ás 13h15, saúdas dos cigarróns aos fregueses nas saídas da igrexa Parroquial de Santa María e da igrexa dos RR.PP. Mercedarios. Ás 14h00, Xantar Popular do Corredoiro na praza da Alameda, con  polbo (pan e viño subvencionados). 18h00 ás 22h00, concentración de máscaras e baile popular, que amenizará a orquestra Los Españoles. Animación musical das rúas polas charangas Xente Nova e Támega.

XOVES DE COMADRES (19 FEBREIRO 2009)

11h30, Desfile Infantil do Entroido, no que os máis pequenos do CEIP Princesa de España, CEIP Amaro Refojo, Colexio María Inmaculada, Escolas de Educación Infantil do Val de Monterrei, CEIP Castrelo do Val e Preescolar na Casa, tomarán as rúas de Verín.  (Percorrido: Saída do entroncamento da Canella Cega coa estrada de Cabreiroá, rúa Deputación, avenida Luís Espada, rúa Lisa e praza García Barbón). Amenizan as charangas Madialeva, Támega e Troulada, e a Banda de Gaitas do Concello de Verín.  

Ceas de Comadres polos restaurantes de Verín, amenizadas polas charangas Monterrei, Madialeva, Támega e Troulada. Ás 24h00, Barrio de San Lázaro-Casa do Escudo, Recepción  pola Raiña do Entroido da comitiva de Don Carnal, procedente do camiño real de Monterrei, con Procesión dos Fachóns, desde San Lázaro até a praza García Barbón (avenidas de San Lázaro, Luís Espada e rúa Maior).

Pregón na praza García Barbón por humoristas de teleseries da TVG; e verbena até altas horas da madrugada, que amenizará o grupo Aramio.


VENRES DE COMPADREO e COMADREO (20 DE FEBREIRO 2008)

Ás 18H00, saída do barrio de San Lázaro dos Escuadróns de Capuchóns e Mascaritas, que percorrerán, con paradas estratéxicas, diversas rúas e prazas, acompañados das charangas Madialeva e Támega, para se disolveren na praza de Edesio Fuentes. Desde as 24h00, verbena popular co grupo América S.L.


SÁBADO DE ENTROIDO (21 DE FEBREIRO 2008)

 A partir das 10h00, pasarrúas das charangas Támega, Xente Nova e Madialeva. Ás 17h00, Bautizo do Cigarrón, a carón da estatua. Animación vespertina das charangas Synolá, Troulada, Mekánika, Xente Nova e Madialeva. Animación nocturna da charanga Mekánika. Baile popular, das 19h00 ás 22h30, e verbena popular na praza García Barbón, a partir das 24h00, coa orquestra Los Trovadores e o gupo Super T.


DOMINGO DE ENTROIDO (22 DE FEBREIRO 2008)

Ás 11H30, Barrio de San Roque, concentración de carrozas, comparsas, máscaras e cigarróns. Ás 12H00, Gran Desfile do Entroido (avenida Luís Espada, rúa Alameda, praza da Alameda e praza García Barbón), amenizado polas charangas Os Bandiños, Mekánika, Xente Nova, Synolá, Madialeva e Troulada, e a Escola de Música Tradicional do Concello de Verín. A partir das 16h00, animación musical de rúas coas charangas Mekánika, Xente Nova, Synolá, Madialeva e Troulada. Baile popular, das 19h00 ás 22h30, e verbena popular na praza García Barbón, a partir das 24h00, coa orquestra Los Satelites e o grupo Isla.

AMIGOS E AMIGAS QUE A FESTA NON PARE!


Luns de Entroido - LUNS FARELEIRO (23 DE FEBREIRO 2008)

Pola mañá, animación das rúas coas charangas Synolá, Troulada e Mekánika. Ás 16h30, no Pavillón dos Deportes, xogos infantís e inchábeis. Das 17H00 ás 19h30, praza García Barbón, Batalla da Farelada, animada polas charangas Támega, Troulada, Mekánika e Synolá. Baile popular, das 19h00 ás 22h30, e verbena popular na praza García Barbón, a partir das 24h00, coas orquestras Super Fama e Compostela..


MARTES DO ENTROIDO (24 DE FEBREIRO 2008)

Pasarrúas matinais das charangas Mekánika, Troulada e Madialeva. Ás 16h00, Barrio de San Roque, concentración de carrozas, comparsas, máscaras e cigarróns. Ás 16H30, Desfile do Martes de Entroido (avenida Luís Espada, rúa Alameda, praza da Alameda e praza García Barbón), coas charangas Chunda Chunda, Támega, Mekánika, Troulada e Madialeva, e a Escola de Música Tradicional do Concello de Verín. Baile popular, das 19h00 ás 22h30, e verbena popular na praza García Barbón, a partir das 24h00, coa orquestra Trébol e o grupo D´Moda.

Mércores de Cinsa (25 DE FEBREIRO 2008)

Festivo local en Verín para descansar dos días de Entroido.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



30 anos da publicación do único álbum de N.H.U.
http://folque.com/cmn-wp/?p=1314
(texto engadido o día 3/ / 2/ / 09 )


N.H.U. só editaron un álbum, pero o seu rock progresivo en galego segue sendo obxecto de culto. Esta fin de semana o seu vinilo chegou aos 240 euros en eBay.


En 1978 o folk, a música de raíz celta estaba de moda en toda Europa, principalmente grazas ao éxito do bretón Alan Stivell, de Gwendal ou Pentagle, e ao fío dese éxito Galiza viu o nacemento, entre outros, de Milladoiro ou o importantísimo disco Fonte do Araño de Emilio Cao. Un día Nonito Pereira, produtor destes álbums, recibiu a visita de Xoán Piñón, que lle falou dun grupo de rock compostelán chamado N.H.U. A clave para vender o disco ás produtoras madrileñas era incluír algún elemento de folk, unha gaita, como xa fixeran ese mesmo ano Goma2, primeiro grupo galego que mesturara sen complexos a guitarra eléctrica coa gaita.


A gravación do álbum

Con esa encomenda marcharon N.H.U. a Madrid, aos estudios de Zafiro. Pero non fixeron caso, no lugar do son prometido, gravaron un excelente e pioneiro álbum de rock sinfónico e progresivo. Recibiu moi boas críticas, pero non tivo unha boa distribución: “había tendas en toda España que tiñan o noso disco no escaparate, pero só a caixa, non lles chegara exemplar ningún, non nos axudaron a movelo”, lembra Xosé Ferreiro, batería da banda. Canda a Xosé, N.H.U. formábano o seu irmán Xulio Ferreiro, Roberto Abal, Xurxo Pérez, Xosé Ferreiro e Tino Grandío, coas colaboracións eventuais de Ricardo Máiz e Cuchús Pimentel, fillo de Alonso Montero. Por certo que o nome da banda non responde a un afán reintegracionista, aínda que moitas veces ao pronuncialo, en moitos lugares aparecese escrito “Ñu”. En realidade N.H.U. é o acrónimo de “Una Noche Hermosa”.



O grupo formárase en 1974, “tocando pachanga nas salas de festa”, pero entre 1975 e 1976 os membros da banda foron chamados á mili. Ao seu regreso comezou a aventura de gravar o disco e de buscar locais nos que tocar: “non era doado que nos deixasen tocar en certos sitios, a xente non estaba afeita a esta música, así que lle dicíamos que ademais de guitarras eléctricas tiñamos instrumentos clásicos, como violíns e frautas, o que era certo”, di Xosé. Así conseguiron actuar, por exemplo, na Aula de Cultura de CaixaGalicia de Compostela, un concerto presentado por Benedicto e no que se xuntou tanta xente que mesmo romperon as portas do local. Os seus concertos eran basicamente instrumentais, moi densos, con longuísimas cancións cunha gran parte de improvisación, a constante presenza dun órgano hammond e guitarras psicodélicas.


240 euros en eBay

O álbum é unha alfaia para coleccionistas de todo o mundo, un disco e un grupo de culto, non só no Estado Español, senón en Alemaña, Canadá ou Xapón. Como informa Sono-tone pechouse unha subhasta no eBay do Reino Unido do que xa é o disco galego máis valorado a nivel internacional, cunha poxa final (realizada por un coleccionista de Canada) de 240 euros. “Nin eu teño o disco orixinal”, di Xosé, “manda carallo”. O disco é agora propiedade da multinacional BMG Ariola, que mercara RCA, que antes adquirira Zafiro. E alí está, no fondo dun catálogo, á espera dunha nova reedición. No ano 2000, de feito, reeditouse xa en Alemaña, recollendo de novo fantásticas críticas.


Tiñan material para un segundo álbum que nunca chegaría: “era difícil darlle saída a esa música en Galicia”. De feito a banda continuou tocando en salas de festas e algúns dos seus membros, coma o propio Xosé Ferreiro, seguen na música, no grupo Os Apóstoles. O seu disco homónimo contiña cancións como “Na terra do verde chan”, “A Titiritada”, “Friki & Alexo”, “Doente”, “Hay un tren” ou “A trancas e barrancas”. E cantaban en galego, como destacaban no texto de presentación do álbum: “Tratamos de facer camiño e cantamos en galego porque é un idioma que nos gusta. A nosa música para vós”.





Engadido á nova orixinal: Podes escoitar parte do disco en http://ghastaspista.com/historia/nhu.php
- N.H.U. -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



FERROL 4º CONCERTO DA CARAVANA DE GALIZA NON SE VENDE
http://arianonsevende.nireblog.com/post/2009/02/02/ferrol-4-concerto-da-caravana-de-galiza-non-
(texto engadido o día 3/ / 2/ / 09 )


O próximo sábado dia 7 de febreiro, a Caravana de Galiza Non Se Vende fai unha parada no Ferrol, cun pasaruas, polas ruas de Ferrol, desde as 19:00 e un grande concerto na Sala Run Run, ás 22:00. Actuarán os grupos: Vai (músicas do mundo) e Deskartes band (Ska desde Ponteareas)
Por un cambio de rumo nas políticas ambientais e sociais de este pais, o domingo 15 de febreiro, coincidindo co derradeiro concerto da Caravana, os 57 colectivos que formamos a rede de Galiza Non Se Vende convocamos unha manifestación nacional en Compostela, que sairá ás 12:00 da alameda. E terá o lema:
GOBERNE QUEN GOBERNE GALIZA NON SE VENDE
O 15 de febreiro tod@s a Compostela

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Som do Galpom: `Cada vez buscaranse máis propostas musicais´
http://www.galicia-hoxe.com/indexSuplementos.php?idMenu=17&idNoticia=390710&idEdicion=1147
(texto engadido o día 2/ / 2/ / 09 )


Som do Galpóm representa na música a mestizaxe que marca o século XXI e que non ten volta atrás. “As fórmulas musicais están mortas”, pensa a formación. Despois de sorprender e gañar varios premios pecháronse con Segundo Grandío na Casa de Tolos para gravar o que será o seu primeiro disco. Falta pouco máis dun mes para poder escoitalo

Som do Galpón están metidos en Casa de Tolos, de Segundo Grandío, en pleno proceso de gravación do seu primeiro disco, que sairá no mes de marzo. Brais e Gael de Estebam, Xurxo, Aitor e Jano, os gañadores da última edición de Nsaio no Camiño, apuran as horas de estudio porque saben que, co lanzamento, se botarán á estrada para ofrecer unha boa xeira de concertos por todo o estado.

Contádenos: como está sendo a vivencia da gravación? Como estades pasando estes días nos estudios Casa de Tolos?

Gael: De moito traballo; erguerse cada día, coller os instrumentos e sesións perpetuas de "jam". Pasamos as 24 horas do día xuntos: horas de moita convivencia, pero ningunha discusión!!Jano: Incluso durmimos no mesmo cuarto… pero en liteiras, eh!Xurxo: E iso que, ao comezo, todo facía prever o peor: o primeiro día chegamos pouco menos que de casualidade, caía unha nevarada de impresión nun lugar que nunca neva, e aínda con GPS perdémonos para chegar ao estudio.

Aitor: E o segundo día que estivemos, martes e 13… e lúa chea.

Os estudios Casa de Tolos son todo un clásico da música galega. En que inflúe ter a Segundo Grandío producindo os temas?

G:Unha terceira persoa sempre achega novas ideas pero, sobre todo, a súa xestión emocional axúdate moito. Segundo é un solucionador de problemas. Ademais, é un grande oído e iso sempre suma.B: A música é unha forma de expresión artística. Non é a forma, é o que sentes á hora de tocar, e iso nótase na habitación: como resoan as caixas, a presenza do baixo, como arrastra o violín, a forma de proxectarse a voz…

A:O malo é que cando empezas a collerlle o truco, xa estás acabando, e quedarías gravando aínda máis tempo. O que temos que facer é desfrutar: é algo que nos está a dicir todo o mundo.

Pero a medida que ides ensamblando os temas, iredes tendo unha idea máis clara do que é o disco, non si?

G:A idea xa está moi mastigada dos ensaios e dos directos. De momento hai catorce temas, pero aínda hai que mirar os que entrarán ou non. Musicalmente, o grupo está medrando: estamos máis abertos e absorbendo moito. Por outro lado, é unha experiencia ilusionante, pero doe. Despois de tantas horas ensaiando, semella que o noso fillo vai marchar. Que imos atopar no disco, vai haber novidades?

G: No disco vai haber algúns temas descoñecidos e inéditos, a xente vai levar unha grata sorpresa nese sentido. Hai máis temas que poden parecer que están fóra do noso estilo habitual… pero a ver como responde a xente, porque aínda non están probados en concerto.

B: Compilamos algúns dos temas da maqueta e aínda lle damos un empurrón máis, con novas sorpresas, novos arranxos.

Que achega Som do Galpóm á escena musical galega?

G: É unha proposta innovadora, orixinal, colorista e fresca, un pouco máis de riqueza ao que xa hai. O tempo dirá se gusta. B:O conto é: hai algo por aí que se lle pareza? En calquera caso, cada vez vai haber máis rapeiros que se unan a bandas, máis unión entre os músicos na procura de novas propostas e discursos musicais: As fórmulas están mortas.Como vedes o panorama galego? Que grupos son os que vos gustan máis?

G: Os nosos referentes son Os Diplomáticos de Monte Alto, Os Resentidos… pero tamén gostamos de Duplo–Som, Loretta Martin ou Ataque Escampe, cos que temos unha rivalidade moi sá, todo hai que dicilo. Por outra parte, hai grupos que están triunfando na escena nacional ou internacional que non terían nada que facer ao lado de moitos grupos galegos. B: O que queda é proxectar toda esa riqueza cara a fóra. Que se vexa como algo normal e non reducido a este territorio. Bótase en falta que os músicos se poidan converter en profesionais da música, todo o mundo ten traballos alternativos. Igual que hai discográficas, estudios de gravación…. Que se asuman riscos para ter ganancias. Sen risco, devalúas o conxunto e seguiremos vinte anos máis con Ana Kiro como referente da música galega. En Galicia segue habendo moito playback, e esa grande fraude mata a naturalidade da música.

G: Non estamos en contra da sesión vermú, que é algo moi noso, pero hai que ofrecer alternativas, hai que cambiar un pouco.

Nesta xira de máis de cen concertos pasastes por case todas as vilas da Galiza. Como se recibe a Som do Galpóm?G

G:A xente tratounos dunha forma espectacular. Cancións como África chegan máis aos maiores, e Na Cama báilaa máis a xente nova. Tocamos por vilas, pero tamén por cárceres, en escolas.

E agora que marchades a Madrid e Barcelona como cambia o conto?G

G: Pois levarémoslles a nosa proposta, con ganas de crearlles esa espectativa. O noso verdadeiro son é o son directo, esa enerxía e compenetración co público.

E así gañastes o GzCrea, Nsaio, Foundación Reggae, o Festival Terra/Lingua… que dá estar neses escaparates?

G: O traballo diario, esa ilusión e a paixón… é o que engancha máis que gañar os festivais. Os premios son ganas de traballar máis, máis, máis…B: O beneficio de certos premios está aí –gravar, editar…–, pero tamén ir a máis e máis concertos, seguir ensaiando…J: Queremos ir aos concursos para tocar máis. É o que nos motiva nos concursos. E iso que os premios son case máis para a xente que nos segue, a que nos quere. Aí si que ves a alegría, que á xente lle chega a nosa proposta.

A: Nós levamos a festa, un concerto para pasalo ben, bailar, cantar, desfrutar.

E sen esquecer que vides da Moniña…

B: A Moniña é coma Springfield. É unha aldea, un lugar da Galiza se imos ao significado exacto do termo, que podería ser calquera outro. É como a etiqueta
"ser da casa".


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VENRESPIRAR 2009. Primeiros venres de cada mes, en Ourense
http://aoftou.spaces.live.com/blog/cns!1E66A323EA02EEB2!3423.entry
(texto engadido o día 2/ / 2/ / 09 )


Comezan de novo, os venrespirar en Ourense!!!

Festas itinerantes de música e baile, organizados por "Algaravía" e "AOFT Gomes Mouro".
Realízanse en diferentes locales da cidade de Ourense e coinciden este ano, no primeiro venres de cada mes salvo en maio, que será o segundo, o dia 8, (comezan as 22:30)

Aquí tedes as datas e lugares:

6 de febreiro......Grándola
6 de marzo........Foula
3 de abril...........A Efémera
8 de maio..........Don Gaetano
5 de xuño..........Ollo Ledo

Estas festas están abertas a toda a xente que queira vir e participar, xa sexa tocando, bailando, cantando ou simplemente
Tomándolle algo e disfrutando do ambiente

Quedades todos convidados a vir e participar!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Concurso de Maquetas Millo Verde 2009
http://milloverde.blogaliza.org/2009/01/30/ii-concurso-de-maquetas-millo-verde-2009/
(texto engadido o día 31/ / 1/ / 09 )


Vía komunikando.net

Outro ano máis, e despois da grande aceptación recibida na edición anterior (17 maquetas presentadas), a Asociación Millo Verde presenta o Concurso de Maquetas Millo Verde 2009.
As bases para esta edición son as seguintes:

1. Poden participar todos os grupos ou solistas con residencia na Galiza ou en Portugal que non teñan disco editado, a excepción dos traballos autoeditados ou aqueles que non teñan firmado un contrato discográfico. Si é posibel a inscripción dos artistas que publicaran singles ou extended plays, ou os que participasen en discos recopilatorios.
2 . O prazo de inscripción ábrese o 1 de Febreiro de 2009 e finalizará o 15 de Marzal de 2009.
3. Admítense traballos encadrados en calquera estilo musical.
4. Os traballos constarán de tres cancións de composición propia e que, como mínimo, terán que ser enviados en formato CD audio, acompañado dunha breve reseña biográfica (compoñentes, estilo, procedencia, concertos realizados, etc.) que non exceda de 50 liñas. É imprescindíbel unha nota coa dirección postal, número de teléfono, e-mail (se se dispón del) e persona de contacto. Todo o material debe ser enviado nun mesmo sobre e por correo certificado ou presentado en persona na seguiente dirección:

Concurso de maquetas MILLO VERDE 2008
Isidoro Queimaliños, 24
36800, Redondela

Non se devolverá o material recibido.

5. De todos os traballos seleccionaranse un mínimo de tres finalistas que participarán nunha festa concerto, que terá lugar a finais de Abril de 2009. De entre os tres finalistas decidirase o gañador do concurso mediante votación entre os asistentes á festa concerto. O finalistas daranse a coñecer na páxina web milloverde.blogaliza.org. É imprescindíbel ter un repertorio para directo de 40 minutos de duración como mínimo.

6. O gañador do concurso obterá o dereito a formar parte do festival Millo Verde 2009, que terá lugar os días 5, 6 e 7 de Xuño, percibindo 300 € como contrapartida pola súa participación.

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



3º CONCERTO DA CARAVANA DE GALIZA NON SE VENDE

(texto engadido o día 27/ / 1/ / 09 )


O próximo sábado dia 31 de xaneiro, a Caravana de Galiza Non Se
Vende fai unha parada en Ponteareas, cun grande concerto no Centro
Social O Fresco, ás 21:00 e con entrada de balde.



Por un cambio de rumo nas políticas ambientais e sociais de este
pais, o domingo 15 de febreiro, coincidindo co derradeiro concerto da
Caravana, os 57 colectivos que formamos a rede de Galiza Non Se
Vende convocamos unha manifestación nacional en Compostela, que
sairá ás 12:00 da alameda. E terá o lema:
GOBERNE QUEN GOBERNE GALIZA NON SE VENDE
O 15 de febreiro tod@s a Compostela

Noticia enviada por Luís

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]