Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


XXX Festa do Requeixo en A Capela

(texto engadido o día 24/ / 8/ / 18 )


Domingo 26 de agosto, con Lenda Ártabra, No Cómbarro, Abrindo Rejo, Brincadeira, Tiruleque, A Roda

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXI Festival Tromentelo (Cangas)

(texto engadido o día 23/ / 8/ / 18 )


Sábado, 25 de agosto
Xardins de Andrea, Cangas


Quedades todos convidados a desfrutar da música folk e do baile tradicional o sábado 25 de agosto partir das 22h. nos Xardí­ns de Andrea, para o XXI Festival Tromentelo, que se celebra no marco das Festas do Cristo do Concello de Cangas do Morrazo.

Este ano nos acompañará no esceario a Asociación Cultural os Muí­ños de Oliveira, de Ponteareas, e Pepe Vaamonde Grupo.

A A.C. Os Muí­ños de Oliveira ven a presentar o seu último espectáculo no que poderemos desfrutar dos seus grupos de baile, música e pandereteiros.

Pepe Vaamonde Grupo achégase ao festival para presentar o seu último traballo discográfico "Nas pedras do lar". Cuarto traballo da banda na que a creatividade e a esencia da música tradicional galega se fusionan para ofrecer un espectáculo orixinal e contundente.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Noite Folk en Ordes
http://www.facebook.com/1587272414735349
(texto engadido o día 15/ / 8/ / 18 )


Noite Folk do 16 de Agosto

Un ano mais queremos facerlle a nosa homenaxe a tradición e o folk de Galicia. Un ano mais o 16 de agosto vivirase en Ordes unha noite onde a música tradicional galega ten moito que contar e cantar.

Para este ano traémosvos un grupo de mulleres e outro de homes, unhas de Santiago e outros de Vigo, pero nos dous casos e no fondo, con cántigas e cancións que todos coñecedes.

Este ano teremos na nosa noite Folk, dentro das nosas festas de Santa María, a:
Leilía e Grupo A Roda

Toda a info nas nosas redes sociais e na nosa web
http://www.festexosOrdes.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa Pon un Sancosmeiro (Noia)
http://www.facebook.com/620028551716984
(texto engadido o día 14/ / 8/ / 18 )


A Asociaición Pon un Sancosmeiro, convídavos o 18 de agosto, durante todo o día, a mostra de traxe tradicional galego, nas rúas do casco antigo da vila de Noia.
Haberá obradoiros, música tradicional galega e moito máis.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XIX Festa Folc Vilariño

(texto engadido o día 14/ / 8/ / 18 )


Sábado 18 de agosto ás 22h
Praia De Vilariño.
Cangas.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Programación das Festas Gaiteira 2018 (A Coruña)
http://www.facebook.com/446460565853313
(texto engadido o día 13/ / 8/ / 18 )




O martes 14 e mercores 15 de Agosto celébranse as FESTAS DA GAITEIRA 2018 na rúa peonil da Gaiteira

14 de agosto - Concertos

22: 00 Cuarta Xusta
23: 30 Zenzar

15 agosto

11:30 Talleres Medio Ambientales. Semente de Horto. Comedeiros para Aves.
12:00 Pasarrúas a cargo do grupo de Gaitas “XEBRE”.
13:30 Concerto: Sesión vermú. “GRUPO LOS VERSIONETAS”.
17:00 Caravana de Xogos Infantís.
19:30 FamiliRúa || Martín Ledesma "Música de Contos".
22:30 CINECLETA



De todo e moito! Compartide a boa nova e a gozar das festas!
- Asociación de veciños Oza Gaiteira Os Castros -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival 27373 de Música en Galego de Begonte
https://www.facebook.com/events/2290808621146748/
(texto engadido o día 10/ / 8/ / 18 )


Sábado, 11 de Agosto
Club Fluvial de Begonte


O Festival está dividido en dúas partes. Polo día, a programación vai dirixida aos máis pequen@s e ás familias. A partires das 12:00 comezamos coas actividades deportivas que estarán a cargo da empresa de Begonte, Non Estreses Aventura Offroad, que vai ofrecer paseos en canoa pola marabillosa contorna do río Ladra, esta actividade prolongarase ata ben entrada a tarde.

A partires da unha a Asociación Cultural Bolboreta Fiandeira comezará a demostración de fiado de lá e liño, ademais da demostración de canto e música tradicional. A festa estará garantida durante a sesión vermú grazas ao grupo de música tradicional Grupo Río Miño, gracias ao programa Musiqueando pola Provincia de Lugo da Área de Cultura da Deputación de Lugo. Ademais faremos a presentación da cervexa oficial do festival, a 27373, unha cervexa de trigo, laranxa e coriandro, elaborada por membros da asociación en colaboración con Alberto Curiel nas instalacións de Cervexa Artesá Aloumiñaa. Xa pola tarde, ademais dos paseos en canoa e as demostracións de fiado, a partir das cinco, comezará o VII Aberto de Billarda e tamén, a partir das cinco a Asociación Colorín Colorado de Vilalba terá dúas actividades dirixidas ao público máis pequeno, un obradoiro de xogos populares e un obradoiro de arxila.

Pola tarde, a partir das sete e media, abrirá o festival o grupo Migallas Teatro desde Pontevedra coa obra “Merenda con Pan de millo unha obra musical dirixida ao público infantil e familiar que chega ao festival grazas ao Concello de Begonte.

Despois subirán ao escenario, desde a comarca de Ortegal, o grupo de música tradicional, Os Carecos, cinco pandeireteiros que van poñer o torreiro patas arriba. Cuarta Xusta desde Melide, serán as encargadas de poñer notas de rock combativo e feminino. Para rematar, Berta Franklin, desde Lugo e Begonte un dos grupos revelación da escena lucense que van dar moito que falar nos vindeiros tempos, rock, blues e soul para rematar este sétima edición .

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa Galega en Malpica
http://www.concellomalpica.com/gl/susana-seivane-os-da-porfia-luar-na-lubre-e-coanhadeira-catro-grandes-grupos-para-unha-gran-festa-galega/
(texto engadido o día 9/ / 8/ / 18 )


Cada vez falta menos para un dos grandes acontecementos do verán, a nosa Festa Galega, que cumpre 11 anos e que volve acompañada dunha Feira Medieval Mariñeira para garantir a animación da mañá á noite. Catro grandes nomes da música tradicional galega pasarán polo escenario do porto entre os días 17 e 18 de agosto: Susana Seivane, Os da Porfía, Luar na Lubre e Coanhadeira. E non serán os únicos, porque, como é costume, na Festa Galega contamos coas agrupacións de música tradicional do noso concello e con bandas de gaitas locais e convidadas.

Se a Festa Galega acada xa a súa 11ª edición, a Feira Medieval Mariñeira cumpre 6 anos. Coa apertura dos postos de artesanía e gastronomía que se situarán ao longo da rúa Eduardo Vila Fano comezaremos a celebración a partir das 11.00 horas do día 17 de agosto. A música galega comezará a soar ás 22.00 horas coas Pandereteiras da A.C. Raigañas sobre o escenario do porto, ao que subirán ás 22.30 as Feiticeiras da A.C. Malante. Para as 23.00 horas está previsto o concerto de Susana Seivane, unha das nosas gaiteiras máis internacionais, que está a piques de lanzar o seu quinto disco, e para pechar a velada contaremos a partir das 00.15 horas con Os da Porfía, sete homes que despois de formar parte durante anos de distintas agrupacións decidiron iniciar un proxecto común interpretando temas recollidos por eles e cunha indumentaria que xa é un dos seus sinais de identidade.

O día 18 volverá a animación ás rúas de Malpica desde as 11.00 horas coas actividades da Feira Medieval Mariñeira. E tamén pola mañá, ás 12.00 horas, sairá do Centro Cívico o tradicional Desfile de Bandas de Gaitas da Asociación Cultural Malante, un encontro de música tradicional que cumpre seis anos e que xunta, á parte da entidade organizadora, ás bandas de gaitas de Calo (Teo), Ximiela (Louro-Muros) e Ortigueira. Para pechar a mañá do sábado está prevista unha xurelada tradicional coa colaboración da A.C.D. A Estádiga.

A música volverá pola noite ao porto. A segunda sesión nocturna da Festa Galega arrancará ás 22.30 horas coas Cantareiras Meigallo da A.C Carcaxía. Para as 23.00 horas está programado o concerto de Luar na Lubre, a banda celta máis internacional de Galicia, que leva máis de 30 anos sobre os escenarios e que continúa reinterpretando a nosa música tradicional. Pero o luxo do concerto do día 18 será dobre, porque para pechar a velada contaremos, a partir da 01.00, con Coanhadeira, unha banda ourensá de folk que desde o ano 2006 está dedicada a amosar a música conservada ata os nosos días a través da tradición oral. Os seus directos están cargados de forza, como poderemos comprobar en agosto.

E despois de dous días de música, o domingo 19 continuará a Feira Medieval Mariñeira con animación durante doce horas, de 11.00 a 23.00.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Treixadura en Arnoia
http://treixadura.com/?js_events=5-de-agosto-en-arnoia-inda-canto
(texto engadido o día 3/ / 8/ / 18 )


Domingo 5 de agosto ás 23h no Parque da Queixeira

A nosa xira de verán lévamos agora á Festa do Pemento de Arnoia, para presentar o noso novo traballo discográfico.

Un pracer formar parte das nosas festas, a nosa música e noso cante. Aínda cantamos! #IndaCanto!


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Uxía Senlle en Cambados

(texto engadido o día 3/ / 8/ / 18 )


Viernes, 3 de agosto, ás 22,30 h.
Fefiñans, Cambados


Orquesta de Jazz de Galicia con Uxí­a, Pedro Guerra e Martirio.
Festas do Albariño, Cambados.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa IV Aniversário de A Arca da Noe (Vilar de Santos)
http://www.facebook.com/1970612129670324
(texto engadido o día 1/ / 8/ / 18 )


Venres 3 de agosto, desde as 18h30

Vai ser uma grande festa com Peter Punk Paiaso, As Xoaniñas, Tanxugueiras, foliada e polvo do Pucho!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festas de María Pita 2018 (A Coruña)
http://www.facebook.com/882533518596922
(texto engadido o día 1/ / 8/ / 18 )


Hoxe presentouse toda a programación das Festas de #maríapita18, e terán unha grande vinculación coa nosa música e baile.

Para comezar, o mércores 1 de agosto, A. C. Xacarandaina, A. C. Donaire, A.C. Son d'aquí, Asociación de Coros e Danzas Eidos e Af Aturuxo realizarán un pasarrúas polo centro da cidade a partir das 19:30h.

Rematarán todas as asociacións na praza de María Pita, onde ás 21:30h. Mercedes Peón será a pregoeira das nosas festas!

Ademais, o xoves 2 será ela a que se suba ao escenario da praza para presentar #Déixaas, o seu novo disco.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Sondeseu en Rianxo
http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/a-orquestra-folk-de-ga
(texto engadido o día 20/ / 7/ / 18 )


A orquestra de folk de Galicia, Sondeseu, presenta en Rianxo o seu novo traballo Beiralúa.

O concerto terá lugar o vindeiro sábado 21 de xullo ás 23.00 horas na Praza Castelao.

A proposta está organizada polo Concello de Rianxo co patrocinio de Aluminios Cortizo e enmárcase no programa Verán Cultural 2018, coincidindo coa celebración da Festa da Xouba e da Feira do Libro.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Homenaxe ás pandeireteiras de Barro de Arén (Cerdedo)
http://www.facebook.com/177608093098221
(texto engadido o día 20/ / 7/ / 18 )


COLECTIVO PORTALÉN
Presentámosvos a nosa primeira actividade!

O sábado 21 de xullo presentámonos e tamén homenaxeamos as pandeireteiras de Barro de Arén

Ruada e festa rachada!

Vémonos no Teleclube de Barro de Arén (Cerdedo)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XIII Festival da Chaira (A Pastoriza. Lugo)
http://terrachaxa.com/axenda/festival-da-chaira-en-baltar/
(texto engadido o día 20/ / 7/ / 18 )


Sábado, 21 de xullo


A XIII edición do Festival da Chaira organizado pola Asociación A Chaínza será o 21 de xullo en Baltar, A Pastoriza. Todas as actividades programadas realízanse na contorna da área recreativa da praia fluvial da Riboira. Este festival tenta promover a defensa, protección e divulgación do patrimonio cultural galego.

A asociación cultural A Chaínza leva doce anos encargándose de definir o programa do Festival dá Chaira.

Este ano, o programa dará comezo coa Ruta A Espiga , de 6 quilómetros polos arredores do festival, que arrincará ás 11 da mañá.

Sobre as 13:30 comezarán os concertos cun grupo tradicional da Pastoriza, para despois dar paso aos Feroces da Galgueira. Xa pola tarde será o IX Aberto da Billarda e outros xogos tradicionais e tamén haberá actividades para os máis pequenos con Peter Punk. Xa pola noite, a partir das 22:00, os Milesios, GHZ, Folkólicos, Falperrys, Os Vacaloruas e Brigada AM amenizarán a festa.

A #chaira18 , coma todos os anos, conta con concertos e actividades de balde para todos os públicos. Ademais conta cun amplo espazo de acceso libre para acampar baixo a sombra dos carballos.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



2naFronteira no V Fiadeiro de Pitôes (Portugal)
https://www.facebook.com/events/2091974247795582/
(texto engadido o día 20/ / 7/ / 18 )


Domingo, 22 de Xullo
Pitões das Júnias, Montalegre


Pitôes é unha aldea do concello de Montealegre en Portugal que pertence ó parque Nacional Peneda- Gêres. Accédese fácilmente dende Xinzo, pola fronteira de Randín. Ou ben, vindo de Braga, collendo a nacional en dirección a Montealegre. A freguesía de Pitôes aosta polo rural e mantén viva a vida cultural da aldea con moitas actividades no ano. Esta, o Fiadeiro de contos, é unha das principais. 2naFronteira porá a música na festa de peche destas dúas xornadas imperdibles.
- 2naFronteira -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Fraga en As Pontes

(texto engadido o día 20/ / 7/ / 18 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Najla Shami - Concertos xullo 2018
http://www.facebook.com/1736387066451209
(texto engadido o día 19/ / 7/ / 18 )


Chega XULLO e seguimos presentando #LATITUDES! Non perdades este fermoso espectáculo! Estamos desexando compartirlo con vós!!

Venres 6 MONFORTE II Festival do Viño da Ribeira Sacra
Sábado 7 PORRIÑO Gala do Cooperativismo
Venres 13 CARRIL Acto Quero Ver O Mar #AbrideaFiestra #RosaliaenFesta
Domingo 15 PADRÓN Rosalía en Festa Casa Rosalía
Venres 20 TUI Festival IKFEM
Mércores 25 BAIONA con A Roda
Martes 31 O ROSAL Vive o Camiño!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Actuación na Festa da Praia (Xaviña. Camariñas)
http://www.facebook.com/2002510439969754
(texto engadido o día 19/ / 7/ / 18 )


Mércores, 25 de Xullo
Praia Do Ariño, Xaviña


Actuación do grupo de gaitas Abrindo Rejo na Festa da Praia.
Graciñas, Concello de Camariñas, por contar un ano máis con nós!
- Abrindo Rejo -

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cristina Pato, Leilía e Luar Na Lubre no Santiaguiño de Outes
http://www.outes.gal/gl/axenda-local/86-concertos-de-santiaguino-2018
(texto engadido o día 19/ / 7/ / 18 )


Dentro da programación das festas do Concello, vanse a celebrar na Horta do Muíño os Concertos do Santiaguiño.

Actuarán:

Venres 20 de xullo, ás 23:00h, Cristina Pato
Sábado 21 de xullo, ás 23:30 h, Leilía
Martes 24 de xullo, ás 12 da noite, Luar na Lubre

O sábado 21 tamén teremos un festival coa participación dos grupos folclóricos do Concello e outros da comarca. Será na Horta do Muíño ás 21:00 h.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]