Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


Viana do Bolo - Entroido 2009

(texto engadido o día 19/ / 2/ / 09 )


O entroido en Viana comeza cedo, nada máis rematar os reis os folións comezan cos ensaios e saidas polas tardes o rematar o traballo.
Hasta que chega o primeiro dos días da fariña: Xoves de Compadres, no que as mulleres colgan o lardeiro (boneco recheo de palla), e os homes as persiguen para botarlles fariña.
O xoves seguinte é o día da revancha, Xoves de Comadres, no que os papapeis cambian e son as mulleres as que botan a fariña.
A fariña estará presente durante toda a festa carnavalesca ata o martes no que as 12 da noite ten lugar a queima dos lardeiros, pondo fin a festa, sendo este un dos momentos máis emotivos do entroido.
Dun valor etnográfico incalculable é o entroido vianés, cos folións e boteiros.
O Folión consiste nunha comitiva formada por bombos e aixadas , cada pobo ten o seu propio son peculiar e diferente os demáis, que nos días do entroido enche as rúas de Viana
O Boteiro é a personaxe máis importante do entroido.
O traxe do boteiro de espectacular colorido e artesanal confección, consta dunha camisa feita con máis de mil metros de cinta de raso que forma distintas figuras geométricas.
A pantalla composta de papel de seda de diversos cores sobre un entramado de aramefacendo debuxos geométricos.


FESTA DA ANDROLLA
O Domingo Gordo é o día grande da festa carnavalesca.
A praza maior e as rúas da vila vístense de gala para recibir con grande algarabía o desfile de carrozas, folións, boteiros e distintas comparsasprocedentes de tódolos rincós da comarca vianesa.
O día culmina coa festa da androlla, de grande interese gastronómico.
O menú consta de caldo con picatostes, cachelos con grelos, lacón, chourizo e a raíña da festa: androlla, seguido de cordeiro e rematando con bica e vianos (bombóns recheos de mel).
Xa se levan realizadas 38 edicións desta festa de culto ás costelas adobadas,embutidas e curadas ao fumo nas vellas lareiras.



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Entroido 2009 en Fisterra: ``O Entrodio máis tradicional da Costa da Morte´´
http://www.concellofisterra.com/ga/
(texto engadido o día 19/ / 2/ / 09 )


As actividades previstas para celebrar o Entroido 2009 son as seguintes:

Venres, 13 de febreiro:
Ás 19:00h: Inauguración da Exposición “Lembranza do Entroido fisterrán”.
Proxección de videos antigos do concurso de comparsas dende o ano 1989 e exposición de fotografías de tódalas comparsas que pasaron polo noso Entroido.
Do 13 de febreiro ao 1 de marzo no Faro de Fisterra.

Sábado, 21 de febreiro:
Ás 17:00h: Concentración das comparsas na Cruz de Baixar.
Ás 17:30h: Desfile pola vila acompañadas pola Banda de Gaitas O Rumbo de Sardiñeiro e pregón do Entroido 2009 a cargo da Comparsa A Galería na praza da Constitución. A continuación concerto do GRUPO DE ROCK 96 GRADOS.

Domingo, 22 de febreiro:
Ás 17:30h: Concurso de disfraces Infatís na praza da Constitución.
GRUPOS………..90€ (mín. 3 persoas e máximo 15)
PARELLAS…….60€
INDIVIDUAL…..30€
Na modalidade do concurso de grupos deberase realizar unha parodia por parte dos participantes.
Un grupo de animadores porán en marcha unha festa chea de xogos, bailes, música,…

Luns, 23 de febreiro:
Ás 11:00h: Concurso de máscaras para os máis pequenos na Biblioteca Municipal.

Martes, 24 de febreiro:
TRADICIONAL CONCURSO DE COMPARSAS, ás 18:00h, na praza da Constitución, presentado polo cómico Xermán Martínez.
PREMIOS:
1º PREMIO……….1.500,00€
2º PREMIO………..1.200,00€
3º PREMIO………..900,00€

O resto das comparsas participantes que non obteñan ningún premio recibirán unha axuda económica de 300€. Tamén se fará a entrega de premios do Rei e da Raíña do entroido 2009 e do concurso de máscaras.
Haberá venta de chocolate e churros.

NOTA: En caso de mal tempo, as distintas actividades levaránse a cabo no Pavillón Municipal.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Entroido 2009 - A Coruña

(texto engadido o día 19/ / 2/ / 09 )


Programa

Venres, 13 de febreiro

10.00 h. El Corte Inglés

X CONCURSO "ENTROIDO CON ORELLA"

Organizan: Radio Voz - El Corte Inglés.

21.30 h. Coliseum

FRANCO DE VITA: Simplemente la verdad

Tras éxitos como "Tengo", "Fuera de este mundo" ou "Dónde está el amor" o artista italovenezolano volve a España para abrir a súa xira mundial na que contará con convidados de luxo como Fernando Velasco (Ecuador), Jorge Villamizar (Bacilos, Colombia) e Manuel Carrasco (España).

Entradas: 21'00, 24'00 €.

Sábado, 14 de febreiro

20.00 h. Coliseum

MONCHO BORRAJO: "Mi última función".

Moncho Borrajo, con "Despedida y cierre", remata o seu labor de polifacético artista sobre os escenarios e faino dedicándolle á Coruña "Mi última función".

Entradas: 15'00 20'00, 30'00, 35'00 €.

Domingo, 15 de febreiro

19.00 h. Palacio da Ópera

CONCURSO DE COMPARSAS (letra e música)

Con Oswaldo Digón e Rumbo Tu Pá

Pregón: MONCHO BORRAJO.

Inscricións: Ata o día 6 de febreiro nas oficinas do IMCE (Coliseum).

Entrada: con invitación (kiosko da praza de Ourense, dende o 12 de febreiro)

Nota: o público asistente deberá levar posto un elemento "entroideiro".

Venres, 20 de febreiro

21.00 h. Cantón Grande

ENTRONIZACIÓN DO MOMO

Coa presenza de todas as comparsas inscritas nos concursos do Entroido e a animación das charangas Ruada e Os Amigos.

Quedará instalado no Cantón Grande, xunto ao Obelisco, ata o día 24 que será levado para a praza de España.

22.00 h. Carpa dos Xardíns de Méndez Núñez

FESTA DAS COMPARSAS

23.00 h. Rúa Arenal

VELORIO DA SARDIÑA

Todos os días ata o 25 de febreiro en Café Bar Pardillo, de 23.00 a 01.30 h.

Sábado, 21 de febreiro

17.00 h. Praza de Ourense a praza de María Pita

GRAN CABALGATA DE ENTROIDO

· CONCURSO DE CARROZAS

· CONCURSO DE COMPARSAS

Inscricións: Ata o día 6 de febreiro nas oficinas do IMCE (Coliseum)

19.00 h. Praza de María Pita

ENTREGA DE PREMIOS DA CABALGATA coa actuación de Orquesta Noche de Estrellas

Domingo, 22 de febreiro

12.00 a 14.00 h. Carpa dos Xardíns de Méndez Núñez

FESTA INFANTIL CON INCHABLES

12.00 h. Carpa dos Xardíns de Méndez Núñez

OBRADOIROS DE ENTROIDO: disfraces, maquillaxe, caretas, ....

Participantes ata 12 anos e adultos acompañantes

16.00 h. Carpa dos Xardíns de Méndez Núñez

CONCURSO INFANTIL DE DISFRACES

Coa actuación de LA BANDA DEL CAMIÓN con Rock'n Roll para nenos e nenas.

Inscricións: no propio lugar da actividade

Patrocina: Coca-Cola

18.00 h. Carpa dos Xardíns de Méndez Núñez

CABALGATA INFANTIL

Inscricións: Participarán as comparsas que se organicen nos obradoiros dos días anteriores e as que se teñan apuntado neses días.

19.00 h. Paseo Marítimo Orzán

Ofrenda floral a "NITO"

20.00 h. Teatro Rosalía Castro

BALLET DE MANCHURIA: O último emperador

Fundado en 1980, o Ballet de Manchuria chega a España coa historia do monarca Pu Yi nunha montaxe con música de Shostakovich e Tchaikovsky creada hai dous anos polo coreógrafo Ivan Cavallari.

Entradas: 12'00, 15'00, 18'00, 25'00 € (carné xove, + 65 años e desempleados: -20 %)

Patrocina: Fundación Caixanova

Luns, 23 de febreiro

09.00 h. Palacio da Ópera

XXII CONCURSO DA FILLOA

Recepción de filloas de 9.30 a 10.15 h.

Organizan: Radio Voz - Gadis.

16.30 h. Carpa dos Xardíns de Méndez Núñez

XINCANA DE ENTROIDO

Participantes: grupos dun mínimo de 4 membros.

Modalidades: INFANTIL, todos os membros deben ter entre 6 e 12 anos; familar, en cada grupo debe haber como mínimo un adulto.

Inscricións: no propio lugar da actividade

Patrocina: Coca-Cola

20.30 h. Teatro Rosalía Castro

COMPAÑÍA DE APROPÓSITOS NITO

ANTROIDO FOR PRESIDENT

(Mitin hoxe no Rosalía)

de Antón de Santiago

Entradas: 6.00 e 10.00 € (carné xove e + 65 anos: - 20%)

Venta: Billeteira do Teatro, días de función, de 12 a 14 e de 18 a 20.30 h. Billeteira praza de Ourense, de luns a venres, excepto festivos, de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h. Venda telefónica: 902 504 500 - www.caixanova.es

Martes, 24 de febreiro

12.00 a 14.00 h. Praza de España

FESTA INFANTIL CON INCHABLES

13.00 h.

Ofrenda floral a "CANZOBRE"

13.30 h.

Ofrenda floral a "CÉSAR SANJOSÉ"

17.00 h. Praza de España

VIII CONCURSO "MENUDOS CANTANTES", INFANTIL E XUVENIL DA CANCIÓN

Inscricións: Ata o día 6 de febreiro en El Corte Inglés e nas oficinas do IMCE (Coliseum).

Modalidades: Infantil e Xuvenil, dentro de cada unha individual (unha soa persoa) e grupo (entre un mínimo de 2 e un máximo de 5 persoas non instrumentistas).

Patrocina: El Corte Inglés

18.00 h. Rúa da Torre

CONCURSO INFANTIL DE CHOQUEIROS

Categorías: INDIVIDUAL e GRUPO.

Inscricións: no propio lugar da actividade dende as 16.00 h.

19.00 h. Praza de España

Actuación musical

19.00 h. Teatro Rosalía Castro

COMPAÑÍA DE APROPÓSITOS NITO

ANTROIDO FOR PRESIDENT

(Mitin hoxe no Rosalía)

de Antón de Santiago

Entradas: 6.00 e 10.00 € (carné xove e + 65 anos: - 20%)

Venta: Billeteira do Teatro, días de función, de 12 a 14 e de 18 a 20.30 h. Billeteira praza de Ourense, de luns a venres, excepto festivos, de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h. Venda telefónica: 902 504 500 - www.caixanova.es

20.00 h. Rúa da Torre

FESTA CHOQUEIRA MEMORIAL CÉSAR SANJOSÉ

Categorías: INDIVIDUAL e GRUPO.

Inscricións: no propio lugar da actividade dende unha hora antes.

Nota: Por gentileza de Gadis todos os participantes recibirán un regalo típico do Entroido: un minilacón, unha restra de chourizos e un atado de grelos (na categoría de grupos, máximo de 4 lotes por grupo).

21.00 h. Rúa da Torre

ORQUESTA FOLIADA

Mércores, 25 de febreiro

21.00 h. Praia de San Amaro

ENTERRO DA SARDIÑA E QUEIMA DO MOMO

Ás 19.00 h dirase o último responso pola Sardiña na rúa Arenal e a continuación sairá a comitiva.

Itinerario: Avenida de Hércules e rúa da Torre ata a praza de España onde se incorporará o Momo para retomar o camiño pola rúa da Torre ata a praia de S. Amaro.

A continuación haberá unha sesión pirotécnica.

Sábado e domingo, 28 de febreiro

12.00 h. Soho - Orzán

ENTROIDO PEQUENO

Mostra de artesanía, desfile de comparsas e concursos Filloa e Disfraces

Organiza: Asociación Comercial Soho - Orzán

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Sada - Entroido 2009
http://www.ayuntamientodesada.com/actualidade/nova.php?id=489&lg=gal
(texto engadido o día 19/ / 2/ / 09 )


O programa de actos principiará o día 21 de febreiro cunha Festa Infantil no Pavillón Municipal de Deportes a partir das 16.30 horas. Os menores de Sada poderán participar este día no concurso de disfraces e tamén nos sorteos de agasallos que se celebrarán ao longo da festa.

Un día despois, o domingo 22 de febreiro, terá lugar a Festa da Filloa no Pavillón de Deportes a partir das 17.00 horas. As persoas que asistan poderán degustar este tradicional postre de Entroido acompañado de anís. O grupo musical Midas será o encargado de amenizar a velada.

O mércores, día 25 de febreiro, a Casa da Cultura Pintor Lloréns acollerá unha actuación de comparsas a partir das 19.00 horas. A celebración do Entroido 2009 rematará en Sada co tradicional Enterro da Sardiña na praia das Delicias. Está previsto principie ás 21.00 horas.

O cartel anunciador do Entroido 2009 de Sada foi elaborado por un rapaz de 10 anos, Nicolás Coelho Gende, que resultou gañador da segunda edición do Concurso Municipal de carteis de Entroido, dotado cun premio en metálico de 150 euros.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Entroido 09 - Allariz
http://www.allariz.com/vernoticia.asp?id=797
(texto engadido o día 18/ / 2/ / 09 )


Do luns 23 ó 25 de febreiro terá lugar en Allariz a tradicional Festa do Entroido que coma tódolos anos conta cunha programación chea de actividades para todos e todas.

O luns 23 celebrarase a Festa infantil a partir das 17.00h na Praza de Abastos. Todos os nenos e nenas poderán celebrar con xogos o ciclo do entroido, dende o fareleiro ata o sábado de piñata coa que rematará esta festa.

O día grande do entroido, o martes, a partir das 18:00h sairán á rúa as comparsas que este ano desfilarán dende a Estrada de Xunqueira, á altura do Colexio Padre Feijóo, ata a Praza de Abastos acompañadas polas charangas “Os vikingos de Catoira” e os “Mercianos de Merza”,

Ó remate do desfile a Orquesta Amistad de Vigo actuará na Praza de Abastos onde se dará a coñecer o fallo do xurado como resultado do concurso de comparsas.

Xa para despedir o Entroido, o mércores 25 ás 20:00h da tarde na Praza maior terá lugar o habitual Pranto de entroido. Queimarase o meco no Campo dos Brancos (detrás da Casa da Cultura) dicindo adiós o entroido 2009.

De xeito complementario estanse a celebrar no Centro de ensino Padre Feixóo os obradoiros de compadres e comadres para que os nenos e nenas coñezan as raíces do noso entroido.


Concurso de comparsas

Como todos os anos as comparsas que desexen participar no concurso teñen que inscribirse na Casa da Cultura antes do 20 de febreiro. As bases do concurso poden ser consultalas no arquivo adxunto.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concello de Vilarino de Conso
http://www.vilarinodeconso.org/carnaval.html
(texto engadido o día 18/ / 2/ / 09 )


Sábado 21 de Febreiro:

. Tarde (a partir das 19:00 h.) Xuntanza de bombos e folións na Praza de Vilariño de Conso.
Contaremos coa presenza do grupo de gaitas tradicional de A Requinta da Laxeira.

Domingo 22 de Febreiro:

. 12:00 h. Desfile de folións dende a Praza da Vila ate o campo de fútbol.

. De 12:00 a 18:00 h. Feira de artesanía na carpa do campo de fútbol.
Amenizarán a charanga Alborada e o grupo A Requinta de Laxeira.
. 14:00 h. Comida na carpa do campo de fútbol.
Menú: Chourizos, cabrito con ensalada, bebida (viño e auga), bica, montonico e café.
Prezo: 15 euros.
Para os veciños e integrantes dos folións ofrecerase unha comida no pavillón polideportivo.

. 16:30 h. Desfile de folións no campo de fútbol.

. Noite (a partir das 19:00 h.) Festa, coa Orquestra Emperadores, na Praza da Vila de Vilariño.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xacarandaina - FESTA DE ENTROIDO 2009
http://www.xacarandaina.com/galego/php/noticias.php?titular=ESTA
(texto engadido o día 17/ / 2/ / 09 )
Este ano a festa de entroido será o domingo 22 de febreiro.

O horario será de 17:00 a 19:30.

PREZO:
1€ para os socios
3€ para non socios

Haberá coma sempre, desfile de disfraces, xogos, merenda...

Agardámosvos a todos alí, ¡Ide preparando os disfraces!


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Entroido 2009 - Vigo

(texto engadido o día 14/ / 2/ / 09 )


PROGRAMA ENTROIDO 2009

Venres, día 20 de febreiro
Lugar.- Praza da Constitución

  • Treboadas e pasarrúas: rúas do Príncipe e Casco Vello
    • Hora: de 19:30 a 22:00
  • Pregón.
    • Hora: 21:00
    • Pregoeiro: Antón Bouza
  • Entronización do Rei e Raíña do Entroido
    • Hora: 21:30
  • Cea-baile XXX aniversario da comparsa decana Os Tarteiras.
    • Hora: 22:00
    • Prezos populares. Tlf. información bonos: 986.439799

Sábado, día 21 de febreiro

  • Pasarrúas: charangas, murgas, xigantes e cabezudos.
    • Lugar: Praza de Compostela
    • Hora: 17:00- 19:00
  • Concentración e pasarrúas da Comitiva Rexia:
    • Lugar: Praza do Rei
    • Hora: 17:30
    • Percorrido: Pracer, A. Menéndez, Elduayen, P. Constitución, Triunfo, Praza Pedra, As Avenidas, Montero Rios, P. Morillo, Praza de Compostela.
  • Recepción da Comitiva Rexia ao Deus Momo
    • Lugar: Morada olímpica da Praza de Compostela.
    • Hora: 18:00
  • Pasarrúas da Grandiosa Comparsa da comitiva Rexia e Deus Momo
    • Hora: 18:30
    • Percorrido: Praza de Compostela, Areal, Serafín Avendaño.
  • Desfile de comparsas e carrozas.
    • CONCENTRACIÓN:
      • Lugar: Areal. (dende a rúa Oporto a Isaac Peral).
      • Hora: 18:00.
    • DESFILE:
      • Hora: 19:00 horas
      • Percorrido: Serafín Avendaño, Rosalía de Castro, Colón, Areal, Montero Ríos, Cánovas del Castillo, Peirao de Transatlánticos. (final)
  • Verbena
    • Lugar: Porta do Sol
    • Hora: 22:30
    • Orquestras: Marbella e Abaníco

Domingo, día 22 de febreiro

  • Entroido infantil
    • Lugar: Praza de Compostela 
    • Hora: de 16:00 a 21:00
    • Actividades lúdicas, obradoiros, inchables.
    • Obradoiros de construción de disfraces
  • Festa fareleira
    • Hora 18,00
    • Lugar: Praza da constitución
  • Concurso de coplas
    • Lugar:  Praza de Compostela
    • Hora: de 18:30 a 21:00

Luns, día 23 de febreiro

  • Concentración e pasarrúas da Grandiosa Comparsa e Comitiva Rexia:
    • Lugar: Praza do rei.
    • Hora: 17:00
    • Percorrido: Praza do Rei, Granada, Pracer, A. Menéndez, Praza da Constitución, Triunfo, Praza da Pedra, As Avenidas, Montero Rios,  P. Morillo,
  • Iº Xogos populares do entroido: sortella, aro, ovos, mazá, fariña, sacos, tiro de corda...
    • Lugar: Praza de Compostela.
    • Hora: 18:00
  • Retirada da Grandiosa Comparsa:
    • Hora: 20:30

Martes, día 24 de febreiro

  • Concentración e Pasarrúas da Comitiva Rexia:
    • Lugar: Praza do rei
    • Hora: 17:00
    • Percorrido: Granada, Pracer, A. Menéndez, Elduayen, Praza Constitución, Triunfo, Praza Pedra, As Avenidas, Montero Rios, Praza Compostela.
  • Acto rexio de homenaxe e bicamáns ao Deus Momo. Esvaecemento e agonía do  Deus Momo.
    • Lugar: Praza de Compostela
    • Hora: 17:30
  • Concurso de disfraces:
    • Lugar: Praza de Compostela.
    • Hora: 18:30 a 20:00
  • Festas gastronómicas:
    • Lugar e hora:
    • Praza de Compostela: 19:00 h: concurso de repostería.
    • Praza da Constitución: 19:00 h.: gran orellada. Prezos populares
  • Verbena
    • Lugar: Porta do Sol
    • Hora: de 22:30 a 02:00 horas
    • Orquestras: Sintonía de Vigo e Galilea
  • Concentración e pasarrúas da Grandiosa Comparsa e Comitiva Rexia:
    • Lugar: Praza de Compostela
    • Hora: 23:30
    • Percorrido: Victoria, Gamboa, P. Constitución, Porta do Sol.
  • Anuncio do falecemento  do Rei Momo e lectura do testamento a prol do seu fillo Momiño. Xuízo, sentenza e queima do Rei e Raíña do entroido
    • Lugar: Porta do Sol
    • Hora: 24:00

Mércores, día 25 de febreiro

  • Pasarrúas da Grandiosa Comparsa  enloitada anunciadora do falecemento e sepelio do Rei Momo
    • Lugar: Príncipe, Casco Vello.
    • Hora: 12:00
  • Catafalco do sepelio do Deus Momo
    • Lugar: Estación Marítima de Ria.
    • Hora: 18:00                                                                                                        
  • Exequias funerarias solemnes das comparsas.
    • Lugar de concentración: Peirao de Transatlánticos
    • Hora de concentración: 19:00
    • Hora de inicio do desfile: 19:30
    • Percorrido de acompañamento e duelo da comitiva: Peirao de Transatlánticos, As Avenidas, C. Areal, Praza de Compostela, García Olloqui, C. Castillo, Peirao de Transatlánticos (final).
  • Sepelio do Deus Momo
    • Lugar: Estación Marítima de Ria.
    • Hora: 20:30
  • Oficios laicos: responsos e sepelio:
    • Responsos, sermóns, cantos solemnes do profundis paveiro e derradeiro Addio a Momo, sepelio coa elevación ao olimpo das cinzas, notas e disposicións, chamada a folga xeral, lectura da acta do xurado dos premios do concurso e remate co berro final ...“QMRLP

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Manifestación nacional de Galiza Non se Vende en Compostela

(texto engadido o día 13/ / 2/ / 09 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Entroido 2009 - Salcedo (Viana do Bolo)
http://www.ensalcedo.org/blog/blog_commento.asp?blog_id=19&month=2&year=2009&giorno=&archivio=
(texto engadido o día 14/ / 2/ / 09 )


Sábado, 21 de febreiro:

* Ás 22:00 horas, no Local Multiusos da Asociación Veciñal de Salcedo, representación teatral do cadro de actores e actrices da A.V. salcedá.



Domingo, 22 de febreiro:

* A partir das 11 da mañá, pasarrúas coa "Banda de gaitas municipal de Bóveda"
* Ás 16:30 horas, pasarrúas coa charanga “La Unión Monfortina”, Madamas e Danzantes.
* Ás 17:00 horas, no Local Multiusos da Asociación, Pregón cantado por “Mini e Mero”.
* Ás 17:30 horas, saída dos Disfraces de Campo.
* Ás 18:00 horas, interpretación da Banda Parroquial de Salcedo.
* Ás 18:30 horas, nova actuación da charanga “La Unión Monfortina”.
* Ás 22:00 horas, no Local Multiusos da Asociación Veciñal de Salcedo, representación teatral do cadro de actores e actrices da A.V. salcedá.
* Ás 24:00 horas, verbena popular amenizada polo “Dúo Eclipse”, ata altas horas da madrugada.



Luns, 23 de febreiro:

* Ás 16:00 horas, pasarrúas coa charanga “Terras de Bibei”.
* Ás 16:15 horas, saída dos Cegos, coas súas coplas de entroido.
* Ás 17:00 horas, chegada do Óso e os seus Criados.
* Ás 19:30 horas, actuación do grupo “Os Tumbalobos”.
* Ás 21:30 horas, cea popular.
* Ás 22:30 horas, nova actuación da charanga “Terras de Bibei”.
* Ás 24:00 horas, comezo do baile, ata altas horas da madrugada, coa orquestra “Xente Nova”.



Martes, 24 de febreiro:

* Ás 16:30 horas, pasarrúas coa charanga “La Unión Monfortina”, Madamas e Danzantes.
* Ás 17:30 horas, representación de teatro nas rúas salcedás e Disfraces de Campo.
* Ás 19:00 horas, interpretación da Banda Parroquial de Salcedo.
* Ás 20:00 horas, nova actuación da charanga “La Unión Monfortina”.
* Ás 21:00 horas, comezo do baile coa orquestra “Emperadores”.
* Ás 22:30 horas, actuación da charanga “La Unión Monfortina”.
* Ás 23:30 horas, continuamos a festa amenizada polos “Emperadores”.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



FESTA DO QUEIXO. ARZÚA 13-15 MARZO 09

(texto engadido o día 13/ / 2/ / 09 )


Vetusta Morla, Le Punk e o Queixo Maquetón compartirán escenario con Uxía e Vaamonde, Lamas e Romero no Festival do Queixo 09

A Festa do Queixo de Arzúa cumpre 34 anos. Durante os próximos 13, 14 e 15 de marzo, o queixo Arzúa-Ulloa será o protagonista desta cita gastronómica que comezou en 1975. O evento, que adopta un valor engadido desde a perspectiva cultural, económica, formativa e de lecer, irá acompañado dunha intensa programación de actividades artísticas e culturais.



Vetusta Morla, nominados aos Premios da Música en tres categorías diferentes, ofrecerán un concerto exclusivo en Arzúa antes de arrancar a súa xira por toda España. Será unha oportunidade única para poder gozar do directo desta banda revelación que está a recibir numerosos premios, entre os que destacan Mellor Proposta Musical que outorga TVE Miradas 2, segundo mellor álbum Top’08 de MTV, Premio Ojo Crítico de Música Moderna de RNE, Mellor Grupo Revelación Nacional de EP3 ou Mellor Canción Nacional de Mondosonoro. O seu álbum debut, Un día en el mundo, está considerado pola crítica especializada como o Mellor Disco Español do ano.

O 1º Concurso de Maquetas Queixo Maquetón, é un proxecto sólido e estable á procura de novas formacións musicais. O concurso de maquetas céntrase nas modalidades de pop rock e novas tendencias, convocando a formacións de todo o país. A actuación dos tres grupos finalistas será o 14 de marzo na Praza da Vila ás 18.00h e a final retransmitirase en directo pola Radio Galega Música. O cartel musical do sábado rematará de madrugada co gañador que se elixa ao longo da tarde, a actuación está prevista para a 1.30h.

Le Punk, por primeira vez en Galicia

Unha das propostas máis interesantes do programa atopámola en Le Punk, coa presentación en Arzúa, e, por primeira vez en Galicia, do seu novo álbum Mátame, un explosivo cóctel que mestura sons que van do tango ao blues, pasando polo folclore balcánico, co que se teñen situado na lista AFIVE dos discos máis vendidos.

A nota de cor a porá a Fanfare catalana Always Drinking Marching Band, que pisarán terras galegas por primeira vez para presentarnos La Calle es Nuestra. Un repertorio actual xunto a súa imaxe transgresora repleta de bailes, coreografías, gags cómico-teatrais e unha gran interacción co público, mudan calquera espazo, praza ou rúa nun concerto de Rock'n'Roll que non deixa indiferente a ninguén.

Uxía presentará no Festival do Queixo o seu novo disco, Eterno Navegar, despois de coñecerse a noticia da súa nominación aos Premios da Música, na categoría de mellor tema en galego. Acompañada por unha magnífica banda e polo excelente músico das Illas Azores, Paulo Borges, Uxía percorre camiños de sonoridades atlánticas e ritmos africanos que se mesturan coa súa melodiosa voz e o seu estilo intimista

A actuación de Vaamonde, Lamas e Romero será a encargada de fechar o cartel. Achegarannos a súa particular visión da música popular cun repertorio fresco e desprexuizado, aderezado cunha boa dose de humor e que vén de cristalizar no seu recentemente editado Vellas Artes (Falcatruada 2008).

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa do Entroido e Festa da Orella en Bergondo

(texto engadido o día 13/ / 2/ / 09 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Entroido 2009 Ribadumia - A partir do luns os Piratas do Umia elaborarán o seu propio disfraz

(texto engadido o día 13/ / 2/ / 09 )


O Concello de Ribadumia presenta a súa programación de actividades para o Entroido 2009, que ademais do tradicional baile de disfraces infantil, tamén inclúe obradoiros para que os nenos elaboren a súa propia vestimenta.
O primeiro acto do programa do Entroido é o baile de disfraces infantil, onde a diversión, a música, a animación e a orixinalidade dos traxes serán os principais protagonistas. O luns 23 de febreiro, a partir das 17:00, comezará o gran baile infantil no Centro Social de Barrantes. Para que non falte ninguén, o Concello porá a disposición dos nenos interesados dous autobuses que percorrerán (a partir das 16:00 horas) tódalas parroquias. Unha vez na festa, os disfraces máis orixinais e creativos serán premiados nas categorías de nenos de ata cinco anos, de seis a nove anos e maiores de dez. Nesta actividade colaborará co Concello de Ribadumia a Asociación de Comerciantes. Ademais, o Concello de Ribadumia e a Deputación de Pontevedra sortearán dúas bicicletas entre os asistentes.
Coa creatividade e orixinalidade do Entroido tamén traballarán desde o luns os nenos que participan no programa “Piratas do Umia”. Durante as ludotecas os nenos crearán os accesorios do seu disfraz, que lucirán durante a festa que organizarán o mércores de cinza na Casa da Cultura de Ribadumia. Tódolos nenos que participan nesta ludoteca reuniranse na parroquia ribadumiense para celebrar o entroido con música, baile, xogos e animación.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Pontevedra - Entroido '09

(texto engadido o día 13/ / 2/ / 09 )



Unha semana chea de actividades


O luns 23 ás 17:00 horas dará comezo a gran festa do Entroido infantil na praza da Ferrería, e ás 20:00 horas na praza da Peregrina será presentado o loro Ravachol. Xa a partir das 21.00 horas no Pazo da Cultura celebrarase a primeira eliminatoria do concurso de Murgas, que este ano cumple 28 edicións.


O martes 24 de febreiro, o Centro Comercial Vialia acollerá o tradicional concurso de filloas, mentres que na Verdura haberá xogos e disfraces. Ese mesmo día poderase desfrutar nas prazas da cidade da XIV Mostra da Parodia do Entroido, cuxos premios se entregarán Ferrería a partir das 02:00 horas.




O mércores día 25 recrearase a botica de don Perfecto Feijoo, a cargo da Aula de Teatro Municipal e coa actuación do grupo Troula. Será ás 19:00 horas, mentres que ás 21:00, no Pazo da Cultura celebrarase a segunda eliminatoria do concurso de murgas. A final comezará á mesma hora o xoves 26 de febreiro.



Día de loito polo finado

O venres 27 será o día de enterro de Ravachol. Durante a mañá recrearase de novo a botica de Don Perfecto Feijoo, mentres que o velorio do loro comezará ás 18:00 horas na praza da Leña. Tres horas máis tarde sairá o cortexo fúnebre, percorrendo as rúas Pasantería, Antonio Odriozola, Michelena, Bastida, Don Filiberto, Princesa, Sabela II, Real, Sarmiento e Pasantería novamente, para rematar na praza da Ferrería, onde o finado será incinerado.



Participación nos concursos
A área de Festas do Concello de Pontevedra destina un total de 32.500€ aos premios dos diferentes concursos que se organizan: o de murgas, a mostra da parodia e o de filloas, ademais dos premios aos disfraces do desfile -individuais, por parellas, grupos e comparsa-.



Todas as persoas que desexen participar nos concursos deberán acollerse ás normas de cada un deles e inscribirse no Servizo de Cultura do chalé Fontoira, ou no teléfono 986 89 65 28, en horario de 9:00 a 14.00 horas.

Bases dos concursos do Entroido

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festas de Entroido en Cerdido

(texto engadido o día 13/ / 2/ / 09 )
As festas de entroido en Cerdido celebraranse o sábado 21 de febreiro pola tarde cunha festa infantil de animación.
A festa está organizada polo concello e colaboran a Asociación de Mulleres Rurais "Albar Quercus" e a Asociación Cultural "Airiños dos Carrís".
Durante a festa haberá varias sorpresas e unha gran merenda para tódolos que vaian disfrazados.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concello de O Grove- Entroido 2009

(texto engadido o día 13/ / 2/ / 09 )

Homenaxe  á Comparsa dos Barbeiros.

Xoves, 19 de febreiro
            Xoves de Comadres e Comadros (cada un pasí)
           
21:00 h. Concentracións clandestinas na Praza do Concello, con saídas cara os restaurantes respectivos das canallas e dos canallos!!!.

22:00 h. Paparota das canallas, en Casa Campaña, coa marchiña do Dúo Prisma, do Grove.
            22.00 h. Paparota dos canallos, en Restaurante Faro, ameniza o Dúo Kikelino, de Todo Ogrove.
            24.00 h. Cada quen que fagha o que poida…

Nota: Menús a 30 euros, reserva previa en cada restaurante.
Os disfrazados serán convenientemente revisados, cacheados e controlados pola inspección do Concello  (Brigada Fredi ao mando)  para evitar mesturas contranatura.

Venres, 20 de febreiro

Desfile Infantil de disfraces escolares  
17:00 h. Saída do Colexio Rosalía ata o Concello.
                       
Inauguración Exposición e Mesa Redonda As Historias do Entroido.
            20.00 h. Casa da Cultura Manuel Lueiro Rei. Monte da Vila.
           
Mesa redonda para falar da Historia dos Barbeiros               
Coa participación de Antonio e Cándido Domínguez,  
            Os Barbeiros, Marcial Costas, Miguel Besada,  José Antonio
Cacabelos, Alcalde, e Antón Mascato, Concelleiro de Cultura.

Sábado 21 de febreiro
           
Inauguración Exposición e Mesa Redonda O Entroido en San Vicente.

13:00 h. Acto inaugural. Casa da Cultura Ángel Vázquez Hereder.
            Participan: José Pérez Vidal, Coxo;  Francisco Guillán; Antonio Domínguez ; Carmen Pérez;  e Antón Mascato. Concelleiro de Cultura; todos choqueiros.
13:30 h. Actuación da comparsa As cantareiras.

Obradoiros, concursos e degustacións
           
17:00 h. Obradoiros de Entroido (maquillaxe, disfraces, xogos…  ).
            Concurso e degustación de sobremesas do Entroido            (orellas, filloas).
            Rúa Pratería.
           
           
Festival das comparsas
20:00 h. Concentración na Praza do Concello.
20:15 h. Saída do desfile ata o Pavillón dos Deportes.
21:00 h. Comezo do Festival.
Homenaxe á Comparsa dos Barbeiros.
Entrada de pagamento, aforo limitado.

(O Festival será gravado por unha produtora de Televisión e retransmitido pola rede de Televisións comarcais na noite do domingo 22).
 

Domingo 22 de febreiro

Festival Infantil de Disfraces
            17:00 h. Pavillón de Deportes.
            Discoteca,  confeti, borbullas e moita festa…
            Entrada libre.
           
 
Luns 23 de febreiro

Retransmisión do programa Aberto por Reformas da Radio Galega 19.00 h.
19.00 h. Emisión en directo do Programa Aberto por Reformas, dedicado ao Entroido do Grove, cos seus responsables, Xurxo Souto e Alberte Ribeiro. Actuacións ao vivo e entrevistas cos comparseiros.
 

 

Martes 24 de febreiro
           
Gran marcha do Entroido.
            15:30 h. Comezo da inscrición. Praza do Corgo.
            (Obrigatoria para optar a premio)
            17:00 h. Concentración de disfraces. Praza do Corgo.
            17:15 h. Inicio do desfile polo sambódromo meco:                
O Corgo, Beiramar, Luís Casais, Castelao, Rúa da Praza,  e Luís Seoane.
            (Obrigatorio mínimo unha volta ao sambódromo para optar a premio).

As comparsas actuarán na Praza de Arriba, durante as horas da marcha do Entroido).
 

 

Sábado 28 febreiro

Recital de comparsas na Casa da Cultura do Monte da Vila.
            (Será gravado en audio e video).
            16:30 h. Actuación da primeira das comparsas.
            19:00 h. Actuación da comparsa gañadora do             Festival 2008.
            19.30 h. Entrega dos premios Entroido 2008.
            (Entrada libre ata completar o aforo).

Concentración de Choqueiros e choqueiras
16.30 h. a 19.30 h.  No lugar da Area, San Vicente.

Festa infantil de disfraces
16.30 h. Na Casa da Cultura Ángel Vázquez Hereder, San Vicente.

Enterro da Sardiña
20:00 h. Velorio, responso e condución dende o velorio na Casa da Cultura  Manuel Lueiro,  ata a Praza do Concello onde será incinerada a difunta.                       
             
Domingo, 1 de marzo.
            Actuación da Comparsa Os Garoulos.
12.30 h. Na Casa da Cultura Ángel Vázquez Hereder, San Vicente.

 

Exposicións
           
O Entroido en San Vicente.                                          
 Casa da Cultura A. Vázquez Hereder. San Vicente
            Visitas: Sábados 21 e 28 de febreiro, e domingos 22 de febreiro e 1 de marzo
 en horario de mañá e tarde
           
 
 As Historias do Entroido  
Casa da cultura Manuel Lueiro. Monte da Vila.
            Visitas: 8:30 a 21.30 h. de luns a venres;
            Sábados 9:00 a 14:30 h.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



CALENDARIO DO ENTROIDO 2009. CONCELLO DE TEO.

(texto engadido o día 13/ / 2/ / 09 )
Días 14 e 15 de febreiro. Parroquia de Reis. O atranque será o día 15.
Día 21 de febreiro. Parroquia de Teo.
Días 21 e 22 de febreiro. Parroquia de Cacheiras. O atranque será a partir das 7 da tarde no campo da festa.
Día 24 de febreiro. Concurso de coros no Local Socio-cultural de Oza. A partir das 16:30 horas.
Día 1 de marzo. Parroquia de Recesende.
Día 8 de marzo. Parroquia de Rarís.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Laza: Cultura e Tradición dun Pobo - Entroido 2009

(texto engadido o día 13/ / 2/ / 09 )


LAZA: CULTURA E TRADICIÓN DUN POBO
- Prohíbese o uso de petardos -
Venres 30 de xaneiro e 6 e 13 de febreiro Folións a partires das 11 da noite.
19 de febreiro
XOVES DE COMADRES

AS 14:30 Folión dos nenos do CEIP O Castiñeiro
Cea das mulleres.
Verbena coa actuación da orquesta "América SL".

20 de febreiro
VENRES DE FOLIÓN

Pola tarde: degustación de bica branca, xastré e licor-café por bares e chiringuitos, animados coa música da "Charanga Troulada".

Ás 9 do serán: III FESTA GASTRONÓMICA DA CACHUCHA, A BICA BRANCA, O XASTRÉ E O LICOR-CAFÉ.
Lugar: Pavillón de deportes
Entrada: 15 €
Retirada de entradas: Casa do Concello, locais comerciais de Laza, Bar Manso (Vences), Bar Blanco (Matamá) e Bar Cruceiro (Verín) ou mediante ingreso na conta da Comisión do Entroido aberta en Caixa Galicia e Caixanova (o resgardo do ingreso servirá como entrada). Aforo limitado, 650 entradas á venda.

Ó remate da cea: GRAN FOLIÓN, saída dende o Toural con chocos, viño e fachóns. Percorrendo as rúas de Cimadevila, O Castiñeiro, Barrio e A Roda. Unha vez na Cerdeiriña, todos xuntos seguimos cara a Picota e Souteliño. ¡Ollo ós corredores! Animación a cargo dos "Bombeiros de Carracedo" e "Charanga Támega".

21 de febreiro
SÁBADO DAS CABRITADAS

Pola tarde: fariña a rachar e animación musical polas rúas a cargo da "Charanga Támega".

Pola noite: troulada e cabritadas dos mozos. Gran verbena animada polo grupo "Trova" ata altas horas da madrugada.

22 de febreiro
DOMINGO DE ESTREA

Pola mañá: a Estrea dos Peliqueiros ¡todos preparados para recibilos na Picota!

Á saída de misa: Saúdo dos Peliqueiros e, de seguido, o reparto da Bica dos Peliqueiros na Praza da Picota. Pasarrúas e animación musical a cargo das charangas "Támega" e "Penas Ceibes".

Pola tarde: Desfile de Carrozas Típicas. Animación nas rúas a cargo da charanga "Támega". Baile e verbena a cargo da orquestra "Compostela" e o grupo "Aramio".

23 de febreiro
LUNS BORRALLEIRO

Pola mañá: Farrapada, Xitanada dos Burros e Maragatos. Animación nas rúas a cargo das charangas "Támega" e "Bandiños".

Pola tarde: Baixada da Morena dende Cimadevila acompañada de toxos e cobelleiros. Ó remate reparto de cachucha, pan e viño. ¡Hai que repoñer forzas! Baile e verbena coa actuación das orquestras "Los Españoles" e o grupo "Meneíto".

24 de febreiro
MARTES DE ENTROIDO

Pola mañá: Saída dos Peliqueiros Veteráns. ¡Arde a Picota! Animación na rúa a cargo das charangas "Támega" e "Bandiños".

Pola tarde: Desfile de Carrozas. A partires das sete o Testamento do Burro, Enterro do Entroido e Loito dos Peliqueiros. Baile e verbena a cargo da orquestra "Superfama" e o grupo "Costa Mar"

Subir  

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



PROGRAMA DE FESTAS DE ANTROIDO DE O VICEDO

(texto engadido o día 13/ / 2/ / 09 )
-SÁBADO 21 FEBREIRO: FESTA NO LUGAR DE FOLGUEIRO PARROQUIA DE SUEGOS CON CONCURSO DE DISFRACES, MÚSICA...
-LUNS 23 FEBREIRO (16:30H9: FESTA INFANTIL DA APA O VICEDO NO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL CON HINCHABLES, MUSICA, MERENDA...
-SÁBADO 28 FEBREIRO: FESTA ORGANIZADA POLA ASOCIACIÓN CABEZAS DE FAMILIA DO VICEDO. FESTA DE ADULTOS E NENOS, CONCURSO DE DISFRACES, MÚSICA... (A PARTIR DAS 23H PARA OS ADULTOS)


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



ENTROIDO 09 PARADA DE AMOEIRO

(texto engadido o día 13/ / 2/ / 09 )

DIA 22 RECORRIDO DAS CARROZAS POLOS POBOS DO CONCELLO. Saída ás 10:30 da mañá. Festa a cargo dunha charanga.
DIA 23 RECORRIDO DAS CARROZAS POLOS CONCELLOS DE CEA E MASIDE. Saída ás 11:00 da mañá.
DIA 24 DESFILE DE CARROZAS POLOS POBOS DO CONCELLO. Saída ás 16:30 horas. Festa a cargo do grupo CHASTON.
DIA 25 MERCORES DE CENIZA. Enterro da sardiña e queimada do meco. Gran sardiñada.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]