Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


XORNADAS DE BAILE TRADICIONAL DA ASOCIACIÓN DE GAITEIROS GALEGOS
http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/modules/news/article.php?storyid=803
(texto engadido o día 26/ / 2/ / 09 )


A Asociación de Gaiteiros Galegos presenta as Primeiras Xornadas de Baile Tradicional coa intención de cubrir a demanda existente por parte dos nosos asociados e dun gran público interesado neste aspecto da tradición galega, e dando así un importante paso no noso camiño para tentar abarcar tódalas manifestacións culturais tradicionais.

Durante estas Xornadas analizarase o estado do baile tradicional en Galiza, tomando as medidas oportunas para a súa normalización, potenciando o seu ensino e propoñendo materiais, métodos e actividades que o acheguen, non só ao ámbito das asociacións culturais, senón ao mesmo ensino oficial público e privado.

As Xornadas de Baile Tradicional están pensadas, en primeiro termo, para os profesionais do mundo da danza e do ensino en xeral; pretenden ser unha ferramenta para o desenvolvemento da súa actividade cotiá, proporcionándolles os coñecementos e materiais precisos para facer máis sinxela e efectiva a súa labor. Pero tamén están orientadas a todos aqueles interesados na cultura galega, xa sexan profesionais ou non, para que poidan completar os seus coñecementos e participar de xeito activo no debate para mellorar e dinamizar a nosa tradición.

Para asistir a estas Xornadas de Baile Tradicional, que se celebrarán o sábado 7 de Marzo no Centro Sociocultural do Castiñeiriño de Santiago de Compostela (Virxe de Fátima, s/n), é necesaria unha inscrición previa, que deberá realizarse antes do 4 de Marzo, a través do teléfono 986 847 074. Esta inscrición é totalmente gratuíta.

1 comentario
:: Enlace a esta nova ::



FOLIADA DE FEBREIRO EN AS PONTES
http://nocombaro.spaces.live.com/
(texto engadido o día 23/ / 2/ / 09 )


O venres 27 de Febreiro continuamos coas FOLIADAS na Cafetería Lar.

Este mes tócalle o turno ao Grupo tradicional pontés No Cómbaro que aproveitará a ocasión para presentar en público a un novo compoñente, e tamén con un repertorio moi renovado, pero sen esquecer que a sua especialidade segue a ser a Música de Taberna.

Para rematar debutará outro grupo pontés de canto tradicional co nome de AIRIÑOS DA VEIGA DA NATA. Ainda que levan tempo ensaiando, esta será a sua primeira actuación en público.
O grupo formase basicamente coa idea de fomentar un pouquiño mais o canto popular da nosa comarca, pois actualmente pensamos que non pasa polo seu mellor momento.


Ao remate das actuacions programadas seguirá a festa con repichoca a esgallo para quen queira participar, traede os instrumentos.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Entruido ártabro: festa de disfarces e domingo gastronómico
http://agal-gz.org/blogues/index.php/artabria/2009/02/18/entruido-artabro-festa-de-disfarces-e-
(texto engadido o día 21/ / 2/ / 09 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



O pavillón de San Marcos acolle este domingo o día grande do Entroido en Abegondo
http://www.abegondo.es/index.php?id=23&tx_ttnews%5Btt_news%5D=574&cHash=8729ae1606
(texto engadido o día 21/ / 2/ / 09 )


O baile de Entroido estará amenizado pola orquestra Foliada
Abegondo, 20 de febreiro de 2009.- O Concello de Abegondo ten programado como acto central das datas de Entroido unha festa que se vai celebrar no pavillón polideportivo municipal de San Marcos este domingo día 22, organizada pola Concellería de Promoción Económica, Cultura e Xuventude.

A festa vai comezar ás 17.00 horas e desde o departamento de Cultura deseñouse un amplo programa de actividades para esta xornada na que participarán nenos e adultos. No pavillón estarán instalados inchables para os pequenos e tamén haberá un taller de maquillaxe.

Todos os asistentes, xa sexan pequenos ou adultos, que acudan disfrazados e estean previamente inscritos recibirán un bonito agasallo adaptado a súa idade. Haberá tarta larpeira de balde para todos as persoas que se achegen até a Festa de Entroido en San Marcos. A xornada rematará coa actuación da orquestra Foliada.

Concursos

Ao longo da tarde de festa vai ter lugar un concurso de disfraces para as categorías xuvenil e de adultos en modalidade individual e de grupos. Os premios son os seguintes:

Categoría xuvenil

Grupos:

1º premio: 100 €
2º premio: 80 €
Categoría adultos

Individuais:

1º premio: 100 €
2º premio: 80 €
Grupos:

1º premio: 400 €
2º premio: 250 €
A gastronomía típica do Entroido vai estar presente a través de dous concursos: un que vai premiar as filloas máis saborosas, e outro especial destinado a recoñecer sobremesas como as orellas, buñuelos ou rosquillas. No concurso de filloas repartiranse 1º, 2º e 3º premio de 180 €, 120 € e 80 € respectivamente. O premio especial de gastronomía está dotado con 100 €.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Programa Entroido 2009 Concello de Culleredo

(texto engadido o día 21/ / 2/ / 09 )
SÁBADO 21-EDIFICIO DE SERVIZOS MÚLTIPLES.
17:00 h. Festa Infantil do chocolate coa actuación da ORQUESTRA SUPERFAMA e Espectáculo Infantil de ANIMACIÓN FANTASÍA.
22:00 h. Gran Festa Municipal de Entroido coa ORQUESTRA SUPERFAMA.

SÁBADO 21-CENTRO VECIÑAL DE ORRO.
20:00 h. Baile de Entroido coa actuación do DÚO FANTASÍA, degustación de filloas, ourellas, rosquillas e disfraces.


DOMINGO 22-CENTRO CULTURAL "O CRUCEIRO" DE CELAS.
18:00 h. Festa infantil de entroido.
21:00 h. Baile de entroido co DUO FANTASÍA.

LUNS 23-ROMERÍA DE SAN BLAS, EN VEIGA.
13:00 h. Amenizada pola ORQUESTRA TROVA, Comparsas, Concurso Choqueiro, Lectura Testamento.

LUNS 23-CENTRO CULTURAL DE CULLEREDO.
17:00 h. Festa infantil co espectáculo ANIMACIÓN FANTASÍA.
22:00 h. Baile de Entroido coa ORQUESTRA TROVA.

MARTES 24-CENTRO VECIÑAL "RAMON VALCARCE" DE SESAMO.
19:00 h. Festa do Entroido con cachola, lacón, ourella, etc...
Baile de Entroido coa actuación do DUO FANTASÍA.

MARTES 24-CENTRO SOCIAL DE RUTIS. VILABOA.
21:00 h. Baile de Entroido, concurso de disfraces coa ORQUESTRA COMPOSTELA.
Premios: 120 Euros(1º Premio), 60 Euros(2º Premio), 30 Euros(3º Premio), 120 Euros(comparsas).
Regalos para nenos/as disfrazados.

VENRES 27-CENTRO CULTURAL DE ALMEIRAS.
22:00 h. Baile de Entroido coa ORQUESTRA TREBOL.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Entroido na Casa Cultural da AC Os Muíños de Oliveira (Ponteareas)
http://osmuinhosdeoliveira.spaces.live.com/Blog/cns!2ABD721C3A706013!1412.entry
(texto engadido o día 20/ / 2/ / 09 )


O sábado 28 de febreiro, ás 22:00h, terá lugar o xa habitual Festival de Entroido na Casa Cultural da AC OS Muíños de Oliveira.
Comezará cunha cea que dará paso á actuación dos direfentes grupos da Asociación, que amenizarán a festa, na que haberá un Concurso de Disfraces.
O menú, o típico destas datas: Lacón con grelos. Prezo: 12€ socios e 14€ non socios.
Todos aqueles que queirades asistir deberedes poñervos en contacto coa Xunta Directiva para confirmar asistencia no teléfono 986661863.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada de Entroido no Forum Folk

(texto engadido o día 20/ / 2/ / 09 )


O Concello da Coruña celebra dentro do ciclo "Forum folk '09" unha Foliada de Entroido na que asociacións da cidade encargaránse de poñer a música para facer bailar a todos/as os que se acheguen polo Forum Metropolitano o vindeiro luns de entroido o día 23 a partir das 21:00 da noite.

Animadevos a participar nesta festa do folclore galego, acercate a bailar, a cantar, a aprender, a mirar.... ao que queiras, pero sobre todo a desfrutar da nosa tradición.

Esta é a orde de participación dos grupos de música e as pezas que interpretarán. Recordade tamén que despois da "sección oficial" haberá máis música improvisada.



1. Os Gaiteiriños
- Cantiga Mareira
- Foliada de Pontevedra

2. Queiroa
- Muiñeira Cabaleira
- Serán en Toutón

3. Eidos
- Forricallo
- Xota de Beigondo

4. Cántiga da Terra
- Foliada de Viascón (Popular)
- Foliada de Meira (Popular)

5. Maghúa
- Serán de San Vicente de Oitavén (Fornelos de Montes), composto por xota, ribeirana e valse
- Pandereitada de Xirazga (Beariz, Ourense), composta por xota e muiñeira

6. Donaire
- Pandereitada de Calvos (Rus, Carballo)
- Rúa de Painceiros (Campo Lameiro, Pontevedra)

7. Alén do mar
- Xota recollida en Riotorto
- Muiñeira dos cinco de Galicia

8. Arestora
- pendente
- pendente

9. Xasteirazo (Círculo de Actividades de Tempo Libre de Xacarandaina)
- Heicho de dar queridiña!!
- Polca dos Areeiras.


Noticia enviada por Luís

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Antroido'09 - Asoc. Cultural Fervenza de Ouzande (A Estrada)
http://carreiros.blogspot.com/2009/02/antroido-09.html
(texto engadido o día 20/ / 2/ / 09 )


SÁBADO DE ANTROIDO
21 de febreiro de 2009

A partir das 17:00 da tarde concentración de disfraces no Campo da Festa. A continuación, a unha carroza percorrerá os lugares da parroquia acompañando aos cegos do Antroido que, un ano máis recitarán as súas coplas, que non esquecerán os acontecementos da parroquia nin tampouco a actualidade en xeral. Non faltarán a música nin as cancións.
Horario aproximado:
17:15 da tarde: saída do campo
17:30: O Tallo
18:00:. O Castro
18:15: O Picoto e o Redondo
18:35: Alemparte e O Formigueiro
19:00: O Topete
19:15: Igrexa
E como remate a partir das 19:30 da noite, gran festa de disfraces no local social. Música, animación e degustación dos produtos típicos do antroido

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cerdedo 2009 - Entroido e VIII Festa da Vincha

(texto engadido o día 20/ / 2/ / 09 )


O Domingo 3 de febreiro a partir das 12:00 o Pabillón Municipal de Deportes de Cerdedo acollerá a oitava edición da Festa da Vincha. A Vincha é unha das tradicións gastronómicas máis populares do Entroido do interior da provincia de Pontevedra.
O programa da Festa da Vincha do 3 de febreiro é o seguinte:
-12:00 Presentación da Festa e Lectura do Pregón.
-12:30 Degustación e venda de vinchas e doces propios do Entroido (filloas, orellas, flores, etc.). Mostra de oficios tradicionais, venda de libros e actuación de grupos de música tradicional.
-13:00 Concurso de vinchas, entrega de premios e comida "enxebre".
-16:00 Taller de oficios tradicionais, conta contos e actuacións musicais.


Receita da vincha

INGREDIENTES:
-Vincha de porco
- 12 ovos
-750 gramos de azucre
- 1/4 litro de leite
-1/4 kilo de pan consistente
- 2 cucharas de mantequilla de vaca
Bater os ovos. Engadir leite, azucre, mantequilla derretida e pan desfeito en cadrados, deixando que a mistura repose durante cinco horas.
Lavar ben a "vincha", darlle a volta e introducir a mistura. Pechar mediante unha costura e cocer ó baño maría durante dúas horas.
Unha vez cocida déixase enfriar, rómpese a "vincha" e o resultado é un sabroso e típico doce do Entroido do interior da provincia de Pontevedra.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Entroido 2009 en Vilasantar
http://www.vilasantar.com/axenda/agenda.php?idagenda=26
(texto engadido o día 20/ / 2/ / 09 )
A Festa do Entroido 09 organizada polo Concello terá lugar este ano no Local Social de Présaras o 21 de febreiro ás 17:00

Representarase a obra de teatro "O día que voou Renata"

Despois haberá desfile de disfraces e o concurso
Premios: un TV de plasma, unha videocámara e un MP4.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Entroido Begonte 2004

(texto engadido o día 20/ / 2/ / 09 )


Con motivo do Entroido o Concello de Begonte, coa colaboración da Asociación de Mulleres Rurais de Begonte, presenta un programa de actividades para celebrar estas festas:

- Sábado, 21 de febreiro, de 16:00 a 19:00 hras.
Baile de disfraces infantil e, ademais, xogos xigantes, xogos tradicionais e xogos con música. Premios para os mellores disfraces.

- Domingo, 22 de febreiro, de 19:00 a 22:00 hras. Baile de disfraces para adultos amenizado polo grupo musical “Alecrín” e premios para os mellores disfraces.

Tódalas actividades se desenvolverán no Pavillón Polideportivo de Baamonde.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Entroido Ribeirao
http://www.concellodechantada.org/cultura_entroido.htm
(texto engadido o día 20/ / 2/ / 09 )


Moi castigado nos derradeiros anos do século pasado foi retomado na freguesía de Santa María de Nogueira no período comprendido entre os anos 1994 e 1996, onde levaba doce anos sen celebrarase. Tamén a veciña parroquia de Vilaúxe volveu a festexar o Entroido entre os anos de 1991 e 1993 retomándoo definitivamente a partires de 1997. Outras freguesías do entorno ribeirao de Chantada deixaron de organizar esta actividade; exemplo disto témolo e San Pedro de Líncora e en Santiago da Riba e a estas podemos engadir, iso contan os veciños de maior idade, a parroquia de Camporramiro e o concello de Ferreira de Pantón. Na actualidade tense certeza dun dato que exemplifica de xeito evidente a importancia que o Entroido Ribeirao tivo nas xentes da zona próxima ó río Miño: a feroz competencia que existía entre as parroquias veciñas para ver cal delas organizaba o mellor Entroido. Trocando aspectos xeográficos por outros puramente formais dicir que a festa chantadina se prolonga durante todo o mes de Febreiro constatándose catro días de festexos:

• Domingo Lambedoiro
Ou de septuaxésima, segundo Xosé Manuel Vázquez Rodríguez esta data atópase moi relacionada coa gastronomía que se mostra como parte fundamental do Entroido. Tamén é coñecido este Domingo como fareleiro ou borralleiro xa que os festeiros se lixaban uns ós outros con diversos produtos ofertados pola nai natureza; tamén era común arroxar formigas cabalares con vinagre.

• Domingo Corredoiro (ou de sesaxésima)
Data na que son comúns xogos de diversa índole amais de algunha que outra representación teatral.

• Domingo de Entroido
Ou de quincuaxésima, día propio da festividade.

• Martes de Entroido
Data moi arraigada nos últimos anos na vila de Chantada onde os volantes, chegados da ribeira, van acompañados de numerosas comparsas. Neste día tamén se produce o testamento da máscara, acto no que se repasa a vida dos veciños da zona; na freguesía de Vilaúxe celebran o enterro do Santo Entroido, que simboliza a festividade no seu conxunto, é introducido nun cadaleito de formica que posteriormente se cubre con follas. Os volantes bailan arredor da caixa fúnebre mentres o crego e o sancristán tentan resucitar ó cadáver. Despois de diversos requisitos bérranlle: “¡sae dunha vez! ¿qué, non queres que haxa festa?”; nese intre o Santo Entroido érguese e di: “tede a festa tranquilos que xa volverei pro enterro”, nese momento marcha para volver o Martes de Entroido. Nesta data é conducido ó campo da festa e vólvese a introducir no cadaleito. Aproveitando o baile dos volantes emprende a fuxida para non regresar ata o ano que ven. Este é o xeito no que se representa o enterro do Santo Entroido.



En canto ós personaxes típicos do Entroido Ribeirao caben ser destacados, por riba de calquera outro, os volantes que dotan á celebración chantadina de gran parte da súa singularidade. Portan sobre a testa os famosos “puchos” que non son outra cousa que enormes gorros dos que se di que teñen a forma de camarín da Virxe. Estruturas moi pesadas, estímase que poden chegar a pesar 15 quilos, teñen unha estrutura interna de madeira feita con paus de vimbia ou salgueiro. Sobre ela colgan numerosas cintas ou “colonias” de moita anchura e lonxitude cunha gran profusión de colorido. Tamén é común que sobre o “pucho” se coloquen bonecas e flores que nun tempo eran elaboradas polas mulleres das distintas parroquias; coméntase que en cada freguesía tiñan un xeito de elaboralas. Nos ombreiros, os volantes levan un pano cunha gran variedade cromática chamados “portugueses” para diferencialos dos utilizados na antigüidade, denominados “marinos” xa que moitos dos mesmos proviñan de ultramar sendo de cores máis tristes. O volante, sempre masculino, ten unha vestimenta inferior caracterizada por presentar unha serie de bandas con cores moi significativas; son comúns as cores vermella e amarela (por ser como a bandeira española; dise que na antigüidade era a tela máis barata) aínda que na actualidade non é estraño ver ós volantes coa cromática azul/branco.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Lugo disfrázase de Entroido
http://elprogreso.galiciae.com/nova/25592.html
(texto engadido o día 19/ / 2/ / 09 )

Os municipios lucenses ultiman os preparativos para recibir as festas de Entroido cun amplo programa de actividades no que se inclúen desde os tradicionais desfiles de comparsas e os concursos de disfraces ata propostas específicas para os máis pequenos e a degustación dos doces típicos destas datas.

Estas son algunhas das actividades programadas, sen que pretenda ser unha relación exhaustiva.

Comarca de Lugo
O Concello de Outeiro de Rei organizará o domingo, ás 17.00 horas, un concurso de disfraces nunha carpa na praza da vila. Repartiranse 1.550 euros en premios.

En Rábade , o Concello organizará o luns, de 17.00 a 20.00 horas, unha festa infantil no centro sociocultural, con merenda incluída para os participantes. Ademais, a Praza de España será o escenario o martes, desde as 17.30 horas, dun concurso de disfraces con 1.300 euros en premios.

Por outra banda, o martes 24, desde as 17.00 horas, o pavillón de Castroverde acollerá un desfile, xogos e talleres de Entroido para os máis pequenos.

No Corgo, os nenos tamén serán os protagonistas da festa que o Concello organiza o luns, a partir das 17.00 horas.

Ribeira Sacra
Monforte
celebra este xoves 19 un dos actos máis representativos do Entroido na zona, o Xoves de Comadres,que tamén se celebra en Sober. O punto álxido é á tardiña na Praza de España, onde se queiman os monigotes.

Entroido RibeiraoOutro dos festexos máis representativos da comarca é o Entroido Riberao, que se celebra o domingo e que terá o seu máximo expoñente nas celebracións en Chantada , concretamente en Nogueira e en Santiago de Arriba. En ambas as localidades a saída de volantes, mecos e peliqueiros será á primeira hora da tarde. Xa o martes, Monforte e Chantada inciarán á primeira hora da tarde senllos desfiles de comparsas.

Oso de SalcedoTamén ese día haberá festa en Salcedo (A Pobra do Brollón), coa saída de madamas e danzantes. Ese día celébrase un dos actos máis populares do Entroido lucense. Ese día, a partir das 16.30 horas, espertará o Oso e percorrerá o pobo, acompañado por unha corte de criados, para tiznar a todas as persoas que se atope ao seu paso.

A Ulloa
O Concello de Monterroso iniciará os actos de Entroido o domingo, ás 17.30 horas, cun baile infantil no pavillón do colexio. Ademais, premiará ás mellores comparsas que participen o martes no desfile que organiza polas rúas da vila, que arrincará ás 17.00 horas desde diante do Bar Alcal con destino ao auditorio municipal.

En Antas de Ulla, o Concello repartirá 900 euros o martes de Entroido nun desfile, ás 21.00 horas, desde a Rúa Nova á Praza do Concello. Os máis pequenos terán a súa festa o domingo ás 16.00 horas na Praza Nova, con chocolatada incluída.

En Palas de Rei, o luns celebrarase o Entroido Infantil, ás 17.00 horas, na Praza do Concello. O Concello organiza o martes un desfile ás 18.30 horas.

Sarria
Desfile en SarriaO Concello de Sarria celebrará os actos de Entroido o domingo cun desfile de carrozas e comparsas polas rúas da vila. O desfile comezará ás 17.00 horas no barrio da Estación.

Pola súa banda, o de Samos organizará unha comida gratuíta a base de produtos do porco e un desfile, que terán lugar o Martes de Entroido, a partir das 22.00 horas.

A asociación cultural Amigos do Val do Mao do Incio celebrará a festa de Entroido o venres, que incluirá unha comida e un baile. As actividades clausuraranse o luns a partir das 23.30 horas, co multitudinario Entroido de Louseiro.

Terra Chá
Polo que se refire a Terra Chá, en Guitiriz , o desfile do martes será ás 17.00 horas e despois haberá festa no pavillón deportivo.

En Vilalba, tamén o martes, ás 17.30 horas, haberá desfile de charangas e comparsas polas rúas da localidade. A continuación terá lugar a entrega de premios, que repartirá case 3.000 euros. Ademais, o mércores terá lugar o Enterro da Sardiña na Praza da Constitución, ás 20.30 horas.

Val de FrancosEn Castro de Rei, celebrarase o Entroido en Val de Francos. O sábado haberá festa e concurso de disfraces e o martes pola tarde celebrarase o desfile, lerase o pregón e realizarase a queima do Entroido. Ademais, o luns, no baixo do centro médico, haberá un concurso de máscaras con premios.

 

A Mariña
Desfile en FozUn dos desfiles de Entroido máis destacados da Mariña será novamente o de Foz , que se celebrará o sábado, a partir das 17.00 horas.

En Burela o desfile de Entroido celebrarase o martes e sairá da rúa Ril, ás 17.30 horas para terminar na Praza da Mariña.

Tamén o martes será o día en que salgan á rúa as carrozas e comparsas en Viveiro . Arrincarán ás 17.00 horas.

O 24 tamén será o día grande do Entroido de Ribadeo, cun desfile.

Na Mariña é onde pecha o Entroido lugués, co desfile do domingo de Piñata polas rúas de Vilanova de Lourenzá.

A Montaña
O Concello de Baleira celebrará a chegada do Entroido cunha festa o domingo no polideportivo. Os festexos comeinzan ás 20.00 horas cunha festa de inchables para os máis pequenos e terán o seu prato forte ás 21.00 horas co concurso de disfraces, con máis de 1.200 euros en premios.

En Baralla, a asociación Os Malugreiros organiza o sábado, ás 22.00 horas, unha cea no pavillón e a agrupación Airiños de Neira prepara un desfile de Entroido para o domingo, a partir das 18.00 horas, desde o colexio ata no centro sociocultural.

En Becerreá, o Concello organiza o venres, ás 11.00 horas, un desfile infantil desde o colexio ata a casa consistorial. Ao día seguinte, o novo mercado gandeiro acollerá ás 20.00 horas un baile no que non faltarán os doces típicos da festa.

Cervantes festexará o martes a chegada do Entroido cun baile de disfraces, ás 18.30 horas, no polideportivo municipal.

Pola súa banda, na Fonsagrada empezarán o sábado os festexos coa celebración do Entroido infantil, ás 16.00 horas. Ao día seguinte,ás 17.00 horas, haberá un desfile.

 


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concello de Melide: Entroido 2009
http://www.concellodemelide.org/interior.php?txt=arbore_web160&lg=gal
(texto engadido o día 19/ / 2/ / 09 )


Entre o 17 e o 24 de febreiro Melide celebra o Entroido 2009. Unha semana de actividades culturais, didáctivas, festivas e musicais á que están convidados grandes e pequenos.
Sigue a través desta web toda a programación do Entroido 2009 de Melide.
MARTES 17 e XOVES 19
17.30 - 19.00 h / Edificio Multiusos
OBRADOIRO DE PIÑATAS
Participantes maiores de 7 anos

DOMINGO, 22
17.30 - 19.00 h / Pazo de congresos e exposicións
FESTA DE PIÑATAS E OBRADOIRO DE XOGOS POPULARES

19.00 h / Pazo de congresos e exposicións
PASARRÚAS DO ENTROIDO
Con desfile de zancudos e grupo de gaitas "Bico da Balouta"

LUNS, 23
12.00 - 13.30 h / Cantón de San Roque
TALLER DE MÁSCARAS E ANTIFACES
Para maiores de 7 anos

17.00 - 19.00 h / Cantón de San Roque
TALLER DE TÍTERES DE GOMAESPUMA
Para maiores de 7 anos

17.30 - 19.00 h / Cantón de San Roque
TALLERES DE ENTROIDO
Para nenos/as de 3-7 anos

19.00 h / Cantón de San Roque
PASARRÚAS DE ENTROIDO
Acompañado da charanga "Os Charangos de Neda"

MARTES, 24
17.30 - 19.30 h / Cantón de San Roque
FESTA INFANTIL DE DISFRACES CON SHOW DE PALLASOS, OBRADOIROS DE GLOBOFLEXIA, XOGOS, etc.

19.30 h / Cantón de San Roque
PASARRÚAS DE ENTROIDO
Coa charanga "Tralla 101 de Melide".

20.00 h / Praza das Coles
LECTURA DO PREGÓN

A continuación
GRAN BAILE E CONCURSO DE DISFRACES acompañado con boa música e degustación de:
DOCES DE ENTROIDO, CALDO LIMPO, QUEIMADA, etc.

ENTREGA DE PREMIOS
- 2 premios para comparsas
- 3 premios individuais
- 1 premio a sortear entre todos os participantes

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Entroido de Oroso - 2009
http://www.concellooroso.com/concellarias/2009/cultura20090211.htm
(texto engadido o día 19/ / 2/ / 09 )
A gran novidade deste ano será unha actuación dos alumnos da Escola de Música “José Verea”.

O Concello de Oroso presenta este ano unha programación de Entroido moi variada, chea de concursos, festas de disfraces, obradoiros e bailes. Un programa “moi atractivo, con actividades para tódolos gustos e idades”, sinala o concelleiro de Cultura de Oroso, Eduardo Veiras.

O Entroido chegará a Oroso o vindeiro xoves 19 de febreiro, data na que se dará a coñecer o fallo do xurado do Concurso de Máscaras. Haberá dous gañadores por cada categoría: infantil (de 9 a 15 anos) e adultos (maiores de 16 anos). O prazo de presentación das máscaras permanecerá aberto ata o martes 17 de febreiro. Os premios, consistentes nunha consola XBOX 360 e un MP4 na categoría infantil e nunha fin de semán nunha casa rural e nunha cea para 2 persoas no caso dos adultos, entregaranse o sábado 21 de febreiro, durante o popular Concurso de Disfraces de Oroso.

Un Concurso de Disfraces que este ano repartirá máis de 3.000 euros en premios. A festa comezará ás 18:00 horas do sábado 21 de febreiro, co tradicional pasarrúas por Sigüeiro. Acto seguido, terá lugar o Concurso de Disfraces no Pavillón de Deportes, onde haberá unha festa de animación con inchables, produtos típicos do entroido como as orellas e as filloas e moitas sorpresas para todos os participantes.

Os participantes no certame, que poden inscribirse no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa antes do 20 de febreiro (ou o propio día do concurso no pavillón municipal), participarán repartidos en dúas categorías: Xeral (maiores de 16 anos) e Infantil (ata 16 anos), todas elas con tres modalidades (comparsa, grupo e individual). O Concello de Oroso entregará tamén un premio especial á mellor comparsa do municipio.

Música, baile e festa de disfraces

Na mañán do luns 23 de febreiro, ás 11:30 horas, o Centro Cultural Fernando Casas e Novoa acollerá un obradoiro de creación de antifaces, máscaras de festa e coroas dirixido aos máis pequenos da casa. Pola tarde, ás 20:30 horas, o centro cultural de Sigüeiro será o escenario dunha gran Festa de Disfraces para todos os públicos no que haberá música e lambetadas, puidendo colaborar tamén os participantes traendo produtos típicos destas datas das súas casas. Para a mañán do mércores 25 de febreiro, o Concello de Oroso ten programado un novo obradoiro para os maiores de cinco anos. Nesta ocasión trátase dun obradoiro de maquillaxe.

A gran novidade do programa de Entroido deste ano en Oroso terá lugar o mércores 25 de febreiro coa actuación dos alumnos da Escola de Música “José Verea”. Será no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro, ás 20:00 horas.

Finalmente, para o sábado 9 de febreiro (Sábado de Piñata), o Concello de Oroso organiza un Baile de Maiores, que terá lugar no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro a partires das 19:30 horas. A velada estará animada pola actuación do grupo “Trío sol y mar”.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IX º FESTIVAL DE COMPARSAS do Concello de Valdoviño
http://www.concellodevaldovino.com/index.php?option=com_content&task=view&id=215&Itemid=161
(texto engadido o día 19/ / 2/ / 09 )
O Concello de Valdoviño promove o IX º Festival de Comparsas de Antroido que se celebrará o vindeiro sábado 28 de febreiro ás 18’00 horas na carpa instalada cerca da Porta do Sol (no terreo destinado provisionalmente a aparcadoiro).

- Descarga as Bases do Concurso de Comparsas AQUÍ

- Descarga o formulario de inscrición AQUÍ

BASES QUE REXERÁN NO IXº FESTIVAL DE COMPARSAS CON MOTIVO DO ANTROIDO 2009 NO CONCELLO DE VALDOVIÑO

1- Poderán participar no IXº Festival de Comparsas do Concello de Valdoviño as entidades legalmente constituídas e/ou grupos ocasionais que cumpran as condicións establecidas nas seguintes bases. En todo caso nomearase un representante debidamente autorizado para actuar en nome do grupo.

2.- Para poder participar e optar as axudas económicas e premios será imprescindible cubrir a solicitude de inscripción e presentar a documentación requerida na Biblioteca Municipal , sita na Casa de Cultura ata o día 24 de febreiro (inclusive) en horario de 16’00 a 20’00 horas conforme ao modelo que se adxunta.

3.- O modelo de instancia e bases de inscrición facilitaranse na Casa de Cultura en horario de biblioteca e poderase descargar da páxina web do Concello (www.concellodevaldovino.com) . Procederase á publicación no taboleiro de edictos do concello e na páxina web.

4.- Considerarase comparsa o conxunto de persoas debidamente disfrazadas gardando unha unidade temática na sua vestimenta e actuación.

Comparsa de adultos : participantes en número igual ou superior a 7 que, formando grupo, participen no actos programados polo concello. Entendemos por adultos as persoas maiores de 16 anos.

No caso de comparsas infantís a agrupación estará formada por un número igual ou maior de 8 persoas menores de 16 anos que precisarán de un representante maior de idade para poder participar. Se na comparsa infantil participan adultos estos non poderán superar o 30% do grupo. As comparsas infantís poden actuar, pero non poden optar a premios.

5.- Cada comparsa deberá interpretar ante o público nas instalacións destinadas ao evento un máximo de tres cancións. Polo menos dúas das cancións a interpretar terán que estar escritas en língua galega, e un dos temas deberá obrigatoriamente versar sobre Valdoviño.

6.- Cada comparsa entregará copia das cancións a interpretar indicando tamén á música coa que se van a cantar as mesmas. Esta copia non ten porque acompañar á solicitude de inscripción pero sí debe ser entregada antes da data de finalización do prazo (24 de febreiro).

7.- O Concello de Valdoviño facilitará copias das cancións a interpretar aos membros do xurado e a aquelas persoas que as precisen para o correcto desenvolvemento do evento. Non terá copias a disposición do público sen embargo procurará na medida do posible que os interesados podan dispoñer das mesmas a través da páxina web so Concello. Dado o carácter humorístico desta festa tradicional, o Concello de Valdoviño non asumirá responsabilidade algunha acerca das letras, interpretacións e disfraces das comparsas e antroidos participantes.

8.- O Concello de Valdoviño destina a cantidade máxima de 3000,00 € en calidade de axudas e premios para distribuir entre as comparsas participantes que teñan feito previamente inscripción atendendo ao escrito nas presentes bases que se imputará á partida orzamentaria 451.48900 do orzamento do ano 2009, prorrogrado do ano 2006.

9.- As axudas de participación pola contribución dos veciños á recuperación da festividade do antroido serán de 300’00 euros para as comparsas integradas por veciños do Concello de Valdoviño e de 250’00 euros para as comparsas integradas por veciños de outros concellos i en ambos casos deben reunir as condicións e requisitos esixidos nestas bases. Considerarase como comparsa de Valdoviño aquela na que o 60% dos seus compoñentes formen parte do padron municipal. De ser preciso esixirase a este respecto documentación acreditativa.

10.- No caso de que a cantidade máxima estipulada nas presentes bases non fose suficiente para cubrir as axudas para distribuir entre as comparsas participantes, excluída a cantidade destinada aos premios, procederase a distribuir proporcionalmente a cantidade que se indica no punto 9 destinado ás susoditas axudas.

11.- O día do festival farase entrega de vales simbólicos as comparsas participantes tanto no referido ás axudas de participación como aos premios que poidan corresponderlle a cada comparsa. Os pagamentos faranse efectivos mediante transferencia bancaria na conta sinalada na documentación de inscrición á maior brevidade posible.

12.- Con independencia do anterior establecense catro premios de 70’00 euros cada un de cordo coas seguinte categorías

-premio á comparsa con mellores letras
-premio á comparsa con mellor vestiario
-premio á comparsa con mellor posta en escea
-premio á comparsa con máis simpatía

13.- Os premios poden ser acumulativos.

14.- Os premios poderán quedar desertos si o xurado o estima oportuno

15.- O xurado estará integrado pola alcaldesa de Valdoviño ou persoa en que delegue , o concelleiro de cultura ou persoa na que delegue, o concelleiro de festas ou persoa en que delegue, por un representante das entidades asociativas do concello, e por tres persoas elixidas ao chou entre o público da sala. Sobre as decisións do xurado levantarase acta.

16.- Salvo imprevistos, as actuación terán lugar na carpa que se acondicionará para o antroido no lugar do aparcadoiro e as comparsas inscritas asumen tamén o compromiso de desfilar en pasarruas e facendo a animación propia destas festas tradicionais dende a Casa de Cultura do Concello ata a a Casa do Concello e logo ata a carpa.

17.- A orde de actuación das comparsas determinarase por sorteo público. Este celebrarase na Biblioteca Municipal o día 26 de febreiro ás 18’00 horas. Tras o sorteo comunicarase telefónicamente ós interesados que non estiveran presentes o número que ocupan que será omesmopara a actuación e para o desfile polo rúa.

18.- A inscripción no concurso enténdese como aceptación plena das bases fixadas para o mesmo sin que poidan formularse reclamacións de ningunha clase e por ningún concepto contra o aquí regulamentado. O incumprimento dará lugar á descalificación automática da comparsa participante.

19.- Os imprevistos e dúbidas que poideran xurdir no desnvolvemento do concurso resolveranse segundo criterio dos responsables da área de cultura do Concello de Valdoviño.

20.- O dia da celebración da actividade levntarase acta sobre os premios acadados, e imprevistos pola monitora cultural responsable do programa que posteriormente emitirá o informe correspondente sobre estos puntos e sobre as axudas concedidas e outros asuntos que requieran mención. Valdoviño, 9 de febreiro de 2009. A Alcaldesa, Mª Isabel Álvarez Diéguez

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Programa de festas do entroido 2009 - Concello de A Guarda
http://www.aguarda.es/index.php?option=com_content&task=view&id=342&Itemid=232
(texto engadido o día 19/ / 2/ / 09 )


VENRES 20 FEBREIRO:

Desfile escolar con saída ás 11:30 h. dende a Praza da Guía, subindo pola rúa das praias de Fedorento e Area Grande, seguindo pola Avenida de Galicia e rematando na Alameda.

Durante o percorrido irán acompañados por un grupo de percusionistas e dous zancudos.



DOMINGO 22 FEBREIRO:

A partir das 18:30 h. actuación da orquestra “CHASTON”



LUNS 23 FEBREIRO:

A partir das 18:30 h. actuación da orquestra “TRIUNFO”



MARTES 24 FEBREIRO:

Desfile- concurso con saída, ás 17:00 h. dende a Praza de San Bernardo (“Esquina Famosa”), rematando na Alameda da Guarda.

A partir das 18:30 h. actuará na Alameda a orquestra “ATENAS”.

NOTA: en caso de choiva o desfile-concurso quedará aprazado para o domingo 1 de marzo, ás 17:00 h.



MÉRCORES 25 FEBREIRO:

Cinema infantil:
“HORTON”
Hora: 17:30 h.
Lugar: Salón de actos do Centro Cultural. Entrada gratuíta.
Recollida de pases no Centro Cultural ou no Concello a partir do día 18 de febreiro.


DURANTE ESTES DÍAS O ENTORNO DAS FESTAS ESTARÁ ILUMINADO

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Entroido en Camariñas - 2009
http://www.wadhoo.com/t6/page_bd01.asp?Id_BD=123552&BD=SOCIEDADE&Id=96874&Page=&Md=7
(texto engadido o día 19/ / 2/ / 09 )


Os produtos típicos desta época xa nos fan oler que o ENTROIDO 2009 está a piques de chegar.....orellas, filloas, lacón con grelos.....comeza dende a vindeira semana a gran enchenta da nosa riquísima gastronomía para dar a benvida o Entroido e con ela a gran festa dos disfraces e o olvido por uns días alomenos da crise, o traballo, etc... A festa comezará o 21 de Febreiro na Ponte do Porto, para continuar o 22 en Xaviña, o 23 de Febreiro en Camelle e o 24 en Camariñas co pasarúas das comparsas.
Este ano os premios para o disfraz dos adultos-individual- alcanza os 100 € mentras que para a comparsa chega o 1º premio ós 300 €.

Para participar é imprescindible anotarse na Biblioteca Municipal antes do 19 de febreiro, cuio horario de luns a venres é de 10,00 h. a 14,00 h. e de 16,00 h. a 19 h., agás martes e mércores que só se atende pola tarde. A prepararse todos que comeza o ENTROIDO 2009.

PINCHA AQUI PARA VER AS ACTIVIDADES DO ENTROIDO 2009 NO CONCELLO DE CAMARIÑAS

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Entroido Pantón 2009
http://www.ribeirasacra.org/turismo/ga/web/notic.php?ide=434
(texto engadido o día 19/ / 2/ / 09 )


O vindeiro 22 de febreiro de 2009 celebrase o Entroido no concello de Pantón cun desfile do entroido polas rúas, tamén esta programada unha cea de disfraces co fin de recadar fondos para a beneficio das festas patronales de Ferreira 2009 para o día 21 de febreiro a partires das 22 h no colexio “Monte Baliño”, as entradas podense adquirir nos bares de Ferreira ata o día 14 de febreiro o prezo de 15 euros os adultos e 10 os menores de 11 anos.

Tamén co gaio das festas do Entroido o Dpto. de Cultura do Concello de Pantón organiza, un ano máis, o Concurso de Sobremesas e Licores, Os interesados en participar poden presentar os traballos no Edificio Sociocultural durante a tarde do sábado, día 21, antes das 18 h.

Ese mesmo día se inaugura unha exposición de útiles usados nas artes e oficios desta terra na sala de exposicións do Edificio Multiusos ás 20 h.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Entroido 2009 - Salceda de Caselas

(texto engadido o día 19/ / 2/ / 09 )


VENRES 20 DE FEBREIRO:
11:30 Desfile de Carrozas e Disfraces dos rapaces dos centros escolares IES Pedras Rubias, CEP Altamira, CRA Raíña Aragonta e Galescola polas rúas de Salceda.

SABADO 21 DE FEBREIRO:
17:00 “Festa Infantil de Disfraces” no Parque Raíña Aragonta.

DOMINGO 22 DE FEBREIRO: 12:00 “Concerto da Banda de Música Cultural de Salceda de Caselas” na Praza do Concello.

16:00 “XI Concurso de Carrozas e Comparsas de Entroido” polas rúas de Salceda. Información e inscrición na OMIX.

19:00 “II Concurso de coplas de Entroido”. Praza do Concello. Información e inscrición na OMIX.

20:30 Gran Verbena co grupo Samba e a orquestra Miramar.

LUNS 23 E MARTES 24
: Ven a coñecer o tradicional Entroido da Feira e Castro Barreiro, con verbena en ámbolos dous barrios e a presentación o martes das súas maxestuosas carrozas e comparsas no centro da vila a partires das 17:00 horas.


CONCURSO DE COPLAS

CONCURSO DE CARROZAS

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]