Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


Contracocheno na Fábrica de Chocolate de Vigo
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=60379
(texto engadido o día 23/ / 4/ / 09 )


Mércores 22 de abril ás 22:30

O Grupo de Música Tradicional Contracocheno é unha banda que se formou a partires do ano 2000. Escomenzaron a súa carreira dedicada a tocar en concursos, gañando o primeiro premio da Festa do Codillo de Mos e un terceiro premio no Memorial Ricardo Portela.

Máis adiante empezaron a facer diferentes concertos pola zona sur de Galicia e norte de Portugal. O seu repertorio consta de pezas tradicionais e propias.



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I CONCURSO DE CANTOS DE TABERNA na Foliada de Melide

(texto engadido o día 21/ / 4/ / 09 )


O vindeiro 25 de abril, dentro da programación da V FOLIADA de MELIDE, celebrarase o I CONCURSO DE CANTOS DE TABERNA pola zona de viños de Melide, na que participarán un total de 14 tabernas e 11 grupos.
Se che gusta a festa, anímate e ven participar nas diferentes actividades encadradas no programa da V FOLIADA de MELIDE.

AGARDÁMOSTE!!!


- Foliada de Melide- Taberna -

1 comentario
:: Enlace a esta nova ::



III NOITE DE FIADEIRO
http://www.rebulir.blogspot.com
(texto engadido o día 20/ / 4/ / 09 )


A A.C. Rebulir, Escola de Baile e Música Tradicional, organiza un ano máis a Noite de Fiadeiro, que chega a súa terceira edición. A cita como ven sendo habitual, será o derradeiro Sábado de Abril, día 25, na Praza de San Andrés (Vilavidal-Ramirás).

A idea desta festa é poder recuperar a esencia dos antigos Fiadeiros que se celebraban na Comarca, onde mozos e mozas se xuntaban a noitiña para cantar, bailar, tocar e en definitiva pasalo ben. Para procurar crear ese ambiente contaremos con máis de 10 colectivos que porán a ambientación musical, e que son:

- Escola Provincial de Danza –Castro Floxo (Ourense)
- Airiños d´Arnoia (Arnoia)
- Cantareiras da Bola (A Bola)
- Os Jalos d´Antioquia (A Limia)
- Grupo Lembranza-Solpor (Celanova)
- Brixel (Verín)
- Os Chichisos (Bueu)
- Atalúns (Pontevedra)
- Pandereteiras Lecer (Pazos de Borbén)
- Cantareiros Maghúa (A Coruña)

Non é un festival, nin unha actuación dos grupos sen máis. A intención é que os asistentes participen do ambiente de troula, e que mesmo se animen a botarlle uns puntos ou uns agarrados, porque o torreiro está aberto a todos. Na mesma praza contaremos con posto de pulpo, comida e taberna, para ir repoñendo forzas e que as pernas non fallen segundo vaia descorrendo a noite, para poder chegar as 12 e brindar xuntos cunha cunca de queimada, que se distribuirá de xeito gratuíto

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa de aniversario de PROPOLIS (espacio social de A Coruña)

(texto engadido o día 17/ / 4/ / 09 )


Menú do Día 18/4/09 de 12 a 24h:

PratosEntrantes para Mañá e 1/2Día

- Ensalada de PASARÚAS: Un pouco de verde leituga, un pouco de vermello tomate, branco cebola....Dende xa pola mañá un Pasarúas para facer calor no Barrio, acompáñanos no percorrido!

- Variado Salado de XOGOS NA RÚA: Unha das nosas especialidades gratinadas, un pouco de brile, corda, sillas entre outros....porque a Rúa e para Xogar.

- Caldo quentiño de CONTACONTOS: Ben quentiño e cargado de vocablos con ilusión e fábula para todos os ointes.

Pratos Primeiros para 1/2Día e 1/2Tarde

- Prato quente de XANTAR POPULAR: A hora da comida...comamos todos...

- Variado de OBRADOIROS + MAXIA + DJ´s: Un bo prato variado para os mais apetitosos de Obradoiro de Canción Creativa, os trucos mais salados dos Magos e os ritmos mais ácidos do Dj.

- Solomillo Exquisito de Circo na Rúa por ASSIRCOPATAS: Ummmmm....exquisito e no seu punto...Risas garantizadas!

Postres e Cafes...

- Sorbete de FERREIRÓS e Doce Flan de OSFRISCOLLOS: Trala sobremesa comenzan os postres non te perdas un gran sorbete de Zurdo e a Friscollada mais auténtica!

- Café con Jotas de CHOTOKOEU: Que lle justan as jotas...pois bótalle! e a bailar o son destes rapaces cargados de mestizaxe!

- Froita Fresca de DUPLOSON: E no punto alto da noite, un pouco de froita fresca, como frescos os ritmos latin jazz funk deste grupazo, cos seus vellos coñecidos nos sotos de Propolis!

COMO SEMPRE TODO DE BALDE!!!!!!

ESpeRáMOStE!!!!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cachola Baleira na Esmorga
http://agal-gz.org/blogues/index.php/aesmorga/2009/04/07/cachola-baleira-na-esmorga
(texto engadido o día 16/ / 4/ / 09 )


A Esmorga Blogue - O dia 18 de abril, a partir das 22h, temos música, baile e festa com os Cachola Baleira.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV Foliada de Raigañas en Cerqueda-Malpica

(texto engadido o día 15/ / 4/ / 09 )


Sábado 25 de abril nas Escolas de As Pozacas a partir das 22:30 da noite.

O que queira pode cear alí por un módico prezo (haberá callos, empanada, tarta larpeira e bocadillos).
Haberá unha gran carpa e un gran palco para dar renda solta á calquer mostra artística (cantar, tocar, bailar, contar chistes, en fin o que se tercie). Ademáis a noite estará amenizada polo grupo de música tradicional "Media Ducia" formado por 6 músicos de prestixio da Comarca de Bergantiños.

Estades todos convidados a esta gran festa.

" SÓ FALTAS TI...... QUE NON CHO CONTEN"


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Pito de Pikasso na FIETSE´09
http://www.komunikando.net/komunikajoomla/content/view/1532/62/
(texto engadido o día 13/ / 4/ / 09 )


O Xoves 16 de abril, às 23h. e de balde, celébrase en Compostela a FIETSE'09, a Festa de Enxenheria Química ou também conhecida como "San Leo".
Alí estarán, Pito de Pikasso, The Henry Warnimont, Beta Testers, Such as Mice e The tapirola experience.

Prometem prezos populares!!!

Noticia enviada por karlos

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Serán en Angudes (Crecente) o 18 de Abril

(texto engadido o día 13/ / 4/ / 09 )


O proximo dia 18 de Abril temos serán en Angudes, Crecente.Esperamosvos a partires das 20.00h no torreiro da festa.

Noticia enviada por Asociación Cultural O Garabano

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II FESTA TREZECATORZEADORA

(texto engadido o día 2/ / 4/ / 09 )



+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



O novo disco dos Carunchos xa está no forno.
http://www.pai-musica.com/es/component/content/article/18-proximos-lanzamentos/214-o-novo-disco
(texto engadido o día 2/ / 4/ / 09 )


Os Carunchos xa teñen novo disco.

Así é, amigos festeiros, Luis "Caruncho" e toda a banda xa teñen no forno o seu próximo traballo que se chama "En Galego" e está editado por esta casa PAI Música.

Aquí os temos. Aquí están dispostos a entrar polo torreiro adiante e armala. A poñelo de patas-pa-riba.”Ala, que vai!”. A bailar todo o mundo. “Que dirán por aí? Os Carunchos estamos aquí”. E veña quilómetros de troula, aturuxos, punteiros - … esas gaitas non están ben … de todo-, insomnio e … licor café. E “tenerifes”.



Mozos e mozas, vellos e vellas, nenos e nenas, tonios e tonias, aquí está o traballo novo e fresco destes traballadores e traballadoras da música do país; da auténtica, da de raíz, da que sae dos peitos rexos e nobres d@s que non só tocan e cantan “que nin dios”, senón que ademáis gózana e vívena para que tod@s aprendamos a amala e a sentir o orgullo de sermos galegos. Facendo país. Agardábamos ansiosos as novas pezas e coplas. Xa, “¡Sen tempo non era!”. Chegou o momento de vivir e compartir outra vez a emoción e a ledicia das vosas xotas, valses, muiñeiras, rumbas … sen límite. Na pre-festa, na festa e na post-festa. Con vós, sempre FESTA: sempre aberta, democrática, descomunal, rotunda … ¡rachada!. De Gondomar a Muros, de Carboeiro a Couso, da Baña a Bretoña, de Pardiñas a “Montealegre”. CARUNCHOS, se vós tocades, nós bailamos: “pra vós estamos nós”, que diría o Ghaiteiriño de Aldán. E como xa sabemos que …

Todo o mundo toca a gaita
moitos bailan que dá medo
pero á hora da verdade
poucos falan en galego

¿Sabedes o que vos dicimos a tod@s e cada un e unha de vós? “Ti, pa min, xa vales”. Sempre en Galiza. Sempre … ¡EN GALEGO!.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Chuvia 09 - 3, 4 de Abril en Riveira
http://www.festadachuvia.com
(texto engadido o día 31/ / 3/ / 09 )


Venres 3 de Abril
21:00

Pasarúas

Os Jalochos, Charanga Punki

Festicultores

Os Bodegueros

Os Chiquilicuatres
23:00 Palco Ruido na Rúa

Spinning Jenny

The Homens
Sábado 4 de Abril
10:00 Comercio activo
entrega do premio “Comercio Activo”, Jinkana polos comercios do Rueiro

Charanga e Cabezudos (Avante Pincheiros)

12:00 Palco Riveira na Ruta
Maratón musical das bandas de Riveira ata as 20:00
Tevra

Bisón

Big Juan

Spinal wins

Penli-K

Ferreirós

O Millor de cada casa

Cristiniña

Area Vasta

Belfastt

Ovos Chocos

Sede mc
13:00 Palco Ruido na Rúa
A Tropa da Tralla
16:00 Tatoos na Rúa

Entrega do premio Hosteel
20:00 Palco Equinosio
Ribeira Enferma

Galhegoz

Bodega Bodega

Os Trebóns

Lamatumbá

Inllorfeis

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XANTAR GAITEIRO 2009
http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/modules/news/article.php?storyid=829
(texto engadido o día 26/ / 3/ / 09 )


Un ano máis, a Asociación de Gaiteiros Galegos quere convidarvos ao Xantar Gaiteiro. Será o vindeiro Domingo 5 de Abril, ás 14:00 horas, no restaurante Aixiña de Ourense.

Esta xuntanza non ten outra finalidade que a de pasar un día agradable en compaña dos que gustamos da música tradicional. Quen así o queira poderá traer o seu instrumento para compartir a súa música co resto de convidado/as despois do xantar.

Para asistir ao XIV Xantar Gaiteiro, deberás poñerte en contacto connosco antes do día 1 de Abril, indicando, se é o caso, o número de persoas que te acompañarán.

MENÚ
Sopa de Cocido
Cocido
Postre: Bica
Auga, viño, refrescos, café e chupitos.

PREZO
17 euros por persoa, que serán entregados ao entrar.

RESERVA
secretaria@gaiteirosgalegos.com
986 847 074

5 de Abril de 2009, 14:00 h (Prégase puntualidade)

Restaurante Aixiña
988 233 304‎
Finca Sevilla S/N (Xunto Pazo dos Deportes Paco Paz)
Ourense


Quen queira animarse a empezar a festa un pouco antes, pode acudir á Cafetería da Alameda de Ourense ás 12 da mañá, onde se quedará para dar un paseo pola zona de viños antes da comida

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Manuel Xende: `Un día que ías tocar, gañabas para un ferrado de millo´
http://www.anosaterra.org/nova/manuel-xende-un-dia-que-ias-tocar-ganabas-para-un-ferrado-de-mil
(texto engadido o día 20/ / 3/ / 09 )
Bocixa/ Raquel Rey . Falamos con Manuel Xende, gaiteiro de Queixas (Cerceda). Forma parte do cuarteto que leva o mesmo nome que a parroquia, e lembra como se ía de 'tascas', como botaban unha semana actuando por fóra, e como a xente dicía que eran os que mellor tocaban.


Cóntanos como na súa casa sempre estivo moi presente a gaita. No rural galego dos 50 a aparición da radio e a incorporación, ás formacións tradicionais, de novos insturmentos (saxos, clarinetes ou requintos) levaron a unha nova interpretación da tradición. Grazas a Manuel Xende mantéñense pezas coma a "Muiñeira de Solán", que el aprendeu de cativo mirando os vellos gaiteiros de Solán. Na formación actual, os Queixas son gaita, clarinete, bombo e tambor, e intégranao propio Manuel Xende, Xosé Villaverde Liñares, Antonio Gómez Bouzas, e Ricardo Muíño Xestal.

Cóntanos como se tocaba antes nas festas, canto sacaban (chegaban mesmo a vinte pesos cada músico), e ensinounos o seu método para programar o repertorio: ten unha caixiña con máis de 140 pezas, cos títulos anotados en papeliños, que vai escollendo e pasando dun peto para outro segundo vai tocando."Non hai unha destas que non saiba de memoria", di.



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Novos discos discos de Galegoz e Som do Galpom

(texto engadido o día 20/ / 3/ / 09 )


(vía sono-tone.net)

SOM DO GALPOM
Xa está nas tendas 'Em Terra de Ninguém', o debut discográfico de Som do Galpom, os gañadores da última edición de Nsaio no Camiño. Trátase dunha recompilación de trece temas montados sobre as bases do funk, do reggae e do rap, trece cancións que falan da amizade, da naturalidade e, sobre todo, da perda de atributos humanos, sociais e naturais básicos na sociedade de hoxendía. Gravado nos estudos Casa de Tolos, de Segundo Grandío, durante o mes de xaneiro, e cun elaborado deseño gráfico que reivindica a volta ao orgánico, nesta era das máquinas, os Som do Galpóm presentan a súa alternativa.

http://www.falcatruada.com/somdogalpom


GALEGOZ
Bases electrónicas mesturadas con reggae, funk e soul, e salpicadas por letras combativas, irreverentes e as veces incluso surrealistas conforman o orixinal son de GalegoZ. Música marxista-electricista, ARANHOTO STYLE! Música para bailar pensada e feita en Galiza. Samplers, loops, percusions, guitarras, ventos e voces, apoiados por vídeo e performance conforman este espectáculo galego multimedia. Unha ciber-verbena electrónica con melodías sinxelas, ventos contundentes, estética circense, actitude punk e tres voces dándolle guerra ó poder e as inxustizas sociais, fuxindo de dogmatismos e sen perder nunca o bon humor... E, por suposto, sen esquecerse da festa. GalegoZ estrea o seu novo disco a mediados de marzo do 2009.

http://www.myspace.com/galegozstyle


+ 4 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Voltan os Encontros dos Axouxeres
http://www.xunta.es/linguagalega/axouxeres
(texto engadido o día 20/ / 3/ / 09 )


Coa primavera, chega unha nova xeira dos Encontros dos Axóuxeres! Lembra que é imprescindible reservar previamente e que é posible inscribirse a partir do 9 de marzo, no teléfono 686 160 879.

Os Axóuxeres é unha proposta para beber cantigas, brincadeiras e aloumiños, metelos nos petos e levalos para a casa, para que a nosa lingua siga pasando de pais e nais a fillas e a fillos. Ver, cheirar, gustar, tocar, escoitar, falar con todos os nosos sentidos, isto son as festas e os encontros dos Axóuxeres, na proposta de Galitoon.

Na programación dos Axóuxeres veñen participando distintos artistas que unen palabra, emoción e música, para animar os máis pequenos a falar, a cantar e a gozar co galego. Músicos e actores, da man de Totó, un pequeno moneco de pelo azul que aprende as primeiras palabras, logran que os encontros dos Axóuxeres sexan inesquecibles.  

 

Datas dos encontros primavera 2009
  • 20 de marzo: Marín. Granxa de Briz. 18.00 horas
  • 22 de marzo: Monforte de Lemos. Edificio Multiusos. 12.00 horas
  • 22 de marzo: Allariz. Salón da Praza de Abastos. 18.00 horas
  • 3 de abril: Porto do Son. Centro de Interpretación do Castro Baroña. 18.00 horas
  • 4 de abril: Ribeira. Auditorio Municipal. 12.00 horas
  • 4 de abril: Boiro. Casa da Cultura Ramón Martínez. 18.00 horas
  • 5 de abril: A Illa de Arousa. Auditorio do Concello. 12.00 horas
  • 5 de abril: Ribadumia. Centro social de Barrantes. 18:00 horas.
  • 17 de abril: Cangas. Auditorio Municipal. 18.00 horas
  • 18 de abril: Ponteareas. Centro Artístico Sportivo. Ás 12:00 horas.
  • 18 de abril: Salvaterra de Miño. Casa da Cultura. 18.00 horas
  • 19 de abril. Tomiño. Auditorio de Goián. 12.00 horas
  • 24 de abril. Outes. Centro Social. 18.00 horas
  • 25 de abril: A Estrada. Teatro Principal. 12.00 horas
  • 25 de abril. Poio. Comunidade de Montes "Rega dos Agros" de Combarro. 18.00 horas
  • 26 de abril. Teo. Casa Común de Oza. 18.00 horas

 

Os Encontros dos Axóuxeres xa estiveron nos meses de outubro e novembro en Carballo, Melide, Mondoñedo, Ribadeo, Burela, Ortigueira, Ribadavia, Celanova e Oroso


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xa está na rúa o número 12 de ETNO-FOLK, Revista Galega de Etnomusicoloxía

(texto engadido o día 19/ / 3/ / 09 )


MONOGRÁFICO á cargo do Instituto de Etnomusicologia-Centro de Estudos
em Música e Dança da Faculdade de Ciências Sociais e Humanas, Universidade
Nova de Lisboa.


Coordenadoras convidadas:
Salwa El-Shawan Castelo-Branco
Susana Moreno Fernández



SUMARIO:

• A categorização da música em Portugal: política, discursos, performance e investigação,
por Salwa El-Shawan Castelo-Branco.

• A música na construção do Douro Litoral: coleção, estudo e divulgação de
práticas polifónicas de música da tradição oral em Portugal (1947-1959),
por Maria do Rosário Pestana.

• A edição de música impressa e a mediatização do fado: o caso do Fado do 31,
por Gonçalo Antunes de Oliveira, João Silva e Leonor Losa.

• Devoção, fartura e transgressões na festa de São Gonçalinho em Aveiro,
por Daniel Tércio.

• O baile popular no Baixo Alentejo no início do século XXI,
por Carla Nunes.

• A música na festa da Pocariça,
por Carla Minelli.

• Descolonização do corpo e do imaginárioA reinvenção da dança na África lusófona contemporânea,
por Luisa Roubaud.

• “Isso também é criar”: os covers no repertório de músicos brasileiros em Lisboa,
por Christine Dettmann.

• Música y danza en el Centro Galego de Lisboa. Entre la representación de la galleguidad y la utilidad pública,
por Susana Moreno Fernández.

• Recensões.


Noticia enviada por Dos Acordes

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concertos da Festa da Reconquista da Vila de Vigo
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=58156
(texto engadido o día 17/ / 3/ / 09 )


Malmequer presenta `en primicia´ a lista dos concertos da Festa da Reconquista da Vila de Vigo deste ano:

Venres 27 ás 22:30
-Os Tres Trebóns (o novo grupo de Xurxo Souto) acompañado polos Homes sen medo

Sábado 28 ás 20:30
-Cantadeiras de Berbés e amigos (Concerto de despdida)
-Malvela

Domingo 29
-Tiruleque

+ 2 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



V Festa do Mexillón en Cabreira - Salvaterra de Miño
http://www.concellodesalvaterra.org/informacion.htm?pr=1&id=1024
(texto engadido o día 13/ / 3/ / 09 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concerto da Saint-Patrick | Camaxe
http://www.camaxe.org/gl/novas/concerto-da-saint-patrick
(texto engadido o día 9/ / 3/ / 09 )


O 20 de marzo de 2009 concerto dado no marco das festas da Saint-Patrick.

A Saint-Patrick, a festa celta por excelencia terá lugar no Halle aux Grains de Bayeux ás 9 da tarde.

Máis informacións: faga clic aquí


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



SERÁN ANIVERSARIO “A NOGUEIRA” na Fabrica de Chocolata (Vigo)
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=56836
(texto engadido o día 2/ / 3/ / 09 )


mércores 4 marzo na Fábrica de Chocolate de Vigo, a partires das 21:30

O restaurante “A Nogueira” leva 5 anos ofrecendo boa comida e como non, boa música. Rexentado por Pedro, artista polifacético e celtarra de pro, a gaita e unha das súas pasións xunto coas súas fillas. Leva anos puxando polos seráns de aquí e de alá, e por suposto os da Fábrica de Chocolate. A festa de seguro que vai estar amenizada por todolos seus compinches regado co mellor viño. Data imprescindible para os amantes dos serán mais auténticos.

Actuación de Renato Spencer e Café CaXaça e convidados como Juan Comesaña, Anxo Pintos, Suso Comesaña, entre outros, para rematar nunha foliada cos músicos e bailadores presentes

Entrada en billeteira: 3 €
invitación a consumición con cada entrada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]