Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


Serán e Festa do Chourizo en Paraños (Covelo)
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=63675
(texto engadido o día 1/ / 6/ / 09 )



Noticia enviada por Foliadeiro

- Serán -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa Vozes Novas

(texto engadido o día 29/ / 5/ / 09 )


FESTA VOZES NOVAS
25 de Junho de 2009
Sala Nasa
21.30 hh.
Entrada: 8 € anticipada (O Pichel, A Reixa, Gong e web da Nasa) / 10 € taquilha Sacha na Horta, Ataque Escampe e Arremecághona's Produçións, com a intervençom de O Leo de Matamá e En-Riquinho

- Sacha na Horta- Ataque Escampe- Arremecághona -

+ 2 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Concurso de Fotografía Antiga - Rebulir

(texto engadido o día 26/ / 5/ / 09 )


A Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir en colaboración co Concello de Ramirás e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo “Xocas” da Deputación de Ourense, convoca o II Concurso de Fotografía Antiga. Este bosquéxase como principais obxectivos: recuperar da memoria fotográfica de Ramirás e Comarca de Terras de Celanova, , fomentar a investigación, recolleita e indagación de tipo etnográfico entre os participantes, e servir de base para estudar as costumes, traxes, instrumentos, oficios, etc que eran tradicionais nesta zona.

A dito concurso poderán presentarse tanto colectivos como persoas a xeito particular. Premiarase a mellor colección de fotografías, aínda que tamén existen dous premios especiais, un para a fotografía máis antiga e outro para a mellor fotografía. O prazo de presentación de fotografías remata o día 31 de Agosto, podendo entregalas ata este momento na sede da Escola Rebulir ou ben no Concello de Ramirás. A entrega de premios realizarase no mes de Setembro coincidindo co acto de presentación do curso.

Na pasada edición do concurso foron recollidas máis dun centenar de fotografías que retrataban desde festas e cerimonias (bautizos, enterros, comuñóns, entroido...) até os momentos da vida de cotío e o traballo (a malla, a vendima, na sega, cociñando...) e por suposto moitos retratos . Con esta segunda edición continuamos o proxecto de elaborar un arquivo fotográfico, o que fará que estas imaxes non queden perdidas en arcas e baúis senón que sexan un referente para consultar a historia de Ramirás e os Concellos limítrofes.

Axúntase a dita nota de prensa o cartaz desta edición, as bases do concurso e a ficha para a recolleita de fotografías (En PDF). Para máis información poden poñerse en contacto con nós a través do teléfono 639 90 80 05 ou ben no enderezo electrónico rebulir@hotmail.com.
- Fotografia Antiga- Rebulir -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Festa da Lingua na Coruña

(texto engadido o día 25/ / 5/ / 09 )



Noticia enviada por foliadeiro

- Festa da Lingua- Malvela -

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



FESTIVAL FOLC NA RÚA NAS FESTAS DA ASCENCIÓN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/modules/news/article.php?storyid=875
(texto engadido o día 21/ / 5/ / 09 )
O próximo xoves 21 de maio de 2009, celebrarase o Folc na Rúa dentro da celebración das Festas da Ascensión de Santiago de Compostela. O programa será o seguinte:


12.00
ARMADANZAS Praza das Praterías,
CANTIGAS E AGARIMOS Praza do Toural
COLEXIATA DO SAR Alameda

12.30
COLEXIATA DO SAR Praza das Praterías,
ARMADANZAS Praza do Toural,
CANTIGAS E AGARIMOS Alameda
ULTREIA Carballerira de Santa Susana

13.15
CANTIGAS E AGARIMOS Praza das Praterías
COLEXIATA DO SAR Praza do Toural,
ARMADANZAS Alameda
ULTREIA Carballerira de Santa Susana

14.00 ULTREIA Carballerira de Santa Susana

18.00
COLEXIATA DO SAR Praza das Praterías,
CANTIGAS E AGARIMOS Praza do Toural
BRINCADEIRA Alameda

18.45
BRINCADEIRA Praza das Praterías,
COLEXIATA DO SAR Praza do Toural
CANTIGAS E AGARIMOS Alameda

19.15
CANTIGAS E AGARIMOS Praza das Praterías
BRINCADEIRA Praza do Toural
COLEXIATA DO SAR Alameda

Noticia enviada por Foliadeiro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



PROGRAMA DA FESTA DO 17 (que se fai o 16) - Compostela
http://agal-gz.org/blogues/index.php/gent/2009/05/08/programa-da-festa-do-17
(texto engadido o día 15/ / 5/ / 09 )


No passeio central da Alameda de Compostela

Manhá:

- 11h00: Ruada

- 12h00: Concentraçom: “ A RAG é um fraude, por um dia das letras popular”. No Toural

- 13h00: Presentaçom Festa e Sessom Vermú.

- 14h00: Jantar Popular.: churrasco, polvo, pam, cafe e sobremesa 18€ (há que reservar no pichel, ou mandando mail)

Continua:


Tarde:

- 17h00: Jogos Populares e Aberto de Bilharda.

- 18h00: obradoiros de jogos bailados com Luis Prego e globofléxia com Nilsom Leite

- 18h30: ruada

- 19h00: mostra de pandeireta com a escola de Brincadeira e posterior foliada


Noite:

- A partir das 20h Concertos:
Magnifique Band de Homes sen Medo
Quempalhou
The Royalties
Projeto Mourente

Durante todo o dia haverá exposiçons de Banda Desenhada em galego e do que é a Gentalha e o que fazemos.
- Quempallou- Royalties- Projecto Mourente -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Programa Festa Língua en Pontevedra
http://agal-gz.org/blogues/index.php/revira/2009/05/08/programa-festa-lingua-2009
(texto engadido o día 15/ / 5/ / 09 )



- As Ceboletas Eléctricas- Som do Galpom- Ataque Escampe- Skárnio -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Presentación das gravacións históricas dos Hermanos Moreira + Marful
http://folque.com/cmn-wp/?p=1597
(texto engadido o día 15/ / 5/ / 09 )


Na presentación estarán Ramón Pinheiro Almuinha, profesor de Historia da Música en aCentral Folque e responsábel do deseño da colección e Xosé Manuel Varela, responsábel da Fundación Eduardo Pondal, organizadora do evento. O acto pecharase cun concerto de Marful.

Será na Casa dos Veciños, no Couto, Ponteceso ás 22 h este venres 15 de maio.

Son gravacións feitas nos anos 50 e 60 en Arxentina por estes irmáns que emigraron desde o seu Bergantiños natal e foron animadores en festas, romerías, programas de radio.

O traballo está editado por Ouvirmos coa colaboración co concello de Ponteceso e aCentral Folque -Centro Galego de Música Popular.

“Acordeón Mariñeiro” dos Hermanos Moreira, os primeiros galegos en gravar pezas interpretadas con acordeón. Este libro-disco recompila a integral das súas gravacións comerciais e un importante conxunto de pezas inéditas.

Os Hermanos Moreira, orixinarios de Ponteceso, chegaron nos anos 20 á Arxentina. Alí en Bos Aires ensaiaban na barbaría que abriu un dos irmáns, e no seu soto montaron un estudo de gravación. A comezos dos anos 30 forman a primeira formación coa que axiña acadaron sona e fixeron bailar polcas, fox-trots e tangos aos centros galegos e aos teatros porteños até finais dos anos 60, cando o grupo se disolveu.

Algunhas das pezas máis populares do seu repertorio eran “Recordando a Galicia” (valse) e “Aires de Bergantiños” (pasodobre), así como o valse arxentino de corte hispano “Así cantaba mi madre”. Gustaban moito tamén as rancheiras, como “Cancha a la rueda”, e a súa rumba “El loco de la batería”.

Noticia enviada por Foliadeiro

- Marful- Moreiras -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Distinguen á asociación O Castelo, de Melide, polo seu traballo en prol da lingua galega
http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2009/05/13/0003_7714107.htm
(texto engadido o día 14/ / 5/ / 09 )


O Servizo de Normalización Lingüística Terra de Melide distinguiu o traballo da Asociación Cultural e Musical O Castelo co premio convocado para recoñecer o traballo en prol da normalización da lingua galega na comarca melidá. O xurado, integrado por Santiago Prado Conde, Concepción Castro Pedreira e Ana Santiso Sánchez, destacou do colectivo premiado «a importante transcendencia social que ten na comarca e a súa actitude na incidencia dun maior uso social do galego e na potenciación do seu prestixio».

A Asociación O Castelo está formada por un grupo de xente moza que impulsou un dos encontros festivos máis destacados da comarca como é a Foliada. A convocatoria, que a finais do pasado mes de abril celebrou a súa quinta edición, foise consolidando co tempo como un cita de referencia para os grupos de música tradicional de toda a comunidade así como para os artesáns que custodian os vellos oficios. A exaltación da tradición musical e da etnografía galegas serviulle ao colectivo cultural para recibir o recoñecemento público ao ser traballo, distinguido agora tamén polo equipo comarcal de normalización lingüística, constituído en asociación.

Dende a mesma avanzaron que, por decisión unánime dos asociados, secundarán a manifestación pola lingua galega convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística para o vindeiro domingo coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, que este ano homenaxeará ao escritor Ramón Piñeiro.
- Melide -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VIII ROMARIA RAIGAME

(texto engadido o día 11/ / 5/ / 09 )


Coma todos os 17 de Maio, o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo e mais o Concello de Celanova organizan a Romaría Raigame, que este ano cumpre oito anos. O lugar elexido é o pobo de Vilanova dos Infantes, situado ao carón de Celanova.

Durante todo o día xuntaránse a armar troula músicos, bailadores, regueifeiros, cantareiras/Os, artesáns, taberneiros, animadores de rúa, etc. A festa xa é un referente no almanaque para todos aqueles que lles guste disfrutar un día ao xeito máis enxebre e tradicional.

O ano pasado, un equipo do programa alalá desprazouse ata Vilanova para adicarlle un programa a Romaría e ao Grupo Castro Floxo, e velaquí unha pequena escolma do resultado final:


E aqui vai outro vídeo para que vos fagades ainda mellor a idea:

Tedes máis información sobre o programa, grupos, mapa, etc na páxina propia da Romaría : http://www.raigame.es/



Noticia enviada por Rebulir

- romaria- raigame -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Os Carunchos presentan novo disco en Vigo
http://www.anosaterra.org/nova/os-carunchos-presentan-novo-disco.html
(texto engadido o día 8/ / 5/ / 09 )


O domingo día 10 de maio, na Praza da Constitución do Casco Vello de Vigo, terá lugar a presentación en directo do cuarto disco dos Carunchos titulado 'En galego', como parte do programa de actividades organizado pola Asociación de Veciños do Casco Vello de Vigo co gallo da celebración da XXVII Festa dos Maios.


Os actos desta celebración anual terán lugar os días 9 e 10 de maio, e contará entre outras actividades, coa confección dun maio na praza, obradoiros de pan, flores e cestaría, a festa dramatizada e o concerto dos Carunchos.

En galego convértese no cuarto traballo deste grupo que nace a finais de 1994 coa idea de mesturar temas cantados co repertorio de gaiteiros solistas, conseguindo naquel momento unha formación coa que participaron nos festivais máis destacados do país.

Despois de xirar varios anos con Montealegre (PAI, 2005), co que festexaron o seu décimo aniversario e no que introduciron novos instrumentos, agora reaparecen con este disco gravado na Casa de Tolos que arrastra a bagaxe acumulada pola banda sobre os escenarios en todo este tempo.

Noticia enviada por Foliadeiro

- Carunchos- Maios -

+ 3 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



O Incio celebra as festas patronais os días 8, 9 e 10 de Maio

(texto engadido o día 6/ / 5/ / 09 )


(Na foto: O Sonoro Maxín)


Os festexos comezan este venres pola noitiña cunha sardiñada e pancetada popular e concertos ata altas horas da madrugada

A comisión de festas do Incio, formada por un grupo de mozos desta localidade, ultima os detalles dos actos festivos das festas patronais que comezan este venres 8 de Maio e se prolongarán durante toda a fin de semana. Levan varios meses traballando para acadar os recursos necesarios e organizar un completo programa no que non faltarán as Orquestras, Charangas e Banda de Música, pero tamén os concertos de grupos para a xente máis nova. Segundo o presidente da comisión, Manuel Maceda, “Tentamos facer un programa de festas diferente, no que ademais de orquestras haxa outro tipo de actuacións e actividades todo o día e para toda a xente”.
O venres 8, pola noitiña, comezan os festexos cunha pancetada e sardiñada gratuíta e a tirada do folión a cargo de Fuegos Pin. A partires das 22:30 celebraranse os concertos dos grupos: Gaiteiros novos do Incio; O Sonoro Maxín, de Ourense; A banda do Watio, de Ribeira e Colloada Salvaxe, de Sarria.
O sábado 9, a Charanga NBA será a encargada das alboradas, sesión vermú e concerto de tarde, para dar paso a festa e verbena coa Orquestra Suavecito e A Tuna Rastafari, que dende o Morrazo nos trae a súa mestura festiva de rancheras, rumba e reggae.
Para o domingo 9 está prevista a actuación na sesión vermú e nun concerto de tarde da Banda de Música de Paradela, financiada pola Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, a través da Area de Cultura. Tamén pola tarde haberá xogos e animación para os cativos e pola noite a Orquestra Poceiro será a encargada de amenizar a festa e verbena.


- Incio- O Sonoro Maxín- Tuna Rastafari -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Manifestación dos alumnos da Escola de Artes e Oficios de Vigo
http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009050100_2_322393__Gran-Vigo-Luto-corte-t
(texto engadido o día 5/ / 5/ / 09 )


vía blogoteca.com/malmequer

Decenas de manifestantes cortaron o tráfico no nó de Isaac Peral.

Con veos negros de viuvez, vestidos de loito e provistos dunha bandeira cun crespón tamén escuro, máis dun centenar de profesores e alumnos da Escola municipal de Artes e Oficios "tomaron" a glorieta do nó de Isaac Peral ás 19.00 horas de onte e conseguiron colapsar a circulación pola zona durante case trinta minutos. Fixeron unha ofrenda cunha coroa de flores negras e violetas en "desagravio" á memoria de García Barbón ante a súa estatua. Houbo condutores que se baixaron do coche preguntándose o motivo do corte e algúns xestos de intranquilidad ao volante.

Os manifestantes só tiñan autorización para concentrarse alí, non para cortar o tráfico; así que percorreron a distancia desde o edificio de García Barbón pacíficamente polas beirarrúas ao son de gaitas e tras concluír a terceira asemblea. Alí comunicaron que o número de firmas recollidas xa supera as 15.000 e que seguirán o calendario de reunións. Tamén aplaudiron a intervención do PP no pleno no que se aprobou o traslado da Escola. "Profesores e alumnos faremos ou imposible para non irnos de aquí. Piripiripí, a escola di que non, ou alcalde di que si". Un cántico no que se encerra a súa reivindicación de non trasladarse do edificio.
- Escola de Artes e Oficios- Vigo -

+ 1 noticia relacionada

1 comentario
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Marosa

(texto engadido o día 2/ / 5/ / 09 )



Noticia enviada por Jacobo

- Festa- Marosa- Burela- Foula- Banda das Crechas- Tiruleque- Clan Maragato- Luar Na Lubre- GalegoZ -

+ 3 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Novo libro/DVD de Edicions do Cumio - Agustín Lorenzo Loroño. O Gaiteiro de Catoira
http://www.cumio.com/libro.php?id_libro=526
(texto engadido o día 1/ / 5/ / 09 )


Edicións do Cumio pon ao noso dispor a descarga gratuita dun fragmento da obra

A arte de escribir debería ser, inescusablemente, realizada sempre por persoas instruídas e capacitadas para tal fin. Neste caso é un gaiteiro o que se ve na tesitura de poñerse a escribir en torno á vida doutro gaiteiro, polo que debería considerarse –cando menos– un ousado, xa que a responsabilidade que adquire é enorme, non tratándose –ademais– de calquera gaiteiro, senón dun dos que sobresaen; dun que empezou no oficio sendo neno e que tan só a morte foi quen de facelo deixar de tocar.
Si, e digo ben a morte porque Agustín Lorenzo Loroño, Agustín o Carabinero, o Gaiteiro de Catoira, deixou este mundo de vivos como el sempre dixo que lle gustaría que fose: tocando a gaita. E así foi: mentres daba as primeiras notas da alborada da festa de San Miguel, o patrón da súa propia vila, a escasos metros da súa casa. Aconteceu o 28 de setembro de 1997, cando contaba a idade de oitenta e sete anos, acompañado polo grupo que el fundara alá polo ano 1928: Brisas do Río Ulla.
Vestido de gaiteiro recibiu sepultura ó son das gaitas que compañeiros e admiradores tocaron para despedilo ó xeito do que el era: un gran gaiteiro e unha grande persoa.
A importancia que ten a presenza deste gaiteiro na historia da música galega é tal que, de non ter existido, é posi ble que non chegasen a crearse institucións tan emblemáticas como Os Rosales, Os Areeiras, Faíscas de Xiabre ou mesma mente Milladoiro. Todas estas figuras da música, e as conse guintes secuelas, poderían ter máis relación co Gaiteiro de Catoira da que se pode intuír a simple vista.
- Cumio -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Nova programacion Bar Liceum do 8/5 ao 26/6/2009

(texto engadido o día 30/ / 4/ / 09 )


Benquerid@samig@s:

Aqui estamos outra vez para presentarvos unha nova programacion que comeza o 8 de Maio e remata o 26 de Xuño data na que nos despediremos deica Outubro cunha actuacion como sempre memorabel de Carlos Blanco que volta con novas historias. Como sempre teremos moita variedade pop, rock, musica indie, folk, mestizaxe, rancheras, cumbias, swing, musicas, balcanicas, cancion de autor, cine, contacontos...

Comezamos cunha das nosas propostas favoritas deste ano Alò Django un concerto divertido, elegante e desenfadado onde se bromea co público ao máis puro estilo cabaré. Este grupo de músicos, partindo musicalmente do jazz, do claqué e do swing acústico, especialmente do gypsy swing (cuxo máximo representante é Django Reinhardt), ofrece un concerto cun amplo abano de xéneros musicais traducidos todos ao estilo dos xitanos centroeuropeos mesturado co jazz: o gypsy swing, un estilo lírico, alegre e acústico apto para tocar tanto en sala como na rúa; un concerto para un público de todas as idades. Ademais Aló Django pretende ser un obradoiro musical de músicos, cómicos, clowns e bailaríns para o cal en moitas ocasións invitan a outros artistas destas disciplinas a participar con eles nos concertos para ofrecer un show completo e divertido máis alá do estritamente musical, enfiando así con xéneros escénicos de entretemento como o cabaré ou o music-hall. www.myspace.com/alodjangoswingband. Sera o venres 8 as 23 horas. Os prezos 6 euros normal, 5 anticipada e 3 para socios

A semana seguinte actuacion por partida doble o venres A Tuna Rastafari un grupo de oito mozos que descargan toda a súa enerxía enriba do escenario, tomando como bandeira o espectáculo e a festa rachada. Aire fresco e descarado dentro do espectro musical galego. Son sinónimo de festa, alegría e boa música que invita a participar ao público en tódolos seus concertos. Da canción popular galega ao corrido mexicano pasando polo tango, o reggae e a rumba, todo vale para este grupo con tal de facer pasalo ben. O seu repertorio de imaxinativas letras e música fan bailar e desfrutar, isto fai que na actualidade sexan un dos grupos máis requeridos para festivais e concertos en salas, destacando a súa participación no Festival Cultura Quente, no Festivalinho, no Festival de Alberite (La Rioja), no Senuncan de Carballiño, no festival de Ponte Louco (Castrocaldelas-Ourense) i enchendo salas como o Aturuxo Bar de Bueu, o Pub Ache, La Fabrica de Chocolate de Vigo....Este ano foron elexidos entre os programadores de salas galegas para participar no Mercat de Musicas Vivas de Vic, ademáis de ser unha das bandas que entraron no Programa Música ao Vivo do IGAEM e no Artistas en Ruta. Grupo considerado pola Radio Galega como grupo revelación da escena musical da Galiza. www.fotolog.com/la_tunarastafari www.myspace.com/atunarastafari. Sera o venres 15 as 23 horas. Os prezos 6 euros normal, 5 anticipada e 3 para socios

E o sabado debuta no Porriño Maryland reforzados cun novo membro desta inmensa vila de musicos que e Porriño. Inician a súa andaina a comezos do ano 2008. Non tardan en chamar a atención de salas galegas e españolas, e en cuestión de pouco tempo pechan numerosas datas de concertos, algúns deles abrindo para importantes e xa asentadas bandas como Deluxe, Dover, Vacazul, Camping ou Holywater. Agora presentan os temas do seu primeiro longa duración "Surprise". O disco foi gravado nos estudios Areamaster (Vigo) por Pancho Suárez de Lis, esta producido por Jaime Gª Soriano (Sexy Sadie) e mesturado e masterizado en Urban Producciones (Mallorca) por Rafa Rigó (Sunflowers) e Toni Toledo (Sexy Sadie, Sterlin, Iván Ferreiro, …). O primeiro single promocional “I´ll be ready” xa se pode escoitar no seu MySpace, un adianto do que será o seu disco que verá a luz en breve e que xa está recollendo os seus froitos, alcanzando o 10º posto como “Grupo revelación nacional 2009” (entre un total de 600 bandas) no concurso que organiza o estremeño e indie Festival Contempopránea. Tamén foron semifinalistas da "XXXIV edición Queixo Maquetón” en Arzúa e do concurso "nsaio no camino” en Lugo. www.myspace.com/atunarastafari. www.fotolog.com/marylandvigo. Sera o sabado 16 as 23 horas. Os prezos 5 euros normal, 4 anticipada e 2,5 para socios

A semana seguinte e outro ano máis, unha vez rematado o Festival de Curtas de Cans, o Bar Liceum será escenario da proxección das curtas gañadoras da edición deste ano do Festival. É unha cita obrigada para tód@l@s amantes do cine, e máis concretamente das curtametraxes. www.festivaldecans.com. Sera o mercores 29 as 22 horas. Os prezos 2 euros normal e gratis para socios.

A semana seguinte voltamos a ter doble actuacion o venres Vilma y los Señores: se Chavela Vargas fora a Noiva Cadáver. Ten gorxa de lixa, e olliños de lagartixa. Logo hai que pórlle un toque de cabaré, outro pouco de deserto, outro de tequila, outro lixeiramente de tango, moita perplexidade ante a vida e algunha furtiva bágoa. Unha voz ultraexpresiva, unhas letras tan doentes como misteriosas e un envoltorio musical sobrio pero terroso, fráxil pero moi carnoso: póñeno Ricardo Moreno (ex-Ronaldos) á percusión, e David Gwynn, maxistral coa guitarra.Para que nos entendamos, é canción adulta tocada como con aire de rancheira, como nun aramio, pura artesanía. Vilma soa a vella, a ron vello, a garganta rota, e as letras son auténticos poemas ortopédicos, entre o humor negro e certa postración ante o que poida vir ao final. E o que vén ao final xa se sabe o que é. Eles, os Señores, envolven con sutileza e moita intelixencia toda esa rugosa fraxilidade, pero iso non é noticia: son músicos profesionais que levan participado en bandas como os Ronaldos, Marlango, Quique Gonzalez, que veñen a presentarnos un excelente disco con colaboracions de Mastretta e Pablo Novoa entre outros. www.myspace.com/vilmaylossenores. www.vilmaylosseñores.es. Sera o venres 29 as 23 horas. Os prezos 6 euros normal, 5 anticipada e 3 para socios

E o sabado por primeira vez no Porriño o folk de Tarxa. Nace no ano 1984 no seno da Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva "Monte da Mina" de Castrelos o 14 de Febreiro coa intención de facer música popular galega, recollida dos cánticos tradicionais e do amplo cancioneiro de diversos poetas galegos, entre outros Rosalía, Celso E. Ferreiro, Eduardo Pondal e Lamas Carvajal e Canción Popular. O grupo componse actualmente de nove membros que nas súas actuacións empregan diversos instrumentos musicais, sobre todo guitarras, laúde, frauta, pandeiro, pandeireta, ... Entre as actuacións máis destacadas do grupo encóntranse as realizadas na Festa Labrega de Lancara (Lugo), en Homenaxe ó Vello Mariñeiro de Marín, na Festa do Viño do Condado de Salvaterra, no Ateneo de Combarro, no Festival para a Integración do Minusválido (AISGA), no pobo de Castelo (Chantada), no programa de TVG, LUAR, así coma noutras ó longo do noso país. En Maio do ano 2001, participa nun certame de folk en Aveiro (Portugal). Tamén cabe destacar as actuacións no auditorio de Baiona, Riveira (Coruña), etc. www.unaplauso.com/grupo-folk-tarxa_av34a886.html. Sera o sabado 30 as 23 horas. Os prezos 5 euros e 2,5 para socios.

A semana seguinte presentacion do disco “Estado natural” o novo traballo do cantautor José Córdoba. Este madrileño de 31 anos leva varios anos na música e anteriormente foi coñecido baixo o pseudónimo de “Chivi”. “Estado natural” é o traballo que José Córdoba sempre quixo facer. Producido polo selo EPC records e distribuido por Factoría Autor, Estado Natural é un disco de cantautor que pretende ser un sopro de aire fresco no panorama musical español. No disco mestúranse estilos e temáticas; desde unha rancheira, ata cancións máis rockeiras ou de amor. José Córdoba dálles a razón aos que sempre lle dicían “coa voz e o talento que tes, se cantarás outro tipo de cancións…” www.josecordoba.com. www.myspace.com/josecordobachivi. Sera o venres 5 de Xuño as 23 horas. Os prezos 8 euros normal e 4 para socios

A semana seguinte seguimos coa nosa obriga de presentarvos aos musicos da intensa canteira musical porriñesa Small Coffins. Esta formación toca un estilo musical que fusiona e alterna rock, indie rock, pop e pop rock. Entre as súas influencias, a súa música denota un grande abano de gustos musicais, estarían desde Pearl Jam, Kings of Lion ou Los Planetas, pasando por The Beatles, Rolling Stones, Muse ou Led Zeppelin. A idea dos impulsores deste grupo era crear unha banda de rock con claros toques de pop retro e así se comprobou ao escoita-la súa primeira maqueta “Reverb” (2007). Unha formación integrada por Isaac Mariño (voz e guitarra acústica), Carlos Costas “Colmillo” (guitarra), Juan Vázquez “Juanchi” (guitarra), Pablo Méndez “Piru” (baixo) e Rubén (batería). www.myspace.com/smallcoffins. Sera o venres 12 de Xuño as 23 horas. Os prezos 3 euros normal e 1,5 para socios

A semana seguinte o concerto que tivemos que suspender na programcion anterior por accidente dun dos seus membros O sonoro Maxin. Comezar de novo e camiñar a modo, inventando o camiño... Esta é a consigna da que parte O Sonoro Maxín con convencemento. Sabendo que a creatividade é imaxinación e que para crear hai que camiñar, cóntannos como todo ten unha onda sonora que nos fai mover e actuar con toda a forza do corazón, unha onda que transmite directamente de peito a peito, sen intermediarios. Ésa é a máquina sonora, a imaxinación sonora.Neste afán de camiño continuo O Sonoro Maxín anda á procura dun baile sen fin, dunha máquina creativa que nos faga mover ao ritmo da onda que marca. E para iso apelan á verbena e á cumbia, a soberana absoluta das verbenas, que converte o torreiro da festa nun baile tropical onde cada un manda na súa forma de bailar, onde cada un inventa o seu propio baile. Esta máquina sonora, este camiñar imaxinativo vai dende a cumbia á rumba, dende o reggae ao ska, actualizando a verbena e traéndoa até a fusión musical do s. XXI.Volve a imaxinación, volve a máquina, volve a onda sonora que camiña sen fin...Bailar de novo, cantar de novo e sorrir de novo co Sonoro Maxín. www.myspace.com/osonoromaxin www.osonoromaxin.com. Sera o venres 19 as 23 horas Os prezos 6 euros normal, 5 anticipada e 3 para socios

E imos rematar con esta programacion co artista que por costume sempre enche a nosa sala e deixa sen a oportunidade de miralo a moitisimas persoas. Volta Carlos Blanco, o Bar Liceum ten a honra de ofrecer un novo espectáculo monologuístico deste ilustre e polifacético vilagarcián. Con máis de vintecinco anos de experiencia profesional en Teatro, Cine, Televisión e Radio, traballou recentemente como protagonista na película para televisión “Una bala para el Rey” (Globomedia) que foi emitida en Antena 3 e levantou moita expectación. Nos últimos anos ven desenvolvendo unha actividade continuada como Narrador Oral tanto na Galiza como en toda España ( Madrid, Barcelona, Zamora, Salamanca ou Avila ), asi como en Polonia, Holanda, Alemaña ou Portugal. Na actualidade ten en cartel o espectáculo “Humor Neghro” na compaña do músico guineano Manecas Costa. Unen os seus talentos nun espectáculo de humor e música onde la negritude e o humor danse a man. Pouco se pode engadir dun artista como Carlos Blanco máis que foi quen de traballar con directores do prestixio de Pedro Almodóvar, Gerardo Herrero ou o propio Antón Reixa, e que compartiu escenario e plató con actores e actrices de prestixio mundial. .Sera o venres 26 de Xuño as 23 horas. Os prezos 8 euros normal e 4 para socios.

Antes de despedirme quixera recordarvos que ainda podedes facervos socios do Liceum custa 60 euros o anos (5 euros ao mes) e da dereito a un 50% de desconto minimo en todos os concertos, a sentarse (cando hai cadeiras) no mellor sitio da sala, a recibir informacion na sua casa de todas as nosas actividades e a ter reservada sempre unha localidade ate 24 horas antes do seu comezo.

Continuamos a campaña Queda No Porriño por 35 euros persoa en habitacion individual ou por 30 persoa en habitacion doble ofrecemoste unha noite en hotel de 3 estrelas con almorzo e aparcamento (Hotel Parque ou Hotel Internacional), unha cea con 2 pratos, postre bebida e cafe,(restaurante Celtiña), a entrada para o concerto e unha consumicion no Liceum. Podes plantexarnos o que te gustaria e faremoste un rapido e marabilloso orzamento para que te quedes no Porriño.

Decirvos que o resto da semana o Liceum aspira a ser o voso lugar de encontro e temos actividades diversas como clases de Bailes de Salon os xoves ou clases de danza do ventre os luns.


Noticia enviada por Bar Liceum

- Liceum -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I serán do Patrocinio en Rianxiño(Rianxo)
http://www.fogofatuo.es/
(texto engadido o día 28/ / 4/ / 09 )


Este sábado 2 de maio a iso das 20:00 h aprox. comeza no campo de San Xosé en Rianxiño o I serán do patrocinio, no que haberá comida, bebida e como non boa música galega, así que xa sabedes animádevos a participar, só tendes que traer os vosos instrumentos e gañas de bailar. E para os máis lambeteiros, a partir da media noite repartirase o tradicional arroz con leite da festa do patrocinio, pero tamén hai cabida para os máis ambiciosos xa que coa consumición entras a formar parte dun sorteo de un lote de conservas, así que xa sabedes animádevos a participar e a pasalo ben. Vémonos na festa.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa do Muíño de Fausto
http://www.blogoteca.com/rebordondo/index.php?cod=60674
(texto engadido o día 27/ / 4/ / 09 )



+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Mini e Mero (un texto de Xabier Cordal para Vieiros.com)
http://www.vieiros.com/opinions/opinion/777/mini-e-mero
(texto engadido o día 27/ / 4/ / 09 )

A historia comezara ben anos antes, mais para o que a nós respecta debían de correr as festas de agosto nunha pequena parroquia de Cariño. Na máquina de discos do bar, entre os éxitos de Raffaella Carrà e Bonie M., lucía coma un estandarte o único disco no noso idioma. Eu coaba un peso de mocete e dáballe cheo de razón ás dúas teclas.


Poucos agostos despois xente chegada de toda a comarca enchía o campo das festas da Pedra para escoitar ao vivo aquel grupo. Ao ronsel de Rosalía de Castro (non sabemos se a deu lido Pete Seeger) mergulláranse na música popular sinalando os conflitos do seu tempo. Cantaban contra o réxime autonómico comerciado pola nomenclatura franquista, contra a emigración e as celulosas, contra a tiranía da industria leiteira. Letras de Darío Xohán Cabana, de Manuel María ou de Marica Campo enriqueceron a banda sonora dunha idade, atroaron en Madrid cando aínda era capaz de escoitar as culturas nacionais: “se non tedes sachos/ traguémolos nós”, advertían ironicamente.

Fuxan os Ventos non eran só a dedicación etnográfica de Xosé Luís Rivas Cruz e de Baldomero Igrexas Dobarrio a enlamaren os pés en cada corredoira. Pero sen Mini e a súa barba grave de portentosa dicción, sen a guitarra combatente e a voz arrubiada de Mero, o proxecto resultaba incomprensible.

Os medios patronais ditaron esquecemento para eles nas crónicas do revival. A formación que conseguiu devolver ao pobo unha parte da súa música desfixérase por varias razóns e non vén ao caso aventurármolas aquí. Despois chegou A Quenlla, teimando. Os carballos cativos, se cadra rebolos da chaira de Duarría escoitaban a fin de semana desde o frío do local de ensaio as verdades incómodas, as verdades verdaderas que tamén cantara o camarada chileno.

A profesión de mestres e a condición insubornable de Xosé Luís Rivas e Baldomero Igrexas aforráballes transixir cun mercado musical que ditaba, seguramente, demasiada renuncia. Eles seguiron ao choio. Os vellos axitadores acabaron coñecendo coma case ninguén non só os ritmos condenados a esfragarse coa sociedade rural, senón tamén os contos, as adiviñas, os romances esgrevios ao son da zanfona que Faustino Santalices rescatara das montañas do sur. O dúo investigou, publicou, desenvolveu o don da ubicuidade. Lonxe ás veces dos focos da moda, xenerosos en cada unha das enormes e domésticas feridas que este país –ninguén o dubide- seguirá supurando á marxe do cálculo electoral, son imprescindibles Mini e Mero. Compartimos emoción a través deles no escenario da multitude ou na tarima do cuarto máis humilde, como só Zeca Afonso e os grandes souberon facer. Nunca poderemos pagar a quen nunca nada pediu, por iso o Pedrón de Ouro será a mellor escusa para que reciban en xustiza -con Mariana Ploae-Hanganu, portavoz da nosa literatura na outra estrema da Romania- a admiración e mais o abrazo comunal.

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A Coral de Ruada cumpre 90 anos
http://www.anosaterra.org/nova/a-coral-de-ruada-cumpre-90-anos-.html
(texto engadido o día 23/ / 4/ / 09 )


Co gallo do 90 aniversario da presentación oficial da Coral de Ruada, a editora Ouvirmos está a organizar un programa de actos para a celebración da efeméride, entre os que figura a reedición das primeiras gravacións de 1929 realizadas polo grupo, a publicación dun libro que narra a súa historia, a inauguración dunha exposición sobre a súa traxectoria, un encontro internacional de coros e unha toda unha serie de visitas guiadas por Ourense.


A editora que dirixe Xosé Manuel Aldea organiza, en colaboración coa Deputación de Ourense, o Concello de Ourense e Caixanova, os actos do 90 aniversario da Coral de Ruada cos que se persegue exaltar o "valioso" traballo realizado polos membros da agrupación ao longo da súa traxectoria e reivindicar aquelas figuras que dende Ourense e a Coral contribuíron a dignificar a cultura como Prieto Nespereira, Faustino Santalices e Manuel de Dios.

Con estes obxectivos, editase o libro Primeira viaxe a Andalucía do Coro de Ruada de Xaquín Vales, investigador e membro deste Coro desde hai dezanove anos. A obra narra a primeira e exitosa xira que a agrupación realizou por terras andaluzas no ano 1927. Coa presenza destacada do virtuoso da zanfona Faustino Santalices, actuaron en maio nas cidades de Sevilla e Cádiz, mais o rotundo éxito que obtiveron obrigounos a pospoñer o seu regreso a Ourense até o mes de xuño.

Porase en marcha ademais a exposición do 90 aniversario da Coral de Ruada, un dos actos centrais da conmemoración. Poderá visitarse durante o mes de setembro no Centro de Exposicións do Edificio Simeón. A mostra está estruturada en tres espazos: un artístico con obras de creadores gráficos sobre De Ruada, un documental coas imaxes, portadas, documentos, bandeirolas e demais legados orixinais da Coral e un espazo didáctico, que propón unha viaxe pola historia de De Ruada a través de paneis informativos, audiovisuais e gravacións sonoras máis relevantes para a historia da Coral.

Coincidindo coa exposición realizaranse na última semana do mes de setembro visitas didácticas Ourense Musical, onde os escolares percorrerán lugares como a catedral, a praza Maior... até chegar ao Teatro Principal, sede da Coral.

Dentro dos actos tamén se reeditará unha selección das primeiras gravacións realizadas no ano 1929. Nelas recollíanse as harmonizacións sobre cantos populares do mestre Daniel González, quen, en colaboración co escenógrafo Camilo Díaz Baliño e con Javier Prado Lameiro, creou o que deron en chamar as Escenas Corais Galegas, a súa gran contribución ao coralismo.

En paralelo, dentro das Festas do Corpus 2009 no mes de xuño celebrarase o III Certame Internacional de Coros "De Ruada". Participarán os orfeóns galegos Cántigas da Terra, Cantigas e Agarimos, Real Coro Toxos e Froles e a Coral De Ruada, que contará coa participación especial de Cristina Pato. Ademais participarán os coros portugueses de Águeda e Vila Real, así como a Coral La Enseñanza de Valladolid.

+ 3 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]