Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


Marín: Festas do Verán-Carme'09

(texto engadido o día 3/ / 7/ / 09 )


PROGRAMACIÓN FESTAS DO VERÁN. CARME 2009

Xoves 9 de xullo
21:30 h
Parque Eguren
Festival Folclórico Internacional:
Ballet Folclórico Monterrey de México
Folklorystyczna Rownica de Polonia
Asociación Cultural Anxuíña da Galiza

Sábado 11 de xullo
22:00 h
Alameda
III Certame de Bandas de Gaitas Virxe do Carme 2009:
Banda de Gaitas Os Coribantes de Pontecaldelas
Banda de Gaitas Manxadoira de Bueu
Banda de Gaitas Airiños de San Xulián de Marín

Domingo 12 de xullo
9:00 h
XXVII Trofeo Virxe do Carme de Ciclismo

20:00 h
Templo Antigo
Concerto de Corais:
Centro Novo
Lembranzas
Thalassa


Martes 14 de xullo
12:00 h
Pasarrúas da Charanga Air Jalisia

18:00 h
Parque Eguren e Centro Socio-Comunitario
Xuntanza cós Maiores. Ameniza Air Jalisia


Mércores 15 de xullo

12:00 h
Pasarrúas da Charanga O Santiaguiño

19:30 h
Parque Eguren
Pregón a cargo de Xurxo Souto
Amenizan Airiños de San Xulián

20:00 h
Parque Eguren
Los Lunnis

22:00 h
Praza de España
Monólogo das “Cantareiras Ardebullo” Nucha e Mucha

23:00 h
Praza de España
Verbena. Orquestra Gran Parada

Xoves 16 de xullo

12:00 h
Pasarrúas da Charanga O Santiaguiño

18:30 h
Saída dende o Concello
Ofrenda Floral

19:00 h
Procesión marítimo-terrestre da Nosa Virxe do Carme

19:00 h
Parque Eguren
Obradoiro de Percusión por Trópico de Grelos

20:30 h
Alameda
Fantoche Baj co seu espectáculo “Zampón o Lambón”

21:30 h
Polas rúas de Marín
Desfile do “Batuke Galego” de Trópico de Grelos

22:00 h
Rúa Augusto Miranda, diante do Mercado
Monólogo de Avelino González

23:00 h
Alameda
Verbena. Orquestra Marbella

00:00 h
Paseo Marítimo Alcalde Blanco
Gran Tirada de Fogos de Artificio

Venres 17 de xullo

12:00 h e 18:00 h
Pasarrúas da Charanga Air Jalisia

20:30 h
Alameda
“Zancalino” co seu espectáculo de rúa “Perigo”

22:00 h
Rúa Augusto Miranda, diante do Mercado
Monólogo de Quico Cadaval

23:00 h
Alameda
Verbena. Orquestra Televisión Nordés

23:30 h
Parque Eguren
Concerto. Rosendo

Sábado 18 de xullo

12:00 h e 18:00 h
Pasarrúas da Charanga Apeles

20:30 h
Polas rúas de Marín
Batalla de Flores

22:00 h
Rúa Augusto Miranda, diante do Mercado
Monólogo de Avelino González

23:00 h
Alameda
Verbena. Orquestra Miramar

23:30 h
Parque Eguren
II Festibalan
Concerto. Dios que te Crew + Skacha

Domingo 19 de xullo
11:00 h
Praza do Reloxio
VII Romaría popular Trompos ós pés

11:00 h
Alameda
III Encontro Palilleiras

20:00 h
Pasarrúas de Jazz, Street-Band

21:00 h
Parque Eguren
Concerto Xuvenil:
Marcos Acuña
Pneuma
Sammy Planes

22:00 h
Rúa Augusto Miranda, diante do Mercado
II Marín Jazz Festival
Vicente Maciá Quintet:
Vicente Maciá - saxo tenor
Virxilio da Silva - guitarra
Iago Vázquez - fender rhodes
Miguel Ângelo Coelho - contrabaixo
Max Gómez - batería
Chvonology Quartet:
Fernando Sánchez - saxo alto
Seiu Caneda - piano
Pablo Pérez - contarbaixo
Chus Pazos – batería

23:00 h
Alameda
Verbena. Orquestra Abanico

00:00 h
Paseo Marítimo Alcalde Blanco
Gran Tirada de Fogos de Artificio

00:30
Café Naval
Jam-Session de Jazz

Verán cultural

Martes 28 de xullo
22:30 h
Parque Eguren
Cine na rúa. Mamma Mía!

Venres 7 de agosto
Circo Acrobático de Pekín

Sábado 8 de agosto
22:30 h
Parque Eguren
Cine na rúa. Kung-Fu Panda

Sábado 29 de agosto
21:00 h
CEIP Carballal
XIII Festival Folclórico Virxe dos Remedios

- Marín- festas -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Novo disco en Ghastas Pista: 13 Lúas
http://www.ghastaspista.com/13luas.php
(texto engadido o día 2/ / 7/ / 09 )








A Asociación de Gaiteiros Galegos preséntavos un novo traballo audiovisual que leva por nome "Trece Lúas". As lúas que compoñen o ciclo do ano, ou os doce meses do calendario; as lúas que dende tempos ancestrais foron guía da vida; as lúas que puxeron data aos traballos e tamén ás festas; as lúas que levan aparelladas unha fonda tradición cultural que chega ate os nosos días e agora queremos lembrar. Convidámosvos a facer unha viaxe no tempo, unha viaxe de doce meses con cadansúa canción, co ciclo do ano como fondo da escena.
"Trece Lúas" é unha proposta de lecer, para gustar da nosa música, aquela que sempre estivo aí e que neste disco presentamos dun xeito actualizado. Pero esta proposta vai moito máis alá. Como continuación da liña seguida en traballos editados anteriormente "O Quiquiriquí" e "Pelo Gato 24", trátase dun material didáctico que pretendemos axude en boa medida á difusión da nosa cultura.


Unha ferramenta pensada para facer chegar, sobre todo aos máis novos, un anaco do que somos e do que queremos seguir sendo.

Desde a Asociación de Gaiteiros Galegos temos a convicción de que o futuro das nosas tradicións, o garante da súa supervivencia, está na xuventude.

Debemos achar a maneira de que a liña de transmisión cultural se adapte aos tempos para seguir sendo efectiva.

Así elaboramos "Trece Lúas", dun xeito respectuoso coas nosas tradicións e ao mesmo tempo atractivo, aplicando as novas tecnoloxías das que dispoñemos.

Agardamos que poida ser utilizado como elemento educativo en calquera dos ámbitos, xa sexa escolar ou familiar, e supoña un paso máis de cara á normalización da nosa música tradicional.
Esperamos que vos guste..

- 13 Lúas- Asociación de Gaiteiros Galegos -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



ROMARÍA SOLIDARIA DA ONG VIRAVENTOS
www.frouma.com
(texto engadido o día 1/ / 7/ / 09 )


O próximo 19 de xullo a ONG Viraventos organiza coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello da Coruña, a partires das 12:00 h, unha Romaría Solidaria, na que haberá postos de comida e bebida, música galega e senegalesa, performances, venda de artigos de comercio xusto e de artigos de segunda man, así como actividades lúdicas e didácticas para nenas/os.

A ONG Viraventos, é unha ONG de Inmigración, Cooperación Internacional e Educación para o Desenvolvemento. O obxetivo desta Romaría Solidaria é a recaudación de fondos para o mantemento da actividade da ONG e para os proxectos de cooperación internacional que estan a desenrolar en Senegal e Palestina.

Nesta xornada festiva na que participarán: Cancións para Antía, Bailadela, Cántigas da Terra, Donaire, Dorna, Frouma, Cata Almibre, Maghúa, Os Viqueiras de Ordes, Troulando e Tumbalobos Orquestra, o interese non só é recaudar a maior cantidade de cartos para as actividades que a organización realiza, senón pasar un bo día de romaría todos xuntos, participando dunha festa solidaria e multicultural.

Agradecemosvos de anteman a vosa participación. Vide e colaborade!

Noticia enviada por FROUMA

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VIII Festival Retrouso
http://www.blogoteca.com/rebordondo/index.php?cod=64722
(texto engadido o día 30/ / 6/ / 09 )


Non vos perdandes a Foliada pois contaremos cos grupos de Huesca é Segovia,,menuda festaaa.....

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa fin de curso e Foliada no Casco Vello de Vigo
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=65759
(texto engadido o día 29/ / 6/ / 09 )


Despois de moitos anos de actividades a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo organiza a súa I Festa de Fin de curso este sábado 4 de xullo na Praza do Berbés.

A partir das 17:30
-Exposicións das diversas aulas de manualidades e obradoiros da Asociación
-Xogos e deportes diversos
-Exhibición de diversas grabacións das Festas dos Maios e da Reconquista

A partir das 20:00
Actuación das diversas aulas da Asociación:
-Baile Tradicional
-Percusión e gaita
-Acordeón
-Bailes do mundo
-Danza Oriental

A partir das 22:00 Foliada

Haberá carpa, bebidas, chourizos,...

Noticia enviada por foliadeiro

- Foliada- Casco Vello- Vigo -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VIII Festa Rachada da Baña

(texto engadido o día 24/ / 6/ / 09 )


o vindeiro 4 de xullo volve a FESTA RACHADA DA BAÑA na súa VIII edicion, e como sempre estades convidados.
este ano contamos con:

Xosé Marentes (A Fonsagrada).
Armadanzas de Laraño.
A Requinta da Laxeira (Vedra)
Tanto Nos Ten (Redondela)


tamén estarán grupos como Os Campantes da Baña, Os Enxebres de Cacheiras, Murga Os Revoltas, A Requinta de Xian, Vai de Roda de Rianxo, Os Pequenos (A Baña)... e moitos máis.
Tamén teremos obradoiros de xogos e baile tradicional e contamos con zona de acampada.
se queredes acompañarnos, a festa comenza ás 13:00 h. na Area Recreativa Agra de Chans, en San Vicente da Baña.

Non esquenzades traelos instrumentos ou moitas ganas de bailar.


Noticia enviada por correola

- Festa- Baña -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III Festa da Sementeira en Corzáns - Salvaterra de Miño
http://www.concellodesalvaterra.org/informacion.htm?pr=1&id=1091
(texto engadido o día 20/ / 6/ / 09 )


O Concello de Salvaterra, a través da Concellaría de Cultura coordinada pola tenente alcalde e concelleira, Marta Valcárcel, colabora por terceiro ano consecutivo na organización da ‘Festa dá Sementeira’, que se celebrará o 21 de xuño, na parroquia de Corzáns. Unha festa na que os veciños tratan de recordar como vivían os seus devanceiros, representando, así, a labra con animais nun anaco de terra e a súa sementa, imitando aos campesiños de anos a tras, ata con vestimenta da época e tamancas.

A tenente alcalde e concelleira de Cultura, Marta Valcárcel, manifesta que o Concello apoia esta festa porque "hai que ter en conta a iniciativa dun grupo de veciños que intenta recuperar a forma de vida que existía non fai moito tempo". Valcárcel recalca que "hoxe en día xa non atopamos, por exemplo, practicamente ningún veciño que teña vacas e, en Salvaterra, lémbrome ben, había moitas".

A concelleira considera, por iso, que a ‘Festa dá Sementeira’ representa "unha forma de non esquecer como se vivía, principalmente cara ás novas xeracións". Por iso é polo que a Concellaría de Cultura "sempre estará apoiando estas accións, que promocionan tamén ou noso patrimonio cultural e histórico".

Mentres, desde a organización recordan que esta festa "era algo que xa o facían os nosos avós", afirman. Os preparativos comezan dúas semanas antes, nun evento que a cada ano reúne máis persoas, sobre todo doutros concellos.

A ‘Festa dá Sementeira’ comezará a partir das 11.00 horas da mañá e estará amenizada pola actuación musical de gaiteiros tradicionais. Haberá, ademais, unha exposición con obxectos antigos, por exemplo, o ‘carro dá vaca’. Para os que non queiran participar ‘activamente’, a organización convida, de todos os xeitos, a acudir a Corzáns "porque haberá sardiñada desde as 12.00 horas". A ración (inclúe pan de millo), costa 4 euros.

Noticia enviada por Leonardo Gris

- Salvaterra -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VI Festa do Muíño do Verdugo
http://www.festadomuinho.org/festadomuinho/
(texto engadido o día 20/ / 6/ / 09 )



Noticia enviada por Leonardo Gris

- Festa- Muiño -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa dos Fachos
http://www.oviso.terrameiga.net/festafachos.htm
(texto engadido o día 20/ / 6/ / 09 )


Tradición recuperada en 1997 por varias agrupacións e colectivos culturais redondeláns. É celebración do solsticio de verán, limiar das fogueiras de San Xoán, pero tamén un xeito de reivindicación do monte da Peneda, das pegadas históricas e dos mitos de seu. Ás once da noite reúnen a tódolos asistentes ó pé deste monte emblemático que se ergue entre terras de Redondela e Soutomaior, na aldea do Viso, e desde alí soben ó cumio portando uns fachos, e formando unha comitiva que se distingue desde tódolos lugares do concello. Ó chegaren arriba invocan as tradicións e sinais de identidade do lugar; seguidamente, prenden lume a un folión cos fachos e preparan unha queimada reparadora.



Invocación dos Fachos


Houbo unha vez un tempo
en que Galicia señoreou sobre os outros reinos das españas;
no que a nosa língua foi levada polos trobadores nas súas cantigas por todas as cortes cristiáns
no que os canteiros de toda a Europa deixaron a súa palabra e a súa arte escrita sobre as nosas pedras.

Houbo unha vez un reino
con reis e señores propios
que fixeron desta periferia
un centro de cultura e influencia
dentro e fora da península.


Pero cando a este gran esplendor lle chegou o seu ocaso
naceron os grandes señores
que en momentos concretos da súa vida ou da súa morte
pasaron a ser símbolos para o pobo
dunha resistencia contra a historia devoradora doutros pobos e identidades
símbolos daqueles que loitaron nalgún momento concreto
para que a nosa historia non pasase a formar parte doutra historia,
para que a nosa cultura non fose substituida por outras culturas.

Cando o vello Rei Arturo realizou a súa derradeira viaxe cara á illa de Abalón
prometeu que cando o seu pobo o necesite
volvería para devolverlle o esplendor perdido.

Hoxe, cando a nosa cultura e a nosa identidade
perigan entre as fauces duna globalización uniformizadora,
cando estamos esquecendo a nosa historia,
deixando de transmitir as nosas tradicións e mesmo o idioma ós nosos fillos;

Hoxe, máis que nunca
invocaremos o regreso da súa particular illa de Abalón
ó máis grande cabaleiro que señoreou as terras de Redondela e Soutomaior,
para poñelo á fronte da recuperación do esplendor cultural
que noutro tempo brillou sobre estas terras.

Por iso, amigas e amigos todos,
nesta máxica xuntanza ó redor do lume de San Xoán
invoquemos con forza o seu nome
todas e todos a unha: PEDRO MADRUGA...


ACCESO
Pola N-550, entre Pontevedra e Tui (o centro urbano de Redondela queda no P.K. 142). Tamén, pola autoestrada A-9 (saída 137), que se conecta co P.K. 130 da N-550. A subida ó Viso (2 km.) atópase no P.K. 139. Pasada a igrexa do Viso hai unha pista á man esquerda que chega ó monte da Peneda.

Noticia enviada por Leonardo Gris

- Fachos -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



aCentral folque » regueifa.org, nova web
http://vello.folque.com/cmn-wp/?p=1714
(texto engadido o día 20/ / 6/ / 09 )


A Asociación ORAL de Galiza do Centro Veciñal e Cultural de Valladares acaban de abrir unha interesante páxina web sobre o canto improvisado, a máis completa feita até hoxe desde Galiza e que pretende ser un aglutinador desta manifestación cultural que entronca aos regueifeiros, brindeiros, payadores, repentistas, bertzolaris,… de todo o mundo e ás novas correntes coma a do hip-hop, o poetry slam ou os match improvisadores.
Así se presenta esta web:

“Dende a ORAL creamos este sitio coa intención de abrir unha ventá, a través da internet, a todas aquelas persoas interesadas e con inquedanza nesta vertente da improvisación oral rimada.

A regueifa é a manifestación máis estendida no noso país do secular arte popular da improvisación oral en verso do que se atopan referencias dende a Antiga Grecia e Roma pasando polas cantigas de escarnio e maldicir da Idade Media ata os nosos días.

Pero non só falaremos da súa orixe, da súa técnica, de cómo aprendela e practicala ou simplemente gozala, senón tamén doutras manifestacións tan antigas como a mesma regueifa, ou mesmo tan modernas coma o Hip-Hop e de cómo se poden relacionar.
Ademais será a ágora onde falar destas disciplinas e de lugar de contacto entre os regueifeiros e o seu público. Tentarase asemade que serva para estar ao cabo da actividade dos regueifeiros e da asociación para que todos e todas saiban onde e cando acudir a un enfrontamento entre regueifeiros ou a un obradoiro ou un xantar regueifeiro.

Tamén serve para abrir un espazo no que se poida regueifar en liña en tempo real, ver actuacións e escoitar regueifas dende calquera parte do mundo.

Por último, pero non menos importante ten o obxectivo de achegar e recopilar información e documentación para ir enchendo o oco que hai no tocante ao estudo formal e profundo que a regueifa e o resto de formas de improvisación oral merecen dentro do marco da nosa Cultura Popular e Tradicional.
Contacto

Asociación Oral de Galiza Centro Veciñal e Cultural de Valladares

Estrada Xeral de Valladares, 261
36315 Vigo - Pontevedra
Telf.: 986 467 053
Fax: 986 467 052

Correo-e:
oral@regueifa.org
cvallada@ctv.es
- Regueifa -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I FESTIVAL R͍O D´AREA en Camelle
http://quepasaencamelle.blogspot.com/2009/06/i-festival-rio-darea.html
(texto engadido o día 19/ / 6/ / 09 )


Despois de enterarnos por La Voz de Galicia e no Diario Oficial de Galicia de que as dúas asociacións camellanas ( Asociación de Veciños "A Pergoliña" e Asociación de Festas de Camelle ) recibiron cero euros en axudas da nova Secretaría Xeral de Política Linguística dentro do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, as entidades camellanas seguen a traballar pese a non recibir un euro.

Este é o caso da Asociación de Veciños " A Pergoliña ", que organiza para o vindeiro sábado día 20 de Xuño o San Xoán anticipado na praia.

Pola tarde farase o popular " Xogo do jalo " e sobre as nove da noite comezará unha gran sardiñada.
Pero non acaba aí a cousa, xa que despois das sardiñas virá a música.

O I Festival de Música Río d´area traeranos as actuacións das emblemáticas Cantareiras e Pandereteiras " Caramuxa " de Camelle e dos recoñecidos grupos de folk Madialeva ( A Coruña ) e Fol de veneno ( Carballo ).
Para rematar esta noite máxica, actuará a disco móvil do D.J. Imben.
Coma sempre, non podedes faltar, paso lista.
- Festival- Camelle- Madialeva- Fol de Veneno -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV FESTA DA RANDULFA
http://aquamlatam.blogspot.com/2009/06/iv-festa-da-randulfa.html
(texto engadido o día 19/ / 6/ / 09 )


Os amigos de Bico da Balouta mándame recado da súa IV Festa da Randulfa (Encontros de Música Tradicional) onde sempre reina a alegría e a boa música. Será o sábado 20 de xuño na área recreativa da Ponte Vilariño. Cómpre anotarse se se quere participar na merenda-cea. Para o resto, basta con estar alí.

Noticia enviada por Esteban Copen

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Carta aberta aos organizadores do festival de Ortigueira e ás xentes da vila de Ortigueira
http://www.blogoteca.com/morrocantando/index.php
(texto engadido o día 17/ / 6/ / 09 )


Co galo de que xa queda menos dun mes para o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira e que aínda non se fixo a presentación, ocorreuseme facer unha nova carta aberta para tratar de que a organización entenda que é necesario por, entre outras medidas, o cobro dunha entrada para o acceso á zona de acampada de Morouzos, logrando así dous obxectivos. Un deles, parar a decadencia do festival que está a levalo á súa desaparición. O outro, tratar de conseguir un público menor en cantidade pero maior en calidade, para lograr así que o Festival de Ortigueira sexa realmente o mellor festival de toda a península Ibérica.

A quen máis lle interesa que o festival non desapareza e que gañe calidade? aos mesmos veciños de Ortigueira, así que a eles, principalmente, vai dirixida:






A todos aqueles interesados pero especialmente aos cidadáns de Ortigueira:

Ano tras ano, por estas datas, o meu corazón vai latindo cada vez máis animado segundo vaise achegando o día en que comece o festival de Ortigueira. É para min algo moi especial poder ir aló a disfrutar dos concertos, das vistas, da festa, da vila, das xentes. Son catro días marabillosos nos que logro esquecer ao resto do mundo.

Máis hai algo que, tamén ano tras ano, vai facendo que agrome en min unha dúbida: si deixar de ir ou non ao festival, porque cada ano que pasa, o festival de Ortigueira vaise parecendo menos a aquela pequena idea que fai xa trinta anos levaron adiante os rapaces da Banda de Gaitas de Ortigueira. E así, este festival, pouco a pouco, é cada vez máis un macrobotellón e unha macrofesta das drogas. Non estou en contra nin do un nin do outro, por mais que eu non probe máis droga que o viño, a cervexa, xa saben, cousas desas, ou algún cigarriño con herba aromática de cando en vez. Non estou en contra de todo o que se fai no festival actual porque cada un é libre de facer ca súa capa un saio, pero iso non quere dicir que me pareza ben o que está a acontecer no festival.

Explícome. Eu considero, que a vista do que é o festival nestes últimos anos e do que xa aconteceu fai vinte tantos anos, que o festival está condenado a deixar de facerse.

Actualmente, segundo a organización van ao festival unhas cen mil persoas. Cantas desas persoas van realmente aos concertos? Botando contas e sendo xeneroso, eu diría que a ver os concertos van unhas corenta mil persoas por día de concerto. Polo tanto… onde están as outras sesenta mil? Pois a maior parte da xente que ven o festival queda na zona de acampada de Morouzos e só pisa o pobo si se lles esgotan as provisións ou a bebida. Morouzos, un lugar público e protexido, énchese de tendas e de chiringuitos onde non deixa de soar a música nin de pasar drogas de todo tipo en todas as noites do festival, como se fora unha macrodiscoteca tecno calquera.
Así tan só unha pequena parte dos cen mil van ao pobo a ver os concertos e a facer gasto nos bares, nos supermercados, nas tendas.

Eu explícolles todo isto porque quero propoñerlles dúas posibilidades do que vai acontecer no festival no futuro e vostedes terán que escoller unha.

Nunha delas as cousas seguen como están. A zona de Morouzos segue a ser unha macrodiscoteca, chea de alcohol, drogas e xente que vai ás carpas onde só poñen música dance ou grandes éxitos pop. As tendas están pegadas unhas ás outras e os rapaces desas tendas, para poder comer algo quente ou para poder ver de noite mentres beben, fan fogueiras, con ramas arrincadas das árbores ou incluso árbores novos enteiros. Segue a haber roubos e problemas. O ano que ven, ou o seguinte, ou mesmo este, haberá unha pelexa grande e morrerán un ou dous rapaces. Batalla campal no piñeiral de Morouzos.
A cousa pode non rematar aí. Imaxinen que no medio da pelexa, ou símplemente por culpa dun borracho, prende lume unha tenda e o lume pasa rapidamente dunha tenda a outra sen control e sen bombeiros que paren rápido a emerxencia, e o lume esténdese por todo o bosque… cantas persoas poderían morrer?
Mentras aos concertos só van as mesmas persoas que ían os anos anteriores, ou menos porque xa non soportan o ambiente de Morouzos e non tendo outra alternativa para aloxarse deciden deixar de ir.

A outra opción que lles plantexo e poñer entrada para poder acampar. Doce, quince, vinte euros por persoa máis outros tantos por tenda. Nesta situación seguramente de cen mil persoas tan só irán ao festival a metade, unhas cincuenta mil, pero todas esas serán persoas que queiran ver os concertos, que vaian á vila a pasear, que fagan gasto nos bares, tendas e restaurantes da vila… Deixaran de ir aqueles aos que o festival ben pouco lles importa, os que pasan catro días borrachísimos ou postos ata arriba de pastillas en Morouzos entre música tecno e que non pisan a vila máis que ó baixar do tren.
Por que agora xa non van familias a acampar como antes? simplemente porque o ambente de Morouzos xa non é familiar!!!

Que prefiren entón, que desapareza o festival e así tamén eses cartos que tan ben lle veñen ás xentes da vila, ou facer que o festival dure outros trinta anos máis poñendo unha entrada, para que só vaia xente interesada nos concertos, na vila de Ortigueira e seguir facendo caixa verán tras verán?

Así que, se prefiren a primeira opción, pois adiante, non teñen que facer nada e todo chegará. Se prefiren a segunda opción, está nas súas mans, xentes de Ortigueira, lograr o cambio, porque a min, un pobre rapaz do sur de Galicia, o alcalde de Ortigueira, a organización do festival, non me coñecen e tanto lles ten a miña opinión. Pero vostedes son persoas que poden protestarlle na porta do fermoso concello que teñen, persoas que eles coñecen, que poden presionalos directamente para que este ano o festival cobre entrada para acampar en Morouzos e que chegue a ser o grandioso festival folk galego tal como o é o festival de Lorient na bretaña francesa. Mobilícense, protesten, falen con quen teñan que falar, únanse para que o festival de Ortigueira non desapareza.

Aínda están a tempo de facer que este ano a organización cobre entrada para acampar!!!


Moitas grazas a TODOS!

Noticia enviada por Emacc

- festival- Ortigueira -

1 comentario
:: Enlace a esta nova ::



REBULIR: FESTA FIN DE CURSO 2009
http://rebulir.blogspot.com/2009/06/festa-fin-de-curso-2009.html
(texto engadido o día 11/ / 6/ / 09 )



- Rebulir -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Tradicións populares do Paraná no Museo do Pobo Galego
http://folque.com/cmn-wp/?p=1712
(texto engadido o día 11/ / 6/ / 09 )


Mañá venres 12 de xuño ás 18 h no Auditorio do convento de San Domingos de Bonaval en Santiago, haberá unha proxección audiovisual e un coloquio con Lia Marchi, a coordinadora do Projeto Tocadores, unha iniciativa de pesquisa, documentación e divulgación de tradicións musicais populares que leva rexistrando durante nos últimos 10 anos a obra de cerca de 120 artistas populares no Brasil e Portugal.

O acto consistirá no visionado das dúas últimas películas documentais: “Dias de reis” e “Divino:”folia, festa, tradição e fé no litoral do Paraná.

Ao finalizar haberá un coloquio pra debatir, comentar ou facer preguntas a Lía Marchi.

Noticia enviada por Foliadeiro

- Museo do pobo galego -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



1º Certame de pandereteiras adultas e Xuntanza de Bandas de Gaitas `San Xoán de Calo´ 2009
http://www.srcalo.org/?q=node/238
(texto engadido o día 11/ / 6/ / 09 )


1º Certame de pandereteiras adultas

O vindeiro domingo día 14 de xuño ás 18 horas celebrarase na S.R. San Xoán de Calo o 1º Certame de pandereteiras (adultas).

Os grupos que actuarán son os seguintes:

O Tear de Llerena (de Pontevedra)
As Fiadeiras de Neaño (Cabana de Bergantiños)
Alborada do Eixo (Santiago de Compostela)
Relúa (A Coruña)
Ademais da presencia de Riscadela da S.R. de Calo



Xuntanza de Bandas de Gaitas "San Xoán de Calo" 2009

O sábado 20 de xuño ás 19 horas no campo de Rebordelo terá lugar a XUNTANZA de Banda de Gaitas que no mes de xuño fai de limiar das grandes festas patronais do SAN XOÁN.

Os grupos convidados son os seguintes:

A MAROLA [Mera]
O PEDRÓN [Padrón]
O AMANEXO [Oleiros]
O BARQUEIRO [O Barqueiro]
ESTIVADA [S.R. de Calo]

Noticia enviada por Foliadeiro

- gaitas- pandereteiras- xuntanza- Calo -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



FESTA 27 DE XUÑO EN TOURO

(texto engadido o día 11/ / 6/ / 09 )


1º- Romería tradicional e campestre na Área Recreativa de A Santaia (Touro), no que teremos a Banda de Música de Touro e logo Xogos tradicionais a cargo da Asociación Galega de Xogos tradicionais así como unha demostración de Artesanía (Coiro, licores, barro, cesteiro, instrumentos, follas secas, etc...)

2º - A segunda parte, consistirá no festival "Folk in Rio", xa que se fai nunha carballeira situada á beira do Río (A Santaia).
Neste festival, tal e como podedes comprobar no cartel que sea acompaña, estarán os seguintes grupos:
- O Rancho Folclórico de Río Tinto (Porto - Portugal).
- Grupo de Gaitas a Esmorga de Beseño (Touro)
- ACASDU (Touro)
- A Reviravolta de Lardeiros (O Pino)
- A Requinta de Xián (Boqueixón).

- Touro- xogos tradicionais- artesanía- folk in rio -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Actividades na e-trad no mes de Xuño..
http://e-tradvigo.blogspot.com/
(texto engadido o día 4/ / 6/ / 09 )
Audición Requinta e Corda Pulsada, venres 5 , 19h

As aulas de requinta e corda pulsada en audición pública, no Salón Auditorio da e-Trad o venres 4 ás 18h. Entrada libre




Festa de Fin de Curso 2008-2009. Venres 26. 18 h.

Celebraremos xuntos o primeiro ano escolar da e-Trad nunha xornada festiva con tempo para o concerto, o baile e a gastronomía. Alumnos das distintas especialidades da escola interpretarán os mellores momentos das audicións que se fixeron durante o curso. O Conxunto Instrumental de 2º curso interpretará unha suite de temas tradicionais e, a continuación, serán os grupos e solistas que se apunten os que comezarán o baile que durará ata as 21 h. Non falles!!




A e-Trad no II Encontro Galego de Escolas Municipais de Música

O Conxunto Instrumental da e-Trad participará no II Encontro Galego de Escolas Municipais de Música. Será o vindeiro 21, domingo, ás 12 da mañá nos xardíns de Montero Rios (xunto ao Náutico) en Vigo.

Noticia enviada por Foliadeiro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



WOLFSTONE, primeira banda internacional confirmada do Festival Ortigueira’09
http://www.festivaldeortigueira.com/noticias/noticia.php?id_noticia=315&lang=gal
(texto engadido o día 4/ / 6/ / 09 )


O grupo escocés Wolfstone formará parte do cartel artístico do próximo Festival Ortigueira. É o primeiro grupo internacional confirmado da cita folk, organizada polo Concello de Ortigueira co patrocinio de Xacobeo, de Estrella Galicia e da Deputación da Coruña, que alcanzará do 9 ao 12 de xullo a súa XXV edición.



A formación, fixa na maioría das quinielas de favoritos dos afeccionados, será o sábado 11 de xullo un dos pratos fortes da oferta do Escenario Estrella Galicia, un palco que dará cabida, un ano máis na súa programación, a sons celtas e outras músicas de raíz europeas.

A banda que lideran o violinista de Inverness Duncan Chisholm e Stuart Eaglesham (guitarra acústica, voz) volverá pisar as táboas de Ortigueira, tras seis anos de ausencia. Farao cunha formación renovada e cun produto evolucionado, que se sustancia no seu décimo traballo discográfico, "Terra firma", no que gañan peso os temas cantados.

Máis de dúas décadas de traxectoria permiten presentar a Wolfstone como paradigma do entendemento entre o folk tradicional e o rock máis duro. Isto tradúcese en directos enérxicos, nos que non faltarán as palmas e os saltos do público, aínda a pesar de que o grupo que asinaba o disco "Not Enough Shouting" (balbordo insuficiente) temperouse.

A batería de Alyn Cosker domina a impoñente base rítmica deste sexteto de virtuosos que completan Stevie Saint (gaitas escocesas e flutas), Colin Cunningham (baixo) e Davie Dunsmuir (guitarra eléctrica), ademais das pezas fundamentais da banda, o dúo fundador.

En 2009, Wolfstone volverá a asomar ao Escenario Estrella Galicia. Consciente de que garante festa ao grande, o Concello confiaralle aos escoceses o día grande do Festival. A presenza da banda no cartel é, dende aquel 2003 en que trunfaron con "Almost an island", unha demanda continua dos folkies.
- Wolfstone- Ortigueira -

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Aberto por Reformas, pechado por Feijoo
http://www.crtvg.es/asfroot/acarta_rtg/02-xuno-2009_19.05.asx
(texto engadido o día 3/ / 6/ / 09 )
O 17 de Maio manifestabamonos en defensa da lingua galega. Mais esta defensa non pode limitarse a unha paseo ata a Quintana.
E non só hai que defender escolas en galego, hai que defender a presenza do galego en tódo-los ambitos, e o musical é MOI IMPORTANTE.
E se deixamos que desapareza un programa como Aberto por Reformas, sen facer o menor ruido, estamos cometendo un grave erro.

Noticia enviada por Arturo

+ 16 noticias relacionadas

14 comentarios
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]