Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


'TERRA DE SOÑOS', O VINDEIRO MARTES EN FERROL
http://www.fuxanosventos.net/nova.php?filId=15&filLin=G
(texto engadido o día 21/ / 8/ / 09 )


Fuxan os Ventos estarán de novo sobre os palcos, desta vez coa actuación en Ferrol o próximo 25 de agosto (Praza de Armas, entrada de balde), dentro das Festas de Verán da cidade e do programa Vai de Camiño do Xacobeo. Lembremos que Fuxan os Ventos voltaron aos escenarios, tras case unha década, o pasado mes de outubro, cun dúas actuacións no Auditorio de Galiza, en Compostela. O espectáculo 'Terra de Soños', que agora se traslada á cidade ferrolá, verá a luz a finais deste ano en formato digipack (CD + DVD).

Na escenificación da estreitísima vinculación entre a canción popular galega e as novas formas de expresión do noso folk atópase o eixo que vertebra este Terra de soños: Fuxan os Ventos contará co acompañamento dunha banda dirixida por Xosé Lois Romero, artífice tamén dos arranxos instrumentais para este proxecto, e de dous dos nomes máis senlleiros da música galega: Xabier Díaz (Berrogüetto) e Nova Galega de Danza.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV Festa da Pandeira en Piornedo
http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/modules/news/article.php?storyid=973
(texto engadido o día 20/ / 8/ / 09 )


Sábado 22 de Agosto levarase a cabo unha nova edición da Festa da pandeira na localidade de Piornedo (Lugo). Esta actividade está organizada pola A.C. O Teixeiro e o Grupo Polavila, que contan coa colaboración da Área de Cultura da deputación de Lugo, dependente da Vicepresidencia Primeira.

TOCADORAS/ES ASISTENTES:

Cecilia de Coro (Piornedo, Lugo), Pilar de Marelo (Piornedo, Lugo), Inés de Naipes (Donis, Lugo), Aurelia da Fonte (Villaver, Lugo), Virginia de Santin (Noceda, Lugo), Fernando da Casanova (Vilanova do Pedregal, Lugo), Argentina Frey (Prado, León), Dulcinea Villar (Paradiña, León), Carmen Álvarez (El Poblado, Asturias), María e Arcides González (Trabao, Asturias), Cándida González (Trabao, Asturias), Esther e Valentina González (Lumeiras, León), Laura Osorio (San Martin de Moreda, León), Adelaida González (Vilarmeirín, Asturias), Rosa Abella (Espinareda de Ancares, León), Nélida Osorio (Espinareda de Ancares, León)

PROGRAMA:

13.00 h. Acollida
Chegada das tocadoras a Piornedo desde os seus lugares de residencia, presentaciois. etc.
14.00 h. Xantar homenaxe
Asistencia con invitación. Xantar homenaxe ás tocadoras asistentes na escola de Piornedo, coa idea de reforzar lazos de fraternidade.
17.00 h. Actuacións
Asistencia libre. As tocadoras que o desexen realizarán diversas interpretaciois coa pandeira.
20.00 h. Sesión nocturna
lnterpretacións expontáneas para baile a cargo dos músicos e cantadores que sempre hai entre o público asistente.

1 comentario
:: Enlace a esta nova ::



1º Concurso de CUTREMETRAXES de Freixo
cutremetraxes.freixo.net
(texto engadido o día 20/ / 8/ / 09 )



1º Concurso de CUTREMETRAXES de Freixo

Para todo aquel que con cámara de afotos ou video queira facer unha chapuziña audiovisual.

ANÍMATE E MANDA A TÚA PELÍCULA

Consultade as BASES do concurso:

TEMÁTICA:
A temática das curtas e libre, ainda que a organización resérvase o dereito de non admitir as películas inadecuadas por: falta de cutrez, excesivamente violentas...
DURACIÓN:
As curtas terán unha duración máxima de 10 minutos.

SOPORTE:
As curtas serán entregados en DVD ou poden ser descargadas na web:http://cutremetraxes.freixo.net (neste caso non superará os 100 megas). A resolución non deberá ser inferior 640x480 pixeles.
ENTREGA:
O DVD será entregado nun sobre pechado donde indique o seguinte:
1º Concurso de Cutremetraxes de Freixo, Título da obra, nome do autor, Teléfono e correo electrónico (opcional).
Cada autor/es pode entregar ata un máximo de tres películas diferentes.
Lugar de entrega: "Biblioteca de freixo", Estrada de San Xoan nº 264, Freixo Valladares.
CP: 36315 VIGO.
PRAZO DE ENTREGA:
Ata o domingo 13 de setembro.
PREMIOS:
As proxeccións e FESTA CUTRE con entrega de premios serán o primeiro fin de semana de outubro no Barrio de Freixo, Valladares-Vigo.
Haberá tres premios:
1º. 100€
2º. 75€
3º. 50€
Os premios serán decididos a votación popular.

Ou no teléfono: 653 025 708 (César)

MÁIS INFORMACIÓN EN: http://cutremetraxes.freixo.net
Ou no teléfono: 653 025 708 (César)
- cutremetraxes- freixo- curtametraxes- curtas -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VII EDICIÓN DO FESTIVAL TERRA BRAVA - 23 de Agosto no Incio

(texto engadido o día 14/ / 8/ / 09 )


As actividades inclúen música de rúa, un xantar popular, xogos para os cativos e maiores, e concertos pola noite

Un ano máis, a Asociación Cultural Terra Brava, en colaboración coa Asociación Cultural A Ouriceira, organiza o festival Terra Brava na localidade de O Incio (Lugo). Trátase dunha festa que camiña xa pola VII edición consecutiva procurando en cada unha delas a participación de todo o pobo a través das distintas propostas, tanto musicais como de animación e gastronómicas.
As actividades comezarán pola mañá coa actuación do grupo de gaiteiros do Incio Arandela, que animarán as rúas da vila e os prolegómenos do xantar que se celebra cada ano no mesmo lugar do festival, e ao que asisten máis de 400 persoas. A sobremesa tamén estará animada polos gaiteiros e músicos espontáneos que queiran sumarse á festa. Segundo un dos organizadores, Carlos Núñez, o xantar e un dos momentos que máis gusta aos asistentes xa que “supón un punto de encontro entre varias xeracións das distintas familias e persoas que acoden, algunhas das cales residen fora e soamente se reúnen nestas datas de verán”.
Pola tarde está prevista a realización de varios obradoiros de xogos para cativos e maiores e a animación musical do home orquestra Cé Orquestra Pantasma, quen tamén actuará pola noite completando o cartel do Festival cos grupos Tanto Nos Ten - a revelación do ano na música tradicional -, e Os Cuchufellos, que dende Manzaneda nos traen unha explosiva festa de fanfarria balcánica ao xeito máis galego.
O festival que se celebra no Incio leva o nome que o finado escritor Ánxel Fole lle daba a estas terras nas que viviu unha tempada, a Terra Brava. Este é tamén o título dun dos seus libros, no que se refire en varias ocasións aos costumes e paisaxes do lugar. Curiosamente, a festa lévase a cabo nunha pequena carballeira situada na estrada que vai dende O Incio a Hospital, pola que tantas veces paseou o escritor, ao final da rúa Ánxel Fole dedicada na súa memoria.

- Cé Orquestra Pantasma- Tanto nos Ten- Cuchufellos- Incio- Terra Brava -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXX Festa do GAITEIRO. 22 de Agosto de 2009
http://www.forcarei.com.es/pan2.asp?idm=1&tit1=Novas&tit2=%20%20%20Noticias&img=&tab=contido&id
(texto engadido o día 13/ / 8/ / 09 )


O Día 22 De Agosto (Sábado), En Soutelo De Montes, Forcarei,


10:00 H. – Pasarrúas De Bandas De Gaitas

10:30 H. – Apertura Da Feira De Artesanía

11:00 H. – Actuación Do Grupo De Música Tradicional Pai Da Cana

12:00 H. – Actuación Da “Asociación Folclórica O Fiadeiro”

13:00 H. – Benvida Do Alcalde

13:10 H. – Pregón Por D. Avelino Senra Varela

13:20 H. – Entrega De Medallas

13:40 H. – Interpretación Da Muiñeira De Chantada E Do Himno De Galicia

13:50 H. – Actuación Da Banda De Gaitas Municipal De Forcarei

18:00 H. – XI Concurso De Gaiteiros Avelino Cachafeiro “O Gaiteiro De Soutelo”

20:00 H. – Actuación Do Dúo Arpa Céltica & Fiddle

20:30 H. – Entrega De Premios

22:30 H. – Concerto Na Praza Da Igrexa

Diplomáticos Do Acordeón

Xarín

Mutenrohi
- Soutelo de Montes- Pai Da Cana- Diplomáticos do Acordeón- Xarín- Mutenrohi -

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



FESTIVAL FOLK - Leirado (Salvaterra do Miño)
http://nuriagesteira.spaces.live.com/blog/cns!FE3F3A3688EC7B70!3318.entry
(texto engadido o día 13/ / 8/ / 09 )


Por primeira vez Leirado (Salvaterra de Miño) aposta pola música do país para comezar as festas na honra de San Roque. O prato forte do día 15 de agosto é o Festival Folk no que participarán Pradairo, Tiruleque e Clave de Folk.
- Pradairo- Tiruleque- Clave de Fol -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



As Nosas Músicas, 2009 en Couso - A Estrada

(texto engadido o día 11/ / 8/ / 09 )


VENRES 14 DE AGOSTO no Campo da Festa de Couso - A Estrada.

Comenzamos pola noitiña . 21:00h.
Serán .
DE TORDOIA A TOUTÓN
TREBOEIROS DA MUIMENTA

para continuar
PABLO SEOANE
ARDENTÍA
TIRULEQUE
MAGNIFIQUE BAND dos HOMES SEN MEDO

para rematar FOLIADA ABERTA ata que sexa de día.



Tamén anunciar que o día 15 e día 16 de agosto continuamos de PARRANDA e estamos todos convidados as Festas Patronais da Parroquia.

FESTAS DA NOSA SEÑORA E O SANTISIMO.COUSO 2009

Dia 15: NOSA SEÑORA
Sesión Vermut: 14:30 h
- C.C. A Ponte Vella
Noite: 22 30 h.
- MAGNIFIQUE BAND dos HOMES SEN MEDO
- MARFUL SEXTETO
- TURRES BAND

Dia 16: SANTISIMO
Sesión Vermut: 14:30 h.
-Tamparrantán
A Partir das 22:30 h.
-Concerto da Banda Municipal de A Estrada
-Os Alegres da Buraca
-As Pandereteiras de Toutón
-Sesión de Baile ca Banda Municipal de A Estrada


- Nosas Músicas- Couso -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV SERÁN DAS TARAMBAINAS

(texto engadido o día 10/ / 8/ / 09 )


Un ano máis as Tarambainas estamos traballando na organización do que será xa o noso 4º SERÁN, a cita será o vindeiro sábado 12 de setembro a partir das 21.30h na AVCD de Lavadores, (Ramón Nieto, 302), pretiño do antigo cuartel de Barreiro.
Está previsto que se realice na pista polideportiva pero non vos preocupedes se chove, xa que teremos o salón principal da asociación habilitado para o que poida pasar.
Esperámosvos a todos con moitas ganas de festa... ¡¡¡NON FALTEDES!!!

- Serán -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXIII FESTIVAL DA POESIA DO CONDADO
www.festivaldapoesia.org
(texto engadido o día 5/ / 8/ / 09 )


XXIII FESTIVAL DA POESIA NO CONDADO 2009


Dia 4 de Setembro:

19.30 Exposicións: Pintura e fotografia
20.15 Proxeccións de audiovisuais: Mulleres da raia
22.30 Concerto nas minas: COVALBLU
(aforo limitado, reservas scdcondado@scdcondado.org;
Tlf. 986 658 036)
23,30 the TURRE'S BAND

Dia 5 de Setembro:

12.00 - Charanga SUR DO CONDADO
- CAMPEONATO ABERTO DE BILLARDA
- ARTESANATO E COLECTIVOS

17.00 - FESTA INFANTIL
- CURTAS PREMIADAS NO FESTIVAL DE CANS 2009

20.30 FESTIVAL POETICO-MUSICA

Apresenta: Carlos Blanco

Poetas: Anxo Angueira, Xabier Xil, Susana S. Aríns, J. Alberte Corral, David Pobra, Mario regueira, Dores Tembrás, CarlosmSantiago, Brais Glez., Manolo Pipas e Alberte Momán. Portugal:Filipa Leal. Brasil: Oscar Mourare.

GRUPOS: - COVALBLU ( FOLK FUSION -GZ)
- QUENPALLOU (FOLK - GZ)
- SKÁRNIO (SKÁ - GZ)
- JON LUZ (CABO VERDE)
- REVELIOM (DJ'S + HIPO-HOP - GZ)

Noticia enviada por SCD

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Semana Cultural de Zas
http://www.concellodezas.org/ga/web/index.php?dep=1&mod=age
(texto engadido o día 28/ / 7/ / 09 )


Martes, 28 de xullo
12:00 h.- Contacontos. "Os Soñoños" a cargo de Argallando.
11:00 h.- Concellos saudables. Charlas de hixiene dental, avaliación da condición física e beneficios da actividade física.
20:00 h.- Representación teatral da obra "A Aposta" a cargo do grupo Troula (Santa Comba).
22:00 h.- Cándido Pazó. "O falar non ten cancelas".

Mércores, 29 de xullo
11:13 h.- Pintura na rúa con David Planas.
18:00 h.- Exhibición de Bailes de Salón.
19:00 h.- Restauración: Concurso de Pinchos.
19:30 h.- Exhibición de Taekwondo.
20:30 h.- Representación teatral no Auditorio do Concello da obra "Drácula" a cargo da compañía Feminino Plural (Baio).
22:00 h.- Concerto Folk a cargo de Bulla Timpánica.

Xoves, 30 de xullo
11:13 h.- Pintura na rúa con David Planas.
17:19 h.- Obradoiro de artesanía con coiro e fieltro.
20:00 h.- Tarde Literaria. Presentación do libro
"Xeometrías Máxicas de Galicia" con Bieito Romero, e da novela
"Sidecar" de Alberto Lema.

22:00 h.- Música a cargo de A Requinta de Xián.

Venres, 31 de xullo
11:13 h.- Pintura na rúa con David Planas.
16:19 h.- Obradoiros de artesanía: Fiado do liño, Swarovski, cestería, coiro e percusión.
20:00 h.- Pasarrúas. Batukada e capoeira.
21:00 h.- Música a cargo do grupo tradicional Arume.

Sábado, 1 de agosto do 2009
XXVI FESTA DA CARBALLEIRA

Noticia enviada por Leonardo Gris

- A Requinta de Xián- Xeometrías Máxicas de Galicia- Arume- Carballeira- Zas -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festas en Vigo - Selección de Malmequer
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=66899
(texto engadido o día 27/ / 7/ / 09 )


5 agosto: Juan Perro e Narf no Peirao de Trasaltánticos

6 agosto: Kogito, Ganjahr Family e Álvaro Costas na Praza da estrela

7 agosto: Emilio Rúa na Praza da Constitución ás 23:00

7 agosto: Corisco, Lembranzas Galegas, Xirandola,... na Praza de Compostela ás 22:00

7 agosto: Brath no Peirao de Trasaltánticos ás 23:00

8 agosto: XIX Mostra do Traxe Tradicional na Praza de Compostela ás 22:30

9 agosto: Vigo Folk: OM-Off e orquestra Academia Sibelius

10 agosto: Vigo Folk: Da outra marxe na Praza de Compostela ás 22:30

11 agosto: Vigo Folk: Trasmundi na Praza de Compostela ás 22:30

12 agosto: Vigo Folk: Galandum Galandaina na Praza de Compostela ás 22:30

12 agosto: Fuxan os Ventos no Parque de Castrelos ás 23:00

13 agosto: Vigo Folk: Quempallou na Praza de Compostela ás 22:30

14 agosto: Vigo Folk: Toques de Caramulo na Praza de Compostela ás 22:30
- Narf - Corisco- Lembranzas Galegas- Xirandola- Brath- Fuxan Os Ventos- Quempallou- Vigo -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da prehistoria 09 - Mos
http://festadaprehistoria.wordpress.com/2009/07/06/festa-da-prehistoia/
(texto engadido o día 23/ / 7/ / 09 )


Festa da Prehistoria ´09

EU NON PEDÍN EVOLUCIONAR!!!

VENRES, 7 DE AGOSTO – DÍA DA INVOLUCIÓN

- Pola tarde: Chegada das tribos.

- Ó solpor: Proxección das Curtas da Prehistoria.

- Á noitiña: Música, con Cé-Orquestra Pantasma.


SÁBADO, 8 DE AGOSTO – DÍA GRANDE

- Pola mañá:

Obradoiros: útiles de pedra, arqueoloxía, elaboración de pan e pintura corporal.
Demostracións: tiro con arco e tiro con propulsor.
Compañía de títeres Tanxarina.
Grupo de percusión Bata-Unga.
Gastronomía: carne ó caldeiro, polvo á feira e asados.
- Pola tarde:

Ataque na cova: Enfrentamento entre as tribos participantes no Penedo da Pucha.
Recepción: Benvida ás tribos participantes e intercambio de agasallos.
Xogos Olímpicos entre as tribos e carreira de relevos Na Procura do Lume.
Construcción do monumento megalítico.
Invocación ós espíritos da Mámoa da Penacova co chamán Leo e Arremecaghoná.
- Pola noite concertos de:

O Leo i Arremecaghona
Skandalo GZ
La Tuna Rastafari.
A Banda Potenkim.



DOMINGO, 9 DE AGOSTO



Excursión as cobas naturais de Mos.

Coa colaboración do Clube de Espeleoloxía “Maúxo” visitaremos varias cobas naturais, algunhas delas catalogadas coma patrimonio arqueolóxico. Ademáis visitaremos varios lugares de interés histórico: a mámoa e o petróglifo do Salgueirón, o xacemento do Calcolítico de Pedradita, o Coto dos Castros e o Castelo.

Saída: ás 10 da mañá, do Pazo de Mos.

Chegada: ás 13:30 h. aprox.

A ruta faise en vehículos todoterreo cedidos por Rofervigo, S. L.

Para asistir é imprescindible a inscripción previa na seguinte dirección de correo electrónico:

festadaprehistoria@gmail.com

Do 15 de XULLO Ó 15 DE AGOSTO:

Exposición “Mostra da Prehistoria” No Pazo de Mos.
- Orquestra Pantasma- Leo i Arremecaghona- Skandalo GZ- Tuna Rastafari- Banda Potenkim- Mos -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Vikinsons - Música na Festa Vikinga de Catoira

(texto engadido o día 22/ / 7/ / 09 )



- Noise Project- Som do Galpom- Guezos- Tonhito de Poi e Rasa a Loba- Catoira -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Carballeira de Zas
http://festadacarballeira.multiversonetworks.es/galego/index.html
(texto engadido o día 21/ / 7/ / 09 )



- Ruote- Mutenrohi- O sonoro maxin -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Fraga 2009 (As Pontes)

(texto engadido o día 21/ / 7/ / 09 )



- Luar Na Lubre- Leña Verde- Bonovo- Muxarega- As Pontes -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Dorna 2009
http://www.eniac-informatica.com/dorna/cadernodebitacora2009.pdf
(texto engadido o día 21/ / 7/ / 09 )


Programa completo no enlace


MERCORES 22

18:01 – ROCK&DORNA no parque Jarsia Bayon donde 9 marabillosos grupos locais de todos os estilos deleitaran os presentes cas suas mel odiosas voses ata as 3 da mañan.

Entre medias a eso da 22 horas habera SARDIÑADA de clo-cló (jodechinchos al ataque) cortesía de Serrans + Marrans que este ano selebran o seu 5º aniversario na Festa. Colabora Conxelados Coyomar.

19:30 – Maratasón dorneiro. Un ano mais duras probas esperan os nosos espartanos luchadores nas fanequeiras donde os malvados persas dos Carallos de Rei faran mil e unha escabechinas para que nincún cheje á final.

XOVES 23

16:12 – XIX Xojos e Deportes Populares Versión Mar no porto ribeirense donde os nosos ajerridos dorneiros volveran dar conta das suas habilidades a hora de pescar muxos ou de darse un bañiño entre a morca do muelle do jas dende o pau ensebado, no que o noso presidente nos amosara a milanaria arte do “Planchón no lombo” mel lorada ano a ano.

20:01 – Jran Premio Icaro de Voo Sen Motor no muelle jrande, os toliños do pueblo tiraranse ó mar con obxetos creados para voar pero que o final solo sirven para esmorrarse contra o mar.

22:08 – Exame de Patróns, donde as novas peñas demostraran que están totalmente capasitadas para entrar a formar parte da mel lor festa do mundo mundial e parte do estranxeiro.

22:76 – Macroqueimada Dorneira (tamén de clo-cló)

00:31 – Consiertaso no malicón a cargo de CHOTOKOEU e RECAMBIOS TUCHO

VENRES 24 DIA DA DORNA

11:43 – Expovarada de embarcasions no malicon para percorrer o camiño ata coroso blue beach donde tera lugar....

13:11 – XX Rejata de Embarcasions Feitas á Machada e Propulsadas a Pan de Millo. Jran Premio Cutre Sark e Jran Premio Luis Putton de Vela. Donde dusias de miles de obxectos flotantes surcaran as cristalinas ajuas da ria de arousa nun campo de rejatas de 2x3 millas nauticas

15:03 – Romaria Dorneira no chirinjito de coroso (a comer de clo-cló ajain)

16:21 – Campionato Mundial de Chinchimonei

16:42 – Concurso de Ji-Jó

19:54 – Top-secret. Un secreto mais importante que a reseta do producto antiedad de marujita dias percorrera as ruas da novena antes de irse para sempre por donde chejou

22:00:001 – Jrandiosisimo Consierto no malicon a cargo das marabillosas bandas

• La vaga Banda • Konsumo Respeto • Eskakeo • Familia Iskariote

luses, sonido e protesis de cadeira saltando polos aires faran as delisias dos asistentes a este broche magnifiquisimo.

05:98:76 – Entonasion do miudiño e arriada da pañoleta con pasaruas a cargo dos Kilomberos de Monte Alto

SABADO 25

23:00 – Baile de Gala no Mercantil. Aviso da orjanisasion. Aqueles machos que non veñan con traje de tres pesas e aquela damas con escote inferior a 30 cm. medidos para abaixo a partir do canalillo, absteñanse de presentarse na entrada

Noticia enviada por foliadeiro

- Festa da Dorna- Chotokoeu -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



X Romaria Galega na Pontraga - Tordoia
http://brisasdoquenllo.blogaliza.org
(texto engadido o día 20/ / 7/ / 09 )


Grupos de baile de tódalas idades e de distintos puntos da xeografía, teatro de rúa, xantar popular, o Cego do Viso, Bouba Pandereteiras, Tombalobos Orquestra....

Acheghádevos ata a Pontraga o 25 de Xullo para axudarnos a facer unha boa festa!!!!

Noticia enviada por A.C. Brisas do Quenllo

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Festa do Viño da Casa (Saxamonde - Redondela)
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=66666
(texto engadido o día 17/ / 7/ / 09 )


Un ano máis, Saxamonde prepárase para unha fin de semana de degustación de caldos caseiros. Un extenso e variado programa de actividades acompañará a celebración desta nova edición da Festa do Viño da Casa.

A Asociación Centro Social Deportivo Cultural “Chan das Pipas” de Saxamonde (Redondela) organiza a II Festa do Viño da Casa. A presente edición pretende dar continuidade aos obxectivos marcados hai un ano, así como consolidar e ampliar a iniciativa. A Asociación Cultural “Chan das Pipas” pretende, desde o traballo diario, dinamizar a vida social e cultural da parroquia de Saxamonde e a súa bisbarra. O colectivo desenvolve diversas e variadas actividades ao longo do ano que procuran dar conta dunha maioría de vontades na parroquia. O ampolo elenco de cursos, as festividades anuais celebradas ou as xornadas de convivencia propostas obteñen unha crecente participación por parte da veciñanza da parroquia así como por persoas de toda a comarca.

A II Festa do Viño da Casa terá lugar os días 18 e 19 de xullo e reunirá nesta fin de semana a diversos produtores domésticos de viño de Saxamonde e arredores para que oferten os seus caldos aos visitantes. Calquera persoa que queira poderase achegar para degustar os viños e acompañalos de carne ao caldeiro, polbo e empanada a prezos populares. A Área Recreativa e Chan das Pipas, onde se celebra a festa ten unhas condicións idóneas para o estacionamento e o goce dun entorno natural e agradábel.

Desde a Asociación Cultural “Chan das Pipas” consideramos que celebracións desta natureza poñen en valor a elaboración do viño artesán mais non só. Pretendemos contribuír á promoción de Saxamonde, e Redondela, dinamizando os seus espazos e ofrecendo posibilidades de lecer, ao tempo que potenciamos e renovamos os nosos elementos de identidade cultural.
A II Festa do Viño da Casa conta cunha programación ampliada respecto do ano pasado que inclúe unha exposición de fotografía histórica da parroquia, onde colaboración ducias de veciños; a demostración do traballo do alumnado de diferentes cursos de baile impartidos durante todo o ano; un concerto de música folc coa presenza de OS CARUNCHOS; sesión vermú coa Orquestra de Saxos de Redondela; un xantar popular o domingo e posterior xornada de xogos populares e tradicionais.

A festa terá lugar na Área Recreativa de Chan das Pipas na parroquia de Saxamonde (Redondela) e conta co patrocinio das concellarías de Cultura e Participación Cidadá do Concello de Redondela así como da Comunidade de Montes en Man Común de Saxamonde.

Como chegar: No Alto de Os Valos, na extrema de Redondela con Mos na N-550, vírase cara o Aeroporto. A uns 400 m. tómase á dereita e, 50 m. despois á esquerda. Haberá indicadores dende o desvío da N- 550.


PROGRAMA DA II FESTA DO VIÑO DA CASA

Sábado 18 de xullo:
18:00 Apertura de casetas de viño e petiscos (carne ao caldeiro, polbo e empanada)
Inauguración da exposición fotográfica:
"Xente, momentos e lugares de Saxamonde"
20:00 Demostración da Escola de Baile Moderno de Saxamonde e da Escola de Baile Latino Vigo-Salsa.
21:00 Pasarrúas a cargo do grupo “Os de sempre” de Lavadores
22<:00 Concerto de Música
Pandereteiras “As Tarambainas” de Lavadores
Regueifeiros de Galicia (improvisación en verso)
OS CARUNCHOS

Domingo 19 dexullo:
11:30 Reapertura de Casetas
13:00 Sesión vermú a cargo da Orquestra de Saxos de Redondela.
14:00 Xantar Popular
17:30 Xornada de Xogos Tradicionais e Populares (para cativos e maiores)
19:30 Monicreques a cargo de TANXARINA

Noticia enviada por foliadeiro

- Festa do Viño- Saxamonde -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Festival Antrospinos

(texto engadido o día 10/ / 7/ / 09 )


O festival que xa leva uns meses sendo 'presentado' a través do ApoloGhit polos rapaces de Jabon Blue coa súa canción Batume xa ten pechado o programa de actuacións que se celebrará os días 31 de xullo e 1 de agosto (venres e sábado) no Campo Maneiro, en Taragoña. Asistirán o primeiro día, Canijos sin Fronteras, Súper Sandwich, Quempallou e Os Tres Trebóns, e o segundo día, Machina, Yoplay, The Homens e The Majestics. A zona, unha coñecida área recreativa na que tamén se celebran as festas do pobo, estará acondicionada para a acampada, con duchas, baños portátiles e puntos de comida e bebida. Polo día haberá actividades varias para que a xente non se aburra.


- Festival- Antrospinos -

4 comentarios
:: Enlace a esta nova ::



X FOLK DE CALLOBRE

(texto engadido o día 8/ / 7/ / 09 )


Lembrade haberá pulpeiro, sitio de acampada, artesáns, queimada, e moita FESTA…..
Tamén hai autobús dende a praza da farola a Callobre ás 22:30 e ás 23:30h o xoves e o venres, regreso as 03:30h

- Callobre- Folk- Matamulleres - Os Carunchos- Treixadura- Pé de boi- Regueifeiros -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]