Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


XI Festa do viño novo de Arentei (Salvaterra do Miño)
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=72524
(texto engadido o día 7/ / 11/ / 09 )



Noticia enviada por Foliadeiro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada dos Cativos en Bueu
http://www.blogoteca.com/retrouso/index.php?cod=71984
(texto engadido o día 7/ / 11/ / 09 )


Este sábado 7 de novembro Retrouso organiza no centro de Bueu, baixo carpa, a primeira Foliada dos Cativos. Empezará ás 17.30h da tarde, ao lado da praza de abastos de Bueu.

Haberá magosto popular e escenario con equipo de son aberto á libre participación.

Coa Foliada dos Cativos a idea é ofrecer un punto de encontro e unha oportunidade para que toquen e bailen os máis pequenos: que suban ao escenario, que fagan súa a festa, que vexan que outros rapaces e rapazas tamén tocan e bailan, que compartan os seus gustos.

Por suposto, o escenario tamén estará aberto para os adultos, pero dando prioridade aos máis novos, mentres comen unhas castañas.

O Concello de Bueu colabora coa iniciativa, inserida no marco das Festas de San Martiño.

Noticia enviada por Leonardo Gris

- Foliada- Bueu -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



MAGOSTO POPULAR

(texto engadido o día 23/ / 10/ / 09 )


O día 24 de outubro no torreiro da festa de Matamá (Vigo) celebrarase un Magosto Popular coa seguinte programación:

16:00 h MUSICANDAINA sendeirismo para nen@s
Percorrido por Matamá . Polo camiño actuará o contacontos
SAÚL. (A saída será dende o torreiro de Matamá. Se chove
faranse actividades na carpa).

18:30 h "CODIA E MIOLO" Espectáculo de animación para nen@s

19:30 h Reparto de castañas. (Cunha consumición castañas gratis).

20:00 h OBRADOIROS: cabazas do samaín, confección de
instrumentos musicais, xogos tradicionais, maquillaxe para nenos...

22:00 h "OS TREBELLOS DO MORRAZO" grupo de música tradicional.

23:00 h SERAN POPULAR trae o teu instrumento e participa.

00:00 h QUEIMADA

¡¡¡ ENTRADA DE BALDE. HABERÁ CARPA POR SE CHOVE!!!

Noticia enviada por www.frouma.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



23-25 outubro: Espazo Activo da Ulla. A.C. San Campio
http://www.concellodevedra.com/?q=gl/node/378
(texto engadido o día 20/ / 10/ / 09 )


Os vindeiros dí­as 23, 24 e 25 de outubro terá lugar en San Miguel de Sarandón - Vedra o Espazo Activo da Ulla; un programa de actividades alternativas para os xóvenes; aberto ao público en xeral.

Venres 23 de outubro, Casa da Cultura

20:00 h. FORM-ARTE: Mesa redonda: “Asociacionismo, participación e cultura”.

22:00 h. TEATR-ARTE: Grupo de Teatro Tira e Afloxa. Obra: “Onde vai o cabalo de Santiago”

* Sábado 24 de outubro

Casa da Cultura

18:00 h. ANIM-ARTE: Obradoiros altenativos, xogos de animación.

Campo da festa

FESTEX-ARTE + MAGOSTO (castañas de balde)

22:00 h. Circo: “Feira Máxica Lafayette” co mago Cayetano Lledó
23:00 h.  Batucada “La Torzida” (Valladolid)
              Cé Orquestra Pantasma (home orquestra)
              Os Cuchufellos
 
* Domingo 25 de outubro, campo da festa

13:00 h. Sesión vermú ”“ Xantar tradicional (reservas: 660 327561-622 064464 / é preciso retirar invitación: 15 €)
FOLIADA: A Requinta da Laxeira, A Gaita de Sarandón, Os Esfolladores de Illobre, Retrouso (Ouzande), Regatos de Matamulleres (Callobre), Os Ke ai, Bouba Pandereteiras (Tordoia), Gaiteiros do Pedroso (A Coruña)

* Haberá carpa
*A participación en tódalas actividades será aberta e de balde.

Esta actividade está organizada pola Asociación Cultural San Campio e conta coa colaboración de: Concello de Vedra, Deputación da Coruña e Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Noticia enviada por Foliadeiro

- Cé Orquestra Pantasma- Os Cuchufellos- Requinta da Laxeira- Gaita de Sarandón- Retrouso- Vedra -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa pre-mani: QUEREMOS GALEGO
http://www.queremosgalego.org/
(texto engadido o día 17/ / 10/ / 09 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



18 de Outubro, Manifestación en Santiago de Compostela: QUEREMOS GALEGO
http://www.queremosgalego.org/
(texto engadido o día 17/ / 10/ / 09 )


Saída dende a Alameda ás 12 da mañá

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Radio 3 (RNE) retransmitirá en directo a actuación de Fuxan os Ventos en Lugo
http://www.fuxanosventos.net/nova.php?filId=16&filLin=G
(texto engadido o día 9/ / 10/ / 09 )


Radio 3 (RNE) retransmitirá en directo a actuación de Fuxan os Ventos en Lugo o próximo 12 de outubro (Praza Horta do Seminario, entrada de balde), dentro do programa de Festas de San Froilán da cidade amurallada. O concerto dará comezo ás 21:00 h.

Acompañando ao grupo estarán desta vez Xabier Díaz (Berrogüetto), Guadi Galego (Berrogüetto, Nordestinas), Pepe Ferreirós (Milladoiro), Nova Galega de Danza, Miguel Lustres e Sabela.
- Fuxan Os Ventos -

+ 2 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Clases de música da A.C. Fervenza de Ouzande (A Estrada)

(texto engadido o día 8/ / 10/ / 09 )


BAILAS? 2009-2010

CURSOS DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL CLASES DE GAITA, BAILE, PANDEIRETA E TAMBORIL


AC A FERVENZA DE OUZANDE (OUZANDE-A ESTRADA)

Dan comezo as clases deste novo curso. A Asociación convoca a todas as persoas interesadas a unha reunión que terá lugar o próximo sábado 10 de outubro no local do campo da festa ás 4 e media da tarde.

Os cursos que poñeremos en marcha serán:

• Gaita
• Pandeireta
• Tamboril
• Baile

Na reunión fixarase o horario definitivo das clases así como se informará aos asistentes do prezo das mesmas.

Ao remate da mesma terá lugar unha actuación por parte do grupo de gaitas da Fervenza. As persoas que veñan tamén poden traer os seus instrumentos.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I MAGOSTO DO RINCÓN

(texto engadido o día 8/ / 10/ / 09 )


Hora de comezo:
Venres, 09 de Outubro de 2009 ás 21:00
Hora da fin:
Sábado, 10 de Outubro de 2009 ás 2:00
Lugar:
Baixos da CASA DA XUVENTUDE DE CECEBRE: cervexería O Rincón. (Cecebre-Cambre-A Coruña-GALICIA).
Rúa:
Lugar Frais, 33
Cidade/Vila:
Cambre, Spain


O "I MAGOSTO DO RINCÓN", organizado pola cervexería "O Rincón" sita nos baixos da Casa da Xuventude de Cecebre (Cambre-A Coruña), ofrece unha noite de festa, a Nosa Música e magosto.
Dispónse de escenario libre para tocar.

¡Acudide con ganas de festa, apetito para as castañas e os vosos instrumentos musicais!.

*COORDENADAS PARA ACHEGARSE MEDIANTE G.P.S.:

-Segundo o TomTom: N 43.29416º, W 8.34498º
-Google Maps: 43.295787,-8.297169

Outro dato opcional para a procura no G.P.S. é o código postal: 15650 (Cambre-A Coruña).
- Magosto- Cecebre -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



REBULIR: ACTIVIDADES CURSO 2009/2010
http://rebulir.blogspot.com/2009/10/actividades-curso-20092010.html
(texto engadido o día 6/ / 10/ / 09 )


Tras presentar o pasado día 26 o curso e comezalo esta fin de semana agora damos a coñecer o que será o calendario de actividades para os vindeiros meses:


- 7 de Novembro: Magosto

- 19 e 20 de Decembro: IV Festival de Baile e Música Tradicional Rebulir, nesta edición contaremos con grupos Galegos, de Portugal, Castela e León e Asturias.

- 26 de Decembro: Obradoiro de Bailes Tradicionais Agarrados.

- 2 de Xaneiro: Inauguración da segunda fase da Exposición "Os tempos de Antes. Fotografías Antigas de Ramirás".

- 5 de Xaneiro: Cantos de Reis en Ramirás

- 24 de Abril: IV Noite de Fiadeiro. Con actividades durante toda a xornada.

- Maio - Agosto: III Concurso de Fotografía Antiga

- 26 de Xuño: Festa de Fin do Curso.
Durante o resto do ano iremos organizando máis actividades que aínda non están programadas: Charlas, Saídas, Actuacións, cursos... segundo se vaian concretando iremos concretándoas na páxina da asociación http://www.rebulir.blogspot.com/

- Rebulir -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



ACTIVIDADES CULTURAIS REBULIR CURSO 2009/2010
http://rebulir.blogspot.com/2009/10/actividades-curso-20092010.html
(texto engadido o día 5/ / 10/ / 09 )


Tras presentar o pasado día 26 o curso e comezalo esta fin de semana agora damos a coñecer o que será o calendario de actividades para os vindeiros meses:

- 7 de Novembro: Magosto

- 19 e 20 de Decembro: IV Festival de Baile e Música Tradicional Rebulir, nesta edición contaremos con grupos Galegos, de Portugal, Castela e León e Asturias.

- 26 de Decembro: Obradoiro de Bailes Tradicionais Agarrados.

- 2 de Xaneiro: Inauguración da segunda fase da Exposición "Os tempos de Antes. Fotografías Antigas de Ramirás".

- 5 de Xaneiro: Cantos de Reis en Ramirás

- 24 de Abril: IV Noite de Fiadeiro. Con actividades durante toda a xornada.

- Maio - Agosto: III Concurso de Fotografía Antiga

- 26 de Xuño: Festa de Fin do Curso.

Durante o resto do ano iremos organizando máis actividades que aínda non están programadas: Charlas, Saídas, Actuacións, cursos... segundo se vaian concretando iremos concretándoas na páxina da asociación http://www.rebulir.blogspot.com/

- Rebulir -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Iván Area: “A sociedade que non conserve o seu patrimonio inmaterial caerá no olvido”
http://bit.ly/2NQ9U3
(texto engadido o día 22/ / 9/ / 09 )
O Proxecto Ronsel, creado polas tres universidades galegas e a Consellería de Cultura, leva dende 2007 traballando para salvagardar, preservar e poñer en valor o Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) de Galicia, un labor que nunca terá fin, pero que é necesario para lembrar o que fai único a un pobo. Iván Area, coordinador de Ronsel, explica os obxectivos desta iniciativa.

Que é o patrimonio inmaterial?
Significa un xiro respecto da idea convencional de patrimonio. O que se fai non é ocuparse de prácticas supostamente non materiais, senón introducir unha nova maneira de considerar o que pode ser patrimonio: chamar a atención sobre prácticas contemporáneas que sexan protagonizadas por calquera membro vivo da sociedade, en vez de limitarse só ao conxunto de bens –monumentos, memoria de personaxes históricos, arquitecturas– que unha entidade autorizada nomea como patrimonio e que son obxecto de contemplación pasiva.

Algún exemplo concreto?
A lingua, a música, o baile e a danza, os oficios, os coñecementos tradicionais para traballar a terra e o mar, os xogos... As prácticas máis doadas de observar e de propoñer como patrimoniais son as tradicións porque son formas que se repiten e nas cales participa un sector representativo da sociedade. Estas prácticas teñen un denominador común: compóñense de contactos sobre todo tipo de soporte, de xestos, de movementos e de interaccións.

E se alguén lle preguntara que utilidade práctica ten?
Desde a nosa perspectiva o patrimonio inmaterial de todos os pobos, no que están incluídos os coñecementos necesarios para vivir da terra, dos mares, en fin, da interacción coa natureza, son os que han ocupar o lugar que deixará esta sociedade devoradora da natureza, construída sobre o usos e o abuso de recursos naturais non renovables. Por iso débense mobilizar e logo patrimonializar aquelas prácticas que teñan utilidade para os humanos, agora ou no futuro. Unha sociedade construída a partir dos PCI locais sería, sen dúbida algunha, unha sociedade máis pacífica, segura e sustentable.

Non adoita este tipo de patrimonio ser máis rico no mundo rural?
Foi a Unesco a que consensuou un concepto de patrimonio inmaterial pensado para recoñecer as achegas de moitos grupos humanos que non dispoñen de obras arquitectónicas visibles. Esta é a razón pola cal adoita asociarse ao ámbito rural, mais esa distinción é enganosa, pero calquera espazo da nosa sociedade, nas cidades tamén, produce patrimonios que teñen igualmente carácter material e inmaterial. Hai que explicar que se Ronsel privilexia neste momento as accións sobre o espazo rural e mariñeiro, porque desexa contribuír ao desenvolvemento económico e cultural dos lugares máis fráxiles.

Pois, que precisa unha tradición para que se lle outorgue a categoría de patrimonio?
Entre todas as opcións que recolle a Unesco na súa definición só quedan excluídas as tradicións, prácticas, etc. que non respecten a declaración universal dos dereitos humanos.

Cal é a meta do Proxecto Ronsel?
Ante todo, a salvagarda do patrimonio inmaterial, que segundo explica a Unesco, pasa por asegurar a súa viabilidade social e económica, incluíndo a súa identificación, documentación, investigación, promoción, difusión, protección e transmisión. A integración do PCI galego nos currículos do ensino obrigatorio en primaria e secundaria é un dos nosos obxectivos máis sobranceiros.

Non hai moitas iniciativas que teñan detrás ás tres universidades e á Xunta…
Non estou moi de acordo no feito de que resulte complicado integrar as distintas administracións nunha iniciativa como esta. Máis ben diría que, polo seu carácter integrador, o patrimonio inmaterial abrangue campos moi diversos da cultura galega e por iso resulta interesante para administracións de calquera natureza.

Chama a atención tamén que partan vostedes de estudos como unha análise DAFO, de puntos fortes e débiles. Bota a faltar esta perspectiva noutros proxectos culturais?
Evidentemente para levar a cabo un bo traballo hai que facelo empregando a metodoloxía máis integradora, que permita a participación sexa cal sexa o nivel científico e hoxe en día esta é a que propón a Unesco. Ademais, a análise DAFO, realizada por máis de 60 prestixiosos activistas e científicos culturais sobre o patrimonio, foi unha achega orixinal. Non imos falar doutros proxectos culturais pois neste país cada un fai o que pode. Nada se lle pode reprochar a quen traballa por amor á súa cultura.

En que proxectos están traballando actualmente?
Xusto vimos de rematar un libro en galego, castelán, francés e inglés sobre instrumentos musicais galegos que continúa na liña dun anterior sobre contos, e temos moi avanzados outros dous, un sobre oficios e outro sobre xogos tradicionais. Tamén traballamos na edición de tres grandes estudos, un sobre os oficios tradicionais, outro sobre a menciñaría e outro sobre a gaita de fol que será o tema dunha tese de doutoramento que se lerá a finais do ano que vén e que está financiada desde o proxecto Ronsel. Este ano programaremos tamén a terceira mostra de Patrimonio en Ourense e tamén comezamos un obradoiro de extensión universitaria. En fin, non paramos! E, por suposto, nunha colección de fichas que publicaremos neste xornal sobre construción de instrumentos, que irán acompañadas de vídeos que publicaremos no portal ronsel.uvigo.es.

Terá fin algún día o seu labor?
Ronsel é un proxecto realmente orixinal que fornece posibilidades de interpretación da diversidade das prácticas sociais para que as entidades se fagan cargo delas en políticas patrimoniais. Como tal, xamais esgotará o repertorio desas posibilidades, porque as prácticas sobre as que traballa son vivas, mudan e se transforman. Ronsel é un lubricante entre os poderes públicos e a actividade dunha poboación que lle busca saídas eficaces, dignas e rendibles ás manifestacións que deben ser transmitidas ás xeracións máis novas.

Non é utópico o seu papel?
Si, pois o patrimonio muda e adáptase constantemente, pero o que nunca se empeza xamais se remata. Aínda así, gustaríame incidir na utilidade que teñen este tipo de iniciativas, que contribúen á posta en valor da nosa cultura así como a transmisión dun legado cultural que, doutro xeito, pasaría desapercibido e que a sociedade non debe esquecer. Ronsel é fornecedora de posibilidades, que logo as distintas institucións e entidades deben aproveitar. Por iso buscamos traballar cun número elevado de prácticas, para que ao final algunhas delas cheguen a ser políticas patrimoniais definitivas.
- Ronsel- Patrimonio Inmaterial- Iván Area -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Folión de Fachas de Agucios 2009
http://www.komunikando.net/komunikajoomla/content/view/1807/62/
(texto engadido o día 21/ / 9/ / 09 )


O 25 de Setembro, e a partir das 22:00hs. a A.VV de San Martiño de Vilelos no concello de O Saviñao, vai celebrar, um ano mais, o Folión de Fachas de Agucios.

Este ano ademais dos actos habituais acompañarán o folión con concertos a cargo dos grupos:

Pachanga Divina
Cuchufellos

Ademais haberá um concurso de fachas con premios a facha máis longa que se poida poñer en pe (50€) e a facha infantil mellor feita (25€).

Acude a conmemorar esta festa única, de grande interese patrimonial e cultural.
- Folión- Cuchufellos -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Apertura da matrícula das actividades de tempo libre da Asociación Xacarandaina
http://www.vieiros.com/open/amosar/835/apertura-da-matricula-das-actividades-de-tempo-libre-da-
(texto engadido o día 21/ / 9/ / 09 )


Con motivo da apertura da matrícula das Actividades de Tempo Libre da Asociación Cultural Xacarandaina, cabe informar que dita matrícula comezará a partir do 1 de setembro para os socios en horario de 10:30 h a 12:30 h pola mañá e de 18:00 h a 21:00 h pola tarde, de luns a venres, e a partir do 7 de setembro para os non socios no mesmo horario.


Este ano conta con actividades de todo tipo e para todas as idades: folclore galego impartindo clases de baile tradicional galego, gaita, pandeireta e canto, acordeón, percusión e clarinete; artes plásticas impartindo clases de debuxo, pastel, óleo e acuarela; bailes latinos e salón; ximnasia de mantemento; encaixe de bolillos e guitarra.

Tamén cabe mencionar que, durante o ano, se realizarán cursos monográficos de folclore galego, roteiros de sendeirismo, excursións, visitas a museos, campamentos, ludoteca de Nadal, visita dos Reis Magos á Asociación, festa de Antroido etc.

As actividades son para todos os públicos, desde os 3 anos en adiante. Para nenas e nenos de 3 a 6 anos, a Asociación conta cun programa lúdico-educativo que leva por nome "Gorechos", que toma como base a cultura galega e que presenta dous obxectivos principais: iniciar a aprendizaxe do folclore galego e das artes plásticas e escénicas e favorecer o desenvolvemento integral da nena ou neno, nos ámbitos motor, afectivo, cognitivo e social. Este programa componse de 4 áreas: motricidade con soporte musical (iniciación ao baile e á danza), música activa (iniciación á música), reciclarte (iniciación ás belas artes) e cantocontocanto (iniciación á lectura, interpretación...)

As actividades comezarán o 1 de outubro e rematarán a finais de xuño e as clases se cubrirán por rigurosa orde de inscrición. A matrícula se realizará no local da Asociación: Rúa Historiador Vedía 3 - soto / 15004, A Coruña.
- clases -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I Festa do Rural
http://colectivomalaherba.blogspot.com/2009/09/i-festa-do-rural12-13-de-setembro.html
(texto engadido o día 9/ / 9/ / 09 )


Os vindeiros días 12 e 13 de setembro 09 vai ter lugar no torreiro da festa de Matamá (Vigo) a I FESTA DO RURAL. Este evento está organizado conxuntamente polo Colectivo Cultural Alternativo Malaherba e a Asociación Veciñal de Matamá. A programación será a seguinte:

SÁBADO 12
11H. Apertura da III MOSTRA ETNOGRÁFICA de Matamá. E postos de agricultura ecolóxica.
12H. Música tradicional e degustación gastronómica.
17H. OLIMPIADAS do campo e XOGOS TRADICIONAIS para nen@s e maiores. Anótate e participa! mais información en http://www.myspace.com/452018890. 20H. Programa INTERBARRIOS actuacións de grupos das AAVV de Valladares, Salgueira e Matamá. 22H. ZURRUMALLA música tradicional.

DOMINGO 13
11H. Demostracións de OFICIOS TRADICIONAIS. 12H. HOMENAXE OS MAIORES da parroquia. 13H. SETE CUNCAS música tradicional. 14H. Xantar popular (previa reserva tlf:678973583) 17H. Grupo TARXA música folc. 20H. CLAUSURA. (ENTRADA GRATUITA)

Noticia enviada por Foliadeiro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Fervenza de Músicas
http://carreiros.blogspot.com/
(texto engadido o día 9/ / 9/ / 09 )


A Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande presenta a segunda edición da FERVENZA DE MÚSICAS, II Foliada de Música Tradicional.

A cita musical terá lugar o próximo venres, 11 de setembro, a partir das 9 da noite no Campo da Festa de Ouzande, A Estrada.

Os grupos convidados son:

Os Xeitosos de Trazo
Regato de Matamulleres (Callobre)
Pana Raiada (Santiago)
Cé Orquestra Pantasma (home orquestra)
Retrouso (Ouzande)

+Foliada Aberta

O campo estará cuberto cunha carpa e haberá posto de polbo e Churrasco. Tamén se poderán adquirir as camisolas da festa.

Noticia enviada por Foliadeiro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II FOLIADA DE BRIBES
www.frouma.com
(texto engadido o día 7/ / 9/ / 09 )


O domingo 13 de setembro a partir das 22:00 h celébrase a II Folilada de Bribes, con bochinche de comida e bebida.

A partires das 21:30 h actuación de Con Canto Donaire.

Recorda vir co teu instrumento, a Festa non rematará mentres o corpo aguante.

Noticia enviada por www.frouma.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I FOLIADA DO VERÁN EN CECEBRE

(texto engadido o día 7/ / 9/ / 09 )


¿Qué mellor xeito de ir despedindo a tempada deste verán 2009 que cunha nova foliada?.

Os "Gaiteiros de Cecebre" de Pedro Lamas sempre estamos a pensar nunha vinveira foliada que organizar. Vainos a boa festa, o mesmiño que a tod@s @s amig@s que asisitiron e participaron nas anteriores edicións: a Nosa Música, o Noso Baile, risas, material para referescar as gorxas e festa sana da boa... ¡Somos así!.
De xeito que, seguindo o noso costume estacional xa establecido, convidámosvos a esta nova foliada:

¡A "I FOLIADA DE VERÁN EN CECEBRE"!.

Lembraredes que o motivo principal destas foliadas é a recuperación da Nosa Música nas terras de Cecebre (Cambre-A Coruña). É por isto que sempre agradecemos infinitamente a vosa meirande presencia e participación, xa que de non ser polo voso apoio a cousa xa non sería o mesmo. De feito o vindeiro Nadal cumpriremos o primeiro ano desta iniciativa.
Por todo isto:

¡MOITAS GRACIAS A TOD@S POR TOMARES PARTE, COMPAÑEIR@S! (e moita festa tamén) ;)
- foliada- cecebre -

1 comentario
:: Enlace a esta nova ::



Xa están aquí as Festas dos Axóuxeres
http://www.xunta.es/linguagalega/axouxeres
(texto engadido o día 3/ / 9/ / 09 )


Da man de Eli e Totó viaxaremos en tren, en barco, en globo e tamén nunha nave espacial e así chegaremos ao monte, ao mar, ao aire e ao sol. O obxectivo é atoparmos Pope, o grande amigo de Totó do que temos noticias grazas ao señor Carteiro, un emisario simpático, cariñoso e infatigable que é capaz de repartir cartas nestes insólitos lugares.

Con ritmos de Bluegras, R&B, Soul e Gospel a música será a compañeira da viaxe que comezará en branco e negro e que, pouco a pouco, irá adquirindo e amosando unha variadísima gama de cores.

A Festa dos Axóuxeres é un espectáculo para o teu bebé e para toda a familia. Axóuxeres é a primeira viaxe polas palabras para os cativos da casa. Vermiños, peixes, bolboretas e soles xa agardan por nós. Catro elementos, catro viaxes, catro transportes, catro cores, catro ritmos e catro amigos para aprendermos mil palabras. Vides ben dispostos para cantar, brincar, xogar, falar? A Festa dos Axóuxeres facémola xuntos!



Datas das Festas dos Axóuxeres 2009
5 de setembro: A Coruña. Paseo das Pontes. Ás 12.00 horas
6 de setembro: Ferrol. Praza da Constitución. Ás 12.00 horas
12 de setembro: Ourense. Parque Barbaña. Ás 12.00 horas
13 de setembro: Lugo. Horta do Seminario. Ás 12.00 horas
19 de setembro: Pontevedra. Praza da Ferraría. Ás 12.00 horas
20 de setembro: Vigo. Praza do Rei. 2 funcións: ás 12.00 e ás 17.30 horas
26 de setembro: Santiago de Compostela. Igrexa de Santa Susana (Alameda). 2 funcións: ás 12.00 e ás 17.30 horas
- Azouxeres -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Maís concerto de aCF no Festival dos Abrazos
http://folque.com/actualidade/nova.php?id=73&lg=gal
(texto engadido o día 21/ / 8/ / 09 )


En plenas festas galegas -Sta. María, o Santísimo, San Roque,...- aCF recomenda para este final de semana, os concertos que co-organiza no Festival dos Abrazos: "A gaita vai á igrexa" de Suso Vaamonde e Ernesto Campos o luns 24, "Cidades imaxinarias" da Cía infantil da AFI o xoves 27; Óscar Fernández o venres 28; Pandereteiras de Laxoso e Linho do cuco o sábado 29 no fin de festa dos Abrazos.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]