Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


Tributo a José Afonso en Cangas

(texto engadido o día 10/ / 3/ / 10 )


Sábado 13 de Marzo ás 20 h.30
Auditorio Municipal de Cangas

COLECTIVO ZECA AFONSO:
GRUPO NA VIRADA ( Galiza)
- Maria Xosé López: voz, zanfona, cavaquinho, percusión.
- Xico de Carinho: harmónicas, berimbau, percusión.
- Humberto Heredia,: guitarra,voz
- Rodri Martínez:, percusión galega, caixa, djembé.

JOSÉ PUMAR, (Galiza), voz, flauta, acordeón e percusión galega
TINO BAZ (Galiza), voz, guitarra, zanfona, gaita e percusión galega
ANA RIBEIRO (PORTUGAL), voz, guitarra

Este Coletivo constituiuse no ano 2009 para interpretar e dar a coñecer a obra deste fundamental cantor e compositor da música portuguesa, adheríndose, asemade, ás conmemoracións e ao Manifesto do 80 aniversario do seu nacimento (Agosto-2009-2010) da Asociación José Afonso de Portugal (AJA) (http://80anosdezeca.blogspot.com)

O Colectivo Zeca Afonso ofrecerá unha significativa mostra do repertorio de José Afonso nos seus diferentes estilos e épocas ( baladas, cantos de intervención ou de protesta, populares, solidarias,...). como Os Vampiros, Canto moço,Menino do Bairro negro,Alípio de Freitas, Balada de outono, Traz outro amigo também,A morte saiu à rua, Cantar galego, ou Virá de Coimbra, entre outros.
Para rematar, todos os membros do Colectivo cantarán os temas:
“O que faz falta” e o “ Grândola,vila morena”,.himno- contraseña que deu inicio á Revolución dos Caraveis e derrubou a dictadura salazarista.
José “Zeca” Afonso mantivo um forte vínculo coa Galiza, por mor das súas amizades, das súas actuacións e do seu enorme interes pola cultura e o idioma galego, como amosa o texto enviado á organización da Homenaxe Galiza a José Afonso, celebrado no Parque de Castrelos. Vigo,1985,
disculpando a súa asistenza debido á súa avanzada enfermidade.

-“APROVEITO ESTA OPORTUNIDADE PARA MAIS UMA VEZ AFIRMAR A MINHA GRANDE AMIZADE PELA TERRA E PELO POVO GALEGO COM O QUE AO LONGO DE ANOS MANTIVEM AS MELHORES RELAÇOES, E PARA MANIFESTAR TAMBÉM A MINHA INTEIRA SOLIDARIEDADE COM A LOITA PELO RECONHECEMENTE EFECTIVO DA LINGUA E CULTURA GALEGA”.
José Afonso
AZEITÃO, 30 AGOSTO 1985

N.B.-JOSE AFONSO EN CANGAS. Neste 2010 cúmplense 30 anos da actuación de José Afonso en Cangas. Foi no xa desaparecido Cine Calvar, um dia de Agosto do ano 1980.

- zeca afonso- jose afonso -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VENRESPIRAR 2010 - OURENSE
http://aoftou.spaces.live.com/Blog/cns!1E66A323EA02EEB2!4346.entry
(texto engadido o día 23/ / 2/ / 10 )


COMEZAN DE NOVO, OS VENRESPIRAR EN OURENSE!!!

FESTAS ITINERANTES DE MÚSICA E BAILE, ORGANIZADOS POR "ALGARAVÍA" E "AOFT GOMES MOURO".
REALÍZANSE EN DIFERENTES LOCALES DA CIDADE DE OURENSE E COINCIDEN ESTE ANO,
NO ÚLTIMO VENRES DE CADA MES
(COMEZAN AS 22:30)


ESTAS FESTAS ESTÁN ABERTAS A TODA A XENTE QUE QUEIRA VIR E PARTICIPAR, XA SEXA TOCANDO, BAILANDO, CANTANDO OU SIMPLEMENTE
TOMÁNDOLLE ALGO E DISFRUTANDO DO AMBIENTE

QUEDADES TODOS CONVIDADOS A VIR E PARTICIPAR

(Últimos venres de cada mes)
Febreiro....... Grándola
Marzo......... Liceo
Abril........... Efémera
Maio...........Ollo ledo
Xuño...........Efémera
- Venrespirar -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IVª Xornadas de Agroecoloxí­a
http://www.amigosdaterra.net/info/080513_adt/novas-consumo/466-amigos-da-terra-a-esmorga-amarante-semente-e-verdegaia-organizan-as-ivo-xornadas-de-agroecoloxia#
(texto engadido o día 19/ / 2/ / 10 )


As IV Xornadas de Agroecoloxía de Ourense son unha mostra da consolidación dos proxectos sociais, culturais e ecoloxistas que se levan a cabo na cidade de Ourense.


 


Amigos da Terra, A Esmorga, Amarante, Semente e Verdegaia presentan, durante 10 días de festa e reflexión colectiva, o traballo realizado conxuntamente ao longo de todo o 2009 e comezos de 2010 para que sexan cada vez máis visibles, para que cada vez teñan máis voz, proxectos alternativos centrados no compromiso coa xustiza social e ecolóxica.


 


Un ano máis, as Xornadas de Agroecoloxía ofrecen achegármonos, se cadra un pouco máis, ao mundo que todas/os desexamos: un mundo no que actuemos de forma activa contra un modelo de produción agrícola e gandeiro intensivo e aberrante, potenciado por intereses económicos e comerciais insensibles a calquera consideración de saúde pública, de benestar animal ou de respecto ao medio natural.


 


A Agroecoloxía é unha ferramenta cun enorme potencial transformador da sociedade na que vivimos, porque se asenta nas relacións de confianza entre o colectivo que produce e o que consome, substituíndo as relacións meramente comerciais entre elas/es, ademais de potenciar a/o pequena/o productor/a local. Impulsar este sector poñería freo á expasión das grandes superficies comerciais apoiadas na política do consumo insustentable.


 


Retomando o modelo de financiación das anteriores edicións das Xornadas, dende a organización optamos por traballar por un evento autoxestionado, que busca sustentarse nas diferentes actividades lúdicas que se organizan. Contamos, ademais, coa colaboración artística de destacadas figuras culturais galegas. Este compromiso de autoxestión constitúe unha aposta pola independencia e o fortalecemento das redes sociais como motor da cidadanía.


 


 


PROGRAMA:


IV XORNADAS DE AGROECOLOXÍA DE OURENSE (do 20 de febreiro de 2010 ao 27 de febreiro de 2010)


 


· Sábado 20 de febreiro: Horticultura urbana. Fundamentos, técnicas e valores. Realizaremos un breve repaso a horticultura urbana, as súas orixes, as técnicas actuais e a pegada filosófico do movemento de horticultura urbana no mundo. Tamén presentaremos a recentemente formada Asociación Galega de Horticultura Urbana e os seus plans de futuro e farase un pequeno obradoiro práctico de sementeira e cultivo en entornos urbanos. Participan: Ramón Paz, da Asociación Galega de Horticultura urbana. Lugar: Aula de Natureza de Oira, de 11:30 a 14:00 horas.





· Agri – CULTURA: Actividades Culturais. Concerto musical de Uxía + Guadi Galego + Fred Martins, Coanhadeira e Ergom, que colaboran de forma altruísta en apoio das Xornadas de Agroecoloxía. Lugar: Teatro Principal, rúa da Paz 9, ás 20:00 horas. Prezo: 5€


 


· Luns 22 de febreiro: O reto da soberanía alimentaria. Un dos obxectivos do Centro de Investigación de Leboso é o da dignificación da profesión de agricultor a través dunha experiencia que o pon en valor, recoñece a súa aportación á sociedade e á conservación do medio natural. O Centro de Leboso traballa por e para os agricultores, recuperando, seleccionado e mellorando sementes, dándolles formación e facéndoos partícipes dunha estrutura económica novedosa. Participan: Enrique Banet, da Fundación Galicia Verde. Lugar: Ateneo de Ourense, Salón de Actos, Rúa Curros Enríquez 1, ás 20:00 horas


 


· Martes 23 de febreiro: Grupos de consumo responsable: a experiencia de Semente. Reunión informativa con persoas e colectivos da vila do Carballiño interesadas/os en montar un grupo de consumo local de produtos ecolóxicos. A través do camiño percorrido pola iniciativa ourensá "Semente", exploraremos diferentes maneiras de organizármonos na busca dunha forma máis responsable de cubrir as nosas necesidades alimentarias. Participan: Alice Alonso e Laura Seco, da Asociacion de Consumo responsable Semente. Lugar: Casa da Cultura do Carballiño, ás 20:15 horas


 


· Mércores 24 de febreiro: Mesa redonda do leite. A vaca sempre foi parte da cultura galega, mais a tradicional imaxe de vacas a pacer está pronta a desaparecer da nosa paisaxe. A produción intensiva, a carencia de industrias propias, a perda de mercados, a concorrencia con outras rexións resultante da política agraria da UE está levando á case total extinción dun sistema de vida, polo que para reverter esta situación, apostamos por producións tradicionais, ecolóxicas e locais. Participan: Xosé Manuel G. Santiso, coordenador do Séctor Lácteo do SLG; José Luis Carrera Valín, de Arqueixal, e Broder Fernández-Obanza, de Casa Grande de Xanceda. Lugar: Centro Social A Esmorga, rúa Telleira 9, ás 20:00 horas.




· Xoves 25 de febreiro: Proxección do documental Earthlings. Este documental ofrécenos unha visión global e en profundidade da nosa relación cos demais animais naqueles ámbitos nos que os utilizamos como mascotas, comida, entretemento, vestiario e investigacins científicas, cunha total falta de respecto aos animais. Lugar: Biblioteca Publica de Ourense, ás 20:30 horas.




· Venres 26 de Febreiro: Agroideoloxía. Díse do surtido de ideoloxías, dende o independentismo ate o anarquismo, que orbitan e propoñen liñas de actuación social en torno ao AgroEcoloxismo. Mesa redonda que centra o seu debate na defensa dun Agro Ético-Responsable, visto dende a óptica de todo o espectro ideolóxico galego. Participan: Analía Moares, de Amigos da Terra; experiencias de permacultura: Chozas; María Bagaria, de Sem um Cam; Izquierdo, do movemento libertario, e Alice Alonso, d'A Esmorga. Lugar: Centro Social Sem um Cam, Rúa do Vilar 9 ás 20:00 horas.


 


· Sábado 27 de Febreiro: Banco de sementes. Mercadiño de troco de sementes ecolóxicas. Pretendemos favorecer a recuperación e conservación das variedades tradicionais de plantas que foron mantidas dende sempre polas/os nosas/os agricultoras/es locais. Participan: invitamos á participación de todas as veciñas e veciños. Lugar: Parque Infantil do Polvorín (Barrio do Polvorín), de 11 a 14:00 horas.


 


 


“Agroexposición: Retratos da Sustentabilidade”


Vintenove fotografías de 15 estudantes de primeiro curso de Fotografía da escola “Antoino Failde” retratan o medio rural dende diversos puntos de vista, pero co fio condutor da agroecoloxía. A exposición “Retratos da Sustentabilidade” pretende achegar a realidade do mundo rural á sociedade dende distintos puntos de vista, amosando fórmulas de desenvolvemento e relación co “medio” diferentes. Lugar: CHOU-Hospital Provincial, na sala de Consultas Externas, dende o 23 de febreiro ao 12 de marzo.


- Ergom- Uxía- Guadi Galego- Coanhadeira -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



BERTAMIRÁNS: 5º CONCERTO DA II CARAVANA REIVINDICATIVA DE GALIZA NON SE VENDE
http://galizanonsevende.org/?p=916
(texto engadido o día 17/ / 2/ / 10 )


BERTAMIRÁNS:

Sábado 20 de Febreiro, ás 19:30 hh, no Centro Social A Fouce.

Actuarán:

* Mini e Mero, do grupo A Quenlla. Música de raiz.

Entrada de Balde

Esta Caravana, que percorrerá as principias vilas e cidades de Galicia, rematará o 21 de Marzo, cunha grande MANIFESTACIÓN CONTRA A DESTRUCCIÓN DO TERRITORIO:

Domingo 21 de Marzo ás 12:00 na Alameda de Compostela

SALVEMOS A COSTA, NON AO PLAN DO LITORAL
POR UNHA ORDENACIÓN RACIONAL DO TERRITORIO
POLA DEFENSA DOS SECTORES PRIMARIOS: SOBERANIA ALIMENTARIA E ENERXÉTICA
E POR OUTRO MODELO DE TRANSPORTE.

Goberne quen goberne Galiza Non Se Vende

Terra viva e vida digna para tod@s

http://www.myspace.com/caravanagalizanonsevende
http://galizanonsevende.org/
- Galiza Non se Vende- Mini e Mero -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



O Laboratorio de Sons sae á rúa
http://folque.com/actualidade/nova.php?id=265&lg=gal
(texto engadido o día 13/ / 2/ / 10 )


O sábado 13 de febreiro os nenos e nenas do Laboratorio de Sons farán unha saída á Praza da Ferrería co gallo da celebración de Entroido. A actividade comezará a partir das 11 da mañá. Levarán instrumentos, irán disfrazados, tocarán e cantarán cancións populares, mofaranse agarimosamente de calquera que pase por
alí, invitando ós paseantes pontevedreses a unirse á festa. Irán cos mestres da AFI e do Laboratorio Jose, Xurxo, Gema e Pepa.

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I serán de entroido no Casco Vello de Vigo o 14 de Febreiro
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=79621
(texto engadido o día 12/ / 2/ / 10 )


Estimad@s amig@s,

temos o pracer de convidarvos ao I serán de entroido que se celebrará o domingo 14 de febreiro de 19.00 a 22.30 horas na Praza da Constitución, organizado pola ACF O Fiadeiro, coa colaboración da AVC Casco Vello e financiado pola Concellaría de Cultura do Concello de Vigo.


Gustaríamos contar con tod@s vós para gozarmos xuntos da música tradicional da nosa terra e botar uns bailes nunha das prazas máis emblemáticas da cidade, no pleno corazón da zona vella de Vigo como é a praza da Constitución.

Por motivos de temporización teremos un cartel pechado de intervencións, entre as que contaremos agrupacións de renome de diversos puntos de Galicia, artistas emblemáticos e grupos das aldeas iniciadoras da tradición dos seráns e que aínda a día de hoxe conservan intacta a maxia destas festas. As agrupacións que actuarán serán:

- Grupo de gaitas da A.C. Xacarandaina (A Coruña)
- Pandeireteiros a A.C. Cantigas e Agarimos (Santiago)
- Pandeireteiras da A.X. Xiradela (Arteixo)
- Pandeireteiras de Toutón (Mondariz)
- Pandeireireteiras da Hermida (Pazos de Borbén)
- José Fernández (o ghaiteiriño de Aldán)
- Grupos da A.V.C. Casco Vello (Vigo)
- Grupos da A.F.C. O Fiadeiro (Vigo)


A presentación dos grupos será levada por Aleixandre Carro (coñecido pola súa participación na serie “Padre Casares”).

Como marca a tradición do entroido aproveitará o fío da presentación para facer sátira dos feitos máis salientables do pasado ano.

Animámosvos a que veñades disfrazados, a que vibredes coa música, que os divirtades co baile e que probedes os postres típicos do entroido como a orella e as filloas que serviremos gratuitamente para todos os que veñades.

Moitas grazas e agardamos vervos a tod@s na festa!!

- Serán -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Presentación do Cd e homenaxe ao Ghaiteiro do Piñeiro (Aldán).

(texto engadido o día 1/ / 2/ / 10 )


Moi boas.
Querémosvos convidar á presentación do Cd de José Fdez. Canosa, O Ghaiteiro do Piñeiro (tamén coñecido coma o Ghaiteiriño de Aldán), na que aproveitamos para xuntar a músicos amigos e amigos en xeral no Salasón (Cangas) e rendirlle homenaxe como mellor se lle pode rendir a este Ghaiteiro: con boa música da Terra.
Actuarán:
-Pandereteiros O Tear de Llerena (Pontevedra/Morraso).
-Sachadiço (O Hío, Cangas).
-Treixadura Gaiteiros e Orfeón.
-Os Carunchos.
-Pecharán os propios Airiños do Piñeiro, e logo seguirá a festa rachada mentres se poida.

Animádevos, será unha moi boa ocasión para lle demostrar a José o aprezo que lle temos.

Un saúdo e lume sempre!!

Guillerme Ignacio.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Galiza Non Se Vende » O PORRIñO 2º Parada da II Caravana reivindicativa de GNSV
http://galizanonsevende.org/?p=908#
(texto engadido o día 31/ / 1/ / 10 )


Sábado 6 de Febreiro ás 23:00 na Sala Liceum

Actuarán:

* Malandromeda Hip Hop desde Compostela
* Gendbeat Beat Box desde Cerceda
* DJ Tuchi Hip Hop de O Porriño
* DJ Digro Hip Hop de O Porriño

Colaboración 3 Euros

Esta Caravana, que percorrerá as principias vilas e cidades de Galicia, rematará o 21 de Marzo, cunha grande manifestación en Compostela en defensa do territorio.

A venta do noso vento, da nosa costa, das nosas rias, do Courel, supón depredar o territorio fisico común para mercantilizalo en beneficio duns poucos. Privatizando beneficios e socializando os costes. O benestar colectivo non debe basearse na explotación nin das persoas nin da terra que habitamos. Este modelo caduco levounos a esta crise que todos padecemos. Galiza Non se Vende pretende porlle freo a esta locomotora que esta a avanzar queimando os seus propios vagóns nunha tola carreira cara ningures.

Goberne quen goberne Galiza Non Se Vende

Terra viva e vida digna para tod@s

http://www.myspace.com/caravanagalizanonsevende
http://galizanonsevende.org/


- galiza non se vende -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



1º CONCERTO DA II CARAVANA REIVINDICATIVA DE GALIZA NON SE VENDE
http://galizanonsevende.org/?p=906
(texto engadido o día 29/ / 1/ / 10 )


Galiza Non Se Vende sae de novo á rua coa II Caravana de concertos e actividades por cidades e vilas galegas. O primeiro concerto, o de presentación da Caravana, será en Vigo, o Sábado 30 de Xaneiro ás 22:30 na Sala Farándula (Prza. de Portugal).

Actuarán:

Labregos do tempo dos sputniks (García MC (DKTC) máis Leo i Arremecághona)
Abobriga (Música tradicional / contemporánea)
Assircópatas (Teatro e circo)
Colaboración 2 Euros

Esta Caravana rematará o 21 de Marzo, cunha grande manifestación nacional en Compostela en defensa do territorio (a terra, o mar, o aire, os ríos… e os recursos naturais todos). Porque sin territorio non hai vida, non hai cultura, non hai música, non hai nada.

http://www.myspace.com/caravanagalizanonsevende

Goberne quen goberne Galiza Non Se Vende
Terra viva e vida digna para tod*s
- Galiza Non se Vende -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



QueremosGalego. Multitudinaria manifestación contra o "decretazo"
http://www.youtube.com/watch?v=IVOkfeeJFRU
(texto engadido o día 23/ / 1/ / 10 )

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXX FOLIADA DAS PONTES

(texto engadido o día 21/ / 1/ / 10 )


O 29 de xaneiro terá lugar a 30ª Foliada das Pontes na Cafetería Lar das Pontes a partir das 22:30 h. Para esta data contamos coa participación da Escola de Música e Baile Tradicional do Concello de As Pontes. Esta Escola empezou a sua andaina a finais dos oitenta, e xa conta con mais de vinte de existencia, por aquí pasou moita xente que hoxe forman outros grupos da Vila, tamén mestres con gran carisma como Ramón O "Municipal".

A continuación o prato forte da xornada, veñen de varias zonas de Galiza ainda que a sua sede está en Lugo, na Tradescola, e éles forman a Escola Luguesa de Zanfona e Canto, xente moi coñecida nas suas filas, alguns deles asiduos das Foliadas Pontesas, e comandados polo "Zar" da música Tradicional Galega, Luis "Caruncho" e tamén patrocinada pola AGG (Asociacion Galega de Gaiteiros).

Estades invitad@s a participar, e lembrade levar instrumentos para seguila festa.


Noticia enviada por www.frouma.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



PAREMOS O DECRETAZO CONTRA O GALEGO: FOLGA DE ENXINO E MANIFESTACIÓN O 21 DE XANEIRO

(texto engadido o día 18/ / 1/ / 10 )


O xoves 21 de xaneiro está convocada unha Folga Xeral no Ensino co fin de parar o decretazo contra o galego. A Plataforma Queremos Galego convoca tamén para ese mesmo día ás 11:30 h dende a Alameda de Santiago de Compostela unha manifestación en defensa do noso idioma, nos estaremos alí cos nosos instrumentos, esperámosvos a todos.

NON FALTEDES, É IMPORTANTE A VOSA PRESENZA!

Noticia enviada por www.frouma.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VI Mostra de Cuartetos
http://www.mostradecuartetos.com/
(texto engadido o día 13/ / 1/ / 10 )


EXPOSICIÓN ( do 15 o 30 de Xaneiro )

A exposición terá lugar no Museo Municipal Manuel Torres de Marín, está integrada por fotografías, referencias visuais da súa zona de influencia e todo elo acompañado de fichas explicativas que faciliten a súa comprensión. A exposición permanecerá aberta durante toda a mostra. O Horario do museo é de 11:00 a 14:00, e de 18:00 a 21:00. Pecha os luns, e os domingos só abre pola mañá. Durante a exposición organizaranse visitas didácticas dos centros escolares que estean interesados e nas que se lles entregará material didáctico.


VENRES 15 DE XANEIRO - 21:00h

MUSEO MANUEL TORRES DE MARÍN

CONCERTO DE " Voces e Gaitas Fusquenllas "

Voces e Gaitas veñen de seu. Veñen de se xuntaren a fame coas ganas de comer. Gaiteiros todos eles con gusto pola música tradicional, do canto e da gaita, e da intersección das dúas formas. E son Fusquenllas na tolería de recuperar a voz humana para a nosa música instrumental, ao xeito que fixeran noutrora dende Pontevedra Aires da Terra de Perfecto Feijoo, e na loita contracorrente da uniformidade, dos xeitos alienantes, da globalización.

Son un cuarteto de gaitas que canta, con dúas voces que reforzan. Son catro a cantar : Bea e Raquel Iglesias, Antón Raposo e Hugo Arias, e máis a repartise na percusión; e dous a tocar gaitas: Emilio Lois e Raúl Galego. Andaron por rueiros e corredoiras tocando en alboradas, foliadas e seráns. Andaron subidos aos palcos en festas e romarías, e nos escenarios de festivais e concertos. Veñen da experiencia de grades e sonoras agrupacións como Cántigas da Terra, Palla Mallada, Brincadeira e de Ultreia e de moitos outros grupos sempre vinculados coa música tradicional. E veñen para se xuntaren na recuperación da calor e do color da voz humana mesturada coas gaitas e a percusión, en pezas de repertorio dos arquivos, cantadas nas aldeas, cantadas nas tabernas, con sinxeleza, con naturalidade.

Voces e Gaitas Fusquenllas



SÁBADO 30 DE XANEIRO

MUSEO MANUEL TORRES DE MARÍN

CHARLA : “ OS COROS GALEGOS ” - 17:00h

CONFERENCIA : “Francisco Landín e Os de Marín” - 18:30h

ACTUACIÓN MUSICAL: Os grupos de Marín tocan pezas de Landín - 20:00h

Noticia enviada por Leonardo Gris

- mostra- cuarteto -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



EXPOSICIÓN. Unha Ollada ao Pasado. Fotografías Antigas de Ramirás
http://www.ourensedixital.com/_novas/09/12/26_01.htm
(texto engadido o día 28/ / 12/ / 09 )


Ás sete da tarde deste domingo, día 27, a alcaldesa de Ramirás, Pilar Otilia López, xunto a outros membros da Corporación deste Concello e o director da Escola Rebulir, inaugurarán a mostra “Unha Ollada ao Pasado” que está organizada por esta escola, e que permanecerá aberta no Centro Sociocultural de O Picouto, Concello de Ramirás, ata o día 9 do mes de xaneiro.

Rebulir sinala que, despois do éxito acadado esta pasada fin de semana polo IV Festival de Baile e Música Tradicional, sigue a programación do Nadal prevista para estas datas. De xeito que agora lle toca o turno a exposición “Unha Ollada ao Pasado”. Un cento de fotografías antigas que foron recollidas no I e no II Concurso de Fotografía Antiga, organizados tamén por esta escola, aportan o material preciso para esta exposición.

Nas fotografías referentes principalmente a Comarca de Terras de Celanova, reflíctense momentos da vida cotía como a malla, a vendima, labores da casa e outras, e festas e bautizos, bodas, entroidos, romarías...

A sala será ambientada con diferentes intrumentos, obxectos e traxes que se utilizaban para o traballo no campo, constituindo así un conxunto que nos fai recordar como era a vida nestas terras fai décadas atrás.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



"15ª Noites de Tasca" Especial Nadal en Ordes
www.osviqueiras.com
(texto engadido o día 23/ / 12/ / 09 )


Este venres 25 a vila de Ordes encherase de cantos de Nadal e panxoliñas a partir das 18:00 h con varios grupos de música tradicional que percorrerán rúas e bares. Por alí estárán "NO CÓMBARO" das Pontes, "OS REICEIROS" da Pontecarreira (Frades), os VECIÑOS DE AIAZO de Frades, OS REICEIROS DE SAN ESTEVO DE CAMPO, de Arzúa, MANUEL VIQUEIRA, o gaiteiro de Vilaverde, de Ordes e RAÚL GALEGO, o gaiteiro nubeiro da Coruña, entre outros.
E á noite tedes unha cita no Bar-restaurante" O Rincón do Pincho" (Rúa Alfonso Senra,75) onde poderemos disfrutar da actuación e compaña dun gaiteiro excepcional, con 91 anos cumplidos e máis de 75 tocando: o GAITEIRO FREIXO, d'As Pontes.
Despois, coma sempre, FOLIADA ata a madrugada.

A Asociación Grupo de Gaitas OS VIQUEIRAS DE ORDES, deséxanvos unhas FELICES FESTAS a todos!

Noticia enviada por Os Viqueiras

- Noites de Tasca -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXI Homenaxe ao Gaiteiro
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=75515
(texto engadido o día 18/ / 12/ / 09 )


O Etnográfico A Buxaina organiza un ano máis o " Homenaxe O Gaiteiro" que terá lugar o próximo sábado 19 de Decembro as 18 horas no Auditorio do Centro Cultural Caixanova.

No acto, que estaá presentado polo narrador Celso Sanmartín, participarán xunto ao noso grupo "Os terribles de Donas" e "Moxenas, Musical Galego" nun recoñecemento a traxectoria musical de Secundino de Cambados e Javier de Pol.

Podense recoller as invitacions esta semana a partires da 20 horas.

Coma tódolos anos a festa está garantizada o remate no Centro Cultural de Coruxo.

Noticia enviada por foliadeiro

- Buxaina- Homenaxe ao Gaiteiro -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Inaguracion da galaicotaberna A REGUEIFA

O proximo vernes dia 18 de decembro,no casco vello se inagura a galaicotaberna A REGUEIFA. a partir das 9 da noite, estades todos convidados a pinchos,viño da terra,queimada e a FESTA ESMORGA. Traede o voso instrumento para animar a festa.VEMONOS EIQUI!!!!!
(a festa esmorga sera na rua san vicente nº1 baixo)

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xoves 3 de decembro: SERÁN NA NASA

(texto engadido o día 3/ / 12/ / 09 )


O próximo xoves 3 de decembro temos SERÁN NA NASA
Continuamos coa novidade deste ano, “Obradoiro de iniciación ós seráns” que se desenvolverá a partir das 21.30h para que pouco a pouco sexamos máis na pista de baile.
E para os demais bailadores e bailadoras espallados por Galiza adiante, unha vez rematado este tempo de aprendizaxe, comezará a gran festa.
Os grupos que van poñer a música son:

1. Regueifa de Bembibre
2. Charanga e Pandereteiras de Vai de Roda
3. Os Folerpas

E TI POS O BAILE
Patrocinado pola Concellería de Culturade Santiago de Compostela.

- Sala Nasa -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Programa completo de AchegArte
http://acorunacultura.org/tag/achegarte/
(texto engadido o día 25/ / 11/ / 09 )


O vindeiro fin de semana o Palexco e o Kiosco Alfonso acollerán unha cita importante coa cultura galega, AchegARTE: A Cultura que facemos. A cultura que queremos impulsada pola Concellaría de Cultura que dirixe a nacionalista María Xosé Bravo.

A convocatoria partiu dun colectivo de persoas que reclamou da Consellería de Cultura a reedición do Culturgal, un acontecemento que reuniu a miles de persoas na cidade arredor das distintas manifestacións da nosa cultura.
A Concellaría de Cultura do Concello da Coruña fíxose eco desta iniciativa colectiva e desinteresada, achegando o seu apoio e sumando tamén o apoio da Área de Promoción Económica da Vicepresidencia da Deputación da Coruña para facermos realidade entre todos e todas esta proposta. “Unha iniciativa importante para dar visibilidade á nosa cultura, para difundila e sobre todo para demostrar que ten un peso decisivo na economía do país” tal e como destacou a Concelleira de Cultura “porque a cultura xera riqueza e emprego e porque o investimento en cultura é sempre rendíbel a longo prazo”. Nesta feira/festa da cultura ao longo da fin de semana haberá espazo para as artes escénicas, as artes visuais, a música, o libro, o audiovisual, a danza e os servizos socioculturais.

AchegARTE está pensado como un espazo de encontro, de intercambio de experiencias e difusión da cultura que facemos. Unha oportunidade para coñecermos unha mostra da ampla oferta cultural galega. Nesta cita coa cultura galega poderase gozar do noso teatro, a música, as artes plásticas, o audiovisual, a danza, a palabra cantada e falada.... mais tamén será o lugar onde mercar o libro que buscas, a música que che gusta, a película que non viches, os agasallos do Nadal; ou a ocasión para facer un obradoiro de ilustración, de danza, de música, de teatro, de pintura ou maxia, para grandes e pequenos. Unha programación para todos os públicos.

Programa completo de AchegArte (PDF, 1042 KB)


Noticia enviada por Foliadeiro

- Achegarte -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa de Outono en Couso (A Estrada)
http://asnosasmusicas-couso.blogspot.com/2009_11_01_archive.html#1317658796341151740
(texto engadido o día 7/ / 11/ / 09 )


Xa pasou o verán, xa veu o outono e xa chegou tamén un ano mais, a nosa FESTA DO OUTONO.
Xuntarémosnos todos o sábado 7 de novembro, para celebrar toda a noite unha gran ruada.

Noticia enviada por Foliadeiro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]