Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


FESTA PECHE DO CURSO DE REBULIR
www.rebulir.blogspot.com
(texto engadido o día 23/ / 6/ / 10 )


A Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir, de Ramirás, chega ao final do curso cunha mochila cargada de recordos dun curso que resultou esgotador pola cantidade de proxectos desenvoltos, pero tamén con moitos soños e ilusións aínda por cumprir de cara a un futuro.

Para dar peche a esta singradura, preparase para o vindeiro Sábado 26 de Xuño unha xornada de actividades dirixidas aos alumnos, pero tamén a familiares e amigos. Así, no Centro Sociocultural de O Picouto desenvolverase o seguinte programa:

12:00 h – Contacontos con Iago López
17:30 h – Presentación do III Concurso de Fotografía Antiga
17:45 h – Actuación de todos os grupos que compoñen a Escola
19:00 h – Petiscos e troula para membros, amigos e familiares de Rebulir
20:00 h – Peche do Curso

En Setembro retomaranse de novo as actividades docentes con regularidade. Pero a a actividade desta entidade non cesará durante o periodo estival, xa que se presenta unha axenda cargada de actuacións como:

- Romaría do San Paio. 27 de Xuño. Rubiás (Ramirás)
- I Lumeirada do Deva. 3 de Xullo. Xinzo de Deva (Pontedeva)
- XI Romaria Galega. 17 e 18 de Xullo. Pontraga - Tordoia (A Coruña)
- VII Encontro Internacional de Folclore Xuvenil de Cacia-Aveiro. 11 e 12 de Setembro. (Portugal)
- Encontro de Escolas de Música Tradicional. 17, 18, 19 e 20 de Setembro. Llangreu (Asturias)

Para máis información podedes visitar www.rebulir.blogspot.com ou ben no teléfono 639 908 005.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa Rachada da Baña 2010
http://www.facebook.com/home.php?#!/event.php?eid=122171381152663
(texto engadido o día 21/ / 6/ / 10 )


Achégate o vindeiro 3 de xullo pola área recreativa Agra de Chans de A Baña (42°57'24.15"N 8°45'2.46"O) para desfrutar bailando, comendo, bebendo, tocando e xogando ata que o corpo aguante!
- foliada- serán- música- tradicional- festa -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa Rachada da Baña 2010
http://www.facebook.com/home.php?#!/event.php?eid=122171381152663
(texto engadido o día 21/ / 6/ / 10 )


Achégate o vindeiro 3 de xullo pola área recreativa Agra de Chans de A Baña (42°57'24.15"N 8°45'2.46"O) para desfrutar bailando, comendo, bebendo, tocando e xogando ata que o corpo aguante!
- foliada- serán- música- tradicional- festa -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



X Foliada e Romarí­a do Lecer
http://www.xacarandaina.com/index.php?option=com_content&view=article&id=55%3Ax-foliada-e-romaria-do-lecer&catid=9%3Anovas&lang=gl#
(texto engadido o día 18/ / 6/ / 10 )


A tradicional Foliada, que os últimos anos se viña realizando no paseo das Pontes, celebrarase este sábado no Parque de Sta. Margarida. Aínda que estaba previsto facelo nos Xardíns de Méndez Núñez, a programación de diversos actos impide que finalmente se realize alí.

O sábado día 19 de xuño realizarase, como anticipo á Romaría, unha festa coa que se pretende recuperar outra tradición galega moi popular: a Foliada, festa nocturna de carácter tradicional na que a xente se reunía para cantar, bailar e divertirse. Como todos estes anos contamos coa presenza de grupos folclóricos de toda Galicia: O Fiadeiro de Vigo, Azougue de Betanzos, Pandereteiras da Pontragha de Tordoia, Magúa da Coruña, Traspés de Vigo, Iar da Coruña, Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela… acompañando no escenario ao Grupo de Música Tradicional Xacarandaina interpretando pezas do noso repertorio tradicional para que poidan bailar nenas e nenos, mozos e maiores, xente de todas as idades que participan de forma moi activa na festa.

O domingo 20 de xuño realizarase a tradicional Romaría do Lecer. Este acto dará comezo ás 11,30 horas e finalizará sobre as 20,30 horas. O programa inclúe a actuación das alumnas e alumnos da asociación onde amosarán o aprendido durante o curso enriba do escenario; intercalaranse actuacións de grupos de baile tradicional, pandereteiras e pandereteiros, cuartetos de gaitas, baile de salsa e merengue, acordeón, guitarra, bailes de salón... Contaremos tamén coa actuación do grupo de baile “Les Ayalgues d´Ayer” de Cabañaquinta (Asturias) que realizarán unha exhibición do baile tradicional de Asturias. Están programadas tamén actividades paralelas pensadas para todas as idades: aulas abertas de folclore (para todos os que o desexen), obradoiros para rapaces, contacontos, inkana... Poderase aprender a xogar á billarda ou á chave ou observar unha demostración das palilleiras da Asociación.  Para os máis pequenos cóntase con inchables e xogos populares, onde varios monitores ensinarán a xogar aos máis novos, diversión garantida! E, para ofrecer a posibilidade ao público de gozar durante todo o día desta Romaría, contarase con bochinche, pulpeira, churrasco e rosquillas e lambonadas.

A Asociación Xacarandaina celebra desde o ano 2001, no mes de xuño, esta Romaría coa que pretende recuperar o “sabor” de festa e lecer das antigas romarías galegas. Desde Xacarandaina animamos a toda a xente da cidade e arredores a participar neste día, como un día de homenaxe participativo ao folclore e cultura galegas, axudando deste xeito a que todas as coruñesas e coruñeses nos sintamos máis orgullosos das nosas tradicións, sen deixar que se extingan.


- Foliada -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



e-trad: VENRES 25 DE XUñO. NA E-TRAD: FESTA FIN DE CURSO 2009-10.
http://e-tradvigo.blogspot.com/2010/06/venres-25-de-xuno-na-e-trad-festa-fin.html
(texto engadido o día 14/ / 6/ / 10 )


Xa está todo a punto para celebrar a fin de curso deste ano escolar que remata. E para facelo por todo o alto temos un programa de eventos que non te podes perder:
17:00 h. - 18:00 h.: Curso de baile
18:00 h. - 18:30 h.: Monicreques
18:30 h. - 20:00 h.: Aulas das Especialidades Instrumentais
20:00 h. - 21:30 h.: Escenario aberto
22:00 h. Cea no Furancho da Balsa (Matamá).
Agardámoste no Patio da escola. Lembra anotarte na secretaría da e-Trad se queres tocar ou vir cear ao Furancho Da Balsa!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



SERAN DO VISO O VENRES 11 DE XUÑO

(texto engadido o día 10/ / 6/ / 10 )


O vindeiro venres 11 de xuño a partir das 21:30h celébrase no barrio de Saramagoso (O Viso - Redondela) o Serán do Viso. Participa traendo o teu instrumento ou asistindo con ganas de bailar e montar unha boa foliada.


Oraganiza: Comisión de Festas de San Antonio

Noticia enviada por Foliadeiro

- serán- viso -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



FOLIADA "TÍA PEPA"

(texto engadido o día 9/ / 6/ / 10 )


Os GAITEIROS DE CECEBRE queremos festexar a tempada estival con todos os nosos amigos, é por isto que organizamos unha nova FOLIADA no Mesón-Cervecería-Restaurante "TÍA PEPA", unha fermosa, realmente pintoresca e ampla ubicación hostelera para gozarmos da Nosa Música e Bailador@s, para disfrutar de novo da FESTA RACHADA.

Desexando gozar unha vez máis da vosa compaña e participación: ¡QUEDADES TOD@S CONVIDAD@S PARA COMPARTIRMOS XUNTOS UNHA NOVA NOITE DE FOLIADA E AMIZADE!.

¡¡¡LUME AÍ!!!

*ENDEREZO "TÍA PEPA": Castelo, 35. Osedo-Sada (A Coruña). (Na beira da estrada Oleiros-Sada, ou Sada-Oleiros, segundo vexades).

DISPONSE DE:
- APARCADOIROS, EXTERIOR E INTERIOR.
- ÁREA DE RECREO INFANTIL.
- Cecebre- Foliada -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



FESTA "A BELA AURIA" en Ourense
http://www.belaauria.com/
(texto engadido o día 25/ / 5/ / 10 )


A cidade de Ourense retrocederá ao movemento cultural e actividade artística de principios do século XX na I edición da Festa de Recreación Histórica 'A Bela Auria', que terá lugar o próximo domingo 30 de maio no IES Otero Pedraio e o Xardín do Posío da capital de As Burgas.


O certame pretende retroceder no tempo e trasladar á cidade comezos do S.XX, ata 1936, nunha época de efervescencia cultural, literaria e artística. Para iso, preto dunha trintena de asociacións e entidades, como Aula de Música Tradicional Gomes Mouro, Grupo de Música Tradicional Rebulir, A Coral de Ruada, Orfeón Unión Ourensana... entre outros, participarán e colaborarán nas actividades que se desenvolverán ao longo do día, entre as 10.30 horas e as 23.00 horas.
Durante toda a xornada dominical as actividades incluídas na primeira edición de 'A Bela Auria' se distribuirán entre o IES Otero Pedraio e o Xardín do Posío da cidade de Ourense.

En concreto, o instituto acollerá tres concertos de corais, un ciclo de conferencias e dúas exposicións, unha sobre libros antigos e outras con fotografías, que levará por título 'Ourense na memoria'. A parte lúdica do festexo terá lugar no Xardín do Posío, espazo reservado para talleres, bailes tradicionais, unha exhibición de esgrima histórica, pasarrúas, animacións teatrais e cinema ao aire libre con proxección de películas antigas. Todo nun clima lúdico e trouleiro que será o dominante durante a xornada.

Para máis información podedes consultar as páxinas:
- http://www.belaauria.com/
- http://belaauria.wordpress.com/

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Maios no Centro Social Gomes Mouro
http://agal-gz.org/blogues/index.php/csggaioso/2010/05/20/voltam-os-maios
(texto engadido o día 22/ / 5/ / 10 )


A festa dos Maios regressa à Corunha trás a sua andaina do ano passado. No Sábado 22, à partir das 17:30 horas, música tradicional e cantares de Maio no Campo de Marte. Por certo, se tens um instrumento tradicional, nom duvides em o trazer para te unires à repichoca
- Maios -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Música Música 2010
http://www.maismusica.org/
(texto engadido o día 14/ / 5/ / 10 )


Máis Música (+msc) 2010 vén de abrir o seu prazo de inscrición para todos os grupos ourensáns interesados en participar nunha nova edición desta plataforma da música emerxente da cidade.
A convocatoria está aberta, até o 31 de maio, a todos os grupos da provincia, aínda que se valorará que todos ou algúns dos seus membros pertenzan á cidade de Ourense e que non teñan participado no anterior +msc 2009.
Os grupos seleccionados terán a oportunidade de actuar dentro dalgún dos tres escenarios urbanos -Hip-Hop, Pop-Rock e Outras Músicas- que se habilitarán durante as festas de Ourense o próximo día 21 de xuño.
Na edición do +msc do ano pasado, un total de 27 grupos ourensáns tiveron a oportunidade de dar a coñecer as súas propostas musicais a través dos cinco espazos de concertos que se situaron en diferentes barrios da cidade.
O programa +msc naceu cos obxectivos de: canalizar eficazmente todas as experiencias dos músicos amateurs e profesionais da escena ourensá, mobilizar a presenza dos colectivos emerxentes e acceder en grupo a espazos de comunicación que de forma individual lles estarían vetados á maioría dos músicos.
En definitiva, +msc é un punto de encontro onde pór iniciativas en común e realizar un intercambio efectivo de ideas e proxectos como paso imprescindíbel para a difusión comercial da música de Ourense.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IX ROMARIA RAIGAME
http://www.romariaraigame.es/
(texto engadido o día 10/ / 5/ / 10 )


Un ano máis chega polo 17 de maio a Romaría Raigame, en Vilanova de Infantes (Celanova). O pobo da un salto no tempo para acoller a artesans, postos de comida e bebida, bailadores, cantadores, músicos, Animación de rúa, xogos tradicionais... e un sen fin de actividades lúdicas durante toda a xornada. Non hai mellor xeito de celebrar o día das nosas letras que como o facian os nosos devanceiros nas Antigas Romarías.

Aquí vos deixamos o enlace ao Programa que Alala lle adicou a esta festa e máis ao grupo Castro Floxo... botádelle un ollo xa veredes como se vos meten as ganiñas no corpo ...

http://www.youtube.com/watch?v=wRymZD0yTYE
http://www.youtube.com/watch?v=GOlR42PQHnQ&feature=related

Para máis información: http://www.romariaraigame.es/



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XIV FESTA DA MAROSA

(texto engadido o día 9/ / 5/ / 10 )


Como estes últimos anos en Burela ,co motivo do día das Letras Galegas,organízase unha festa de ensalzamento da cultura galega.
O día da celebración da Festa da Marosa é o 15 de Maio e vai estar situada no porto de Burela.
Para abrir boca ofreceránselle ás persoas unhas racións de cocido ó mediodía,que irán regadas cun bo viño tinto para pasar ben as racións e ir despertando.
Posteriormente abrirase unha paréntese co gallo da celebración do encontro de fútbol sala correspondente á eliminatoria de ascenso á División de Honra que xogará o Burela FS.
Xa á noitiña comezará o prato forte da festa,que son os concertos.
Os grupos que este ano animarán a Festa da Marosa:
FOL DE VENENO
PÉS DE LAN
LINHO DO CUCO
LAMATUMBÁ

Contamos coa vosa presenza e as vosas gañas de festa.

- Marosa -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Avance do Cartel do Festival de Ortigueira - Regreso á liña Celta

(texto engadido o día 29/ / 4/ / 10 )


Ortigueira quenta motores para vivir do 8 ao 11 de xullo o seu XXVI Festival internacional do Mundo Celta. Serán 4 días de música de raíz, 96 horas de acampada en plena natureza e outras tantas de festa. E como sempre, todo gratis. O cartel do 2010 preséntase a. No ano de Galicia, o certame folk, declarado festa de interese turítico internacional, non se conforma con dar a batalla no competitivo verán musical, aspira a revalidar as súas mellores cifras de asistencia, superando os cen mil visitantes.

O Festival do Mundo Celta, organizado polo Concello de Ortigueira, co patrocinio de Xacobeo 2010, Estrella Galicia e Deputación da Coruña, ultima a que será a súa edición máis ambiciosa e cargada de novidades dos últimos anos.

A reformulación da oferta musical do Escenario Estrella Galicia (3 noites de concertos e unha tarde final para os noveis), a definitiva volta á ortodoxia celta e a masiva presenza de bandas internacionais e do país que se estrean en Ortigueira marcan a programación artística do 2010, que arrincará cunha poderosa "Noite de folk rock".

Oysterband, Celtas Cortos, Gaelic Storm, Cristina Pato, Shooglenifty e Anxo Lorenzo band emerxen como cabezas de cartel dunha edición na que, unha vez máis, haberá espazo reservado para os novos creadores do folk no Proxecto Runas, para as bandas de gaitas e para as máis diversas actividades paralelas.

O esforzo da organización centrarase ademais en optimizar os operativos de anos anteriores en materia de limpeza, seguridade, aparcadoiros, transporte urbano e medios sanitarios, co obxectivo de canalizar a "toma” por parte dos 100.000 folkies da pequena localidade costeira de pouco máis de 7.000 habitantes.

O piñeiral da praia de Morouzos, un lugar privilexiado no marco da protexida Ría de Ortigueira- Ladrido, volverá converterse por unhas xornadas na oitava cidade de Galicia.

A organización disporá, para todo iso, dun orzamento axustado, que nada ten que ver coas cifras astronómicas doutros eventos. Co convencemento de ofertar a mellor e a máis económica das propostas lúdicas do verán, volve o Festival Ortigueira.
- Ortigueira -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Ghaiteirada na Baña

(texto engadido o día 28/ / 4/ / 10 )


Tódolos cartos que se recaden serán para o financiamento da Festa Rachada deste ano que será o 3 de xullo.
- Baña -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV NOITE DE FIADEIRO
www.rebulir.blogspot.com
(texto engadido o día 13/ / 4/ / 10 )


PROGRAMA
11.30h
- Inauguración Exposición de Fotografías Antigas de Ramirás e Comarca no Bar Emilia de Vilavidal
17:00 h
- Obradoiro de Xogos e Enredos Tradicionais. Desenvolto por Centro de Cultura Popular Xaquin Lorenzo
17:30 h
- Campionato de Futbol-chapas. Desenvolto por Alternativas Sociais Ourense.
19:30 h
- Animación de rúa con Lúcete Lecer
- Animación co Grupo de Música Tradicional Rebulir
20:00 h
- Chamada a Festa con Pasarrúas de Xigantes e Cabezudos e animación de rúa, acompañados da Charanga Tradicional Os Estoupapozas.
20.30 h
- Apertura do torreiro do Fiadeiro cunha tirada de foguetes.
21:00 h
- Comezo da IV Noite de Fiadeiro coa participación dos colectivos colaboradores entre outros.
00:00 h
- Lectura do Esconxuro da Queimada e reparto entre os presentes.

Aínda que chova non se suspenderán os actos grazas a unha carpa que cubrirá a practica totalidade da Praza.

+ Info en www.rebulir.blogspot.com

Organiza:
- Rebulir Escola de Baile e Música Tradicional

Patrocinan:
- Concello de Ramirás
- Deputación de Ourense

Colaboran:
- Linho do Cuco (Lalín)
- Cantigas e Agarimos (Compostela)
- Escola Provincial de Danza - Castro Floxo (Ourense)
- Os Chichisos (Pontevedra)
- Atalúns (Pontevedra)
- Pandereteiras Xestreu (Seixalbo - Ourense)
- Pandereteiras Lecer (Pazos de Borbén)
- Cantareiras da Bola (A Bola)
- Gaiteiros Trisquel (Xinzo da Limia)
- Pandereteiras Ediunra (Arnuide - Vilar de Barrio)
- Airiños d´Arnoia (Arnoia)
- Escola de Música Tradicional de Ourense (Ourense)
- Pandereteiras Debanadoira (Maceda)
- MaÇaeda da Limia (Maceda)
- Lembranza-Solpor (Celanova)
- Os Estoupapozas (Ourense)
- CPR Sagrado Corazón (Celanova). Aportarán os Cabezudos a festa
- Alternativas Sociais OU (Ourense). Traerán o Futbol-Chapas
- Lúcete Lecer. (Ourense). Farán Animación de rúa.

QUEDADES CONVIDAD@S!!!!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Chuvia

(texto engadido o día 27/ / 3/ / 10 )


Con Ultraqäns, OS Tres Trebóns, e Inllorfeis
- Festa da Chuvia -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Reconquista na Vila de Vigo
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=82020
(texto engadido o día 27/ / 3/ / 10 )


27 e 28 de marzo no Casco Vello de Vigo


Sábado 27 ás 18:30 na Praza da Pedra
- Trio Liro (regueifas)

Sábado 27 ás 19:30 na Praza da Pedra
- Cé Orquestra Pantasma

Sábado 27 ás 22:00 na Porta do Sol
- Quempallou

Domingo 28 ás 21:00 na Praza da Pedra
- PesdeLán
- Reconquista- Vigo- Trio Liro- Cé e a Orquestra Pantasma- Quempallou -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



FESTA FURANCHEIRA en Salceda de Caselas

(texto engadido o día 17/ / 3/ / 10 )



Noticia enviada por Foliadeiro

- Furancho- Salceda de Caselas -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Compostela, 21 de marzo, ás 12:00 na Alameda: MANIFESTACIóN CONTRA A DESTRUCIóN DO TERRITORIO ís 17:00 na Sala Nasa íšltimo concerto da II Caravana reivindicativa de GNSV.
http://galizanonsevende.org/?p=940
(texto engadido o día 17/ / 3/ / 10 )


Convocatoria: Cando se cumpre un ano do cambio de goberno da Xunta, comprobamos que goberne quen goberne, gaña o produtivismo. O goberno do PP, como os anteriores, segue o imposibel camiño do crecemento indefinido: producir máis para consumir máis, quimera inviábel nun planeta con recursos limitados.

Os recursos naturais son postos ao servizo dos intereses económicos e das grandes empresas, subvencionadas con cartos públicos, mentres que aumenta o desemprego e pechan os pequenos negocios.

Intentan manter un modelo que non serve, que nos espreme como persoas, destroza o medio ambiente e agranda as diferencias económicas entre os pobos e entre as persoas.

A nosa lingua e a nosa cultura son menosprezadas e atacadas por un goberno que se avergoña e renega delas. A Sanidade vai camiño da privatización total. O transporte público é escaso, caro, ineficaz e está en mans privadas. As infraestruturas viarias baséanse no transporte privado contaminante e insustentábel. O noso litoral entrégase ás construtoras para o seu grande negocio especulativo. As nosas rías seguen acumulando recheos e naves industriais en primeira liña de costa e uns alarmantes niveis de contaminación. Grandes zonas costeiras son cedidas ás multinacionais piscícolas, ao mesmo tempo que a pesca industrial arrasa os océanos e o marisqueo e a pesca de baixura tradicionais van sendo desmantelados. Cultívanse transxénicos nas nosas leiras, mentres se fomenta a desaparición do noso agro. A ordenación do territorio é inexistente, o que provoca graves difrerencias entre o interior e a costa. Louseiras e mineiras estragan as zonas mellor conservadas. A política forestal promove os cultivos de especies alóctonas e invasoras que sementan o país de incendios. O urbanismo caótico proxectase en función dos intereses económicos. A xestión de residuos basease na contaminante incineración. Industrias perigosas e contaminantes seguen funcionando irresponsabelmente…

É o tempo de unirnos todos e todas e paralizar as agresións á vida e á Terra!

É o tempo de esixir a participación da sociedade nos procesos de decisión que lle afectan directamente. É hora de que se teñan en conta aos colectivos sociais e á cidadanía.

É hora de saír á rúa e reclamar outro modelo económico e social.

Tod@s a Compostela o domingo 21!!!

Pola defensa do litoral.

Por unha ordenación racional do territorio

Pola soberanía alimentaria e enerxética

Por outro modelo de transporte

Ese mesmo día ás 17:00 da tarde na Sala Nasa de Compostela, última parada da II Caravana reivindicativa de GNSV, na que actuarán: Pallasos en Rebeldía, Pandereteiras Bouba, Sacha na Horta e O Sonoro Maxín.

GALIZA NON SE VENDE!!!

Terra viva e vida digna para tod@s
- Galiza Non se Vende -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Coanhadeira en rede con 'Haique' e 'Po'
http://vieiros.com/nova/78666/coanhadeira-en-rede-con-haique-e-po
(texto engadido o día 16/ / 3/ / 10 )


Gañadores do concurso folk internacional 'Escenario PRAU 2009', en Cantabria, o grupo ourensán presenta xa o seu segundo traballo discográfico.

Dicíaselle "coanhadeira" nalgúns recunchos do país ás persoas, ou á mesma vasoira empregada para separar e recoller os restos que quedaban na aira logo das mallas. A palabra acaeulles a un grupo de ourensáns para poñer a andar en 2006 o seu proxecto musical, segundo explican, tratando de recoller tamén "eses restos da malla que sofre a nosa cultura musical, restos sempre aproveitábeis".

Nado como grupo de gaiteiros para armar festa, a formación musical clásica dalgúns deles mesturou coa experiencia na música tradicional e folk doutros e non renuncian á experimentación: "Engádense instrumentos non tradicionais, e sérvese todo cun claro sentimento de pertenza a unha cultura diferenciada, demasiado rica e valiosa como para renunciar ás súas peculiaridades, e sen necesidade doutros engadidos".

Desde o seu nacemento, Coanhadeira suman un feixe de actuacións en escenarios diversos, a musicalización da obra de títeres 'Os barballocas' e o triunfo na sección folk do primeiro concurso Nsaio no Camiño. Na Radio Galega gravaron a súa primeira maqueta en 2007. En 2008 gañaron o XI Concurso Folk Radio Obradoiro, grazas ao cal gravaron o primeiro disco: 'Haique. Máis recentemente, triunfaron no concurso internacional "Escenario PRAU 2009", en Cantabria, o que lles permitiu gravar o seu segundo álbume, 'Po'. No espazo web en Myspace de Coanhadeira poden ampliar información.

Noticia enviada por Suso

- Coanhadeira -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]