Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


Festa Folk na Fin do Camiño
http://www.facebook.com/pages/Festa-Folk-na-Fin-do-Camino/141687309187801?ref=ts
(texto engadido o día 18/ / 8/ / 10 )


Xa está en marcha a XII Festa Folk na fin do Camiño. O vindeiro sábado 21 de agosto a Asociación Cultural Anchoa ten preparada na Anchoa de Fisterra unha festa de primeira.

Unha festa que aposta pola música folk do país. Este 2010 son 4 bandas galegas as que completan o cartel. De feito, 2 dúas das bandas que tocaron o ano pasado na Anchoa o farán este ano na Carballeira de Zas.

PROGRAMA DA xii FESTA FOLK NA FIN DO CAMIÑO
A partir das 13:00h da tarde poderemos disfrutar dunha completa Degustación de polbo á feira, mexillóns, zamburiñas, empanada... amenizada pola Charanga Vendabal de Fisterra.
Tamén haberá obradoiros e inchables para os máis pequenos.
E por suposto, non faltará a tradicional Queimada.

Festival Folk
E pola noite, a partir das 22:00h, a música toma o protagonismo no Festival Folk. Estas son as 4 bandas galegas que subirán aos escenario.

A Crus de Baixar (Fisterra)
Mercedes Peón (www.mercedespeon.es.).
A Banda de Balbina (Brión, www.myspace.com/raindoguitarra).
O Sonoro Maxín (Ourense, www.myspace.com/osonoromaxin).

- A Crus de Baixar- Mercedes Peón- Banda de Balbina- O Sonoro Maxín- Fin do Camiño -

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III Festa Galega en Malpica
http://www.concellomalpica.com/ga/web/index.php?dep=2&mod=not&ide=58
(texto engadido o día 18/ / 8/ / 10 )


20 e 21 de agosto no Peirao de Malpica
VENRES DÍA 20 de AGOSTO

20:30h: Festival de Corais
· Rondalla Añoranzas [Ferrol]
· Coral Brisas do Mar [Corme]
· Coral de Malpica

22:30h: Actuación do grupo Tigres del Cañotas

24:00h: Actuación do grupo The Cerne



SÁBADO DÍA 21 de AGOSTO

20:00h: Sardiñada popular e pasarrúas de gaiteiros

21:30h: Actuación do grupo Lume na cachela

22:30h: Actuación do grupo Bakalandra

24:00h: Actuación do grupo Luar na lubre

- Balakandra- Luar Na Lubre- Malpica -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XI FESTA FOLC DE VILARIÑO 2010 - CANGAS DO MORRAZO
http://www.vilarinho.info/
(texto engadido o día 18/ / 8/ / 10 )



- Tiruleque- Ultraqäns- Os Tres Trebons- Vilariño -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festas de Soutelo de Montes 2010
http://www.blogoteca.com/rebordondo/index.php?cod=88064
(texto engadido o día 13/ / 8/ / 10 )


O DIA 15 A PARTIR DAS 19 H. A GHAITA DO AVÓ ESTARA FACENDO FESTA POR TODOS OS RECUNCHOS DE SOUTELO...

Noticia enviada por Foliadeiro

- Pé de Boi -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



As Nosas Músicas de Couso, XVª edición!!!
http://asnosasmusicas.org/
(texto engadido o día 13/ / 8/ / 10 )


As Nosas Músicas.Couso-A Estrada. 14 de Agosto 2010.

Obradoiros para cativos e maiores.
Mostra de Artesanía.
Loita galega.
Pulpeiro e rosquilleiras.
Serán pola tardiña.
Escenario aberto para todos.
Foliada Aberta ata a mañan.


Programa completo

A Xesteira organiza outro ano máis As Nosas Músicas de Couso! E xa van 15...
Sábado 14 de agosto en Couso (A Estrada)
Aínda non sabedes o que hai este ano en Couso?


Música, moita música, e tamén baile, moito baile. Música e baile. E moitas cousas máis. Que que máis? Pois un obradoiro de canto, outro de pandeira e outro máis de baile, de iniciación... para que así todos poidamos disfrutar no serán das nosas músicas (xa vos dixemos que había música?). Ui! E iso non é nada... moito máis. Tamén virán os rapaces de... a facer unha demostración de loita galega, e Celsiño Contacontos virá contarnos un contos, e tamén virá un pulpeiro con moito pulpo a escoitar os contos de Celsiño Contacontos máis a bailar ao son da música e a ver o desfile, máis... como que que desfile? O desfile que farán os rapaces coas carautas que crearán o venres máis o sábado á tarde no obradoiro infantil de ARTElladas... e ademáis haberá buses e zona de acampada e...

Que non está quedando claro? Imos logo aos poucos...

16h - 18h
Obradoiro de Canto tradicional
Impartido por Xabier Díaz

CASA DA ESCOLA
CAMPO DA FESTA DE COUSO
20 persoas máximo
É preciso inscribirse e ter coñecementos previos de canto tradicional
Consultade o apartado Inscribete!da páxina de As Nosas Músicas de Couso.

18h - 20h
Obradoiro de Pandeira redonda
Impartido por Felisa Segade

CASA DA ESCOLA
CAMPO DA FESTA DE COUSO
20 persoas máximo
É preciso inscribirse e ter coñecementos previos de canto tradicional
Consultade o apartado Inscribete!da páxina de As Nosas Músicas de Couso.
NON é preciso ter pandeira, mais se tes, traena.

20h - 22h
Obradoiro de Iniciación ao baile tradicional
Preparandose para o serán!

Impartido por Luis Prego
TORREIRO
CAMPO DA FESTA DE COUSO
Non hai límite de prazas nin é preciso inscribirse.

Ao remate, teremos a compaña....

21h30 - 23h30
Ruada... Rúa... Serán...
TORREIRO
CAMPO DA FESTA DE COUSO
Contaremos un ano máis coas pandereteiras, bailadores e bailadoras da zona de Mondariz e Pazos de Borbén.

24h - 24h40
Linho do Cuco
ESCENARIO
CAMPO DA FESTA DE COUSO
Linho do Cuco presenta en Couso o seu novo disco, "3"

24h30... minuto arriba ou abaixo
Celsiño Contacontos
ESCENARIO
CAMPO DA FESTA DE COUSO

Da 1h en adiante...
Compartimos escenario!!!
ESCENARIO
CAMPO DA FESTA DE COUSO
Moitos grupos da comarca da Estrada e amigos asiduos de Couso virán facer festa.

TAMÉN TEREMOS:

17h (Obradoiro) 20h (Desfile)
ARTElladas, obradoiro de XIGANTES articulados
ESCOLA NOVA DE COUSO
Se queres participar neste obradoiro bota unha ollada en ARTElladas.
Anímate!

19h - 20h
Mostra de loita galega
TORREIRO
CAMPO DA FESTA DE COUSO

21h - 2h30
Pulpeiro
CAMPO DA FESTA DE COUSO

E ademais...
Aparcadoiro
Sanitarios públicos portátiles
Autobuses desde A Estrada [A farola] (23h e1h)
Couso [estrada xeral] (4h30 e 6h30)
Zona de acampada
Barras - Bar
- As Nosas Músicas- Xabier Díaz- Felisa Segade- Luis Prego- Linho do Cuco- -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Prehistoria 2010. « Mos
http://festadaprehistoria.wordpress.com/2010/06/27/programacion-da-festa-da-prehistoria-2010/
(texto engadido o día 7/ / 8/ / 10 )


PROGRAMACIÓN – FESTA DA PREHISTORIA (9ª EDICIÓN, 2010)

6 e 7 de Agosto de 2010


ACTIVIDADES PARALELAS

  • EXPOSICIÓN: Do 15 de Xullo ó 21 de Agosto no Pazo de Mos ”ARTE RUPESTRE, OS PETROGLIFOS NO PAPEL“, pinturas de Manuel Ledo (experto en arqueoloxía, prehistoria e membro da asociación cultural “festa da Prehistoria”).
  • EXCURSIÓN: Domingo,18 de Xullo, ROTEIRO DOS PETRÓGLIFOS DE LOUREDO.
    Saída as 10 da mañá dende o Pazo de Mos – Capela de San Gregorio – Pedra das Cruces – Petróglifo do Salgueirón – Alfacuca (aldea abandonada en proceso de recuperación) – petróglifo de San Antoiño. Remate do roteiro (13:30 h. aprox.)

2º FIN DE SEMANA DE AGOSTO

VENRES 6 DE AGOSTO

  • DÍA DA INVOLUCIÓN: o longo de todo o día irán chegando as primeiras tribos ó poboado da Penacova.
  • 21:00 h.: Proxección das Curtas da Prehistoria e pola noitiña música de charanga e grupo de percusión.

    SÁBADO 7 DE AGOSTO – DÍA GRANDE

    Pola mañá

  • OBRADOIROS: Útiles de Pedra, técnicas para facer lume, pintura corporal, elaboración de pan e moda prehistórica para os que chegan sen pelexo.
  • DEMOSTRACIÓNS: Tiro con arco e tiro con propulsor.
  • EXPOSICIÓN “HUMOR E ARTE RUPESTRE”. Mostra de viñetas prehistóricas dos debuxantes do país (coa colaboración especial da revista “A RETRANCA”).
  • TÍTERES: a compañía “TANXARINA” presenta o seu novo espectáculo “Troglodita”.
  • GASTRONOMIA: Carne ó caldeiro, polbo á feira e asados.
    Pola tarde:
  • ATA QUE NA COVA: Enfrontamento entre as tribos participantes no Penedo da Pucha. Despois da loita o chamán “Tatán” será o encargado de dar a benvida ás tribos participantes, intercambiar agasallos e transmitirnos a mensaxe dos espíritos.
  • XOGOS OLÍMPICOS entre as tribos e a carreira de relevos “NA PROCURA DO LUME”.
  • Construción do Monumento Megalítico. LEVANTAMENTO DO MENHIR. ¿seremos capaces de mover unha pedra de 2.000 Kg? ¿e poñela de pé? … que non cho conten, ven a velo.
    Pola noite:
  • RITUAL DE INVOCACIÓN ÓS ESPÍRITOS DA MÁMOA DA PENACOVA.
  • CONCERTOS de:

PESDELÁN                  O SONORO MAXÍN                  FALPERRYS


- Sonoro Maxín- Pes de Lan- Festa da Prehistoria -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A Festa dos Mundos na praia de Sta Cristina (Oleiros)
http://afestadosmundos.xacobeo.es/gl
(texto engadido o día 7/ / 8/ / 10 )


Máis de dezasete horas de frenética actividade converterán a Oleiros no maior escaparate da diversidade cultural dos pobos do mundo e nun referente do desenvolvemento sostible. No incomparable marco da praia de Santa Cristina e nas rúas desta localidade coruñesa gozaremos dunha amplísima e variada programación de actividades que comezarán ás once da mañá e se estenderán até as catro e media da madrugada.

HORARIOS:

A Festa dos Mundos de noite
De 19.00 a 4.00 h

UXÍA (con Xose Manuel Budiño)
SA DING DING
AFRICA EXPRESS
CHOC QUIB TOWN
OOF CINEMIX - DJ2D2

A Festa dos Mundos de día
11-23 h Mercado ecolóxico / artesanal. Paseo Marítimo
11:00 h Os Campantes da Baña. Pasacalles
11:00 h Obradoiros do mundo con Xandobela. O Mundo dos Nenos
11:30 h O Fiadeiro. Danzas do Mundo
11:30 h Cone Dancers. O Parque da Ilusión
11:40 h O retrete de Dorian Gray. O Parque da Ilusión
11:50 h Les Apostrophés. O Parque da Ilusión
12:00 h Dúo Lyodji. O Parque da Ilusión
12:00 h Compañía de Danza Oriental de Siberia. Danzas do Mundo
12:00 h Sustentabilidade ambiental e desenvolvemento rural. Mesas redondas
12:00 h Mariachi Semblanza. Pasacalles
12:20 h O retrete de Dorian Gray. O Parque da Ilusión
12:30 h Inauguración da escultura de area
12:30 h Katembe Dance. Danzas do Mundo
12:50 h Dúo Lyodji. O Parque da Ilusión
13:00 h Naçao Vira Lata. Pasacalles
13:00 h Bollywood Hay Jo. Danzas do Mundo
13:10 h O retrete de Dorian Gray. O Parque da Ilusión
13:20 h Cone Dancers. O Parque da Ilusión
13:30 h Mago Xacobe. O Mundo dos Nenos
14:00 h Festicultores. Pasacalles
15:00 h Os Campantes da Baña. Pasacalles
15:30 h O Fiadeiro. Danzas do Mundo
16:00 h Mariachi Semblanza. Pasacalles
16:00 h Xogos do mundo con Xandobela. O Mundo dos Nenos
16:00 h Compañía de Danza Oriental de Siberia. Danzas do Mundo
16:20 h Mago Xacobe. O Parque da Ilusión
16:30 h Katembe Dance. Danzas do Mundo
16:40 h Cone Dancers. O Parque da Ilusión
17:00 h Diversidade cultural e integración. Mesas redondas
17:00 h Festicultores. Pasacalles
17:00 h Les Apostrophés. O Parque da Ilusión
17:00 h Bollywood Hay Jo. Danzas do Mundo
17:10 h Dúo Lyodji. O Parque da Ilusión
17:30 h O retrete de Dorian Gray. O Parque da Ilusión
18:00 h A Nena e o Grilo. O Mundo dos Nenos
18:00 h Naçao Vira Lata. Pasacalles
18:00 h Dúo Lyodji. O Parque da Ilusión
18:20 h O retrete de Dorian Gray. O Parque da Ilusión
18:30 h Cone Dancers. O Parque da Ilusión
- Festicultores- Uxía -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Carballeira de Zas
http://festadacarballeira.multiversonetworks.es/galego/index.html
(texto engadido o día 2/ / 8/ / 10 )


Contan os vellos do lugar, que hai oito anos, na Carballeira de Velar, os trasnos quedaron namorados do son da trikitixa (acordeón diatónico). Contan que dende entón, nas noites do verán, aínda se pode escoitar o son da trikitixa, tocada polos trasnos, e que os carballos acompañan batendo as polas semellando as txalapartas.
Este ano van volver a rememorar estes sons, e van aprender novas melodías para que sigan tocando nas noites do verán.
Os trasnos recibiron estas novas con moita ledicia, e xa fixeron as ofrendas necesarias para que os deuses nos traian un bo dia. Xa remataron as brebaxes fermentadas para o evento. Xa limparon a carballeira dos malos augurios, e xa fertilizaron os carballos con po de estrelas.
Teñen todo preparado, para recibir as novas melodías e sons tradicionais, misturados cos máis avanzados sons folk, que cada ano flúen polo aire, coma unha brétema espesa, enfeitizando a todos os asistentes, para que volvan todos os anos.


Sábado a partir das 5 da tarde:
Grupos de baile da A.C Castro-Meda (Zas)
Grupo de baile Donaire (A Coruña)
Banda de gaitas Maruxía (Laxe)

Sábado partir das 10 da noite:
Clan Maragato (Lugo)
Quenpallou (Galicia)
Kepa Junkera (Euskadi)
Gwendal (Bretaña)
Banda Potemkin (A Coruña)

Acceso: 5€, con agasallo de CD conmemorativo do festival con 2 cancións de cada grupo.

Exposición: XXVII Carballeira, do 1 de Agosto ó 8 de Agosto, no Centro de usos múltiples do Concello de Zas.
- Festa da Carballeira- Quempallou- Banda Potemkin -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Mocidade em Taboada
http://www.komunikando.net/komunikajoomla/content/view/2325/62/
(texto engadido o día 1/ / 8/ / 10 )


O próximo Venres 6 de Agosto, na Chousa de San Pedro de Bembibre [Taboada - Lugo], organizado pola Asociación Madialeva, celébrase a Festa da Mocidade 2010.
A partir das 23:00hs. estarán no escenário:
A Tuna Rastafari.
Os Tres Trebóns.

Antes haberá um pasarruas e umha foliada com Os d'eiquí e umha Cea por 12€ [camiseta cea Bebida].
- Tuna Rastafari- Tres Trebóns -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XIV Festa Celta do Lugnasad

(texto engadido o día 31/ / 7/ / 10 )



- Lugnasad- Cuchufellos- Cempés- Saltanocribo- Pan de Capazo -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa no Muíño
http://carreiros.blogspot.com/2010/07/festa-no-muino.html
(texto engadido o día 31/ / 7/ / 10 )


Este ano houbo que pórlle lentes de sol ao moucho, porque a festa facémola de dí­a. O sábado 31 de xullo, a partir das 2 da tarde no muí­ño do rubio. Só hai que levar o xantar e ganas de festa. Se non sabes o camiño, pregunta na Taberna de Ouzande

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III FESTA DO VIÑO DA CASA

(texto engadido o día 28/ / 7/ / 10 )


Un ano máis, Saxamonde prepárase para unha fin de semana de degustación de caldos caseiros. Un extenso e variado programa de actividades acompañará a celebración da terceira edición da Festa do Viño da Casa.



A presente edición pretende consolidar a festa así como sumar novos incentivos, actividades e colaboracións que consigan vehiculizar o traballo de diferentes asociacións da parroquia.

A Asociación Cultural “Chan das Pipas” pretende, desde o traballo diario, dinamizar a vida social e cultural da parroquia de Saxamonde e a súa bisbarra. O colectivo desenvolve diversas e variadas actividades ao longo do ano que procuran dar conta dunha maioría de vontades na parroquia. O amplo elenco de cursos, as festividades anuais celebradas ou as xornadas de convivencia propostas obteñen unha crecente participación por parte da veciñanza da parroquia así como por persoas de toda a comarca.

A III Festa do Viño da Casa terá lugar os días 31 de xullo e 1 de agosto e reunirá nesta fin de semana a diversos produtores domésticos de viño de Saxamonde e arredores para que oferten os seus caldos aos visitantes. Calquera persoa que queira poderase achegar para degustar os viños e acompañalos de carne ao caldeiro, polbo e empanada a prezos populares. A Área Recreativa e Chan das Pipas, onde se celebra a festa, ten unhas condicións idóneas para o estacionamento e o goce dun entorno natural, agradábel e familiar.

Desde o Centro Cultural “Chan das Pipas” consideramos que celebracións desta natureza poñen en valor a elaboración do viño artesán mais non só. Pretendemos contribuír á promoción de Saxamonde, e Redondela, dinamizando os seus espazos e ofrecendo posibilidades de lecer, ao tempo que potenciamos e renovamos os nosos elementos de identidade cultural e dinámicas sociais.

A III Festa do Viño da Casa conta cunha PROGRAMACIÓN AMPLIADA respecto do ano pasado que inclúe:

unha exposición de fotografía titulada “O traballo e os días” onde se mostra escenas de diferentes traballos realizados por habitantes de Saxamonde;

demostración de diferentes cursos de baile impartidos durante todo o ano;

un concerto folk coa presenza das Pandereteiras Arela, Velaquí e ARDENTÍA.

O Domingo sesión vermú coa Orquestra de Saxos de Redondela;

un xantar popular

e xornada de xogos populares e tradicionais.



Este ano incluímos como grande novidade o primeiro Concurso Degustación de Receitas ao Viño, en colaboración coa Asociación de Mulleres Arela. O domingo as persoas interesadas poderán achegar os seus pratos e, antes do xantar, un xurado formado por ilustres persoas da parroquia, dará o fallo e repartirá tres premios.

A festa terá lugar na Área Recreativa de Chan das Pipas na parroquia de Saxamonde (Redondela) e conta co patrocinio das concellarías de Cultura e Participación Cidadá do Concello de Redondela, da Deputación de Pontevedra así como a colaboración da Comunidade de Montes en Man Común de Saxamonde e da Asociación de Mulleres Arela.



Como chegar: No Alto de Os Valos, na extrema de Redondela con Mos na N-550, vírase cara o Aeroporto. A uns 400 m. tómase á dereita e, 50 m. despois á esquerda. Haberá indicadores dende o desvío da N- 550.





PROGRAMA DA III FESTA DO VIÑO DA CASA



Sábado 31 de xullo:

18:00 Apertura de casetas de viño e petiscos (carne ao caldeiro, polbo e empanada)

Inauguración da exposición fotográfica:

"O traballo e os días"

19:00 Demostración da Escola de Baile Moderno de Saxamonde e da Escola de Baile Latino Vigo-Salsa.

21:00 Pasarrúas a cargo das Pandereteiras de Reboreda

22:00 Concerto de Música

Pandereteiras de Saxamonde “Arela”

Velaquí

ARDENTÍA



Domingo 1 de agosto:

11:00 Reapertura de Casetas

13:00 Sesión vermú a cargo da Orquestra de Saxos de Redondela.

14:00 1º Concurso-degustación receitas ao viño

14:00 Xantar Popular

17:30 Xornada de Xogos Tradicionais e Populares (para cativos e maiores)

Noticia enviada por www.frouma.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A.C. Brisas do Quenllo » Blog Archive » Xa ta aquí­ a”¦XI Romarí­a Galega na Pontraga!!
http://brisasdoquenllo.blogaliza.org/2010/06/30/xa-ta-aqui-a-xi-romaria-galega-na-pontraga/
(texto engadido o día 15/ / 7/ / 10 )


Xa temos o programa para a Romaría Galega que este ano facemos o dia 17 de xullo….

- Grupo de Baile e Banda de Gaitas Brisas do Quenllo
- Cuadrilla do Pan Quente
- Teatro con TalitaKumy

XI Encontro de Música e Baile Tradicional cos grupos…
- Rebulir (Ramirás – Ourense)
- O Carballo das Cen Polas (Reboreda – Redondela)
- Banda de Gaitas de Riotorto (Riotorto – Lugo)
- Escola Etnográfica de Cacia (Aveiro – Portugal)
- Retrouso de Cela (O Morrazo – Bueu)
- Brisas do Quenllo (A Pontraga – Tordoia)
- Antigos Bailadores da Comarca

Celso Sanmartín

Flor da maquía, Os Estoupapozas, Bouba, Muxarega….

Haberá un xantar popular e festa rachada toooodo o dia amais a noite!!

- Pontagra- Rebulir- Brisas do Quenllo -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VI Foliada da Mariña

(texto engadido o día 15/ / 7/ / 10 )


A  Asociación cultural Saiñas de Xove vai celebrar o vindeiro sábado, 17 de xullo a VI FOLIADA DA MARIñA na carpa situada na praza do Centro Cí­vico de Xove.

Comezaremos sobre as 14:00 h. con pasarrúas e actuación dos gaiteiros de Saiñas.  A partires das 18:00 h. terán lugar os xogos tradicionais para pequenos e maiores no parque do Centro Cí­vico.

ís 20:00 h. temos preparada unha cea popular que estará composta por empanada, tortilla, churrasco, chorizo, pan e bebida a un prezo de 10€. Repartiranse preto de 300 racións.

Sobre as 21:30 h. dará comezo a foliada na que pode participar todo aquel que o desexe cantando, tocando ou bailando.

De seguido, ás 23:00 h. comezarán os concertos cos grupos :

·  Os Minhotos de Lugo

·  Tanto nos Ten

·  Quempallou

Continuará a festa rachada con máis actuacións a pé de rúa, ata que o corpo aguante.

Dende a Asociación queremos agradecer a colaboración de todas as institucións, organismos e comerciantes porque sen eles non serí­amos capaces de organizar esta boa proposta festiva e cultural para toda a Mariña.
- Foliada da Mariña- Quempallou- Tanto nos Ten -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cultura Aberta nos Xardíns da Deputación de Lugo

(texto engadido o día 8/ / 7/ / 10 )


Xoves 1 de xullo |Xoán Curiel | Músico autodidacta
Xoves 8 de xullo | Çesk Freixas | Cantautor
Xoves 15 de xullo | 20 Hatz | Txalaparta
Xoves 22 de xullo | Katembe Project | Kuduro (Música angoleña)
Xoves 29 de xullo | Festicultores| Maghúa | Festa rachada
Xoves 5 de agosto | Carlos Blanco | Ordem e Progresso
- Xoan Curiel- Festicultores- Maghúa- Carlos Blanco -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I Lumeirada do Deva

(texto engadido o día 2/ / 7/ / 10 )


O Vindeiro Sábado estaremos por Pontedeva para animar cos nosos Bailes, Músicas e Cantigas o que será a I Lumeirada do Deva. Eso será contra as 20.30 da tarde, como paso previo a cea e posteriormente o concerto do Grupo A Roda. Promete unha boa xornada de festa!
- lumeirada -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festas de Verán, Narón 2010
http://www.concellodenaron.com/web/cat/gal/noticias/get/578/
(texto engadido o día 1/ / 7/ / 10 )


Sábado 17 de xullo
21:00 horas: XX Festival Internacional de Folclore (coa participación de Illa Martinica, Senegal, Indonesia, España e Galicia).
23:00 horas: Sesión de fogos artificiais.

Domingo 18 de xullo
20:00 horas: Festival Folc con Mercedes Peón, e Berrogüeto.

- Mercedes Peón- Berrogüetto -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XACOBEO 2010 EN BUENOS AIRES

(texto engadido o día 1/ / 7/ / 10 )


Un Poco de Historia
El Día Nacional de Galicia, conocido también popularmente como Día de Galicia, o también conocido por los gallegos como Día da Patria o Día da Patria Galega, es la fiesta oficial de la comunidad autónoma de Galicia, según decreto de la Junta de Galicia de 1 de enero de 1979 publicado en el Diario Oficial de Galicia.
Se celebra el día 25 de julio, día de la festividad del apóstol Santiago.
Los orígenes de esta celebración se remontan a 1919, año en que se juntan en Santiago de Compostela la Asamblea de las Irmandades da Fala, donde acordaron celebrar, el 25 de julio del año siguiente, el Día de Galicia.
La celebración del Día de Galicia de 1920 fue conmemorada solamente en algunos pueblos, pero al año siguiente, según destacaba A Nosa Terra, “xa foi con mais solemnidade e en cuase todol-os pobos da patria”.
En 1930, con la retirada del dictador, el optimismo vuelve a las páginas de A Nosa Terra y el 25 de julio se puede celebrar públicamente.
Al año siguiente los galleguistas festejaban su día coincidiendo con las Cortes Constituyentes que habrían de aprobar la próxima Constitución Republicana Española. En ella tenían As Irmandades puesta su esperanza.
Las celebraciones del “25 do Santiago”, como se decía antiguamente, volvieron a retomar el carácter festivo que las caracterizó en un principio, sobre todo tras el referéndum popular, el 28 de junio de 1936, del primer Estatuto de Autonomía de Galicia. Más de un millón de gallegos participaron en la votación. De ellos, 999.351 dieron el ¡Sí! al autogobierno.

Día de Galicia tiene hoy múltiples manifestaciones. Además de ser la fiesta patronal de la capital gallega, Santiago de Compostela, aglutina una de las principales celebraciones religiosas e institucionales del país, y, a pesar del paso del tiempo, sigue conservando un sabor reivindicativo de corte galleguista-nacionalista.
Como fiesta religiosa, el Día del Apóstol tiene un protagonista indiscutible –Santiago- y un marco incomparable –la Catedral, meta de peregrinos y que hace de la ciudad la Capital de Occidente-.
Es, precisamente, en la Catedral de Santiago donde comienzan los actos conmemorativos del Día del Galicia con la tradicional ofrenda al Apóstol que incluye el espectacular vuelo del “botafumeiro”. Un acto en el que participan las principales autoridades gallegas, pero también del resto de la nación, puesto que el 25 de julio se conmemora, además, la festividad del Patrón de España.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival Sons da Lameira
http://www.sonsdalameira.com/cartel_2010_11.html
(texto engadido o día 1/ / 7/ / 10 )


FESTIVAL SONS DA LAMEIRA 2010 OS DIAS 2 E 3 DE XULLO NO TORREIRO DA FESTA DE MATAMA


- Sons da Lameira -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xoves 24 de Xullo: O PAZO DAS MUSAS, revista oral nº 22
http://www.museolugo.org/documentos.asp?mat=11&id=1291
(texto engadido o día 23/ / 6/ / 10 )


COLABORAN NESTE NÚMERO

Fernando Arribas Arias
Profesor de EXB e Licenciado en Humanidades, traballa como Técnico de Difusión no Museo Provincial de Lugo. Etnógrafo e Historiador de Cine, leva publicados diversos traballos sobre a sétima arte en Lugo e sobre os cruceiros da Terra Chá. Conferenciante e investigador, actualmente prepara a súa tese de Doutoramento sobre os cruceiros galegos. Membro da Comisión Territorial do Patrimonio Histórico-Artístico de Lugo en representación do Consello da Cultura Galega.

Laura Branco
Naceu en Foz en 1984. Licenciada nas Filoloxías Portuguesa e Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, é membro do grupo de investigación GALABRA (sobre os sistemas culturais galego, luso, brasileiro e africanos de língua portuguesa) desde 2006. En cualidade de investigadora en formación desenvolve a súa tese de Doutoramento sobre a construción discursiva e os procesos culturais no período histórico da Ilustración na Galiza. Combina esta faceta co hábito da escrita, desde a adolescencia, tendo publicado algúns poemas en revistas, e participado en diferentes recitais poéticos en diferentes lugares da xeografía galega, principalmente na Mariña de Lugo. Os tres que se presentan nesta entrega fan parte do seu libro inédito Doenças dum espelho.

Escola de Arte e Lecer: Teatro
A Escola de Arte e Lecer Fingoi é unha escola aberta de arte e cultura, onde se mestura a vangarda e a tradición. O seu obxectivo é dar unha oferta de calidade, organizando obradoiros moi diversos, dirixidos a nenos/as, xoves e adultos, fóra do horario lectivo, coa fin de que os participantes poidan adquirir novos recursos para o seu tempo libre e de lecer e para que desenvolvan a súa creatividade e sensibilidade estética. O grupo Palimoco dirixe as actividades de teatro e danza nas que se pretende mellorar a expresión corporal e vocal, fomentar o diálogo e a creatividade dos nenos, romper coas tensións do corpo e da mente e desenvolver a atención nun mesmo. Progresivamente, os rapaces aumentan a súa expresividade e creatividade, coñecen o seu propio corpo e o movemento no espazo, participan na procura do ritmo individual e grupal, e aumentan a concentración e confianza nun mesmo. A obra “Non quero crecer”, inspirada na historia de Peter Pan, é unha adaptación do Grupo Trasnadas baixo a dirección de Paula Buján coa intervención de arredor de 20 actores e actrices de entre 5 e 14 anos.

Manuel Fernández “Lolo”
Naceu en Anseán, o Corgo (Lugo) en 1956. Graduado en Artes Aplicadas, talla en madeira e cerámica. Despois de pasar por diversas experiencias escultóricas (madeira, pedra, cemento) iníciase no campo da cerámica, formándose en numerosas técnicas. En 1999 recibiu o 1º Premio do Certame Antonio Fraguas Fraguas da Deputación da Coruña. Expuxo con regularidade desde 1983 en Sarria, Lugo, Madrid, Oviedo, A Coruña e Lorian. Actualmente amosa a mostra “As cores da terra, as cores do ceo” na Sala Pazo de San Marcos, sede da Deputación de Lugo, ata o 31 de xullo.

Mini e Mero
Xosé Luís Rivas Cruz (Mini), nado en Begonte o 18 de xuño de 1951, e Baldomero Iglesias Dobarrio (Mero), Vilalba, 27 de xuño de 1951, músicos, poetas, mestres e investigadores do folklore e a cultura tradicional de Galicia, membros históricos de Fuxan os Ventos e actuais compoñentes de A Quenlla. Ademais da súa produción discográfica con estes grupos, teñen participado por separado ou conxuntamente noutros discos de música galega como o Quiquiriqui (2006) producido pola Asociación de Gaiteiros Galegos e en obras teatrais como Pan, catro propostas arredor da malla e publicado diversos libros. É salientable o seu labor de recompilación de contos, lendas, refráns, ditos ou poemas, principalmente na súa Terra Chá natal e nas zonas onde exercen o seu traballo de mestres: Mesía (Mero) e Boimorto (Mini). O arquivo sonoro froito deste labor, composto por milleiros de cintas magnetofónicas, foi cedido ao Museo do Pobo Galego para a súa dixitalización e incorporación ao Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI). No campo educativo son autores de diveros libros de texto de ciencias sociais, naturais e lingua galega para o ensino infantil e primario. En abril de 2009 foilles concedido o Pedrón de Ouro como recoñecemento á súa traxectoria de corenta anos de investigación musical.

Xornadas Interxeneracionais Rurais
As Xornadas Interxeneracionais Rurais nestes seis anos pretenderon seguir constituíndo un espazo de reflexión e debate dirixido, fundamentalmente, ós nosos maiores aos que se lles ofrecen charlas, presentación de ofertas de programas, visitas e festas culturais. Tamén están pensadas para os xoves e así poder desenvolver un traballo conxunto xa que un dos grandes legados dos nosos maiores é que sexan escoitados trasmitíndonos todo o que aprenderon ó longo da sua vida. Estamos ante unhas xornadas abertas nas que queremos contar cos máis novos e ofrecerlles un camiño para seguir avanzando na súa formación, nunha formación baseada tamén na aprendizaxe do no noso patrimonio que tan preto está de nós e moitas veces nin o vemos.

- Mini e Mero -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]