Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


Vai de Roda nas festas de Guadalupe (Rianxo)

(texto engadido o día 7/ / 9/ / 18 )


Domingo, 9 de setembro ás 20h na Praza Rafael Dieste

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Romería Elviña-Castro (A Coruña)

(texto engadido o día 7/ / 9/ / 18 )


Venres 7 de setembro:

Tempo Novo celebra os seus 40 anos cun coloquio ás 20.00 horas no salón de actos.



Sábado 8 de setembro:

Inicio da romería con pregón a cargo de Manolo Rivas ás 12.00 horas, actuacións de Cántigas da Terra, recital de Carlos Casás, e logo do xantar coa Pulpeira de Melide, actuacións de Donaire, Son d’aquí e da Asociación de Amigos do Acordeón da Coruña.

Á noite regresa Carlos Casás con máis versos,e a partires das 21:30h concerto de Maghúa Pandereteiros e Dequenvessendo



Domingo 9 de setembro:

Roteiro polo xacemento, sesión vermú con Juanpiño e festa infantil, na que aparcará unha caravana de xogos populares, á partir das 16.30 horas.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festas da Rúa de Baixo (Compostela

(texto engadido o día 7/ / 9/ / 18 )


Aponta na agenda! Do 4 ao 9 de setembro voltam as afamadas e tradicionais Festas da Rua de Baixo!

Aqui tedes o programa completo, cheio de música, atividades, passeios...

4 de setembro
19:00 Decoramos a rua na fonte da Rua de Baixo

5 de setembro
Início do concurso da "Casa melhor decorada"
19:30 Passeio sonoro pola Rua de Baixo (saída diante da@@ Gentalha do Pichel)

6 de setembro
20:00 Cinema animal e pique-nique na fonte da Rua de Baixo
Traede mantele e comida para partilhar. O chocolate quente e o biscoito vam da nossa conta.

7 de setembro
20:30 Ruada com Coser e Cantar, desde a Rua de Baixo
22:00 Pregom das ramistas María e José e Noite de Música tradicional com
MARAGHOTAS
PAN SEN FRON
ZURRUMALLA
E ao rematar... foliada!! Trai o teu instrumento e ganas de bailar!

8 de setembro
11:00 Ruada com cabeçudas acompanhadas do Grupo de Gaitas e Percussom da Gentalha do Pichel
12:00 Concurso de chave no estacionamento de Basquinhos, 2 (antigo Señarís)
Inscripción: no propio lugar.
12:00 Umhas festas que nem pintadas com BoSCQuejeros na Rua de Baixo
12:30 Grupo de Dança Semente de Compostela, na Rua de Baixo
13:00 Sessom vermú com as tradicionais
EVA E CAMILO
e prémios da chave e à melhor parelha de baile.
Depois da sessom vermú: Jantar popular. Traz a tua comida.
Haverá menus económicos à venda elaborados por Entrepedras, Hervor&Fervor e Garum.
17:00 Festivalinho
A maleta da avoa, espectáculo de lendas e contos, com Raquel Queizás
Ferro a fundo, carreira de patins, bicis e demais automóveis miúdos. Traz o teu!
Brinquedos para todas com a Asociación de Xogos Tradicionais de Compostela
19:00 Recuperaçom do divertido Jogo dos Pucheiros e do Mancha-te e lava-te (maiores de 12 anos)
22:00 Atuaçons musicais com
EVA E CAMILO
BRASSICA RAPA
DJ ELECTROCONAS
Às 00:00 Baile do Farolinho!! e entrega de prémios da rifa e da "Casa melhor decorada"

9 de setembro
12:30 Almorço e vermú na rua. Levamos bolos, café, sumos, vermú... e partilhamos!
13:00 BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xabier Díaz na V Festa Mariñeira de Barallobre (Fene)

(texto engadido o día 7/ / 9/ / 18 )


Sábado 8 de setembro no peirao de Ballobre
- Carreira Popular
- IV edición do Campionato de Chave
- Paseos en Lancha pola Ría
- Degustación de produtos do mar
- Homenaxe aos 20 anos de Protección Civil en fene
- Concerto de Xabier Díaz & Adufeiras do Salitre (19,30h)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival Solidario "DesPlanta SONS" en Teo (A Coruña)

(texto engadido o día 7/ / 9/ / 18 )


Venres, 7 de Setembro
Aldea Ameneiro, 15866 Teo (A Coruña)


Presentámosvos o tremendo elenco de artistas que unirán as súas voces de maneira desinteresada para berrar xunt@s por un futuro no que @s nos@s cativ@s poidan respirar o mesmo aire puro que nos legaron os nosos ancestros.

A festa comezará a quentar motores ás 20.30h con hinchables gratuí­tos para os máis pequenos, que a continuación poderán disfrutar da música que lles trae o Capitán Garfo, un espectáculo infantil moi entretido! Non dubides en achegarte con net@s, sobriñ@s, fill@s...

Pero a festa non acaba aí­, a noite segue cos seguintes grupos:

Coro Son Elas: Dende aquí­ ao lado, de Ames, chega un coro formado na súa totalidade por mulleres que nos traen música variada e contemporánea.

Os Tres Pesos: Tres músicos, tres caras da mesma moeda, tres apasionados das nosas músicas, Tres pesos. Música de raí­z transportada ó século XXI.

Os d\'Abaixo: a carballesa máis internacional chega a Ameneiro para facernos bailar da man dun grupo tradicional que leva a foliada por medio mundo

Os John Deeres: Dende A Estrada chega unha das bandas referencia do hard rock en galego, un grupo con estilo propio e experiencia contrastada.

Deseqilibrio mental: Deseqilibrio Mental: "Na Casalonga Rocanrol“ din nun dos seus temas e nas súas novas camisetas. A contundencia do" metal rural" con máis de 15 anos de experiencia no rock en galego.

Ademais, durante toda a noite poderedes achegarvos ao stand da Plataforma para conseguir as vosas camisolas, facervos soci@s ou asinar contra a planta de residuos. A recadación da cantina destinarase ás accións levadas a cabo pola plataforma.

Grazas a toda a veciñanza pola acollida a este festival solidario para o que novamente volvemos pedir a vosa unión nun evento que esperamos sexa do voso agrado. Non podemos deixar de agradecer aquí­ a colaboración desinteresada dos grupos que fixeron un oco nas súas ateigadas axendas de verán para tocar e berrar ben alto que non queremos unha planta de residuos tóxicos, así­ como o resto de colaboradores que desinteresadamente fixeron posible esta celebración: Midón, Infantilandia, Comisión de Festas do Monte Carmelo, Jose Manuel Piedra, Xurxo Piñeiro e Juan Antepazo e moit@s máis
Compartide, difundide, berrade moi alto!


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



María Xosé Silvar, SÉS. Concertos Setembro 2018

(texto engadido o día 7/ / 9/ / 18 )


Sábado 8 de setembro. Festas de Ponteareas
Domingo 9 de setembro. Festas de Teixeiro
Sábado15 de setembro. Festival Deleite (Pontevedra)
Sábado 22 de setembro. Festas das Dores (lalín)
Sábado 29 de setembro. Fromería Feminista de Barbadás (Ourense)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



V Foliada do Bosque (Carballo)
https://www.facebook.com/events/484676551996061/
(texto engadido o día 6/ / 9/ / 18 )


Sábado 8 de setembro no Bosque de Añón

Gaiteir@s, pandereteir@s, tamborileir@s, bailadoras e bailadores, fainos moita ilusión convidaros á V Foliada do Bosque.

Outro ano máis ca foliada aberta na que tod@s poden participar. Non tedes máis que traer o voso instrumento (ou non) e unirse ós que estén tocando/bailando, Os asistentes fan a festa.
Os que viñestes os anos anteriores xa sabedes de que vai, os que non, achegádevos tamén a este encontro en torno á música tradicional: non o perdades!

Este ano temos a sorte de contar ca axuda da "ASOCIACION CULTURAL-DEPORTIVA A BILLARDA DE TOXO" e da "LIGA NACIONAL DE BILLARDA (LNB)". Organizarán o "Primeiro aberto de billarda" da foliada do bosque. Haberá uns obsequios para os primeiros clasificados. A inscrición é de balde e pode participar calquera que o desexe (con experiencia ou sen ela). Podedes inscribiros enviando unha mensaxe privada polo facebook. O aberto será entre as 17:00 e as 19:00 dependendo da xente que se inscriba.

Voltamos outra vez a ter os xogos tradicionais para os máis cativos. Estarán dispoñibles duas horas ó longo ta darte.

A foliada terá lugar o vindeiro sábado 08 de setembro a partir das 12h da mañá no Bosque de Carballo. Remata cando a xente deixe de tocar (por norma xeral, entre as 06h e as 7.30h da maña do domingo).

Teremos bochinche con comida e bebida a prezos populares, zona de acampada e tamén carpa.

Lembrade que podedes levar a vosa comida/bebida!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VI Serán de Alxén (Salvaterra de Miño)
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=151151
(texto engadido o día 6/ / 9/ / 18 )


Sábado 8 de setembro a partir das 21h no Torreiro de Festas de Alxén

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



FESTA Popular Froles Mareliñas (Chapela. Redondela)
http://www.facebook.com/283277432397949
(texto engadido o día 6/ / 9/ / 18 )


Sábado 8 de setembro ás 11:00h

A.C. Sadeo
Os Carunchos
Froles Mareliñas
Naicosqueira
E ao remate Foliada Popular


------------

Coma tódolos anos celebramos a festa popular da nosa asociación.Será o Sábado 8 de setembro e terá lugar na Alameda Rosalía de Castro (en Chapela).
RESERVA XA O TEU MENÚ, NON QUEDES SEN ÉL (Churrasco, cahelos, pan e unha bebida) mercando o tique por un módico precio de 10€ na oficina de Seguros Soto ou na Cafetería Kima, ou no teléfono 687-382-508

Este ano teremos,

Unha mostra de balonmán
Mostra de boxeo
A partir das 12:00 MEXILLÓNS GRATIS coa túa consumición
Un xantar popular a base de churrasco, cachelos, pan e bebida.
Xogos populares
E por suposto actuacións musicáis .

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa do Apego en A Coruña

(texto engadido o día 31/ / 8/ / 18 )


Sábado 1 de setembro a partires das 11h no Centro Ágora

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cantos de Taberna con Maravallada en Pontevedra
https://www.facebook.com/photo.php?fbid=10214902895420283&set=gm.2090949680975535&type=3&theater&ifg=1
(texto engadido o día 31/ / 8/ / 18 )


Sábado 1 de setembro na Praza Marqués de Aranda

Este fin de semana celebrase a Feira Franca en Pontevedra, e para animar un pouco mais a festa, alí­ estaremos a asociación Maravallada poñendo un pouco mais de alegrí­a.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Serán Da Guí­a (A Guarda)
https://www.infominho.com/index.php/id/62/objeto/37343/claves/Ser%C3%A1n-das-Festas-da-Gu%C3%ADa-o-1-de-setembro-na-Guarda
(texto engadido o día 31/ / 8/ / 18 )


Sábado 1 de setembro ás 21:30h na Praza da Guía da Guarda

A Asociación Vento Mareiro organiza un ano máis o Serán das Festas da Vixe da Guía na Guarda, que este ano celebrarase o vindeiro sábado día 1 de setmebro a partires das 21:30h na Praza da Guía na Guarda.

Dende este colectivo convídase cada ano a varios grupos da bisbarra para participar nesta xornada musical.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



32 Festival da Poesí­a no Condado (Salvaterra do Minho)
http://festivaldapoesia.org/
(texto engadido o día 28/ / 8/ / 18 )


Sábado 1 de setembro

11.00hs – APERTURA DAS EXPOSIÇONS
(Covas de Dona Urraca)

11.00hs – II TORNEIO DE FUTEBOL GAÉLICO NO FESTIVAL DA POESIA
(Campo do Casal)

11.30hs – ABERTO DE BILHARDA
(Nas Muralhas)

11.30hs – PASSARUAS com RONCO&FOL
(Polas ruas da Vila)

12.00hs – TREBOADA – AMEAÇA DO BOMBO
12.00hs – TEATRO com O GRUPO DE TEATRO INFANTIL ATA SEMPRE DE ALXÉN, apresentando “XOGANDO AO XANDREZ”
(Casa do Conde)

13.30hs – 1º ASALTO POÉTICO
(Torreiro da Festa)

13.40hs – POESIA MUSICADA com VIETCONG
(Torreiro da Festa)

14.00hs – SESSOM VERMUTE com SONDARÚA
(Torreiro da Festa)

15.00hs – COMIDA POPULAR (preço 10 euros)
17.30hs – TEATRO com LIMIAR TEATRO apresentando “ANAGNORISE”
(Casa do Conde)

18.30hs – POESIA MUSICADA com CEN MIL ESTORNIÑOS
(Casa do Conde)

18.30hs – CONCERTO PUNK – INFANTIL com PETER PUNK E BRAIS DAS HORTAS
(Covas de Dona Urraca)

19.30hs – Palestra “DIREITOS E LIBERDADES A DEBATE” com SÉS, DAVID FERNÀNDEZ, ANTOM SANTOS E FERNANDO BRANCO
(Casa do Conde)

19.30hs – 2º ASALTO POÉTICO
(Torreiro da Festa)

19.45hs – POESIA MUSICADA com THE THREE TIN THINGS
20.30hs – DONICELAS
(Torreiro da Festa)

21:30 h – APRESENTAÇOM DO FESTIVAL / LEITURA DO LIMIAR DO LIBRO DESTE ANO / 3º ASALTO POÉTICO
(Cenário Principal)

22:00 h – HABELAS HAINAS.
23:10 h – PROJEÇOM DO AUDIOVISUAL ” AS NEVES ZONA CERO ”
23:30 h – REBELIOM DO INFRAMUNDO
00:40 h – AMEAÇA DO BOMBO
01:00 h – BANDA XANGAI
02:45 h – SACHA NA HORTA

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III Serán Careco Solidario (San Claudio. Ortigueira)
https://www.facebook.com/CarecosOrtegal/photos/a.985381718147984/2038887189464093/?type=3&theater
(texto engadido o día 28/ / 8/ / 18 )


O Sabado día 1 de Setembro, en San Claudio (Ortigueira), teremos un día cheo de Festa, Comida, Baile e Boa Música, e sobre todo moita Solidaridade.
Todo o que se recaude ó longo do día irá destinado a Asanog Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia.
Asique non o pensedes e pasádevos en calquer momento do día. Disfrutade da música, disfrutade da comida e disfrutade colaborando con unha boa causa 😉 .

(O cartel deste ano foi debuxado por unha nena afectada, e queremos darlle as gracias a tan grande artista)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXX edición da Festa do Pan de Neda (A Coruña)

(texto engadido o día 28/ / 8/ / 18 )


Sábado 1 de setembro, ás 21:30h, no Paseo Marí­timo de Xubia: Nao, Fanfaria Taquikardia, Familia Caamango, Terbutalina

Domingo 2 de setembro: pola mañá música tradicional con O Cuarteto de Trasancos, e ás 19:30 h no Paseo Marí­timo de Xubia: Treixadura

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Experiencia MÁIS CANTOS en Sanxenxo
https://www.facebook.com/maiscantos/photos/a.1832002560433270/1955139548119570/?type=3&theater&ifg=1
(texto engadido o día 24/ / 8/ / 18 )


Este venres, 24 de agosto, con motivo da apertura das Festas da Sanxenxo recibimos a espectacular encomenda dende a Concellerí­a de Turismo e Festas do Concello de Sanxenxo de organizar unha "Experiencia Mais Cantos" convidando a todo o que queira vir connosco a vestir de branco, portar frores, ramallos e elementos vexetais, e cantar as mil e unha pezas máis populares do repertorio tabernario polas rúas, prazas e espazos urbanos de Sanxenxo e recuperar os cabezudos da vila para organizar un festa con un aquel de popular.
O percorrido arrancará pola mañá, ás 11:30 h dende a Praza de Abastos de Sanxenxo, facendo varias paradas ao longo da rúa Madrid e rematar na Praza de Pascual Veiga, enfrente do Concello de Sanxenxo, onde terá lugar o chupinazo e posterior cantada colectiva.
Á tarde, partiremos da outra banda da vila, polo paseo de Silgar, dende as 19:00 h para pasar pola rúa do Porto, praza dos Barcos ou Praza de Portugal, entre outras, e rematando con outra cantada e serán, novamente, na praza de Pascual Veiga.
Unha festa en branco na que vos convidamos a vires connosco!!! Participarán a Charanga Mais Cantos, os colectivos Mais Cantos de Marí­m, Lourido e Pontevedra, a Compañí­a Nelson Quinteiro, o grupo de cantareiras Bulideiras de Vilagarcia e o mestre de canto

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Romarí­a de Santa Margarida (A Coruña)
https://www.facebook.com/foliadasdacoruna/photos/a.456502317866713/913385278845079/?type=3
(texto engadido o día 24/ / 8/ / 18 )


PROGRAMACIÓN COMPLETA DA ROMARÍA 2018!

Esta semana, o baile e música tradicionais enchen A Coruña cunha Romaría de Santa Margarida que pecha as festas #maríapita18.

* Actividades previas que van dende unha exposición de traxes da Asociación Etnográfica Sete Espadelas en comercios, a presentación de "Mulleres de Gargamala" con Arredor da Tradición en Bar-Ambigú (Tempo Novo-Relámpago), singladura tabernaria e unha interesante xornada con Brincadeira sobre o traxe.

* Obradoiros e actuacións nas prazas o sábado 25!

- PRAZA DE VIGO (BAILE):
Actuacións da A. C. Donaire e Af Aturuxo.
Obradoiros con Carminha Campo e Chus Caramés, Montse Rivera e Pablo Díaz! (non hai que inscribirse!)

- PRAZA DE GALICIA (MÚSICA):
Actuacións da A.C. Donaire e A.F. Aturuxo.
Obradoiros con Oli Xiráldez, Xulia Feixoo e Tanxugueiras.

- PRAZA DE LUGO (MIÚDA):
Obradoiro de brinquedos sonoros con Miudiño S Coop Galega, de mariquiñas con traxe tradicional e de danza de paus e fitas con Marta Otero e intervención de Dúbidadúo.

* Concertos no parque de Santa Margarida!
- Sábado: Dúbidadúo Trío Band, Os Melidaos, Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre e Tanxugueiras.
- Domingo: Banda Municipal de A Coruña, A. C. Xacarandaina, Samarúas e SondeSeu Orquestra Folk + convidados.

Desfrutade da romaría, espallade para que chegue a todos os recunchos! :)

http://www.coruna.gal/portal/es/ayuntamiento/noticias/detalle-noticias/o-concello-pon-o-broche-a-unas-festas-de-maria-pita-marcadas-pola-innovacion-e-a-tradicion-coa/suceso/1453664509023

Concellería de Culturas da Coruña | Concello da Coruña

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XIII Festa da Pandeira en Piornedo (Lugo)
https://festadapandeira.wordpress.com/
(texto engadido o día 24/ / 8/ / 18 )


Sábado 25 de agosto

A Festa da Pandeira de 2018 chega pre volver encher Piornedo dos nosos ritmos ie bailes, co protagonismo especial da percusión ie das cántigas da montaña interpretadas polas mulleres que conservaron esta tradición musical.

Xunto con estas verdadeiras informantes, contaremos cas actuaciois de persoas que exercitan os toques de pandeira tanto a nivel profesional como amateur. Mais o verdadeiramente importante é a túa participación, xa que poderás iniciarte na pandeira ie no baile ancarés da mao de verdadeiros expertos na materia.

Nesta decimoterceira edición homenaxeamos a Amparo Voces, de La Chana (Borrenes, comarca do Bierzo), de quen vos explicamos máis no díptico do programa eiquí embaixo.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festas do Cristo en Cangas

(texto engadido o día 24/ / 8/ / 18 )


Do 23 de agosto ateo 1 de setembro
Ruxe-Ruxe, Tromentelo, Familia Caamango, Maria Fumaça e Treixadura, Os Resentidos, Tino Baz, De Vacas, Martelo...

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Istoria 2018 (Ribadavia)

(texto engadido o día 24/ / 8/ / 18 )


PROGRAMA FESTA DA ISTORIA - 2018

VENRES 24

10:30
IX CERTAME DE PINTURA RÁPIDA
Incricións no Club Artístico de 10:30 a 11:30 h
Polas prazas e rúas do Centro Histórico

11:00
APERTURA DO MERCADO ARTESANAL
Na Alameda
11:00 a 15:00 e 18:00 a 23:00

11:00
CAMPAMENTO MEDIEVAL
Laboratorio de Recreación Histórica Viv´arte e Asociación Torques
Animación, teatro, recreacións históricas, oficios da época e música
Castelo dos Sarmiento (Entrada libre)
11:00 a 14:00 e 18:00 a 23:00

11:30
IV CERTAME INFANTIL E XUVENIL DE PINTURA RÁPIDA
Na Praza da Madalena

11:30
“O PEQUENO PRÍNCIPE”
Espectáculo itinerante no mercado

12:00
PASACALLES DOS GRUPOS DE MÚSICA “ALBALUNA” E “GAELOC MEDIEVAL”
Polo Castelo, Alameda e Centro Histórico
12:00 a 23:00

13:00
LOITAS CAMPESIÑAS
No campamento de mercenarios na Alameda

13:30
TEATRO DE ANIMACIÓN DE RÚA
Polo Castelo e Alameda

18:00
XOGOS PARA NENOS
18:00 a 21:00

18:00
MERCADO ARTESANAL
Actuaran ata o remate grupos de animación e de música medieval
Na Alameda e rúas do Centro Histórico

18:30
ENTREGA DE PREMIOS DO IV CERTAME INFANTIL / XUVENIL DE PINTURA RÁPIDA
Club Artístico

18:30
PASACALLES “SERES DO AVERNO”
Percorren o mercado, rúas e prazas.

19:00
ENTREGA DE PREMIOS E EXPOSICIÓN DO IX CERTAME DE PINTURA RÁPIDA
Club Artístico

19:30
ESGRIMA HISTÓRICA
Demostración, taller e combates
No auditorio do Castelo “Ruben García”

19:30
TEATRO E CIRCO DE RÚA
Espectáculo itinerante

20:00
CONCERTO DE MÚSICA MEDIEVAL
CORO DA ISTORIA E PRES DE CAMBRAI
Na Igresa de San Domingos

20:30
Concerto Albaluna Folk
Na Alameda

21:00
BANDO da ISTORIA
Polas rúas e prazas

21:30
BANDA DE GAITAS E PANDEIRETAS DA ISTORIA
Na fachada do Castelo

22:00
MUSICA NA RÚA
GAELOC MEDIEVAL
Polas rúas do centro histórico

22:00
LUME E MALABARES “EXERIM de SALTIMBANKIS”
Na Praza Maior

23:00
TEATRO “A ENDIAÑADA”
22:30 Primeiro Acto – Na Fachada do Castelo
23:00 Segundo Acto - No Auditorio do Castelo (destacarlo en negrita)

00:00
Concerto “Son da Istoria”
Abraham Cupeiro + Odaiko
Na fachada do Castelo dos Sarmiento

E ao finalizar
ESPECTACULO DE LUME, MÚSICA E PIROTECNIA
Josman
Na fachada do Castelo dos Sarmiento

SÁBADO 25

10:30
APERTURA DO MERCADO MEDIEVAL
Na alameda e nas prazas e rúas do Centro Histórico
10:30 a 23:00

10:30
APERTURA DO BANCO DA ALHÓNDIGA

11:00
GRAN DESFILE DA ISTORIA
Desde a rúa Baixada ao Consello ata o Castelo
E a continuación
LECTURA DO PREGÓN
NOMENAMENTO DE NOTABLES DA ISTORIA

11:30
CRIATURAS DO BOSQUE
Fauno, elfa, trasnos e músicos animarán coas súas danzas e malabares o mercado

11:45
CAMPAMENTO MEDIEVAL
Animación, teatro, recreacións históricas, oficios da época e música
Laboratorio de Recreación Histórica Viv´arte y Asociación Torques
Castelo dos Sarmiento
(Só vestidos de época ata as 19:00)
Peche ás 22:00

12:00
CAMPAMENTO DE MERCENARIOS
Oficios de demostración, exhibición de armamento e armaduras e moito mais
Grupo Gastrafetes
Na Alameda de 12:00 – 15:00 e de 17:00 – 21:30

12:00
SONS DO DOURO
Proxecto Fundación Museu do Douro
Na Praza Maior

12:30
BAILE MEDIEVAL
DONAS SEN CABALEIROS DA ISTORIA
e
GRUPO “LA MARIANITA” de AVILA
Praza Maior

13:00
XADREZ VIVENTE
No Auditorio do Castelo (Entrada libre)

13:30
DUELO DE CABALEIROS
Especialistas Hípica Celta no Auditorio do Castelo

13:30
SAÍDA DA COMITIVA NUPCIAL DA VODA XUDÍA
Patio do Museo Etnolóxico de Ribadavia

14:00
VODA XUDIA
Recreación cerimonial baseada nos ritos e costumes sefardíes
Na Oliviera (Só vestidos de época)

14:30
MUSICA TRADICIONAL
BANDA DE GAITAS SARTAINA - ASTORGA
Percorrerán as rúas e prazas da vila

14:30
CETRARÍA
Exhibición na Praza Maior

14:30
XANTAR MEDIEVAL
Na Madalena (reserva previa)

16:00
II CONCURSO DE VESTIMENTA MEDIEVAL
No Castelo (inscricións no punto de información ata as 15:30 horas)

16:30
MUSICA TRADICIONAL
Grupo TROULA MEDIEVAL
Praza da Madalena

17:15
O MERCENARIO MEDIEVAL
Mostraranse as roupaxes que utilizaban estes soldados
No Campamento da Alameda a cargo de Gastrafetes

17:30
BUFONESCO
Bufóns, comediantes e músicos percorrerán o mercado
Saltimbankis e Galeoc Medieval

18:00
ANIMACIÓN DE RÚA “A LEI DO MEDIEVO”
Grupo Gastrafetes
Na Praza Maior. Remate ás 18:30 no AudItorio do Castelo

18:30
CARREIRA DE PIPOTES
Saída rúa Progreso e chegada no Castelo

19:30
TABALEIROS DA ISTORIA
Grupo de percusión
Polas rúas e prazas

19:30
CONTOS DE OUTRORA
Contacontos para todas as idades na Alameda

19:30
CETRARÍA
Exhibición no Campo do Xestal

20:00
FA KE KIERE
Espectáculo de faquirismo e risas na Alameda

20:00
TORNEO MEDIEVAL
GRUPO DE ESPECIALISTAS HIPICA CELTA
No campo do Xestal

20:30
CONCERTO DE PERCUSIÓN
SON DO DOURO
AudItorio do Castelo

21:30
BAILE MEDIEVAL E MÚSICA
DONAS SEN CABALEIROS DA ISTORIA
ASOCIACIÓN MEDIEVAL “LA MARIANITA”
No Auditorio do Castelo

E ao finalizar
ESPECTACULO DE LUME E CIRCO
IGNIS TENEBRIS

22:00
PECHE DO BANCO DA ALHÓNDIGA

23:00
CONCERTO "SON DA ISTORIA"
ANDRES PENABAD E GRUPO FOLK
Praza San Martiño

OUTRA ACTIVIDADES

Venres 17 de 17:00 a 20:00
OBRADOIRO DE COTA DE MALLA
Na Madalena

Xoves 23 de 17:00 a 20:00
OBRADOIRO DE INICIACION Á ARQUEOLOXIA
No Museo Etnolóxico de Ribadavia

PENSANDO NOS NENOS
RINCON INFANTIL
NA ALAMEDA

MARTES 21, MERCORES 22 E XOVES 23

20:00 – 21:00
PEQUENOS OBRADOIROS E XOGOS PARA NENOS
Bolboretas – Na Alameda

VENRES 25

11:30
IV CERTAME INFANTIL E XUVENIL DE PINTURA RÁPIDA
Na Praza da Madalena

18:00 – 21:00
XOGOS PARA NENOS NA ALAMEDA

20:00
CONTACONTOS, MALABARES E RISAS
Na Alameda

SABADO 25

12:00 – 15:00 e 17:00 – 19:30
ACTVIDADES NO CAMPAMENTO PARA NENOS
Na Alameda con Bolboretas

19:30
CONTOS DE OUTRORA
Contacontos para todas as idades.

GRUPOS PARTICIPANTES NA ISTORIA 2018

VOLUNTARIOS DA ISTORIA
Voda Xudía
Tabaleiros da Istoria
Sons do Douro – Proxecto da Fundación Museu do Douro
Soldados
Saltimbankis de Sambi
Sala Viguesa de Esgrima Antigua
Rei Garcia e a súa Dona
Pregoeiro e convidados de honra
Parella de Xigantes de Xinzo de Limia
Parella de Xigantes de Ourense
Parella de Xigantes de Celanova
Parella de Xigantes de Allariz
Os Serándeiros
O Verdugo
Notables
Nobres
Nenos de Xadrez
Halconeros de Castilla
Grupo Troula Medieval
Grupo de baile Donas sen Cabaleiros
Gastrafetes
Galeoc Medieval
Especialistas Hipica Celta
Don Pedro e Dona Ana
Coro da Istoria
Compañía de teatro Viv´Arte
Club Xadrez Ourense
Clero
Cabalos de Carras
Cabaleiros templarios
Banda de Gaitas e Pandeiretas da Istoria
Banda de Gaitas Airiños de Arnoia
Asocación Ourensana de Esgrima Antigua
Asociación Medieval Torques
Asociación Medieval “La Marianita”
Asociación Valdapaiso
Andres Penabad
Albaluna Folk

Medieval "La Marianita"
Adiantado Maior do Reino
Abraham Cupeiro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]