Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


I Festas Alternativas San Froilán
http://alternativassanfroilan.blogspot.com/
(texto engadido o día 1/ / 10/ / 10 )


Sábado 2:
* 19:00h : Teatro contra a corrupción Lugar: Praza maior
* 21:00h : Pinchada ska,reggea.. Lugar: CS MADIA LEVA!
* 22:00h : Concerto Punk
COMANDO ROBALY Lugar: CS VAGALUME





Luns 4:
*19:00h : Concurso de tapas, Lugar: CS MADIA LEVA!
*22:00h : Queimada e Festa con música popular
galega Lugar: CS MADIA LEVA!






Martes 5 :
*17:00h: Pasaruas Lugar : CS MADIA LEVA!
*17:30h: Palestra " Situacion da muller"
a cargo de Maria e Camino
*20:30h: Demostración Esgrima Medieval Lugar: Rúa Amor Meilán









Mércores 6:
*14:00h : Comedor Popular 2 Euros Lugar: CS MADIA LEVA!
*20:00h: Palestra sobre a represión aos manteiros Lugar: CS MADIA LEVA!








Xoves 7:
*17:00h : Torneo futbolín Lugar: CS MADIA LEVA!
*19:30h: Palestra AMI " Esperanza dunha nova vida"
homenaxe as mulleres combatentes galegas Lugar: CS MADIA LEVA!
*21:00h: Roteiro de cañas,viños... Lugar:dende o CS MADIA
LEVA!
*22:00h: Pinchada DJ Moredich Lugar: CS MADIA LEVA!
* Todo o dia: Entroido S.Froilán Lugar: CS VAGALUME







Venres 8 :
*20.00h: Petiscos Lugar: CS MADIA LEVA!
*22:00h: Pinchada Hardcore Hooligan Lugar: CS MADIA LEVA!








Sábado 9 :
*15:30h :Torneo Futbol sala Antiracista Lugar: IES PIMENTEL
*22:00h :Concerto Antifascista:
Lugo Sen Descanso
16 Balas
+ Grupo por confirmar Lugar: CS VAGALUME




Domingo 10 :
*18:00h : Xogos Populares + Contacontos Lugar: CS MADIA LEVA!






Luns 11 :
*18:00h: Aprende a xogar a billarda Lugar: Rúa Amor Meilán
* 19:00h: Palestra Ceivar Lugar: CS MADIA LEVA!
* 19:30h: Proxección " Fugarse del infierno" Lugar: CS MADIA LEVA!
*20:00h : Palestra a cargo de Militante Antifascista Lugar: CS MADIA LEVA
*22:00h : Concerto
Bitxo Bola Lugar: CS MADIA LEVA!







Martes 12:
*Todo o dia: Romaria,festa tradicional Lugar: CS VAGALUME
*14:00h: Polbada Popular contra a Hispanidade
Prezo: 10 Euros Lugar: CS MADIA LEVA!
*19:00h : Proxección "Skinheads Actitude" Lugar: CS MADIA LEVA!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III Serán Carballeira

(texto engadido o día 25/ / 9/ / 10 )


A partires das 21:30 no Torreiro de Festas de Picoña (Salceda de Caselas), Proxección de fotos antigas, chourizada e viño de balde
- Serán -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III Festa da Canción Mariñeira

(texto engadido o día 25/ / 9/ / 10 )


A terceira Festa da Canción Mariñeira se consolida con rutas musicais pola ría

A carpa da praza de España será o eixo central da terceira Festa da Canción Mariñeira, que comezará mañá pola mañá e durará ata o domingo. Unha das principais novidades deste ano consistirá na oferta de viaxes musicais en barco -45 minutos na ría e outro tanto en Tambo-, a un custo de dous euros e con saida do porto de Marín de forma máis ou menos continua de 12 a 17.30 horas. As prazas débense reservar na oficina de turismo ou no teléfono 886 208 086.

As travesías serán amenizadas por un grupo musical para entreter aos participantes.
A concelleira de Turismo, a nacionalista Pilar Blanco, explicou que na carpa haberá degustacións, a cargo de catro establecementos hosteleiros da vila. O menú incluirá, a prezos económicos, frituras de peixe, nécora, cigala, navalla, polbo e empanada. O mexillón estará ausente da carta, xa que a marea bermella impide a súa extración recente e o Concello non quere ofrecer produto foráneo. O peixe ponno a confraría de pescadores e as navallas a lonxa de Campelo.

No apartado máis musical das xornadas, destaca a actuación da banda de música do Ateneo Santa Cecilia, ás 13 horas de mañana, mentres que o prato forte das celebracións será Malvela, un grupo que naceu ligado á difusión da cultura galega, e que dará o seu concerto ás 22.30 horas.

O domingo ás 13 horas actuará a banda de música de Salcedo. Ás 20.30 horas tocaralle o turno á coral do centro sociocomunitario de Marín. Pola noite, intervirán Sobre Rodas e Combo Mariñeiro, a partir das 22 horas. En todos os casos, a maioría das temáticas das cancións estará relacionada co mundo do mar, e no caso concreto da coral do centro sociocomunitario tentará rescatar algunhas das cantigas populares da localidade.

Artesanía
Como complemento da programación, na carpa haberá dous espazos reservados para exposicións. Por un lado, o artesá Manuel Piñeiro exhibirá as súas producións con bimbios. Polo outro José Manuel Formoso traerá unha selección dos mellores exemplares da súa colección de cunchas. Pilar Blanco precisou que no caso de Formoso trátase dunha das maiores colecións de macaloloxía de toda Galicia con pezas de todo o mundo
- Canción Mariñeira- Malvela -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Serán das Tarambainas

(texto engadido o día 17/ / 9/ / 10 )


Un ano máis as Tarambainas estamos traballando na organización do que será xa o noso V serán, a cita será o vindeiro sábado 18 de setembro a partir das 21.30h, este ano mudamos de sitio, se o tempo nos acompaña celebrarémolo no torreiro da festa de Santa Cristina de Lavadores (xusto detrás da igrexa) de tódolos xeitos se chovese teriamos sitio alternativo e ben indicado, así que haberá festa seguro!!!
Esperámosvos a todos con moitas ganas de troula... ¡¡¡NON FALTEDES!!!

Ademáis, como novidade este ano, as nenas están organizando xogos populares para nen@s no mesmo lugar a partir das 20h, así que xa sabedes festa para tódalas idades!!!

PD: Para chegar dende o Calvario basta con baixar por Martínez Garrido (a carretera que vai a estación de autobuses), e ó chegar o primeiro semáforo que se pode xirar a esquerda hai que meterse nesa dirección, unha vez alí esa rúa bifurcase en dúas, seguimos pola da esquerda ata atopar unha rotondiña onde xa se ve a igrexa.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I Aberto de Billarda Da Rá de Cospeito

(texto engadido o día 10/ / 9/ / 10 )


Dende Cospeito anuncian a primeira gran acción billardeiroa nista vila da terra cha luguesa, iste sábado tod@s á Lagoa de Cospeito e a partires das 17 h . tod@s na praza das festa da feira do monte.
Contacto directo e inscripción>> aacarballeira@gmail.com / 659.749388

Noticia enviada por Foliadeiro

- Billarda -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



SOCORRO FOLK - CARRAL

(texto engadido o día 10/ / 9/ / 10 )


Socorro Folk é un concerto organizado polo Xacobeo 2010 e o Concello de Carral, que presentará aos grupos galegos Ophiusa e Linho do Cuco, previsto para o venres 10 de setembro a partir das 21 h no contorno da festa.

O concerto inclúese na programación das Festas do Socorro, e a entrada é de balde.

- Ophiusa- Linho do Cuco -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



V Festa da Randulfa

(texto engadido o día 9/ / 9/ / 10 )



- Randulfa -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



5º Aniversario d'Arrincadeira!!!
http://arrincadeiragz.blogspot.com/2010/09/5-aniversario-darrincadeira.html
(texto engadido o día 9/ / 9/ / 10 )


O próximo sábado día 11 de setembro estades tod@s convidad@s ó aniversario d'Arrincadeira!!!
Cea popular, palestra musical, concertos e moita festa!!!!
- Arrincadeira- Ataque Escampe- Labregos do tempo dos Sputniks- Sorcha -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III FERVENZA DE MÚSICAS EN OUZANDE, A ESTRADA
http://carreiros.blogspot.com
(texto engadido o día 8/ / 9/ / 10 )


A Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande presenta a terceira edición da FERVENZA DE MÚSICAS, III Foliada de Música Tradicional para estas Festas do Socorro. A cita musical terá lugar o próximo venres, 10 de setembro, a partir das 9 da noite no Campo da Festa de Ouzande, A Estrada.

Os grupos convidados son:

A Requinta da Laxeira (Sarandón)
Os Xeitosos de Trazo
Regato de Matamulleres (Callobre)
Gharatuzas (Santiago)
Retrouso (Ouzande)

O campo estará cuberto cunha carpa e haberá posto de polbo e Churrasco.
Anímate e participa. Podes traer os teus instrumentos. A festa remata cando ti queiras.
Temos estas fermosas camisolas á venda na Taberna de Ouzande e no Café A Farola da Estrada. Tamén estarán á venda na Foliada.

Noticia enviada por a fervenza de ouzande

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festas Monte Alto 2010

(texto engadido o día 4/ / 9/ / 10 )



- Monte Alto -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festas da Rua de Baixo, en Compostela

(texto engadido o día 1/ / 9/ / 10 )


DIA 2 DE SETEMBRO, 5ªFEIRA

19h00 Obradoiro de faróis e guirnaldas na fonte da rua de abaixo

20h30 “Lembrando o bairro: os bailes” no Bar Leis (Basquinhos)


DIA 3 DE SETEMBRO, 6ªFEIRA

20h00: ruada musical e bombas de palenque

21h00: Início da festa, passe de fotos das festas e discurso de benvinda a cargo de Isabel Mancebo (comissom de festas)

21h00: astronomia na beirarrua (vamos ver as estrelas!)

21h30: entrega do prémio ao farol ou guirnalda mais bonita

22h00: Concertos

Tiroliro Regueifeiros

Bouba Pandeireteiras

Os Estalotes

e ao acabar...foliada

E POLVO À FEIRA!



DIA 4 DE SETEMBRO, SÁBADO

11h00: Ruada com cabeçudos, bombas de palenque e música tradicional

13h00: Pregom a cargo de Jose do 13 (taberneiro) e Rebeca Montero (vizinha)

13h30 Vermu amenizado polo duo EVA E CAMILO

teremos prémios para os bailadores/as mais animadas e POLVO À FEIRA

17h00 FESTIVAL INFANTIL:

Troco infantil (troca por outra cousa os teus contos, bonecos, bolas, disfarces...)
Jogos populares
Mural colectivo na rua
Pinturas de cara
às 18h obradoiro de globofléxia
às 19h Títeres Cascanueces: A rua dos pantasmas

Mercado de roupa e cousas de segunda mao (toda a tarde)

19h30 Campeonato de chave

21h00 Contos do afiador Rodesindo da Barrosa (espectáculo de Pepe Penabade). Podedes levar facas e navalhas para afiar!

22h00 ESPECTÁCULO MUSICAL:

Coro da Rá

Duo Eva e Camilo

Cé Orquestra Pantasma (home orquestra)

- Tiroliro Regueifeiros- Cé Orquestra Pantasma- Foliada- Os Estalotes -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV SERÁN e XVIII FESTA DOS CALLOS en Salceda de Caselas

(texto engadido o día 1/ / 9/ / 10 )


Sábado 4 ás 21:30
IV SERÁN DOS CALLOS
na Praza do Concello de Salceda de Caselas

Domingo 5
10:00 APERTURA DE TAQUILLAS E DESPACHO DE CALLOS
ANIMACIÓN CON "VAITE XA" E "OS TROUSEGHAS"
12:00 LECTURA DO PREGÓN POR MOFA E BEFA
19:30 MOFA E BEFA PRESENTAN "COCIÑA ECONÓMICA"
21:00 UXÍA SENLLE TRÍO NO AUDITORIO MUNICIPAL

- Serán- Uxía Senlle -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I Festival de baile e música tradicionais LEMBRANZAS DA RÍA
http://www.lembranzasdaria.com/actividade.php?filId=117&filLin=G
(texto engadido o día 1/ / 9/ / 10 )


[Sábado, 04 de Setembro do 2010 ás 22h. en Praza das Pontes (Cangas do Morrazo)]

A asociación cultural Lembranzas da Ría celebra o seu primeiro festival de baile e música tradicionais, e faino como peche ás Festas do Cristo de Cangas do Morrazo.
O Festival terá lugar na Praza das Pontes en Cangas (ao lado do concello, onde se fan todos os concertos do verán) e a data elixida será o sábado 4 de setembro ás 22h., día en que rematan as Festas do Cristo.


O Festival contará coa participación das diferentes formacións da A.C. Lembranzas da Ría (grupo infantil, grupo de baile, charanga e pandereteiras) e co grupo de baile e a banda de gaitas da Asociación Folklórica El Piñote (Pola de Siero - Asturies).
E para rematar, ás 24h., porá o broche de ouro o concerto de TAGHAITAÍ!!!, grupo formado por Iván Costa, Edelmiro Fernández, Manolo Maseda e Lola Fernández, que practicamente veñen presentarse ao público con esta formación neste Festival.

Esta é, polo tanto, unha ocasión única...

- A.C. Lembranzas da Ría

- A.F. El piñote

- TAGHAITAÍ!!!


A festa está asegurada, non volo perdades!!
- Lembranzas da Ría -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXIV Festival de Poesía do Condado
http://www.scdcondado.org/festival.htm
(texto engadido o día 1/ / 9/ / 10 )


O Festival da Poesia pretende cada ano unir festa e reivindicaçom, escolhendo sempre um lema que centre as inquedanças do colectivo. 'Língua e serviços em mao comum' centra nos ataques à língua e no retrocesso dos serviços públicos umha preocupaçom general polo incremento contínuo das agressons contra todo o que suponha património popular, contra todo o público e galego.

Desestruturaçom da sanidade pública, relegaçom do ensino público frente ao potenciamento do privado, gestom privada dos recursos naturais, falta de direitos lingüísticos, ausência de serviços de transporte colectivo, comunicaçons nas mans das empresas... som diferentes peças de um quebra-cabeças em que se ilustra a acumulaçom de poder por sectores cada vez mais reduzidos e a infámia da homogeneizaçom cultural.

Escolhe-se a língua polo contexto em que se encontra (perda de falantes, diminuiçom de espaços para o seu uso, aumento de prejuízos lingüísticos e difusom interessada dos mesmos, discriminaçom em todos os níveis do ensino), mas também para dar resposta à penúltima ideia desenvolvida polos sectores mais recalcitrantes do espanholismo: a falácia da imposiçom.

A reivindicaçom duns serviços públicos, universais, gratuitos e de qualidade centram a outra parte da legenda. Ensino, saúde, transportes, água, luz, gás... vam-se ou fôrom-se desmantelando e deixando nas maos das empresas, a diferentes ritmos, mas com o mesmo objectivo: que o povo tenha que pagar polo que é do povo.

Todos estes aspectos vam estar presentes durante o Festival da Poesia; em forma de debates, de intervençons públicas, nos poemas, nas cançons.



PROGRAMA DO XXIV FESTIVAL DA POESIA NO CONDADO

3 e 4 de setembro 2010. salvaterra de minho.


19.30
Apertura de exposiçons
Covas de Dona Urraca / CASA DO CONDE

Pintura
: monográficos do Zeca Afonso e do Che Guevara

20.15
Projecçom de Audiovisuais
COVAS DE DONA URRACA

22.30
Noite nas minas
Covas de Dona Urraca
Sonhos*
23.30
Caldo verde
e festa rachada com Charanga

*Aforo limitado
- Entrada 10 €
- Reserva de bilhetes: info@scdcondado.org ou 986 658 036


11,30
Passa-ruas
Gaiteiros e murga
Viagens no
Comboio de baixa velocidade

12.30
Campionato de bilharda
Feira popular: colectivos e artesanato

ZONA DAS MURALHAS

- Reserva de postos: info@scdcondado.org ou 986 658 036

13.00
Palestra com Colectivos Sociais
Que fazer perante o desmantelamento dos serviços públicos?
casa do conde

17.00
Festa Infantil
- Galiza Pulgas Circus
- Obradoiros
ZONA DAS MURALHAS

18.00
Apresentaçons de livros
- Colectánea de Poesia Feminista Galega
editada pola Assembleia de Mulheres do Condado.
- Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural.
editado polo Cineclube de Compostela.

19.00
Audiovisual
COVAS DE DONA URRACA
Curtas premiadas no Festival de Cans

20.30
FESTIVAL POÉTICO-MUSICAL
ZONA DAS MURALHAS

- Apresenta: Berrobambán

POETAS
- Alicia Fernández
-
Branca Novoneyra
- Carlos Quiroga
- Carlos Negro
- Calros Solla
-
David Rodríguez
- Elvira Riveiro
- Kiko Neves
- Laura Branco
-
Samuel L. París
- Samuel Solleiro
-
Tiago Gomes
- Xulia María


GRUPOS
- De outra margem
-
Uxía
-
Labregos do tempo dos Sputniks
-
Os tres trebóns
- Afro-vungo
(Tonecas Prazeres. S. Tomé, Principe)


- Festival de Poesía do Condado- De outra margem- Uxía Senlle- Os Tres Trebons -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Luar Na Lubre e Muxarega na XXII Festa do Requeixo da Capela
http://www.coopcapela.com/cooperativa/index.php?option=com_content&task=view&id=19&Itemid=13
(texto engadido o día 28/ / 8/ / 10 )


11:00 h:
Apertura
Exposicións de artesania, maquinaria agrícola, e manualldades
Actuación do grupo de gaitas "Os Xotas"

13:00 h:
Lectura do pregón
a cargo de Benigno Campos
do programa "Larpeiros" da TVG

13:30 h:
Actuación da Banda de Música Santiago de Arteixo
A continuación reparto do requeixo

17:00 h:
Actuación do grupo de gaitas "ALFAIA"

19:00 h:
Actuación de MUXAREGA

21:30 h:
Actuación de "LUAR NA LUBRE"

- Luar Na Lubre- Muxarega -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Terra Brava 2010

(texto engadido o día 28/ / 8/ / 10 )


O INCIO ACOLLE UNHA NOVA EDICIÓN DO FESTIVAL TERRA BRAVA O DOMINGO 29 DE AGOSTO

Os Campantes da Baña, A Tuna Rastafari, Pan de Capazo e Medomedá completan a proposta musical deste ano.

O Incio, 25 de Agosto de 2010. Xa está todo preparado para a celebración da VIII edición do Festival Terra Brava. Unha cita na que a música tradicional, os xogos populares, os contos de sobremesa e as propostas musicais máis innovadoras, reúnen nunha mesma carballeira a xentes de tódalas idades e condición.
As actividades comezarán pola mañá coa actuación da murga tradicional Os Campantes da Baña, que farán un percorrido pola vila e animarán os instantes previos ao xantar que se celebra cada ano no mesmo recinto que o festival. A sobremesa tamén estará animada pola murga e os músicos espontáneos que queiran sumarse á festa.
Xa pola tarde, os obradoiros de xogos para cativos e maiores apenas deixará tempo libre antes de que á noitiña comecen os concertos. Un cartel que se completa con A Tuna Rastafari e a súa festa e baile sen descanso, Pan de Capazo - pura enerxía dende a música de raíz -, e Medomedá, que nos presenta o rock galego máis irreverente e divertido do momento. En palabras de Luís Pombo, un dos organizadores, “ano tras ano o festival procura actividades e actuacións para todos os gustos, para a xente nova e para os que vivimos unha segunda xuventude”.
O Festival está organizado pola Asociación Cultural Terra Brava, e conta coa colaboración da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo a través da Área de Cultura, a Asociación de Gaiteiros Galegos e o Xacobeo 2010.

Noticia enviada por Foliadeiro

- Terra Brava- Tuna Rastafari- Pan de Capazo e Medomedá -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



FESTA DO POLBO EN BUEU (28-30 AGOSTO 2009)

(texto engadido o día 27/ / 8/ / 10 )


27, 28 e 29 de agosto na explanada da Lonxa de Bueu27 de agosto

20:00 Apertura dos stands de venda.
20:30 Charla: Proxección do documental Conserveiras de Bueu. Centro Social do Mar.
22:00 Charanga Lume de Karoso.

28 de agosto

11:30 Apertura dos stands de venda.
11:45 Actividades para nenas e nenos: obradoiro ao redor do polbo.
12:30 Actuación da Banda de Gaitas Manxadoira.
13:00 Pregón a cargo da directora do Museo Massó Covadonga López.
20:30 Visita guiada: “Polbo das rías”, proceso de etiquetado e venda dunha marca de calidade.
21:30 Animación de rúa: Gostoso Pa e os zancudos.

29 de agosto

11:30 Apertura dos stands de venda.
12:00 Actividades para nenas e nenos: espectáculo de maxia.
20:30 Grupo de música tradicional Darrente a parede

Degustación ao longo de todo o día.

As actividades e actuacións terán lugar na carpa instalada na explanada da lonxa.

Nas mesmas datas terá lugar o XIV ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS organizado pola Asociación “Os Galos” de Bueu.

Noticia enviada por Foliadeiro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Noite dos Encantos na furna do Osmo (Corme)
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=88366
(texto engadido o día 27/ / 8/ / 10 )


O dia 27 de agosto, celebraráse outro ano máis (e xa van 12), unha nova edición da noite dos encantos na furna do osmo, en Corme, no corazón da costa da morte.

A festa de este ano contará ca presencia de 6 grupos de distintos estilos musicais e estará presentada polo actor e humorista de fene Bitxobola.

@s artistas de esta edición son:

Folkolicos.- por fin volta este grupo ,que tras 2 anos de ausencia, transmitirán as suas ondas de... folk e rock; tan tradicionais na furna.

Fanki bruster.-grupo coruñés de recente creación que experimenta con ritmos funks.

Chotokoeu.-pachanga e musica bailable desta banda da coruña,que coa sua mestura de ritmos farán bailar a toda a furna.

Furnier.-mítico cantante de hip hop de compostela,que coas suas letras corrosivas fará as delicias das amantes da poesia.

García.-un dos membros do grupo dios ke te crew, tocará uns temas en solitario.

Ursus.-os amantes do hard-core e o crust tamén gozaran con estes veteranos artistas neste eido musical.

Pan de capazo.-instrumentos tradicionais mesturados co folk máis actual.

Neste ano,coma no pasado,a recaudación irá destinada a solidaridade co povo mapuche, habitantes orixinarios do cono sur de latinoamerica que estan a sufrir no seu territorio unha nova conquista politico-economica por parte das empresas transnacionais e o estado chileno e arxentino.

Esta solidariedade temos que mostrala hoxe mais que nunca,xa que dende o pasado 12 de xullo,mais de 30 mapuches encarcelados no estado chileno están en folga de fame.

Convidarvos a todos a desfrutar desta nova edición do concerto que agardemos nos faga desfrutar tanto coma os anteriores

Noticia enviada por Foliadeiro

- Noite dos encantos- Pan de capazo- chotokoeu -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXXI Edición da Festa do Gaiteiro, 21 de Agosto
http://www.forcarei.com.es/pan2.asp?tit1=Novas&tit2=%20Noticias&tab=contido&img=&id1=24
(texto engadido o día 20/ / 8/ / 10 )


Avelino Cachafeiro Bugallo é un dos persoeiros máis importantes do noso panorama musical tradicional galego.
Nado en Soutelo de Montes o 26 de maio de 1899.
Avelino Cachafeiro, acostumado desde a súa nenez ó son da gaita, debido a que o seu avó e o seu pai foron tamén gaiteiros, non tardou en formar un grupo familiar de gaiteiros, constituído polos seus irmáns Castor (gaita) e Bautista (voz e caixa), o seu pai Fermín (bombo) e a súa tía Andrea, que de modo ocasional tocaba o pandeiro. Avelino era a alma do grupo, como director e compositor, as súas actuacións caracterizábanse polo baile e por contar chistes. Non tardaron en ser coñecidos por toda a comarca e tamén alén dos mares, co alcume de “Os Gaiteiros de Soutelo”.
Avelino é nomeado gaiteiro da Sociedade Artística de Pontevedra, e con só 25 anos preséntase a un concurso en Santiago onde se dirime quen é o mellor gaiteiro de Galicia. Un concurso con parte literaria, onde se presenta xente coma Otero Pedraio, Vicente Risco, Filgueira Valverde, e que o final ganaría Eladio Rodríguez González.
Otero Pedraio cualificaba a Avelino como “O grande e puro artista, por Castelao abrazado en data solemne pro esprito como o máis rexo e armoño Carballo do bosque antigo”.
O Concello de Forcarei organiza este ano a XXXI edición da Festa do Gaiteiro de Soutelo, concebida coa finalidade de homenaxear a súa figura, tanto humana como artística.

VENRES 20

23:00 H                      CONCERTO FOLK DE  “FIA NA ROCA”

NA PRAZA DA IGREXA DE SOUTELO- PATROCINADO POLO XACOBEO  E A DEPUTACION DE PONTEVEDRA

SABADO 21

10:00 H           PASARRÚAS DAS BANDAS DE GAITAS
10:30 H           APERTURA “FEIRA DE ARTESANÍA”
11:00 H                      ACTUACIÓN DA BANDA DE GAITAS “BUXAINA” DE TARAGOÑA (RIANXO)
11:30 H           ACTUACIÓN DO GRUPO VAGALUME DE ALCALA DE  HENARES
12:00 H           ACTUACIÓN DO GRUPO “LUME NA LAREIRA”
12:15 H           ACTUACIÓN DO GRUPO “O FIADEIRO”
13:15 H           SAUDA DO ALCALDE
13:30 H           PREGÓN POR D. XOSÉ LUIS BARREIRO RIVAS
13:45 H           ACTUACIÓN DE MANUELA CORTIZO MEDAL
14:00 H           ENTREGA DE MEDALLAS
14:20 H           IMPOSICIÓN DO  EMBAIXADOR DA FESTA
14:30 H           INTERVENCIÓN DE PILAR ROJO NOGUERA, PRESIDENTA DO PARLAMENTO GALEGO
14:40 H           ACTUACIÓN DA BANDA DE GAITAS DE FORCAREI, INTERPRETARÁN O HIMNO GALEGO CON VOZ DA CANTANTE   ALMUDENA JANEIRO
15:00 H           TRAILER CAMPAÑA GADIS “SUPER GAITEIRO”
17:00 H           ACTUACIÓN DE “A MAGNIFIQUE BANDE DOS HOMES SEN MEDO”
17:30 H           XII CONCURSO DE GAITEIROS AVELINO CACHAFEIRO “GAITEIRO DE SOUTELO”
18:30 H           ACTUACIÓN DO RANCHO FOLKLORICO DE VILA DE PRADO DE VILAVERDE – PORTUGAL

22:30 H           CONCERTO NA PRAZA DO GAITEIRO EN HOMENAXE A JOSÉ FIRVIDA CACHAFEIRO “ MADURO”

  • LUME NA LAREIRA
  • DIPLOMATICOS DO ACORDEON

HABERÁ PULPEIRA E CARPAS
POLA TARDE HABERÁ INCHABLES E XOGOS PARA OS MÁIS PEQUENOS



- Festa do Gaiteiro- Soutelo- Fia Na Roca- Lume na Lareira- Diplomáticos do Acordeón -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VIII NOITE FOLK de Negreira
http://www.concellodenegreira.es
(texto engadido o día 18/ / 8/ / 10 )


SÁBADO 21 / a partir das 18:00 h.

Praza do Concello

Actuación de AVELAIÑA, CHARANGA VAI DE RODA e PEPE VAAMONDE GRUPO

Nesta oitava edición poderemos escoitar o grupo Avelaiña, formación que foi seleccionado polo INJUVE 2006 no seu apartado de Música Folk Nacional, formou parte da representación de Galicia na Feira Internacional MIDEM 2007, finalistas do Concurso Internacional Folk Navelgas 2008, ten actuado en festas e romerias importantes, ofrecendo concertos no só en Galicia, tamén en Cantabría e Asturias.

A charanga Vai de Roda é unha asociación de música e baile tradicional que nace co fin de promover e divulgar a música e baile tradicional. Dende o ano 2004 levan feitas centos de actuacións amosando o seu bo facer en diversos actos e festivais. Son os organizadores do “Serán Mar de Rianxo” un dos mellores festivais de música e baile tradicional da nosa terra.

Por último temos que destacar a actuación de Pepe Vaamonde grupo, un proxecto nacido no ano 2001 e que está formado por intérpretes cunha dilatada experiencia musical. Son unha formación feita para “o directo” o que os levou a tocar nos mellores festivais de Europa demostrando que son un dos mellores grupos do panorama folk galego.

Colabora: Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia

Exma. Deputación Provincial de A Coruña

- Avelaíña- Pepe Vaamonde Grupo- Noite Folk- Negreira -

1 comentario
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]