Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


FESTIVAL EN DEFENSA DO GALEGO NO ENSINO

(texto engadido o día 3/ / 12/ / 10 )


Hoxe ás 20.30 horas no Teatro Principal da Estrada FESTIVAL EN DEFENSA DO GALEGO NO ENSINO, conmemorando os 30 aniversario da manifestación que percorreu as rúas desa vila en apoio ao profesorado represaliado naquela altura por dar as súas aulas en galego. Actuacións de MINI E MERO, TINO BAZ, MIRO CASABELLA e GARCíA MC. Non faltes!
- Mini e Mero- Tino Baz- Miro Casabella- Garcia MC -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



PRE-LANZAMENTO DE ‘NA PUNTA DO Pɒ
http://www.kalandraka.com/blog/2010/11/26/pre-lanzamento-de-napuntadope/
(texto engadido o día 27/ / 11/ / 10 )


A próxima semana chegan ás librarías e bibliotecas de Galicia e de Portugal o libro-cd-dvd “Na punta do pé” -que na súa edición en portugués se titula “Pezinhos de lã”- para animar a bailar e a cantar a público infantil, xuvenil e adulto. O grupo Pesdelán é o autor desta obra, ilustrada por João Vaz de Carvalho, que xa se pode ver no stand (C3) de KALANDRAKA en Culturgal. Este domingo a partir das 17:00 horas, Pesdelán impartirá un obradoiro de música e baile nesta Feira das Industrias Culturais que se celebra no Recinto Feiral de Pontevedra.




Textos: MERCEDES PRIETO e MONTSE RIVERA
Prólogo: SUSA HERRERA
Ilustracións: JOÃO VAZ DE CARVALHO
PESDELÁN: Uxía Cribeiro, Mercedes Prieto, Montse Rivera,
Xan Pampín, Carlos Freire, Miguel Flores, Amando Gottardi
COLABORACIÓNS: Bea Díaz, Guadi Galego, Pedro Pascual,
Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos, Miguel Barriga,
Patricia Rivera, Julián Romero, Iago Carro, Mariña Vidal,
Jairo Quitiá, familia Paz Noya, Centro Cultural A Ponte Vella,
Concello de Teo, Fundación Cidade da Cultura de Galicia



“Na punta do pé” é un libro-CD-DVD que anima a
aprender cancións, bailes e xogos do patrimonio
tradicional galego e portugués dun xeito ameno,
divertido e participativo. Comprometidos coa
recuperación da cultura lúdica e activa das festas e
verbenas, os compoñentes de Pesdelán contribúen á
creación desta obra para que sexa compartida por
público de todas as idades, logrando ademais un
material cunha potente dimensión educativa para o
seu aproveitamento nas aulas.
No repertorio hai 12 temas en galego, portugués e
mirandés -mesmo algún de orixe brasileira- con
arranxos musicais orixinais. O CD tamén inclúe 4
versións instrumentais para seren cantadas. O DVD
contén explicacións dos pasos e demostracións dos
bailes. En conxunto, trátase dun traballo feito para
enriquecer o tempo de lecer, cantando e bailando.
Pesdelán xorde en 2008 da unión de prestixiosos
músicos, bailadores e mestres de coñecidas
formacións musicais de Galicia e Portugal (Leilía,
Susana Seivane Grupo, Xochilmica, Montelunai,
Pula-lle-o-pe). Trascendendo o concepto do grupo
musical convencional, Pesdelán fai unha proposta
novidosa e atrevida, valéndose da música en vivo e
do ensino de xogos e bailes sinxelos, substituíndo a
idea do público espectador e pasivo pola dun público
activo e participante, e pasándoo ben.
João Vaz de Carvalho (Fundão, 1958) é un dos
ilustradores máis relevantes do actual panorama
artístico en Portugal, cunha traxectoria inzada de
premios internacionais. A súa achega plástica
apórtalle colorido, frescura e simpatía a esta obra
multidisciplinar.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I Magosto Furtivo no Viso (Redondela)

(texto engadido o día 25/ / 11/ / 10 )


O grupo de música tradicional Tanto Nos Ten e a Asoc. Cultural Sta. Mª do Viso organizan o I Magosto Furtivo, contanto coa colaboración da Concellería de Cultura, da Asoc. xuvenil Xoeira e da Tenda de Concha. Realizarase no Torreiro da Festa da Teixeira -Monte da Gándara- o sábado 27 de novembro a partir das 17h e prepararanse ata 100 kg de castañas asadas para todos os asistentes. Contarase cunha carpa e como condimento ás castañas ofrecerase un progama lúdico musical, cunha importante compoñente participativa, que consistirá en:

- Xogos tradicionais
- Obradoiros para rapaces e rapazas.
- Peter Punk (malabares)
- Ce Orquestra Pantasma (home orquestra)
- Trioliro (regueifeiros)
- A Requinta da Laxeira (música tradicional)
- Foliada aberta a todos os asistentes
- Magosto- Ce Orquestra Pantasma- Trioliro - A Requinta da Laxeira- Foliada -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Tres días de música sen pausa, no Culturgal
http://www.culturgal.com/
(texto engadido o día 25/ / 11/ / 10 )


Culturgal (Programación musical)


Venres 26, sábado 27 e domingo 28 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Entrada gratuíta


Descargar o programa musical detallado

Os novos ritmos brasileiros, un sorprendente fado alegre, tradición e innovación coa gaita, música armenia, pop de autor... son algúns dos sonidos que compoñerán a particular banda sonora da Feira das Industrias Culturais. A música anegará tamén todos os espazos do Culturgal 2010, desde a recámara, ata o patio, o faiado, o cuarto dos nenos e o estudo.


MÚSICA NA RECÁMARA
Galicia.br
Venres 26 de novembro ás 21 h
Lugar: Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra
Prezo: Entrada gratuíta previa retirada na billeteira
Os convites pódense conseguir, por rigorosa orde de solicitude, na billeteira do Pazo da Cultura o venres de 11 a 14 e de 17 a 21 h


Culturgal ten na recámara dúas noites de música e diálogo intercultural. Os espectáculos Galicia.br e Galicia.pt xuntarán no escenario do Auditorio do Pazo da Cultura artistas galegos, brasileiros e portugueses.

O venres chegarán da outra beira do Atlántico dous artistas revelación de Minas Gerais, Érika Machado e Kiko Klaus. A partir das 21 h experimentarán un estimulante intercambio artístico co novo espectáculo do coñecido humorista galego Carlos Blanco, que presenta Ordem e progresso, unha ollada ao Brasil acompañada da cadencia do pandeiro e do cavaquiño do Sergio Tannus Trío.

Érika Machado de nena soñaba con ser científica, formouse como artista plástica e, aínda que adoraba cantar, nunca pensou acabar levando vida de carricanta. Comezou facendo música como parte de proxectos artísticos de intervención urbana. Un deles, O Baratinho, gravado no seu propio cuarto, fixo barullo abondo para que en 2006 lanzase o seu primeiro disco de verdade, O Cimento, producido por Pato Fu. A Pontevedra chega cun novo lanzamento, Bem Me Quer Mal Me Quer.

Kiko Klaus lanzou en 2008 o seu primeiro disco en solitario, O Vivido e o Inventado, que recibiu importantes eloxios da crítica nacional e internacional. O xornal O Estado de São Paulo seleccionouno como un dos quince mellores lanzamentos dese ano e a revista Dig This Real de Nova York definiuno como un dos artistas máis creativos e prometedores da nova escena brasileira. A súa música mestura raíces afro-brasileiras como o maracatu, a ciranda, a samba e as percusións de Umbanda e Candomblé, con flamenco, rock, soul e electrónica.

Tras o éxito de Humor neghro e Só, Carlos Blanco volve agora máis colorista, máis ousado, máis de pel. En Ordem e progresso toma a frase da bandeira de Brasil como título do espectáculo. Nel o actor amosa unha nova faceta na que lle canta ao Brasil máis recoñecible, e ao que non o é tanto, acompañado dunha banda de luxo, o Sergio Tannus Trío, formado por Sergio Tannus, Sergio Sales e Paulo Silva. Esta proposta suma humor calma, harmonía e música de Pixinginha, Cartola, Nelson Cavaquinho... os clásicos.




MÚSICA NA RECÁMARA
Galicia.pt
Sábado 27 de novembro ás 21 h
Lugar: Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra
Prezo: Entrada gratuíta previa retirada na billeteira
Os convites pódense conseguir, por rigorosa orde de solicitude, na billeteira do Pazo da Cultura o venres e o sábado de 11 a 14 e de 17 a 21 h


O sábado, tamén no Pazo da Cultura, poderemos gozar dunha oportunidade única: dúas das propostas musicais máis exitosas desta e da outra beira do Miño comparten escenario en exclusiva para o público de Culturgal. Deolinda é un grupo portugués formado por catro mozos que saltan todos os clixés do fado: non usan guitarra portuguesa, fan música para bailar e a súa cantante, Ana Bacalhau, viste roupas coloridas. Veñen de presentar o seu último disco, Dois selos e un carimbo, co que están a causar sensación no país veciño.

Compartirán escenario con Xosé Manuel Budiño, que visita Culturgal co seu último proxecto debaixo do brazo: Volta, unha viaxe polos catro continentes da man do gaiteiro galego máis innovador. Bos Aires, México, Oriente Medio, Europa, Ortigueira... este disco está concibido como unha road movie conceptual coa que percorreremos os lugares nos que o magnífico compositor e multiinstrumentista galego participou nos últimos anos e que culmina co seu concerto na pasada edición do Festival Celta máis coñecido e concorrido do mundo. Poderemos revisar as pezas máis representativas da súa carreira, desde o referencial "Paralaia" ata "Revolución", pasando por "Zume da Terra" ou "Home", peneiradas por unha reinterpretación contemporánea.




SHOWCASES NON STOP NO PATIO
No patio da Feira das Industrias Culturais pódese atopar un bar con programación cultural non stop, entre a que a música ocupa un lugar prioritario. Nel sucederanse actuacións en pequenas doses, para que dea tempo a dixerir todas as novidades. O formato empregado é o dos showcases e entre pílula e pílula proxectaranse vídeos cos grandes eventos musicais deste ano. Na barra os músicos mesturaranse co público para intercambiar opinións.
Participan nos showcases do patio Renato Spencer e Café Caxaça, Kibitka, Anxo Lorenzo e Silvia Penide. Os primeiros presentarán o venres ás 18.30 h Peneirando, o seu primeiro traballo discográfico, resultado de cinco anos de convivencia entre músicos de diversas orixes, tanto xeográficas como musicais, que residen en Galicia. Rumba e forró, tamboril e zabumba, muiñeira e afoxé, gaita e cavaquiño mestúranse de forma natural neste disco con temas propios e versións de músicas populares brasileiras e galegas.
Kibitka integra a bagaxe e as viaxes das oito persoas que a banda e que trouxeron músicas de Armenia, Bielorrusia, Moldavia, Rusia e Galicia, agregaron ritmos e influencias latinas e rescataron sonoridades esquecidas. Actuarán o sábado ás 12.30 h. Pouco despois, ás 16 h, subirase ao escenario do patio Anxo Lorenzo para presentar Tirán, o seu novo disco, no que volve poñer a proba os límites da gaita e os propios facendo un percorrido musical polos lugares e melodías que coñeceu nos últimos anos. Para esta gravación contou coas colaboracións da famosa gaiteira de Northumbria Kathryn Tickell, as cordas de Pancho Álvarez, as percusións de Milla e Roi Adrio, a zanfona de Anxo Pintos, o acordeón de Jorge Arribas e o grupo de estética hindú Om/Off.
Deseguido, ás 19.30 h, será a quenda de Silvia Penide, que volve co seu cuarto traballo de estudo Las erres dobles, da man do recoñecido Juan de Deus Martín. Cos seus dous traballos discográficos anteriores, Kilómetros, Invisible e Desafinante Crónica, xa deixou sobradas mostras da forza e dos matices que poden alcanzar as súas cancións.

Ademais destes showcases, o patio acollerá unha serie de presentacións musicais con breves actuacións de mostra. O sábado ás 17.30 h a asociación cultural Negus Reggea presentará algunhas das bandas de reggae e os sound systems galegos, entre as que se atopan, por exemplo, Bush Doctors, Zamaramandi, Sauko B & One, Pinnacle, Ganjahrfamily, On The Bass Sound System, Goodchilla Sound ou Jas Processor. A continuación a popular publicación especializada no sector musical Mondo Sonoro ofrecerá unha selección de actuacións de grupos musicais, así como unha mostra dalgunhas das fotografías realizadas polos seus colaboradores nos eventos musicais máis significativos dos últimos tempos. Xa o domingo, ás 12.30 h, presentarase a oitava edición de Cantos na Maré, Festival Internacional da Lusofonía. Sobre o escen ario do Pazo da Cultura volverán xuntarse o 18 de decembro catro dos creadores máis inquietos da música dos países lusófonos, un cruce de voces novas e consolidadas baixo a dirección artística de Uxía e a dirección musical de Paulo Borges.


SONS PARA O CUARTO DOS NENOS
O cuarto dos nenos que acolle a programación infantil e xuvenil do Culturgal ferve de actividade desde a apertura ata o peche da feira, tamén do eido musical. Para mostra o novo disco do grupo de música infantil Mama Cabra, titulado Ola, ola, la!, un libro CD cun vídeo karaoke e un bo feixe de cancións inéditas, publicado pola Editorial Galaxia. O venres ás 17 h presentaranse en directo temas deste traballo, para o que se contou cun coro dirixido por Ramón Bermejo e con colaboracións como a de Sèrgio Tannus (pandeiro brasileño e cavaquiño) e a de Gende Beat coas súas percusións vocais.
Xa o domingo ás 12 h terá lugar o espectáculo Tic tac, o primeiro traballo musical en solitario de Pablo Díaz, que fai un percorrido por distintos ritmos cos que, dende a perspectiva do folk, abarca a universalidade da música, dende o xénero clásico ata o jazz, pasando polo rock, o soul, o swing e os ritmos latinos. É un disco para ver, escoitar e cantar, pensado tanto para o público infantil como para gozar en familia. As súas 16 cantigas abordan temas próximos aos cativos, como a natureza, o mar, os animais ou o fogar, de xeito que se lles proporciona vocabulario e fórmulas de expresión a través da música.
Pola tarde, ás 17 h, actuará o grupo Pesdelán, disposto a recuperar a cultura participativa das festas e a poñernos a todos a bailar co seu último disco, Na punta do pé. Pesdelán é froito da unión de reputados músicos, bailadores e mestres de coñecidas formacións musicais, como Leilía, Xochilmica e Susana Seivane Grupo. O seu repertorio abrangue temas tradicionais galegos e portugueses, arranxados dun xeito divertido e orixinal.
Ademais, o Laboratorio de Sons da Aula Folque Infantil de aCentral Folque, o sábado traslada por un día a súa actividade ao Culturgal. Mestres e alumnos realizarían exercicios de improvisación e exploración sonora con instrumentos non convencionais, baseándose no espazo da Feira, na súa musicalidade, a súa oralidade e as súas posibilidades sonoras. Ao remate da actividade os asistentes presentarán unha intervención artística como mostra do traballo realizado durante a sesión.

AUTOEDICIÓN NO FAIADO
O faiado, o espazo reservado no Culturgal para as propostas que están nas marxes e que mesmo cuestionan o que chamamos industrias culturais, terá unha ampla programación musical para visualizar aquelas iniciativas que rastrexan a música en calquera lugar, que están atentas aos sons da vida cotiá e que velan pola memoria sonora e musical para explorar novos horizontes. Autoedición e activismo sonoro serán os termos máis repetidos.
O venres ás 19 h. SINSALaudio ofrecerá a audioconferencia Érase una vez un suco, unha sesión con música e imaxes na que se repasará o apasionante mundo do rexistro sonoro. Deseguido presentarán o seu novo selo discográfico, SOSOaudio e as súas dúas primeiras series de cilindros fonográficos e dedodiscos. A xornada do 26 pecharase no faiado cun concerto de Emilio José, o músico máis innovador do interior de Galicia, chegado directamente desde Quins, concello de Melón. Amosará a súa maneira de entender as cancións, con mestura de rexistros e diferentes xiros, demostrando que o retrouso non é tan importante.
A autoedición centrará o apartado musical do sábado no faiado. Os músicos galegos Iván Oubiña (6pm), Diego Castro (Disco las Palmeras!) e Xan Molina (Mequetrefe) impartírán a partir das 12 h o obradoiro O estudio na túa casa. Xa pola tarde, ás 17.30 h, desenvolverase o coloquio A autoedición na música: o camiño do novo músico, moderado por Manuel Suárez e coa participación de Manuel Portolés (Niño y Pistola), Toño Rodríguez (Unicornibot), Javier Becerra (La Voz de Galicia) e Tomi Legido (CuacFM/10D10). Ademais, Manuel Suárez e Álvaro Álvarez presentarán o proxecto Desconcierto Cultural.

O FUTURO DA INDUSTRIA MUSIACAL NO ESTUDIO
O sábado a partir das 10 h, no particular estudio do Culturgal, dedicado ao debate profesional, as asociacións Agaphono e Agem propician nun foro aberto ao público o encontro dos distintos axentes do sector musical para elaborar unha radiografía do seu presente e para debater sobre o seu futuro. No difícil contexto da crise económica, a industria da música ten que afrontar o desafío dos cambios tecnolóxicos e outros retos como a superación da dependencia institucional e a busca de novos espazos de crecemento. Participarán Franciso Javier Viéitez Cendón, vicepresidente de Agem; Sergio Lago, representante de Aghapono; Raul Abeledo, economista; Leo Garcia-Boadilla Prosper, avogado ; Felix Lozano, ideólogo; Juan Carlos F. Fasero, director da Agadic; e Joaquim Balas, representante da Asociación Profesional MUSICA PT. É compromiso dos organizadores ofrecer un documen to conclusivo ao final do encontro.






- Culturgal -

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



“XXIII FESTA DO CABAZO” NO CARBALLAL
http://www.ocoto.org/index.php?option=com_content&task=view&id=199&Itemid=29#
(texto engadido o día 20/ / 11/ / 10 )


O próximo domingo día 21 de novembro celebrarase a “XXIII Festa do Cabazo” no Colexio Carballal organizada pola Asociación Cultural “O Coto”.


A festa dará comenzo ás 11:30 h. co seguinte programa:


-    Grupo de Gaitas “ANAQUIÑOS” da S.C.D.R. Helios de Bembrive.
-    Grupo "O SERÁN" de Salceda de Caselas.

-    Lectura do pregón

-    Grupo de gaitas “ECOS E AGARIMOS” do C. C. R. Peitieiros.


Pola tarde, a partir das 17:30 h., actuarán:


-     Grupo  “AS ZARAGATEIRAS” - As Pedriñas - Mos.


-     Grupo “FROLES NOVAS” de Lavadores.


- Durante todo o día poderán degustarse diferentes pratos feitos con CABAZO.

-         Mostra de Artesanía
-         Exposición sobre a historia da Festa do Cabazo, na que se mostra o proceso de cultivo, recollida, elaboración e degustación do cabazo.

-         A pregoeira desta festa será a  escritora AMPARO SOLLA GONZÁLEZ. ( Profesora titular da Universidade de Vigo e Delegada da Universidade na Escola de Maxisterio de Vigo).

Noticia enviada por Esteban Copen

- Festa do Cabazo -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



FESTA DOS COGUMELOS, EN ENTENZA

(texto engadido o día 20/ / 11/ / 10 )


A parroquia de Entenza acollerá os días 20 e 21 de novembro a Festa dos Cogumelos, organizada pola Asociación de Xóvenes A Turonia de Entenza. Esta celebración, como en anos anteriores, contará con varias actividades encamiñadas a coñecer o rei do outono, O COGUMELO.

Dende a asociación queremos invitar a todos/as a que participen con nós nestas xornadas, e que disfruten degustando as diferentes maneiras de preparar estes deliciosos manxares.


- Serán -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



X Alcuentru/Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana

(texto engadido o día 12/ / 11/ / 10 )


O vindeiro sábado 27 de novembro, Corcubión será o centro da música galega e asturiana tradicional. Da man do Colectivo TransEu e da nosa Asociación, a vila de San Marcos acollerá o 10º Alcuentru de pandeireta Gz-Asturies.

O Alcuentro naceu no 2005, entre un grupo de amantes da música tradicional á ribeira do río Eo. O Colectivo TransEu parte dun grupo de xente galega-asturiana que pretende unir as nosas semellantes
pero alonxadas culturas. Unha unión que se canaliza a través da música tradicional.

O Colectivo celebra 2 xuntanzas anuais, sendo en primavera nas terras veciñas, e polo outono en Galicia. Xa pasou o Encontro por vilas de A Estrada, Vigo ou Os Ancares. Este outono, toca na Costa da Morte. A cita será o vindeiro sábado 27 de novembro no Hotel-Restaurante As Hortensias de Corcubión.

Un encontro en 3 fases e con sorpresa

O Alcuentro constará de 3 fases. O recibimento será arredor das 20:30h, e de seguido comezará a cea de confraternización, a base de produtos da terra (empanada, mexilóns ó vapor, carne o caldeiro, tarta, viños, auga , refrescos e chupito).

Na segunda parte toca Concerto. E para iso chegarán o único grupo de pandereteiros homes de toda Asturias, chamados "Cantaruxare". Tamén estarán as mozas de "Bouba", que veñen do lugar da Pontragha, na parroquia de Numide, Tordoioa.

A seguinte parte é a Foliada. Será un auténtico todos contra todos na que de seguro participarán as nosas pandereteiras Millo Verde. A noite dará para moito....

Ademais, este ano haberá sorpresa. A festa contará coa participación dunhas pandereteiras moi especiais.

Poden reservar praza para este evento enviando un correo a xuntanzatranseu@gmail.com. O custe será de 20 € e 18€ para os socios.
- Pandeireta Galega e Asturiana -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Castañas a beilar en Ouzande
http://carreiros.blogspot.com/2010/11/castanas-beilar.html
(texto engadido o día 10/ / 11/ / 10 )


Este sábado, 13 de novembro, castañas asadas e viño novo, de balde para todos e todas. Enredos con castañas, servizo de bar, chourizos asados e moita festa con Retrouso. Trae o teu instrumento para facer aí­nda máis festa.
- Magosto -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Polifonias de Cerdeña na Igrexa do Cristo de Conxo (Compostela)

(texto engadido o día 9/ / 11/ / 10 )


Sas Battor Colonnas son un grupo de mozos que centran os seus esforzos en recuperar e dar a coñecer os cantos pastorais sardos.
Fan un tipo de canto, "a tenores" que se usa tanto para festas laicas como relixiosas; un canto a capela, con unha melodía entoada por un solista que canta un poema tradicional ou improvisado, mentres as outras voces cantan acordes a miúdo estáticos, con unha nota concreta pero con moita mobilidade tímbrica.

A sarda, é unha polifonía única e das mais antigas no ámbito mediterráneo, moi arraigada na poboación de tal modo que se pode escoitar tanto en festas familiares como en teatros.

Non vos perdades este exemplo único de adecuación e instrumentación da voz!
Este venres dia 12 Sas Battor Colonnas estarán actuando na Igrexa do Cristo de Conxo (Santiago de Compostela) ás 19:30.





...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



POLAFÍA EN MERLÁN-CHANTADA
http://www.galiciaencantada.com/dentro.asp?c=49&id=1756
(texto engadido o día 5/ / 11/ / 10 )


Antiga Casa Escola de Merlán
Sábado, 6 de novembro, ás 8 da tarde

FACENDO POLA VIDA: FEIRA, FESTA E HISTORIA DE MERLÁN
Coa participación de Xavier Blanco, Isidro Novo, as pandereteiras Cantares do Asma, o Grupo de Gaitas de Merlán e veciñas e veciños co seu saber contar e cantar.


ENTRADA LIBRE

Organiza: AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega)
Patrocina: Área de Cultura da Deputación de Lugo, Vicepresidencia primeira.
Colaboran: Asociación Veciñal Santo Tomé de Merlán.

- Polafía -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Xuventude de Narón

(texto engadido o día 2/ / 11/ / 10 )



- Lamatumbá -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Noite de Samhain no Ferry (Casco Vello - Vigo) com o Maçarico

(texto engadido o día 28/ / 10/ / 10 )


Nom tenhas medo da Santa Companha e vem à festa de Samhain que organizamos. Colhe o teu disfarce e achega-te à Zona Velha. Teremos castanhas assadas, concurso de disfarces e moita noite por diante.

Esperamos-te este domingo 31 de Outubro a partir das 11 da noite no Ferry - antigo Ferrinhas.
Vivos e mortos todos juntos de festa! Nom faltes.
- Samaín -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A CONCELLARíA DE CULTURA E A ASOCIACIóN XOEIRA ORGANIZAN NA ALAMEDA A IV FESTA DO SAMAÍN

(texto engadido o día 26/ / 10/ / 10 )


A concellería de Cultura, dirixida por Eduardo Reguera Ocampo, en colaboración coa Asociación para o Desenvolvemento Sociocomunitario “Xoeira” organizan para hoxe, mércores, na Alameda de Redondela, a “I Festa de Samaín”.
Destacado: null
A festa dará comezo as 18.00 horas coa posta en marcha de diferentes obradoiros para nenos: caracterización, cabazas, colares, etc.. Posteriormente, a partir das 21.00 horas, haberá diferentes actividades de animación de rúa.

Xa a partir das 23.00 horas, e dirixido aos adultos, preparación e degustación de queimada e concerto de música celta.

O obxectivo desta celebración e dar a coñecer aos veciños a festividade do Samaín como festa tradicional e cultural, recuperándoa do esquecemento.


A noite do 31 de outubro, celebración do Samaín, comeza o ano novo Celta e a súa festa en honor dos defuntos, marcando a transición do outono ó inverno, nesta noite, un pobo con fondas crenzas relixiosas relacionadas coa inmortalidade da alma, provintes da noite dos tempos, cunha preocupación natural polos queridos defuntos expostos ao frío e á escuridade do inverno, á intemperie e á tristura dos camposantos, buscou, e encontrou un mecanismo de reparación: preparando alimentos e agasallos os parentes vivos para os parentes mortos, sería posible que as ánimas dos parentes finados voltasen a visitar ás súas familias e ás súas vellas casas para comer nas mesas e para quentarse ao carón do lume da lareira.

- Samaín -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



POLAFíA EN MOAñA
http://www.galiciaencantada.com/dentro.asp?c=0&id=1754
(texto engadido o día 26/ / 10/ / 10 )


Centro Socio-cultural “Daniel Castelao”
Sábado, 30 de outubro, ás 6,30 da tarde

UNHA MALTA PARA TODOS: Historia, música toponimia, danza, xogos, festas e literatura tradicional de Moaña.

Coa participación de Xosé Vázquez Pintor, Soledad Ríos, Xavier Blanco, Isidro Novo e veciñas e veciños de Moaña co seu saber contar e cantar.


ENTRADA LIBRE

Organiza. AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega)
Patrocina: Consellería de Cultura da Xunta de Galicia
Colaboran: Escola Municipal da Música Tradicional, Asociación Lonxa Literaria e concello de Moaña
- Polafía -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



PROXECTO MIXTURA. A.S.C.TREGA.MARIN
http://www.blogoteca.com/rebordondo/index.php?cod=90689
(texto engadido o día 25/ / 10/ / 10 )


Proxecto mixtura.
A partir do vindeiro 1 de novembro ponse en marcha no concello de marin , o chamado proxecto : mixtura.

O longo da nosa vida estamos afeitos a que os nosos antergos dende sempre e atao de agora loitasen pola dignificación da gaita galega, e a figura do gaiteiro non coma un animador de festas sinxelamente, senón coma: MÚSICO.
Na actualidade o noso instrumento nacional está a pasar por unha etapa de gran explandor e na que se recuperaron os seus valores reais , e o seu recoñecemento social nos que están garantidos o seu ensino , e o seu espallamento , mais ala de Galicia.
Despois da posible introducción da gaita galega nos conservatorios do noso país isto fai, que estemos a asistir a unha continua creación dun novo repertorio para nosa gaita acompañada por todo tipo de instrumentos musicais coma ; piano, arpa trompeta , clarinete etc, ou por formacións musicais coma: bandas de música, ou mesmo orquestas.

mixtura, é un espazo onde se vai dar cita a música tradicional e a música academica para gaita galega do século XXI, Que polo de agora só tiña cabida en algunhs consevatorios no que se potencia os seus creadores e aos novos interpretes.
Este proxecto quere dar continuidade a unha idea nacida polo ano 1960 no que en marin aparece a primeira academia de gaita , co posterior nacemento de o grupo” os de marin” os cales foron os primeiros gaiteiros de academia de música.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



FOLIADA DE DIFUNTOS

(texto engadido o día 17/ / 10/ / 10 )


A idiosincrasia galega sinala a convivencia cos seres do alén como un feito casual pero sempre natural no desenvolvemento da vida d@s galeg@s. É por isto que os GAITEIROS DE CECEBRE desexamos celebrar unha nova xornada tradicional XUNTO CON TODOS VÓS, organizando unha nova FOLIADA para gozarmos xuntos da nosa música e baile tradicionais aproveitando a proximidade da...DATA DE DIFUNTOS...

^..^ ^..^ ^..^ ^..^ ^..^ ^..^ ^..^ ^..^

Participade coa vosa ledicia e arte de sempre, cos vosos instrumentos e puntos de baile... AMÁIS PODEDES CONXURAR A NOITE PRESENTÁNDOVOS CUN ASPECTO QUE META O MEDO NO CORPO... ;)

¡QUEDADES TOD@S CONVIDAD@S PARA COMPARTIRMOS XUNTOS ESTA "TERRORIFICA" NOITE DE FOLIADA, FESTA E AMIZADE!.


*DATA: Domingo, 31 de Outubro ás 23:01 h.

* LUGAR: Cervexería COLISEUM -baixos da Casa da Xuventude de Cecebre- . R/ Lugar de Frais,33 . San Salvador de Cecebre (Cambre-A Coruña).

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Feira Histórica Arteixo 1900: “Arteixo e o estraperlo”
http://www.arteixo.org/index.html/?q=node/2948
(texto engadido o día 16/ / 10/ / 10 )


Música, tradición, gastronomía, historia, xogos, bailes e, nesta ocasión, os estraperlistas como protagonistas.


A Feira Histórica Arteixo 1900 chega este ano a súa XI Edición cun programa repleto de actividades para todos os gustos e idades.

A alcaldesa do Concello, Pilar Souto, presentaba o evento esta mañá, acompañada polo Concelleiro de Cultura, Festas e Feiras, Xosé Andrés Gayoso, e a técnico de cultura, Sonia Iglesias, nun acto celebrado na sala de exposicións do Centro Cívico e Cultural.


No mesmo recinto, inaugúrase esta tarde ás 20:00, a mostra de fotografías e obxectos antiguos da Asociación de Pensionistas e Xubilados de Arteixo, que permanecerá ate o 17 de outubro próximo.

O vindeiro venres, 15 de outubro, ás 17:00 horas, Arteixo volverá ao 1900 coa apertura do mercado de artesáns que fará as delicias de todos os visitantes que se acheguen durante a fin de semana ao paseo fluvial e praza do balneario.


O mesmo día ás 20:00 horas, mercado do Balneario e churrascada e, de seguido, noite de queimada co grupo Troula Animación. Será na praza do balneario que acollerá tamén ás 22:30 un pasarrúas coa charanga “Os Trompos das Nicras” e verbena con “Los mezcales de San Antonio” e “Los Revenidos”.

O sábado 16, apertura do mercado de artesáns e das casetas das bibliotecas municipais “facendo historia” ás 11:30. Unha ronda poética do batallón literario da compañía Femme Fatale percorrerá as rúas do municipio e o paseo fluvial acollerá un obradoiro infantil sobre o estraperlo

A comitiva 1900 sairá ás 12:30 horas para inaugurar oficialmente a feira e a mañá rematará cun espectáculo de títeres no paseo fluvial e sesión vermú con polbada e churrascada na praza do balneario.

Pola tarde comezarán ás 16:00 os xogos populares coa xa tradicional baixada de carriladas, torneo aberto de xadrez, fútbol e boxeo de época co árbitro zancudo e xogos populares infantís con obradoiro de elaboración de faldriqueiras.


Como novidade, record de Galicia a cargo da asociación de Deporte Rural Vasco en corte con hacha, tala de madeira con motoserra e levantamento de pedras.

O público asistente poderá disfrutar tamén da granxa do Pombal e verá aos estraperlistas facendo o día.

Na praza do balneario celebraráse unha polbada a partir das 20:00 horas na Tarabela, novas cantareiras da Asociación Xuvenil Xiradela, e Calúa poñerán a música popular.

Pola noite chegará o menú tradicional 1900 con música en vivo que terá lugar no Pazo dos Deportes de Arteixo, mentres que a praza do Balneario será o escenario da VI Ruada de Arteixo da Asociación Xuvenil Xiradela.

O domingo 17, último día para pasear e mercar nos postos de artesanía que estarán acompañados pola Banda de Música Santiago de Arteixo.

Haberá tren turístico e xincana infantil, e degustación de callos con sesión vermú na praza do balneario.

Pola tarde, xogos infantís e actuación dos grupos de baile galego e pandeireta do CEIP Ponte dos Brozos.


Os arrieiros de Os Quinquilláns emprenderán unha viaxe fantástica ás 18:00 horas e atoparánse con distintas personaxes e os máis pequenos poderán participar no obradoiro de elaboración de mosaicos.

A praza da igrexa acollerá a partir das 19:00 horas un baile de acordeón con acompañamento vocal ambientado nos anos 30 e así pecharánse as portas do 1900 ata unha vindeira edición.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Música e contos dam continuidade í s actividades do XII Aniversário da Fundaçom ARTÁBRIA
http://agal-gz.org/blogues/index.php/artabria/2010/10/05/title-321#
(texto engadido o día 7/ / 10/ / 10 )


Na próxima fim de semana continuamos com as actividades agendadas no nosso XII aniversário.
Na sexta-feira, 8 de Outubro, chega desde Fene, umha das mais conhecidas conta-contos do país: Paula Carvalheira. A actuaçom começará às 22h e o preço do bilhete será de 3€ para as pessoas associadas e de 4€ para as pessoas nom associadas.

No sábado, 9 de Outubro, também ás 22h, quenda para a música folque com os pontenses Muxarega. A entrada será de balde e a festa asegurada, nom podes perde-la!

+ info:

Myspace:http://www.myspace.com/muxarega
Web: http://muxarega.blogspot.com/


Noticia enviada por Leonardo Gris

- Muxarega- Artabria -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festas do Rosario 2010: actividades culturais do xoves 7
http://acorunacultura.org/2010/10/06/festas-do-rosario-2010-actividades-culturais-do-xoves-7/
(texto engadido o día 6/ / 10/ / 10 )


No marco das Festas do Rosario 2010, estas son as actividades culturais previstas para o xoves 7 de outubro:
13:00 h. Praza de Azcárraga. Concerto do Trío Colombita de Bogotá, dentro do XXI Festival Internacional de Pulso e Púa, organizado pola Agrupación Musical Albéniz.
3:00 h. Praza das Bárbaras. Actuación de Aturuxo.
19:00 h. Praza das Bárbaras. Encontro de Corais: Cantares Gallegos, Follas Novas e Sporting Club Casino.
19:30 h. Praza de Azcárraga. Concerto de Skarallaos.
20:30 h. Praza das Bárbaras. As Dríadas: Innova.
21:00 h. Igrexa de Santo Domingo. Orquestra Sinfónica de Galicia: Misa de coroación en do maior, K 317, de W. A. Mozart.
21:30 h. Praza de Azcárraga. Verbena co Grupo Isla.

Todas as actividades son de balde.


Noticia enviada por Leonardo Gris

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A Fervenza de Ouzande, Inicio de clases de música e baile
http://carreiros.blogspot.com/
(texto engadido o día 1/ / 10/ / 10 )


CLASES DE GAITA, BAILE, PANDEIRETA E TAMBORIL
AC A FERVENZA DE OUZANDE (A Estrada)

Dan comezo as clases deste novo curso. A Asociación convoca a todas as persoas interesadas a unha reunión que terá lugar o próximo sábado 2 de outubro no local do campo da festa ás 5 da tarde.
Na mesma informarase dos prezos e demais detalles das clases e tamén se fixarán os horarios de PANDEIRETA, BAILE e TAMBORIL.
Tamén convidamos ás participantes nas clases de pandeireta a traeren a mesma para interpretaren algunha peza. As persoas que veñan tamén poden traer os seus instrumentos.
O horario da clase de GAITA será todos os sábados ás 11:30 da mañá.

Toda a información e as fotos das últimas actividades no noso blog
http://carreiros.blogspot.com
Tamén estamos en youtube e facebook:
http://www.youtube.com/user/afervenzadeouzande
http://gl-es.facebook.com/people/A-Fervenza-de-Ouzande/1431495099

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]