Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


Domingo 8 de Maio: Manifestación en Concerto de GALIZA NON SE VENDE
http://galizanonsevende.org/
(texto engadido o día 3/ / 5/ / 11 )



- Galiza Non Se Vende -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VII FOLIADA DE MELIDE

(texto engadido o día 29/ / 4/ / 11 )


MOSTRA DE ARTESANÍA E EXPOSICIÓNS

Os postos de artesanía permanecerán instalados durante toda a fin de semana na
Praza do Convento. Reunirá a artesáns de todo o país repartidos en vinte postos que
abarcan dende instrumentos de percusión, gaitas ou zanfonas ata confección de traxes
tradicionais, talla de madeira, coiro… etc

CONCURSO DE CANTOS DE TABERNA

O sábado 30 de abril, na primeira xornada da Foliada celebrarase o 3º Concurso de
cantos de taberna. Participarán quince formacións que percorrerán a zona dos viños
de 12:00h a 15:00h.
Cada grupo fará un percorrido por dez tabernas e serán os taberneiros os encargados
da puntuación. O grupo que ao final do percorrido obteña maior puntuación será o
gañador.
A entrega de premios será ás 18:00h na Praza do Convento coa actuación dos tres
primeiros clasificados.

GRUPOS PARTICIPANTES

1. OS TRAPEIROS (Melide)
2. AXÓUXERE (Melide)
3. GRUPO VISANTOÑA (Santiso)
4. BINGO BIRÓN (Toques)
5. RONDALLA MORAIMA (Arzúa)
6. FIADEIRA (Antas de Ulla)
7. SOBREIRAS DO ULLA (Touro)
8. REVIRAVOLTA (O Pino)
9. O TRASNO (Santiago)
10. OS SUSTOS DE COUSO (A Estrada)
11. ALÉN DO MAR (Bergondo)
12. A GHAITA DO AVÓ (Marín)
13. A FERRIÑA FURTIVA (Redondela)
14. AIRIÑOS GALEGOS (Santurtzi)
15. A CASA DA TROULA (Rekalde)

SEMINARIO DE PERCUSIÓN PARA O CANTO TRADICIONAL

Desenvolverase o sábado no Edificio Multiusos en dúas sesións. Unha sesión teórica
pola mañá dirixida por Francisco Estévez “Chuco” e unha sesión pola tarde dirixida por
Roi Adrio.
O Seminario está organizado pola Asociación de Gaiteiros Galegos e centrarase nos
instrumentos de percusión utilizados para o canto tradicional, moitas veces relegados
a un segundo plano como “instrumentos de acompañamento”.
O seminario ten como destinatarias todas aquelas persoas interesadas no mundo do
canto e da percusión galega, especialmente os seus estudosos e intérpretes.

SERÁN

O serán é o xermolo da Foliada. O nacemento desta aventura foi un serán, unha
reunión de amigos para tocar e bailar que pronto se fixo grande e colleu vida propia.
A partir do serán surxiu todo o demáis. O serán é unha festa. Uns tocan para que
outros poidamos bailar. Hai quen se inicia no baile, outros máis avanzados… “e o que
non canta nen baila, qué ven facer ao serán? Aprender catro mentiras para ir contar
mañán”. Non, tamén se pode vir a disfrutar dunha noite de música, bon ambiente na
que participarán dezaoito agrupacións musicais:

1. HERBA GRILEIRA (Melide)
2. FROITO NOVO (Melide)
3. AXÓUXERE (Melide)
4. LEIRABUXO (Melide)
5. ABEANCOS (Melide)
6. POZO PEQUENO (Melide)
7. FOL DA CHOUSA (Visantoña)
8. BINGO BIRÓN (Toques)
9. GAITEIROS DO BALADO (Toques)
10. A MARISTELA (Sobrado)
11. FIADEIRA (Antas de Ulla)
12. FALCATRUEIROS (Monterroso)
13. BICO DA BALOUTA (Agolada)
14. VARACUNCAS (Rodeiro)
15. XIRANDOLA (Bandeira)
16. PAO DE BUXO (Silleda)
17. OS DA TROULA (Cesuras)
18. AIRIÑOS GALEGOS (Santurtzi)

CONCERTOS

Na xornada do sábado, o serán dará paso aos concertos de Cé-orquestra Pantasma,
o home orquesta e Quempallou, que despois dunha década de actuacións polos
escenarios máis importantes de Galicia e da península, chegan á Foliada para presentar
o disco “Once anos mallando”. Un recopilatorio que inclúe cinco cortes de cada un dos
seus discos. Festa e folk galego sen complexos, con calidade e orixinalidade.

Na xornada do domingo actuará Espido, o dúo formado por Guadi Galego e Guillermo
Fernández, membro de Berrogüetto. Con esta formación consolidáronse como nomes
destacados e de prestixo no panorama musical galego. Espido será a actuación que
peche a VII edición da Foliada.

ANIMACIÓN DE RÚA E PRAZAS. MÚSICA, XOGOS E TEATRO

Será un dos pratos fortes desta edición. Pasarrúas con xigantes e cabezudos
acompañados polos grupos TREBOEIROS (Galicia), RANCHO FOLCLÓRICO “OS
ROUXINOIS DO DAO” (Portugal)
Actuación dos vascos ARPELIK EZ, grupo musical que tocan trikititxas e txalapartas.
O domingo pola mañá na praza das Ichoas estarán instalados XOGOS TRADICIONAIS
coa colaboración da AGXPT. Pola tarde actuación de tetro na praza do convento con
PETER PUNK.
- Foliada de Melide- Cantos de Taberna- Quempallou- Ce Orquestra Pantasma- Espido -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXVIII FESTA GALEGA DO CENTRO CULTURAL AIRIÑOS DA NOSA GALICIA
http://www.facebook.com/event.php?eid=178424482206486
(texto engadido o día 29/ / 4/ / 11 )


Venres 29 Abril:

20:30h Apertura da festa con
- Charanga do grupo Airiños da Nosa Galicia
- Orquesta Almirantes da Coruña

Sábado 30 Abril:
12:00h Actuación de:
- Agarimos de Badalona
- C. Estremeño Aires Morenos de Barcelona

14:00h XANTAR CAMPESTRE E TROULA

16:00h Actuación de:
- C.C. Castilla la Mancha
- A.C.G. Saudade
21:00h Orquesta Almirantes da Coruña e Orquesta HIT-BEAT

Domingo 1 Mayo:
12:00h Actuación de:
- Irmandade Galega de Rubí
- Rincon estremeño de Badalona
17:00h Actuación de:
- Casa de Aragón Virgen del Pilar de Santa Coloma
- ACTUACIÓN DE BAILE, CANTO E BANDA DO CENTRO CULTURAL AIRIÑOS DA NOSA GALICIA DE SANTA COLOMA
- Actuación do grupo folk: VEN DE VOLTA
21:00h Orquesta Almirantes da Coruña

SERVICIO DE BAR, ATRACCIONS, CHIRINGUITOS, É MOITO BAILE E TROULA

GRAN QUEIMADA
- Airiños da Nosa Galicia -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXII Xornada Cultural e festa do Muiño de Fausto
http://cacarexo.net/festa.php
(texto engadido o día 29/ / 4/ / 11 )


"... hoxe case todos os muíños están parados. E alí, xunto aos ríos e regueiros que coas súas augas lles deron a forza para moer, pouco a pouco van sendo engulidos polas silvas, sabugos e ameneiros, perdéndose así o que fora o símbolo da fartura e da nosa incomparable muiñeira..." (Luis Chapela Bermúdez)
Co gallo de salvar, en palabras de Xoán Carlos Chillón "un exemplo de arquitectura popular moi representativa da parroquia", "e a recuperación do patrimonio histórico-cultural, e a dignificación dos valores do seu medio", a comezos do ano 1989 deu principiado o proceso de restauración do Muiño de Fausto.

A asociación de nais e pais de alumnos do Colexio de Castrillón, do que X.C. Chillón era profesor, e a Xunta de Montes de Coiro, escolleron este muiño, erixido no 1890 e que lle debe o nome ao do seu primeiro dono, para ser obxecto dunha restauración, grazas ao estado de conservación que presentaba e a boa disposición dos seus propietarios. Unha vez rematada a obra, coa finalidade de manter viva a obra, decidiron constituir a celebración anual dunha romería na contorna deste, organizada pola asociación cultural Cacarexo.

A primeira edición da Festa do Muiño, celebrada entre o 1 e o 4 de maio do 1990, contou con pasa rúas, charlas etnolóxicas, a proxección das curtas de Chano Piñeiro "Esperanza" e "Mamasunción" e a actuación do trobador redondelán Suso Vaamonde.

O muiño de Fausto está situado entre os barrios da Rosada e da Devesa, xunto ó río Bouzós, moi perto da fonte das Ameneiras.



Programa das XXII Xonadas Culturais, ademáis dos tradicionais elementos da festa, como son a xerra de barro, o pan de millo, as empanadas de millo, os ovos con migas, chourizos e outros productos elaborados na parroquia:

Venres 29
20:30 - Presentación no centro cultural de Coiro do "Plano-guia das árbores do entorno do Muiño de Fausto".

Sábado 30
11:30 - Festa infantil no Colexio de Castrillón, organizada pola banda de gaitas Tromentelo.
18:30 - Festival de baile tradicional no Muiño de Fausto, coa participación das agrupacións: Antoxo (Bueu), Xente Xoven (Cangas), Lembranzas da Ría (Cangas), As Tarambainas (Vigo) e Meiramar (Meira).
22:30 - Noite folc no eirado do Muiño de Fausto, coas actuacións de: Sons do Muiño, Os Chotos e Fiandola. Estes últimos han presentar o seu novo disco "Mimá".

Domingo 1
12:30 - Actuación no Muiño de Fausto da banda de gaitas Tromentelo.
13:00 - Pregón a cargo do investigador Luis Chapela Bermúdez.
15:00 - Romería popular.
18:30 - Actuación do grupo de animación infantil Tropa de Trapo coa súa obra "A viaxe das palabras", e actuación da agrupación de música tradicional Abaladoiro.
20:15 - Sorteo dun xamón e peche.
- Muiño de Fausto -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



V NOITE DE FIADEIRO
http://www.noitedefiadeiro.com/
(texto engadido o día 29/ / 4/ / 11 )


Un ano máis chega a Noite de Fiadeiro polo derradeiro Sábado de Abril, organizada polo Colectivo Rebulir e co Patrocinio do Concello de Ramirás e a Deputación de Ourense. Neste 2011 cúmprese a V edición da festa, que nacía no 2007 coa intención de recuperar os Antigos Fiadeiros da Comarca, aquelas reunións festivas de mozas e mozas que se xuntaban para bailar, tocar e cantar.

Deste xeito, o vindeiro 30 de Abril a cita está no pobo de Vilavidal no Concello de Ramirás. Durante toda a Xornada haberá actividades dirixidas a todos os públicos, para chegar as 21:00 h. co prato forte, o Fiadeiro propiamente dito, coa participación de mais de 20 colectivos chegados de diferentes puntos da xeografía galega que porán a música. Previamente, a oferta é variada con animación, teatro, xogos, obradoiros, xigantes e cabezudos... A principal novidade introducida nesta edición é a feira de produtos artesáns, con postos de venda de todo tipo de manufacturados e viandas. Para poder consultar toda a información relativa a esta celebración temos habilitada a páxina web www.noitedefiadeiro.com .

Queremos recordar unha vez máis que non se trata dun festival ou mostra de música tradicional ou folclórica, senón que é unha festa que implica ao visitante na súa dinámica. Deste xeito, procúrase que se poda bailar, tocar, cantar, ou simplemente disfrutar do ambiente da noite.

Nesta nota axúntase o cartaz realizado pola ilustradora arousá Nuria Diaz, e o programa detallado. Para calquera suxestión ou pregunta o teléfono de contacto é o 639 90 80 05 (Alexandre), ou ben no correo rebulir@hotmail.com.

Sen máis, despedimos convidándovos a vir o vindeiro Sábado ata Ramirás. O noso agrademento por adiantado.
- Noite de Fiadeiro- Ramirás -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Troula Mensual do Centro Galego de Barcelona
http://www.galiciaaberta.com/axenda/troula-mensual-do-centro-galego-de-barcelona
(texto engadido o día 29/ / 4/ / 11 )


O venres 29 de abril, na sede da entidade, celebrarase a Troula Mensual organizada polo Centro Galego de Barcelona. A Partir das 19,00 h. e ata as 20,00 h. desenvolveranse os miniobradoiros de baile; e desde as 20,00 ata as 22,00 h. celebrarase a Troula Participativa.

Prezo obradoiros + troula: 2 €
Prezo bocadillo/tapa + bebida: 5 €
Evento: Festa
Organiza: Mocidade do Centro Galego de Barcelona
Data: 29.04.2011
Hora: 19,00
Lugar:
Centro Galego de Barcelona
Rambla Caputxins, 35-37
Barcelona, BA 08002
España
- Centro Galego de Barcelona -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III Congreso de Música Tradicional Terra de Trasancos
http://www.toxosefroles.com/joomla/images/xornadas_dipt2011_dist.pdf
(texto engadido o día 29/ / 4/ / 11 )


O Real Coro "Toxos e Froles" ven traballando dende o seu nacemento no ano 1915 en dar valor á nosa cultura popular galega, en tódalas súas manifestacións. O presente Congreso non é máis que outro gran de area da nosa longa historia para seguir a facer camiño de busca das nosas tradicións.
Agardámo-la vosa presenza para participar con nós desta experiencia, e dámo-lo noso máis sincero agradecemento a tódolos poñentes pola súa inestimable colaboración.
Dende o Real Coro "Toxos e Froles" tamén queremos dar as grazas a tódolos que fan posible que o Congreso se poida levar adiante. Especialmente, ao Coordinador do mesmo, Fernando Dopico Blanco.
Terá lugar os días 29 e 30 de abril de 2011; o acto de inauguración será o día 29 de abril ás 20:00 horas. No noso Local Social, na Rúa Magdalena, 220, en Ferrol.

Local do Real Coro Toxos e Froles
Rúa Magdalena, 220. Ferrol
INAUGURACIÓN DO CONGRESO
venres 29 de abril ás 20.00h
CARLOS NÚÑEZ
“Aires de Ultramar: América e a Música Galega”
Venres 29 de Abril ás 20.15h
CARMEN MALDE
“Cantos, Bailes e Tonadas de Galicia: A obra inédita de Ramón de Arana”
Sábado 30 de Abril ás 11.30h
ALFONSO FERNÁNDEZ
“O Museo da Gaita de Xixón”
Sábado 30 de Abril ás 12.30h
CARLOS BECEIRO
“O Camiño dos Arrieiros: Unha Visión Galega da Música Castelá-Leonesa”
Sábado 30 de Abril ás 17.30h
TREIXADURA
“Treixadura: 20 anos de música tradicional”
Sábado 30 de Abril ás 18.30h
CLAUSURA DO CONGRESO
Sábado 30 de abril ás 19.30h
Tódolos asistentes estarán convidados a unha copa de viño

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VIII MANGUELO FOLK

(texto engadido o día 26/ / 4/ / 11 )


VIII MANGUELO FOLK

Xa está aquí o MANGUELO !!!
15 grupos distintos , máis de 12 horas de música en directo , zona de acampada , aparcadoiros gratuítos , polbeiro e bocatas , copas a prezos económicos e ....Moitas gañas de FESTA !!!
Non o dubides....ven ao Manguelo !!!

21 DE MAIO 2011

Orazo

Pola mañá : a partires das11.00 h. : as charangas BB+ e Antaruxa percorrerán tódolos lugares da parroquia .

A tarde : a partires das 18:00 h.

o Xuntanza dos Regatos .
o Lilaila .
o A.F. Colexiata do Sar .
o Circo de rúa : Assircópatas .
o Oskehai .
o Pandereiteiras de Bouba .
o Pandereiteiros Maghúa .

Pola noite : a partires das 23:00

o Xuntanza dos regatos .
o Retrouso .
o Regato de Matamulleres .
o Quempallou .
o The Crass .
o Sacha na Horta .

Durante os tempos mortos actuarán os Larpeiros .
Máis información no telf-616534077 luís


Noticia enviada por luisrendo

- Manguelo -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



PRESENTACIÓN VII FOLIADA DE MELIDE

(texto engadido o día 31/ / 3/ / 11 )


O vindeiro venres 1 de abril presentaremos o programa da VII FOLIADA DE MELIDE na Sala 600.
Para celebralo organizamos un serán no que participarán os grupos:

- HERBA GRILEIRA (Melide)
- LEIRABUXO (Melide)
- TRIMUIÑOS (Toques)
- A MARISTELA (Sobrado)
- OS DA TROULA (Cesuras)

A festa está asegurada!!!... quedades convidados
- Foliada- Serán -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



40 Foliada nas Pontes
http://nocombaro.wordpress.com/2011/03/17/40-foliada-nas-pontes/
(texto engadido o día 25/ / 3/ / 11 )


Festa rachada o dí­a 25 cos grupos: Os Trevillas (As Pontes) e Brisas da Croa (Ladrido).Pasádevos polo Lar a celebrar a 40 Foliada e quen se atreva que traiga “ferramenta”
- Foliada- As Pontes -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XIII ENCONTRO DEGUSTACIÓN DO MILLO CORVO
http://www.meirocorvo.org/nova.php?lin=G&id=42&
(texto engadido o día 25/ / 3/ / 11 )


A Asociación Cultural de Meiro (Bueu) organiza o XIII ENCONTRO DEGUSTACIÓN DO MILLO CORVO, festa declarada de INTERÉS TURÍSTICO DE GALICIA no ano 2009.
As datas de celebración desta edición son os días 25 de marzo, 2 e 3 de abril.

Esta celebración de artesanía agroalimentaria é a culminación anual dun ciclo de traballo a prol da recuperación deste millo escuro que celebra nesta edición o seu décimo terceiro ano.

• VENRES 25 DE MARZO: MUIÑADA

Onde: Muíño da Presa (Canudo, Meiro - Bueu)
Hora: 10:00 horas e ó longo de toda a xornada.
Pola noite actuacións de música tradicional
Ás 12:00 da noite Conxuro e queimada.

• SÁBADO 2 DE ABRIL

ECOTABERNA: Elaboración de diferentes tapas e pratos elaborados con millo corvo.
Festival “A PAN DE MILLO”
Actuacións de escolas de gaita, pandeireta e baile tradicional

• DOMINGO 3 DE ABRIL

XIII ENCONTRO DEGUSTACIÓN DO MILLO CORVO

o 11:00 - Apertura das carpas gastronómica e de artesanía.
o 12:00 - Presentación da revista A Lingua do Corvo.
o 12:30 - Lectura do pregón
o 12:45 - Actuación musical

o Pola tarde: actuacións musicais, charla-coloquio, obradoiros infantís, etc.

o DURANTE TODO O DÍA:

• ECOTABERNA: Elaboración de receitas elaboradas co millo corvo. Venta de produtos da aldea.
• Degustación de alimentos elaborados co millo corvo.
• Talleres e obradoiros artesanais. Demostracións ao vivo.
• Roteiros guiados aos muíños do Canudo (Meiro – Bueu).
• Proxección de vídeo “Rexurdir do millo corvo. Testemuña dunha tradición”.
• Proxección memorando de actividades.
• Exposición etnográfica.
- Millo Corvo -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa do Queixo de Arzúa

(texto engadido o día 9/ / 3/ / 11 )



- Riobó- Susana Seivane -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A Coruña Cultura » Forumfolk 2011: Foliada participativa
http://acorunacultura.org/2011/03/05/0703-forumfolk-2011-foliada-participativa/
(texto engadido o día 7/ / 3/ / 11 )


Dentro do Ciclo Forumfolk, Foliada (concerto participativo), coa presenza de Os Gaiteiriños, Grileiros, Asociación Cultural Donaire, Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa, Cántigas da Terra e Maghúa. Ramiro Neira será o mestre de ceremonias desta tarde-noite de festa.

- Foliada- Forumfolk- Grileiros -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concertos solidarios coa Plataforma Pola Defensa da Serra do Galiñeiro
http://galineiro.nireblog.com/post/2011/02/20/concertos-solidarios-coa-plataforma-pola-defensa-da-serra-do-galineiro#
(texto engadido o día 25/ / 2/ / 11 )


O próximo 25 de Febreiro o COLECTIVO BERRA, como membro da PLATAFORMA POLA PROTECCIÓN DA SERRA DO GALIÑEIRO, organiza unha festa reivindicativa para recaudar cartos  para esta loita. Será na TABERNA MARRUCHO, na Percibilleira, Baiona. 


Os cartos recadados da entrada, que terá un prezo de 5 euros, irán destinados á defensa do Galiñeiro.


Agardamos a presenza de tod@s e agradecemos a máxima difusión deste evento!!


GOBERNE QUEN GOBERNE O GALI NON SE VENDE!!


Horario e actividades:


17.00H. Actividades para cativ@s a cargo do grupo TRASNADAS.


18.00H. Espectáculo de Novo Circo da man da compañía CIRCO ESCARRANCHADO.

19.00H. Recital de poesía das Redes Escarlata.


20.00H. "Cabesa de Boi", monólogo.

21.00H. - 23.00H. Cea solidaria acompañada de boa musica en directo co grupo A SENEIRA.

23.30H. Actuacións musicais a cargo dos grupos SKACHA, TIRO NA TESTABERRA BANDA. A continuación fin de festa con Incrépula Sound e DJ Cheodemoskas que ambiantarán musicalmente ata que o corpo aguante!!


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Quempallou presenta “Once Anos Mallando”

(texto engadido o día 9/ / 2/ / 11 )


O grupo folk Quempallou celebra os seus once anos de festa enriba dos escenarios cunha recompilación co mellor da súa discografía. Cinco cortes de cada un dos seus discos que fan que quen escoite este Once anos mallando (Zouma Records 2010), se poida facer unha boa idea do espírito e a evolución do grupo.

Foi aló polo ano 99 do século pasado, cando un fato de mozos de Bueu se xuntaba con outros dous do Incio para darlle forma a un proxecto que agromou vizoso de festa en festa por toda a Galiza e parte do estranxeiro. O proxecto chamouse Quempallou, palabra sonora cunha historia que contar e que chegou incluso a coller mestiza forza naquel aturuxo en galinglish co que os teñen agasallado @s máis ferventes seareir@s no fragor da foliada: “let’s go, Quempallou!!”.
Unha tropa que tivo que ir mudando por circunstancias naturais, mais que sempre buscou un camiño claro e dereito: a festa e o folk galego sen complexos, con calidade e orixinalidade.
Quempallou convídate a compartir estes once anos de camiño a través dunha compilación que da boa conta do que foron, do que son e do que queren seguir a ser.

XA Á VENDA!!!
Quempallou – Once Anos Mallando. 2010 Zouma Records. ZRCDO064.
- Quempallou -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



O patriarca dos Seivane cumpre 90 anos

(texto engadido o día 8/ / 2/ / 11 )


Xosé Manuel Seivane Rivas cumpre 90 anos o vindeiro 9 de febreiro. Con motivo do seu aniversario, o Obradoiro de Gaitas Seivane celebrará unha gran festa que terá lugar o sábado 12 de febreiro, ás 17:00 horas, nas instalacións do Obradoiro, en Cambre, A Coruña.

Pasaron xa máis de 70 anos dende que Xosé Manuel Seivane Rivas construiu a súa primeira gaita co selo Seivane, cumprindo así o seu soño de neno de construir o seu propio instrumento. Polo que leva adicando toda a súa vida á música tradicional galega, sendo un referente na construción, transmisión e difusión da nosa cultura.

Dende aquí, o Obradoiro de Gaitas Seivane quere renderlle un pequeno tributo en agradecemento pola súa laboura durante estas décadas. Reuniranse toda a familia e amigos, arroupando co seu agarimo e admiración ao inicidador desta saga de artesáns e músicos que xa conta coa súa 4ª xeración.

¡Haberá moita música e a festa está asegurada!
¡Estades todos convidados, non podedes faltar!
- Seivane -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cantos de Reis 2011 cos Chichisos
http://www.blogoteca.com/rebordondo/index.php?cod=93760
(texto engadido o día 21/ / 12/ / 10 )
O grupo Os Chichisos convocamos un ano mais a tódolos rapaces e rapazas que queiran cantar o reis ( prazas limitadas ) a asistir a presentación desta actividade o martes 28 de decembro na casa do pobo de Bértola - Vilaboa ás 20:00 h

PROGRAMA:

· Días de ensaio : 28, 29 e 30 de decembro e 2 e 3 de xaneiro na casa do pobo de Bértola - Vilaboa ás 20:00 h

· 4 de xaneiro polas prazas e rúas de Pontevedra, actuación de Os Chichisos. Sairemos ás 17.00 h da praza da Liberdade. Actuación incluída dentro do Programa de Actividades de Nadal do Concello de Pontevedra.

OS CHICHISOS

· RAFAEL QUINTÍA 687 412 072

· ROSALÍA RODRIGUEZ 649 748 708



OS CANTOS DE REIS

Unha tradición habitual nas nosas festas de Nadal era ir cantar polas casas. Grupos de mozas e de mozos percorrían a aldea ou parroquia cantando estas pezas de literatura popular e transmitidas oralmente ó longo dos séculos. En troques do seu cantar, a mocidade solicitaba o aguinaldo, xeralmente en especie (viño, chourizos, touciño, doces, lambetadas, etc.), que despois consumían todos xuntos facendo unha festa ou foliada. Aínda que o tipo de composición mudase para cada data, a tradición de reunírense os mozos da aldea para ir cantar de casa en casa estas pezas tradicionais era a mesma por todo o país e o obxectivo tamén: conseguir algo de xantar e algunhas lambetadas para monta-la festa.

En Nadal cantábanse panxoliñas ou nadais, en Fin de Ano as xaneiras, manueis ou aninovos e a véspera de Reis os cantares de reis ou aguinaldos. Normalmente os temas das cancións estaban relacionadas co Nadal. No caso dos cantos de Reis a temática adoita xirar arredor da visita e adoración dos Reis Magos a Cristo, a fuxida da Sagrada Familia a Exipto, a viaxe de Nazaret a Belén de Xosé e de María e a procura dun lugar onde parir. Case a totalidade dos cantos de Reis relatan unha viaxe ou falan dun camiño o cal tampouco é casual se temos en conta que o Nadal coincide co período de mínima potencia solar e co intre no que o Sol comeza o seu renacemento cíclico a partir do solsticio de inverno. O Sol viaxa constantemente e o camiño representa a búsqueda dunha nova vida.

Estes cantos de Reis soían comezar cunhas estrofas de presentación dos “reiseiros” na que se pedía permiso ou licenza para cantar na casa dos que visitaban. A continuación viña o propio relato ou canto de Reis e adoitaban rematar cunha estrofa de loubanza ós da casa onde cantaban, en caso de obte-lo aguinaldo desexado, pero tamén podía rematar dun xeito ferinte e mesmo insultante, no caso contrario, facendo saber ós veciños quen estaba menos disposto a comparti-los seus alimentos cos demais. De seguido tocábase unha xota ou muiñeira e convidaban os da casa a danzar.

Estes tipos de cantos son melodías longas e lentas, cantadas case sen respirar, con multitude de mordentes e adornos propiciados pola gaita. Conforman un estilo propio de canto, guturais, pisando os finais de estrofa cos comezos. Polas letras e melodías destes cantos percíbese que son de corte culto. Moitos deles teñen que ver con cantos gregorianos e cantares relixiosos dos séculos XV e XVI que foron adaptados e transformados polo pobo.

Moitos destes cantares son en castelán ou castrapo, debido a súa orixe nos textos bíblicos ou eucarísticos, que eran sempre nesta lingua. Outras veces se a casa onde se cantaba era de “señoritos” entón trocábase nos cantos o galego polo castelán, para agrada-los anfitrións.



Os cantos de Reis eran interpretados por cuadrillas ou xugadas de homes, mozos e nenos que recorren as casas dando a boa nova cantando. Estes grupos de Reiceiros compóñense dun gaiteiro e dun ou varios cantores e incorporan, ocasionalmente, percusión e instrumentos varios, sobre todo instrumentos denominados humildes (botella de anís, cunchas, paus, piñas, etc.) que eran os que se podían atopar facilmente nas aldeas. Pola zona sur da provincia de Pontevedra, conservan a súa propia tradición de cantos de Nadal, as rondallas. A orixe da tradición vén xa de lonxe, existindo rexistros dende 1920. Os vellos din que logo de ir á leira collían os instrumentos que había na casa e ían de pasarrúas polos barrios.



Os cantos de Reis era e é unha das tradicións máis fermosas do tempo de Nadal. Forman parte importante do noso patrimonio cultural, polo que é un tesouro que debemos manter.
- Cantos de Reis- Os Chichisos -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



O Coro Tabernario do Guindastre no Faí­sca.
http://faisca-gz.blogspot.com/2010/12/o-coro-tabernario-do-guindastre-no.html
(texto engadido o día 17/ / 12/ / 10 )


A vindoura sexta-feira 17 de Dezembro a partires das 21:00 horas vem a cantar á Faísca, haverá petiscos de balde, vinho do país e... FESTA RACHADA!!

Noticia enviada por Foliadeiro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa de Nadal da Asociación Cultural A Fuliada
http://fuliada.blogspot.com/
(texto engadido o día 10/ / 12/ / 10 )


Aqui estamos de novo , esta vez para celebrar a nosa festa do Nadal , no novo local , que está situado no antigo Ambulatorio de Betanzos

Noticia enviada por Foliadeiro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cantos de Nadal na Coruña
http://acorunacultura.org/2010/12/09/cantos-de-nadal-2010/#
(texto engadido o día 9/ / 12/ / 10 )


As festas en Galiza teñen un compoñente imprescindible: o canto. Non hai festa na que os participantes non rematen cantando. Así vén sucedendo desde séculos. O mesmo ocorreu co tempo do Nadal, ocasión propicia para converter a noite nunha manifestación de alegría colectiva e ilusión. Ao longo de xeracións foise transmitindo oralmente esta tradición, estes cantos que a Igrexa reconverteu en cantigas pagano-relixiosas que chegan até os nosos días. Coa intención de recuperarmos e continuarmos cantando a tradición do Nadal, desenvolveranse obradoiros, dirixidos por Pablo Díaz e Olga Kirk, nos seguintes lugares e datas, que darán lugar ao Concerto Participativo no Forumfolk do 20 de decembro:
- Xoves 9 ás 18:00 h. na Biblioteca Municipal de Monte Alto, con Pablo Díaz. Inscrición previa na Biblioteca.
- Xoves 9 ás 18:00 h. na Biblioteca Municipal da Sagrada Familia, con Olga Kirk. Inscrición previa na Biblioteca.
- Venres 10 ás 18:00 h. na Biblioteca Municipal do Castrillón, con Olga Kirk. Inscrición previa na Biblioteca.
- Venres 10 ás 18:00 h. na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil, con Pablo Díaz. Inscrición previa na Biblioteca.
- Sábado 11 ás 12:30 h. na Biblioteca Municipal dos Rosales, con Olga Kirk e Pablo Díaz. Inscrición previa na Biblioteca.
- Sábado 11 ás 19:30 h. na Asociación Tempos Novos.
- Mércores 15 ás 18:00 h. no Fórum: Obradoiro conxunto.
- Luns 20 ás 19:00 h. no Fórum. Ensaio xeral.
- Luns 20 ás 20:00 h. no Fórum. Concerto Participativo de Cantos de Reis, dentro do Ciclo Forumfolk.
Máis información neste arquivo: Cantos de Nadal 2010

Noticia enviada por Cascarilleira

- Pablo Diaz- Olga Kird- Cantos de Nadal -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]