Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


Sábado 25 de Xuño, ás 11h da mañá, nova asamblea na Sala Nasa
http://www.facebook.com/event.php?eid=137363209675193
(texto engadido o día 23/ / 6/ / 11 )


Resumo da Primeira Asamblea (Sábado 11 de Xuño)

(Ver Video)

O sábado celebrouse na Nasa a primeira asamblea aberta para discutir
os problemas da sala e as perspectivas de futuro. O sábado 18 ás 11,30h. continuaremos. A esta primeira xutanza asistiron máis de 100 persoas e durante tres horas falouse sen pausa do que significa este espazo para Compostela, dos problemas que atravesa, do seu peche inminente, das acusacións verquidas polo novo alcalde e da necesidade dunha resposta cidadán, do futuro inmediato e do futuro a medio prazo, do modelo de cultura que queremos, do novo papel que debe asumir o público na xestión cultural e de moitas outras cousas.

Se queredes saber maís polo miudo de que se falou, aquí vos deixamos algunhas notas tomadas a pé de asamblea. Engadide o que consideredes oportuno, seguramente esquecimos algunha cousa.

De entrada Xron informou da situación do local, da economía e das relacións coas distintas administracións públicas. O problema do local é que hai que facer de novo un forte investimento (aillamento e tratamento acústico, reparación de cubertas e paredes por filtracións de augas…), cifrado en 60.000 €, que a única maneira de amortizalo sería mercando o local e que a propiedade rexeitou a oferta que se lle fixo en maio de 2010, sen deixar ningunha opción de compra. O problema da economía é que os gastos fixos da Nasa (salarios, alugueres, subministros) ascenden a 13.000 € mensuais e o déficit xerado só no primeiro trimestre de 2011 superou os 20.000 €. O problema coas administracións públicas son os recortes: as axudas a salas privadas da Xunta de Galicia reducíronse nun 65% en tres anos e agora o Concello de Santiago anuncia a retirada de todas as axudas públicas á Nasa, un feito que é determinante. Porque con estes datos, para a tempada 2011-2012 contariamos cuns 85.000 € menos que na tempada 2008-22009, é dicir, unha redución das axudas públicas do 72%. Mentres, os ingresos propios reducíronse en tres anos só un 5%, pero os gastos fixos aumentaron un 15%. Con todo isto, e practicamente sen axudas públicas, a previsión de déficit para a tempada 2011-2012 sería de 80-90.000 €, unha cifra que non é asumible pola empresa xestora, por iso non se pode planificar a tempada que vén e por iso plantéxase o peche.
Ademais, comentouse tamén que, despois de vinte anos, a comandancia acumula un desgaste persoal moi grande, que se veu incrementado pola presión exercida desde o PP de Santiago coas súas infundadas denuncias de colaboración co terrorismo e demais, ata o punto de facer desistir ao actual equipo xestor de manterse na primeira liña da accion cultural local no novo contorno político xurdido das eleccións municipais.

A partir de aquí abriuse o turno de preguntas e intervencións das persoas asistentes:

- Preguntouse que significaba estar en segunda liña da acción cultural.
- Preguntouse se se trataba fundamentalmente dun problema económico.
- Informouse da iniciativa dos traballadores da Nasa para formar unha
cooperativa de traballo asociado e dar continuídade ás actividades no
actual espazo de San Lourenzo.
- Preguntouse se había intención de denunciar a Conde Roa para defenderse das acusacións recibidas.
- Propúxose a vía de financiamento privado (patrocinios) como unha saída á crise económica.
- Falouse da resposta que debería ter a sociedade civil ao respecto do peche da Sala.
- Unha persoa falou de conformar unha plataforma cívica para defender políticas culturais e medio-ambientais. Tamén indicou que se valorase a opción da banca ética para o financiamento.
- Comentouse a necesidade de dispoñer dun local en propiedade, non en aluguer. Alguén máis tamén apuntou que non se debería facer ningún investimento cun contrato dun ano.
- Xron aclarou as opcións mixtas (públicas e privadas) que se falaron co grupo de governo saínte: a opción de cesión dun solar público para que se construíse un novo centro cultural privado, financiado integramente pola entidade receptora do chan e que foi inviable economicamente; e a opción dunha xestión mixta nun centro socio-cultural da cidade, viable no caso do CSC Santa Marta.
- Alguén berra: “Vide para Teo".
- Apuntouse que a solución está nas mans dos tripulantes, que era unha
cuestión de todos conseguir aumentar o número de tripulantes, que entre
todos teríamos que ter conseguido máis apoios e que agora é máis
necesario ca nunca aumentar a tripulación.

(Na actualidade o ingreso por cotas da tripulación é duns 8.000€ anuais)

- Comentouse que "dous non pelexan se un non quere", e que habería que evitar o enfrontamento con Conde Roa porque iso é que el busca.
- Neste momento propúxose facer unha denuncia colectiva a Conde Roa por inxurias e calumnias, aportando ademáis 5€ por persoa para pagar o avogado. A proposta é acollida con aplausos e apoiada por máis voces que falan da necesidade de defenderse dos ataques dunha vez por todas.
- Fálase de dimensionar e de visibilizar ben a comunidade que conforma a Nasa porque é moito máis grande do que algúns cren.
- Fálase de que á parte da liña da querela, debemos centrarnos na solución dos problemas económicos.
- Proponse que nos desfagamos do espazo de San Lourenzo e que fagamos programacións noutros espazos (p.e. as Ultranoites) para eliminar os gastos fixos. Pregúntase se a tripulación entraría tamén nesa cooperativa de traballadores.
- Outra persoa quere expresar o moito que perde como espectadora e artista se pecha a Nasa. Fala de que os apoios non só serán dos tripulantes, que hai moita xente próxima e solidaria por todo o Estado e mesmo en Europa.
- En varios momentos as intervencións tratan sobre a importancia de manter un espazo físico propio ou non.
- Proponse facer un macrofestival no que participe todo o mundo que tivo relacion coa sala para visibilizar á amplitude e pluralidade da comunidade Nasa. Tamén se propón adoptar os xestos das asambleas do 15m para gañar en dinamismo e operatividade nas intervencións.
- Proponse centrar o debate no feito de que a Nasa vai pechar, e como dar saída a todo os proxectos que se estaban xerando, se haberá que currar estando dispostas a non cobrar ou se hai outras formas de relación. Propónse facer programacións por comisións, p.e.
- Algunhas persoas propoñen que entre todos paguemos o aluguer para chegar a decembro e manter a programación prevista.
- Xron di que non se trata só de pagar o aluguer durante uns meses, senón de cómo xestionar unha sala durante este tempo.
- Un dos traballadores da Nasa di que lle parece que hai xente que está dando todo por rematado cando aínda está aí a idea da cooperativa, e que como se pode pensar en facer todo o traballo de manter unha sala sen contar con profesionais, que é un traballo bestial. E que ademais pechar sería unha derrota.
-Varias persoas contestan que isto en ningún caso é unha derrota, que o traballo feito durante vinte anos está aí. Outras persoas manifestan que xusto neste momento si que podería ser interpretado como unha derrota fronte aos que atacan á cultura galega sistematicamente.
- Pregúntase cando se ten previsto abandonar o local? Tamén se se ten mirado outro local?
- Xron contesta que se miraron varios locais, fala concretamente dunha nave na zona de Sta. Isabel, pero a empresa non ten posibilidades de financiar unha operación deste tipo cos prezos que hai e as dificultades de crédito. Di que unha vez rematada a tempada actual a mediados de xullo, cesará a actividade da sala. E se non houbese unha solución, a empresa que xestiona actualmente a Nasa podería abandoar o local ao rematar o mes de setembro.
- Unha persoa fala do lado positivo desta situación, porque todo isto propiciou que a comunidade Nasa se xunte e que se exprese colectivamente por vez primeira. Di que a comunidade xa está creada, e que sae reforzada desta crise. Pensa que as cuestións materiais son importantes e que igual debemos pensar na Nasa como un proxecto exportable.
- Fálase da precariedade creada polas subvencións no sector cultural, e da necesidade de organizarse e unirse da xente do teatro, da danza, do circo, da música….
- Alguén propón facer confluír tódalas axudas que reciban distintas empresas e colectivos nun só espazo, que pode ser a Nasa.
- Fálase de facer unha festa final.
- Fálase de saír das trincheiras culturais, de dar a batalla en campo aberto, de participar na xestión e na programación dos espazos públicos. De que hai que modificar as relacións entre os axentes culturais, de que unha crise como esta é o momento de facer cambiar os modelos.
- Alguén di que os espazos públicos levan aí toda a vida e que se ata o momento ninguén os usou nin ocupou que non cre que se vaia facer agora tampouco.
- Contéstase que os espazos públicos non levan aí toda a vida, que a paisaxe cultural cambiou totalmente nos últimos vinte anos, que mesmo a Nasa cando abriu presentouse como unha alternativa ao proceso de institucionalización da cultura promovida polo Psoe, e que agora a Cidade da Cultura pode ser tamén unha oportunidade para inventarse novos usos dos espazos públicos.
- Proponse esixir na Cidade da Cultura un espazo para os veciños de Compostela, xestionado por eles mesmos.
- Algunhas intervencións apoian a ocupación dos espazos que nos pertencen a todos, alguén di que xa abonda de pagar alugueres elevados aos propietarios de locais, que seguramente serán votantes do PP, porque xa estamos pagando abondo polos espazos públicos.
- Proponse organizar unha paltaforma cívica para reinvidicar o uso dos espazos públicos de Compostela antes da constitución do novo governo local.
- Fálase da importancia de que esa plataforma estea liderada por alguén, que doutro xeito non funcionará.
- Proponse que cada quen se comprometa a chamar a tódalas compañías de teatro, ás escolas de teatro, aos grupos de música, e á xente que coñeza para que se sumen a esta iniciativa.
- Alguén apunta que unha boa cousa era facer unha fundación cun padroado integrado por compañías e demais axentes culturais.
- Proponse que nos constituamos como asamblea permanente.
- Proponse que os membros desta asamblea estudien a posibilidade de asinar colectivamente unha querela por inxurias e calumnias contra Conde Roa, xa que entendemos que as ofensas nos afectan a todas as persoas usuarias da Nasa e non só aos seus responsables.
- Proponse que a partir de agora o contacto e a información se canalice a través do blog http://nasasantiago.blogspot.com/ mentres intentamos crear outras plataformas de contacto en redenasa.tv ou en facebook.
- Acórdase dar continuidade á asamblea o sábado 18 de xuño ás 11,30h., facendo unha convocatoria expansiva.


Resumo da Segunda Asamblea (Sábado 18 de Xuño)

(Ver Video)

Falouse moito do proxecto de continuidade da actividade no local de San Lourenzo, e da iniciativa dun grupo de traballadores da Nasa de formar unha cooperativa. Para o sábado 25 decidiuse convocar unha nova xuntanza para poñer en marcha unha plataforma cívica de intervención cultural.

Aquí van as notas tomadas a pé de asamblea coas intervecnións dos asistentes:

Comeza a asemblea ás 12:00h. con presencia dunhas 50 persoas (que irían aumentando ao longo da mañá) e cunhas palabras de Xron, que aproveita para presentar aos membros da Xunta Directiva da Red de Teatros Alternativos que se trasladaron desde distintos puntos de España para participar na asamblea e para manifestar o seu apoio e recoñecimento ao proxecto Nasa.
- Faise un resumo do falado na xornada anterior, infórmase sobre os prazos previstos polo equipo de xestión actual para cesar na súa actividade, sobre o procedemento para presentar a querela colectiva e tamén sobre a chamada recibida desde o PP local para ter unha reunión.
- Dáselle paso aos representantes do grupo de traballadores que queren continuar a actividade cultural no local de San Lourenzo. En primeiro lugar intervén Novo para pedir o apoio das persoas asistentes á asemblea. Manifesta que non queren espazos abertos e públicos, que apostan polo espazo de San Lourenzo, que seguirán co espírito da Nasa e expresa a gravedade da situación para 11 ou 12 traballadores que perden o seu posto de traballo.
- A continuación Ángel informa de que esta semana tomaron a decisión en firme de formar unha cooperativa de traballo asociado, na que están todos os traballadores da Nasa, que teñen moito camiño por diante, que xa falaron co dono do local e que vai seguir co contrato. Manterán o mesmo espírito da Nasa pero facendo uns axustes na programación. Alguén pide que especifique un pouco o proxecto. Ángel contesta que non poden polo momento, que é demasiado pronto, que nin sequera saben con exactitude canto lles van cobrar de aluguer, aínda que pretenden conseguir o contrato do local por 8 ou 10 anos. Pero di que van seguir coa programación de outubro e que están á espera de ter o proxecto de viabilidade económica. Alguén pregunta como van facer con Conde Roa. Ángel contesta que non cren que vaia por eles, que non teñen nada que ver, que realmente ten unha obcecación con Xesús, que co cambio de marca se relaxará a situación. Informa de que van facer as obras de aillamento acústico para ter todo en regra e que non ten por que haber máis problemas. Alguén pregunta que axustes farán de programación. Contestan que será un espazo de autoxestión, por tanto ten que dar beneficios para cubrir os salarios. E que a música estará máis presente ca agora. Alguén pregunta se entón se vai converter nunha sala de concertos. Contestan que non, que tamén haberá danza e teatro.
- Alberto, presidente da Red de Teatros Alternativos, aporta información sobre o funcionamento das cooperativas, xa que é a fórmula que usan no seu teatro de Madrid. Cre que se podería xestionar a comunidade a través dos colaboradores da cooperativa. Novo di que xa están informados, que contan cun asesor especializado en cooperativas.
- Alguén comenta que estaría disposta a dar un paso para precarizarse (aínda máis) no seu traballo como artista para apoiar o proxecto, sempre que sexa para avanzar, non para resistir.
- Xron aclara que a marca Nasa/Redenasa seguirá funcionando para os proxectos da plataforma web, xa que é a súa denominación legal e administrativa e que Chévere trasladará boa parte do material técnico e loxístico a un novo local de traballo.
- Alguén manifesta que o carácter e o espírito dun espazo non depende do edificio senón das persoas que están detrás xestionando. Pregunta se Nasa/Chévere seguirá na xestión cultural noutro lugar. Aclárase que non, que se tratará de dar continuidade a Redenasa.tv como espazo de difusión artística e cultural e como lugar de encontro dunha comunidade cultural e que, cando se dispoña dun espazo de traballo propio, quizais se poida continuar alí con algun tipo de residencias, prácticas de creación, ensaios abertos, etc. Alguén pregunta se hai algún proxecto concreto nese sentido.
- Alguén di que a Nasa xa quedou pequena para absorber tanta programación. Moitos dos presentes, artistas, saben desta complicación para poder actuar na Nasa por falta de calendario. Retómase o tema da plataforma cívica para esixir o mellor aproveitamento dos espazos públicos.
- Alguén comenta a posibilidade do mecenazgo como fonte de financiamento. Facer unha acción grande. Conseguir a 8.000 persoas que poñan 50€, con 300.000 ou 400.000€ podemos facernos cun espazo propio, un espazo de creación contemporánea. Porque está claro que moitas compañías e creadores en Galicia necesitan espazos para traballar.
- Os traballadores da Nasa retoman a palabra. Din que Chévere chegou ata aquí con este espazo e agora eles comezan outra historia, que están dispostos a todo. Que intentarán aproveitar o espazo ao máximo facendo cursos, usando o espazo para ensaios, programando teatro infantil, que procurarán non pechar nin dous días na semana.
- Alguén comenta que é fundamental o plan de viabilidade do proxecto para poder seguir falando do proxecto dos traballadores. Sen iso diante é mellor non especular todos sobre o que pode ser ou non o seu proxecto.
- Alguén comenta que está colgada unha carta dirixida ao novo alcalde de Santiago en tea-tron.com, unha carta modelo de apoio e reivindicación do espazo-Nasa, que pode ser asinada por quen queira.
- Alguén agradece a ambas partes todo o traballo feito. E apuntan que unha posible saída económica do local pode ser como negocio de hosteleria.
- Alguén comenta a gravidade da situación actual das artes escénicas. O peche da Nasa é xa a pinga que colma o vaso, que este feito sexa o que catalice unha protesta global.
- Miguel, xerente da Red de Teatros Alterntivos, fai unha definición da Nasa/Chévere como un referente estatal, un proxecto artístico de importancia e calado. Fala da gravidade do feito de que un espazo con eses resultados artísticos e culturais plantexe o peche. Felicita tamén aos traballadores da Nas polo valor que teñen, pero tamén lles di que dispoñer dun proxecto artístico é fundamental, que entende que a asemblea é o que lles está demandando e que de momento non o teñen.
- Alberto da RTA cre que este é un momento histórico a nível estatal. Que para a Red de Teatros Alternativos a pata Nasa-Chévere é moi importante. E fala tamén de que hai que ter presente que neste tipo de espazos a dependencia das subvencións é unha feito e unha necesidade para defender certo tipo de programacións.
- Alguén fala da conveniencia de concretar a organización da plataforma, por un lado pode estar unha plataforma global cidadá (tipo Nunca máis), pero tamén interesaría unha plataforma artística (tipo Burla Negra). Fálase de usar as ferramentas de internet para o traballo en grupo. Alguén fai as seguintes preguntas: "Estamos ben?, gústanos como estamos?, queremos cambiar? e que queremos cambiar?"
- Fálase da operatividade. Fagamos a plataforma xa. Proponse que o próximo sábado tratemos de responder ás preguntas que se acaban de formular e tratar de definir quen somos. Pódese pensar en trasladar a asemblea dentro de 15 días ao Teatro Principal. Fálase de poñer un nome: Espazo Cultura Galega, Cultura Cívica Galega, Cultura Real Xa, Cultura Combate, Teatro Nacional Galego, Acción Cidadá pola Cultura…
- Pasadas as 14h. remata a asemblea, convocando a seguinte para o sábado 25. De 11h. a 12h. elaborarase unha orde do día e ás 12h. comezará a asamblea.

- Sala Nasa -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Música en Vilagarcía
http://www.axunqueira.com/index.php?option=com_content&view=article&id=236&Itemid=206
(texto engadido o día 21/ / 6/ / 11 )


Programa Completo

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



REBULIR: FESTA DE PECHE DO CURSO
http://rebulir.blogspot.com/2011/06/festa-de-peche-do-curso.html
(texto engadido o día 21/ / 6/ / 11 )



- Mini e Mero- A Quenlla -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Fin de curso na TRADESCOLA
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=1586%3Afin-de-curso-na-tradescola&catid=102%3Atradescola&Itemid=18
(texto engadido o día 21/ / 6/ / 11 )


O vindeiro día 27 de Xuño a partir das 19.00 h. celebrarase no Centro Lug II o concerto de fin de curso da Tradescola, no que actuarán alumnos e profesores de dito centro. Deste xeito, a escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos remata as clases de gaita, zanfona, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, técnica vocal, percusión, requinta, e linguaxe musical que se impartiron durante este curso. Posteriormente, ás 21.30 h. realizarase unha cea-festa á que asistirá o alumnado e os docentes da Tradescola.

A TRADESCOLA contou durante este curso con 200 alumnos matriculados e cun equipo docente formado por 9 mestres, Bruno Villamor, Mª Carmen Saborido, Luis Correa “Caruncho”, Gerardo Quintela, Xabier Iglesias, Pedro David Lamas, Begoña Fdez. Lorenzo, Xela Conde, e Xose Lois Romero Cajigal foron os encargados de impartir as aulas das distintas especialidades.

Actualmente está aberto o prazo de reserva de prazas para o vindeiro curso 2011/2012.

Para a reserva de prazas ou para obter máis información pódese dirixir á TRADESCOLA, situada no Complexo Residencial Xuvenil Lug II (Rúa Pintor Corredoira Nº 4 ), chamar ao teléfono 982229966 ou enviar un mail a tradescola@gaiteirosgalegos.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Coca ´2011
http://www.turismoredondela.es/gal_f_coca.php
(texto engadido o día 21/ / 6/ / 11 )


Conta a lenda que, fai moitos séculos, vivía cerca de Redondela un drago que de vez en cando chegaba á vila para levarse a unha xove a sua cova. Así o fixo varias veces, ata que os xóves mariñeiros armaronse de coraxe e un día acordaron encararse ó monstruo. Así o fixeron e despois dunha dura loita saliron victoriosos. Xa vencido o truxeron ó pobo, ó mesmo tempo que liberaron ás xóves que tiña na cova. Foi aquí, en Redondela, despois de que o drago dera os seus últimos suspiros, cando os valientes xóves, colléndose as espadas uns ós outros, empezaron a bailar arredor do drago morto"

orixe desta manifestación perdese na noite dos tempos.Non cabe dubida que renacese e se extendese tal e como chegou ós nosos días na Edade Media, pois non se trata mais que dunha representación plástica do Demo, típicamente cristiana, de feito semellante a como se viña facendo é a escultura e pintura, tanto románicas como góticas.

Pero o loitar un Deus (ou un representante do mesmo) cunha serpe ou dragón é moi vello, tanto que xa existía nas relixións antigas.

CocaA primeira denominación que temos documentada e a de "coquetriz" ( Ourense 1437 ), que non é mais que un cocodrilo. No texto galego de Ourense non é mais que o dragón que iba na procesión do Corpus levado polos zapateiros. Non cabe dúbida pois, que o nome ven do latín cocatrix ( cocodrilo ), e que xa se atopa a mediados do século XV ( 1441 ) nun documento de Ourense tal e como se di agora : coqa e qoqa.





A Celebración



Para relembrar esta lenda ancestral, tódolos anos, no desfile do Corpus Christi sácase á rúa a figura da Coca, e realízase a Danza das Espadas e o Baile das Penlas:

** A orixe da Danza das Espadas xa queda rexistrada o falar da Coca e as Penlas, pois foron os mariñeiros os que acabaron có fero e mítico Dragón, que ven a ser a representación plástica del Demo, xirando o redor del as duas danzas. As primeiras novas que hai desta danza en Redondela datan do século XVI, no que o concello lle ordena ós gremios que asistan á procesión do corpus.

** Pouco se sabe das Penlas redondelanas, tan só que chegaron ata os nosos días sin sufrir grandes cambios, excepto no referido á indumentaria. Actúan cos danzantes das espadas, formando un único conxunto coreográfico. Ó largo dos anos foron sufrindo unha serie de modificacións, co que as penlas de hoxe en día teñen unha serie de diferencias coas de antaño.

Esta tradición converteuse nunha festa que dura varios días nos que hai un amplo programa de espectáculos, concertos, exposicións e verbenas nocturnas. Tendo en conta os antecedentes, non sería de extrañar que esta representación diabólica fose coñecida dende moi antigo e que ó establecerse o Corpus empezasen a escenificala públicamente, o mesmo que outras historias e lendas relixiosas.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Música - Concertos polo Día Internacional da Música no Museo do Pobo Galego

(texto engadido o día 21/ / 6/ / 11 )


(Preme na imaxe para ampliar)
- Mama Cabra- Son+D2 -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Conrobla
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=1579:festa-da-conrobla&catid=24:festivais-foliadas-romarias&Itemid=18
(texto engadido o día 20/ / 6/ / 11 )


O sábado 9 de Xullo celébrase, nos terreos Piscina Municipal de Boimorto, a Festa da Conrobla (Serán ou Foliada ó xeito de Boimorto), organizada pola A.F.C. Os Santiaguiños de Boimorto.

A festa da Conrobla é esta unha xornada festiva aberta e participativa: xuntanza de moz@s e maiores, de pais e fillos, para desfrutar da nosa música, do baile, dos xogos e do xantar.

Comezaremos xa pola mañá, cunha sesión vermú e actuacións musicais. Logo podedes xantar con nos a prezos populares, e visitar a nosa feira de artesanía e produtos locais. Pola tardiña, xogos tradicionais e interesantes obradoiros de baile e percusión de balde. Xa no serán, cea organizada pola asociación e a actuación do resto de grupos participantes... e baile e festa ate que o corpo aguante, con fogueira e chocolate quente incluidos!


Sabede tamén que contamos con zona de acampada, por se alguén quere ficar a durmir despois da festa.



Se queredes vir a tocar, ou que o voso grupo baile ou actúe, ou propoñernos outras actividades, estamos abertos a suxerencias e achegas. Sabedes que convidamos a xantar ou cear a todos os que participen, sempre que nos avisedes con antelación.

Estamos a organizar tamén unha mostra de traballos artesanais. Se sabedes de algún artesán da comarca ou arredores que lle poida interesar participar e amosar a sua actividade, por favor, poñédenos en contacto!

Para calquera cuestión ou consulta, facédeo no: 654203169. E os que queirades actuar, lembrade anotarvos antes do luns, 4 de Xullo.

Estades tod@s convidad@s a participar.

Agardamos contar na Conrobla coa vosa compaña!!
- Conrobla -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VIII Festa do Muí­ño do Verdugo
http://www.festadomuinho.org/
(texto engadido o día 19/ / 6/ / 11 )


Taboadelo - Ponte Caldelas
19 de Xuño
DOMINGO 19
Apartires das 11:00
- FORNADA E DEGUSTACION DO PAN DE MILLO
- FALKATRUADAS
Xogos populares
- VOLTA E DALLE
Teatro
- SEIS DEDOS
Títeres
- CONTOS SOLIDARIOS
Contacontos
- DJAMMAL
Clown on popping
- TRÓPICO DE GRELOS
Batucada
- GÜINTERVAN
Folk acústico

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



NOITE DA MOURA en Rebordechán
http://www.facebook.com/event.php?eid=128047237275034
(texto engadido o día 18/ / 6/ / 11 )


A lenda afirma que, “en Rebordechán dáse unha noite máxica cada mes de xuño, na que, a reunión das damas dos castros e o feiticeiro da aldea, fan posible un bo ano nas nosas terras; así como invocan a presenza da Moura encantada. Ela danza na eira do Castro do Coruxón, facendo que, as caghalletas dunha cabra, adquiran o valor do seu peso en ouro, regalando, deste xeito, fartura. Os habitantes, dende sempre, agradécenllo aos deuses, tocando gaitas e tambores de pel de carneiro; comendo carne de porco, bebendo viño e augardente con mel baixo o orballo, ata o raiar do novo día, para ver bailar o sol, cunha cunca de caldo na man”.

Este ano, a cabra encantada deixou de ser materialista e pensou en obsequiar aos veciños cun fillo, para que se mantivese a estirpe.

O programa é:
21:30 – Comeza o acto
23:30 – Queima das herbas polo Feiticeiro e Damas dos Castros
Danza da Moura na Eira do Castro
Saída da cabra
00:00 – Carne de porco gratis

E, durante toda a noite, música tipo serán.

Se queres disfrutar con esta historia, con esta festa, non o dubides... ¡VEN! ¡Unha aldea diferente, espérate!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



1ª Foliada da Lembranza en As Pontes
http://nocombaro.wordpress.com/
(texto engadido o día 18/ / 6/ / 11 )


Organizada pola Asociación de veciños “Veiga da Areosa” do barrio da Casilla (As Pontes) e en colaboración cos grupos de música Tradicional das Pontes, o sábado día 18 de Xuño, terá lugar en dito barrio a 1ª Foliada da Lembranza co gallo do Solsticio de Verán (San Xoán), un pouco anticipado, se cadra, para que non coincida coa celebración que poidan programar outras asociacións da Vila.


O lugar elexido, será o auditorio exterior da Praza da Lembranza, a carón do lago da mina (o lago artificial mais grande de España), onde dita asociación, montará unha carpa por se o tempo non nos acompañara, e tamén un “chiringuito” onde a veciñanzas e tamén visitantes, poderán degustar algún alimento e tamén as sardiñas da época regadas con brevaxe espumoso e outros líquidos que nos axudarán a escorrentar as Meigas.

“Polo san Xoán, a sardiña pinga no pan”

“Na noite de san Xoán, bebe viño e come pan”

Os grupos farán a partir das 19:00 horas un pasarrúas polo barrio da Casilla para xuntarse todos ás 20:00 horas na Praza e interpretar entre todos unha peza, que podería ser o Antigüo Reino de Galicia. As 20:30 empezaríase coas actuacións no esceario, con duración de 20 minutos por grupo,

Os grupos participantes serán:

Alende
Alfaia
Cana Vella
Escola Municipal
No Cómbaro
O Gaiteiro Freixo
Os Feroces da Galgueira
Os Suplentes
Os Trevillas


Eles serán os responsables de poñer a xente a bailar a ritmo de xotas, muiñeiras e pasodobres. Esto supón, máis ou menos, unha duración de catro horas, co cal remataría á 01:00 aprox., a partir de aquí quedaría o esceario a dispor de todos/as músicos/as asistentes que o soliciten, seguindo coa fórmula dos 20 minutos de actuación para que a festa non pare e poidan tocar todos os interesados.

As 12 da noite farase unha queimada popular con conxuro e incluido.

“A noite de San Xoán, o 24 de xuño, é hoxe unha das festas máis ricas en lendas, supersticións e costumes que acocha o noso folclore, a nosa cultura. Antes de ser cristianizada, era unha relixión popular na que os espíritus do mal actuaban na escuridade con obxectivos malévolos na percura dalgunha victima.”

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Serán do Viso

(texto engadido o día 16/ / 6/ / 11 )


O Venres 17 de xuño a partires das 21:30h, serán no Barrio de Saramagoso, O Viso . Aní­mate e trae o teu instrumento tradicional. Haberá sardiñas, festa e boa música, todo organizado pola Comisión de Festas de San Antonio.
- Serán- Viso -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A Minha Embala na Casa das Crechas
http://aminhaembala.com/2011/06/07/concerto-de-apresentacao-do-disco-na-casa-das-crechas/
(texto engadido o día 14/ / 6/ / 11 )


Aline Frazão e César Herranz apresentam hoje, dia 14, o disco do projecto A MINHA EMBALA, com a participação de Sérgio Tannus (Brasil) e de Xoán Curiel (Galiza) num concerto na Casa das Crechas, às 22:30.

Depois de ganhar o concurso Musicando Carvalho Calero, promovido pela AGAL e pela web Komunikando.net, com o tema “Maria Silêncio”, A MINHA EMBALA entrou em estúdio em Fevereiro para gravar um álbum de temas originais compostos por Aline e César. A produção musical foi feita pelo próprio duo, com a colaboração de Tomás Ageitos.

Além de “Maria Silêncio” e “Que é São Tomé”, já conhecidos pelo público d’A MINHA EMBALA, o duo gravou mais seis temas novos cuja temática se centra no reencontro desejado da Galiza com o mundo lusófono, numa grande festa da língua. O disco, registado com uma licença Creative Commons, conta com a participação do multi-instrumentista brasileiro Sérgio Tannus e do cantor galego Xoán Curiel. O disco encontra-se já disponível para download gratuito.
- Casa das Crechas -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VI Serán Mar de Rianxo
http://www.blogoteca.com/vaideroda
(texto engadido o día 10/ / 6/ / 11 )


Aquí temos o programa do VI Serán Mar de Rianxo. Este ano teremos obradoiros desde primeira hora da tarde, seranciño para nenos e nenas e coma sempre, boa música, bos bailadores e bailadoras, comida e bebida a fartar... FESTA!

Obradoiro de Canto e Percusión tradicional: Técnicas de pandeiro no Sur de Galicia

Impartido por: Luís Prego
Horario: de 16 a 18 horas
Lugar: Auditorio ou Casa da Cultura (pendente de confirmar)
Prazas: 20
Prezo: 10 €
Requerimentos:
- Levar pandeiro.

Nota: A asociación pode prestar un número limitado de pandeiros, de precisar dun, por favor, facer constar en cada inscricción, se teñen ou non pandeiro, ou se teñen ou non maneira de conseguilo.

O profesor: Luis Prego Fernández, recompilador e estudoso do folclore tradicional galego.
Director dos grupos Albendeira, Tralovalo e Adonairare, entre outros, e membro do grupo de música folk Ardentía. Escritor do libro “Para cantar e bailar”, (Ed. Do Cúmio, 2008).



Obradoiro de Técnicas de empalletado e afinación de gaita

Impartido por: Emilio Lois.
Horario: de 16 a 18 horas.
Lugar: Auditorio ou Casa da Cultura (pendente de confirmar).
Prazas: 20.
Prezo: 10 euros.
Requerimentos:
- Coñecementos previos de gaita.
- Levar gaita.
- Levar unha navalla ben afiada.
- Levar unha palleta.

Nota: A organización porá á venda palletas para este taller a un prezo de 8 €.

O profesor: Emilio Lois, gaiteiro e mestre de gaita.
Na actualidade dirixe grupos como a sección de charanga tradicional da AMBT Vai de Roda, Os Campantes da Baña, A Requinta da Laxeira e A.C. Rosalia de Castro de Cacheiras. Tamén dirixe a escola de música tradicional de Ultreia, onde imparte clases de gaita, requinta, percusión e acordeón. Forma parte de grupos como Ultreia, Carapaus e do cuarteto A Gaita da Baña
- Serán- Mar de Rianxo -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A Rúa de Cuntis

(texto engadido o día 10/ / 6/ / 11 )


Coma nos vellos tempos

Moitos foron os puntos da nosa xeografía nos que un cruce de camiños era o lugar idóneo para xuntarse e así distraerse ao son das pandeiretas e gaitas dos traballos nas leiras.

Lugares coma a aldea de Vilariño (Cuntis) no que as mozas e mozos da redonda, incluso achegados e achegadas dende concellos limítrofes coma o de Caldas de Reis, cantaban e bailaban á luz do candil. Martes, xoves, sábado...calquera día da semana era bo para pasar unha tarde, ás veces noite, ao son de muiñeiras, xotas e pasodobres na Rúa de Vilariño.

Así, inspirándonos nesas xuntanzas, xurde A Rúa de Cuntis. Este venres 10 de Xuño ás 22h a Praza das Árbores, onde a Biblioteca Municipal “Roberto Blanco Torres” (antigo Hospitalillo), será o esceario sobre o cal se tentará recuperar o espírito daquela Rúa de Vilariño e de tantas outras rúas e ruadas.

Convidados e convidadas quedades aqueles músicos, bailadoras, gaiteiros, pandereteiras e todo aquel que teña a ben acompañarnos nesta festa, na que non han faltar petiscos de balde para acompañar a ruada.

“Bótalle un agarradiño,

bótalle un agarradiño

que van entrar a bailare

os mozos de Vilariño”

Asociación Cultural
Brisas do Quenllo
A Pontraga - Tordoia

- Ruada -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I SERÁN EN VALONGO COTOBADE
http://www.valongo.es.tl/WWW-.-VALONGO-.-ES-.-TL.htm
(texto engadido o día 8/ / 6/ / 11 )


O sabado 25 de xuño a partir das 8 da noite terá lugar en Valongo (cotobade), por primeira vez, no campo da festa, un serán en honrra a San Pedro. Haberá churrasco e moitas ganas de troula.
Esperámosvos a todos alí.

Un saudo:a comisión de festas de valongo 2011

Noticia enviada por SILVINHA

- serán- festa- churrasco- valongo- otobade -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XII Encontros de Música Tradicional no Mosteiro de Carboeiro

(texto engadido o día 4/ / 6/ / 11 )


Devotos/as da Santa Ferreña:

O 5 de xuño, no Mosteiro de Carboeiro, poderedes facer entrega das vosas ofrendas(as cantareas, bailas, tocatas...) á Santa Ferreña. Poderedes achegarvos ata alí dende a sesión vermú ata ben entrada a madrugada; xa sabedes que esta Santa é de vida moi alegre...A comisión de festas porá á vosa disposición a intendencia necesaria para que os vosos corpos e espíritos sexan capaces de aguantar esta carreira de fondo, e poidades ser dos/as poucos/as que acadades a éxtase, que de oídas sabemos que lle chaman "aprocesióndepolamañá".

E agora digan todos/as á miña voz:

VIVA A SANTA FERREÑA E TODA A SÚA FAMILIA!
VIVA A XENTE QUE A RODEA E MIRA!
VIVA A MÚSICA E SIGA!


XI ENCONTROS DE MÚSICA TRADICIONAL
5 DE XUÑO DE 2010 NO MOSTEIRO DE CARBOEIRO (SILLEDA)

13.00. SESIÓN VERMÚ a cargo dos grupos da bisbarra
·Subasta das andas e PROCESIÓN DA SANTA FERREÑA (acompañada polos cabezudos de VIRAVOLTA)
-APERTURA DAS EXPOSICIÓNS:
· "RESPIRAR NA PUNTA DOS DEDOS" . Conversas, tocatas e acordeóns diatónicos.
· MUSEO DA MARIONETA, CASA DO TÍTERE (LALÍN)

-FEIRA DE ARTESANÍA:
coiro, prata, abalorios, cerámica, madeira...
15:00- XANTAR POPULAR
(empanada, carne ao caldeiro, queixo con marmelo, pan, viño/auga, café e ghotas -12€)

DURANTE A TARDE:
· XOGOS TRADICIONAIS PARA CATIVOS/AS E MAIORES
· "BUSCANDO MILAGRES" con Celsiño Fndez. Sanmartín
·
CONVERSAS, TOCATAS E ACORDEÓNS DIATÓNICOS


E ao que se vaia facendo noite…
FOLIADA ATA QUE O CORPO AGhUANTE!

ACAMPADA Á BEIRA DO RÍO DEZA
TELF INFO: 658 62 82 39
VIVA A XUVENTUDE E A XENTE VELLA QUE NON MORRA!!
- Carboeiro -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Romaría da Touba do Brión. Vincios (Gondomar)
http://cantaresdobrion.blogaliza.org/2011/05/19/ii-romaria-da-touba-do-brion-en-vincios-gondomar/
(texto engadido o día 20/ / 5/ / 11 )


O vindeiro domingo 29 de maio o Coro Tradicional Cantares do Brión organiza a II Romaría da Touba do Brión, unha festa laica que se celebra nas abas da Serra do Galiñeiro. Calquera persoa que o desexe queda convidada a participar.
A partir das 10:30 da mañá dará comezo a romaría cunha camiñada desde o merendeiro da Comunidade de Montes de Vincios até a Touba do Brión, debaixo do Curro. Na touba, que lle dá nome ao noso coro, seremos informados das características da cova e mais da lenda localizada nesta paraxe, por conta de representantes do Clube Espeleolóxico Maúxo. Despois, Cantares do Brión interpretará algunhas pezas do seu repertorio, entre as que non faltará a “Foliada de Vincios”. Ademais, aproveitaremos esta ocasión para estrear a cantiga que leva por título “Na Touba do Brión”.

A continuación celebraremos un xantar popular no merendeiro do Galiñeiro coa comida e a bebida que acheguen os propios participantes, para comezar a foliada amenizada por grupos de música tradicional e mais polos coristas de Cantares do Brión, colectivo integrado no Centro Cultural de Vincios.
Tal e como sucedeu o ano pasado, agárdase que as romeiras e romeiros máis ousados efectúen unha subida ao pico máis alto do Galiñeiro.
A romaría, aberta a quen queira achegarse ao lugar, esténdese durante todo o día. Aconséllase levar, ademais de comida e bebida, toda clase de instrumentos musicais utilizados na nosa tradición musical.
Deixamos aquí un vídeo dunha das pezas cantadas o ano pasado na Touba do Brión.


- Romaría -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



ESPECTÁCULO ROMARÍA RAIGAME
http://www.ccpxaquinlorenzo.es/
(texto engadido o día 9/ / 5/ / 11 )


Castro-Floxo, Escola Provincial de Danza

O grupo Castro Floxo sintetizará nun espectáculo a xeito de homenaxe o que é Romaría Raigame no X Aniversario da súa celebración. Deste xeito aparecerán no escenario as múltiples esceas que identifican a Romaria: A música, o baile, os artesáns, os xogos, animación de rúa...

A representación vai máis aló do taboleiro como espazo físico, haberá momentos para a mistura co público, incluso a media tarde haberá un pasarrúas pola Vila de Celanova, facendo un chamamento a Festa. Así, tratase de transmitir en todo momento a atmosfera lúdica e participativa que cada 17 de Maio se vive en Vilanova dos Infantes.

Lugar: Auditorio Ilduara (Celanova)
Data: Sábado 14 de Maio
Hora: 20:30 h.
Entrada: Gratuíta (Ata completar aforo)

Recordemos que Castro Floxo nace no ano 1977 en Ourense, apadriñado polo ilustre etnógrafo Xaquín Lorenzo, Xocas. Desde este momento comenza a súa labor de recuperación e difusión da cultura tradicional galega nas súas múltiples manifestacións facendo especial fincapé na música e baile.

No ano 1984 crease a Escola Provincial de Danza que axudará a dar continuidade a este proxecto ata a actualidade. No ano 2004, créase o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, o cal actualmente integra no seu seo o grupo Castro-Floxo.

Castro Floxo leva percorrido numerosos escearios por todo o mundo, chegando a lugares como: Francia, Estados Unidos, Canadá, México, Brasil, Bolivia, Taiwan, Turquia, Polonia, Rusia, Ukrania, Italia, Portugal, Arxelia, Israel, Grecia, Bulgaria... etc. Ademais de desenvolver innumerables actuacións en territorio galego e español.


Un adianto do que pode dar de sí este espectáculo vai neste vídeo do Alalá adicado ao Grupo Castro-Floxo no seo da Romaría Raigame fai dúas edicións.


- Romaría- Raigame- Castro Floxo -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Marful e Berrobambán Teatro, protagonistas xunto con Yolanda Castaño e Xurxo Borrazás da IV Festa da Lingua
http://www.carballo.org/vive/aodia/novas/noticia.php?id_nova=2554&lg=gal
(texto engadido o día 6/ / 5/ / 11 )


A Deputación da Coruña, desde a Área de Normalización Lingüística que dirixe Xoán Sande, organiza en Bergantiños a IV Festa da Lingua, unha actividade que cada ano ten lugar nunha comarca da provincia e que nesta ocasión celébrase o sábado 7 de maio ás 21.00 horas no auditorio do Pazo da Cultura de Carballo
- Marful -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



De Serán en Romaría

(texto engadido o día 3/ / 5/ / 11 )


Sábado 7 de maio de 2011 ás 21h
Auditorio do Centro Sociocultural de Beade, Vigo (Pontevedra)



O Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés é unha entidade adicada á recuperación,
investigación, conservación e difusión do folclore.

Este espectáculo amosa a través de relatos, música e baile,
as vivencias dun tamborileiro que percorreu grande parte da xeografía galega
por mor das inquedanzas do seu tío, o gaiteiro Serafín.

Nos seus espectáculos, Traspés recrea escenas pasadas,
coidando meticulosamente todos os detalles (indumentaria, xoería, repertorio, etc)


Unha tarde de sol, sentado na sombra que hai ao pé da porta da súa adega,
cun cigarro na boca e un vaso de viño na man, Manolo de Toutón recorda a súa mocidade,
percorrendo Galicia co seu tambor para acompañar ao seu tío Serafín, “o gaiteiro do Condado”.

Tocaban en tódalas festas do Condado, pero iso a Serafín non lle chegaba,
así, xunto co seu sobriño, marchou por Galicia adiante a tocar en toda festa na que eran contratados.

Foi así como Manoliño, con tan só 16 anos, comezou a súa andaina por toda Galicia
descubrindo as distintas formas de divertirse que tiña a xente daquel tempo;
gozando de Polavilas, Romarías, Entroidos, Bailes e Seráns entre outras festas;
pasando a súa vida... de Serán en Romaría.



- Serán -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]