Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


XII Festa Folc Vilariño - O Hío (Cangas)

(texto engadido o día 2/ / 8/ / 11 )



- Saltanocribo- Banda Crebinsky- Vilariño -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



RAIGAME, Espectáculo Castro-Floxo .Xornadas de Folclore
http://www.ccpxaquinlorenz​o.es
(texto engadido o día 1/ / 8/ / 11 )


O Grupo Castro-Floxo porá en escea a Raigame, un espectáculo que resalta música, baile e tradicións recompiladas nos máis de 30 anos de historia do colectivo.

Seguindo o guión desenvolto recentemente no Auditorio Ilduara de Celanova , polo taboleiro irán pasando diferentes manifestacións tradicionais como eran os fiadeiros, as romarías, os pasarrúas de Cabezudos, o entroido, os xogos dos nenos... Desta vez contase coa colaboración dun Folión de Viana do Bolo, que fará tremer o teatro.

Deste xeito, cun acto inaugural preténdese dar comezo as XXVII Xornadas de Folclore, que a partir do día 8 de Agosto percorrerán as Vilas da Provincia de Ourense con grupos chegados de diferentes puntos do globo.

- Data: 8 de Agosto de 2011
- Lugar: Teatro Principal de Ourense (Rúa da Paz)
- Hora: 20:30 h
- Entrada: Gratuíta (Prioridade membros grupos Xornadas de Folclore)



Castro Floxo nace no ano 1977 en Ourense, apadriñado polo ilustre etnógrafo Xaquín Lorenzo, Xocas. Desde este momento comenza a súa labor de recuperación e difusión da cultura tradicional galega nas súas múltiples manifestacións facendo especial fincapé na música e baile.

No ano 1984 crease a Escola Provincial de Danza que axudará a dar continuidade a este proxecto ata a actualidade. No ano 2004, créase o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, o cal actualmente integra no seu seo o grupo Castro-Floxo.

Castro Floxo leva percorrido numerosos escearios por todo o mundo, chegando a lugares como: Francia, Alemaña, Letonia, Lituania, Estados Unidos, Canadá, México, Brasil, Bolivia, Taiwan, Turquia, Polonia, Rusia, Ukrania, Italia, Portugal, Arxelia, Israel, Grecia, Bulgaria... etc. Ademais de desenvolver innumerables actuacións en territorio galego e español.

- Raigame- Castro-Floxo -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I DíA DA FOLIADA en Calo
http://www.srcalo.org/?q=node/293
(texto engadido o día 30/ / 7/ / 11 )


Este 30 de Xullo a partires das 12:00 da mañá terá lugar no campo da festa de Calo (ao lado do campo de fútbol) o I DÍA DA FOLIADA.

Estades todos convidados a desfrutar dos xogos populares, a degustar un bo polbo, a dar un paseo pola artesanía galega, a escoitar bos concertos.. e sobre todo, a facer unha GRAN FOLIADA durante todo o día.

TRAEDE INSTRUMENTOS E A COMER, BEBER, CANTAR, BAILAR, TOCAR...

Haberá aparcadoiro e zona de acampada DE BALDE.
- Pradairo- Xabier Díaz- Pablo Seoane -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Grupos de toda a zona participarán o venres na Foliada de Monterroso
http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2011/07/27/0003_201107M27C5994.htm?idioma=galego
(texto engadido o día 29/ / 7/ / 11 )


O venres celebrarase na vila monterrosina a primeira edición da Foliada de Monterroso, que organizan os gaiteiros locais coa colaboración do Concello. Será a primeira de dúas xornadas seguidas de actividades, xa que o sábado desenvolverase durante todo o día a Festa do Deporte, que promove o organismo municipal.

A Foliada será na antiga Feira do Froito, lugar no que ás dez da noite comezarán as actuacións que estarán a cargo dos grupos D'Ambarría, de Monterroso; Falcatruerios, tamén do municipio; Vos D'Eiquí, de Taboada; Fiadeira, de Antas de Ulla; Buxaina, de Pas de Rei, e Varacuncas, do concello pontevedrés de Rodeiro.

Ao finalizar o concerto destes grupos haberá «festa rachada ata que ou corpo aguante», segundo anunciaron onte os organizadores. Tamén haberá queimada «para espantar as meigas».

Pola súa banda, o organismo local espera que a animación na localidade sexa permanente durante todo o fin de semana, que coincide co cambio de mes e co comezo da chegada de emigrantes de vacacións.

- Foliada -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV Festival Antrospinos (Tarragoña - Rianxo)
http://www.festivalantrospinos.es
(texto engadido o día 29/ / 7/ / 11 )


PROGRAMA DO FESTIVAL ANTROSPINOS. Capítulo 4!!

  • Venres 29 de xullo

    Concertos a partir das 22:00 h.

    CHE SUDAKA (ARXENTINA)

    RUXE-RUXE (GALIZA)

    ULTRÄQÄNS (GALIZA)

    IVÁN DZ (GALIZA)

 

  • Sábado 30 de xullo

    Xantar popular a partir das 12:00 h.
    OITONUNPISO

    MATRAQUILLADA ás 15:00 h. (A festa trasládase a diversos puntos de Taragoña a bordo de matraquillos)

    OITONUNPISO
    FOLIADA. Música tradicional da man dos propios festivaleir@s que queiran participar.

    Concertos do serán ás 18:00 h.
    OS MINHOTOS. Gañador do concurso ‘Teloneiros FAP 2011’. (Terra Chá)
    LEO I ARREMECÁGHONA. (Vigo)
    INTERCOLES. Gañador do concurso ‘Teloneiros FAP 2011’. (Dodro)

    Concertos a partir das 22:00 h.

    DIOS KE TE CREW (GALIZA)

    MUYAYO RIF (BARCELONA)
     
    GILBERT’S FEED BAND (LISBOA)

    CANIJOS SIN FRONTERAS (ANDALUCÍA)



Noticia enviada por Foliadeiro

- Ruxe-Ruxe- Ulträqäns- Dios ke te crew- Antrospinos -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Próximos Concertos de Skarallaos

(texto engadido o día 22/ / 7/ / 11 )


22 de Xullo, Bar 2 de Mayo, Aldán
24 de Xullo Bar a Venta, Laxe
4 e 5 de Agosto, Buskers Festival, Barcelona
6 de Agosto, Festa da Algarabia, Ourense
13 de Agosto, Festas de Beluso
3 de Setembro, Auriense, Ourense
10 de Setembro, 1º EcoFestival, Compostela
24 de Setembro, Sala A Reserva, Carballo
- Skarallaos -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Revenidas 2011
http://www.revenidas.com/
(texto engadido o día 14/ / 7/ / 11 )


Revenidas é unha idea orixinal e innovadora. Recuperando unha celebración histórica (festa das sardiñas revenidas),perdida dende a guerra civil, mesturando a exaltación gastronómica da sardiña cun festival de música, arte e animación galega e alternativa.
Mestura explosiva entre o bo comer, a mellor música e a satisfacción de ser galegos, tomo remexido e enriquecido cun bo viño e un chisco de licor café.
O festival quere aportar o seu puñado de area para a definitiva
normalización da cultura galega, apostando por diferentes artistas e
grupos que usan o galego como lingua vehicular

Este ano:
Güintervan, Labregos do Tempo dos Sputniks, The Brooze Brothers, Trashtucada, O Leo i Arremecaghoná, Banda Crebinsky, Medomedá, Quempallou, La Troba Kung-Fú, Funky Omar, Picadiscos DZ Selectors
- Revenidas- Quempallou- Leo i Arremecaghoná- Medomedá- Labregos do Tempo dos Sputniks -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXVIII Festa da Carballeira de Zas
http://festadacarballeira.com/
(texto engadido o día 13/ / 7/ / 11 )


Sábado, 6 de Agosto do 2011



Actuarán: A partir das 6 da tarde:



- A.C. CASTRO MEDA de ZAS
- Grupo folklórico Palacio do Rei (Lugo)
- Banda de gaitas Inllar (Ponteceso)

A partir das 9 da noite:



- Muxarega (As Pontes)
- Coanhadeira (Ourense)
- Korrontzi (Euskadi)
- Four Man and Dog (Irlanda)
- Festicultores Troupe (Galiza)

Acceso: 5€, con agasallo de CD conmemorativo do festival con 2 cancións de cada grupo.
Exposición: XXVIII Carballeira, do 31 de Xullo ó 7 de Agosto, no Centro de usos múltiples do Concello de Zas.

- Festa da Carballeira- Muxarega- Festicultores- Coanhadeira -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



FESTIVAL DA CHAIRA

(texto engadido o día 13/ / 7/ / 11 )


A Asociación Cultural A Chaí­nza celebra un ano máis, con tod@s vós, o VI FESTIVAL DA CHAIRA 011, o vindeiro 16 de Xullo de 2011.A FESTA NUNCA REMATOU.... será o emblema que este ano nos xuntará un ano máis a tod@s na Praia Fluvial d\'A Riboira, en Baltar, A Pastoriza.
- Festival da Chaira- Malandrómeda- Zenzar- Habelas Hainas -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Linho do Cuco no MANIfesta 2011 en Montalegre (Portugal)
http://www.cm-montalegre.pt/showNT.php?Id=1499
(texto engadido o día 8/ / 7/ / 11 )



- Linho do Cuco -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Cultura de Vigo. 2 e 3 de Xullo
http://centrosculturaisvigo.blogspot.com/2011/06/festa-da-cultura-de-vigo-programacion.html
(texto engadido o día 1/ / 7/ / 11 )


Sen dúbida, asistir a Festa da Cultura de Vigo non ten nada que perder. Habrá actuacións de folclore, teatro, baile, bandas de música; non faltarán stands dos nosos colectivos, os cales representarán a súa historia, as súas actividades, habrá degustación de comida e bebida,...e como remate de festa, o domingo a noite o concerto da grandísima gaiteria Susana seivane. Ademáis de todo isto, habrá regalos para tódolos asistentes.
Como poden ver, trátase dun acontecemento o que non poden faltar. A dierctiva da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, animámolos para que non se perdan esta Festa da Cultura de Vigo.
Teñen dende o sábado ás 10 da mañán, ata o domingo ben pasada a noite, para disfrutar deste acontecemente cultural, que non poden perder e no que non teñen tempo para aburrirse.

A programación da Festa da Cultura de Vigo será:
Sábado 2 de xullo
- 10:30 Os Trasnos da gaita
- 11:00 Coro Portugués "Vox- Populi"
- 12:00 Xalundes Danzas do mundo
- 12:30 A.F. Corisco
- 13:00 Acto Central
- 13:30 Acordeóns CVC Valladares
- 14:00 COMIDA
- 19:00 A.F.Rueiro de Coia
- 19:30 A.F.Queixumes
- 20:00 A.F.Os ventos de Comesaña
- 20:30 A.F.Froles Novas
- 21:00 A.F.Andarela
- 21:30 A.F.Asubío
- 22:00 Monteira Danzas do Mundo
- 22:30 Grupo Folc Xistra de Coruxo

Domingo3 de xullo
- 11:00 Grupo de gaitas "a Buxaina" do C.R.A.C. de Coruxo
- 11:30 Grupo de gaitas "Fume de Caroso" do c.C. de Cabral
- 12:00 Banda de Música Atlántida de Matamá
- 14:00 COMIDA
- 20:00 Charanga "los Clavelitos"
- 21:00 Banda de gaitas Charamuscas da S.D.R.C Helios de Bembrive
- 22:00 Concerto Susana Seivane

Aclarar que estes horarios pertencen os que estes grupos farán no esceario montado na Porta do Sol. Pero media hora antes desta actuación, os grupos farán pasarúas por distintas zonas de Vigo.
Nada máis dicir, que esperamos a súa visita pola Festa da Cultura de Vigo, que con tanto ánimo e ilusión a directiva da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, levamos organizando dende fai meses.

- Xistra de Coruxo- Susana Seivane -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Gala Queiroa 2011 - Sada
http://www.facebook.com/event.php?eid=168176589913768
(texto engadido o día 1/ / 7/ / 11 )


O día 2 de xullo na casa da cultura de Sada esperámosvos para que participedes con nós de tal acontecemento cargado de ilusión, traballo, e boa festa!

Animádevos, que este ano máis que nunca todo o que pase será "Cousa de nenos"...
- Queiroa -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXI Festa da Langosta de A Guarda
http://www.aguarda.es/
(texto engadido o día 1/ / 7/ / 11 )


Venres 1 de Xullo


21h Lectura do Pregón a cargo de "Os Campelos". Terá lugar na Praza do Reló coa presenza da Banda de Música da Guarda.

Sábado 2 de Xullo


10h Pasarrúas a cargo do grupo de gaitas OS PETÓNS
12h Apertura da XXI Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira
18h Xogos xigantes para nenos
20h Espectáculo acrobático aéreo de "REVOLUCIÓN INDUSTRIAL"
21h Actuación musical do grupo folk feminino "HABELAS HAINAS"

Domingo 3 de Xullo


10h Pasarrúas a cargo do grupo de gaitas OS PETÓNS
11h Apertura da Festa
12h e 18h Xogos xigantes e hinchables para os nenos
20h Actuación do grupo de música tradicional "TANTO NOS TEN"

- Habelas Hainas- Tanto Nos Ten -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



V Festival Arde Rande, Chapela (Redondela - Pontevedra)

(texto engadido o día 1/ / 7/ / 11 )


1 de Xullo a partir das 22:00h Musica e Festa,de Balde e con prezos !!ANTICRISE!!. Non deixes de pasar a oportunidade de escoitar a mellor musica en directo. Haberá noite bus Vigo-Redondela,Redondela-Vigo toda a noite con parada ao lado do festival.
- Arde Rande- Kogito -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Serán de Maceda 2011
http://www.concellodemaceda.org
(texto engadido o día 1/ / 7/ / 11 )


Asociación cultural "Chouteiros"
Grupo de Gaitas "Maçaceda de Limia"
Asociación cultural "Debanadoira"


SERÁN DE MACEDA 2011
Música e baile tradicional


As 19:00 horas do día 1 de xullo na Praza das Toldas de Maceda, participarán varios grupos de gaitas e pandeireta, entre as que actuarán tamén as de Maceda.

Vai ser unha gran festa pois poderase bailar e cantar, como acontecía nos seráns antigamente.

Comezará ás 18:00 e a ENTRADA será LIBRE
- Serán- Maceda -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festas de Boiro 2011. POR UNHAS FESTAS GALEGAS E POPULARES!
http://aturuxa.blogspot.com/2011/06/festas-de-boiro-2011-por-unhas-festas.html
(texto engadido o día 1/ / 7/ / 11 )


PROGRAMACION DAS FESTAS 2011:



Venres 1 de Xullo:
desde as 22h imos de tabernas con TROPICO DE GRELOS + ALGHARABIA, saida desde a a rua peonil á altura do Marcado de Abastos, esta a vende en aturuxo un bono de 10€ que dá dereito a 9 consumicións (cervexa/refresco)


Sábado 2 de Xullo:
desde as 23hh concerto en aturuxo con: Chotokoeu e La Akustikasesina


Domingo 3 de Xullo:
desde ás 20hh na Mostra das Culturas (Parque da Cachada): La kinky Beat
desde as 00hh no Local Social Aturuxo: Little Jump Band e Ataque Escampe (presentando o novo disco)


Luns 4 de Xullo:
dias das peñas, apuntate á peña de aturuxo! (5€ para cubrir os gastos da camisola!!) Lema da camisola: Por unhas festas galegas e populares! Apuntate a nosa peña na barra de aturuxo!


Martes 5 de Xullo:
foliada + churrascada/mexilloada en aturuxo, trae o teu instrumento! Alegraranos a noite @s fenomenos de Algharabia e as Xoaninhas!


Mercores 6 de Xullo:
desde as 23hh fin de festas en aturuxo, con ESQUIOS + actuación sorpresa!


PASADE A VISITARNOS POLO NOSO POSTO/BARRA NA MOSTRA DAS CULTURAS!


POR UN FESTAS GALEGAS E POPULARES!!!
- Local Social Aturuxo- Tropico de Grelos- Chotokoeu- Ataque Escampe- Esquios -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Asalto ao Castelo de Vimianzo 2011
http://asaltoaocastelo.org
(texto engadido o día 29/ / 6/ / 11 )




SÁBADO 25 DE XUÑO
09:30 | Ruta de sendeirismo pola terra dos Moscoso

DE MÉRCORES 29 DE XUÑO A SÁBADO 2 DE XULLO
11:30 a 14:30 e de 19:00 23:00 | IV PINCHOS IRMANDIÑOS
11:30 a 14:30 e de 19:00 23:00 | CONTO FOTOFRÁFICO DO ASALTO (Ruta Pinchos)

XOVES 30 DE XUÑO
19:00 a 23:00 | Procesión da Santa Compaña Irmandiña

VENRES 1 DE XULLO
20:00 | Teatro de rúa: As feiticeiras (Praza do Concello)
21:30 | II Cea medieval (Foso do Castelo)

SÁBADO 2 DE XULLO
MAÑÁ
10:00 a 20:00 | I Feira Artesanal (Praza do Concello)
10:00 a 14:00 | Mostra de artesanía en vivo (Castelo de Vimianzo)
11:30 a 13:00 | Obradoiros infantís: elaboración de traxes, taller de atrezzo. ContAsalto (Praza do Concello)
12:30 | Baile rexional: Foliada de Salto e Airiños do Río Grande (Praza do Concello)
13:00 | Exhibición de tiro con arco (Praza do Concello)

TARDE
16:30 a 18:30 | Obradoiros infantís: elaboración de traxes, taller de atrezzo. ContAsalto (Praza do Concello)
17:00 | Espectáculo de rúa: Gostoso Pa (Praza do Concello)
18:30 | Clown: Peter Punk (Praza do Concello)
19:30 | Pandereteiras, gaiteiros e percusionistas: A. C. Trubisquiña & Marcote´s Street Band (Rúa)
20:00 | Circuíto musical: Dambara Burela (Rúa)
20:30 | Circuíto musical: Requinta do Xián (Rúa)
21:00 | Circuíto musical: Fol Baleiro (Rúa)

NOITE  (CAMPO DE FESTA)
20:00 | CEA
Touciño entrefebrado con gornición e viño do país de balde
Fin da ruta dos pinchos: agasallo irmandiño

22:00 | Chiculate (Galicia-Folk)
Grupo ferrolán formado en novembro de 1998. Desde os seus inicios apoiouse na música tradicional tanto nos seus temas como na instrumentación empregada. Acadada a madurez, Chiculate, bota unha ollada a distintos campos musicais. O resultado final é un repertorio aberto e dinámico, co que disfrutan todos aqueles que van aos seus concertos.
Escoita: “Luna

23:15 | Berrogüetto (Galicia-Folk)
Grupo de folk dos máis prestixiosos de Galiza. A música tradicional e a modernidade fusiónanse nunhas letras cargadas de riqueza e diversidade cultural. A súa inquietude pola música e as súas ganas de innovar leváronos a investigar con sons e instrumentos diferentes. Grazas a esta determinación sempre conseguiu os favores da crítica e recibiu numerosos galardóns e recoñecementos por todo o mundo. O seu directo transcende máis alá do son, supón unha experiencia na que se une a música, a danza e a imaxe.
Escoita: “Deneb

00:30 | ASALTO AO CASTELO
Representación teatral da obra “Praza Esperanza. A lenda do aforcado”, adaptación da antiga lenda de Fernando de Xinzo. Unha historia de liberación irmandiña e destronamento do poder caciquil que habita o castelo, lugar onde todo non é o que parece.

01:30 | Funky Style Brass (Francia-Funky)
Banda de tolos, nacida á beira do Garonne na cidade francesa de Toulouse. Adeptos ao dance floor de funk de risos e, sobre todo, ao freestyle, este alegre grupo convídavos a compartir as súas tolerías musicais. Ventos, percusión, loops, samplers etc. dan forma ao son FSB, o que en 2010 xa arrasou por moreas de festivais europeos e que neste 2011 segue na mesma liña, pois a súa capacidade para sorprender é ilimitada. Teñas 0 ou 99 anos, estes tolos galos de Toulouse farante bailar queiras ou non.
Escoita: “Fanfare festive

03:00 | Malakaton (Barcelona-Rumba)
Grupo de rumba catalana composto por uns mozos con fame de concertos que, traballando moito, foron quen de poñerse as pilas para dar forma ás súas ideas, tras imaxinar como poderían crear en cada concerto unha festa. Agora, co seu novo disco, dispóñense a triunfar alí por onde van, cunhas letras moi alegres que farán bailar a todo o mundo.
Escoita: “Gambitero

04:30 | FOLIADA

Outros
Servizo de Cociña
Zona de Acampada
Traxes para alugar ou mercar
Entrada de balde

axúdanos, non fagas botellón!;-)


- Chiculate- Berrogüetto- Asalto ao Castelo de Vimianzo -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Programa das Festas do Barrio de San Pedro :: Compostela
http://fbsp.info/index.php?option=com_content&task=view&id=5&Itemid=6#
(texto engadido o día 29/ / 6/ / 11 )


29, 30 de XUÑO e 1,2 e 3 de Xullo de 2011

MÉRCORES 29

19.00h CORAL. Museo do Pobo.

Coral "A Xuntanza"

22.00h CIRCO/DANZA/TEATRO. Praza da Angustia.

"Encontros" de Lusco Fusco

23.00h CONTACONTOS DE MEDO. Praza da Angustia.

Paula Carballeira

                                         

XOVES 30


21.00h. TEATRO. Centro Don Bosco.
Grupo de Teatro A Xuntanza
22.30h. FOLIADA. Praza 8 de marzo (Pta. Camiño).
Vilarachos
Tanto Nos Ten
Tiruleque
 

VENRES 1

19.00h. PASARRÚAS E CABEZUD@S.

19.30h. TÍTERES. Praciña de San Pedro.

Carlos Luna: Rocambola Títeres "Historias de Rocambola"

20.30h. CIRCO DE RÚA. Na praciña de San Pedro.

Peter Punk e o neno imperdible

22:00 NOITE DO LASTRO. Praza 8 de marzo (Pta. Camiño).

Banda Crebinsky

Dandy Fever

Fluzo 

SÁBADO 2

11.00h. FEIRA. Rúa de San Pedro.
12.00h. ENCONTRO DE CABEZUD@S E PASARÚAS.

@s da Gentalha do Píchel

@s do Barrio de San Pedro

Zampón o lambón

Música de: "Treboeiros de Muimenta"

12.30h.  CIRCO DE RÚA . Na praciña de San Pedro.

Pedro

13.00h. OBRADOIRO DE COSTURA DIVERTIDA. Na Praza 8 de Marzo (Pta Camiño).

O Traxe Tradicional

13.30h. PASARRÚAS.

 Treboeiros de Muimenta

14.00h SESIÓN VERMOUTH. No Cruceiro de San Pedro.

Orquesta Marimba.

17.00h. CONTACONTOS EN LÍNGUA DE SIGNOS. Na Praciña de San Pedro.

17.30h. OBRADOIRO DE BAILE TRADICIONAL. Na Praza 8 de Marzo (Pta Camiño).

18.00h.  CIRCO DE RÚA . Na praciña de San Pedro.

Assircopatas

18.30h. PASARRÚAS/ACTUACIÓN. Praza 8 de Marzo (Pta Caminño)

 Grupo de Música e Baile Tradicional de Brincadeira

19.00h.  CIRCO DE RÚA . Na praciña de San Pedro.

Dj Capuzzi y La Señorita X

20.00h. ASTRONOMÍA NA BEIRARRÚA 

20.00h. PASARRÚAS.

 A Magnifique Band dos Homes sen Medo

21.00h. CONCERTO. Na Praza 8 de Marzo (Pta Camiño).

 A Magnifique Band dos Homes sen Medo

22.30h. VERBENA. No Cruceiro de San Pedro.

Orquesta Marimba. 

DOMINGO 3


11.00h. PASARRÚAS.

Quarteto da Gentalha do Píchel

Gaiteiros da Xuntanza 

12.00h. CONCERTO. Na Praza da Angustia.

A Banda de Lousame

12.00h. RECITAL POÉTICO E MUSICAL. Na Praza 8 de Marzo (Pta Camiño)

A Rebelión da Décima Musa IV

Ana Romaní, Antía Otero, María Rosendo, Lucía Aldao, Alicia Fernández, Dores Tembrás e as Pandereteiras Bouba.

12.00h. CATA DE VIÑOS. No Parque de Belvís. (Preinscripción).

13.00h. PASARRÚAS/ACTUACIÓN. Cruceiro de San Pedro - Pza. 8 Marzo - Parque de Belvís

Grupo de Baile A Xuntanza e Escola de Pandeireta de Brincadeira

14.00h. ROMARÍA. Parque de Belvís.

Os Estalotes
As pandereteiras de Toutón e Pazos de Borbén
Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional
Polbo e Churrasco

- Vilarachos- Tanto Nos Ten- Tiruleque- Treboeiros- Estalotes- Barrio de San Pedro -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A voz de Xabier Díaz desenterra as raíces do auténtico San Xoán
http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2011/06/23/0003_201106C23C4991.htm
(texto engadido o día 23/ / 6/ / 11 )


(vía gaiteirosgalegos.com)

O compositor, etnógrafo e profesor Xabier Díaz salpicou coa súa voz, a mesma que lle dá forma ás cancións de Berrogüetto, a «praza da fartura» de «fento macho, codeso, fiúncho, herba de San Xoán, espadana e romeu» para dar inicio a catro días de intensas celebracións devolvéndolle o lugar que se merece á tradición musical e o folclore de Bergantiños.

Con palabras que recordaban os seus pasos por Ardaña e Nétoma e as pegadas dos castreños por Vilela e Oza fixo unha acendida alegación da sabedoría colectiva e «dás mulleres que gardaron coma en petos de ouro toda a súa sabedoría».

(Prema no título para ver a nova ao completo) Subiu ao palco da Praza do Concello, esa que cualifica como exposición museística «dos máis saborosos repolos e ás patacas de maior sona», a Xosé Manuel Eirís e Carlos O Xestal, para que, dende o lugar no que se encontren, lle axudasen a agrhuar ben alto e con ton de aturuxo as excelencias da capital de Bergantiños.

Acordouse de Xurxo Souto, de Consolo -«unha dás grandes tocadoras de Berdillo»-, das gaiteiras de Xotaina, «dás amoleceres de «Alborís, Nétoma, Vilar de Cidre ou Artes»; das bandas de gaitas, as asociacións culturais e de todo aquel que fixo algo por manter o que hoxe é a súa gran paixón: a cultura de Bergantiños e a súa forma de expresión a través da música e o baile.

Para invitar á xente á festa, trouxo á memoria a súa peregrinación dominical dende os viños do Mexillón ás cocadas da Dulcería Vella para abrir o apetito cunha porción de polbo do Pescador e rematar o xantar «cunhas pataquiñas dás novas, desás pequeneiras, feitas ao forno así, sen máis, cunha pinga de aceite, un dente de allo e, se se quere, unha folla de loureiro».

Como os anacos de pan de Carballo que repartían as madriñas nas vodas de antano, o larachés de adopción, distribuíu entre os asistentes os acordes de repichoca da súa prodixiosa voz, que deixaron entre o respectable un regusto da mellor historia e unhas ganas de máis que levaron a máis dun, aínda que polo baixo, a pedirlle que cantase unha das súas pezas.

Despois de reivindicar o punteo único que procuraban os bailadores do XIX nas foliadas bergantiñanas e de reclamar a pervivencia do maneo, esa forma de iota particular de Carballo, rematou a súa exhortación do San Xoán arrancándolle os asistentes berros de «beleza!»para honrar a todos os elementos da festa, que lle dan a súa identidade.

O presidente da comisión de festas, Jorge Campos, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, acompañaron as palabras do pregón coas súas propias alegacións en favor do San Xoán tradicional, da cultura de espantar meigas, as cachelas, a auga de rosas, a música, o baile e as familias en reunión.

Campos invitou aos presentes sobre a adecuación de facer grandes desembolsos para celebracións en momentos nos que a crise e o paro fan que «ou corpo non estea para festas» en moitos fogares de Carballo e invitou os veciños a mirar «ao mal tempo con boa cara» para esquecer, aínda que só sexa por uns días, os pesares da rutina diaria.

Ferrero, moi na liña aberta por Xabier Díaz, alegou en favor «dás palabras vivas» e os «feitos máxicos» que manteñen máis actual que nunca o patrimonio atesourado a través dá «memoria inmaterial». Esa mesma riqueza que, ao seu xuízo, un pobo nunca pode perder para conservar a súa identidade.
- Xabier Díaz -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



CLAUSURA FóRUM FOLK 2011, 25 de xuño
http://maghua.blogspot.com/2011/05/clausura-forum-folk-2011-25-de-xuno.html
(texto engadido o día 23/ / 6/ / 11 )


Desde a Concellaria de Cultura do Concello d’A Coruña encarregaron à Asociación Cultural Maghúa a organización da clausura do Fórum Folk 2011.

Que mellor xeito que facendo unha boa festa xunto co resto dos grupos e asociacións da nosa vila e arredores?

Dispoñemos do marco incomparábel do antigo Cárcere provincial d’A Coruña, situado fronte à Torre de Hércules.

A idea é despedir o Fórum Folk cunha FOLIADA no pátio do edificio, e para isto queremos contar contigo, co teu grupo, no desenvolvimento da mesma.

Precisamos confirmes a vosa posibilidade e intención de participar (o antes posíbel), e tamén cantos grupos puideran tocar na tarima instalada ao efeito, con vistas a irmos clarificando os horários de actuación.

Haberá refrixério e petiscos para os grupos participantes, por suposto, e muita festa. Haberá surpresas, como sempre! Só fallas ti!!!

Por favor, comunicade-vos ao respeito co email da asociación (maghua.cantareiros@gmail.com), ou através do celular 696607342.
- ForumFolk -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]