Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


X Festival Retrouso en Cela (Bueu)

(texto engadido o día 24/ / 8/ / 11 )


O adiado festival de xullo vaise celebrar este domingo, 28 de agosto. Como coincide coa data da Festa dos Mozos de Cela (que non se celebran como tales), imos organizar antes do festival, ás 19h, as tradicionais "Vivas" nas que se repartirá viño aos asistentes.

Ás 20h empeza o festival. Actuarán:

Retrouso [gaita]
Trébede [baile]
Retrouso [baile]
Tarambainas [pandeireta]
Abóbriga [Charanga]

Non faltes!
- Festival Retrouso- Abóbriga -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Leilía e Noitarega na LII Festa do Viño do Condado en Salvaterra de Miño

(texto engadido o día 24/ / 8/ / 11 )


Venres 26

- 24:00 h. Leilía

Domingo 28

- 22:30 h. Noitarega.
- Leilía- Noitarega -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Serán de Música: Ponte Vella e Amigos
http://apontevella.blogspot.com/2011/08/seran-de-musica-ponte-vella-e-amigos-20.html
(texto engadido o día 20/ / 8/ / 11 )


O vindeiro 20 de Agosto, celebraráse o Serán de Música: Ponte Vella e Amigos; na Plaza dos Encontros, na Ramallosa, en Teo. Comezará as 22h.

Os grupos participantes serán:


- Charanga e Pandereteiras do C.C. A Ponte Vella
- Fiandola
- Charanga o Recobio de Baamonde

E despois habrá... ESCEARIO LIBRE! Polo que todo o mundo podrá coller as súas gaitas, pandeiretas, tamboriles, bombos... e montar festa durante toda a noite!

Este serán facémolo para celebrar o 25 ANIVERSARIO do C.C. A Ponte Vella.

Habrá barra para todo aquel que queira apagar a sede (Cubatas a 3,50€)

No caso de que chova ou faga mal tempo, a festa trasladarase ó local social da Ponte Vella, ó lado do campo de fútbol do Praíña.
- Fiandola- Serán -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada do Demo en Pontevedra

(texto engadido o día 19/ / 8/ / 11 )


O vindeiro martes 23 de agosto a partires das 21:30 h, dentro da programación das Festas do Verán do Concello de Pontevedra, celebraráse a Foliada do Demo, na Praza da Pedreira, Pontevedra.

A intención é rememorar as verbenas populares que se facían alá pola década de 1950-1960, cos grupos Atalúns, Zurrumalla e Os Chichisos. Se vos animades a participar recordade que aquela época tamén tiña unha vestimenta propia e variada, e se vides ataviados daquela, sería perfecto. Non deixedes pasar a oportunidade de rememorar os anos dourados da xuventude dos nosos vellos e vinde brincar con nos.
- Atalúns- Zurrumalla- Os Chichisos -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXXII Edición da Festa do Gaiteiro en Soutelo de Montes

(texto engadido o día 19/ / 8/ / 11 )


VENRES 19



23:00 Actuación do Grupo Folk ARDENTÍA
00:30 Actuación do Gaiteiro Xosé Manuél BUDIÑO (Coa presentación do séu novo disco. Volta)

Lugar: Rúa Alfredo González Barros (Ó lado da Igrexa)



SÁBADO 20




10:00 Apertura da "FEIRA DE ARTESANÍA"
10:30 Pasarrúas "BANDA DE GAITAS DE VERÍN"
11:00 Actuación da "Banda de Gaitas de LOIA"
11:30 Actuación de "XIRANDOLA"
12:15 Actuación de "CANTIGAS DA TERRA"
13:00 Benvida do ALCALDE
13:10 Pregón por Carlos G. Reigosa.
13:25 Entrega de Medallas
13:45 Imposición do embaixador da festa.
13:55 Actuación da "Banda de Gaitas do Concello de Forcarei"
14:10 XANTAR POPULAR (Carpa no parque Venezuela)
16:45 Inauguración do monumento en lembranza de Avelino Cachafeiro.
17:00 XIII Concurso de Solistas "AVELINO CACHAFEIRO"
18:30 Actuación do Grupo Folclórico "FREGUESÍA DE SOTELO- PORTUGAL"
19:15 Entrega de premios
19:30 Actuación do Ballet Folclórico "TIERRA ADENTRO DE URUGUAY"
20:30 "Ruada POPULAR"
"CHARANGA DO FIADEIRO"
e
"CANTAREIRAS DA FERVENZA"



- Ardentía- Xosé Manuel Budiño- Xirandola- Festa do Gaiteiro -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival folclórico Nós de Sobradelo (Vilagarcía de Arousa)
http://www.facebook.com/#!/profile.php?id=100000030348254
(texto engadido o día 18/ / 8/ / 11 )


Sábado 20 de Agosto, ás 21:30h, na Praza de Galicia

Coincidindo co 25 aniversario da súa fundación, o Grupo Nós de Sobradelo (Vilagarcía de Arousa) organiza, como parte das Festas de San Roque, este Festival Folclórico no que, ademais dos músicos e bailaríns desta agrupación, actuarán outros grandes nomes do folclóre galego: a agrupación Malveiras, de Carril (Vilagarcía de Arousa); Trapés, de Vigo; e Cantigas e Agarismo, de Santiago de Compostela.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



BERRA na FESTA!. (Angustias edition) - Nigrán
http://www.colectivoberra.org/index.php/6-berranigran4
(texto engadido o día 18/ / 8/ / 11 )


SEGISMUNDO TOXICOMANO - (Nafarroa)
DAKIDARRIA - (Val Miñor)
SACHA NA HORTA - (Compostela)
SKAKEO - (Bueu)


Ver mapa más grande
- Berra- Dakidarria- Sacha Na Horta- Skakeo -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa Folk na Fin do Camiño coa reaparición de Os Cempés

(texto engadido o día 18/ / 8/ / 11 )


Organizada pola Asociación Anchoa de Fisterra, creada no ano 1989 coa finalidade de promover e dinamizar o eido cultural en Fisterra, A Festa Folk na Fin do Camiño, nace no ano noventa e nove có fin de reivindicar a fin do camiño en Fisterra , o fío da non inclusión de Fisterra nos circuitos do Xacobeo 93 e 99.

Cartel deste Ano:
GRUPO DE MÚSICA TRADICIONAL PEDRAS MIUDAS
A REQUINTA DA LAXEIRA
OS CEMPÉS
THE CRASS
MORDECANS
- Cempés- Fin do Camiño- Requinta da Laxeira -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IX Festival Terra Brava, 21 de Agosto no Incio

(texto engadido o día 18/ / 8/ / 11 )


Habelas Hainas, Quadrilha e Güintervan poñeran a música dende o
escenario mentres que PelePau e Arandela animaran as rúas.


Xa está todo preparado para a celebración da IX
edición do Festival Terra Brava. Unha cita na que a música tradicional, os xogos
populares, os contos de sobremesa e as propostas musicais máis innovadoras,
reúnen nunha mesma carballeira a xentes de tódalas idades e condición.

As actividades comezarán pola mañá coa sorprendente proposta do grupo
de percusión galega PelePau e os gaiteiros do Incio Arandela que farán un
percorrido pola vila e animarán os instantes previos ao xantar que se celebra cada
ano no mesmo recinto que o festival. A sobremesa tamén estará animada por estes
grupos e os músicos espontáneos que queiran sumarse á festa.

Xa pola tarde, os obradoiros de xogos para cativos e maiores apenas deixará
tempo libre antes de que á noitiña comecen os concertos. Un cartel que se
completa con Habelas Hainas, que nos achegan a música máis tradicional dende
Compostela; Quadrilha, histórica banda que chega dende Portugal; e Güintervan,
coa súa incansable mestura de folk galego, balcánico e de quen sabe cantos lugares.
Para Nemesio Pérez, un dos organizadores do festival dende a súa primeira
edición, “non é doado organizar unha festa destas características, pero paga a pena
cando durante un día vemos ao pobo cheo de vida, e con ilusión de alcanzar o ano
que vén o que será o noso décimo Festival Terra Brava”.
- Terra Brava- Festival- Habelas Hainas- PelePau -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Prehistoria de Mos 2011
http://festadaprehistoria.wordpress.com
(texto engadido o día 13/ / 8/ / 11 )


Esta é a programación final da décima edición da Festa da Prehistoria de Mos. Un ano máis o poboado da Penacova sufre unha viaxe temporal hacia a idade de pedra.


SÁBADO 13 – DÍA GRANDE.

-10:00h. Apertura do poboado da Penacova.

-10:30h. Obradoiro de pintura corporal.

-11:30h. Subida á Lapiñeira da Fraga.

-12:00h. Recepción das tribos participantes.

-13:00h. 1ª función de “TROGLODITAS”, de Tanxarina Títeres.

-13:30h. Menú cavernícola.

-15:00h. Grupo de percusión A-TUN-CON-PUNK.

-16:00h. Obradoiros e outras actividades sobre a vida na Prehistoria. Técnicas para facer lume

Fabricación de ferramentas de pedra / Confeción do teu traxe da Prehistoria

Como facer pan / Tiro con propulsor / Elaboración dun petróglifo.

-17:30h. Xogos e competicións entre as tribos participantes / Xogos para o público en xeral.

-19:30h. 2ª función de “TROGLODITAS”, de Tanxarina Títeres.

-20:00h. LEVANTAMENTO DA PEDRAFITA.

Monumento megalítico para conmemorar unha década de Festa da Prehistoria.

-20:30h. 3ª función de “TROGLODITAS”, de Tanxarina Títeres.

-21:30h. Menú cavernícola.

-22:30h. Grupo de percusión A-TUN-CON-PUNK.

-23:00h. Invocación aos espíritos soterrados na Mámoa da Penacova.

-00:00h. Actuacións musicais:

CÉ-ORQUESTRA PANTASMA

FESTICULTORES TROUPE



DOMINGO 14 – DÍA DA EVOLUCIÓN.



- 21:00h. CINE AO AIRE LIBRE.

- IV Concurso de Curtas da Prehistoria.

- A película “Na procura do Lume”.

-23:50h. Obradoiro de Astronomía no ceo da Penacova.



EXPOSICIÓN “UNHA DÉCADA DE PREHISTORIA EN MOS”.

Unha exposición de recortes e notas de prensa que diversos medios de comunicación adicaron á Festa da Prehistoria dende a primeira edición en 2001.

No Pazo de Mos dende o 30 de xullo ao 28 de agosto.

- Festa da Prehistoria- Cé Orquestra Pantasma- Festicultores Troupe -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



X Noite da Lúa Meiga en O Viso - Redondela
http://www.noitedaluameiga.org/
(texto engadido o día 11/ / 8/ / 11 )


A Noite da Lúa Meiga preséntase coma a unión de tradición e cultura; coma a explosión do que se leva a facer en Galicia dende hai séculos representado nun enclave especialmente seleccionado para tal evento.

Así, a finais de agosto no Monte Outeiro Grande (O Viso - Redondela), un lugar cheo de encanto, ten lugar esta Noite de Lúa Meiga, traducida nunha velada marabillosa para tódolos amantes da cultura e tradición galegas.

A X Noite da Lúa Meiga comezará na noitiña do sábado 27 de agosto de 2011 cun concerto onde se representará o máis festeiro da música tradicional da nosa terra.

O domingo 28 de agosto de 2011 volverá a música a partir do mediodía cunha sesión vermú, a subida dos Meighachimpíns e un xantar popular. Pola tarde realizarase unha recreación dos Xogos Populares que xa practicaban os nosos antepasados e seguiremos coa música e o baile con diversas agrupacións folclóricas, gaiteiros e pandereteiras da comarca. Como non, a participación de todos aqueles que desexen está aberta, así que leva o teu instrumento e ÚNETE Á FESTA ¡¡.
- Noite de Lúa Meiga- Sobre Rodas- Coanhadeira- A Requinta da Laxeira- Brisas de Tomiño -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festas de Beluso

(texto engadido o día 11/ / 8/ / 11 )


Sábado 13, ás 23h: La Tuna Rastafari e Skarallaos
Domingo 14, ás nove da noite: actuación das pandereteiras "A Quinta Ferreña"

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Quempallou nas Festas de Meicende (A Coruña)

(texto engadido o día 11/ / 8/ / 11 )


O domingo 14 de Agosto a partires das 22:30
- Quempallou -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IX Noite Folk en Negreira

(texto engadido o día 9/ / 8/ / 11 )


SÁBADO 20 de AGOSTO de 2011
REFUXIO dos PESCADORES de COVAS – NEGREIRA

Pola tarde:
Xantar Popular a Prezos Populares
Actuación da Charanga os Chiquilicuatres

A partir das 22:00 h.:
Fol de Veneno
Limagoia
A Compañía do Ruído
Susana Seivane




A Noite Folk de Negreira chega este ano a súa novena
edición. Nove anos nos que se promocionou o folclore tradicional e
as novas tendencias no mundo da música Folk, co gran handicap
do escaso presuposto e os poucos medios que se manexan.

Arredor de 3.000 ou 3.500 persoas participan cada verán
nesta cita musical e cultural, que ano tras ano vai gañando en
asistencia e calidade.

Parte do éxito, débese a beleza do lugar onde se fai a
Festa; O Refuxio dos Pescadores de Covas, este privilexiado
entorno está rodeado dunha fantástica carballeira, que convirte
a este máxico paraxe nun marco inmellorable para este tipo de
celebracións.

O terceiro sábado de agosto dende o mediodía, pódese

disfrutar dos mellores grupos de música tradicional, bailar e cantar
coas diversas actuacións, degustar os productos típicos da terra, e
troulear ata altas horas da noite.

Con todas as dificultades que ten a de organizar unha festa,
nunha vila pequena, con pouca poboación, e con escasas axudas
das entidades públicas, é un dos poucos festivais que se celebran
na comarca de santiago, onde os nosos músicos e artistas teñen a
posibilidade de amosar a nosa cultura.
- Noite Folk- Limagoia- Fol de Veneno- Susana Seivane- Compañía do Ruido -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Anxo Lorenzo e Os Carunchos na FESTA DO PEMENTO de Arnoia
http://www.arnoia.es/
(texto engadido o día 5/ / 8/ / 11 )


Venres 5 á 01:00, Anxo Lorenzo
Domingo 7 ás 23h, Os Carunchos
- Anxo Lorenzo- Os Carunchos -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



NOVO CRUCEIRO ROCK "Volta á Orixe" Vol.3

(texto engadido o día 4/ / 8/ / 11 )


Comezo da festa: 23:00hrs
- Kastomä- Raiba -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Luar na Lubre, Susana Seivane e Amancio Prada nas Festas de Riveira

(texto engadido o día 4/ / 8/ / 11 )


Xoves 4 de Agosto, as 24h, Luar Na Lubre,
Venres 5 de Agosto, ás 24h, Susana Seivane,
Sábado 6 de Agosto, ás 22:30h, Amancio Prada.

Tódo-los concertos, de balde, na Praza de España
- Luar na Lubre- Susana Seivane- Amancio Prada -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XV FESTA CELTA do LUGNASAD en Bretoña (LUGO)
http://auruxeira.org/lugnasad
(texto engadido o día 4/ / 8/ / 11 )


Como tódolos anos celebrarémos as vodas polo rito celta e faremos o conxuro da queimada.
Haberá zona de acampada


O Lugnasad é a festa do deus Lugh, a celebración do vrau céltigo. Nela había importantes relacións sociais e comerciais; duraban máis de quince días e facíanse trasacións e competicións de cabalos (os curros e a rapa das bestas), así como comer e beber en abundancia. Un aspecto singular desta festa era o carácter matrimonial da mesma. No Lugnasad os mozos e mozas escollían a súa parexa para pasar o inverno xuntos. Confirmaban o matrimonio dándose a man a través dun penedo furado e prevalecía ata o ano seguinte no que tíñan que renovar o ritual, excepto que acordasen deixalo, decisión que xa podían tomar na festa do Beltaine (primavera).

Con esta festa do Lugnasad, a Asociación Xuvenil Auruxeira tentamos de mostrar dun xeito lúdico-didáctico unha idea xeral dunha cultura e dunha época que marcou a esencia e as bases que máis caracterizan e diferencian a cultura galega.Pra todo esto, cada ano poñemos máis empeño en reproducir o máis fidedignamente cada aspecto desta cultura: o ambiente (as pallozas, a vestimenta, as xoias, as armas ... ), os ritos, costumes, xogos, etc.

Dende a Asociación Auruxeira de Bretoña queremos agradecer a todas aquelas persoas, empresas, negocios e Institucións públicas que fan posible esta XV Festa Celta do Lugnasad, e moi especialmente ás veciñas e veciños que tódolos anos elaboran de xeito altruista os céltigos prebes que podedes degustar na Festa Celta.


- Muxarega- Ulträqans- Linho do cuco- Pé de Boi -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festas San Salvador de Coiro 2011
http://www.xeadodetoxo.com/festas-san-salvador-de-coiro-2011
(texto engadido o día 4/ / 8/ / 11 )


Venres 5 de agosto a partires das 22:30, actuación de Ludovaina e A Tuna Rastafari na Festa dos Mozos e das Mozas
(Progarma completo no enlace)
- Ludovaina- Tuna Rastafari -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Música Galega nas Festas Marí­a Pita 2011

(texto engadido o día 3/ / 8/ / 11 )


Mércores, 3 de Agosto
Barrio do Castrillón
22:00 Foliada IAR.

Xoves, 4 de Agosto
Barrio do Castrillón
Praza de Pablo Iglesias
22:30
MERCEDES PEÓN

Venres, 5 de Agosto
Barrio do Castrillón
10:30 Alborada Tradicional
17:00 'Ginkana de Folclore'
20:30: Grupo de Bailes Populares “IAR”.



Martes, 16 de Agosto
Praza de María Pita
22h
LUAR NA LUBRE

Mércores, 17 de Agosto
Xardíns de Méndez Núñez
19h
Pablo Díaz: TIC - TAC

Xoves, 18 de Agosto
Xardíns de Méndez Núñez
18h: Banda de Gaitas Padroado de Narón

Mércores, 24 de Agosto
Xardíns de Méndez Núñez
19h
MAMÁ CABRA
- Mercedes Peón- Luar Na Lubre- Foliada Iar- Pablo Díaz- Mamá Cabra -

1 comentario
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]