Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


A Fervenza de Ouzande (A Estrada): cursos de música 2011-2012
http://carreiros.blogspot.com/2011/09/bailas-cursos-de-musica-2011-2012.html
(texto engadido o día 27/ / 9/ / 11 )


CURSOS DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL ACORDEÓN, GAITA, BAILE, PANDEIRETA E TAMBORIL AC A FERVENZA DE OUZANDE Dan comezo as clases deste novo curso. A Asociación convoca a todas as persoas interesadas a unha reunión que terá lugar o próximo sábado 1 de outubro no local do campo da festa ás 16:30 da tarde. Novidade importante: Este ano teremos clases de ACORDEÓN, ademais das clases de GAITA, PERCUSIÓN, BAILE E PANDEIRETA. Na reunión informarase dos prezos e demais detalles das clases e tamén se fixarán os horarios de PANDEIRETA, BAILE que terán lugar os sábados pola tarde, e das clases de ACORDEÓN, GAITA E TAMBORIL, que se celebrarán os sábados pola mañá. Tamén convidamos ás persoas participantes nas diferentes clases e a todas as interesadas a traeren os seus instrumentos para interpretaren algunha peza e facer algo de festa. Para rematar a reunión a Asociación convida a uns pinchos de merenda.

Noticia enviada por Foliadeiro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Mini e Mero reciben o Premio Ramón Piñeiro-Facer Paí­s
http://axendaaelg.blogaliza.org/2011/09/16/mini-e-mero-reciben-o-premio-ramon-pineiro-facer-pais/
(texto engadido o día 19/ / 9/ / 11 )


Mini e Mero, músicos, poetas, mestres e investigadores do patrimonio cultural galego, foron galardoados co Premio Ramón Piñeiro-Facer País na súa décima edición. Xosé Luís Rivas Cruz, Mini, e Baldomero Iglesias Dobarrio, Mero, actuais compoñentes do grupo A Quenlla, formaron parte tamén de Fuxan os ventos. O xurado, integrado por representantes de 18 asociacións culturais da comarca de Sarria (Lugo) analizou e considerou 29 propostas. O premio foi instituído en 2002 pola Asociación Cultural Val de Láncara para recoñecer o labor senlleiro de persoas e entidades a prol de Galicia. O acto de entrega terá lugar en Láncara (Lugo) o vindeiro 15 de outubro. Os 18 membros do xurado, representantes doutras tantas asociacións culturais da comarca de Sarria, avaliaron o constante labor dos premiados, Mini e Mero, "a prol da creación e recreación do cancioneiro galego e de diferentes manifestacións do noso patrimonio inmaterial, participando de modo individual ou con diferentes grupos no proceso de dignificación e recuperación das máis diversas facetas da expresión musical, incoporando ao seu repertorio creacións de poetas clásicos e modernos xunto con obras propias que gozan de xeral aceptación". Recoñeceron asemade "o compromiso profesional de Mini e Mero como educadores a prol da galeguización do ensino e dunha escola creadora e non alleante no medio rural" e salientaron "a constante e desinteresada colaboración que os premiados prestan a colectivos culturais tanto de Galicia como da diáspora, levando a mensaxe de loita e solidariedade coas xustas reivindicacións do noso pobo". Subliñaron por último "a súa activa participación nas actividades de recuperación da memoria histórica". Nesta décima edición a candidatura de Mini e Mero competiu con outras 28, propostas polas distintas asociacións que colaboran con "Val de Láncara" na organización e concesión do Premio Ramón Piñeiro-Facer País. Reseñado en Xornal, La Voz de Galicia, Cultura Galega.
- Mini e Mero- A Quenlla -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Queimada de Carnota
http://antigo.quepasanacosta.com/axendacostadamorte/?p=1089
(texto engadido o día 16/ / 9/ / 11 )


Venres 16 de setembro
17:30 a 19:30 Xogos e actividades para nenos e nenas
22:30 III Festa da Queimada
Escola de Baile de Carnota
Cantigas e Agarimos
Tanto nos Ten
Filloas on the Stone
Fisterra´s Mafia

Sábado 17 de setembro
Pola mañá pasacalles
12:00 Misa solemne na honra da Virxe das Dolores
13:30 Sesión vermú amenizada pola orquestra America SL
23:00 Gran Verberna coas orquestras
America SL e Aramio

- Tanto Nos Ten -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



As festas de San Froilán apostan pola Música Galega

(texto engadido o día 16/ / 9/ / 11 )


Máis de 15 grupos galegos actuarán nas festas de San Froilán, do 4 ao 12 de Outubro. Aquí tedes un adianto do que se presenta coma o maior Festival de música galega deste ano na Galiza:

Martes 4

FESTIVAL MÚSICA DE NOSO
Praza de Campo Castelo
Cabraret, Labregos do Tempo dos Sputniks e Medomedá




Mercores 5

Praza de Santa María
Xose Manuel Budiño con Kepa Junkera




Xoves 6

Praza de Santa María
Os Cempés




Venres 7

Praza da Horta do Seminario
Berrogüetto





Sabado 8

Praza de Santa María
Deolinda





Domingo 9 (Domingo das Mozas)

Praza da Horta do Seminario
Lamatumbá
Praza de Santa María
Treixadura
XII MOSTRA DE MÚSICA TRADICIONAL (Organiza:Asociación de Gaiteiros Galegos)
Tino Baz
TNT






Luns 10

Praza da Horta do Seminario

SanFroiDance








Mércores 12

Plaza de Campo Castelo
Miro Casabella
Praza da Horta do Seminario
Dios Ke Te Crew
Praza de Santa María
Uxía






Xoves 13

Club Clavicembalo
Luis Pastor


- Xose Manuel Budiño- Berrogüetto- Treixadura- Uxía Senlle- Lamatumbá- Os Cempés- Dios Ke Te Crew- Tino Baz- Miro Casabella- San Froilán -

+ 1 noticia relacionada

1 comentario
:: Enlace a esta nova ::



Entrevista a Oscar Fernández:(Os Cempés) en Galiciaé: Novo disco para o Nadal
http://www.galiciae.com/nova/113942.html?lang=gl
(texto engadido o día 14/ / 9/ / 11 )


Oscar Fernández: ''Tíñamos que reconducir o proxecto. A formación non estaba sendo prolífica''


13/09/2011 - David Canto / Galiciaé

Os Cempés volven con nova formación e proxecto despois de catro anos nos que os seus compoñentes probaron experiencias, algunhas tan distintas coma Bonovo, na que Óscar Fernández levou levoa a sanfona a territorios sen explorar en Galicia. Coas incorporacións de Pablo Dalama, Ramón Dopico e Fernando Barroso, apostan por unha nova cuberta instrumental, máis acústica, mantendo con Serxio Ces e Antón Varela e o propio Óscar as claves na composición, a voz e o liderado.

PREGUNTA:
Nunha entrevista, a principios de 2007, deixaron a porta aberta a volver: "Ao mellor dentro de cinco anos damos unha sorpresa". Xa tiñan pensado este prazo?
RESPOSTA:
Non recordo de decir cifras, pero en calquera caso non estaba planeado. Non sabíamos se íamos volver ou non, nin cando.

P: Que foi o que precipitou o retorno?
R: Non foi pensado. Foi como somos nós, bastante impetuosos. Pero temos que agradecerlle as forzas para volver á Asociación Cultural e Xuvenil Anchoa, que organiza o Festival Fin do Camiño, que insistiron de tal xeito en que sería grandioso que fosemos...


P: Xa houbera un amago de volver en 2010...
R: Si, fixeramos dúas actuacións improvisadas. Foi cousa de Ugia Pedreira, directora de aCentral Folque, a ver se algún grupo se animaba, a facer un concerto nun cargueiro de hai 200 anos que está preparado para facer festas ou excursións. O casco é un lugar idóneo para a música ao vivo. Eu respondín á petición e dixen "Chamo aí aos Cempés, que sempre nos fixo graza tocar nos barcos". Un terceiro concerto foi consecuencia dese, no Lugnasad de Bretoña, coa mesma formación, tocando simplemente versións das cancións de sempre. O cambio é que este ano a formación é estable e reducida, e ensaiamos bastantes máis días que para aquilo.

P: Que lles deu a xente de Fisterra para botar todo a andar de novo?
R: Foi unha cousa tan sincera! Eu non recordo coñecer persoalmente a ninguén da asociación, por iso nos chamou tanto. Ademais, coincidiu que non estábamos tan atarefados. Está a ser un ano malo de concertos para case todo o mundo. Por iso xuntamos a xente para tocar e dixémonos: de facelo, facémolo para seguir... e en que lío nos metemos outra vez.

P: Fíxolles ben esa parada?
R: Si. Tíñamos que reconducir o proxecto dalgún xeito, e a formación que tíñamos non estaba sendo prolífica, non estaba avanzando. Se a maneira de refundar o grupo foi paralo, foi correcto creo.

UN PANORAMA DISTINTO
P:
Volven grazas ou por culpa da crise?
E: En parte grazas a ela. A crise afecta a todo absolutamente. Non sei que datas se lle pon a estas crises, pero non é deste ano só. Desde o 95... En principio parecía que a cousa cambiaba para ben. Houbo unha renovación nos grupos e trocaron algunhas esixencias loxísticas. Pero agora hai dificultades por falta de financiamento para todo... Se faltan os cartos, da música é para o primeiro que recortan. O ocio e a cultura son sempre os primeiros. Está a chegar ata ao ensino!

P: A metade do grupo é novo, xa que só quedan vostede, Serxio Ces e Antón Varela. Notaremos un cambio sonoro?
R: Quixemos romper coa liña anterior. É complicado, porque dos Cempés anteriores, 3 deles era un trío de rock, con guitarra, baixo e batería. Agora vai ser unha formación moito máis acústica. Ao haber un instrumento máis harmónico, como é o bouzouki, tocarei eu menos o acordeón e tocarei máis a sanfona, que é ao que me dediquei máis estes anos. Xa non teño nin acordeón, que o teño que andar pedindo prestado.



P: Pode presentarnos, un a un, os novos compoñementes?
R: Fernando Barroso vainos axudar na harmonía co bouzouki, que é un instrumento que aparece na portada do primeiro disco, pero que despois non estivo integrado no grupo, só sonou nunha peza, tocado por Carlos Beceiro; Pablo Dalama vai tocar os ventos, co saxo e o clarinete, liberando a Serxio para que se centre máis no canto; e teremos un percusionista a maiores, xa que o propio Serxio tocará pandeireta e bombo, que será Ramón Dopico, que é un músico moi versátil.

P: Están enrolados noutros proxectos, en concreto vostede na Atlántica Vapora Orquestra, estivo en Bonovo, Doa, ademais de dar clases. O resto do grupo, máis do mesmo. Deixarán de lado algunha ocupación para centrarse nos Cempés?
Temos que compaxinar todos todo. O tempo no que Os Cempés estábamos exclusivamente para o grupo pasou. Non se pode. Agora cun grupo só, como xa se puido ver, non se vive. Exceptuando a Milladoiro, e nin iso, se se enfoca a música de xeito profesional ou semiprofesional, ten que estar nun grupo ou dous. Hai que estar a picar de moitos sitios.


P: Existen músicos que na súa traxectoria resístense a novos proxectos e varían moi pouco a súa proposta, mentres outros son máis 'promíscuos'. Vostedes están facendo ambas cousas.
R: Se se quere traballar na música o que non se pode facer é estar argallando moito tempo sen ir a por todas. Hai que ser rápido, crear un proxecto, un repertorio e comprobar canto antes se funciona ou non. Tamén hai que ter en conta un dilema: centrarte no que presupós que lle gusta ao público ou vas centrarte no que che gusta a ti.

P: En que se centra vostede?
R: Depende. Posiblemente a formación menos complicada para isto é Os Cempés, temos unha liña coa que levamos case 20 anos. Incluso outros grupos foron bebendo dela. Pero con Bonovo foi complicado para moita xente. Arriscamos moitísimo máis e a uns encantoulle e outras nada.

P: A proposta de Bonovo foi innovadora e gozou de certo recoñecemento. Ides tirar algo desa estilo?
R: Non, non creo que teña moito que ver. Imos darlle outra volta ao repertorio de música tradicional e a composicións sobre música tradicional, que eu non deixei de facelas durante este parón.

NOVO DISCO, PARA O NADAL
P: Están planificando xa o retorno discográfico?
E: Temos xa 10 cancións do novo disco preparadas. Será realidade o antes posible. O primeiro paso é coñecer as pezas os 6 compoñentes e que e sonen nos dous ou tres meses que veñen. Posiblemente busquemos a maneira de facer a parte musical, o crowdfounding, estamos vendo que hai bastante xente preguntando por novos discos e cousas, e imos devolverlle esa inquietude e pedirlles que sexan uns 'micromecenas' do disco a partir de pequenas doazóns.

P: Para cando podemos ter nas mans ese novo disco?
R: Imos a toda velocidade. Espero que en nadal esteamos gravando algo.

P: Que versión dos Cempés poden agardar os seguidores nesta segunda etapa?
R: Posiblemente sexa un Circo Montecuruto mellorado.

P: Coincidirá logo cunha efeméride...
R:
Si, 20 anos do primeiro concerto. Este ano deime conta disto por un vídeo que ten Xaneco Tobío, dun concerto feito no 92 en Lugo. Eu botei contas e dixen... son 20 anos! Hai que ter en conta eses 4 anos que estivemos parados, aínda que algúns grupos botan eses anos presentando un disco como novo, e tampouco debería ser así.P: Podería recomendar algún disco aos lectores?

R: Non porque estea eu nese proxecto, pero o da Atlántica Vapora Orquestra, que acaba de saír. Ten moita historia detrás. Son pezas baseadas en cancións da cultura mariñeira de Vilaxoán, en Vilagarcía de Arousa.

P: Sería capaz de sinalar un concerto coma o concerto da súa vida?
R: O dos Cempés no Campamento Español de Bochia, en Pontedeume. Ceamos e actuamos para persoas con parálise cerebral. Son xente á que lle costa moitísimo bailar, cansan moito movéndose e ver como comezamos a tocar e respondían dándo todo de si... Tocamos 4 cancións e os monitores dixérnnos que non podíamos tocarlles máis, que despois ao día seguinte...

P: Pro SGAE ou Anti SGAE?
R: Eu son socio da SGAE coma quen está bautizado. Cando comezamos pensábamos que era como a oficina do rexistro e sen máis alá fomos. Non estou moi de acordo co que fan, si creo na entidade de xestión como medio para protexer as obras, pero non como o fai a SGAE.

P: Algunha noticia, máis ou menos recente, do panorama musical que chamase a súa atención?
R: O anuncio da Xunta de que 2011 ía ser o Ano da Música, así, con maiúsculas. Promocionar 4 ou 5 grupos non é moito ano de música. As subvencións aos grupos foron  brutais durante moito tempo. Iso, e o feito de non cobrar entrada, favoreceu que se desvalorizase nos concertos e a música en directo.
- Os Cempés -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Grande Exito da Orquestra Folk de Galicia "SonDeSeu" en Helsinky

(texto engadido o día 13/ / 9/ / 11 )


A Orquestra Folk de Galicia “SondeSeu” acadou con grande éxito o aplauso unánime do público congregado na sá SONORA do recentemente inaugurado Musiikkitalo de Helsinki, o novo Music Centre da cidade, no que o governo finés invertiu 180 millóns de Euros para a súa posta en marcha. O pasado dia 7 e co repertorio do seu último traballo discográfico “Barlovento” deu cumprida mostra das enormes posibilidades que ofrece este novo tipo de formación na escea folk europea. Sons evocados por instrumentos tradicionais, agrupados por seccións numerosas, consiguen conformar una orquestra cunha densidade tímbrica que a aproxima a una experiencia sinfónica, mais con toda a enerxía, proximidade e denominación de orixe que ubica o oído da audiencia nunha experiencia novidosa e engaiolante.

Do Piemonte italiano chegou a música da Orquestra Tradalp, conxugando con mestría a tradición e a mestura con elementos de xéneros diversos como o jazz. De Finlandia, a orquestra da Academia Sibelius, que facía a súa primeira presentación tras un ano de preparación, amosando una vez máis o porqué do respecto que existe en toda Europa cando alguén se refire a esta institución.

A guinda, unha suite de temas italianos, galegos e fineses interpretada polo centenar de músicos que forman as tres orquestras. Non é fácil describir con palabras a sorte de sonora festa pirotécnica que produciron estes 9 minutos de música. Un experimento levado a cabo por primeira vez que puxo en pé a todo o público asistente. Entre os asistentes, o persoeiros da vida cultural e politica finesa, o embaixador de Italia, Giorgio Visetti, o reitor da Sibelius Academy, Gustav Djupsjöbacka ou a célebre artista finesa María Kalaniemi.

O concerto levouse a cabo dentro do programa de actos de presentación en Helsinki da Rede Europea de Orquestras de Música Folk ENFO, liderada polo Concello de Vigo a través da E-Trad (Escola Municipal de Música Folk e Tradicional) en colaboración coa Axencia Europea EACEA. A OFG SondeSeu contou coa colaboración da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

O proxecto ENFO terá a súa culminación na I ENFO Conference en Vigo, no mes de marzo de 2012. Ás orquestras que interviñeron en Helsinki engadiráse unha agrupación do Royal Conservatoire of Scotland, asociado nos últimos meses ao partenariado do programa.
- SonDeSeu- Encontro da Rede Europea de Orquestras Folk -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Rockmeria 2011 (nas Festas dos Liñares, Canido)
http://rockmeria.blogspot.com/
(texto engadido o día 10/ / 9/ / 11 )


A Rockmería de Canido xurde dentro das Festas dos Liñares como unha nova iniciativa da Comisión por ofrecer a noite do luns como unha noite adicada á xuventude. Así, en lugar de orquestas teremos actuacións de grupos de rock galegos de moi boa calidade, que farán unha boa truola. Desta forma non só apoiamos a nosa riqueza musical e cultural senon que tamén modernizamos as festas populares pero mantendo as tradición de sempre.

Os concertos son gratuitos e de libre acceso, pero agradecemos a tódolos asistentes a súa colaboración nos bares da comisión para facer posible outro ano máis a Rockmería e a música gratuita.

Esperámos-vos!!

Programa:

21:30h O CUARTETO CARAMUXO (Folck)

22:45h A POLÉMICA BANDA DOS BECHUCHOS (Pachanga galega)

24:00h KoGITo (Ska feito en Galiza)

01:30h Dj CRIS (La Fábrica de Chocolate)
- Cuarteto Caramuxo- Kogito -

1 comentario
:: Enlace a esta nova ::



Foliada de Elviña (A Coruña) nas Festas de San Vicente

(texto engadido o día 9/ / 9/ / 11 )


O 9 de setembro a partir das 22:00 h celébrase unha Foliada con motivo das Festas de San Vicente de Elviña (A Coruña).
Xusto antes haberá unha proxección photo/musical en directo na que Pulpiño Viascón tocando o Serrucho musical, o Acordeón diatónico, a Gaita midi o Zendrum e o seu Ipad coa nova tecnoloxía tactil, acompañará nunha pantalla de gran formato, un centenar de fotografías de Gabriel Tizón realizadas en países de catro continentes.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festas de Donramiro (Lalín)

(texto engadido o día 8/ / 9/ / 11 )


(Resumo da Programación)

Sábado día 10
-Xantares de Carballeira (A comisión porá mesas na carballeira)
-Gaiteiros " Os trasnos"
-Linho do Cuco
-Tiruleque
-Bongar (Olinda - Brasil, música pernambucana)

Domingo día 11

11:30h Pasarruas cos gaiteiros " Bico da balouta"

17:30 Tarde de nenas e nenos
-O Galo Quirico ( Seisdedos títeres)
-Xogos tradicionais (Luchi)
-Obradoiros
-Atraccións

18:00 Pasarruas de gaiteiros
Obradoiro de percusión: música pernambucana (Bongar) e pandereteiras. Que vira seguido á noite por un pasarrúas.

22:00 Xantares de Carballeira


Luns día 12

14h Concerto da Banda de Vilatuxe
Pasarruas coa "A magnifique Bande"
22h "A magnifique Bande"

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Danza e Contradanza de Darbo

(texto engadido o día 8/ / 9/ / 11 )


Celébrase, como cada ano, o 8 de Setembro, no adro da igrexa de Darbo. Ás 14h e ás 19h.



As festas de Darbo están consideradas como unha das máis afamadas de tódalas Rías Baixas sendo un exemplo da mellor tradición romeira.
A continuación da celebración dos oficios relixiosos, chega o mellor momento: a procesión ao redor do templo da patroa de Darbo, Santa María, ao longo dun percorrido que se achega ao medio quilómetro.
O seu remate bailase a tradicional Danza e Contradanza diante da imaxe da Virxe. No Adro da Igrexa Parroquial de Santa María de Darbo.

Xa pola tarde, ten lugar unha segunda misa, ao redor das sete, á cal lle segue, de novo, a Danza e Contradanza, que ten unha duración aproximada de tres cuartos de hora. Este baile está considerado como unha das pezas máis antigas de Galicia, herdada e transmitida durante séculos polos antepasados.
A danza data do século XVI e bailábase para dar gracias á Virxe por favores recibidos durante o ano.
Participan dez galáns, cinco damas, un gaiteiro e un tamborileiro, todos eles dirixidos por un guía que marca o tempo da Danza e da Contradanza.
Os danzantes distribúense en tres filas, seguindo ao guía principal, que leva as damas e as coloca formando arco en fronte da fila da esquerda; esta sae e marcha por fóra da outra formando outra parte do arco que se une ao primeiro; e, por último, a outra fila de galáns cerra a circunferencia. Para a Contradanza utilízase a mesma colocación, fórmase un círculo xeral levando o guía ás damas e despois ós contraguías coas súas filas.
Desfacendo o círculo formando as tres filas, e cunha volta sobre si mesmo de cada individuo, remata a Contradanza e a Danza. Trátase dun baile moi vistoso, no que os homes tocan as castañolas. Un grupo de bailaríns baila ante a figura da Virxe, seguindo unha coreografía transmitida de pais a fillos procedente do seo dos gremios e confrarías que querían honrar á súa patroa. Como xa temos dito, a Danza de Darbo coincide coas festas do mesmo nome que son as que maior repercusión e éxito acadan de todas as que se celebran nas distintas parroquias de Cangas.


Vestimenta:
A vestimenta dos Galáns da Danza de Darbo sufriu variacións ao longo da súa historia. Antano os galáns vestían un traxe calquera intentando os compoñentes do baile ir coas mellores prendas que cada un posuía. Ata hai poucos anos e coa finalidade de conseguir que todos fosen vestidos do mesmo xeito lucían a vestimenta usada nos bailes típicos galegos.

Na actualidade e gracias o esforzo por recuperar a indumentaria orixinal da Danza, bailase cun traxe escuro e camisa branca, dita recuperación fíxose realidade gracias ás contribucións realizadas polos fregueses a través da Asociación Cultural

Os homes que bailan na Danza desta parroquia tamén levan sombreiro, de feltro, que no caso do guía e para diferencialo é adornado cunha gran pluma. Outro complemento que atopamos na vestimenta dos homes son os pendentes. Sobre o porqué deste tipo de xoias na súa vestimenta existen varias teorías, unha delas afirma que é un complemento levado dende antano para simbolizar riqueza, así pois, estas xoias imitan ao ouro como reminiscencia de tempos pasados. A outra teoría sobre a orixe dos pendentes basease en que os homes tiveron que substituír ás damas para cumprir cun dos vetos impostos pola igrexa que prohibía a participación das mulleres nestes bailes.

As Damas visten enaguas e saias de cor branca con puntillas de ata dez centímetros de anchura tapadas ambas prendas cun mandil negro bordado. A camisa tamén é de cor branca de mangas anchas e con moita engurra. Cubrindo a camisa levan un pano de cachemir cruzado e atado atrás.

Os sombreiros son de palla e seméllanse moito ós da Danza de Aldán aínda que neste caso as flores son naturais e a composición floral é cada ano diferente, pois son as propias Damas as que os confeccionan horas antes de que teña lugar a Danza para que as flores teñan o mellor aspecto posible.

Estes sombreiros son elaborados a partir dunha base de espuma onde se insiren os talos dos ramalletes ata alcanzar os trinta centímetros de altura, sen dúbida dunha vistosidade que ben merece ser contemplada.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VI Serán das Tarambainas (Cabral - Vigo)

(texto engadido o día 7/ / 9/ / 11 )


Un ano máis as Tarambainas estamos traballando na organización do que será xa o noso VI serán, a cita será o vindeiro sábado 10 de setembro a partir das 21.30h, este ano mudamos de sitio, será na AAVV A Feira de Cabral, é moi fácil de atopar, e na estrada que baixa dende o aeroporto ata o Mercado de Cabral, a que está pegada á ITV, e a asociación está ó pé da carretera chegando abaixo ó mercado non ten perda e estará sinalizado.
Esperámosvos a todos con moitas ganas de troula... ¡¡¡NON FALTEDES!!!
Ademáis, as nenas están organizando xogos populares para nen@s no mesmo lugar a partir das 19.30h, así que xa sabedes festa para tódalas idades!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV Foliada de Música Tradicional en Ouzande (A Estrada)

(texto engadido o día 6/ / 9/ / 11 )


A partir das 21:30 da noite do 9 de setembro de 2011 no Campo da Festa de Ouzande, A Estrada. Compartiremos festa cos grupos:
- Retrouso (Ouzande)
- Os Xeitosos de Trazo
- Gharatuzas (Santiago)
- Reviravolta (O Pino)
- Faíscas da Pontraga (Tordoia)

Haberá polbo e churrasco, servizo de bar, venda de camisolas do X aniversario da asociación, e toda a festa que queiras.

Campo cuberto.
- Fervenza de Músicas -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festas da Rúa de Baixo. Compostela, do 31 de Agosto ao 3 de Setembro
http://agal-gz.org/blogues/index.php/gent/2011/08/29/o-bairro-do-c-s-o-pichel-esta-de-festas#
(texto engadido o día 30/ / 8/ / 11 )


día 31 de agosto
19:30 obradoiro de farois
praciña da fonte da rúa de abaixo

día 1 de setembro
20:30 lembrando o barrio: os oficios
praciña da fonte da rúa de abaixo ou, se chove, no café bar leis

día 2 de setembro

20:30 ruada musical

21:00 inicio da festa e discurso de benvida a cargo de
xose gonzález ares

premio ao farol máis bonito

23:00 astronomía na beirarrúa (imos ver as estrelas!)

21:30 espectáculo musical:
os modernos
habelas hainas
tanto nos ten


día 3 de setembro

10:30-14:00 mercado entre lusco e fusco
mercado de 2ª man
praciña da fonte da rúa de abaixo
(merca produtos ecolóxicos da comarca e o venres 2 de setembro achega ao pichel

a roupa en bo estado ou cousas que xa non usas para o mercado de segunda man)

11:00 ruada polo bairro con cabezudos, musica tradicional e bombas de palenque

12:00 ruada pola rua de baixo coa compañía do ruído

13:00 pregón a cargo de Mónica García e unha persoa do barrio

13:30 vermú amenizado por
eva e camilo

teremos premio para quen baile máis animado.

15:00 hoxe comemos na rúa
achégate coa túa familia e amigos a comer coa veciñanza

17:00 festival infantil
troco de xoguetes usados
(troca por outra cousa os teus contos, bonecos, bolas, disfraces, ...)
xogos populares
pinturas de cara
mural colectivo na rúa
circo: o autoestopista intergaláctico por aitor garuz

1ª concentración infantil moteira ferro a fondo
(trae a túa bici, triciclo, patinete, patíns e participa)

20:30 ruada zumbom (trópico de grelos)

22:00 concerto e verbena
orquestra branco e negro
a banda da balbina

segundo pase da orquestra
...e para rematar, como non podía ser menos,
dj joão argimiro


- habelas hainas- Tanto Nos Ten- compañía do ruído- Festas da Rua de Baixo -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Fol de Veneno e Media Ducia presentan "A Escote" no XXX Aniversario do monolito Pondaliano
http://www.foldeveneno.com/
(texto engadido o día 29/ / 8/ / 11 )


Este venres na Taberna A Eira de Ponteceso, e dentro das actividades culturáis desta semana en Ponteceso do XXX Aniversario do Monolito Pondaliano (http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2011/08/28/0003_201108C28C8991.htm), terá lugar a presentación do CD "A Escote", dos grupos Fol de Veneno e Media Ducia.

O acto empezará ás 22:30, e contará con algúns convidados, ata agora están confirmados Pedro Lamas co seu saxo, Fransy Gómez (Xiradela), Sonia Reborido, Ito de Arzúa coa súa tuba, as bailadoras de Raigañas....

Está todo o mundo convidado á festa, que será intensa e looonga!


Programa Completo




Domingo, 28 agosto. A partir das 12 da mañá: pasarrúas a cargo do grupo Os
Terribles de Donas e reparto de tríptico.
Luns, 29 agosto. Pola mañá. No Centro Cultural de Ponteceso: Exposicion “Terra
de Bergantiños” e “Bibliografía dos escritor@s pontecesáns”. Na Fundación Ricardo
Pérez Verdes: Exposición e exhibición de xogos tradicionais. Nas librerías A
Pesqueira e A Tenda dos Libros: Exposición e venda de libros de autor@s
pontecesáns. Pola tarde. Na sede da Asociación Coto de Almerezo (Campo da Feira
da Trabe): Presentación do libro Comarca natural de Bergantiños e sesión
gastronómica de xabarín.
Martes, 30 agosto. Ás 7 e media da tarde. Na Praza do Pan de Corme: Jesús
Méndez Torrado, “Lembranza do gaiteiro Calixto dos Maravillas” e actuación dos
gaiteiros do Centro Coreográfico Galego.
Mércores, 31 agosto. Pola mañá. Por distintos espazos de romarías. Manuel Vilar,
Xan Fernández Carrera, Luís Giadás, Jesús Couto e Manuel Caridad, “A lingua
viaxeira. Un percorrido polas romarías da Costa da Morte”.
Xoves, 1 setembro. Ás 8 da tarde. Na igrexa de San Fins de Anllóns. José López,
“Recital de campás”, “Recitado cívico do poema de Pondal A campana de Anllóns”,
“Estrea da curtametraxe A campana de Anllóns de Dani Puente, que inclúe un
recitado do poeta ourensán Eduardo Blanco Amor”, Visionado do vídeo do programa
Ben Falado 150 aniversario do poema A campana de Anllóns”. Presenta Cristina
Martínez Silvarredonda.
Venres, 2 setembro. Ás 11 da noite. No bar A Eira. Media Ducia, Fol de Veneno e
convidad@s (Pedro Lamas, Fransi González de Xiradela, Sonia Reborido, Ito de
Arzúa e bailador@s de Raigañas), “Concerto-presentación do CD de música
tradicional A escote”. Visionado fotográfico e videográfico. Presenta Manolo
Dourado.
Sábado, 3 setembro. Pola mañá. Por lugares con topónimos pondalianos.
Ponteaventura Raid.
Domingo, 4 setembro. De 12 a 14 horas. Polas rúas da “Pequena Ponteceso”.
Roteiro cívico con asistencia de diversos colectivos do concello e animación musical
e poética.
ORGANIZAN:Fundación Eduardo Pondal, Concellería de Cultura e colectivos
asociativos do concello de Ponteceso


- Fol de Veneno -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IX FESTIVAL XIRONSA en Corvillón (Cambados)
http://atimeucambados.blogspot.com/2011/08/ix-festival-xironsa-unha-cita.html
(texto engadido o día 26/ / 8/ / 11 )


O vindeiro sábado 27 de Agosto vai ter lugar a IX Festival Xironsa no Campo das Festa de Corvillón e organizada pola Asociación cultural do mesmo nome. Haberá pasarúas a cargo do grupo de gaitas da Asociación. E as 14 horas terá lugar o II Xantar Popular Xironsa no Campo da festa co seguinte menú: empanada , churrasco, chourizo criollo, viño auga , pan, café e postre, todo elo polo módico prezo de 10 euros por persoa (unha ganga) . As tarxetas estarán a venda nos seguintes lugares: Fatima Costa, Supermercado Solymar, Supermercado Claudio, Drogueria Casaldarnos e no Local da Asociación sito no antiguo colexio. A partir das 21.30 Concerto, coa actuación dos grupos: Lume na Lareira, Canivela, Bou de Bou e Grupo Xironsa.
A sociación Cultural Xironsa é un dos colectivos mais serios de Cambados no que respecta a música tradicional, nunca teñen un non por resposta cando acudes eles para facer algún serán ou calqueira clase de actuación. O Gaiteiro Nacho, que é o director do grupo de gaitas da asociación está a facer unha labor incansable dentro do que é o estudo e aplicación da nosa música tradicional os seus alumnos

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Camiñada polo Rego dos Muíños en Canduas e actuación de Cé Orquestra Pantasma
http://www.concello-cabana.es/ga/web/index.php?dep=1&mod=not&ide=385
(texto engadido o día 26/ / 8/ / 11 )


Para este venres 26 de agosto o departamento de Cultura do Concello de Cabana de Bergantiños oferta a tradicional camiñada para cabaneses e turistas polo rego dos Muíños en Canduas. Á vez de saudable, esta ruta servirá para dar a coñecer o patrimonio etnográfico recentemente recuperado polos voluntarios do Campo de Traballo que se celebrou no pasado mes de agosto. O percorrido estará guiado por Ángel Eiroa, técnico de turismo do Concello de Cabana.

O punto de partida será o campo da festa de Canduas e a hora as 8 da tarde. Desde alí, subirase ó longo das beiras deste regato nas que o Concello habilitou unha das tres rutas de sendeirismo que hai sinalizadas no seu territorio. A infraestrutura deste percorrido confórmase por paneis interpretativos, sendeiros habilitados e pasarelas de madeira nalgunhas zonas para permitir o tránsito de persoas. O percorrido é de 3 km de lonxitude e nel aínda se pode observar un singular conxunto etnográfico de 24 muíños de auga colocados de modo escalonado desde a as ladeiras do castro A Cidá de Borneiro ata as beiras da enseada da Insua. Nalgúns deles, encontranse esculpidas cruces nos marcos de pedra das portas. Segunda a tradición local, a súa función era impedir a entrada do demo ó muíño e ademais protexelo de todo mal. Constitúen, polo tanto, símbolos que cristianizaban e protexían o muíño e o muiñeiro.

Todo o regato tamén está rodeado de bosque fluvial no que, sobre todo, destaca un arbusto chamado ‘torvisco’ coñecido por posuír froitos de cor vermella e follas e corteza de efecto purgante e tóxico. No pasado, este efecto medicinal foi empregado polos veciños de Borneiro para erradicar os piollos das vacas. A tradición oral tamén di que se utilizaba en rituais para sacar ‘o mal do aire’.

Despois da camiñada, ás 10 da noite, no campo da festa agarda unha mexillonada organizada pola comisión de festas de Canduas e a actuación musical de Ce Orquestra Pantasma.

- Cé Orquestra Pantasma -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Unha Noite no Muí­ño do Rubio (Ouzande - A Estrada)
http://carreiros.blogspot.com/2011/08/unha-noite-no-muino-2011.html
(texto engadido o día 26/ / 8/ / 11 )


Un ano máis imos pasar unha noite no muíño do Rubio, na Fervenza de Ouzande.
Este sábado, 27 de agosto, a partir das 10 da noite, velada de sorpresas e festa. Só tés que levar a cea nun cesto e unha lanterna para o camiño. Se queres, algún instrumento musical tamén. Tamén podes vir co traxe para a ocasión...

Unha noite no muíño,
unha noite non é nada...

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival da Poesia no Condado
http://scdcondado.blogaliza.org
(texto engadido o día 25/ / 8/ / 11 )


Sexta-feira 2 de Setembro

19:30 | COVAS DE DONA URRACA/CASA DO CONDE
APERTURA DE EXPOSIÇONS

20:15 | COVAS DE DONA URRACA
PROJECÇOM DE AUDIOVISUAIS
Umha pola Outra


22:30 | Covas De Dona Urraca

NOITE NAS MINAS*
Recital de MARIA DO CEBREIRO
Concerto de DE OUTRA MARGEM

O Remate Repichoca e Festa!!!

*Aforo limitado. Entrada 10€
Reserva de bilhetes:
 info at scdcondado.org ou 667 336 730 |986 658 036

Sábado 3 de Setembro
11:30
PASSA-RUAS E VIAGENS NO COMBOIO
DE BAIXA VELOCIDADE

12:30 | ZONA DAS MURALHAS
CAMPIONATO DE BILHARDA
FEIRA POPULAR: COLECTIVOS E ARTESANATO

13:00 | CASA DO CONDE
MESA REDONDA DE MOVIMENTOS FEMINISTAS

17:00 | ZONA DAS MURALHAS
FESTA INFANTIL
PAULA CARBALLEIRA
OBRADOIROS

19:00 | COVAS DE DONA URRACA
PROJECÇOM DE VÍDEO-POEMAS

María Lado
Lucía Aldao
Ledicia Costas
Colectivo Rec-deiras

19:30 | COVAS DE DONA URRACA
PROJECÇOM DE AUDIOVISUAIS
Curtas premiadas no Festival de Cans
Gato Encerrado (Peque Varela)

21.00 | ZONA DAS MURALHAS
FESTIVAL POÉTICO-MUSICAL
APRESENTAM: Os da Ria

POETAS:
Andrea Nunes Brións
Catarina Nunes
Claudio Pato
Iolanda Aldrei
Lorena Souto
Manuel Darriba
Maria Rosendo
Paula San Vicente
Sechu Sende
X. M. Álvarez Cáccamo


- Poesía no Condado- Habelas Hainas- Marful- Ulträqäns- Cuchufellos -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa de Galiza Non Se Vende na Taberna do Salgheirón
http://galizanonsevende.org/?p=1130
(texto engadido o día 25/ / 8/ / 11 )


Porque non todo ten que ser dura loita, un ano máis, en parte pola nosa obriga de facer caixa para as multas e os gastos de avogados motivados pola nosa loita contra o especulador malo, pero tamén por outra pola ledicia de nos xuntar cun viño e unhas navallas da ría e ter un pouco de troula coincidindo coas festas de Cangas, o Foro Social de Cangas, monta de novo a Taberna do Salgheirón!!
Este é o programa:
  • Venres ás 20 horas: Circo na rúa
  • Sábado ás 18 horas: Charla debate “As rías, estado natural e recursos pesqueiros”
  • Domingo ás 23 horas: Salgueirón Jazz Trio
  • Luns ás 19:30 horas: Codia e Miolo -contacontos-
  • ás 21:00 horas: SOS Massó Jazz Band
  • ás 22:30 horas: “Arremecághona’s Produçións na Xira d@s Nen@s sen País ‘11″

Vémonos na Taberna!!!
- Galiza Non Se Vende -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV XUNTANZA RUTA DA PEDRA E DA AUGA nos muiños do rio Armenteira
http://www.meis.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=1145
(texto engadido o día 25/ / 8/ / 11 )


ÁREA DE DESCANSO DA ALDEA LABREGA DE ARMENTEIRA (RIVADUMIA) , actividades organizadas por aCentral Folque

De 13:00 a 14:00 h e de 18:00 a 20:00 h, Muíño Laxiña = Muíño da Muiñeira.
A máquina de meter medo: dúas zanfonas e percusión

De 13:00 a 14:00 h e de 18:00 a 19:00 h, Lavadoiro.
Sesión de canto popular con Marcelo González

De 13:00 a 14:00 h e de 17:30 a 19:00 h,Muíño do Gaiteiro = Muíño das Conversas.
Conversas teatralizadas con Paula Carballeira


Á 13:30 e ás 18:30 h, Ponte de entrada.
Regueifeiros Os Gordechos

Ás 14:00 e as 17:00 h
Músicos ambulantes. Dúo de acordeóns Verdegaio

Ás 18:00 h
Obradoiro de creación de instrumentos pobres para nenas e nenos con Xurxo Troncoso

De 19:00 a 20:00 h, Muíño do Curruncho = Muíño das Palabras.
Recital poético con Lucía Aldao, María Lado e Rosa Bugallo coa música do colectivo Alg-a

De 20:00 a 21:00 h, Muíño Montiño = Muíño do Amor
Concerto de Tango Bar

De 20:00 a 22:00 h, Muíño do Pino = Muíño do Oráculo.
O druída Manuel Aneiros elaborará queimada máxica

Peche de festa:Ardentía e o Dúo D'perlas
- Ardentía -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]