Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


Concerto dos Carapaus na Gentalha do Pichel (Compostela)
http://www.facebook.com/events/266882086722076/
(texto engadido o día 8/ / 3/ / 12 )


Este sábado 10 de Março contaremos no Centro Social com a actuaçom dos Carapaus, música tradicional com gaita, acordeom, flauta, percussom e vozes.
Aguradamos-vos lá desde as 22.30 e com festa rachada!!
- Gentalha -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Serán Os Muí­ños de Oliveira (Ponteareas)

(texto engadido o día 3/ / 3/ / 12 )


Casa Cultural Os Muí­ños de Oliveira, Santiago de Oliveira, Ponteareas
Un ano máis esperámosvos para participar da festa.Das 22:00h en diante grupos de toda a comarca tocarán para animar o baile.Haberá chourizos e viño para tódolos asistentes e, ó remata-la festa, repartiremos chocolate e rosca.Vide bailar con nós!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



O Fiadeiro e Treixadura na Festa do Queixo de Arzúa
http://www.festadoqueixo.org/
(texto engadido o día 1/ / 3/ / 12 )


Domingo 4 de Marzo
18.00h. FESTIVAL DO QUEIXO

O FIADEIRO
18.00h. | Praza de Galiza

TREIXADURA
19.30h. | Praza de Galiza

Ademáis, durante os días da Festa, haberá pasarrúas cos grupos de gaitas:
Castro Curbín
Os Melidaos
Sobreiras do Ulla
- Treixadura- Arzúa -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Entroido de Verí­n (Ourense)
http://www.verin.es/
(texto engadido o día 9/ / 2/ / 12 )


Dende o 9 ao 21 de febreiro, a localidade de Verín acollerá a celebración dun dos Entroidos máis participativos, ancestrais e orixinais de Galicia, declarado Festa de Interese Turístico Nacional desde o ano 2009.

XOVES DE COMPADRES (9 DE FEBREIRO DE 2012)

Tras a primeira saída dos cigarróns no día de San Antón, arrinca o Entroido 2012 co Xoves de Compadres. Despois de cear nos restaurantes do municipio e a partir da media noite, os homes e mozos verinenses percorrerán as rúas Montemaior, avenida de Portugal, Irmáns Moreno, Deputación, Luis Espada, Lisa e praza García Barbón, na que se celebrará o xuízo e queima do Maragato. Durante esta viaxe, os compadres irán acompañados do Carro do Meco e da música da Banda de Gaitas do Concello de Verín e da charanga Támega, para acabar a festa na praza coa Disco-Móvil Jorge. Ademais, desde esa xornada e ata o 17 de marzo, a Casa do Escudo de Verín acollerá a exposición 'O Noso Entroido', conformada por cadros de Narciso Corral.

DOMINGO DE CORREDOIRO (12 DE FEBREIRO DE 2012)

Concentración de cigarróns na praza do Concello a partir das 11:30 horas. Con posterioridade, saúdo aos fregueses á saída das igrexas Parroquial e RR.PP. Mercedarios.
Nas prazas Maior e García Barbón, a música a cargo da charanga Támega e da orquestra Marbella

XOVES DE COMADRES (16 DE FEBREIRO DE 2012)
A partir das 11:15 horas, Desfile Infantil de Entroido, no que os máis pequenos e pequenas do Punto de Atención á Infancia do Concello de Riós, CEIP Rodolfo Núñez de Vilardevós, Gardería Pinocho, CEIP Amaro Refojo, CEIP Castrelo do Val, centros educativos de Chaves (Portugal), Colexio María Inmaculada, tomarán as rúas de Verín. Devandito desfile estará amenizado pola Banda de Gaitas do Concello de Verín e as charangas Madialeva, Vakapinta, CBD e Támega -que tamén actuarán durante a xornada pola localidade-, e partirá do entroncamento da Canella Cega coa estrada de Cabreiroá. Tras percorrer as rúas Deputación, Luis Espada e Lisa, o mesmo finalizará nas prazas García Barbón e Maior.

Pola noite, as comadres encherán todos os restaurantes de vila, acompañadas da música de charangas. A media noite, no Barrio de San Lázaro, a Raíña do Entroido recibirá a comitiva de Don Carnal, que descenderá polo Camiño Real acompañado da Banda de Gaitas do Concello de Verín. Centenares de mulleres, e moitos homes disfrazados de damas, percorrerán desde San Lázaro até as prazas Maior García Barbón, polas rúas San Lázaro, Luis Espada e Maior, onde o locutor de Cadena 100, Vidal López, caldeará o ambiente.

Despois do saúdo da Raíña e Don Carnal, terá lugar a lectura do pregón a cargo de (???????). A música, luces e o son das chocas dos cigarróns recordaranlle aos presentes que o Entroido 2012 chega con paso firme. Un ano máis, ¡VIVA O ENTROIDO! ¡VIVA VERÍN!. A orquestra Paris de Noia porá o broche á noite máis “feminina” do Entroido verinense.

VENRES DE COMPADREO (17 DE FEBREIRO DE 2012)

Como nos últimos anos, o Capuchón e a Mascarita serán os uniformes oficiais que portarán os asistentes á festa. Ás 18 horas terá lugar a saída dos Escuadróns de Capuchóns e Mascaritas para percorrer diversas rúas e prazas da vila, con paradas estratéxicas para mollar a gorxa e encher o bandullo. Irán acompañadas en todo momento de dous Carros do Compadreo e das charangas Garrafón e Támega; para no fin, rematar na praza de Edesio Fuentes cunha sesión de “tapeo” e queimada para os participantes, amenizada por Disco-Móvil Jorge. Pola noite, verbena popular nas prazas García Barbón e Maior co grupo La Oca.

SÁBADO DE ENTROIDO (18 DE FEBREIRO DE 2012)

A partir das 17 horas, na Praza do Cigarrón, terá lugar un acto solemne no que novos cigarróns serán vestidos, con todas as honras, acompañados da Raína do Entroido. Animación a cargo de Disco-Móvil Jorge. As charangas Támega e Xente Nova encargaranse porán a banda sonora por todas as rúas da vila durante toda a xornada, que culminará coa actuación da orquestra Costa Oeste e grupo Metrópolis

DOMINGO DE ENTROIDO (19 DE FEBREIRO DE 2012)

Día grande do Entroido. Pola mañá, unha descarga de foguetes despertará a todos os entroideiros, seguida da concentración de carrozas, comparsas, máscaras e cigarróns ás 12 horas no Barrio de San Roque para o gran Desfile de Entroido que comezará a partir das 12:30 horas. A Banda de Gaitas do Concello de Verín e as charangas Mekanica, Xente Nova, Támega e CBD serán as encargadas de acompañar o desfile, percorrendo as rúas Luis Espada, Alameda e as prazas da Alameda e García Barbón. Na sesión vespertina e nocturna, continuará a animación musical polas rúas da vila a cargo de charangas e; nas prazas Maior e García Barbón, actuarán a orquestra Cinema e grupo Garibaldi.
AMIGOS E AMIGAS QUE A FESTA NON PARE!

LUNS FARELEIRO (20 DE FEBREIRO DE 2012)

A música das charangas Vakapinta e Madialeva recordará aos sobreviventes que o Entroido aínda non acabou. A partir das 16.30 horas, xogos infantís e inchábeis no Pavillón dos Deportes, onde os máis pequenos, que serán os protagonistas, deben ir disfrazados. Seguindo a tradición, DÍA DA FARELADA, animada pola charanga Madialeva e Disco-Móvil Jorge. A partir das 19 horas, merenda popular, baile e verbena popular nas prazas García Barbón e Maior coas orquestras Pontevedra e Limón.

MARTES DE ENTROIDO (21 DE FEBREIRO DE 2012)

Ás 16 horas, concentración de carrozas, comparsas, máscaras e cigarróns no Barrio de San Roque, para media hora máis tarde, dar comezo ao Gran Desfile, que realizará o mesmo percorrido que o domingo. Todo iso amenizado polas charangas Garrafón, Mekanica, Madialeva, Troulada, que actuarán durante o día, e a Banda de Gaitas do Concello de Verín. A festa continuará, a modo de despedida, e ata que o corpo aguante, nas prazas Maior e García Barbón coa actuación das orquestras Triunfo e Millenium.
- Entroido -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Serán en San Brais - Salcedo (Pontevedra)

(texto engadido o día 3/ / 2/ / 12 )


3 de Febreiro a partires das 20h.
Diante da churrasquería de San Brais preto do Carrefour de Salcedo (Pontevedra) e da capela de San Brais.
Tocarán Os Chichisos, Atalúns, … tamén os grupos que se acheguen serán benvidos ao igual ca xente que queira pasar unha boa noite de festa. Non faltara algo que comer.


Organiza Asociación Salcedo Norte de Pontevedra


Ver mapa máis grande

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Noitarega en Gondomar
http://www.noitarega.com
(texto engadido o día 1/ / 2/ / 12 )


Primeiro concerto de Noitarega en 2012: este sábado, 4 de febreiro, no Auditorio Lois Tobío de Gondomar ás 20:30 h. FESTA GARANTIDA!!!
- Noitarega -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Madia Leva - Festa de despedida do velho local
http://agal-gz.org/blogues/index.php/madialeva/2012/01/24/festa-de-despedida-do-velho-local
(texto engadido o día 28/ / 1/ / 12 )


O próximo sábado, dia 28 de janeiro, despediremos o velho local cumha foliada que dará começo por volta das 19h30. A seguir faremos um passa-ruas até o novo local na rua Serra de Ancares. Nom perder esta festa que será a última em Amor Meilám e será a jornada prévia a inauguraçom das novas instalaçons em Serra de Ancares que já anunciamos para os dias 10 e 11 de fevereiro.
- Madia Leva -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Despedida, deicalogo, de Lamatumbá
http://www.lamatumba.com/Blog/contenido/33/QUE_VOS_CONTEN_OS_QUE_SABEN__OU_SEXA__NOS_OS_DE_FORA_DAN_TABACO
(texto engadido o día 25/ / 1/ / 12 )


QUE VOS CONTEN OS QUE SABEN, OU SEXA, NÓS. OS DE FORA DAN TABACO



Pasaron trece anos dende que un grupo de amigos se xuntou para porlle música ás súas inquedanzas. Neses trece anos pasaron un montón de persoas por ese grupo, pasaron miles de cousas, unhas boas, outras non tanto. O que nun principio non pasaba de ser un divertimento acabou convertíndose nun barco que comezou a navegar por centos de mares, centos de portos nos que tomar terra e baixar a coñecer sitios, atopar xente, facer bos amigos e, porqué non decilo, dar con algún que outro elemento pouco recomendable (algún hai que aínda nos debe cartos, e non poucos precisamente…).
Hoxe, trece anos despois, parece incríble que ese barco nos levara por mares de todo o estado, que a marea nos fixera chegar a compartir a nosa equipaxe musical con xente que estaba no irmán Portugal, en Francia, en Alemania…
Tivemos o grande pracer de compartir singladura cun bo feixe de compañeiros de camiño, xente da que aprender moitísimo, xente coa que tomar un tróspiro despóis de tocar, coa que botar unhas risas, coa que compartir o enorme privilexio que é poderse adicar á profesión máis bonita do mundo.
E unha das cousas máis satisfactorias de toda esta historia é que todo esto foi posible en galego, que cando alguén nos preguntaba se ao atravesar o “telon de grelos” traduciamos as letras para cantalas en español, a nosa resposta era un rotundo non.
En poucos sitios estivemos por aí fora nos que non aparecera cando menos un galego, e se un concerto noso era unha excusa para que os galegos do lugar se xuntaran a botar unhas pezas e armar unha boa festa o traballo era máis satisfactorio aínda.
Pois ben, tras trece anos de singladura, o noso barquiño precisa de pasar unha temporada no dique seco, para facer algunha reparación, para remendar as velas, e para que a tripulación poida descansar un pouquiño a neurona, que, aínda que non o pareza, ben que ten que traballar a pobriña dela neste choio.
Esta non é unha despedida, é un ata pronto, porque en ningún momento se está a falar de pechar o chiringuito. Simplemente imos tomar un descansiño para facer outras cousas, tomar outros rumbos quen lle apeteza, e cargar pilas ata que algún de nós, entre caña e caña, entre batallita e batallita, solte aquela de “qué rapaces, quedamos mañá para ensaiar?”, e xa estea liada outra vez.
De todos xeitos gracias, millóns de gracias a toda a xente que durante estes trece anos estivo con nós, tanto arriba como abaixo do palco. Bailando con nós, rindo con nós, suando con nós, compartindo con nós este traballo marabilloso.
E tede ben clara unha cousa, amenazamos con voltar cando menos o esperedes.

Vémonos nos torreiros.

(E mentras chega ese momento tende por seguro que algo faremos, porque o bicho da música, cando pica, pica ben forte, e pode ser un bo momento para coller unha caixa de gaseosas e empezar a facer experimentos, a ver que sae, que seguro que algo ha sair.
Seguiremos informando… ;))
- Lamatumbá -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Para cantar veño eu! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos

(texto engadido o día 25/ / 1/ / 12 )


Venres 27 de xaneiro de 2012, ás 20h na Galería Sargadelos de Pontevedra (Oliva, 24)

O Ateneo de Pontevedra organiza a presentación do libro Para cantar veño eu! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos, de Rafael Quintía Pereira, publicado pola Sociedade Antropolóxica Galega e a A.C. Os Chichisos. O acto, no que participan Rosalía Rodríguez (secretaria da Asociación Cultural ‘Os Chichisos’), Paz Castro (xornalista e responsable de comunicación da Sociedade Antropolóxica Galega) e Rafael Quintía.

Para cantar veño eu!
Empregando como fío condutor o labor que a asociación cultural e grupo de música tradicional Os Chichisos leva a cabo dende hai case dúas décadas, o autor ofrécenos nesta obra un compendio de apuntamentos etnográficos sinxelos e concisos en torno ó universo da música popular galega e das súas diferentes expresións e manifestacións. Un percorrido polos instrumentos tradicionais, os ritmos e os bailes, as festas do ciclo do ano e as tradicións musicais a elas asociadas, a ancestral linguaxe das campás, os cantos de berce e moitas outras dimensións do noso folclore que irán desfilando polas páxinas deste libro para achegarlle á xente nova e ó neófito do noso folclore o rico e variado tesouro da música tradicional galega. “Para cantar veño eu” complétase cunha amena unidade didáctica que inclúe os exercicios e as prácticas necesarias para que a xente máis nova practique, comprenda e asimile os diferentes contidos deste traballo. Para cantar veño eu! é unha obra de Rafael Quintía, antropólogo, economista e membro fundador da Sociedade Antropolóxica Galega.


Rafael Quintía Pereira
Licenciado en Antropoloxía Social e Cultural
Licenciado en Ciencias Empresariais
Rafael Quintía Pereira. Nado en Vigo no ano 1971. Licenciado en Antropoloxía Social e Cultural, Licenciado en Ciencias Empresariais, escritor e músico tradicional.
É membro fundador da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), do Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca e da formación de música tradicional e asociación cultural Os Chichisos.
É autor dos seguintes ensaios:
• Deuses, Mitos e Ritos do Monte do Seixo. Unha proposta interpretativa en clave céltica. (2010)
• A Nosa señora da Lanzada. Antropología de un santuario costero (2011)
Así como de diversos artigos etnográficos publicados en distintas revistas. Colaborou tamén no libro Monte do Seixo, reivindicación da Montaña Máxica (2007), do escritor Calros Solla.
Gañou o premio de investigación Luis Cuadrado 2010 polo seu traballo A Nosa Señora da Lanzada. Estudio antropológico de un santuario marítimo.
Dirixe a publicación Fol de Veleno. Revista de historia e etnografía de Galiza, herdeira do fanzine Fol de Veleno que fundou no ano 2006.
É co-director do documental Monte do Seixo, a Montaña Máxica (2009), co-director e co-guionista do documental Sete Camiños, encrucillada do tempo (2011) e director e guionista do documental Comuneiros. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo (2011).
No eido musical cabe salienta-los seus traballos de composición. É autor da banda sonora da curtametraxe A Fenda (1996) e do documental Sete Camiños. Encrucillada do tempo (2011). Tamén compuxo, xunto a João Bieites, a banda sonora dos documentais Monte do Seixo. A Montaña Máxica (2009), A loita pola luz (2010) e Comuneiros. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo (2011).
Musicalizou catro poemas incluidos no poemario Pan prós cocrodilos (2010) do escritor Calros Solla.
Foi membro fundador do grupo de rock Cromlech (1991). En 1994, xunto con Cesar Martínez, Toño Vázquez e Paco Sutil forma o grupo de música tradicional Os Chichisos. Entre os anos 2004 e 2006 formou parte do grupo folk Rabisaco. Actualmente compaxina a súa actividade musical como músico de Os Chichisos cos seus traballos de composición.

Os Chichisos

O grupo de música tradicional Os Chichisos tivo o seu xermolo no 1992 cando un grupo de amigos con inquedanzas musicais, e movidos polo seu interese na conservación e difusión da nosa tradición musical, se xuntaron para profundizar no coñecemento e na aprendizaxe da música popular galega. Foi neses primeiros anos dos 90 cando Paco Sutil, Toño Vázquez, Cesar Martínez e Rafael Quintía decidiron forma-los Chichisos, recuperando o nome co que César bautizara aquela formación que fundara uns anos antes en compaña de Toño e do bombeiro Manuel Fidalgo. Os novos Chichisos actuaron como tales por primeira vez un 24 de abril de 1994 na Festa do Garavanzo organizada pola asociación veciñal Pedra do lagarto na Eiriña, Pontevedra.
Pero definitivamente, sería no ano 2000, coa entrada na formación de Xosé Feijoo ó bombo e de Rosalía Rodríguez á gaita, e no 2002 coa incorporación de João Bieites á gaita e Ana Llevot á pandeireta, cando realmente arranca a carreira musical da formación e se comeza a traballar intensamente na recuperación e divulgación do noso acerbo cultural. Dende ese ano son múltiples as súas colaboracións en diferentes ámbitos da vida cultural de Pontevedra, así como innumerables son as actuacións que Os Chichisos veñen realizando por todo o territorio galego e incluso en Irlanda, onde participaron no “NYAH County Cavan Arts Festival 2005”. No ano 2007, e para poder darlle un pulo ó seu labor divulgativo, constitúense como asociación cultural e incorpóranse á formación Conchi Pereiro como pandeireteira. No ano 2008 pasan a formar parte do grupo e da asociación Belén como pandeireteira e José Carlos como gaiteiro e acordeonista. No ano 2009 a pandereteira Ana Llevot deixa a formación e incorpórase Santiago Camarero como frautista e pandereteiro. Sendo esta a formación actual do grupo.
Se hai dous aspectos que caracterizan os Chichisos son o seu espírito festivo e lúdico e o seu compromiso coa realidade social e cultural da súa cidade e do seu país. Poderiamos resumi-la actividade dos Chichisos ó longo destes anos en catro puntos básicos ou campos de actuación, cítese: divulgación e actividades didácticas, recuperación de tradicións, compromiso social e a festa e goce coa música popular galega


- Os Chichisos -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Furancho "chegar e encher"
http://faisca-gz.blogspot.com/2012/01/furancho-chegar-e-encher.html
(texto engadido o día 24/ / 1/ / 12 )
Um ano mais o L.S. Faisca monta o furancho para a festa de Sam Brais na parroquia de Bembrive. A inauguraí§om é a sexta-feira 27 de Janeiro.Estará aberto o 28 deste mes e os dias 2 e 3 de Fevereiro. Convidamos a todas e todos a desfrutar da festa de Sam Brais e do nosso furancho.

Noticia enviada por foliadeiro

- Furancho- Faisca -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festas de San Mauro en Matamá
http://www.xuventudevigo.org/nova/index.php?option=com_content&view=article&id=4032%3Afurancho-
(texto engadido o día 13/ / 1/ / 12 )


O VINDEIRO FIN DE SEMAN VAISE CELEBRAR A FESTA DE SAN MAURO EN MATAMÁ(VIGO).

A ASOCIACION ''COLECTIVO CULTURAL ALTERNATIVO MALAHERBA'' VAI A ABRIR UN FURANCHO NESTA FESTA CO FIN DE RECADAR CARTOS QUE IRÁN DESTINADOS AS ACTIVIDADES QUE ESTA ASOCIACION ORGANIZA AO LONGO DO ANO.

ANIMÁDEVOS A VIR POR MATAMÁ ESTE FIN DE SEMAN E NON VOS ESQUEZADES DE VISITAR O FURANCHO MALAHERBA!!!

A PROGRAMACION DA FESTA DE SAN MAURO É A SEGUINTE:



VENRES 13 xaneiro

22h. Actuación do grupo CATRO QUINTOS na carpa instalada na Praza de San Mauro.

23h. SERÁN POPULAR na carpa.

23h. Actuación do grupo CATRO QUINTOS no FURANCHO MALAHERBA.

SABADO 14 xaneiro

19:30h. Actuacións na carpa dos grupos FURANCHO DA BALSA, BATE NO COBRE, SETECUNCAS e GAITA&CIA.

23:30h. FURANCHO MALAHERBA actuación do grupo OS VACALOURAS.

Actuación no Furancho MatamáFOLC do CE ORQUESTRA PANTASMA.

DOMINGO 15 xaneiro

13:30h Actuacion da Banda de Música ATLANTIDA DE MATAMÁ na carpa da festa.

TAPAS E COCIDOS NOS DISTINTOS FURANCHOS.

16h. Sesión sobremesa na carpa da festa co CE ORQUESTRA PANTASMA.

17:30h No Furancho MatamáFOLC OS CARUNCHOS.

Na carpa da festa GRUPO DE GAITAS DA CULTURAL ATLANTIDA DE MATAMÁ

e o grupo OS DE SEMPRE DO FURANCHO RIANXEIRA.

19h. No FURANCHO MALAHERBA actuación do grupo GAITA & CIA.


Novo local do Furancho Malaherba:

Ver mapa máis grande

Está na Rúa dos Canteiros, se subides dende Pereiró, un 30 metros antes da igrexa, e se vides de San Andres un pouquiño despois da igrexa.
- Furancho Malaherba -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II SERÁN DA DEBULLADA O 7 DE XANEIRO EN ESTÁS-TOMIÑO
http://www.infominho.com/index.php/id/1/objeto/8137/claves/II-SER%C3%81N-DA-DEBULLADA-O-7-DE-XANEIRO-EN-EST%C3%81S-TOMI%C3%91O-infomi%C3%B1o.com-info-baixo-mi%C3%B1o-galicia-espa%C3%B1a-pontevedra-noticias-informacion-fotos-web-a%20guarda-o%20rosal-tui-tomi%C3%B1o-oia-caminha-vilanova%20de%20cerveira-valen%C3%A7a-do%20minho-festas-do%20monte-fiestas-del%20monte-feira%20do%20vi%C3%B1o-SAN%20TELMO-alivio-castros-exposicion-deporte-ocio-turismo-cultura-conciertos-festivales-teatro-actuacion-municipal-concello-asociacion-baixo%20mi%C3%B1o-portal-informativo-teatro-especial%20fotografico-empresas-publicidad-anuncios
(texto engadido o día 5/ / 1/ / 12 )


2º Serán da DEBULLADA!!!!!!!!!


sábado, 7 de enero de 2012. 21:30
Baixo do Centro Social. Estás-Tomiño

Vem a axudarnos a debullar un pouco millo!!!!!!! Logho invitaremoste a chourizos, viño e rosca con chocolate!!!!!
E como non, teremos festa ata que nos aburramos!!! Anímate a vir botar unhas pezas e uns bailes!!!!
- Serán -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



1ª Foliada do Souto (San Fins De Sales, Vedra)

(texto engadido o día 17/ / 12/ / 11 )


17 de Nadal ás 20:30
San Fins de Sales, Campo da Festa (O Souto), Cornado, Vedra

Xiria Musica Tradicional, Os Esfolladores de Illobre, O Ghusto do Boi e por suposto Agarimo!!! musica, baile, cea e bo viño!!! creo que mais non se pode pedir.... E nun local que temos aqui, e tod@s tranquil@s, que frio non imos pasar e, si chove? deixa chovereee....
Traede o voso instrumento, tomamos un viño e tocamos unhas pezas!!!!
- Foliada -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



O APALPADOR e NADAL NA LAREIRA en Narahío

(texto engadido o día 17/ / 12/ / 11 )


17 de Decembro
Local Social de Narahío


17.30 Recollida solidaria de xoguetes en bo estado para os nenos e nenas que menos recursos teñen.
18.30 CHEGADA DO APALPADOR a Narahío para desexarlle os nenos e nenas que pasen unhas boas festas .
19.00 Actuación de :
-Cantareiras Algarabía de Lago ( Valdoviño)
-Cantareiras do Saíme de Narahío.
-Gaiteiros de Narahío.
20.30 Repoñeremos forza cuns Callos,a 2 euros a ración , prezo anticrise.
22.00 Ritual do TIZÓN DO NADAL.
Podedes vir e votarlle unha cantada ou unha tocada.Animádevos a vir !
- Apalpador -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



17 de decembro, A Coruña e Vigo, dí­a Lugrí­s
http://cabrafanadablog.blogspot.com/2011/12/17-de-decembro-coruna-e-vigo-dia-lugris.html
(texto engadido o día 17/ / 12/ / 11 )


A Coruña e Vigo son a mesma cidade. Así nolo di co seu talento a pintura de Urbano Lugrís. Dous pontóns de amarre no mesmo océano.
Para significar unha vez máis esta revelación, o vindeiro sábado 17 de decembro celebrarase –simultaneamente- en Vigo e na Coruña a Acción Urbano. Xornada cívico-bohemia, en honra do gran mestre.
O Orzán, o Berbés e un único manifesto en botella polos camiños do mar a prol da creatividade e da arte galega.
Sábado 17 de decembro. Percalinópolys e Xouba City ( isto é A Coruña e Vigo na terminoloxía do pintor) unidas outra vez pola vida, pola bohemia, polo talento abisal de Urbano Lugrís profeta do atlantismo.

A CORUÑA


O fato de enxarmantes da Coruña autedonimámonos "IN NAVE CIVITAS" ( por su posto ti es membro de honra). Imaxinamos un acto en catro tempos:
1. Ás 20 horas: “Obradoiro submarino”. Xuntanza no palco da música de Méndez Núñez para decorar paraugas con debuxos de peixes. Así, se chove, facemos da necesidade virtude.
Saída da manifestación atlántica presidida, con toda pompa e esplendor, polo son dos gaiteiros “Os Vicentes de Elviña”.
2. "Camarote Lugrís". Intervención pictórica rápida na rúa Mantelería, diante do recanto que ocupaba o estudo de Lugrís.
3. "Balada do Porto de Os". Estrea no Borrazás, café moi querido por Lugrís, dunha rapsodia insipirada no poema do mesmo nome, composta por Marcos Aboal e Lourenzo Castro.
4. Na Coiraza do Orzán, lectura e lanzamento -en botella- do manifesto, dirección ribeira do Berbés.

VIGO



DESCRICIÓN BREVE DA HOMENAXE
O acto que será conducido en Vigo pola Nave das Ideas está previsto para a xornada do 17 de decembro como unha forma de reclamar un día das Artes Galegas. Dividimos a xornada en dúas partes diferenciadas.

Xornada matutina.
- Roteiro Urbano Lugrís.
Da man de Carlos L. Bernárdez organizamos un roteiro pola cidade de Vigo que nos levará por lugares de importancia na vida e na obra de Lugrís. Durante o percorrido realizaranse paradas estratéxicas (Pinacoteca, Ribeira de Vigo, etc.) para finalmente rematar coa lectura do manifesto no límite do peirao da cidade onde se botará unha botella ao mar como feito simbólico.

Xornada Vespertina
Conferencia e xornada multidisciplinar
Na nave das ideas non queremos adecuarnos a unha homenaxe formal na que, logo do roteiro, gabamos a figura de Urbano Lugrís nunha conferencia. Nós queremos algo máis. É por iso que preparamos un completo programa que agardamos poida dar un enfoque moito máis amplo e fondo.

Nas instalacións do museo vigués do Verbum crearemos un espazo no que terán lugar de xeito simultáneo os seguintes actos:
- Conferencia do pintor Antón Patiño e Carlos L. Bernárdez arredor da figura de Urbano Lugrís.
- Exposición de reproducións de cadros de Lugrís.
- Creación artística a cargo do grupo Amálgama
- Poesía urbana. Hip-Hop a cargo de AÍD
- Recital sobre Urbano. A cargo de María Lado, Ledicia Costas e Lara Domínguez.
- Urbano Lugrís -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Riobó e o seu violí­n porán a música ao Nadal no campus de Ourense
http://e-tradvigo.blogspot.com/2011/12/galaxia-e-trad-riobo-e-o-seu-violin.html
(texto engadido o día 15/ / 12/ / 11 )


Xoves, 15 de Decembro ás 20.00h
Sala "Emilia Pardo Bazán"
Edificio Facultades (Campus de Ourense)
- Entrada libre ata completar aforo -




(Rosa Tedín): Unha cita tradicional no calendario de actividades culturais do campus de Ourense é cada ano o seu concerto de Nadal. Nel, a comunidade universitaria celebra estas datas especiais e despide o ano compartindo boa música e momentos de distensión. Nesta ocasión, o grupo elixido para ofrecer o concerto é Riobó, unha nova formación composta por destacados músicos galegos que amosarán o seu virtuosismo tocando pezas do seu primeiro disco, que leva o seu nome.

O concerto celebrarase o día 15 de decembro, ás 20.00 h, na sala Emilia Pardo Bazán do campus de Ourense, con entrada libre ata completar aforo. Como aconteceu nas anteriores edicións do concerto, desde a Vicerreitoría do campus agardan encher a sala de membros da comunidade universitaria e de ourensáns e converter así esta cita nunha pequena festa de Nadal.

“Este ano escollemos Riobó porque o ano pasado trouxemos ao coñecido violinista Ara Malikian e na medida do posible intentamos ir alternando músicos consolidados foráneos con novas promesas e música galega, para contribuír ao fomento da cultura galega e dos creadores emerxentes”, destaca Filemón Rivas, técnico de Actividades Culturais do campus de Ourense.

NOVA FORMACIÓN PERO MOITA EXPERIENCIA
As persoas que decidan achegarse ao Edificio de Ferro gozarán coa música de Riobó, un grupo composto por destacados músicos do panorama galego. Está liderado por Begoña Riobó, considerada unha das violinistas con maior proxección no panorama musical galego pois formou parte da banda de destacados músicos como Carlos Núñez, Susana Seivane, Anxo Lorenzo e da OFG SondeSeu. É tamén mestra de arpa céltica da e-Trad. Con ela compoñen Riobó catro recoñecidos músicos cunha sólida traxectoria e que teñen participado nos principais proxectos musicais de Galicia, como son Fernando Barroso, á guitarra; Marcos Campos, á gaita, ao acordeón e ás frautas; Xosé Liz, ao bouzouki, e Fernando Pérez, ás frautas e á requinta.

A violinista galega e os seu grupo veñen de editar o seu primeiro disco, que herda o nome da formación e no que se aprecia o virtuosismo dos seus músicos á hora de arranxar e interpretar melodías da tradición galega, sendo fieis ás súas formas e orixe. Coa súa música queren converter cada concerto seu nunha mostra de sensacións, onde convivan as raíces culturais máis puras con formulas interpretativas actuais. Para comprobalo en persoa, a cita é no campus de Ourense o vindeiro día 15 de decembro.
- Riobó -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VIII Magusto Picheleiro
http://agal-gz.org/blogues/index.php/gent/2011/10/19/magusto-picheleiro
(texto engadido o día 21/ / 10/ / 11 )


Sexta Feira, 21 de outubro no C. Social O Pichel (Sta Clara 21)

Às 22h contos de medo e horror com Avelino González
acompanharemo-lo com castanhas, assadas e em caldo, e empada vegetal

Às 23h concerto de inauguraçom do curso de Os d'Abaixo e depois Foliada!!! (traz o teu instrumento o soma-te à festa!)

- Gentalha- Foliada- Magosto -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Premio "Xabier Prado Lameiro" 2011 ao Colectivo Castro Floxo

(texto engadido o día 17/ / 10/ / 11 )


O Xurado do premio "Xabier Prado Lameiro" ven de conceder o recoñecemento 2011 ao COLECTIVO CASTRO-FLOXO DE OURENSE "polo traballo que ó longo de máis de trinta anos levan realizando no campo da investigación, conservación e divulgación do noso folclore tradicional, non só a través da danza, senón tamén por medio de tódalas demais manifestacións etnográficas que a acompañan, como son a música, as súas vestimentas e os costumes que xiran arredor da mesma.".



ACTA DO XURADO.
__________________________________________________________________

O luns, día 10 de outubro de 2011, reuniuse o xurado nomeado pola Coral de Ruada para estudar as candidaturas presentadas para a segunda edición do Premio Xabie Prado Lameiro, co que se pretende, segundo contemplan as súas bases, “…premiar, de xeito simbólico, o labor desinteresado daquelas persoas ou colectivos que destaquen polo seu compromiso coa cultura de Galicia de expresión en idioma galego e de carácter popular, fundamentalmente no eido do folclore e, máis concretamente, na música popular e polifónica galegas.”


O xurado estaba formado por:

Presidente: Emilio Rodríguez Portabales (Vicepresidente Primeiro da CORAL DE RUADA).

Secretario: Manuel Souto Prieto (Secretario Xeral da CORAL DE RUADA, con voz pero sen voto).

Vogais:Eladio Quevedo Almoina (Presidente da CORAL DE RUADA).

Antonio Piñeiro Feijóo (Xornalista e Director da revista Auria).

César Francisco González Fernández (Director da Plataforma Independente de Teatro de Amoeiro “PITA”).

Xosé María Carballeira Anllo (Coautor dos Dicionarios Xerais de Lingua Galega e

Director do IES “Universidade Laboral” de Ourense).


O xurado acordou, por unanimidade:


Conceder o PREMIO XABIER PRADO LAMEIRO, organizado pola CORAL DE RUADA de Ourense, na súa segunda edición, correspondente ó ano 2011, ó colectivo Castro Floxo de Ourense polo traballo que ó longo de máis de trinta anos levan realizando no campo da investigación, conservación e divulgación do noso folclore tradicional, non só a través da danza, senón tamén por medio de tódalas demais manifestacións etnográficas que a acompañan, como son a música, as súas vestimentas e os costumes que xiran arredor da mesma.


O principal mérito que atesoura a traxectoria do grupo Castro Floxo, non é soamente o inxente traballo que durante estas tres décadas teñen realizado no campo da recolla, conservación, interpretación e divulgación do noso folclore (que xa de por si merecería un recoñecemento explícito, por teren sido quen de levar as nosas manifestacións artísticas por un gran número de países de Europa, Asia, África e América), senón que souberon ir un paso máis alá e interpretar a cultura tradicional coma un todo, promovendo a publicación de monográficos sobre moi diversos aspectos das nosas tradicións que constitúen exemplos para o resto de Galicia, como é o caso do “Cancioneiro Popular da provincia de Ourense”, os dous tomos de “Danzas Gremiais e procesionais de Ourense”, a “Arquitectura popular galega”, a colección “Memoria fotográfica” que recolle a fotografía histórica de diversas comarcas da provincia de Ourense, así como a revista Raigame, que está considerada un referente na divulgación da nosa cultura, ademais da creación e organización anual da Romaría Etnográfica Raigame que se celebra cada ano o día 17 de maio en Vilanova dos Infantes e que está servindo de modelo para toda Galicia de cómo celebrar o Día das Letras Galegas.


Pero ademais, dende o seu nacemento Castro Floxo tamén coordina a organización das Xornadas do Folclore que ó longo de 28 edicións teñen de espectacular e diverso escaparate do folclore de todo o mundo, manténdose coma un dos principais eventos escénicos e culturais do verán ourensán, sen esquecer a organización de varios Congresos sobre etnografía en colaboración coa Universidade.


O inxente labor de Castro Floxo constitúe, polo tanto, un exemplo de traballo pausado, calado e de compromiso coa cultura popular galega e o PREMIO XABIER PRADO LAMEIRO, con este galardón, non fai, senón, recoñecer a coherente traxectoria que o colectivo ten mantido neste campo ó longo de máis de tres décadas.

• O acto de entrega do II PREMIO XABIER PRADO LAMEIRO terá lugar o día 27 de outubro no teatro Principal de Ourense, segundo horario e programa que se anunciará oportunamente.

• O I PREMIO XABIER PRADO LAMEIRO, correspondente ao ano 2010, fóralle concedido ao Real Coro Toxos e Froles de Ferrol.
- Coral de Ruada- Castro Floxo -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Serán da Colleita en Parderrubias (Salceda de Caselas)

(texto engadido o día 1/ / 10/ / 11 )


O sábado, 1º de outubro, a partir das 21:30 hs, a Asociación de Veciños, Agrícola e Cultural, San Tomé de Parderrubias convida a participar no serán anual.

A festa tradicional terá lugar no Centro Cultural e Social, no Torreiro da Igrexa, espazo de actividades da parroquia salcedense de Parderrubias.

Pola súa parte agasállase aos participantes no Serán con produtos da gastronomía tradicional; entre outros co bolo do pote; especialidade que na localidade se trata de recuperar, xa que se trata dun complemento alimenticio altamente consistente elaborado con fariña de millo; acompáñase de touciño e chourizo; todo elo regado con viño de colleiteiros da zona.

Exposición da Colleita

Ao mesmo tempo, abriráse a “Exposición da Colleita" na que o vecindario da parroquia expón produtos, recollidos nesta época do ano, e ferramentas diversas relacionadas coas actividades agrícolas.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XVI Festa da Mazán en Redondela

(texto engadido o día 1/ / 10/ / 11 )


Sábado 1 de outubro:



Serán Popular a partir das 22:00 horas amenizado por diversos grupos tradicionais no que poderase degostar sidra doce, sidra asturiana, augardente de mazán e chourizos á sidra.




Domingo 2 de outubro:



Ás 11:00 horas apertura dos stands onde poderáse degostar:
Bacallao con mazán
Sidra doce
Chourizos á sidra
Sidra vella caseira
Empanada de bacallao e mazán
Sidra asturiana
Costela con mazán
Augardente de mazán
Repostería variada de mazán
Vinagre de mazán


Ás 11:15 horas actuación dos grupos:
“Grupo de gaitas de O Viso”
“Pandereteiras do Círculo Cultural de Chapela”


Ás 13:00 horas lectura do pregón a cargo do Excelentísimo Alcalde do
Concello de Redondela don Javier Bas Corugeira.

Ás 17:30 horas actuación de “Los tres latinos”

Amenizará a festa o “Disck Jockey Alberto”.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]