Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


Festa da Reconquista 2012 (Vigo)

(texto engadido o día 30/ / 3/ / 12 )


Sábado 31 de marzo

10:00 h. Apertura do mercado

18:00 h. Inauguración da Festa na praza da Pedra

Representación da destitución do alcalde e da corporación, e toma da cidade polo exercito francés

20:00 h. Combate histórico de espada a cargo da Sala Viguesa de Esgrima Antiga.

21:30 h. Concerto de Ardentía, praza da Pedra

23:00 h. Peche do mercado


Domingo 1 de abril


10:00 h. Reapertura do mercado

12:00 h. Xigantes e cabezudos de Matamá

13:00 h. Combate histórico de espada a cargo da sala Viguesa de esgrima antiga.

18:00 h. Representación da Reconquista da Vila de Vigo na Porta do Sol

21:30 h. Concerto de The Crass, praza da Pedra

23:00h Fin da Festa


ANIMACIÓN DE PRAZAS E RÚAS

Durante os dous días, máis de 30 grupos de música tradicional animarán o barrio: gaiteiros, pandereiteiras, treboadas, xigantes, cabezudos e outros


Zona 1: Praza da Constitución

Demostracións artesanais: Torneiro,cesteiro, senlleiro, zoqueiro, tecedeira

Zona 2: Praza da Princesa

Demostracións artesanais: Alpargateira,zoqueira.

Mercado de artesanía

Zona 3: Rúa e praza Joaquin Yañez

Artesanía e alimentación

Zona 4: Praza da Pedra

Concertos de Ardentía, sábado 31, e The Crass, domingo 1

Demostración artesanal: Luthier tradicional

Combates de espadas, sábado 31, ás 20:00 h, e domingo 1, ás 13:00 h

Zona 5: Praza de Almeida

Demostración artesanais: Fiado e tecido, anticuario, palilleiras (domingo 1)

Zona 6: Rúa Real

Artesanía e alimentación

Demostración de artesanía: Cesteiro

Zona 7: Teófilo Llorente

Zona de alimentación

Zona 8: Berbés

Campamento francés

Demostracións de artesanía: Ferreiro e canteiro

Granxa de animais

Praza de xogos infantís

Porta do Sol

17:00 h Mercado tradicional.

Domingo dia 1, ás 18:00h Representación da Reconquista da Vila de Vigo



ADEMÁIS:
(escrebe a info(at)ghastaspista.com para engadir información!)
INQUEDANZAS
Posto 209 (ao lado de Bocateo), ven e disfrutaras de bos pinchos, bocatas e do noso bó viño e mellor Licor café.

TARAMBAINAS
Na Praza da Princesa con moito de comer e beber e sobretodo moita música.

ouBEADE
o noso "Posto de Venda de Comida e Bebida" estará instalado na "Praza dos Ratos" ( entre o Berbés e Teófilo Llorente), e estaremos acompañados o sábado pola Agrupación Musical "Espírito Moreno" que quecerá o ambiente a carón do campamento francés!!.


Miguel Rivas (Instrumentos tradicionais)
Este ano, por primeira vez, estarei cun posto na reconquista de Vigo. Estarei situado na Praza da Princesa. Nel amosarei parte dos meus traballos. Espero que sexa do voso agrado. Vémonos alí.

O Fiadeiro
Como ben sendo habitual, un ano mais A.C.F O Fiadeiro estará presente no Mercado da Reconquista os días 31 de Marzo e 1 de Abril.
Estaremos na R/ Teófilo LLorente, xusto a baixar dende a Pedra, o carón da Pita Tola (diante do edificio da Cruz Roja).

O posto estará provisto de produtos típicos de nosa gastronomía, o noso posto xa non pasa desapercibido no Mercado, xa é tradicional pasar a probar a nosa zorza de polo, ou tomarse un bocadillo de chourizo, unha cunca de bo viño, un licor café ou unha crema, das mellores do país.
Ademais como sempre a festa está asegurada da mañá a noite a cargo da música e baile dos diferentes grupos formados polos alumn@s da Escola de O Fiadeiro e os compoñentes do Grupo de Baile e Música de O Fiadeiro.


CORISCO
Praza dos Ratos (Teofilo Llorente con Plaza do Berbes )

VELAÍ A LAREIRA
Rúa Real, 29. Bo xantar, mellor viño e moita troula

ASUBÍO
Na Rúa Teófilo Llorente

TRASPÉS
Joaquín Yáñez (na Praciña que hai nesa rúa, xusto detrás da Praza da Princesa, ao pasar o pequeno túnel)
A Asociación Cultural Traspès estará con un stand na Festa da Reconquista de Vigo. Se queredes boa comida, bos postres... licores e unha mellor compañía para bailar, cantar e facer festa, xa sabedes por donde tedes que pasar ;) esperámosvos a todos por alí....


MALAHERBA COLECTIVO
Diante da colexiata


- Ardentía -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Última troula da tempada no Furancho Malaherba (Matamá - Vigo)

(texto engadido o día 27/ / 3/ / 12 )


Furancho malaherba,praza de san Mauro,Matamá-Vigo
Déspidese a tempada do Furancho Malaherba co grupo Espiritu Moreno.
Despois continuará a festa ata que o corpo aguante....no a podes perder
- Furancho Malaherba -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Quempallou, novo disco na rúa e nova xira de presentación

(texto engadido o día 27/ / 3/ / 12 )


Quempallou presenta o seu novo traballo discográfico “Vellas Novas” e faino cunha xira galega que comeza este venres 13 de Abril no Bar Liceum, no Porriño, onde actuarán a partires das 23:30 h. para continuar ao día seguinte cunha nova intervención sonora no Aturuxo de Bueu ás 22:30. A xira de presentacións continuará en semanas sucesivas por diferentes vilas da xeografía galega.
O martes 17 de Abril, a partires das 12 h. está previsto que os membros do grupo fagan unha presentación ante os medios de comunicación na Casa de Xantar O Dezaseis, situada na Rúa de San Pedro, en Santiago de Compostela. Acto que será seguido dunha sesión vermú con música en directo ao máis xenuino estilo Quempallou.

Axenda de Concertos de Quempallou presentando Vellas Novas
13 de abril 23:30 Bar Liceum - O Porriño
14 de abril 22:30 Aturuxo Bar - Bueu
17 de abril 22:30 Casa das Crechas - Santiago de Compostela
20 de abril 21:30 Auriense - Ourense
27 de abril 19:30 FNAC A Coruña
27 de abril 22:00 Cova Céltica - A Coruña
28 de abril 22:30 Sala Super 8 - Ferrol
5 de maio Festa do Muiño de Coiro - Cangas
14 de maio Teatro Principal de Pontevedra
16 de maio 22:00 Fábrica de Chocolate - Vigo




“Vellas Novas” é un traballo cunha estética baseada no mundo do xornalismo, cargado de matices sonoros e variadas influencias musicais, que chegan dende a experiencia dun grupo que leva máis de doce anos en escena. Como é habitual en Quempallou, o disco asenta unha fonda raíz na tradición musical galega, a partir da cal, constrúe arranxos, adapta letras e crea novas composicións. Así conseguen unha sonoridade característica, apoiada nas percusións tradicionais, o acordeón e as cordas, sobre o que camiñan frautas, gaitas, e sobre todo a voz.

Vellas Novas en iTunes
Vellas Novas en Spotify
- Quempallou -

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



1º Festival ENFO (European Network of Folk Orchestras)
http://e-tradvigo.blogspot.com.es/
(texto engadido o día 27/ / 3/ / 12 )


O vindeiro Sábado 07 de Abril vai ter lugar no Auditorio Mar de Vigo o gran concerto de clausura do Encontro da Red Europea de Orquestras Folk, onde participarán máis de 120 músicos. O acto englobará as actuacións da Orquestra Finlandesa "SIBELIUS ACADEMY FBB", a Italiana "TRADALP" e a anfitriona "SONDESEU", que despois de varios anos sen actuar en Vigo porá o broche final a este espectacular encontro.


O I Festival ENFO terá lugar do 5 ao 7 de abril en Vigo, cidade que lidera esta Rede Europea e na que estarán presentes centros de prestixio procedentes de Finlandia, Italia e Escocia.

A idea parte de Vigo, a través da escola municipal e-Trad e a Fundación Sondeseu, quen consigue aglutinar na Rede Europea de Orquestras Folk (ENFO, na súa denominación en inglés) á Associazione Artemotiva establecida en Turín, á Royal Conservatoire os Scotland e á Sibelius Academy de Helsinki.

Despois de distintas actividades realizadas por Europa, Vigo acollerá do 5 ao 7 de abril a programación de peche deste programa continental, con presenza na rúa, clases maxistrais, obradoiros e concertos no auditorio municipal. O fin de festa celebrarase cun gran espectáculo no Auditorio Mar de Vigo, o sábado día 7 ás 20 horas, coa participación de todas as orquestras integradas na ENFO.






- sondeseu -

+ 2 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A revolución tamén se fai bailando | Sara Alonso - EL PAíS
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/03/22/galicia/1332449512_434744.html
(texto engadido o día 23/ / 3/ / 12 )
Adoitan dedicarlles breves parágrafos e letras minúsculas en cartaces de teloneiros. Asinan contratos miserentos. Pero nin se resignan nin se flaxelan, “porque o país non se fai chorando”. Seguen a bourear baixo tellados de uralita, enlamando os zapatos nos torreiros das festas e creando parroquia até no último palco, nunha incansable romaría de aldeas, porta a porta, veciño a veciño. É o marketingmáis eficaz. Botarlle horas ao volante e chegar alí onde remata o asfaltado dos camiños. Sen buscar o aplauso, con humildade. O mérito, din, é ser xente desta eira e deste tempo. A xeración máis combatente da creación sonora da terra volve aos escenarios disposta a rozar a maleza da indiferenza e facer agromar a rebelión das mentes. Chega a primavera da música galega.

Desde que Mördor se convertera en Zënzar e as Encrobas no epicentro do rock galego, en Cerceda sempre florece primeiro. En maio, a incombustible banda de Xosé Bocixa —voz— volve aos escenarios, coa mesma insubmisión de cando bruaban contra o servizo militar obrigatorio en casetes de 500 pesetas a unidade. “Case 25 anos despois, o espírito do grupo mantense inmóbil. É o mundo en xeral o que non deixa de empeorar. Por iso volvemos ás nosas orixes, con sons eclécticos e cancións tralleiras, que falan do conflito social entre ricos e pobres, entre explotadores e explotados, cancións que falan dunha vida subordinada á rutina do traballo”.

Avisan, que coma anuncian na carátula, Vaise armar. Polo pronto, o próximo 14 de abril, axudarán a montar balbordo aos seus discípulos máis avanzados, os Machina. O cuarteto prepara a presentación oficial de Ensaio sobre o silencio, plasmación da “madurez persoal e musical” da banda referencial do metal galego. Arredor de 13 cortes “directos e rápidos”, os cercedenses reflexionan sobre historias enganadas, patrias impostas e camiños marcados. “Estamos cansos de que apandemos sempre os mesmos. Queremos dilapidar os silencios da medocracia, dunha crise que nos condena á miseria”.

A palabra segue a ser unha arma cargada de futuro. Por iso, hainos que se meten a editores. Os Quempallou xa teñen o prelo a punto para distribuír o seu cuarto álbum, Vellas Novas, no que volven bater con retranca nas pandeiretas, enchendo o fol de festa, empeñados en recuperar voces que falan e contan cousas que lles petan de preto. “Desgrazadamente, despois de décadas de normalización lingüística estamos nunha situación pre-democrática, sen prensa en galego”. De aí que o leitmotiv do disco, incluído o deseño gráfico, sexa o xornalismo. Tirando de repertorio popular pero con maior protagonismo das composicións propias. Cantándolle aos galegos que emigraron á Habana para gañarse un peso ou aos que parolan fronte a unha cunca de viño. “Non pretendemos reescribir a música tradicional, senón falar da realidade que nos rodea Tamén na foliada”, canta Guillerme, “hai que coidar esta terra”.

Desde o cortello dos xa veteranos Ruxe-Ruxe, Vituco Neira subscribe o fondo, pero matiza a forma. “Para criticar as cruezas da realidade non sempre hai que poñerse no papel de francotirador. Nós non queremos facer simples textos de protesta. Creamos aquilo que nos sae do corazón, aquilo que realmente sentimos”. E o que lles pide o corpo é ouvear Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras, e falar do que lles doe pero tamén do que lles enche a alma de folgos. De “amores macarras” e negocios co demo. Dese rock país que o 31 de marzo subirán ao escenario da Sala Capitol.

Menos directos, menos vendas

Aos concellos péchanlles a billa e aos grupos os circuítos nos que tocar. Menos festivais, menos directos, menos vendas. Malia existir máis formacións e estilos ca nunca, a pesar da normalización do galego e, incluso, aínda estando máis ou menos resoltas certas eivas históricas, como a falla dunha industria discográfica, grazas á Rede e á aparición de selos de autoedición, a crise afasta a utopía de vivir do que dá a música. Intensifica a eterna contradición entre unha oferta talentosa e unha economía de subsistencia. Pero o escenario tampouco é tan novidoso. “As dificultades son sempre as mesmas”, recoñece Bocixa: “Autoodio, descoñecemento, falta de apoio gobernamental...”.
Para Guillerme Costa, voz dos Quempallou, “o desexable sería que a cultura puidera sobrevivir sen subvencións igual que a lingua sen plans de normalización”, unha situación para a que considera imprescindible o cambio de actitude de medios de comunicación e partidos españolistas como o PP respecto das diferentes culturas do Estado. Bocixa engade a problema xurdida da “pretendida confusión” creada arredor da “suposta” dependencia institucional da música. “Onde van parar os investimentos en cultura das diferentes entidades autonómicas? É que os macro-concertos do Monte do Gozo non son cultura subvencionada? O que acontece é que a Xunta gasta o orzamento en artistas que veñen de fóra”. Aos Ruxe xa lles cansa dar sempre os mesmos titulares, pero Vituco recoñece que, tristemente, son certas cantilenas as que non cambian. “Chamáronnos para tocar en Euskadi, en Italia, mesmo nas Azores, pero nunca do concello no que estamos empadroados, no que pagamos os nosos impostos. É máis interesante traer a grupos de pop madrileños, que soan nos 40 Principales, porque son "guays" e din "I love you". E o rebaño vaise facendo máis grande”. Sen sostén institucional, agoira Bocixa, ao final só quedarán os festivais de resistencia, de contracultura, “aos que acabas por non cobrar”. “Pero os músicos non deberiamos confundir unha asociación cultural cun festival. Moitos grupos aceptan estar nun cartel de soa a cambio de ir de balde. Se a xente se vende por 300 euros é difícil mellorar a situación”.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Mostra de traxes tradicionais galegos (Vigo)
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=111109
(texto engadido o día 23/ / 3/ / 12 )


"O traxe a través do proceso do pan" é o título da exposición que acaba de abrir na Casa Galega da Cultura de Vigo e que dá comezo aos actos da celebración da Reconquista este ano.
A exposición fai un repaso de traxes tradicionais de diario tal e como se empregaban hai douscentos anos, con vinte maniquíes que amosan diferentes partes do proceso de cultivo do millo e da elaboración do pan. Canda a isto tamén se poderán ver vinte modelos en miniatura de traxes.
A exposición, que se poderá ver ata o 8 de abril, inicia os actos da Festa da Reconquista de Vigo, que se celebrará entre o 31 de marzo e o 1 de abril.
- traxe galego -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A Asociación cultural A Xesteira abre a taberna en Couso

(texto engadido o día 23/ / 3/ / 12 )


Aviso a todolos FESTEIROS.
Hoxe a noite abrimos a taberna, no campo da festa de Couso.
E o venres que ven temos FOLIADA.
Vinde todos de festa.
- As Nosas Músicas- Couso -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



ZURRUMALLA n'A Cova Céltica
http://www.facebook.com/events/364143936959165/
(texto engadido o día 23/ / 3/ / 12 )


Zurrumalla presenta o seu primeiro traballo discográfico baixo o titulo
"O que había, e...O que hai"

A formación de música folk preséntase deste xeito despois de once anos de percorrer Galicia polas festas, seráns, e máis eventos lúdicos, para facerse un oco no panorama da música galega.

Das "festas que montan" sábeno moi ben o xa nutrido clube de fans.
- Zurrumalla- A Cova Céltica -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



"Leo & Arremecaghona`s + Os Labregos do tempo dos Sputniks"e "Os Codias" no FURANCHO MALAHERBA
http://www.facebook.com/events/333467483367669
(texto engadido o día 23/ / 3/ / 12 )


23:00 H. no Furancho Malaherba(Praza de San Mauro; Matamá-Vigo).Gran noite nos agarda: comezará o Leo con Arramecaghona´s Produccions para continuar despois xunto con Gharcia(DKTC) e Silverio(Xenreira) cos:LABREGOS DO TEMPO DOS SPUTNIKS, por primeira vez no furancho Malaherba!!, despois ....
E o sábado visitannos o grupo de folc OS CODIAS. Festaaa!!

- Malaherba- Matamáfolk -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XIV Encontro Degustación do Millo Corvo
http://www.meirocorvo.org/actividade.php?lin=G&id=16
(texto engadido o día 23/ / 3/ / 12 )


A Asociación Cultural de Meiro (Bueu) organiza o XIV ENCONTRO DEGUSTACIÓN DO MILLO CORVO, festa declarada de INTERÉS TURÍSTICO DE GALICIA no ano 2009.

Esta celebración de artesanía agroalimentaria é a culminación anual dun ciclo de traballo a prol da recuperación deste millo escuro que celebra nesta edición o seu décimo cuarto ano.

• VENRES 23 DE MARZO: MUIÑADA

Onde: Muíño da Presa (Canudo, Meiro - Bueu)
Hora: 10:00 horas e ó longo de toda a xornada.
Pola noite actuacións de música tradicional.
Ás 12:00 da noite Conxuro e queimada a cargo de Seso "de Pancho".
Degustación e venda: sopas de cabalo cansado, torresmos, chourizos...

• SÁBADO 24 DE MARZO

19:00 - Representación didáctica: "Os instrumentos pobres e cantos de labor" a cargo de Xabier Blanco.
19:00 - ECOTABERNA: Elaboración de diferentes tapas e pratos elaborados con millo corvo.
21:00 - Festival “A PAN DE MILLO”
Actuación da escola de música tradicional
Grupo infantil de pandeireta "Lembranzas da Ría" (Cangas do Morrazo)
Actuación do grupo de cantareiros "Maghua" (A Coruña)

• DOMINGO 25 DE MARZO

XIV ENCONTRO DEGUSTACIÓN DO MILLO CORVO

o 11:30 - Apertura das carpas gastronómica e de artesanía.
o 12:00 - Presentación da publicación A Lingua do Corvo.
o 12:30 - Lectura do pregón a cargo de Constantino Armesto (Catedrático de Física e Química e divulgador científico)
o Firma de carteis do millo corvo a cargo do autor Luis Davila
o 12:45 - Actuación do grupo de pandereteiras "Trébede" (Marín)

o 17:00 - Obradoiro infantil: xogos tradicionais (aros, zancos, esfolagatos...etc)
o 17:30 - Charla-coloquio: "O Cambio social 1950-2000 en Galicia: nenos, mulleres e homes"
Ponente: Manuel Pérez Rúa (sociólogo)
o 18:30 - Presentación divulgativa do movemento internacional Slow Food (alimentos de excelencia gatronómica, conservación da biodiversidade, información filosofía slow)
o 20:00 - Actuación da charanga "Trébede"
o 21:00 - Actuación do grupo "Pardal na Rúa"

o AO LONGO DE TODO O DÍA:

• ECOTABERNA: Elaboración de diferentes receitas elaboradas co millo corvo. Venta de alimentos da aldea.
• Degustación de pratos elaborados co millo corvo.
• Obradoiros artesanais. Demostracións ao vivo:
- Obradoiro de reciclaxe: Dekñitas
- Obradoiro de cestería: Cestos do gran
- Obradoiro de follaco: Cebos para pesca
• Roteiros guiados aos muíños do Canudo (Meiro – Bueu).
• Proxección de vídeo “Rexurdir do millo corvo. Testemuña dunha tradición”.
• Exposición etnográfica.

- Lembranzas da Ría- Pardal na Rúa- Millo Corvo -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



FALPERRYS & KELTOI! en O Torreiro da Festa (Vigo)

(texto engadido o día 23/ / 3/ / 12 )


O Torreiro da Festa (Roxelio Abalde 16 - Zona Churruca) Vigo

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Actuación de MILESIOS en A Coruña e Lugo
http://milesios.blogaliza.org/2012/03/20/fin-de-semana-acustico/
(texto engadido o día 23/ / 3/ / 12 )


Este fin de semana que vén podedes ver a Milesios na Coruña e en Lugo nun formato acústico para nos adaptar aos locais en que actuamos. Comezaremos o sábado 24 ás 22:30 na Repichoca, Orillamar, 13, Coruña.



O domingo 25, día de san Lázaro, axudaremos a celebrar as festas do Barrio da Ponte con un concerto na Casa das Cores a partir das 18:00, unha hora estupenda para todos os públicos. Esperamos ademais que faga bo tempo para podermos desfrutar da terraza.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa Presentación do DERRAME ROCK 17
http://www.festivalderramerock.com/novas/a-compania-do-ruido-mitocondrias-y-megapearls-este-venres-na-festa-presentacion-no-derrame-rock-17_1_157_1029.php
(texto engadido o día 16/ / 3/ / 12 )


O vindeiro venres 16 de Marzo, 21:00h daremos a coñecer o total dos grupos que compón o cartel da XVII edición do Festival Derrame Rock e para celebralo que mellor forma que unha festa para todos vós.
Ese mesmo día e trás o anuncio oficial do cartel, realizarase un concerto gratuíto na Praza do Correxidor a cargo dos grupos A Compañía Do Ruído, Mitocondrias e Megapearls, ao que por suposto estades todos invitados.
Tamén se darán a coñecer a repartición dos artistas por día de actuación.
E se aínda non tes a túa entrada para o Derrame Rock 17 podes conseguila en oferta ata o 15 de Marzo
As entradas están á venda nos puntos habituais en oferta ATA O 15 DE MARZO, ao prezo de 32 euros sen acampada e 37 euros con acampada. A partir do 16 de marzo as entradas pasarán a custar 42 euros sen acampada e 47 euros con acampada. Tamén sairán á venda as entradas de día a un prezo de 30 euros. As entradas de día non terán incluída a zona de acampada, polo que a forma máis barata de ir un día soamente con intención de acampar, é comprar a de abono con cámping antes do 15 DE MARZO ( 8 euros máis que a entrada por día pero INCLÚE cámping).
- Derrame Rock -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Esquíos presenta o seu novo disco en Vigo

(texto engadido o día 16/ / 3/ / 12 )


Sábado 17 de Marzo ás 23h en O Torreiro da Festa.
- Esquíos -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Os Resudios Atractivas e Tridente no FURANCHO MALAHERBA (Matamá - Vigo)
http://www.facebook.com/events/408281932521818/
(texto engadido o día 16/ / 3/ / 12 )


Este venres estarán tocando OS RESIDUOS ATRACTIVAS no FURANCHO MALAHERBA.E o SÁBADO tocará o grupo de folc TRIDENTE. Xá sabedes no FURANCHO MALAHERBA: a mellor música,papatoria,viño da casa.....festa asegurada

- Malaherba- Matamáfolk -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Terbutalina + Pito de Pikasso na Sala Moon (Compostela)
http://terbutalina.blogaliza.org/2012/03/13/terbutalina-pito-de-pikasso/
(texto engadido o día 14/ / 3/ / 12 )


Terbutalina + Pito de Pikasso

Sala Moon (Compostela)

14-03-2012

23.00

Entrada 5€ con desconto de 1€ en consumición.

Évos unha festa da xente de Pedagoxía da USC.

- Terbutalina- Pito de Pikasso- Sala Moon -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



25 Aniversario da Casa das Crechas (Compostela)
http://www.casadascrechas.com/central/080409joomla/
(texto engadido o día 14/ / 3/ / 12 )


- Os artistas que participarán na Festa son: Banda das Crechas, Xosé Manuel Budiño, Carlos Blanco, Ugia Pedreira e Fred Martins, Uxía e Sérgio Tannus, Narf, Carlos Santiago, os magos Romarís e Cayetano Lledó, o Coro da Rá, Lilí dos Toxos, Acibreira, Davide Salvado, Alborada, Sara Vidal, Camilo Franco, Najla, Califa Swing Trio, Alejandro Vargas, o Coro da Rá, Xoán Curiel e Tony Lomba.

- Presentouse unha programación de aniversario que se estenderá ao longo de todo o ano

- A festa do 14 de marzo ten entrada libre e gratuíta e haberá de beber e de petiscar para os asistentes


Compostela, 14 de marzo de 2012Hoxe mércores día 14 a partir das 18.30 da tarde terá lugar na rúa Vía Sacra (exteriores da Casa das Crechas) a Festa do 25 Aniversario do pub máis emblemático da cidade, que contará coa presenza de 24 artistas convidados chegados de toda Galiza, Portugal (Sara Vidal) e Brasil (Fred Martins e Sérgio Tannus). A programación foi presentada por Vítor Belho, socio fundador, o artista Davide Salvado, a cantante Uxía e o gaiteiro Manuel Amigo.

A música galega estará amplamente representada polo gaiteiro Xosé Manuel Budiño, Leilía, Ugia Pedreira, os cantautores Narf (Fran Pérez) e Xoán Curiel, o Coro da Rá, os grupos de gaiteiros Alborada e Acibreira, Najla Shami, a Banda das Crechas, Uxía, Davide Salvado, Califa Swing Trio e Tony Lomba en plan ‘crooner’.

Tamén haberá humor e moito teatro, a cargo de Carlos Santiago, Carlos Blanco, Lilí dos Roxos; maxia (os magos Romarís e Cayetano), e un escritor coa súa mellor versión ‘stand-up comedy’: Camilo Franco.

A Festa estará conducida por Carlos Blanco e Xosé Barato e será retransmitida en directo a través da web da Casa das Crechas. Ademais, entrarán en directo desde outros países artistas como Aline Frazao (Lisboa), Déa Troncoso (Brasil), Marisol Palomo (Bruxelas, de Ialma) e Chick McAuley (Escocia).

A entrada é de balde e haberá bebidas e petiscos para os asistentes.

O 25 aniversario continuará a celebrarse ao longo de todo o ano, cunha programación especial para conmemorar os 25 anos e, á vez, comezar unha nova etapa na que desexamos continuar sendo un referente no país, actualizar a nosa oferta aos novos tempos e de seguir a ser a vangarda e tamén o niño dunha cultura sostible, aberta e universal.
- Casa das Crechas -

+ 4 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



O canto agochado entre pipotes
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=20572
(texto engadido o día 14/ / 3/ / 12 )


A RECUPERACIóN DO CANTO DE TABERNA CONTA CON CADA VEZ MáIS ADEPTOS NO PAíS



¿Quen dixo que as tabernas de toda a vida están condenadas á desaparición? Nos últimos anos multiplícanse as iniciativas para lles dar nova a vida da man da música. Os cantos tabernarios resoan por todos os recantos do país cada vez con máis forza. Pontevedra é a última en se sumar á iniciativa, da man de Maravallada, cun ciclo dedicado a esta forma da nosa tradición. Os que se queiran iniciar, téñeno ven sinxelo, xa está dispoñible na rede un Repertorio Tabernario cos ghits que mais soan onda os pipotes.

No primeiro venres de marzo, a cidade de Pontevedra vía renacer unha actividade que, cando menos na súa vertente máis tradicional, levaba anos sen se practicar. O grupo Maravallada botaba a andar o ciclo Cantos de Taberna, unha iniciativa coa que o Concello quere traer de volta esta forma musical aos bares locais. A iniciativa enmárcase nun renacer xeral desta actividade, que da man de asociacións e concellos está a se recuperar, malia á mudanza de hábitos de ocio e á paulatina desaparición dos lugares onde se adoitaba practicar.

O canto
Definir o que se entende por canto da taberna é complicado. Para alén do lugar no que se interpretan os temas, a primeira vista semella que non hai moitas diferenzas con outras formas da nosa tradición, xa que os temas e a instrumentación coinciden a miúdo. “Poderíase dicir que é un canto furtivo, porque de entrada realízase a unhas horas, na noitiña, nas que moita xente tería que estar xa na casa”, explica Torres. Como principais diferenzas, os especialistas sinalan que se dá un predominio vocal sobre os instrumentos, e que é característico o cantar en grupo, e con voces masculinas. “Polo xeral era un canto de homes, xa que antes non había mulleres na taberna”, lembra. En canto á música “é un canto con pouca instrumentación, hai que pensar que polo xeral era improvisado, e entón podíase contar cunha guitarra que houbese na taberna, ou un acordeón, pero pouca cousa máis”, sinalan desde Maravallada.

A música
Dentro da recuperación destes cantos, hai tamén tendencias. Deste xeito, Torres apunta que “desde a nosa perspectiva, non se pode meter un grupo de música nun local e chamarlle a iso música de taberna. Nós levamos un acordeón, percusión e como oito algunha gaita para cancións moi específicas, e aos grupos que veñen ao ciclo pedímoslles o mesmo. Ademais, non se poden meter grupos moi numerosos nunha taberna, porque polo xeral son pequenas e entón non se cabe”. Suso Sánchez é un dos organizadores, desde a asociación O Castelo, do concurso de Cantos de Taberna desta localidade, que reúne desde hai catro anos 16 grupos de todo o país. Desde a súa experiencia sinala que “nós facemos o concurso aberto, a calquera que queira participar. Aínda que orixinalmente os cantos eran fundamentalmente vocais, nós temos no certame desde rondallas, a grupos de música tradicional, pandeireteiras ou mesmo xente con saxos ou guitarras, procuramos variedade”.

Tradición e innovación
A variedade e a improvisación son marca deste xénero musical. “Había sempre innovacións”, apunta Sánchez. Malia á importante pegada do repertorio tradicional, no era estraño a introdución de tangos, boleros ou todo tipo de temas coñecidos en festas, a radio ou a televisión. “Nós cinguímonos á tradición, pero isto non está acotado, pódese cantar o que se queira. De feito hai xente que se arrinca a cantar outro tipo de temas, e nós imos detrás, o que interesa é a participación”, sinala Torres desde Maravallada. Dun xeito ou doutro, os músicos que traballan este xénero recoñecen un predominio de temas galegos, e mesmo apuntan os éxitos que máis se corean nas sesións. Deste xeito, para Torres, “as cancións de toda a vida están sempre presentes. A Rianxeira ou Catro vellos mariñeiros son o equivalente aos temas enchepistas das discotecas, cando se tocan, todo o bar comeza a cantar”. Pola súa banda, Sánchez sinala que “Quen teña viño é das que sempre están”.

Os lugares e o ocio
Desde Maravallada recoñecen que en Pontevedra este costume estaba practicamente extinto aínda que non falta en calquera noite quen se arrinque a cantar nun bar ou na rúa con repertorios xa do máis variado. “Custounos atopar tabernas típicas, xa quedan poucas e tivemos que botar man de locais que xa non son tan específicas e que máis ben son cafés, pero con propietarios que queren colaborar”, lembran. Fronte a isto, destaca a vitalidade que lle apoñen a esta tradición en Melide. Segundo sinala Sánchez “alí sempre se cantou polas tabernas e é unha tradición viva”, explica. Malia a que, como, de xeito semellante, o costume mantense en boa parte do país, as mudanzas nos hábitos de ocio supoñen unha especial ameaza a este tipo de cantos. A substitución de tabernas por cafeterías, pubs ou discotecas son só unha parte do problema. “ao meu ver o canto de taberna perdeuse pola televisión. Cando apareceu, a xente que cantaba comezou a estorbar”, explica Torres.
Encol da recuperación desta forma de entretemento, este músico apunta que “semella chocante que agora volte o interese. O mesmo e porque estamos en crise que a xente quere cantar. Tamén pode ser unha moda. Pero resulta curioso, porque cando o facemos nas tabernas conseguimos un éxito aínda que poñan fútbol pola televisión, co tirón que ten iso”.

Os protagonistas do retorno
Sánchez apunta que “é un fenómeno bastante recente. Nós como grupo non somos os únicos, verificamos que toda a xente que participa son máis ou menos novos”. Foz, Pobra de Brollón, Mondoñedo, Moaña, Ferrol, co seu recoñecido Ciclo de Músicas Portuarias, Compostela, Lalín, A Coruña ou mesmo Barcelona (co grupo Os Recanteiros) son só algúns dos lugares onde, con maior ou menor frecuencia, resoan estes cantos nocturnos. En Melide, cada ano esgótanse as prazas para participar no certame, e desde a organización recoñecen que “xa contabamos con ter unha boa acollida. Pensamos que é algo que funciona por si só. A toda a xente que toca ou canta gústalle cantar polos bares, é algo que resulta divertido. É moi distinto que estar nun escenario, moito máis libre”.

Influencias
Dentro do proceso de recuperación desta tradición, Torres apunta a influencia decisiva dalgúns grupos musicais. “A Roda tivo unha grande importancia, sobre todo porque fixo arranxos para temas clásicos permitindo que se puidesen cantar por todo o mundo, con ritmos moi pegadizos. Eu penso que conseguiron popularizar isto, e que sen eles non existiría hoxe o canto tabernario. Tamén podemos falar de Fuxan os Ventos ou de A Quenlla”. Máis recentemente, o proxecto Nordestin@s de Guadi Galego, Ugia Pedreira e Aber Rábade reivindicaban unha aproximación ás cancións dos bares portuarios.

Repertorio
Para alén da súa actividade en Maravallada, Torres é tamén autor dun libro que lle vai facilitar en boa medida aos interesados achegarse a este mundo. Repertorio tabernario publicado pola Área de Normalización da Universidade de Vigo, achega as letras de máis dun cento de temas populares. “Constatei que a xente se lanzaba a cantar sen saber toda a letra, e desde hai anos estaba coa idea de facer un libriño que as trouxese e que se puidese levar facilmente no peto, para botar man del”. Logo dun amplo traballo de selección buscando os temas máis populares, a publicación está a ter un grande eco, e están para se esgotar os 700 exemplares da tiraxe, aínda que a obra está tamén dispoñible na rede.

Para alén da proposta pontevedresa, que se desenvolve o último venres de cada mes, a vindeira cita
será en Melide o 28 de abril, entre as 12 da mañá e as tres da tarde, no casco vello da vila. Os interesados en se achegar, só precisan ter gana e perder un pouco a vergoña.
- cantos de taberna -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Gaita Galega (e Cantos de Taberna) en Arzúa
http://www.facebook.com/pages/Festa-da-Gaita-Galega/164492583649226?sk=wall
(texto engadido o día 14/ / 3/ / 12 )


A “Festa da Gaita Galega” nace en Arzúa coa pretensión de ser un punto de encontro para toda aquela persoa que disfruta coa música tradicional galega. Por esta razón, nela teñen o seu espazo tanto gaiteiros, pandeireteiras, cantareiros, bailaríns… en definitiva calquera apaixonado do noso folclore. Para todos eles está pensada esta celebración, tentando que nese día se sintan protagonistas e compartan con todos os arzuáns un día inesquecible.

Esta xornada festiva conta cunha programación na que se enmarcan diferentes actividades.

Para comezar terá lugar a unha e media do mediodía unha homenaxe a D. Basilio Carril, gaiteiro e artesán insigne, nado no concello de Arzúa. Este acto terá lugar na capela da Madanela.
Ó redor das tres da tarde dará comezo o xantar de confraternidade no Multiusos de Arzúa (Edificio Terra do Queixo). Aquí compartirán mesa, charla e esmorga todos os membros dos grupos convidados que logo percorreran as rúas do noso pobo, así como todos aqueles veciños e achegados que queiran vivir esta festa.

Por último a partir das sete da tarde haberá Cantos de Taberna coa participación de 27 agrupacións que se repartirán polos diferentes bares de Arzúa, prolongándose a troula ata altas horas da madrugada.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa furancheira de primavera en Salceda de Caselas
https://nocombaro.wordpress.com/2012/03/13/festa-furancheira-de-primavera/
(texto engadido o día 14/ / 3/ / 12 )


17 e 18 de Marzo en Picoña (Salceda de Caselas)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]