Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


I FESTIVAL AO SON DO MASMA

(texto engadido o día 23/ / 5/ / 12 )


16 DE XUÑO DE 2012
CELEIRO DE MARIÑAOS


AO SON DO MASMA é un proxecto que nace da inquedanza pola posta en valor da producción artística galega. As aportacións tradicionais da nosa cultura son os principais referentes deste proxecto, mais, tentar abrir paso ás novas achegas ao patrimonio musical e aos ritmos tradicionais feitos por novas agrupacións, é un dos principais obxectivos desta iniciativa. A súa materialización é froito da suma de esforzos entre Tumba e Dálle, grupo de recente creación composto por mozas e mozos da Mariña de Lugo que trae aos días de hoxe a música tradicional galega; e o Colectivo Cultural Ollomao, asociación do concello de Barreiros (Lugo) que traballa polo fomento e difusión da cultura propia dende a orixinalidade e a innovación. Xuntos levan a cabo organización deste I Festival Ao Son do Masma.

Para levar a cabo este proxecto, a organización do mesmo ideou un programa que conxuga distintas actividades dispostas ao longo de toda unha xornada, que fan referencia ás diferentes manifestacións culturais e produccións artísticas, e un peche de día con concertos de grupos de recoñecido prestixio no panorama musical galego xunto con outros de máis recente creación, tratando así de responder ao principal obxectivo de AO SON DO MASMA.

Durante todo o día haberá roteiros, xogos tradicionais, feira de artesanía, obradoiros de baile e pandeireta da A.F. Arco da Vella, aberto de billarda cos palanadores e palanadoras do Varal, etc...
E a partir das 23:00h. terá lugar a apertura de CONCERTOS do
“I Festival Ao Son do Masma” a cargo dos seguintes grupos:

- TUMBA E DÁLLE
- OS MODERNOS
- TANTO NOS TÉN
- QUEMPALLOU
- Tumba e dálle- Os Modernos- Tanto Nos Ten- Quempallou -

1 comentario
:: Enlace a esta nova ::



Serán de Valga 2012

(texto engadido o día 18/ / 5/ / 12 )


Lugar: Campo da Festa de Campaña (Valga)

A partir das 12:00h.
Tapas e viños de balde para os asistentes.
Tódolos que o desexen, poden participar nun xantar popular.
Foliada durante toda a tarde.
Á noitiña, de novo, viños e tapas ata que o corpo aguante.

Prezos (solo para o xantar):
Socios 8 euros
Non socios 10 euros

Teléfonos de contacto para o xantar:
Peke 652 822 427
Norberto Losas 615 446 871
Tito de Bexo 629 722 035
Luis o Xaneiro 636 495 984

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IX Manguelo Folk

(texto engadido o día 12/ / 5/ / 12 )


IX MANGUELO FOLK

Orazo o sábado 26 de maio do 2012

A partires das 18:30h.

Gaiteiros da Pereiriña de Martixe.
Lilaila de Orazo.
Xuntanza dos regatos de Orazo.
Ruadeiras de Loimil.
Xirandola de Bandeira.
Celso de Lalin.

A partires das 23:30h.

Xuntanza dos Regatos de Orazo.
Os Carunchos.
Tanto Nos Ten.
Requinta da Laxeira.
Ce, Home Orquestra.

Serán máis de 12 horas de festa onde a protagonista é a nosa música tradicional .
Como tódolos anos , contaremos con amplos aparcadoiros e zona para a acampada gratuítas, o campo da festa está cuberto pos unha grande carpa e haberá polbeiro e bocatas a prezos económicos .
Esperámosvos en Orazo !!!!

Noticia enviada por lr

- MANGUELO FOLK -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



X Serán Muiño de Fausto (Coiro - Cangas)

(texto engadido o día 9/ / 5/ / 12 )


Logo dun fin de semána de música, e para poñer fin cada ano ás Xornadas Culturais Festa do Muíño, a Banda de Gaitas Tromentelo organiza un serán. No serán facilítase un palco e unha megafonía onde calquera que o desexe, ben sexa só ou en grupo, poderá deleitar coas súas pezas os bailaríns que a se achegan ano a ano ó Serán Tromentelo. A peculiaridade deste serán é que a parte da música tradiccional e do baile, tamén se organizan concursos e se ofrece comida tradiccional. Xeralmente fanse conscursos tanto de pequenos como de maiores da "desbulla" do millo, os gañadores obséquianse con agasallos tradiccionais. Logo deste consurso a directiva de Tromentelo ten preparada para todos "Papas de Fariña Milla". Todo de balde. E o mellor é a posibilidade de beber bo viño, acompañado de ovos da casa cun chourizo.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Salvaterra de Minho acolhe homenagem a José Afonso no dia 28 de abril
www.scdcondado.org
(texto engadido o día 25/ / 4/ / 12 )


A Sociedade Cultural e Desportiva (SCD) do Condado prepara umha homenagem a José Afonso polo vintecinco cabodano do seu passamento, que se cumpriu em fevereiro. O ato vai-se celebrar neste sábado, 28 de abril, na semana da Revoluçom dos Cravos, na que o Zeca foi protagonista ao ser usada a sua cançom Grândola, Vila Morena como senha para o arranque da mesma. A SCD quer reconhecer, também, ao MFA e ao povo português nesta homenagem.

A figura de José Afonso e a sua relaçom com a Galiza vam-se retrarar numha mesa redonda com amigos do Zeca e militantes da esquerda portuguesa. Desde as 18:30 falarám nas Covas de Dona Urraca o membro da Associação José Afonso (AJA) Xico de Carinho, o amigo e companheiro do cantor Suso Iglesias (que organizou unha homenagem ao Zeca em 2007 em Ponte Vedra, para ser emitida na TVG) e o militante do PCP e concelheiro em Valença do Minho Alípio Nunes.

Antes, desde as 17:00 haverá umha festa infantil no recinto da muralha, acompanhada de jogos populares e outras actividades de lazer.

Na tardinha, depois da mesa redonda, actuará um grupo de gaitas para amenizar a hora dos vinhos, ao ar livre, diante da Casa do Conde. E será na Casa do Conde onde se sirva umha ceia com posterior actuaçom de O Leio e De Outra Margem. Ambos grupos vam interpretar repertório do José Afonso e das músicas populares galega e portuguesa. A entrada para a ceia-concerto tem um custo de 12 euros, que se reduzem a cinco no caso de acudir só à actuaçom musical. As entradas podem-se reservar na web scdcondado@scdcondado.org.

Noticia enviada por scdcondado

- José Afonso- Salvaterra- homenagem- SCD Condado -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



REVOLUÇOM DOS CRAVOS Na Gentalha (Compostela) COM CEIA, DISCO E CONCERTO DE TAGHAITAí!
http://agal-gz.org/blogues/index.php/gent/2012/04/18/title-478
(texto engadido o día 20/ / 4/ / 12 )


Festa galego-portuguesa para comemorar o 25 de abril

sábado 28 de abril no C.S O Pichel


21h00
- ceia portuguesa: entradas, caldo verde, bacalhau e papas de arroz. Vinho verde e café.

- apresentaçom do novo disco duplo: 25 de abril Sempre!
(Com temas de discos inéditos e documentaçom surpreendente)

- Saudaçom das companheiras do Projeto "Amigos maiores que o Pensamento"


22h30
- concerto: TAGHAITAÍ!!! TOUR DE BAIXURA + estreia da coral GAITA ARMADA

* É obrigatório ter bono para a ceia (venda antecipada no Pichel e reservas no mail da gentalha ATÉ O 26 DE ABRIL)
. O preço da ceia inclui o concerto: 15€
. Preço do concerto sem ceia: 3€ (4€ para nom sócias)
- Gentalha- Taghaitaí -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



X aniversario VARACUNCAS en Santa Baia (Rodeiro)
http://www.facebook.com/events/322180887842396/
(texto engadido o día 19/ / 4/ / 12 )


21 de Abril en Santa Baia (Rodeiro)

Este ano o grupo de música tradicional Os Varacuncas celebramos o noso X aniversario.
Con motivo de esta celebración queremos convidarvos a unha noite de festa e boa música para agradecervos a todos/as o voso apoio durante estes últimos dez anos.

Horario:

- 21:30: Comenzo da festa.

- 22:00: Actuación do grupo de teatro Os Kamabariteiros.

- 22:45: Serán:

Os grupos que xa están confirmados son:

- Os Arandos (Rodeiro).
- Piconas d'o Irixo (O Irixo).
- Serandeiros de Boborás (Boborás).
- Fiadeira (Antas de Ulla).
- Pandereteiras Tradescola (Lugo).
- Os Varacuncas (Rodeiro).

Ademais dos grupos que estan confirmados todos dos grupos que veñan a festa e queiran tocar no Serán poderanse apuntar ese dia.

- 00:00: Actuación de Begoña Lorenzo e Iago Mouriño.

- 00:45: Actuación Ce orquesta Pantasma.

- 02:00: Actuación do Dúo Nueva Era.

Ademais para todos os asistentes celebraremos un concurso de aturuxos e un concurso de baile con agasallos para os gañadores.

¡¡¡ESPERAMOS QUE DISFRUTEDES DA FESTA!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VIII Encontro Internacional - Zona da Zanfona 2012
http://zonadazanfona.blogspot.com.es/
(texto engadido o día 17/ / 4/ / 12 )


Detalles de inscripción (data límite: 18 de abril)

Zona da Zanfona 2012 é o VIII Encontro Internacional para zanfonistas en Galicia, onde cada ano, aCentral Folque achega os mellores intérpretes e compositores para amosar a súa arte e impartir cursos prácticos para os especialistas deste instrumento milenario que está a rexurdir cunha forza consolidada nos últimos 10 anos e dos que este encontro é a cita máis importante do ano nesta periferia de Europa. Os mestres convidados deste ano son os franceses Gilles Chabenat e Patrick Bouffard

"Tour à Tour/Volta a Volta", este é o tema para o 2012 na Zona da Zanfona, unha cita que este ano desembarca en Rianxo entre o 20 e o 22 de abril para ofrecer as mellores maneiras sobre este "sintetizador medieval" nunha renovación do instrumento que en Galicia na última década está a experimentar unha evolución sen parangón.

Nos Encontros Internacionais de zanfona que organiza aCentral Folque, maniféstase un xeito de sentir a música e de vivir o espazo sonoro propio. É unha excusa para ouvir música e descubrir as últimas tendencias.

É un concerto pero tamén un curso de 12 horas para traballar repertorio e técnicas modernas impartido por estes dous mestres consagrados da zanfona contemporánea.

Zona da Zanfona ademais pretende ser un espazo para a relación e intercambio de ideas, estilos, melodías, xeitos de facer música, conversas e ilusións compartidas onde a convivencia sublima a preocupación de estar toda unha fin de semana xiranso a roda. Zona da zanfona é unha catarse colectiva no -cada vez menos minoritario- entorno social deste instrumento.

Este Encontro naceu no ano 2005 co apoio do Padroado de Cultura do Concello de Narón e ten desde aquela traido a algúns dos máis senlleiros mestres da zanfona en Europa: Valentín Clastrier, Matthias Loibner, Germán Díaz, Gregory Jolivet, Isabelle Pignol, Marc Egea....

Para este 2012 o Encontro transládase ao corazón da primavera no mar de Arousa e terá a súa sede para a fin de semana do 20 ao 22 de abril en Rianxo.



PROGRAMA

Venres, 20 de abril

Hora: 19:00
Zanfonas á rúa
Acción sonora nas rúas do Centro de Rianxo. Será unha presentación sen discursos nen protocolos onde a voz das zanfonas tomarán a pabra para dar notoriedade a este instrumento.


Hora: 21:00
Concerto Tour à Tour
Os zanfonistas Gilles Chabenat e Patrick Bouffard
xúntanse neste singular proxecto que de tan obvio nunca foi presentado: dous dos mellores zanfonistas do mundo tocando a dúo nun repertorio de composicións baseadas na música tradicional do seu país (centro de Francia) e outras tomadas directamente da tradición executadas coa súa persoal visión e virtuosismo sen parangón.


sábado 21, e domingo 22 de abril

Hora: 10:00
Curso de zanfona
Impartido por Patrick Bouffard e Gilles Chabenat e centrado na súas especialidades: repertorio e técnica de vielle à roue de Auvernia e zanfona electroacústica

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Sementeira do Millo en Matamá (Vigo) - 28 e 29 abril de 2012

(texto engadido o día 15/ / 4/ / 12 )


O Colectivo Cultural Alternativo MALAHERBA está a organizar para a última fin de semana deste mes de abril a FESTA DA SEMENTEIRA DO MILLO 2012 que se celebrará na parroquia viguesa de Matamá no lugar do muiño da Regueira e onde haberán multiples actividades para nen@s e maiores: xogos, música, charlas, mostra etnográfica, muiñada, labranza, postos de artesania e agricultura ecolóxica...
O sábado podes participar nas OLIMPIADAS DO CAMPO (anotate: colectivomalaherba@gmail.com)
e xa o domingo podes asistir vestido de labrego e participar na LABRANZA TRADICIONAL e despois quedar por un módico prezo (carne o caldeiro +pan + viño=6 euros)para o XANTAR POPULAR (fai a tua reserva telf. 651 73 90 90).

Ven a pasalo ben!!!. Estás convidad@!!!!

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

PROGRAMACIÓN DA FESTA:

Sábado 28 abril

-15h. APERTURA DA IV MOSTRA ETNOGRÁFICA DE MATAMÁ

-16h. OLIMPIADAS DO CAMPO (+ info en facebook colectivo malaherba. Anótate e participa: colectivomalaherba@gmail.com)

-19h. PALESTRA DE AGRICULTURA ECOLÓXICA:

- A horta autosuficiente (por Jacobo Ojea da horta do Cadaval)
- Viticultura natural (método Masanobu Fukuoka)
- As variedades do millo galego(a cargo dun investigador da Misión Biolóxica de Galicia-CSIC)

-22h. Monólogo de CÁNDIDO PAZÓ

-23h. ARDENTÍA folc

-0h. MUIÑADA NOCTURNA


Domingo 29 abril

- 10.30 Saída do CARRO DOS BOIS dende a igrexa de Matamá ata o muiño da Regueira.

-11h. LABRANZA TRADICIONAL cunha parella de bois. Asiste vestid@ de labreg@!!!!

-12h. OS CATRO QUINTOS folc

-14h. XANTAR POPULAR. carne o caldeiro+pan+viño=6 euros.( Fai a túa reserva en colectivomalaherba@gmail.com ou no telf 651 73 90 90)

-16h. CE ORQUESTRA PANTASMA

-17h. SEMENTEIRA DO MILLO a cargo d@s nen@s asistentes a festa.
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------
haberán POSTOS DE ARTESANIA e de PRODUCTOS ECOLÓXICOS... e o domingo POLBO A FEIRA!
- Ardentía- Ce Orquestra Pantasma -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



PELEPAU no Furancho Inquedanzas (Tui)

(texto engadido o día 14/ / 4/ / 12 )


14 de abril no Furancho Inquedanzas (ao lado das actaccions da Festa)
- Pelepau -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



V Festa Treze Catorze
http://trezecatorzeando.blogspot.com.es/
(texto engadido o día 13/ / 4/ / 12 )


Contra a crise... Festa de balde!

A ACDE TREZECATORZE presenta a V Edición do seu festival de música e artes populares. Convencidos de que os cortes e recortes sempre empezan polo lúdico-cultural este ano celebramos o lustro cun espectáculo máis ambicioso que nunca e de balde coma sempre:


VENDETTA (Nafarroa). Única data en Galiza do grupo formado polos ex compoñentes de Skalariak que veñen desde a Comunidade Foral a presentar o seu segundo disco “Puro Infierno”.


TERBUTALINA (Muros). A esperanza máis irreverente da música galega presentará o seu novo traballo “Broncodilatador” que, segundo eles, “proporsiona e jarante un alivio rápido dos síntomas tales como o apapahostiamento e o lambeconismo”.


MARXE ESKERDA (Redondela). Logo dun primeiro disco de título homónimo (2010) presentarán en Salceda o seu novo traballo de estudio que sairá a luz no verán. Son contundente e sen bandeiras.


Ademais, desde o vermú (12:00h.) haberá: pulpeiro, grupos de gaitas (Os Chikilicatorzes+Grupo de gaitas Carballeira), circo de rúa, graffiteiros, danza, actividades de apoio ao 15-M, xogos populares, a charanga SGHAE, chourizada popular, bingo musical e o grande concurso de Saltos de 13-14´s!!!!

Todo isto, carpa e acampada incluída, máis algunha sorpresa, o 12 de Maio de 2012 en Salceda de Caselas.

Noticia enviada por Treze Catorze

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xira-Presentación de TAGHAITAI
http://www.facebook.com/photo.php?fbid=117292345069728&set=oa.343639342363633&type=1&theater
(texto engadido o día 13/ / 4/ / 12 )


Catro portos de mar unidos por un fio musical chamado tradición. Toda a costa galega, dende Moaña ata Burela pasando por Ribeira, fai que este grupo navegue musicalmente do Atlántico ao Cantábrico enchéndonos de salitre vital. Catro ellos mariñeiros (Lola de Ribeira, Manolo Maseda, Edelmiro Fernández e Ivan Costa), como decía a canción, e todos metidus nun bote.. nunca mellor dito. En definitiva, unha festa mariña dende o mar das ondas, un foguete sonoro entre bateas... Festa!!!

13 de Abril - Var con V (Moaña)
14 de Abril - Brétema (Ribeira)
21 de Abril - Galaexia (Burela)
28 de Abril - Gentalha (Compostela)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Ruada Cabaleiros 2012

(texto engadido o día 13/ / 4/ / 12 )


Despois de tres anos de non parar, por cuarto ano consecutivo chega a sonada, a esperada...
Ruada de Cabaleiros (Ruada da Pontepedra para os mais localistas).
A organización corre da man da Asociación Cultural Brisas do Quenllo da Pontraga, pero precisamos colaboración pois, tal como o palleiro non se fai sen palla, a festa non se fai sen bos festeiros.
Queremos, logo, contar con todas e todos vós para facer, entre todos, unha festa do melloriño. Con cantador@s, tocador@s, beilador@s...

O 21 de abril é o dia grande da festa, na Pontepedra, mesmo no corazón de Tordoia, na Sala Calviño, ó abrigo, non vaia ser que nos colla a auga por sorpresa.




*Haberá sitio onde durmir

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Banda Baile Asalto en Pontevedra

(texto engadido o día 12/ / 4/ / 12 )


12 abril no Teatro Principal de Pontevedra

Banda Baile Asalto. Folk Fresco para facer a festa!

A formación está composta por Javier Rabanal (Baixo Eléctrico), Franc Gorriz (Batería), Sarunas Pupelis (Saxofón Alto e Soprano) Samuel Macía (Bouzuqui) Jaime Rebollo (Zanfona electroacústica, requinta e saxofón) e Miguel Fraguas (gaitas e low whistle).


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Serán de Boborás (Ourense)

(texto engadido o día 11/ / 4/ / 12 )


Sábado 5 de Maio.
A partires das 20h no Colexio de Boborás (Ourense).
Concursos, festa, petisco de balde e viño, etc
Organiza: Serandeiros de Boborás
- Serán de Boborás -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Serán Angudes (Crecente)

(texto engadido o día 11/ / 4/ / 12 )


Día 28 de abril as 21 horas no torreiro da festa

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Terra da Fraternidade, Festival Tributo a Zeca Afonso
http://terradafraternidade.com/artistas-galegos-rendiran-tributo-a-zeca-afonso-nun-festival-multicisciplinar-colaborativo-e-autoxestionado/
(texto engadido o día 6/ / 4/ / 12 )


Un grupo de artistas galegos, co apoio de compañeiros portugueses e brasileiros, farán o 10 de maio no Auditorio de Galiza a súa particular homenaxe ao cantautor portugués Zeca Afonso e a canción Grândola, Vila Morena, himno dunha xeración e dunha revolución.

Esta mañana no parque Zeca Afonso de Santiago presentouse o cartel do festival Terra da Fraternidade, composto por máis de 30 actuacións e 100 artistas que colaboran de forma gratuita nesta homenaxe. Terra da Fraternidade é unha gala colaborativa, multidisciplinar e chea de cariño cara o cantautor portugués.
Na presentación pública estiveron arroupando o proxecto, un dos seus creadores Xoán Quintáns, de Caramuxo, a cantante Uxía, o cantante Xurxo Souto, o pallaso Fran Rei e o deseñador de moda Gonzalo Vázquez.

O 10 de maio de 1972, Zeca Afonso interpretou por primeira vez en público a súa canción Grândola, Vila Morena, no Burgo de Santiago de Compostela. De seguida esta melodía converteuse no símbolo da loita contra a dictadura e do compromiso social dos artistas. Ainda que este 2012 tamén se conmemora o 25 aniversario da morte de Zeca Afonso, este grupo de creadores optou por celebrar o seu valor e a súa arte, máis que o súa desaparición.
“Como dicía Díaz Pardo, Galiza é un soño e para nós Terra da Fraternidade é tamén un soño colectivo. Un acto autoxestionado, que naceu da base e onde están involucrados todos os sectores culturais do pais”, enfatizou Xoán Quintáns.

Máis de 100 artistas, entre músicos, poetas, escritores, actores, cineastas, artistas cincenses ou deseñadores decidiron emprender este proxecto común, vencellados todos eles por un espírito colaborativo e horizontal, o mesmo que Zeca Afonso demostrou durante a súa vida. Non hai empresas polo medio, só xente a título persoal que se suma a causa. Un amigo tras outro amigo.
“A idea facía tempo que a tiñamos, pero foi tomando forma gracias ao aporte de todas as persoas que decidiron colaborar con esta gran festa”, afirma Xoán Quintáns, o creador do festival xunto a Bea Bugalho.
Os artistas aportar o seu talento de forma gratuita, para demostrar que as cousas poden facerse igual de forma autoxestioanda, sen necesidade do aporte de fondos públicos ou privados. Neste festival, a organización só abonará o aluguer do Auditorio, a xestíón das entradas e a impresión do material promocional.
Uxía asegurou que é de xustiza farcelle unha nova homenaxe a Zeca Afonso e amosou a súa ledicia por poder participar activamente nunha actividade coma esta. “Grândola Vila Morena é o himno máis fermoso que se fixo a unha revolución”, engadiu. Uxía destacou o carácter diverso e interxeracional dos artistas que participarán na gala, acompañados polas bandas Utopía e Fura Fura. Tamén terá unha presenza destacada o sobriño de Zeca Afonso, Joao Afonso, encantado de participar nesta celebración.

Os artistas que forman parte do cartel e que donan o seu talento a esta homenaxe son: Quico Cadaval, Banda Utopía, García e Leo, Joao Afonso, Ugía e Fred Martins, Guadi Xabier e Guille Fernández, Tiago Gomes, Ico e Xurxo Souto, Xico de Carinho, Ses e Bocixa, Ze Rui, Trópico de Grelos, Aline Frazao, Fran Pérez, Uxía, Sergio Tannus, Vituco, Adrián Beiroa, Najla Shami, Brais Morán, Chévere, Banda Fura Fura e os 7 Magníficos máis 1… e moitas sorpresas máis.

Ainda que no cartel só figuran os artistas do ámbito da música, hai moitos outros que aportarán o seu talento a festa. Tanto Fran Rei coma Gonzalo Vázquez destacaron a importancia de que a este festival se convidase a disciplinas como o circo, a moda e a literatura, que complementan a homenaxe musical.

“Zeca Afonso dicía que Galicia tamén era a súa patria, pero a verdade é que para moitos galegos a música de Zeca tamén e símbolo da súa patria”, remacou Xurxo Souto, mentras Peter Punk, de Pallasos en Rebeldía, agasallou ao público cunha mostra de globoflexia.

A web www.terradafraternidade.com será a plataforma na que se poidan adquirir as entradas e os produtos de promoción. As entradas teñen un prezo único de 10 euros e pódense adquirir dende hoxe. Tamén editarase un xornal con textos de escritores galegos e portugueses, que poderá descargarse da web ou adquirirse impreso a 1 euro. Os xornais Praza Pública, Sermos Galiza e Diovo colaboran con este proxecto.

A gala, que terá unha duración aproximada de dúas horas, transmitirase en streaming por Internet para que as persoas que non teñan a oportunidade de acudir a festa, poidan presenciala en directo on line. Os organizadores pretenden que sexa un transcurrir de actuación de distintos ámbitos, sen presa, pero sen pausa. Á música folque, sucederalle un poema, para continuar cunha presentación circense, cun pase de moda ou cunha actuación de rock. Os músicos compartirán escenario, misturaranse uns cos outros, compartirán letras, instrumentos e equipo, para facer do 10 de maio do 2012 una gran festa da cultura galega e portuguesa. Unha unión fraternal, como eles cren teríalle gustado ao propio Zeca Afonso.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XII Alcuentru/Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana en Corcubión!!

(texto engadido o día 6/ / 4/ / 12 )


XII Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana.
XII Alcuentru de Pandereta Gallega ya Asturiana.

O vindeiro sábado 21 de Abril, festa rachada e convivencia astur-galaica na Costa da Morte. Será de volta na fermosa vila de Corcubión (A Coruña), na Fisterra galega.
Vide tod@s compartir anacos de cultura entre pobos curmáns, da man das pelicas e ferreñas e dos cantos ancestrais das nosas cantadeiras, que nos botarán a beillar e a troulear deica o nacer do día.

Programa.
-20,30h. Recibimento no Hotel-Restaurante As Hortensias de Corcubión, no lugar de Quenxe.

-21,00h. Cea-confraternización a base de produtos do país (mexillóns ao vapor, empanada, pescada ao forno, bo viño da terra, postre, café con “jotas e muiñeiras”...).

-23,30h. Actuación dos grupos:
-Menaxatruá (Asturies).

-Maghúa pandereteiros (A Coruña-Galiza).

-Ao remate, festa rachada deica a alborada (cando menos!!).

Ademais, contaremos coa participación sorpresa dunhas tocadoras moi especiais... que non volo conten, hai que vivilo!!!

Inscricións.
-Chamando ao propio Hostal As Hortensias, teléfono 981 747 584.

Prezos.
-Cea máis concertos: 20 Euros. Socios U.P. Corcubión: 18 Euros.
-Cea máis aloxamento n’As Hortensias: 40 Euros.

Máis información.
-Susana (UP Corcubión): 652 628 538.
-Guillerme (Transeu-Gz): 657 209 731.
-E-mail: xuntanzatranseu@gmail.com



Organiza: Colectivo Transeu e Universidade Popular de Corcubión.
Colabora: Complexo Turístico As Hortensias.

XII Alcuentru de Pandereta Gallega ya Asturiana.
XII Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana.

El prósimu sábadu 21 d’Abril, fiesta escomanada ya convivencia astur-galaica na Costa da Morte. Tornaremos a visitar la fermosa villa de Corcubión (A Coruña), na Fisterra gallega.
Veníi toos ya toes a compartir migayines de cultura pente pueblos hermanos, de la manu de pelleyes ya ruxideres ya los vieyos cantares de les nueses pandereter@s que mos pondrán a baillar ya armar folixa dica'l ñacer del día.

Programa.
-20,30h. Recibimientu nel Hotel-Restaurante As Hortensias de Corcubión, nel llugar de Quenxe.

-21,00h. Cena-confraternización a base de productos del país (moxones al vapor, empanada, merluza al fornu, bon vinu’l país, postre, café con “jotes ya muñeires”...).

-23,30h. Actuación de los grupos:
-Menaxatruá (Asturies).

-Maghúa pandereteiros (A Coruña-Galiza).

-Darréu, folixa escomanada dica l'alborecer (polo menos!!).

Amás, vamos cuntar cola participación sorpresa d'unes convidaes bien especiales... que nun vos lo cunten, hai que vivilo!!!

Inscripciones.
-Llamando al propiu Hostal As Hortensias, teléfonu 981 747 584.

Precios.
-Cena ya conciertos: 20 Euros. Socios U.P. Corcubión: 18 Euros.
-Cena ya agospiu n’As Hortensias: 40 Euros.

Más información.
-Susana (UP Corcubión): 652 628 538.
-Guillerme (Transeu-Gz): 657 209 731.
-E-mail: xuntanzatranseu@gmail.com
Entama: Colectivu Transeu ya Universidade Popular de Corcubión.
Collabora: Complexo Turístico As Hortensias.
- Pandeireta Galega e Asturiana -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cerqueda demostrará que hai canteira tradicional coa I Foliadiña
http://www.quepasanacosta.com/?p=14126
(texto engadido o día 30/ / 3/ / 12 )


Por séptimo ano consecutivo, Cerqueda acollerá a VII Foliada que Raigañas celebrará este sábado 31 de marzo a partir das 22:00 da noite nas Escolas das Pozacas. Coma tódolos anos haberá carpa e este ano está confirmada a presencia dos seguintes grupos: Fol de Veneno, Media Ducia, Ferrado e Medio, Lume na Cachela, Pandereteiras de Xornes, gaiteiros de Xornes, Xiradela, Malante, etc. polo que a festa está asegurada e a música e o baile tamén, é unha cita á que non podereres faltar.

Coma sempre o palco estará dispoñible para todo aquel que queira subir a cantar, bailar ou tocar. Este ano como novidade celebrarán a primeira edición da Foliadiña, na cal os máis pequenos poderán demostrar que a música tradicional non está en declive e hai canteira que a vai manter por moitos anos, polo que todo aquel grupo de nenos/as que queira asistir pode facelo e pasar un anaquiño divertido.



Haberá empanada, callos, tarta larpeira e viño do país para cear por un módico prezo.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cantos de Taberna en Pontevedra
http://www.pontevedra.eu/actualizate/o-concello-e-mavarallada-recuperan-os-cantos-de-taberna
(texto engadido o día 30/ / 3/ / 12 )


A Concellaría de Festas e a Asociación Cultural Maravallada organizan todos os últimos venres de mes “Cantos de taberna” co obxectivo de recuperar e promocionar os cantos de taberna na cidade de Pontevedra. A cita será cada vernes de fin de mes en distintos bares e tabernas da cidade.

O propósito deste programa é recuperar aqueles cantos nas tabernas que eran unha maneira de divertimento, de ocio mais e un xeito de producir e manter a tradición musical. Ao longo dos anos setenta, comezaron a verse por distintas tabernas o cartel de “Prohibido cantar”, cercenando asi o desexo de moitos afeccionados á música de pasar un rato agradable cantando en compaña de bos amigos.

Dende hai un tempo, vese en distintos lugares do noso país un renacer do que veu en chamarse música de taberna, ou canto tabernario. Concursos, certames organizados polas institucións locais ou eventos patrocinados por entidades privadas están a recuperar esta tradición e, ao mesmo tempo, a fomentar a actividade económica que rodea a calquera evento que atrae a un número importante de persoas.

A actividade contará todos os días coa actuación de Maravallada que cada venres contará con outro grupo convidado. O programa e os locais que participarán neste programa son:

• 2 de marzo: O Contribución, Vetula Ponte, Estafeta.
• 30 de marzo: As Reixas, A Lareira, A Navarra
• 27 de abril: O Parvadas, Os Maristas, A Casa do Lado
• 25 de maio: O Contribución, Vetula Ponte, A Estafeta
• 29 de xuño: As Reixas, A Lareira, A Navarra
• 27 de xullo: Os Parvadas, Os Maristas, A Casa do Lado

As actuacións desenvolveranse entre as 21.00 e as 24.00 horas.
- cantos de taberna -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]