Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


Serán Sons do Ilicinio en Lestedo (Boqueixón)

(texto engadido o día 11/ / 10/ / 18 )


Sábado, 13 de outubro no campo da festa de Lestedo, Boqueixón

GRUPOS CONFIRMADOS:
- Muxicas da Silveira
-Pandereteiras de Codeso
- Os brañas de Lamas
- A Pinguela de Bama
- Son de gaita
- O Recobio de Vaamonde

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concertos do Marisco 2018 (O Grove)

(texto engadido o día 11/ / 10/ / 18 )


Do 4 ao 13 de outubro

CONCERTOS DO MARISCO, a música que acompañará á Festa do Marisco 2018.

04.10: FLA-MECO
05.10: MORGAN FREEDONIA
06.10: THE CHARLATANS AUSTRALIAN BLONDE PARDO NANO VINILO DJ
07.10: C. TANGANA BANANA BAHIA
08.10: @ DE VIñO
09.10: A BANDA DO SEQUíO
10.10: OS FIRRíS
11.10: SES MERCEDES PEÓN SONIA LEBEDYNSKI 5 EN ZOCAS
12.10: BAD GYAL MUCHACHITO MANU TF DJ
13.10: EAGLE EYE CHERRY SEXY SADIE LOS íRBOLES

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



3º Serán Grupo A Xunqueira (Vilagarcía de Arousa)
http://www.facebook.com/264824700832512
(texto engadido o día 5/ / 10/ / 18 )


XA ESTAMOS DE VOLTA!!! CA 3ª EDICIÓN DO SERÁN FOLCLÓRICO A NOSA SEÑORA DA XUNQUEIRA!!!!

O 6 de outubro terá lugar o 3º Serán Grupo A Nosa Señora da Xunqueira, a partires das 21:30 no noso obradoiro cultural (xusto detrás da igrexa da Xunqueira, Vilagarcía de Arousa)

Con xa dúas edicións ás nosas costas, vamos ca teceira pero non a vencida!! Coma sempre, con máis gañas e ilusión si cabe!!!

O principal, convidarvos a todos aqueles que queirades participar como grupo. Podedes facer a inscripción previa no email grupo@axunqueira.com ou chamando ó teléfono 634673008. Por suposto tamén podedes "chegar e encher", pero ós que saibades con antelación a vosa asistencia, agradecemos nolo comuniquedes para ter todo máis organizadiño.
E os que non sexades de grupos, estades convidadísimos igualmente!! Vámolo pasar en grande, boa música, boa xente, ledicia por todas partes... Que máis se pode pedir?

Por suposto non van faltar os xa coñecidos coma OS MELLORES CALLOS DE TODA A COMARCA DO SALNÉS, para tod@s @s asistentes!! Ademáis de bebidas, sorteos, photocall... Non vai faltar de nada!!

E sin máis, agradecervos o voso tempo, esperamos vervos a todos por alí de festa rachada, non vos arrepentiredes!!

Agradecemos MÁXIMA DIFUSIÓN, COMPARTIDE!!!!!
Información e inscricións: grupo@axunqueira.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VII Festa da Recolleita en Matamá (Vigo)
http://www.facebook.com/294496931368588
(texto engadido o día 5/ / 10/ / 18 )


Sábado 6 de outubro ás 17:00h
Matamá - Vigo.


Un ano máis o Colectivo Malaherba coa colaboración doutras asociacións da parroquia de Matamá organiza a VII Festa da Recolleita do Millo. Habera carpa por se o tempo non acompaña. Quedades tod@s convidados a asistir.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Romarí­a de Santa Minia 2018 (Brión. A Coruña)
https://santaminia.blogspot.com/2018/09/romaria-de-santa-minia-2018.html
(texto engadido o día 24/ / 9/ / 18 )



Os dí­as 26, 27 e 28 de setembro Brión celebra a tradicional Romarí­a de Santa Minia, unha das festas máis populares da comarca que un ano máis se prepara para recibir a milleiros de romeiros procedentes de toda Galicia.

Tres xornadas festivas que nesta ocasión se complementarán con dous dí­as máis de actividades durante a fin de semana. Unha romarí­a onde a devoción relixiosa se mestura co ambiente lúdico dunha celebración centenaria onde non faltarán as cerimonias litúrxicas, a música e o baile e, como non, a mellor gastronomí­a galega. Porque Santa Minia ten infinidade de atractivos, que este ano regresan por triplicado.

Coma de costume, o concello poñerá a disposición dos visitantes áreas de aparcadoiro gratuí­tas. Dende o Concello de Brión quérese facer especial fincapé en que o aparcadoiro é totalmente de balde, unha advertencia para que ningún visitante se deixe enganar pola "picaresca" dalgunhas persoas que se aproveitaron dalgúns romeiros para cobrarlles un alugamento por estacionar o seu vehí­culo.

Os autobuses deberán facer transbordo xunto ao Centro Social Polivalente, xa que a avenida de Santa Minia permanecerá cortada ao tráfico durante a xornada do dí­a 27, un corte que xustifican polos máis de 200 postos de venda que ocuparán as dúas marxes da avenida. Os veciños residentes non terán problemas en acceder aos garaxes, pois repartiranse pases especiais para que cheguen sen problema aos seus fogares.

PROGRAMA SANTA MINIA 2018

Mércores 26: Vésperas
- 13:30 h.: Charanga Mekánika
- 17.30 h.: Espectáculo Familiar.- "Saabor"
- 19:00 h.: Xoldra de Rois
- 21.00 h.: Charanga Mekánika
- 22:30 h.: Orquestras Capitol e Finisterre
- 00:00 h.: Fogos de artificio e queima da fachada

Xoves 27: Santa Minia
- 10:00 h.: Charanga Os Celtas
- 12:00 h.: Os Viqueiras de Ordes
- 14:30 h.: Sesión vermú coa orquestra Costa Dorada
- 16.00 h.: Brassica Rapa
- 17.30 h.: Espectáculo Familiar "Dani Garcí­a: Código"
- 18.30 h.: Agrupación folclórica de Brión (Na praza do Concello)
- 20.00 h.: Orquestras Costa Dorada e América

Venres 28:
- 13:00 hrs.: Os Xirifeiros de Carril
- 17:30 hrs.: Espectáculo Familiar "Circo Chosco: Riscando o ceo"
- 20:30 hrs.: Faí­scas da Pontraga
- 22:30 hrs.: Concerto Xabier Dí­az & Adufeiras de Salitre "Noró"

Sábado 29:
- 13:00 hrs.: Requinteiros da Ulla- A Gaita de Sarandón
- 17:30 hrs.: Musicleta

Domingo 30:
- 12:00 hrs.: Os Castros de Ames
- 17:00 hrs: Festival de Bandas de Música Populares: Banda Escola de Rianxo e Banda de Música Municipal de Brión

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival Esencias Galegas en Miño (A Coruña)

(texto engadido o día 21/ / 9/ / 18 )


Sábado 22 de setembro a partires das 17h

Encontro folclórico de bandas de gaitas e sociedades culturais.
Participan:
Banda de gaitas San Xiao de Trebo, de Cariño
Banda de gaitas Os Sons da Ría, de Noia
Banda de Gaitas de San Panteleón

O festival comezará co desfile dos grupos polo centro da localidade de Miño e rematará coa actuación na praza do Parchís de todas as agrupacións.

Posteriormente, ás 20 horas celebrarase un concerto na praza Fernando Suerio, no campo da festa de San Panteleón, no Concello de Paderne.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xulio Lorenzo en O Porriño

(texto engadido o día 21/ / 9/ / 18 )


Luns 24 de setembro, nas Festas do Cristo as 21:00h na praza do concello.
Un concerto moi especial rodeado de amigos e artistas invitados.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Canteira Fest 2018 (Vilaboa)

(texto engadido o día 21/ / 9/ / 18 )


O Canteira Fest é o primeiro festival orientado a mocidade no concello de Vilaboa e trata de achegar a xuventude a un ocio alternativo no rural. Terá lugar o 22 de setembro de 2018, na Canteira de Paredes (Vilaboa) e é de balde. Contará con artistas como: De Vacas, The Tetas Van, SonDaRúa, The Lelly Kellys, Sheila Patricia e Os Meninos. Ademais da actuación musical do grupo Migallas, que terá lugar pola tarde con diferentes actividades para os máis pequenos da casa. O festival contará cunha oferta cultural feminista e durante todo o día, que inclúe unha DJ, festa da espuma, talleres, coloquio sobre a muller na cultura con confirmacións como Tamara Andrés ou Isabel Risco, etc.
Ademais durante todos os domingos de agosto e os dous primeiros de setembro, celebráronse pequenos concertos de autor en diferentes puntos do concello co obxectivo de dar a coñecer o festival na zona e atopar medios para a realización do festival.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



SES en Lalín

(texto engadido o día 21/ / 9/ / 18 )


Concerto de SES na Festa das Dores 2018 en Lalí­n. Sábado 22 á medianoite.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



LI Concurso de Gaitas do Paí­s (Ponteareas)

(texto engadido o día 20/ / 9/ / 18 )


Sábado, 22 de Setembro ás 17h no Auditorio Municipal


O Concello de Ponteareas, no seu afán por promover e difundir a música tradicional galega, convoca para o vindeiro sábado 22 de setembro de 2018 a LI (51) EDICIÓN DO CONCURSO
DE GAITAS DO PAÍS, consolidándose coma a festa musical da súa especialidade máis antiga de Galiza e colocando Ponteareas como referente no panorama da música tradicional galega.
INSCRIPCIóNS ABERTAS ATA O 10 SETEMBRO

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



ACGB (Asemble Cultural Galega de Barcelona) - Curso 2018/2019
https://www.facebook.com/ACGBcn/photos/a.762393097124953/2061495137214736/?type=3&theater
(texto engadido o día 19/ / 9/ / 18 )


ACGB comezará a impartir aulas regulares de pandeireta e baile tradicional todos os xoves de 20.30 a 21.30 horas. Profesoras: Cristina Amarelo e Ester Bertran.

Data límite de inscrición: ata o día 30 de setembro. A primeira clase é gratuíta.

Para máis información: aulas.acgb@gmail.com ou acudindo ao Ateneu Roig no horario de aulas (informaránvos das cotas a pagar)

Imaxe: Festas de San Bartolo, Robledo de Son (Navia de Suarna - Os Ancares)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Festival Son Labreg@ (Chantada)

(texto engadido o día 17/ / 9/ / 18 )


Sábado, 22 de detembro dende as 11:30h da mañá. Palestras, obradoiros, concertos (Liviao de Marrao (Chantada), Cuarta Xusta (Melide), Punkdereteiras (Chantada), DJ Peter) e moita festa!

Nota de prensa:



O Sindicato Labrego Galego presentou en Chantada, a que será a segunda edición do Festival Son Labreg@, que desta vez elixiu como escenario o entorno do Cinema Palleiriso, en Garabelos (parroquia de Mariz), apoiados por Anxo Moure e a Asociación Cultural Papaventos de Educación Ambiental. Trátase dunha iniciativa dos mozos e mozas do SLG que están organizad@s ao redor de Mocidade Labrega e que nos explicaron polo miúdo dúas das persoas que a integran: Sonia Vidal Lamas, gandeira que, ademais, forma parte da Executiva do SLG; e Vítor Fernández, gandeiro tamén e membro do grupo chantadino Liviao de Marrao.

Co o lema “Construíndo soberanía alimentaria e cultural”, este festival pretende ser “unha xornada lúdica e festiva na que o lecer e a convivencia non estean rifados cos debates ou a reflexión”, explicou Lamas. “A intención é que a sociedade galega e, especialmente, aquelas persoas que nos queiran acompañar, poidan coñecer as problemáticas e desafíos aos que nos enfrontamos día a día nun ambiente festivo e en clave positiva”.

Nun plano de diálogo e debates, a programación dará contido a esta intención con dúas palestras. Na primeira, ás 11:30 horas, sobre soberanía alimentaria, falarán mozos e mozas que xestionan anovadores proxectos agrogandeiros, como Ana Corredoira (Lácteos A Cernada), Alberto Santín (gandeiro de ovino e caprino), Xosé García (Casa da Fonte, lácteos) ou Mónica Llenderrozos (gandeira de Oscos).

Xa poñendo o foco en iniciativas culturais que se están a xerar dende o noso rural, nunha segunda palestra, pola tarde e a partir das 16:30 horas, participarán Xosé Antón Bocixa (cineasta, xestor da produtora audiovisual Tingalaranga e cantante do grupo Zënzar), Anxo Moure (Cinema Palleiriso), Lola Tourón (Cestería Viva) e Rural CE.

“Todo isto sen perder o sentido crítico”, puntualizou Sonia Vidal, “pois, dende Mocidade Labrega, con este festival tamén queremos denunciar a nefasta xestión que se está a levar a cabo do rural dende as administracións, deixándonos decotío aos mozos e mozas que vivimos no rural a única saída da emigración”.

FEIRA DE ALIMENTOS E ARTESANÍA, OBRADOIROS E MÚSICA

Así e todo, o ambiente será marcadamente festivo, nun entorno que albergará unha feira cunha vintena de postos onde se poderán atopar dende alimentos a diversas artesanías; no que se poderá xantar nalgún dos varios restaurantes que servirán comidas ou traendo un mesmo a comida; ou participando en obradoiros para tódolos públicos como o de regueifas ou o de cestería. Mesmo o Son Labreg@ servirá para acoller unha proba valedora para os campionatos galegos de billarda. E de cara a coñecer máis de preto un dos principais alimentos producidos na bisbarra, haberá unha cata de viños da Ribeira Sacra a partir das 21:00 horas.

En canto ás actuacións, antes de xantar haberá unha sesión vermú e un circo dirixido polo anfitrión do festival, Anxo Moure. O prato forte virá pola noite, para poñer remate ao festival, coas actuacións de Liviao de Marrao (Chantada), Cuarta Xusta (Melide), Punkdereteiras (Chantada) e DJ Peter.

E para facilitar o goce deste amplo programa, a organización disporá de ludoteca para deixar os nenos e nenas durante toda a xornada a cargo de monitores e monitoras, e haberá unha zona de acampada para todas aquelas persoa que queiran instalar unha tenda de campaña para pasar a noite.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Os d'Abaixo na XII Festa Do Caldo Quintadona en Porto (Portugal)
https://www.facebook.com/osdabaixo/photos/a.161017774484381/247542792498545/?type=3&theater
(texto engadido o día 14/ / 9/ / 18 )


Sábado 15 de Setembro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XII Xornada da CULTURA Tradicional GALEGA en A Bouza (Dorrón. Sanxenxo)
https://www.facebook.com/photo.php?fbid=1553638401403416&set=a.127336277366976&type=3&theater
(texto engadido o día 14/ / 9/ / 18 )


Domingo 16 de setembro no Campo da Festa

Este ano adicamos a Exposición, novamente, aos Alcumes de DORRÓN...que hai material para dar e tomar!!!
Alcumes de toda a vida do noso pobo...estarán expostos durante toda a semana na Casa da Fábrica
Os Carainos, Os do Cotro, Os Xirros...son algúns dos exemplos de alcumes que recollemos.. Non vola perdades!!!
E o FESTIVAL FOLCLÓRICO onde estaremos acompañados por Grupo Folclórico Punteirolo de Vila de Cruces e Grupo de Cantares e Dançares de San Paio de Anta de Esposende (Portugal)
Estamos encantados de recibirvos!!!
Xa sabedes, non faltedes!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



lV Festa do Pan de Millo e Ovo en Tenorio (Cerdedo-Cotobade)
https://www.facebook.com/Pandemillo2/posts/1103574263138872?__tn__=-R
(texto engadido o día 14/ / 9/ / 18 )


Sábado 15 de setembro

Que non viñeches nun o pan de Millo e Ovo???
Pois este ano, e a cuarta edición... programación todo o día...
Exposición de artesanía, e Lutheria .
Inchables e xogos infantís, Monitores.
Menús degustación.
Pregoeiros de luxo... Manolo Maseda e Xurxo Souto.
Actuación dos grupos.
AC Os Chaneiros.
Banda de Música de Cerdedo.
Banda Escola Unión Musical de Tenorio.
Os Trazantes de Tenorio.
Os Abrentes de Cerdedo.
Banda de gaitas Airiños de San Xulián.
Pandereteiras de Quireza.

Sesión Vermut a cargo dos...
Comando Foucellas.

Presentación do Metodo de Percusión tradicional do Mestre, Andrés Vilán.
Festival Folc cos grupos.

Serralhe aiiii!!!!
Tiruleque

Non podes faltar.... O sábado 15 de Setembro
lV Festa do Pan de Millo e Ovo en Tenorio.... Vide numerosos!!!

Porcerto!!! parabéns a xente dos ratratos (Santiago Delrio e Sagra Pérez) lideres dunha e equita humana fantástica e un proxecto de moitisimo esforzó, sodes os MELLORES.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Sonia Lebedynski na Pobra do Caramiñal
https://www.facebook.com/photo.php?fbid=10212509310583187&set=pcb.10212509274702290&type=3&theater
(texto engadido o día 14/ / 9/ / 18 )


Venres 14 de setembro ás 23:30h na Praza Maior (Festas do Nazareno)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Treixadura na XXXI Festa da Ameixa (Campelo. Poio)

(texto engadido o día 13/ / 9/ / 18 )


Venres 14 de setembro ás 23h na Praza da Granxa.

A Festa da Ameixa comeza homenaxeando o traballo dunha vida ás mariscadoras que se xubilaron este ano pasado a partir das 20:00 horas, inaugurarase a Carpa Gastronómica e de seguido poderemos coñecer os gañadores do Concurso Fotográfico da Festa da Ameixa. E ás 23:00 poderemos disfrutar do concerto de Treixadura - Galicia na Praza da Granxa (Campelo). ¡Estades todos convidados a homenaxear ás mulleres do mar! ¡Benvidxs á XXXI Festa da Ameixa!
PROGRAMA COMPLETO > https://goo.gl/6DtDE8

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Vai de Roda no Feirón Mariñeiro de Rianxo
https://www.facebook.com/events/482310732272264/
(texto engadido o día 12/ / 9/ / 18 )


Vai de Roda participará este ano no XV Feirón Mariñeiro (A Feira de 1918) das Festas da Guadalupe de Rianxo. Montaremos unha taberna mariñeira onde non faltará a música ao longo da xornada.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A Roda en A Lamosa
https://www.facebook.com/musicaroda/photos/a.1622419034708885/2236313019986147/?type=3&theater
(texto engadido o día 7/ / 9/ / 18 )


Este sábado dí­a 08 de setembro agardámosvos nas festas de A Lamosa, ás 00.30

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Noite de música tradicional en Ouzande (A Estrada)
https://carreiros.blogspot.com/2018/09/noite-de-musica-tradicional-en-ouzande.html
(texto engadido o día 7/ / 9/ / 18 )


Venres, 7 de setembro ás 22h no Campo da Festa de Ouzande.
Haberá posto de polbo e churrasco, así como servizo de bar.
As actuacións dos grupos convidados serán todas elas “a pé de campo”, mesturándose entre o público , tratando así de recuperar o sabor e ambiente das foliadas tradicionais, e procurando a maior participación posible dos asistentes. 

Actuacións Musicais

Os Xeitosos de Trazo (Trazo)
“Os Xeitosos de Trazo” nace por iniciativa municipal no inverno do ano 1979. Comeza como grupo de gaitas e cuns doce membros en total. Unha vez asentados e pasados xa ao redor de dous anos, dan comezo as clases de baile e con iso incorpóranse as primeiras mulleres á agrupación, pasando a ser máis de 30 persoas.Na actualidade, os integrantes están repartidos nas escolas de baile tradicional, gaita e pandeireta, os cales están divididos segundo as idades destes. Tamén se organizan cursos na propia asociación, como o de acordeón ou de iniciación ao baile tradicional para adultos.Mostran o seu traballo por toda a comunidade autónoma galega e nestes últimos anos vimos desenvolvendo actuacións tamén fóra de Galicia e mesmo no estranxeiro. Así mesmo, no ano 2009 asistiron ao Festival Intercéltico Beltaine (en Avilés), e ao Festival Intercéltico de Saint Loup (en Francia). Participamos tamén en numerosos concursos de baile tradicional e de pandereteiras, conseguindo varios premios en distintas categorí as.Anualmente realizan un festival no seu concello, ao cal invitan a grupos cos que fan intercambios polo resto do paí s e Portugal.

Grupo de gaitas da AC Rosalía de Castro (Cacheiras-Teo)
Asociación Fundada no ano 1980. O grupo de gaiteiros e pandereteiras conta no seu haber coa obtención, entre outros, dos seguintes premios:Concurso de cuartetos organizado pola Asociación Folklórica Cantigas e Agarimos: 1º premio nos anos 1990 e 1992, e 2º premio en 1991.Concurso de cuartetos tradicionais organizado pola Agrupación Folklórica Rosalí a de Castro de Padrón: 2º premio en 1996 e 1º nos anos 1997 e 1998.         Concurso “Ricardo Portela” organizado polo concello de Pontevedra: 3º premio e premio especial á mellor interpretación en toque pechado, na edición de 2001.         Concurso de Música Tradicional da A. X. Xacarandaina (A Coruña): 1º premio en 1999, 3º en 2000 e 2º en 2001.         Concurso “Alalᔠda A. F. C. Santa Cruz de Ribadulla (Vedra): 1º premio en 2001.Concurso organizado pola A. X. Xalgarete (Vigo): 2º premio na VIII edición, ano 2002.

Grupo Nai (Santiago)
O grupo NAI xorde no 2014 coa intención de homenaxear á muller en calquera das súas facetas e tamén as súas emocións e os seus sentimentos. Con este propósito cantámoslle á falta de liberdade, á dor, ao desamor, á maternidade, ao maltrato, á perda dun amor (...) ben a través da música ou ben a través da poesí a.Os seus compoñentes actuais son:Marcos Varela.Compositor, arranxos, acordeón, gaita e piano.Xosé Martí ns. Letrista, percusión, gaita e voz.Patricia Quintela. Acordeón e voz.Clara Ponce. Clarinete.Musicalmente nútrense de pezas do repertorio popular galego, do cantautor portugués Zeca Afonso e da música popular do seu paí s; todos eles arranxados dende o seu punto de vista. Tamén inclúen algunhas composicións de Marcos Varela, compoñente da formación.Recentemente publicaron o seu primeiro traballo discográfico, co mesmo nome que o grupo: Nai.

Retrouso (Ouzande)
Fundado en Ouzande en 2005. Nestes anos o grupo converteuse nun dos referentes da música tradicional da comarca, participando en festivais como o desaparecido Músicas da Terra, de Ouzande; no Folk de Raí z, de Callobre; as Nosas Músicas de Couso; Coto Manguelo de Orazo, etc. O ano 2012 presentou o seu primeiro disco, OU, de extraordinaria acollida entre os afeccionados da música tradicional. No ano 2016  presentaron o seu segundo disco DOUS, no Teatro Principal da Estrada.

Recanto (Ouzande)
Agrupación dunha vintena de veciños e veciñas de Ouzande afeccionados ás cancións tradicionais. Novidosa proposta que xurdiu a raí z das clases de canto tradicional que organiza A Fervenza de Ouzande desde o ano 2012. A agrupación ouzandesa acudiu convidada, ese mesmo ano, ao certame Cantos de Taberna, en Pontevedra, e participou desde aquela en foliadas e certames de cantos de Taberna en Pontecesures, Trazo, Arzúa, A Estrada ou Santo André de Vea.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]