MANIFESTACIÓN O DOMINGO 2 DE XUÑO EN COMPOSTELA ÁS 12 DA MAÑÁN NA ALAMEDA
Haberá autobuses dende Vigo e dende o Miñor. Custa 8 € e o percorrido e horario para coller á xente son os que siguen: Na Ramallosa (ao pé da capela da alameda) ás 9.15. En Nigrán (diante da casa do Concello) ás 9.25 Nas Travesas (diante do Sta. Irene) ás 9.45 Na Praza de España (na parada dos autobuses) ás 9.50 A volta é ás 4 da tarde. Por favor, reserva con tempo a túa praza.
O goberno galego quere facer de Galiza unha mina. Está malvendendo o noso territorio, cachiño a cachiño, ás multinacionais mineiras. De paso, saca un Plan Sectorial de actividades extractivas que pon a minaría por riba de calquera outra actividade. Mesmo por riba das que nos permiten obter os nosos alimentos, como se fose máis importante obter minerais que alimentarse. Non podemos permitirllo. Non deixaremos que nos rouben o noso futuro. Vén con nós o día 2 berrarlle á Xunta que queremos conservar o noso territorio. GALIZA NON É UNHA MINA
Galicia enteira está afectada: A Coruña (As Fragas do Eume, Corcoesto....), Lugo (A Terra Cha, A Fonsagrada....) , Ourense (Viana do Bolo, Quiroga, A Limia, O Ribeiro, Casaio ......... ) Pontevedra ( Forcarei, Vila de Cruces, A Groba, O Galiñeiro....).
Son minas a ceo aberto buscando ouro, plata, cobre, tantalio, columbita, seixo, feldespato, andalucita, Terras Raras....
En Corcoesto o método previsto para a extracción está prohibido na Unión Europea, pero aquí da o mesmo, pretenden utilizar cianuro! A expropiación faise forzosa e o precio do terreo, terreo en produción agricola e gandeira, márcano en pouco maís de un euro o metro cadrado. Se pasamos por esta aos demáis farannos o que lles pete.
A Consellería de Industria co lema "Galicia é unha mina" e as empresas canadianas co capital suizo darán cabo de nós se non lles facemos fronte. Este é un ataque ao territorio sen parangón, un ataque a nós, un golpe de morte ao medio natural, é a destrución de centos de postos de traballo, é a anulación do noso desenvolvemento social.....
Dez anos despois, Noitarega volve ao Teatro da Área Panorámica de Tui: en 2003, para participar na temporada de inauguración dun espazo sonoro de calidade; en 2013, para celebrar unha década dese Teatro, e máis de dúas do propio Grupo.
Prometemos música, diversión, entretemento..., e sorpresas para os que cheguen desde 30 minutos antes...: non podes perder esta festa das letras e as músicas galegas!!!!!
CANCELADO - O Bule-Bule. Concertos na véspera do Día das Letras na Sala Capitol (Compostela)
(texto engadido o día 13/ / 5/ / 13 )
O xoves 16 de maio, véspera do Día das Letras Galegas, celebrarase un concerto por todo o alto na Sala Capitol de Santiago de Compostela, con motivo da festividade da lingua. O cartel estará formado por tres bandas galegas: Ruxe-Ruxe, Os da Ría e Banda Crebinsky, as tres con estilos inconfundibles e que ademais que se caracterizan pola calidade das súas propostas e o compromiso con Galicia.
A noite será unha auténtica festa, apta para todos os públicos, no que a boa música, o espírito transgresor e a diversión están garantidos, de xeito que o público asistente viva unha noite de baile e algarabía con bandas galegas, e en galego, a modo de preámbulo da festividade do Día das Letras Galegas, que este ano rende homenaxe o autor compostelán ao que se fai un aceno co sobrenome do evento a través do título dunha das súas derradeiras obras “A noite que os chífanos deixaron de zoar”.
Este ano celebramos a XXXI edición da Festa dos Maios. Esta festa de recibimento da primavera e da fermosura e sensualidade que trae con ela, na que os campos se enchen de flores e as rúas de xentes contaxiadas polo optimismo que a luz e as caricias dos raios do sol sobre a pel espida produce nelas, é unha celebración ancestral que recuperamos para o goce da veciñanza.
Coincidindo coa festa dos Maios a Asociación veciñal e Cultural Casco Vello fai un recoñecemento a persoas ou colectivos que se teñan destinguido pola súa contribución na mellora da calidade de vida, coñecemento e/ou defensa do barrio histórico e da súa cultura. Como proba deste agradecemento, fáiselle entrega da escultura do Maio de Cor, escultura cerámica realizada por Emilia Guimerans.
Ese ano acordamos outorgarllo á Fundación Penzol, no ano en que se cumpren o cincuentenario da súa fundación e o centenario do nacemento do que do que fora o seu fundador e primeiro director don Francisco Fernández del Riego.
O traballo e compromiso e dedicación da Fundación Penzol con Galicia, con Vigo e co seu barrio histórico fana máis que merecedora deste recoñecemento.
PROGRAMA
10h Comezo dos obradoiros 11:00h Obradoiro de debuxo 12:00h Actuación de Codia e Miolo 13:00h Animación de rúa 17:00h Animación de rúa 18:00 Entrega Maio de cor. De seguido, representación da festa dramatizada dos Maios O remate presentación do quinto traballo discográfico d’ Os Carunchos, Ti que?
Catro Portos de mar unidos por un fío musical chamado "Tradición". Toda a Costa galega, dende Moaña ata Burela pasando por Ribeira, fai que este grupo navegue musicalmente entre o Atlántico e o Cantábrico para enchernos de salitre vital. Taghaitaí!!! é un grupo atípico onde os haxa. A súa primeira actuación xurde coa finalidade de inaugurar un Cruceiro en Manila (Filipinas). Anos máis tarde deciden xuntarse de novo para tocar nunha goleta atracada ao porto de Moaña. En definitiva, pura visceralidade artística que alimenta os concertos de enerxía entre grupo e público, xerando unha atmósfera máxica para cantar e bailar con eles. Catro son os membros desta formación; Lola de Ribeira, Edelmiro Fernández, Iván Costa e Manolo Maseda. Catro vellos mariñeiros, como decía a canción, e todos metidos nun bote... nunca mellor dito. Embarcados nesta nova viaxe en busca de portos onde desembarcar música fresca como o noso peixe e saborosa como o noso marisco. En definitiva, unha festa mariña dende o mar das ondas. Xa sabedes, cando escoitedes Taghaitaí!!! oiredes un foguete sonoro, que quere dicir que hai Festa, que hai Foliada e que está a ghaita aí para quen os queira acompañar.
Este 11 de Maio, por quinto ano consecutivo, e sen perder un ápice de "alegría e bo facer"...terá lugar a nosa V Ruada no Colexio de Boborás! A partir das 20:00 comezaremos cun obradoiro de baile para nen@s e adult@s, e despois...FESTA!!! Este ano con moitas novidades, moitos premios, moito licor dese tan rico (xa sabedes, jeje) e, coma sempre...Música e Baile a ESGALLAAAA!!! Pasamos lista, así que....NON FALTEDES!!!
"As alegrías", tercer disco de Linho do Cuco na Sala Discotasca (Redondela)
(texto engadido o día 10/ / 5/ / 13 )
Venres 10 de Maio ás 23:30
Linho do cuco é un grupo de música contundente. Música tribal galega mesturada coa sonoridade dunha orquestina paneuropea. Bombo, tambor, pandeiretas, gaita, acordeón, zanfona, oboe, frauta… e oito guapísimos mozos rebordando clase e enerxía sobre o palco. Oito músicos profesionais que nos ofrecen un concerto para escoitar e bailar.
Linho do cuco non fan revisións vintage. Que pensen coma os seus avós non lles fai tocar o mesmo que tocaban eles. Desde a tradición, Linho do cuco ofrecen unha proposta de música POPular actual para as sesións vermouts e as verbenas. Para desfrutar do día de festa da mañán á noite.
Roi Casal e a súa banda pecharán a "Noite Meiga" organizada polo concello de Santiago de Compostela dentro das celebracións das festas da Ascensión 2013. A ENTRADA É DE BALDE!!
Se algo podemos destacar de SÉS é o seu enorme carisma e forza persoal, xa de sobra amosada en centos de concertos e actuacións ao longo de toda Galiza, percorrendo diferentes escenarios, pobo tras pobo e cidade tras cidade. Aos poucos e grazas á transmisión boca-orella, a súa intensa personalidade e honestidade á hora de manifestarse, foi conquistando o público cun caudal de enerxía que chama pola unión e o cuestionamento do establecido.
Co xenio destrozado é un traballo feito con orgullo identitario, frescura e vitalidade, que pretende concentrar nunha presa de cancións viscerais e paixonais a potencia do directo. Temas de cantautora vestidos de blues, rock e sons do continente hispanoamericano.
Gravado nos estudios BRUAR, da Coruña, e producido por MARÍA XOSÉ SILVAR, a propia SÉS, neste traballo conta cos seus músicos habituais nos directos: Tito Calviño (guitarra), Marcos Pazo (batería) e Fran Sanz (baixo).
Formada na música e no baile tradicional, Sés é profesora e licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social. En 2007 crea xunto a tres amigos a banda Chámalle Xis!, un dos grupos revelación daquel ano e un dos gañadores do concurso A Coruña Son, apadriñado por Santiago Auserón.
Logo de colaborar con grupos coma Zënzar ou Xabier Díaz, publica no 2011
"Admirando a condición" o primeiro disco de Sés (o nome «caseiro» de María Xosé Silvar), un proxecto 100% en galego e 100% en feminino.
de 18h30 a 20h30 Obradoiro de Canto Tradicional Alentejano [inscripcións en aitanacrechas@gmail.com curso 8€ / curso + concerto 15€]
ás 22h30 concerto (8€)
Ten compartido palcos con Rodrigo Leão ou Mayra Andrade, levando o seu acordeón ate os mais diferentes contextos. E agora, Celina da Piedade estréase a solo, con “Em Casa”, un disco cheo de sorpresas. Nalgún lugar entre as formas e as cores tradicionais, com viaxes polas danzas portuguesas e un sentir mais moderno e universalista, Celina deseña unha música chea de alma e de personalidade. http://www.youtube.com/watch?v=APQVXi-pDNc
Martes día 7 ás 22h30 (5€) GRAMPODER
Estrean ‘Golf Whiskey’, o seu primeiro traballo discográfico, editado polo selo cooperativo Discos da Máquina. Grampoder son Le Roi e Martin Wu, antigos compoñentes de bandas como The Homens, Stay Pretty ou Fame Neghra. Fan rock portátil, pop campestre, folk psicodélico, hardcore comeflores. O seu set cabe nun Seat Ibiza e din que tanto poden tocar no Carnegie Hall coma nun piso de protección oficial. Porque o concepto é ese, facer boas cancións e poder adaptalas a calquer escenario. [concerto presentación de “O Bule Bule. Son dos Chífanos”. Organiza: En Panties Producciones] http://grampoder.bandcamp.com/
Martes día 14 ás 22h30 (5€) BANDA BAILE ASALTO
Desde Vigo chega un proxecto froito das inquedanzas de seis músicos de diferentes estilos na procura dunha linguaxe única. O seu grande coñecemento da música tradicional galega, o gusto polas músicas doutros países e unha particular visión artística, fan que a Banda Baile Asalto sexa un proxecto apetecíbel e inetiquetábel. Música do mundo feita no noso país. http://www.youtube.com/watch?v=0mrUckvPCFQ
Martes día 21 ás 22h30 SOM DO GALPOM
Estes mozos composteláns preparan novo traballo discográfico. Para financialo, inician agora unha campaña de crowdfunding a través de Verkami á que asocian este Proxecto Galpom, unha xira de salas en formato acústico chea de convidados e moitas sorpresas. O ritmo e a enerxía á que nos teñen acostumados pero con toda a forza do íntimo e o cercano. http://www.myspace.com/somdogalpom
Mércores día 22 ás 21h (6€) RADIO COS
Xurxo Fernandes e Quique Peón son dous referentes no eido da investigación etnográfica en Galiza. As melodías utilizadas neste proxecto pertencen aos seus arquivos de gravacións de campo, traballo que levan facendo por todo o país desde hai décadas. Agora preséntannos o seu primeiro disco acompañados de tres prestixiosos músicos: Pedro Lamas, Nikolay Velikov e Xan Pampín. Este traballo, concebido con forza e alegría, quere mostrar a invisibilidade que sufren as culturas minorizadas a pesar de estar aí, de arrodearnos, de ser verdades manifestamente palpábeis. http://www.youtube.com/watch?v=LXzwbbPf6F8
Xoves día 30 ás 22h30 (10€) LUIS PASTOR
Pasaron xa catro décadas e 20 discos desde os seus comenzos e, a piques de cumplir os 60 anos, Luis Pastor mantense leal ao título do seu primeiro traballo, Fidelidad, a unha actitude, a uns principios, a un compromiso e a un xeito aberto de facer música. ¿Qué fue de los cantautores? é un reflexo desta fidelidade e, ao mesmo tempo, unha homenaxe e un agradecemento aos que se foron, como deixa patente na adicatoria do álbum: “A todos los compañeros cantautores que ya no están pero que nos dejaron su ejemplo, su compromiso y sus canciones”. http://www.luispastor.com/
Venres día 31 a partir das 22h30 II FESTA LOVE&PEACE Despedimos a programación de inverno e dámoslle a benvida ao verán cunha festa chea de sol, flores e boa música. O ambiente dos 70, a Motown e o mellor da música disco estarán esta noite na Casa das Crechas. Buscade no armario a camisa estampada e o pantalón campana, que nós recuperaremos o noso cocktel Sweet Mandala para convidar aos que veñan vestidos para a ocasión.
JAM de JAZZ Luns 13 e 27 ás 21h (2€)
Luns 20 ás 21h (3€) JAM BRASILEGA con Sérgio Tannus Trio
Mércores 8, 15, 22 e 29 ás 22h30 (1€) FOLIADA
Xoves 9 e 23 ás 22h30 (3€) DESCARGA CUBANA
Venres 10 e 24 a partir das 23h CRECHAS SOUNDSYSTEM
A Asociación Amigos dos Seráns de Arbo organiza o I Serán da Lamprea.
O venres 3 de maio, desde as 10 da noite, terá lugar a primeira edición do Serán da Lamprea, coincidindo coa LIII Festa da Lamprea, coa participación como artista invitado do gaiteiro Anxo Lorenzo.
Reserva de sitio para tocar e cantar no 986 665 000 (Victor) ou oficinasmunicipais2@concellodearbo.es
Anxo Lorenzo é un artista que posúe todas as calidades para chegar á esencia da propia música para facela súa, moldeala ao seu antollo e construír novas formas. Así nolo demostra no seu novo disco "Tirán", inspirado nunha longa viaxe musical que lle levou a coñecer mil lugares e melodías que compartir con músicos de diferentes nacións. Unha viaxe que sempre empeza e termina en Galicia.
Na súa ampla experiencia como gaiteiro colaborou en numerosos proxectos musicais fusionando os sons tradicionais da gaita cunha gran variedade de estilos, desde a música electrónica ao jazz, pasando polo pop, rock ou flamenco. Deste xeito conseguiu converter a gaita nun instrumento sen fronteiras que parece non ter límites ante a súa maestría.
X MANGUELO FOLK O VINDEIRO 4 DE MAIO EN ORAZO CELEBRAMOS O X MANGUELO FOLK ....ESTADES TOD@S COMBIDADOS!!! COMO TODOS OS ANOS TEREMOS ZONA DE ACAMPADA E APARCADOIROS GRATUITOS, CAMPO CUBERTO POR UNHA CARPA E POLBEIRO. A FESTA COMENZA ÁS 20:00H. ATA ALTAS HORAS DA MADRUGADA. OS GRUPOS PARTICIPANTES SON OS QUE FIGURAN NO CARTAZ. ESPERÁMOSVOS EN ORAZO!!!
A Asociación Rebulir Cultura Tradicional organiza unha nova edición da Noite de Fiadeiro que se vai celebrar o sábado, día 27 de abril, na localidade de Vilavidal (Ramirás). O programa de actos é o seguinte:
- Ás 11,00 horas, no local de San Andrés, obradoiro sobre O baile solto en seráns, festas e romerías, impartido por Alexandre Sotelino.
- Ás 13,30 horas, para ir facendo boca, sesión vermut con Os Estoupapozas.
- Ás 17,00 horas, levaranse a cabo dous obradoiros: Trucos e técnicas para a afinación e tempero da gaita, impartido por Guillerme Fervenza na Carpa da taberna, e O mantemento, coidado e posta a punto da percusión galega, impartido por Sandro Sotelo no Lócal da Cámara Agraria.
- Tamén ás 17,00 horas, Xogos tradicionais co CCP Xaquín Lorenzo, Enredos e brinquedos con Bicolico, Tiro con arco e xogos varios con Lúcete Lecer e Fútbol con chapas con Alternativas Sociais OU.
- Ás 17,30 horas terá lugar a apertura da Feira de productos artesanais cunha mostra de oficios de Tango, O zapateiro e Agustín, alfareiro de Niñodaguia. Para animar, contárán con música de Os Estoupapozas, Rebulir, a Escola de música de Pontevedra e As Piconas.
- Ás 18,30 horas, contos con María da Pontragha.
- Ás 19,30 horas, pasarrúas e concerto a cargo da Banda Municipal de Ramirás.
- Ás 20,15 horas, chamada á festa con pasarrúas de xigantes e cabezudos acompañados de música e animación.
- Ás 21,00 horas, apertura do torreiro con tirada de foguetes para anunciar o comenzo da VII Noite de Fiadeiro na que participarán máis de 20 grupos de música tradicional.
- Ás 00,00 horas, para poñer o broche final, queimada e doce para os asistentes.
Para participar nos obradoiros, que tamén son gratuitos, é necesario facer unha inscripción previa na páxina web: www.noitedefiadeiro.com. Durante a celebración haberá concursos, sorteos e algunha que outra sorpresa a maiores.
Para máis información, consultar nas páxinas web: www.noitedefiadeiro.com e www.rebulir.com
Volve O Caimán do Río Tea! máis de dúas décadas despois do seu nacemento o célebre réptil de Ponteareas remontará o río Caselas para dar o seu primeiro concerto en Salceda de Caselas. O vindeiro sábado 4 de maio a Asociación Cultural Deportiva e Ecoloxista 13-14 celebra a VI edición da súa Festa homónima que contará, amais d´O Caimán do Río Tea, con Quempallou e Terbutalina. A esmorga arrancará coa xa tradicional sesión vermú (12:00h) e non arrefriará até que calen os pratos do afamado picadiscos local DJ Croqueta. No medio: xantar popular, gaiteiros, grande potada, bingo musical, pulpo, xogos tradicionais, actuación do bloquinho APERTA, chourizos á brasa e moito máis. Así e todo, o que realmente agardan os incondicionais desta festa é o Grande Concurso de Saltos 13-14 o título do cal ostentan actualmente os membros de Terbutalina. Para abraiar ao xurado no teu voo sobre as alpacas de herba seca non importa se agochas os teus cartos na Suíza ou se xa non atopas aqueles que gardabas preferentemente para a universidade do Luisito; aquí só conta a imaxinación que —como a Festa 13-14— é de balde.
10:00 h Apertura do mercado 13:00 h Actuación de Os Quinquilláns-Teatro (praza da Constitución) 18:00 h Inauguración da Festa (praza do Berbés) 18:15 h Representación da destitución da Corporación da Vila de Vigo (praza do Berbés) 19:00 h Demostración de esgrima antiga (praza do Berbés) 19:30 h Actuación de Os Quinquilláns-Teatro (praza da Constitución) 21:30 h Concerto dos Terribles de Donas (praza do Berbés) 23:00 h Peche do mercado
Domingo 7 de Abril
10:00 h Apertura do mercado 12:00 h Demostración de esgrima antiga (praza do Berbés) 18:00 h Representación da Reconquista da Vila de Vigo. (Porta do Sol) Vístete de época e participa ( 1809) 21:00 h Concerto de Mel de Meiga. (praza do Berbés) 23:00h Peche do mercado
ANIMACIÓN DE PRAZAS E RÚAS
Durante os dous días máis de 30 grupos de música tradicional, animaran o barrio: gaiteiros, pandereteiras, treboadas, xigantes e cabezudos
Zona 1: Praza da Constitución Artesanía e alimentación Demostracións de artesanía: Senlleiro, fiado e tecido, zoqueiro, vidreiro, cestería
Zona 2: Praza da Princesa Artesanía e alimentación
Zona 3: Rúa e praza de Joaquín Yáñez e Rúa Palma Artesanía e alimentación
Zona 4: Praza da Pedra e rúa Oliva Campamento francés, artesanía e alimentación Demostracións de artesanía: Torneiro e tallista
Zona 5: Méndez Núñez e Chao Alimentación e artesanía Demostracións de artesanía: Ferreiro e oleiro
Zona 6: Rúa Real Artesanía
Zona 7: Teófilo Llorente Artesanía e alimentación
Zona 8: Praza do Berbés Concertos, zona Infantil , alimentación Demostracións de artesanía: Canteiro, oleiro, latoeiro
Zona 9: Rúa da Gamboa Batalla e rendición das tropas napoleónicas
EXPOSICIÓNS
1809: O papel do home e da muller Casa Galega da Cultura do 22 de marzo VII Concurso de carteis da Reconquista da Vila de Vigo Lonxa do Concello de Vigo, do 14 de marzo ao 8 de abril Estampas de Galicia: Colección de bonecas de Carmen Costas Instituto Camoês (praza de Almeida), do luns, 25 de marzo ao 7 de abril
Martes día 2 ás 22h30 (6€ anticipada, 8€ na billeteira) TEJEDOR Tejedor, que desde 1995 levan a música tradicional asturiana por festivais de todo o mundo, presentan agora “Positivu”, a súa nova autoproducción, un disco que se pode calificar como pleno, cheo de novas experiencias. Colaboracións de luxo como a da irlandesa Karan Casey, a nosa Guadi Galego ou os percusionistas Ion Garmendia e Iñaki Plaza , acompañan aos irmáns José Manuel e Javier nesta nova aventura que agora poderemos ver na Casa das Crechas.
Sábado día 6 FESTA BOLLYWOOD de 18h a 20h curso de baile Bollywood con Natalia Fernández (10€)[inscripcións en reservascrechas@gmail.com] e despois... pinchada e a bailar!
Martes día 9 ás 22h30 (5€) PROXECTO SAPOCONCHO O Proxecto Sapoconcho é un novo proxecto musical levado a cabo por Sapoconcho Galego e Pablo Vidal, unha voz e un contrabaixo. Un proxecto que naceu a raíz de que coincidiran en varios concertos, Pablo como músico e Sapoconcho como convidado. O repertorio vai desde algún tema propio até temas de sempre, levados ao terreo do blues. Aínda que serán o contrabaixo e a voz os protagonistas do espectáculo, tamén contaremos con parte do variadísimo e numeroso elenco de colaboradores que participaron desta aventura de Sapoconcho, unha boa representación da música galega actual.
DESCARGA CUBANA (2€) Jam a cargo de “Dinero Negro” Xoves 11 a partir das 22h30
CICLO DE CINEMA BRASILEIRO (20h, entrada de balde) Domingo 14 - O palhaço (2011), de Selton Mello
JAM DE JAZZ (1€) Luns 15 a partir das 21h30
Martes día 16 ás 22h30 (6€)DÚO CAVEZ – MONTANARO [organiza: aCentral Folque]Sophie Cavez (acordeón diatónico) e Baltazar Montanaro (violín) son músicos novos pero de amplo recoñecemento na escena belga e francesa. Aínda amosando grande sofisticación técnica, prefiren non abusar dos recursos en favor da emoción, conseguindo transmitir ao público unha enerxía especial. Unha música tecida ao detalle, con tranquilidade e delicadeza. Dous músicos complices que entenden a música como unha fonte de sensacións e divertimento sen límite.
FOLIADA (1€) Mércores 17 a partir das 22h30
DESCARGA CUBANA (2€) Jam a cargo de “Dinero Negro” Xoves 18 a partir das 22h30
CICLO DE CINEMA BRASILEIRO (20h, entrada de balde) Domingo 21 - São Bernardo (1971), de Leon Hirszman
Martes día 23 ás 22h30 (5€) CREBINSKY 5 Banda Crebinsky, agora en formato reducido, é unha pequena orquestra popular fuxida do filme Crebinsky. As súas músicas nacen como banda sonora e, saltando da pantalla, corren ás rúas e aos escenarios, medrando e desenvolvéndose con grande enerxía. Unha historia ben interesante. Se houbese que etiquetar o seu estilo, pronto nos veriamos en serias dificuldades. Con todo, podemos arriscar algunhas expresións como "música popular dun país inexistente" que nos aproximaría algo á realidade. O que si sabemos é que a contaxiosa vitalidade que transmite Banda Crebinsky invita a festa sen paliativos.
FOLIADA (1€) Mércores 24 a partir das 22h30
Xoves día 25 ás 21h (5€ anticipada, 6€ na billeteira)SÉRGIO TANNUS “SON BRASILEGO” ... e despois JAM LUSÓFONA 25 DE ABRIL Sérgio Tannus, músico e compositor brasileiro que vive desde hai algúns anos en Santiago, ven de editar “Son Brasilego”, un traballo que aposta polo intercambio, polo a chegamento cultural e persoal, polos ritmos e raíces comúns. Trae ademáis da música intuitiva, a reflexión sobre a nosa identidade e a irmandade entre a Galiza e o Brasil, sobre o futuro das mesmas a través da música. “Son Brasilego” é, sobre todo, un agasallo, un agradecemento a todos aqueles músicos que fixeron posible o crecimiento musical e artístico de Sérgio Tannus deste lado do Atlántico.
CICLO DE CINEMA BRASILEIRO (20h, entrada de balde) Domingo 28 - Corações sujos (2013), de Vicente Amorim
CRECHAS SOUNDSYSTEM (sesións de músicas do mundo por diferentes persoeiros do mundo da arte e a cultura )Todos os venres a partir das 23h
Podes reservar a túa entrada para os concertos en reservascrechas@gmail.com